Fai uns días atopei unha publicación no xornal EL CORREO DE GALICIA do ano 1918, onde os protagonistas son unha veciña de Cerponzóns e un señor que tivo gran relevancia na cidade de Vigo.
Primeiro vou publicar algo sobre este home, finalizando coa noticia do xornal :
Tomás Mirambell Maristany era un xoven piloto catalán da Mariña Mercante, nacido en Masnou (Barcelona) en 1862. Chegou a Vigo con preto de vinte anos e estableceuse na cidade para dedicarse á industria de efectos navais, coa casa comercial Bertrán e Mirambell.
Catalán de nacemento, foi nomeado fillo adoptivo de Vigo xa que os seus esforzos polo desenvolvemento económico e comercial da cidade foron moi destacados. Desde a súa presidencia na Cámara de Comercio, de 1924 a 1930, convocou ás forzas da cidade a unha asemblea en 1927 para constituír a Unión de Entidades Viguesas, precedente da actual Fundación Provigo.
Tamén participou nas iniciativas de creación do Banco de Vigo, ou a Sociedade de Abastecemento de Augas. Foi o fundador e presidente efémero do novo Círculo Mercantil. Xunto con Martín Echegaray e Ceferino Maestú formou a primeira comisión encargada de iniciar o proxecto do tranvía, ata chegar á vicepresidencia da sociedade tranviaria.
Unha das súas prioridades era que Vigo constituísese no porto máis importante do Atlántico. O seu interese pola industria do mar queda patente cos reiterados intentos para promover unha Exposición Internacional da Pesca.
Mirambell era un empresario preparado. Fundou a Asociación Xeral de Cultura, que loitou desde 1912 por diferentes causas viguesas. Escribía en cabeceiras como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego ou La Lucha.
Na prensa expresaba as súas ideas galeguistas e á vez federalistas. Non só o porto ou a pesca, senón tamén a rede de comunicacións por terra con Madrid e a defensa de Vigo foron outras das súas preocupacións. Con todo, malia a súa conciencia política, rexeitou en varias ocasións a responsabilidade de converterse en alcalde da cidade.
En 1931, logo dunha presidencia fructífera da Cámara, Mirambell foi nomeado presidente de honor da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcia de Arousa, a única persoa que tras desempeñar o cargo efectivo, recibiría esa distinción.
Ten ruas adicadas en Baiona e Nigrán, morreu os 85 anos, os seus restos están enterrados no Cemiterio de Pereiró (Vigo).

Nota : Información da Cámara de Comercio e do xornal El Correo de Galícia.
O XORNAL DO DÍA 26/04/1918
EL CORREO DE GALÍCIA
Anteayer tarde y en ocasión en que la vecina de San Vicente de Cerponzones, Pilar Tilve Castro, de 50 años de edad, casada, transitaba por la carretera de aquella parroquia llevando una becerra, fué atropellada por el automóvil de Don Tomás Mirambell Maristany, de Vigo, que guiaba el chauffer Severo Alonso Pereira.
Dentro del carruaje iba el Sr. Mirambell, que regresaba de La Coruña.
La mujer recibió fuertes contusiones en la cara, occipital y pie izquierdo, de las cuales ha sido curada de primera intención en la Casa de Socorro de la Cruz Roja de Pontevedra á donde la condujo el mismo automóvil.
Pilar marchó luego á su domicilio en un coche que le facilitó el dueño del auto.