39- UN PARTIDO DE FÚTBOL NA CHAN DO MONTE.

⚽️UN PARTIDO DE FÚTBOL NO CHAN DO MONTE.

Cando xogabamos entre nós, os da mesma parroquia, sempre formaban o equipo os mellores que xogaban ao fútbol, a idea era que non podían estar xuntos os máis bos, había que repartirse, pero a veces non ocurría…

Cada un deles ía escollendo primeiro aos que consideraba mellores, ao final sempre quedaban os torcebotas, os que non daban unha ao futbol e os que ninguén quería ter no seu equipo, pero ao final, todos xogabamos, iso si, a maioría das veces os máis malos tiñan que xogar de porteiros e en moitas ocasións deixábanse meter goles para que os substituísen jajaja.

Non tiñamos uniforme, coñeciámosnos e sabiamos quen era os nosos, a primeira vez que tivemos unha equipaxe foi cando iamos xogar contra os de Lérez, cada un comprou a súa, naqueles tempos non había quen nos axudase, daquela as empresas que podía haber na parroquia non estaban polo labor.

A equipaxe que gustou á maioría era a do Atlético de Madrid, así que os que eramos seareiros do Madrid ou do Barça non tivemos máis remedio que achantar.

Con ese equipaxe ganamos os de Lérez un trofeo, recordo que ese día, antes de comezar o partido preguntámoslles se tiñan o trofeo que decidiramos xogárnolo, un deles achegouse a un bolso e sacou un trofeo enorme, precioso. Ese partido gañámolo aos penaltis, lémbroo coma se fose hoxe, eu era o porteiro e realicei unhas cantas paradas, eu estaba orgulloso do que había logrado.

O campo de fútbol estaba situado onde hoxe en día está a gran rotonda de Médico Ballina, nun campo de herba que había alí, eran os anos setenta, as porterías feitas con catro paus e pouco máis.

Desde aquel día xoguei sempre de porteiro e co paso do tempo cheguei a xogar nese posto na liga de fútbol sala que se creou en Pontevedra.

Resulta que gañamos claro, e todos estabamos tolos por levarnos aquel trofeo para a parroquia, ese día, na Taberna do Nenas, íamos estrear a estantería que se había preparado para ir colocando os trofeos que fose gañando o equipo de fútbol, pero a nosa alegría durou pouco, no canto daquel trofeo tan fermoso, déronnos un anano, máis pequeno non se fabricaba, tíñano todo preparado pensando que ían gañar eles, o trofeo mais chulo para eles e o pequerrecho para o equipo perdedor.

O cristo que se montou foi descomunal, algúns dos meus compañeiros de equipo (os máis maíores) non chegaron ás mans cos do Lérez porque nos puxemos por medio e dixémoslle que non valía a pena.

Aínda así, fómonos todos orgullosos para Cerponzons co noso “gran trofeo” e co peito cheo por gañar ao equipazo que tiñan os de Lérez

Bueno, sigo recordando os partidos entre nos no Chan do Monte…

Un dos que máis vantaxes tiña era o dono do balón, xogaba sempre cos mellores e él decidía cando se acababa o partido, que podía durar o tempo regulamentario ou rematalo se comezaba a chover, se había algún pique, ou si lle eran horas…

Antes de comenzar a xogar, poñíanse unhas regras, porque non había árbitro, así que cada un pitaba o que cría que sucedera e pasaba o que pasaba.

Advertía algún de nos :

NON VALE FURAR !

NON VALE EMBARCAR A PELOTA !

Mentres nas bancadas (é un dicir) catro ou cinco espectadores, algún paisano que pasaba por alí e quedaba un momento e unhas cantas mozas que viñan máis ben a ver algún mozo que lle gustaba.

O balón era de coiro, pero daquel coiro que como che desen un balonazo deixábache toda a semana tocado e non digamos se se poñía a chover, dar un cabezazo a aquela pelota era arriscarse a ter unha dor cranial de consideración.

Nada mais comenzar o partido un xa empezaba a gritar: Pasa o balón, pasa o balón ! Non chupes ! Que che dixen ! Eres un chupón ! Non sei como che escolleron para o noso equipo ! Sempre estás a chupar joder !

Eh ! Iso foi falta ! FOI FALTAAAA ! Décheslle na canilla ! Joder ! Mira como sangra !

Esas botas con tacos non debías traelas!

Había quen traía unhas botas de primeira división, daquelas botas con tacos de aluminio ! Cuidadito ! Poñíase un acojonado!, a maioría xogabamos con tenis, e outros os que os seus pais non podían comprarlles uns, facíano con zapatos de rúa, é dicir cos únicos zapatos que tiñan, os que usaban todos os días.

Ten coidado ! Non lle metas un fungueirazo ao porteiro ! Que é un rapas ! Vaía pexegazo lle meteches!

Nada, nin caso, a resposta era sempre a mesma : que non se puxera de porteiro.

O partido era a moreas, todos queriamos gañar, patada vai, patada vén, de cando en vez caíaste entre os toxos que había nos laterais, era raro que non foses rascado para casa ou con algunha parte do corpo mazado.

Orsai ! Iso foi Orsai ! Nin caso, o gol subía ao marcador e comezaban os piques…

Cando a un petáballe, comezaba a mosquearse, largaba o balón dun punteirazo en dirección ao río…

Xa está fulano embarcando o balón, eu non vou a buscalo, que vaia él, dicían os máis pequenos, era habitual que fosen eles os que tiñan que andar entre os toxos monte abaixo buscando o balón, se non o facían expoñíanse a que non os deixaban xogar. Mentras tanto, o xogo continuaba…

MANOOO, MANOOO, PENALTI !

Había que gritar con forza para que che fixesen caso e de paso dicías que o tirabas ti, que che fixeran a tí o penalti e que tirábalo tí.

Ao chegar ao descanso, dabámonos unhas masaxes co linemento do doutor Sloan, curaba todo, iso si, o cheiro que levabamos para casa era insoportable durante uns días jajaja. Tamén, no descanso do partido, había servizo de bar, nunha carretilla eu subía desde a Taberna da Rons dúas caixas de Estrella de Galícia, o negocio estaba feito, despachaba todas as cervexas entre os compoñentes dos dous equipos jajaja.

O máis normal era que algún de nós fose para casa con algo tocado, xeonllos sangrando, nocellos rascados, a naris, dedos inchados…pero ao chegar a casa pasaba todo, non había nin unha queixa, sinon ,o próximo domingo non che deixaban ir.

Ás veces era tal a diferenza de goles que levaba o equipo contrario que non eras capaz de chegar a gañarlle ese día, pero había unha triquiñuela, cando alguén dicía de rematar o partido, os que perdían dicían : O QUE META GOL GAÑA…e así era.

Ao terminar o partido a maioría marchabamos para casa andando, algúns viñan en bicicleta ou tamén había quen tiña unha Derbi 50cc, como Adonis, pero a maioría íbamos andando e de paso falando do sucedido durante o partido.

Había días, practicamente todos, que ao finalizar o partido e de volta a casa, íanse comentando as incidencias e sempre había algún pique.
¡O próximo partido espéroche, xa verás, xa…!

Cando íbamos a xogar algún amistoso fora (Campañó, Lérez, Verducido…) xogaban os mellores e dependendo do resultado despois íbamos entrando os máis pequenos ou os torcebotas, todos éramos un equipo !

Que contentos viñamos si ganábamos e si perdíamos sólo pensábamos en xogar a revancha.

Uns dos mellores recordos que teño era cando ao rematar o partido e era época de vran, todos estabamos a desexar que acabase o partido, esperábanos un mergullo no río, que ben o pasabamos!

En uns días vou poñer a lista dos veciños que formamos o gran equipo naqueles anos, si ti queres axudarme vaime pasando nomes.

Nota : Dedicado ao meu amigo J.M. Garcia Barral, pola súa despedida do fútbol “profesional”.

.

A LISTA DE XOGADORES :

Quinco, Daniel Cochón, Andres Neira, Joselito, Joaquin O Porrelo, Charlin, Fidel, Moncho O Jaxe, Marcelino O Chuvié, Adonis O Chuvié, , Juan José Cochón, Javier Martínez, Lito Iglesias, Moncho Iglesias, José Losada, Santiago Losada, Biri Biri, Javier Losada, Miguel Barragáns, Rogelio Barragáns, Charlin, Lis.

Moncho Fernández O Caseiro, Tucho Fernández O Caseiro, Ángel Fernández O Caseiro, Tino O Panasco, García de Meán, Luis O da Boca, Secundino, Juan M. Fernández, Paducho O Chanton, Lucho Martínez, Javier O Calderillas, Nelo, Claudio e Moncho, Magdalena, Antonio e Ángel Os Ananos, Lito O das Piñas, Recarey, Fidel.

Nucho Barragáns, Pepe Barragáns, Manolo Barragáns, Nené Barragáns, Javier Barragáns, Carlos Barragáns, Camilo Ucha, José Ucha, Manolo Campos, Fernando Campos, Ramiro O Fariña, Manolito Rufino, Pepe Campos, Pascual, Pepe O Chelo, Manolo O Chelo, Juan Barragáns, Lito da Rons, JJ Esperón, Manolo da Rons, Fernando Fariña, J.M.García Barral, Ruy Fontán …

11- UN GRUPO DE GAITAS DO PAÍS…

Levo un tempo encabuxado, pero moi encabuxado.

Cada vez que vexo un cartel de festas anunciando as festas patronais, as de Corpus etc., vexo que nunha gran maioría deses carteis non aparece o nome dos grupos de gaitas, o mesmo ocorre coas bandas de música e tamén coas charangas.

Señores e señoras que forman parte das Comisións de Festas, a que vén publicar no cartel : Grupo de gaitas do país ou poñer Pasarrúas, así sin mais ?

É que seica os grupos non teñen nome ?

É que vos dá vergoña os grupos da nosa terra ?

Como é posible que nun país como o noso, con tantas Bandas de Música, non vos dignedes a poñer o seu nome ?

Estou cabreado, si, cada vez que vexo un cartel de festas, configurado nun 70% de publicidade de marcas de casas comerciais e o resto co nome das orquestras que no canto de facer bailar, montan un show para que estean a mirar para eles.

Hai que tempos aqueles de estar a bailar toda a noite ao compás daquelas grandes orquestras e os seus cantantes, para iso eran aquelas festas, para ir bailar, é agora ? Para que se vai ? Para estar coa boca aberta ?

Señores e señoras das Comisións de Festas, que pretendedes ao ocultar o nome dos nosos grupos de gaitas ? Queredes extinguir a nosa cultura musical ?

Facede un cartel onde se resalte o Patrimonio Cultural da vosa Parroquia e retirade toda esa cantidade de carteliños publicitarios que enchen o cartaz, se se recada menos cartos non pasa nada, ocupar eses espazos onde aparezan con letras de ouro os nomes dos grupos de gaitas, das bandas de música, das charangas…orgullo ! Tede orgullo do noso !

Enchede as corredoiras desde a primeira hora da mañá destes grupos ! Levádeos por todos os recunchos das vosas aldeas ! Que non falte nunca a música tradicional en directo polos nosos lugares !

RESPECTO POLO NOSO ! POÑEDELLE NOME !

Nota:

Para os compoñentes das Comisións de Festas, xa que non os poñedes, por si non lembrades os nomes, envíovos uns cuantos da nosa provincia:

• BANDA DE GAITAS GAITEIR@S DE MOAÑA

• ” OS CATRO VENTOS “

• ASOCIACION CULTURAL GAITAS DO MAR DE AROUSA

• ASOCIACIÓN CULTURAL ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE BARBUDE

• ATRANCALEVADAS

• ASOCIACIÓN CULTURAL FOULA

• ASOCIACIÓN CULTURAL POLAVILA

• BANDA DE GAITAS “ARUME DE MALVAS”

• BANDA DE GAITAS “OS CHANEIROS”

• BANDA DE GAITAS “SONS DA RAIA”

• BANDA DE GAITAS A.C. NÓS DE SOBRADELO

• BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DE SAN XULIAN

• BANDA DE GAITAS ASOCIACIÓN CULTURAL PONTENOVA

• BANDA DE GAITAS ATLANTIDA DE MATAMA

• BANDA DE GAITAS BALCON DO VAL MIÑOR

• BANDA DE GAITAS CHARAMUSCAS

• BANDA DE GAITAS CORIBANTES

• BANDA DE GAITAS DE FORCAREI

• BANDA DE GAITAS E BAILE AIRES DE COBRES

• BANDA DE GAITAS E DANZA O SON DA PEDRA

• BANDA DE GAITAS MANXADOIRA

• BANDA DE GAITAS MARIA SOLIÑA

• BANDA DE GAITAS OS AUTENTICOS

• BANDA DE GAITAS RAIGAMES

• BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DO CASTELO

• BANDA DE GAITAS LEMBRANZAS DA TERRA GUILLAREI

• BANDA DE GAITAS SAN PAIO DE ALXÉN

• BANDA DE GAITAS TROMENTELO

• BANDA DE GAITAS XARABAL

• BANDA DE GAITAS DA A.C. TRASPÉS

• BANDA DE GAITAS DO CASCO VELLO

• BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

• BANDA DE GAITAS FOULA

• BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN FOULA

• COMANDO FOUCELLAS

• ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE POIO

• GRUPO DE GAITAS DO CRAC DE CORUXO

• GRUPO DE GAITAS E PERCURSIÓN ” OS PENEDIÑOS “

• GRUPO DE GAITAS VEIRA DO RÍO

• OS GAITEIROS O CARBALLO DE SARDOMA

• OS ZOQUEIROS

• TREBOADA DE GUILLÁN

• A SENEIRA

• A.C. OS MECOS DE OGROBE

• ARDELLE O EIXO

• ASOC. FOLCLORICA SANTA BAIA DE DONAS

• ASOC.CULTUR.BRISAS DO RIO ULLA DE CATOIRA

• AIRIÑOS DO CASELAS

• AMIGOS DA MÚSICA

• ASOCIACIÓN CULTURAL RETROUSO DE CELA

• BANDA DE GAITAS A FIADA

• CONTOMELERIOS

• CHINGUILIPÉ

• CUARTETO DE GAITAS BOUDEBOU

• DECOTÍO GAITEIR@S

• ESCOS DE MARINETEA

• FEIXOADA

• GAITAS AIRIÑOS DE SAN SIMON

• GAITAS TIRAPUXA

• GAITEIR@S BARCA DE LOIMIL

• GAITEIROS DA PEREIRIÑA

• GAITEIROS OS ERDEIROS DOS MORENOS DE LAVADORES

• GRUPO DE GAITA E PERCUSIÓN “OS TABÁNS”

• GRUPO DE GAITAS “ARUME” DO CSCR DE BEADE

• GRUPO DE GAITAS “ATURUXO”

• GRUPO DE GAITAS “COTOGRANDE”

• GRUPO DE GAITAS “NOSA TERRA”

• GRUPO DE GAITAS “OS ROMANTELEIROS”

• GRUPO DE GAITAS “SANTA CRISTINA DE VALEIXE”

• GRUPO DE GAITAS A BOALLEIRA

• GRUPO DE GAITAS A NOSA SEÑORA XUNQUEIRA

• GRUPO DE GAITAS A.C. NÓS DE SOBRADELO

• GRUPO DE GAITAS ACD DORNA

• GRUPO DE GAITAS AIRES DE SANTES

• GRUPO DE GAITAS AIRIÑOS DO FOLÓN

• GRUPO DE GAITAS ANAQUIÑOS

• GRUPO DE GAITAS CANS DE PALLEIRO

• GRUPO DE GAITAS CANTODORXO

• GRUPO DE GAITAS CASTROMAO

• GRUPO DE GAITAS DA “A.C. A VELLA BARCA”

• GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CASA CULTURAL ARTISTICA Y DEPORTIVA DE AREAS

• GRUPO DE GAITAS DA ESCOLA DE MÚSICA DE SILLEDA

• GRUPO DE GAITAS DO CLUBE DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DE A GUARDA

• GRUPO DE GAITAS E PERCUSIÓN TRADICIONAL “XANGAL”

• GRUPO DE GAITAS MALAS HERBAS

• GRUPO DE GAITAS MALAS HERBAS

• GRUPO DE GAITAS NAUTILIUS

• GRUPO DE GAITAS NOVOS AIRES DE COUSO

• GRUPO DE GAITAS O ARCO

• GRUPO DE GAITAS O RONCONSÓN

• GRUPO DE GAITAS ONDIÑAS DO MENDO

• GRUPO DE GAITAS OS DE ALGURES

• GRUPO DE GAITAS OS DE SEMPRE

• GRUPO DE GAITAS OS LIBOREIROS

• GRUPO DE GAITAS OS MUIÑOS DE OLIVEIRA

• GRUPO DE GAITAS PEDRA DA GARZA

• GRUPO DE GAITAS PENAGUDA

• GRUPO DE GAITAS RUADA DE TORROSO

• GRUPO DE GAITAS RUEIRO

• GRUPO DE GAITAS SAN XURXO DE MOSENDE

• GRUPO DE GAITAS TRALOVALO

• GRUPO DE GAITAS XINELA

• GRUPO DE GAITAS XUNCO

• GRUPO DE GAITAS XUNTANZA

• GRUPO GAITA CON DE XIDO

• GRUPO GAITAS OS BERETES DE CIDADELLE

• GRUPO GAITAS VIRXE DO ALIVIO

• GAITEIROS ALGAZARA

• GAITEIROS OS XUNCOS

• GRUPO DE GAITAS CHORIMA

• GRUPO DE GAITAS BROA DA A.F. CORISCO

• GRUPO DE GAITAS C.C.E S. CASTRO BARREIRO

• GRUPO DE GAITAS CORES DO SOBREIRO

• GRUPO DE GAITAS LEMBRANZAS DA RÍA

• GRUPO DE GAITAS OS TREBELLOS

• GRUPO DE GAITAS OS XUVENILES

• GRUPO DE GAITAS SANTA COLUMBA

• GRUPO DE GAITAS SON DO CASTRO

• GRUPO DE GAITAS TANGARAÑO

• GRUPO DE GAITAS DO CENTRO CULTURAL A MERCED DE CHAÍN

• GRUPO DE GAITAS “MEIGALLOS”

• GRUPO DE GAITAS “TARABELO”

• GRUPO DE GAITAS ARROASES DE O FIADEIRO

• GRUPO DE GAITAS OS ABRENTES DE CERDEDO

• GRUPO DE GAITAS TRA-LO MOSTEIRO DE OIA

• GRUPO DE GAITAS TRASPÉS

• GRUPO FOLCLÓRICO FOULA

• NEBOEIROS

• NO COLO DO VENTO

• O SON DA FORNA

• OS CHANEIROS

• OS DE MARÍN

• OS FERVELLOS DO PÍO

• OS ALEGRES

• OS ANTIGOS CRUCEIROS

• OS DEMOS DA PETACA

• OS FERRAIAS DA ETEA

• OS TRASNOS DE DOADE

• QUINTETO CHARAVISCAS

• SENFOL GAITEIROS

• TUROQVA

• VARACUNCAS

• XIADA GAITEIROS REFRESCANTES

• GAITAS ” O CARBALLO DAS CEN POLAS”

• RECORDOS DA NOSA TERRA

. GRUPO DE GAITAS VIDES NOVAS

17- SETE PESOS.

Esto que vos vou contar seica pasou fai uns anos, a principio dos anos setenta do pasado século, de todas formas teño que asegurarme, pero mentras tanto digamos que é un conto…

Resulta que iba un día o cura D. Benito subindo as escaleiras que van da casa do caseiro o atrio e nada máis chegar arriba, D. Benito chamou por Juan, o raparigo que estaba naquel momento facendo a función de sacristán.

Juan estaba xogando a pelota cos rapaces que se xuntaban os días de misa na finca da antiga escola de Carballo, hoxe en día coñocida pola Casa do Pobo.

Ven aquí, Juan, ven aquí, dicíalle o cura D. Benito ao sacristán.

Juan achegándose ía preguntandose que presa tería o cura, precisamente cando estaba xogando a pelota, que sería o que quería aquel home para chamar por él daquel xeito.

-Tí eres home de ben ? Preguntoulle D. Benito.

– Ai señor ! E pregúntamo? E digo eu, haberá home máis leal e mellor servidor ca mín? Si San Vicente falase, poderíalle dicir se son de lei ou non.

– Pero como San Vicente non fala, e penso que fai ben, fágoche eu a pregunta.

– Ave María, Don Benito ! As súas palabras danme moito que cavilar. Seica ten vostede algunha dúbida sobre a miña honradez ?

– Coméntoche Juan : hoxe estiven a recoller os cartos da boeta de ánimas, e notei que non había nin a metade do que tiña que haber. Quen colleu os cartos do peto ? (A cantidade de diñeiro que o cura recollía semanalmente era prácticamente sempre a mesma, cada fregués sempre daba a mesma esmola, polo cal, D. Benito estaba seguro de que faltaba unha certa cantidade de diñeiro considerable comparando coas anteriores semanas).

Juan, rascou a cabeza fortemente e despois de vacilar como quen vai a chapuzarse na auga fría en pleno mes de Xaneiro, dixo :

– Pois mire, señor cura : a verdade é a verdade e non hai outra, e por dicir mentira non me vai de abrir as portas o demo. Onte pola mañá quitei sete pesos da boeta.

– Gandulo ! Mal sacristán, herexe ! …Roubar dese xeito ás ánimas do purgatorio !

– Eu roubar ? Iso non é certo ! Faga o favor de escoitarme, pola nai que o pariu, e verá que como non foi un roubo.

– Resulta, que o sacristán de Campañó, debíame sete pesos desde fai catro anos. Como non tiña forma de enviarmos, decidín escribirlle dicíndolle que metese na boeta de ánimas da súa igrexa sete pesos, que eu os collería da boeta de aquí.

– Mala centella che parta !

– Pero señor cura… As ánimas perderon algo con iso ?

– Juan, as ánimas de Campañó nada teñen que ver coas ánimas de Cerponzons: son autónomas.

– Cando queiras virar ou cobrar un xiro, vas a casa do carteiro de Alba, porque se non, coas túas filosofías e descubrimentos comerciais eu son o que vai quedar como as ánimas do purgatorio.

NOTA : Teño que saber en realidade si foi verdade, no ano 1921 había un conto de M. Lugris Freire mui parecido, quedárei con Juan para tomar un viño e de paso preguntolle jajaja.