39- UN PARTIDO DE FÚTBOL NA CHAN DO MONTE.

⚽️UN PARTIDO DE FÚTBOL NO CHAN DO MONTE.

Cando xogabamos entre nós, os da mesma parroquia, sempre formaban o equipo os mellores que xogaban ao fútbol, a idea era que non podían estar xuntos os máis bos, había que repartirse, pero a veces non ocurría…

Cada un deles ía escollendo primeiro aos que consideraba mellores, ao final sempre quedaban os torcebotas, os que non daban unha ao futbol e os que ninguén quería ter no seu equipo, pero ao final, todos xogabamos, iso si, a maioría das veces os máis malos tiñan que xogar de porteiros e en moitas ocasións deixábanse meter goles para que os substituísen jajaja.

Non tiñamos uniforme, coñeciámosnos e sabiamos quen era os nosos, a primeira vez que tivemos unha equipaxe foi cando iamos xogar contra os de Lérez, cada un comprou a súa, naqueles tempos non había quen nos axudase, daquela as empresas que podía haber na parroquia non estaban polo labor.

A equipaxe que gustou á maioría era a do Atlético de Madrid, así que os que eramos seareiros do Madrid ou do Barça non tivemos máis remedio que achantar.

Con ese equipaxe ganamos os de Lérez un trofeo, recordo que ese día, antes de comezar o partido preguntámoslles se tiñan o trofeo que decidiramos xogárnolo, un deles achegouse a un bolso e sacou un trofeo enorme, precioso. Ese partido gañámolo aos penaltis, lémbroo coma se fose hoxe, eu era o porteiro e realicei unhas cantas paradas, eu estaba orgulloso do que había logrado.

O campo de fútbol estaba situado onde hoxe en día está a gran rotonda de Médico Ballina, nun campo de herba que había alí, eran os anos setenta, as porterías feitas con catro paus e pouco máis.

Desde aquel día xoguei sempre de porteiro e co paso do tempo cheguei a xogar nese posto na liga de fútbol sala que se creou en Pontevedra.

Resulta que gañamos claro, e todos estabamos tolos por levarnos aquel trofeo para a parroquia, ese día, na Taberna do Nenas, íamos estrear a estantería que se había preparado para ir colocando os trofeos que fose gañando o equipo de fútbol, pero a nosa alegría durou pouco, no canto daquel trofeo tan fermoso, déronnos un anano, máis pequeno non se fabricaba, tíñano todo preparado pensando que ían gañar eles, o trofeo mais chulo para eles e o pequerrecho para o equipo perdedor.

O cristo que se montou foi descomunal, algúns dos meus compañeiros de equipo (os máis maíores) non chegaron ás mans cos do Lérez porque nos puxemos por medio e dixémoslle que non valía a pena.

Aínda así, fómonos todos orgullosos para Cerponzons co noso “gran trofeo” e co peito cheo por gañar ao equipazo que tiñan os de Lérez

Bueno, sigo recordando os partidos entre nos no Chan do Monte…

Un dos que máis vantaxes tiña era o dono do balón, xogaba sempre cos mellores e él decidía cando se acababa o partido, que podía durar o tempo regulamentario ou rematalo se comezaba a chover, se había algún pique, ou si lle eran horas…

Antes de comenzar a xogar, poñíanse unhas regras, porque non había árbitro, así que cada un pitaba o que cría que sucedera e pasaba o que pasaba.

Advertía algún de nos :

NON VALE FURAR !

NON VALE EMBARCAR A PELOTA !

Mentres nas bancadas (é un dicir) catro ou cinco espectadores, algún paisano que pasaba por alí e quedaba un momento e unhas cantas mozas que viñan máis ben a ver algún mozo que lle gustaba.

O balón era de coiro, pero daquel coiro que como che desen un balonazo deixábache toda a semana tocado e non digamos se se poñía a chover, dar un cabezazo a aquela pelota era arriscarse a ter unha dor cranial de consideración.

Nada mais comenzar o partido un xa empezaba a gritar: Pasa o balón, pasa o balón ! Non chupes ! Que che dixen ! Eres un chupón ! Non sei como che escolleron para o noso equipo ! Sempre estás a chupar joder !

Eh ! Iso foi falta ! FOI FALTAAAA ! Décheslle na canilla ! Joder ! Mira como sangra !

Esas botas con tacos non debías traelas!

Había quen traía unhas botas de primeira división, daquelas botas con tacos de aluminio ! Cuidadito ! Poñíase un acojonado!, a maioría xogabamos con tenis, e outros os que os seus pais non podían comprarlles uns, facíano con zapatos de rúa, é dicir cos únicos zapatos que tiñan, os que usaban todos os días.

Ten coidado ! Non lle metas un fungueirazo ao porteiro ! Que é un rapas ! Vaía pexegazo lle meteches!

Nada, nin caso, a resposta era sempre a mesma : que non se puxera de porteiro.

O partido era a moreas, todos queriamos gañar, patada vai, patada vén, de cando en vez caíaste entre os toxos que había nos laterais, era raro que non foses rascado para casa ou con algunha parte do corpo mazado.

Orsai ! Iso foi Orsai ! Nin caso, o gol subía ao marcador e comezaban os piques…

Cando a un petáballe, comezaba a mosquearse, largaba o balón dun punteirazo en dirección ao río…

Xa está fulano embarcando o balón, eu non vou a buscalo, que vaia él, dicían os máis pequenos, era habitual que fosen eles os que tiñan que andar entre os toxos monte abaixo buscando o balón, se non o facían expoñíanse a que non os deixaban xogar. Mentras tanto, o xogo continuaba…

MANOOO, MANOOO, PENALTI !

Había que gritar con forza para que che fixesen caso e de paso dicías que o tirabas ti, que che fixeran a tí o penalti e que tirábalo tí.

Ao chegar ao descanso, dabámonos unhas masaxes co linemento do doutor Sloan, curaba todo, iso si, o cheiro que levabamos para casa era insoportable durante uns días jajaja. Tamén, no descanso do partido, había servizo de bar, nunha carretilla eu subía desde a Taberna da Rons dúas caixas de Estrella de Galícia, o negocio estaba feito, despachaba todas as cervexas entre os compoñentes dos dous equipos jajaja.

O máis normal era que algún de nós fose para casa con algo tocado, xeonllos sangrando, nocellos rascados, a naris, dedos inchados…pero ao chegar a casa pasaba todo, non había nin unha queixa, sinon ,o próximo domingo non che deixaban ir.

Ás veces era tal a diferenza de goles que levaba o equipo contrario que non eras capaz de chegar a gañarlle ese día, pero había unha triquiñuela, cando alguén dicía de rematar o partido, os que perdían dicían : O QUE META GOL GAÑA…e así era.

Ao terminar o partido a maioría marchabamos para casa andando, algúns viñan en bicicleta ou tamén había quen tiña unha Derbi 50cc, como Adonis, pero a maioría íbamos andando e de paso falando do sucedido durante o partido.

Había días, practicamente todos, que ao finalizar o partido e de volta a casa, íanse comentando as incidencias e sempre había algún pique.
¡O próximo partido espéroche, xa verás, xa…!

Cando íbamos a xogar algún amistoso fora (Campañó, Lérez, Verducido…) xogaban os mellores e dependendo do resultado despois íbamos entrando os máis pequenos ou os torcebotas, todos éramos un equipo !

Que contentos viñamos si ganábamos e si perdíamos sólo pensábamos en xogar a revancha.

Uns dos mellores recordos que teño era cando ao rematar o partido e era época de vran, todos estabamos a desexar que acabase o partido, esperábanos un mergullo no río, que ben o pasabamos!

En uns días vou poñer a lista dos veciños que formamos o gran equipo naqueles anos, si ti queres axudarme vaime pasando nomes.

Nota : Dedicado ao meu amigo J.M. Garcia Barral, pola súa despedida do fútbol “profesional”.

.

A LISTA DE XOGADORES :

Quinco, Daniel Cochón, Andres Neira, Joselito, Joaquin O Porrelo, Charlin, Fidel, Moncho O Jaxe, Marcelino O Chuvié, Adonis O Chuvié, , Juan José Cochón, Javier Martínez, Lito Iglesias, Moncho Iglesias, José Losada, Santiago Losada, Biri Biri, Javier Losada, Miguel Barragáns, Rogelio Barragáns, Charlin, Lis.

Moncho Fernández O Caseiro, Tucho Fernández O Caseiro, Ángel Fernández O Caseiro, Tino O Panasco, García de Meán, Luis O da Boca, Secundino, Juan M. Fernández, Paducho O Chanton, Lucho Martínez, Javier O Calderillas, Nelo, Claudio e Moncho, Magdalena, Antonio e Ángel Os Ananos, Lito O das Piñas, Recarey, Fidel.

Nucho Barragáns, Pepe Barragáns, Manolo Barragáns, Nené Barragáns, Javier Barragáns, Carlos Barragáns, Camilo Ucha, José Ucha, Manolo Campos, Fernando Campos, Ramiro O Fariña, Manolito Rufino, Pepe Campos, Pascual, Pepe O Chelo, Manolo O Chelo, Juan Barragáns, Lito da Rons, JJ Esperón, Manolo da Rons, Fernando Fariña, J.M.García Barral, Ruy Fontán …

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s