Hoxe 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial. Aínda que o noso Patrimonio non está na lista da UNESCO, o noso Patrimonio ten tal riqueza patrimonial e inmaterial que para nós é a mellor do mundo. Debemos de estar orgullosos diso, debemos de coidalo, de protexelo, de manter os nosos costumes, as nosas tradicións, as nosas artes, as nosas festas, en resumo todo aquilo que constitúe o noso acervo cultural. Temos moito aínda por descubrir, debemos de seguir o noso traballo, debemos seguir achegando o noso gran de area, aínda que haxa quen no valore o que outros fan por manter as nosas manifestacións populares vivas, as nosas tradicións, a nosa linguaxe, etc. Non debemos virnos abaixo, sempre houbo, hai e haberá xente que lle dará o mesmo isto que estou a dicir, sempre haberá xente que desprezará o noso monte, tirando lixo, esnaquizando os vellos muíños, desprezando os nosos ríos, deixando que as nosas pontes váianse deteriorando, nunha palabra, danando o de todos. Aínda a pesar dos inconvenientes que nos veñen cando un menos llo espera, debemos seguir arrimando o ombreiro, debemos sempre sumar, ás veces non hai máis remedio que se teñen que adaptar certos costumes aos tempos que nos tocou vivir, como sucedeu ao longo de tantos anos que ten a parroquia, pero iso si, sempre mantendo as tradicións. É inevitable que haxa certas cousas que non poden seguir sempre igual, as circunstancias ás veces fan que xurdan variacións, debemos entendelo e entre todos seguir o camiño, un camiño de máis de mil anos de historia. Son innumerables os exemplos que podo poñerme a escribir aquí, sen rematar a miña investigación pódovos dicir que nos últimos trescentos cincuenta anos, sempre houbo xente na parroquia que se unía para facer diversas actividades, desde relixiosas, obreiras, de escolas, de agricultura, recreativas, gandeiras etc. , en época da República, da Dictadura, da Democracia, déixovos esta lista que teño aínda sen finalizar :
FUNDACIÓNS
1675-Fundación de La Concepción
1710- Fundación de San José
1736- Fundación de San Antonio Abad
1926- Fundación Escuela Fernández y Gonzalez de Prada.
COFRADÍAS
1632- Cofradía de San Roque
1650- Cofradía de San Antonio Abad
1688- Cofradía del Santísimo
SOCIEDADES DE CERPONZONES
1897-Sociedad de Agricultores de Lerez, Campañó, Alba y Cerponzones.
1902- Sociedad de Agricultores de Cerponzones
1908- Sociedad Agrícola de Cerponzones
1915- Sociedad Obrera de Cerponzones
1926- Sociedad Recreativa y Artistica de Cerponzones
1928- Union Agrícola de Cerponzones
1930- Sociedad de Agricultores y Oficios varios de Cerponzones
1933- Sociedad Union Agraria de Cerponzones
1933- Federación Comarcal Agraria de Cerponzones
1933- Sociedad de Agricultores de Cerponzones
1933- Sociedad de Agricultores y Obreros de Cerponzones
1936- Sociedad de Obreros y Campesinos de Cerponzones
1938- Junta Parroquial de Cerponzones
1953- Sociedad Ganadera de Cerponzones
1967- Asociación de Cabezas de Familia de Alba, Cerponzones y Campañó
1970- Asociación de Ganado de Cerponzones.
1972- Comunidad de Aguas de Tilve, Liborei y A Bouza
Varios anos: Comunidades de Aguas de A Ermida, Cunchido, Meán, Pidre…
1984- Comunidade de Montes.
E coma non, as que actualmente están no candelero:
Comisións de Festas
Asociación de Veciños O Chedeiro
Asociación Cultural Deportiva Chan do Monte
Cerponzons C.F.
Moi pronto terei o pracer de achegar un novo elemento ao Patrimonio de Cerponzóns, o libro que vos comentei hai uns meses está a piques de saír á luz, pero a miña intención é seguir publicando, a nosa parroquia ten moitas máis cousas que debemos de dar a coñecer.
Debemos de seguir investigando, por exemplo, debemos darlle mais importancia a bens naturais que forman parte da nosa contorna, por exemplo de formacións xeolóxicas que conforman lugares que polas súas características son dunha beleza e quizais dunha historia que temos aí escondida e necesitamos poñela en valor.
ONTE FOI DIA DE FESTA PARA A ASC. DE VECIÑOS Para finalizar, comentarvos que onte recibimos dúas gratas noticias, que esperamos cheguen a bo porto, as dúas teñen relación coa nosa contorna natural.
Unha delas, a veciñanza desexa desde fai tempo que se faga, outra imos a comenzala na vindeira semana. Démoslle tempo ao tempo e sigamos traballando, sigamos sumando, sigamos facendo piña, sigamos facendo Parroquia, sen présa pero sen pausa. Orgullosos da nosa identidade.
Recordo que aqueles anos de colexio, que seguro que muitos os lembrades coma min, era unha época en que tiñas antes de nada, o entrar o mestre na clase, poñerte en pé, cantar un himno e despois tamén rezar.
Recordades os xogos, recordades os castigos? Quen non chegaba a casa cos xeonllos pelados ? Podía ser de xogar no campo de terra ou ben de estar castigado todo o día fronte á parede, pero dun xeito ou doutro chegabas a casa con eles pelados jajaja.
Eran anos onde o que dispoñíamos na maioria das casas era dunha radio, porque televisión non tiñamos practicamente ninguén, escoitabamos o parte, as series radiofónicas e os discos dedicados, era o entretemento que tiña a familia, escoitar a Matilde, Perico e Periquín ou La Saga de los Porreta, era o que máis gustaba a maioría.
Unhas das cousas que non esquecemos os que pasamos polo colexio entre eses anos 50/60 e lembramos moi ben, era cando nos daban no recreo o leite en po.
Naqueles tempos, debido á falta de todo na época da posguerra, desde EEUU comenzaron a chegar unha serie de axudas, a cambio de nada segundo dixeron daquela, pero a realidade parece ser que foi outra.
É chegou o leite en po, a manteiga e o queixo, que foron enviados desde o país americano, de principio comentábase que era unha axuda para paliar a miseria en que quedaramos despois da Guerra Civil, pero en realidade seica foi a cambio de asinar uns tratados alá polo ano 1953 e mentres os americanos enviábannos alimentos, España cedíalles terreos para ter as súas bases militares.
Un estribillo moi usado por todo o país, por mor da entrega dos alimentos, era aquel que modificando a letra do himno dos Marines, dicía:
“Con la ayuda americana, ya no hay nada que temer,
tomaremos leche en polvo, en vez de tomar café.
Tamén hai quen dí que o leite en po, a manteiga, os queixos…viñeron a España grazas a UNICEF, habrá que investigar noutro momento como foi a chegada dos alimentos.
Grupo de nenos no Colexio de Pidre/Meán
Ben, o meu recordo do leite en po non é moi bo, cando chegaba a hora do recreo, o mestre normalmente mandaba aos maiores quentar nun caldeiro a auga, cando estaba amornada comezábaa a servir nuns vasos, creo que eran de aluminio, moitas veces cuns grumos do tamaño dunha bóla daquelas de cristal, buf! eu non era capaz de tragar aquel leite así!
Tanto o mestre como a mestra, preocupábanse que cada un dos seus alumnos bebesen aquela leite, para min era o peor momento do día, moito máis que os castigos a que nos sometían, eu sempre que podía daballe a leite a un compañeiro que tiña muitas máis necesidades ca min, pero con muito coidado, as escondidas, xa que sí me pillaba o mestre, vareazo que Dios te criou, é en vez de un vaso o mellor tomabas dous.
Tamén lembro que estando a facer fila para que nos servisen a leite, había quen nun papel de estraza levaba azucre para poder bebela mellor, máis tarde algún chegou a levar colacao.
Dun xeito ou doutro, había que evitar que non che visen co azucre ou co colacao, agora co paso dos anos, falando disto, comentoume unha amiga que cada vez que bebía o leite saíanlle grans na cara, a súa nai ía falar coa mestra e pedíalle por favor que non lle dese a beber a leite aquela, pero a mestra non daba o brazo a torcer, anos máis tarde esa nena soubo que tiña intolerancia á lactosa.
Durante eses anos que comentei anteriormente, en España chegáronse a consumir uns tres mil millóns de litros dun po de cor amarelo mesturada con auga, sabe Dios o que podía traer ese po mezclado quizáis con vai ti a saber o qué…hoxe en día hai que non quere vacunarse do covid, por temor a que poden estar facendo experimentos connosco, pois mira que si é así, entre a leite en po, as vacunas de pequenos, as vacunas na mili e os kilos de medicamentos que levamos tomado…fixeron experimentos dabondo connosco e seguimos vivos jajaja.
Grupo de nenas no Colexio de Pidre/Meán
5 JULIO 1962. EL PUEBLO GALLEGO.
O XORNAL DO ANO 1962, PUBLICABA O SEGUINTE:
DEL MAGISTERIO.
SERVICIO ESCOLAR DE ALIMENTACION.
Interrumpido el complemento alimenticio, así como los comedores escolares en las escuelas de la provincia el último día de junio, para reanudarlo el primer hábil de octubre próximo, procede que por los maestros que tengan en su poder remanentes de leche en polvo, se conserven éstos con las mejores garantías de seguridad e higiene, procurando que los envases queden cuidadosamente cerrados en lugares secos y limpios, alejados de sustancias que despidan olores fuertes y de otros peligros.
Aquellos directores o maestros que, por ausencia u otros motivos, no puedan custodiar los remanentes, los confiarán a la autoridad local o personas de solvencia afín a la escuela. Para ello, se extenderá, por triplicado, un justificante de la entrega, visado por la alcaldía, en el que consten los siguientes extremos: Número de kilogramos.
Nombre del director o maestro que entrega.
Nombre de la persona que se hace cargo de la custodia.
Lugar donde queda depositado.
El original del justificante que dará en poder del director o maestro; el duplicado se entrega al depositario, y el triplicado se enviará a la Delegación provincial del SEAN.
Falando coa veciñanza que colabora nos meus relatos, hai quen recorda cando tomou o leiteno colexio:
1- Claro que recordo, é teño mui malos recordos por certo.
Teño un mal recordo de unha mestra que tiven, eu non tiña paraxe na aula, dado que todo o que a mestra estaba enseñando, eu xa o sabía. A mestra non me podía ver, e cando chegaba a hora de tomar a leite eu vomitaba, non era capaz de beber e de tragar aqueles grolos, que mal me poñía. O que si me gustaba era aquel queixo de cor amarelo, pero a mestra nunca me dou nunca un anaquiño, o que si me daba eran tiróns de pelo, chegando a arrancarme casi unha coleta das trenzas que eu levaba.
2- Si, claro que recordo, é queixo tamén.
3- Si recordo e recordo que facíao eu, a profesora dabanos un vaso de leite en polvos e un sobre cada un, eso non sei certo como era pero polvos e leite era, vaía coa frase, e tamen unhas lonchas de queixo cada unha, e metiamolas no medio do libro cando tocaba o recreo para tomar esa leite, que facia unha espuma ao revolver, que botaba por fora do vaso, e tocaba comer todo, comer todo con fame e ilusión, pero algunhas das rapazas non encontraban o queixo no libro por que Dina xa llo papara , que rico !, pero pobres todas a chorar… eu que era o demo, comíannos os ratos que os vin eu, e a verdade que había mil ratos e ratas, que algún matei coa regla da profesora. Eu por facer revolución por riba dos bancos miraba as ratas e os ratos por todas partes, e a profesora, Dª Lola, A Cotorra, tiñalle medo os ratos e desde fora da escola decía, los cojiste ? Eu respondíalle non profesora, hai muitos, e con ese motivo. M. H. Esta.
Que tempos, pásamolo en grande. 😃😃😃
4- Algún recordo teño, traíano a escola de Meán, pero a min pouco me gustaba o leite, é ese menos, nunca o probei.
5- Si, nos daban leche para el recreo, cada una tenía que llevar su taza y pan si quería. Para hacer la leche, iba una alumna o dos media hora antes a la cocina de la escuela, y en una olla roja, poníamos agua del grifo o de la fuente, y en proporción echábamos la leche en polvo, pero a nosotros siempre nos salía leche aguada, porque era la cantidad que nos mandaba la maestra, así ella la aprovechaba para otros fines, pues tenía dos criadas y animales. Luego, cada quien tenía que dejar lavada su taza, que para colmo, al otro día siempre faltaba una y había que buscarla, pues le habían puesto de comer en ella al gato ó al perro.
6- Si que recordo de tomar leite e mantega.
7- En mi cole tomábamos leche todos los días, me acuerdo que tenía un tanque de porcelana con una asa y me acuerdo que cada día las más mayores cogíamos el agua en una fuente que había al lado del colegio y la profesora ponía a calentarla, aveces llevaba un trozo de chocolate para echarle, a mi me gustaba.
NOTA:
Dedico este relato a miña irmán, Maricarmen, e tamén aos nenos e nenas que pasaron moitas necesidades na súa infancia e mocidade, de moita fame, de falta de roupa, de xoguetes…aqueles nenos e nenas que se tiveron que encargarse do coidado dos seus irmáns menores, aqueles nenos e nenas que despois de saír do colexio, ao chegar a casa, tiñan que coller a vaca e irse con ela a pastar, ou tamén que tiñan que axudar nas faenas do campo, aqueles nenos e nenas que cando chegaban á súa casa e levaban unha alegría de cando en vez cando os seus avós, os seus padriños ou os seus pais traíanlles chocolate, tetilla, galletas ou churros e celebrábano ao grande.
Sodes vos, si, aqueles nenos e nenas que nos colexios de Pidre, de Meán, de Tilve ou de outras parroquias, déronvos o leite en po, a manteiga e o queso.
Un leite que tiñades que facelo vos mesmos, buscando a auga á fonte, quentándoa na cociña de ferro ou cos hornillos que tiñan os mestres ou ben nas lareiras que habían feito nos novos colexios nacionais os inicios dos anos sesenta.
Practicamente sen infancia e sen mocidade saístes adiante, agora a vosa maior ilusión é gozar da vida e ter saúde, cada un coas súas preferencias e os seus gustos, gozando dos seus netos, viaxando , participando nas actividades que se fan na parroquia etc., en definitiva, disfrutar da vida, porque o merecedes, que xa traballastes arreo.
O sal é un elemento usado para absorber as malas enerxías, pero empregado de maneira malévola, pode provocar dano. Está relacionado co mal de ollo e considérase un ritual negro porque se usa para ocasionar que unha persoa non teña éxito ou mesmo, cousas peores como accidentes.
Pois si, isto que acabo de escribir ven relacionado co que algunha xente que visita o noso cemiterio parroquial dedícase a realizar no Camposanto, e non é a primeira vez.
Nada máis e nada menos que rituais de “maxia negra”, e lévao facendo nun recuncho do Camposanto desde fai un tempo, debido a como se encontraba. Fai uns días, cando fun ao cemiterio para dar unha volta e colocar uns avisos para advertir do consumo da auga, atopeime coa desagradable sorpresa de que nun dos panteóns estaba a realizarse “maxia negra”. Cal era o propósito que a persoa que puxo iso naquel lugar ? Pois vai ti a saber… Estes tipos de feitizos teñen moitas finalidades, por exemplo, utilízanse para atraer desgrazas á persoa que representa o boneco, como o que atopei estendido encima dunha capa de sal. Polo que se conta nos mundos dos rituais, o boneco atopado utilízase para controlar a outra persoa coa que se tivo algún tipo de problema e dicen que pode provocar moito dano, inestabilidade psicolóxica, entre outras doenzas corporais. Habitualmente, o tipo de persoas que recorren a este medio é para causar dano na distancia para que a persoa á que se lle desexa o mal, non saiba nada do porqué do que lle sucede.
Conforme puden, dei o oportuno aviso e inmediatamente foron a retirar o boneco.
Estés días estiven en varios cemiterios e veume á memoria algo que dun tempo para acó xa non se ve practicamente en ningún camposanto, as “mariposas”.
A colocación das tradicións “mariposas” pérdese co tempo, nos meus recordos desde que era un neno o primeiro que me vén á mente no día de visitar os cemiterios era entrar e ver todos os nichos alumados con lamparillas, seguro que son o recordo de moitas noites de defuntos para moitos dos que estades a ler isto, tamén lembro que a miña avoa tiña costume de poñer algunha na casa cando tiña algunha preocupación, inclusive téñense usado naqueles días, moitos, en que quedabamos sen luz, cantos invernos pasamos días e días vindo e marchándose a luz!, aí estaban as velas e as lamparillas para poder ter algunha claridade pola casa.
Naqueles anos o máis habitual era que na maioría das casas, polo menos nestas datas, celebrábase o rito de ter “mariposas” acendidas encima da cómoda, rodeadas de fotografías dos seres queridos falecidos.
Cando chegaban as datas da celebración do Día de Defuntos, na nosa taberna tiñamos xa preparadas as caixiñas de “mariposas” ou “lamparillas de aceite”, feitas de recortes de cartas da baralla española ou tamén podia ser de cartón, e cunha fina capa de corcho (as que si eran boas, as de mellor calidade, eran aquelas que levaban unha arandela de hoxalata, acordádesvos?).
Ao chegar cada un ao seu panteón poñíase á facer a limpeza do lugar e despois de todo limpo, colocadas as flores e nalgúns nichos a foto do defunto, finalmente, nun vaso de cristal ou similar colocábanse as “mariposas”, con auga e aceite de cociña. A cantidade de “mariposas” que colocabas no recipiente era tantas como almas que querías pedir por elas, era unha maneira respectuosa de vivir un tradicional día, era o motivo de ofrecer ás ánimas un feixe de luz para cruzar as sombras dese camiño que as levaba do Purgatorio á Gloria.
E así ano tras ano, as lamparillas despois de acendidas, iríanse consumindo aos poucos e apagábanse cando chegaba á auga, por certo, canto máis aceite botabas, máis duraban acendidas.
Cada día vaise desvanecendo aquela cultura popular que os nosos antepasados respectaron através dos séculos.
Como me gustaría ver de novo os panteóns do cemiterio repleto de lamparillas.
E é que a modernidade é o que ten, sempre que pode, fai desaparecer as tradicións.
FALA A VECIÑANZA.
Yo también las recuerdo. Mi abuela también las usaba en el cemeterio, en casa con los santitos, era muy chulo verlas arder. Hoy en día aún las venden, yo creo que tengo alguna cajita.
La verdad es que se van perdiendo las costumbres antiguas.
====
Después de leer el artículo, ya no queda mucho que decir, recuerdo todo eso que dices, las lamparillas o mariposas con un vaso con agua y aceite, que a veces se te caían y hacías allí un cristo o cuando se te daba la vuelta la mariposa y tenías que poner otra, había veces que no se te encendían, es un recuerdo bonito, cuando llegabas al cementerio, de aquella no había luz, y lo veías todo iluminado con aquellas mariposas, era un ambiente reconfortante para recordar a los difuntos, se hacía un ambiente más entrañable, así sin luces, sólo con las mariposas, pero ahora con la modernidad, todo cambia.
Dentro de nada le pondremos las luces de los móviles, ni pondremos velas, pero,bueno, es lo que hay.
===
En mi casa también poníamos las mariposas en el cementerio y en casa todo el mes de Santos. Y me acuerdo que si quedábamos sin mariposas, mi abuela se ponía a hacerlas, cogía un trozo de trapo de algodón y hacía una torcida y lo colocaba en el sitio de las mariposas, recuerdo que alumbraba igual.
===
Yo no recuerdo haberlo vivido en primera persona, pues no fui a los cementerios hasta ya adulta y entonces los recuerdos son diferentes.
Sí recuerdo que en todas las casas había un montón de velas para cuando se iba la luz, que era a menudo.
De hecho,yo,tuve velas en mi casa hasta hace poco.
Ahora las tenemos para generar ambiente acogedor, hacer o intentar hacer desaparecer el,olor a tabaco etc…hasta hay quien las coloca alrededor de la bañera cuando se da un baño de espuma.
Yo soy muy práctica y no tengo tiempo para baños de espuma, pero me parece un efecto relajante el del fuego alrededor de la bañera.
Los cementerios me gustan más de día que de noche.
===
Eu recordo que meus pais botaban nun vaso viño tinto e aceite e a mariposa.
===
Eu tamen as recordó, no cementerio e na casa cando traían a santa rita ou San Antonio, eran os santos que ivan de porta en porta un par de días, debo decir que ainda hoxe aquí onde eu vivo anda a sta rita, co diñeiro que recauda tiñanlle unha misa ou unha novena, hoxe …o que fan cos diñeiros non cho sei.
O que si me chama a atención e que no relato dime que se clamaban mariposas ou lamparillas de aceite, aquí eran as mariposas pa encender as lamparillas.
Fai dous anos ainda as vin a venda, e se mal non recordo creo que foi nunca tenda en pontevedra donde venden santos e demais, nunha rúa indo pa plaza da verdura.
Outra cousa diferente e que non puñan varias no mesmo vaso de cristal por varios difuntos, senon unha en cada vaso, por difunto.
====
Eu tamén teño recordos das mariposas e das velas, tamén na miña casa solían acendelas cando había treboada.
===
Eu mariposas no cemitero non macordo de velas, pero na casa sí, cando traían os santiños, San Antonio é mais a Virxen, unhas veces era un, outras veces era outra e poñíase as lamparillas esas, pero no cemiterio non recordo, no me cadrou velas nunca.
Os Santos rulaban polas casas, nunhas capilliñas de madeira, iban por toda a parroquia, de casa en casa, alí pasaban uns días, na capilla donde viñan tiña un caixonciño, nel había as mariposas e de paso depositabas a limosna correspondiente. Así que os días que tiñas na casa o santo ou a virxe, tiñan que estar coa lamparilla acendida, noite e día.
===
Como non, íbamos cargadiñas de flores e coa caixa das mariposas no bolsillo pro cementerio, e non quedaba nadie sin a sua mariposa aunque levara alí cen anos, ese dia fora moito fora pouco recordabanse a todos, nos temos alí na terra, no xardin, a un familiar, e miña nai sempre poñia 4 flores e o seu vasiño alí no chan recordando, que bonito era ir de panteón en panteón e ver todo alumbrado por elas, gracias por ese recordo.
=========
A miña abuela tamen poñía as mariposas,acórdome na casa de mean o lado do lavadoiro cando as poñía pola entrada e a cociña nuns vasos de cristal oscuros mitade de auga é mitade de aceite e estaban encendidas todo o mes de novembre.
========
Si, nos tamén puxemos muitos anos as mariposas, miña avoa bótaballe auga, viño catalán roxo e aceite.
==========
Con este relato, a mi mente llegó también los recuerdos de estar en el cementerio toda la tarde noche con un frío y lluvia. Los panteones preciosos . Venía la familia por allí y se charlaba sobre todo si hacía poco que hubiera un difunto en la familia. Los chiquillos corríamos por allí y veíamos el montón de gente que había. Venía el cura a dar los responsos a dónde lo llamasen y le pagaban. Recuerdo eso sobre todo en el lugar del cementerio donde están los abuelos, que mi padre me llamaba y tenía que estar allí quieta porque iba venir el cura que estaba en el panteón de al lado. Cosa que a mí no me hacía mucha gracia yo prefería estar con mi prima dando vueltas por el cementerio.
========
Eu recordo que desde ben pequena poñíase un vaso con viño e aceite, encima as mariposas e así durante os nove días seguidos que duraba a novena. Agora todo eso xa se perdeu, agora a religión fainos ver o que eles queren, pero sempre po seu bolsillo. Recordo tamén que íbamos o cemitério, con oito ou nove anos no primeiro de Santos e don Jesús botaba toda a noite decindo responsos por todolos panteóns, él cando comenzaba, levaba os bolsillos cheos de castañas é as repartía a todolos rapaces, así o facía ano tras ano.
========
As únicas lamparillas que hai neste momento no cemitério.