17- SETE PESOS.

Esto que vos vou contar seica pasou fai uns anos, a principio dos anos setenta do pasado século, de todas formas teño que asegurarme, pero mentras tanto digamos que é un conto…

Resulta que iba un día o cura D. Benito subindo as escaleiras que van da casa do caseiro o atrio e nada máis chegar arriba, D. Benito chamou por Juan, o raparigo que estaba naquel momento facendo a función de sacristán.

Juan estaba xogando a pelota cos rapaces que se xuntaban os días de misa na finca da antiga escola de Carballo, hoxe en día coñocida pola Casa do Pobo.

Ven aquí, Juan, ven aquí, dicíalle o cura D. Benito ao sacristán.

Juan achegándose ía preguntandose que presa tería o cura, precisamente cando estaba xogando a pelota, que sería o que quería aquel home para chamar por él daquel xeito.

-Tí eres home de ben ? Preguntoulle D. Benito.

– Ai señor ! E pregúntamo? E digo eu, haberá home máis leal e mellor servidor ca mín? Si San Vicente falase, poderíalle dicir se son de lei ou non.

– Pero como San Vicente non fala, e penso que fai ben, fágoche eu a pregunta.

– Ave María, Don Benito ! As súas palabras danme moito que cavilar. Seica ten vostede algunha dúbida sobre a miña honradez ?

– Coméntoche Juan : hoxe estiven a recoller os cartos da boeta de ánimas, e notei que non había nin a metade do que tiña que haber. Quen colleu os cartos do peto ? (A cantidade de diñeiro que o cura recollía semanalmente era prácticamente sempre a mesma, cada fregués sempre daba a mesma esmola, polo cal, D. Benito estaba seguro de que faltaba unha certa cantidade de diñeiro considerable comparando coas anteriores semanas).

Juan, rascou a cabeza fortemente e despois de vacilar como quen vai a chapuzarse na auga fría en pleno mes de Xaneiro, dixo :

– Pois mire, señor cura : a verdade é a verdade e non hai outra, e por dicir mentira non me vai de abrir as portas o demo. Onte pola mañá quitei sete pesos da boeta.

– Gandulo ! Mal sacristán, herexe ! …Roubar dese xeito ás ánimas do purgatorio !

– Eu roubar ? Iso non é certo ! Faga o favor de escoitarme, pola nai que o pariu, e verá que como non foi un roubo.

– Resulta, que o sacristán de Campañó, debíame sete pesos desde fai catro anos. Como non tiña forma de enviarmos, decidín escribirlle dicíndolle que metese na boeta de ánimas da súa igrexa sete pesos, que eu os collería da boeta de aquí.

– Mala centella che parta !

– Pero señor cura… As ánimas perderon algo con iso ?

– Juan, as ánimas de Campañó nada teñen que ver coas ánimas de Cerponzons: son autónomas.

– Cando queiras virar ou cobrar un xiro, vas a casa do carteiro de Alba, porque se non, coas túas filosofías e descubrimentos comerciais eu son o que vai quedar como as ánimas do purgatorio.

NOTA : Teño que saber en realidade si foi verdade, no ano 1921 había un conto de M. Lugris Freire mui parecido, quedárei con Juan para tomar un viño e de paso preguntolle jajaja.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s