28- OS CARROS, A ESCOLA, AS FESTAS…

DE NOVO FUN DE VISITA…

Bos días Juan, de novo por aquí ?

Que necesitas agora de min ?

Máis recordos ? Queres máis recordos ?

Bois dias, pois si, seguro que nestes días recordou algún máis.

A nosa veciña antes de contestarme tomou un vaso de zume de laranxa que uns segundos antes serviralle a súa nora.

Bebeu tranquilamente e tras uns segundos de espera, comezou a recordar…

-Ah ! Si ! Houbo un ano que houbo que matricular aos carros de vacas, si, había que pagar un imposto, chamábanlle daquela pagar o arbitrio de rodaxe.

Había que levar o carro a un lugar determinado e alí ti pagabas o arbitrio, despois eles colocábanche unha chapa numerada nun lateral do carro.

Recordo o ano que deron a orde de colocar esa chapa que che dixen, o que sería a matrícula de hoxe en día.

Mira, o lugar onde cha colocaban era na do COQUES, alí tiñamos que ir todos, non soamente os de Cerponzóns, non, tiñan que ir os de Lérez, Alba, Campañó…

Foi tal a cantidade de carros que se acumularon, que non che podes imaxinar a cola que se fixo daquela.

Imaxínache, os carros estaban todos en fila, un detrás doutro, todos xuntiños, desde a do COQUES ata a PONTE DA RONS.

Non me crees ? Pois así foi, había tal regaleira de carros que era imposible que che colocasen a chapa no mesmo día, así que a xente chegaba co seu carro, vendo tal cantidade de carros deixaba alí o seu e marchábase para a súa casa, eran veciños das parroquias colindantes, viñan de moitos lugares, de todo Campañó, desde a Devesa, viñan de todolos sitios, aquilo era un espectáculo ver tantos carros ! Había quen tiña que esperar varios días! Ata o CRUCEIRO DA RONS ! Juan, chegaban ata o CRUCEIRO !

NA ESCOLA

Fun a escola que había nunha casa de Pidre, da señora Josefina, daba escola unha mestra que se chamaba Doña Lola.

Teño presente nese colexio dous recordos que nunca se me esqueceron, un foi cando quitáronme un dente con un fío, e outro cando pasaban os soldados no tempo da guerra pola estrada.

Pasaban subidos en camionetas e a mestra mandábanos saír a recibilos, tiñamos que poñernos todos en fila e saudalos con gritos de Arriba España e Viva Franco.

Tamén estiven no colexio da Escola de Carballo.

Tiven de compañeiras a Digna a dá Rons, Aurelia Solla, Asunción Piedras, Rosa Solla, Clara Porto, Emérita, Aurelia Cochón, Carmen A Moleta, Lola Ramos, Lola a do Chelo, Isabel Pedras…todas moi amigas miñas.

Que tempos ! Tiñamos unha mestra que se lle daba por poñerse a durmir, pero era moito o que durmía, poñíanos deberes e ela poñíase a durmir jajaja.

Recordo aqueles tinteiros que usabamos para escribir, comezabamos a meternos entre nós e caíase todo o líquido dos tinteiros ao chan jajaja.

Pero claro, a mestra espertábase con tanto jolgorio que collía un pau, que sempre tiña a man, e dábanos con el nas costas !

Sabes Juan, ao recordalo aínda sento dor neste momento, mira ti, que maneira de castigarnos.

AS FESTAS, OS BAILES.

-Daqueles anos da miña mocidade había boas festas, bo, daqueles tempos tampouco había máis onde se podía un divertir, eran as festas das parroquias, os bailes e pouco máis.

Facíanse varías festas na parroquia, a do Patrón, as de Corpus, as do Carmen e unha na época de Pascua, a de San Benito.

Sendo moi pequena recordo que se ten feito festa na Eira do Xemadas, había quen poñía un posto con viño e rosquillas, botaban ata fogos e todo, recordo que fora unha festaza, eu era mui pequerrecha, pero quedoume grabada.

Falando de festas, un día estabamos nunha festa que se celebraba en Verducido, achegámonos a unha taberna que había preto de onde se facía a verbena, alí estaban uns cantos comensais comendo e bebendo ao grande.

Nós só podiamos ver para eles, daqueles tempos non dispoñiamos de cartos para poder gozar como hoxe en día, pasamos moita fame Juan, todos.

Mira como era a fame que había, que nun momento determinado a avoa de Marisol achegouse a xunto nosa e díxonos : rapazas, estades vendo aquela mesa onde están comendo unhas costeletas con patacas ? Estar atentas, están acabando de comer e conforme se levanten achegarvos á mesa, eu avisareivos tamén.

Así foi, cando se levantaron, a avoa de Marisol díxonos : vinde aquí, rápido! vinde !

Fomos rápidamente, sabiamos que a mesa moi pronto ían recollela para poñer a disposición doutros clientes que estaban esperando.

Comezamos a coller os ósos das costeletas, as que tiñan algún resto de carne claro, mentres coa outra man íamos metendo na boca as sobras do pan, nisto que chegaron os camareiros e puxéronse a recoller, e nós a meter todo o pan que podiamos na boca, chegou o momento que xa non nos cabía máis !

Mira o que comíamos! Mira o que tiñamos que comer ! As sobras Juan ! As sobras !

Moita fame se pasou, moita.

Dos bailes recordo que cando podiamos ir tiñamos que ir aos que estivesen máis próximos ás nosas casas, daquela non nos deixaban marchar moi lonxe.

Un dos bailes que había na parroquia era o de COCHÓN, canto bailei alí! Si mal non recordo tamén hubo baile na TABERNA de XONXA, situada no baixo da casa que agora é propiedade dos de Magdalena, a que está pegada a carretera.

Tamén no baile de JOAQUÍN O DE BOTANA, tiñan un alboio que acondicionaban os días de baile, á beira, no baixo da súa casa tiña a taberna.

Un día sucedeume un detalle que me dá vergoña comentarcho.

Conte, conte…

-Jajaja, non, jajaja, dame vergoña, jajaja

Conte, conte, que esto non sae de aquí jajaja.

-Resulta que ese día que fun ao baile do Botana había comido carneiro, pero comín para parar un tren.

Daquela, eu tiña un mozo, bailabamos sen parar toda a noite ! pero houbo un momento que comecei a sentir que o carneiro parecía que quería saír de dentro de min, parecía que estaba vivo jajaja.

Mira, comecei a sentirme indisposta de tal forma que non sabía como dicirlle ao meu mozo que non podía seguir bailando, estaba a piques de irme por min, tiña unhas ganas tolas de facer de ventre jajaja…rebentaba por min!

Desculpeime con él e busquei polas miñas amigas, dúas veciñas que viñeran comigo ao baile, era con quen tiña a suficiente confianza para comentarlles o que me estaba pasando.

Pedinlles que me acompañasen fóra, elas contestábanme que esperase, que estaban bailando, eu non podía máis, volvía insistir ata que as convencín.

Mirade, teño unhas ganas tolas de cagar, estou que rebento, hoxe comín tanto carneiro que rebento, acompañádeme fóra, por favor pídovolo.

Saíron sorrindo a todo meter as dúas comigo, nada máis saír fóra eu non tiven máis tempo que agacharme e diante mesmo da porta da taberna poñerme a facer as miñas necesidades, non tiven tempo para ir máis lonxe, mentres elas tapábanme como podían, iso si, ríndose a moreas.

Pero claro, os mozos que estaba no baile, de cando en vez saían fóra e claro, miraban para nós, en nada se deron conta do que estaba pasando e veña a rir!

Carallo como aquel na miña vida me volveu a pasar !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s