41- UNHA TRADICIÓN DESVANECIDA, AS LAMPARILLAS NO CEMITERIO.

Estés días estiven en varios cemiterios e veume á memoria algo que dun tempo para acó xa non se ve practicamente en ningún camposanto, as “mariposas”.

A colocación das tradicións “mariposas” pérdese co tempo, nos meus recordos desde que era un neno o primeiro que me vén á mente no día de visitar os cemiterios era entrar e ver todos os nichos alumados con lamparillas, seguro que son o recordo de moitas noites de defuntos para moitos dos que estades a ler isto, tamén lembro que a miña avoa tiña costume de poñer algunha na casa cando tiña algunha preocupación, inclusive téñense usado naqueles días, moitos, en que quedabamos sen luz, cantos invernos pasamos días e días vindo e marchándose a luz!, aí estaban as velas e as lamparillas para poder ter algunha claridade pola casa.

Naqueles anos o máis habitual era que na maioría das casas, polo menos nestas datas, celebrábase o rito de ter “mariposas” acendidas encima da cómoda, rodeadas de fotografías dos seres queridos falecidos.

Cando chegaban as datas da celebración do Día de Defuntos, na nosa taberna tiñamos xa preparadas as caixiñas de “mariposas” ou “lamparillas de aceite”, feitas de recortes de cartas da baralla española ou tamén podia ser de cartón, e cunha fina capa de corcho (as que si eran boas, as de mellor calidade, eran aquelas que levaban unha arandela de hoxalata, acordádesvos?).

Ao chegar cada un ao seu panteón poñíase á facer a limpeza do lugar e despois de todo limpo, colocadas as flores e nalgúns nichos a foto do defunto, finalmente, nun vaso de cristal ou similar colocábanse as “mariposas”, con auga e aceite de cociña. A cantidade de “mariposas” que colocabas no recipiente era tantas como almas que querías pedir por elas, era unha maneira respectuosa de vivir un tradicional día, era o motivo de ofrecer ás ánimas un feixe de luz para cruzar as sombras dese camiño que as levaba do Purgatorio á Gloria.

E así ano tras ano, as lamparillas despois de acendidas, iríanse consumindo aos poucos e apagábanse cando chegaba á auga, por certo, canto máis aceite botabas, máis duraban acendidas.

Cada día vaise desvanecendo aquela cultura popular que os nosos antepasados respectaron através dos séculos.

Como me gustaría ver de novo os panteóns do cemiterio repleto de lamparillas.

E é que a modernidade é o que ten, sempre que pode, fai desaparecer as tradicións.

FALA A VECIÑANZA.

Yo también las recuerdo. Mi abuela también las usaba en el cemeterio, en casa con los santitos, era muy chulo verlas arder. Hoy en día aún las venden, yo creo que tengo alguna cajita.

La verdad es que se van perdiendo las costumbres antiguas.

====

Después de leer el artículo, ya no queda mucho que decir, recuerdo todo eso que dices, las lamparillas o mariposas con un vaso con agua y aceite, que a veces se te caían y hacías allí un cristo o cuando se te daba la vuelta la mariposa y tenías que poner otra, había veces que no se te encendían, es un recuerdo bonito, cuando llegabas al cementerio, de aquella no había luz, y lo veías todo iluminado con aquellas mariposas, era un ambiente reconfortante para recordar a los difuntos, se hacía un ambiente más entrañable, así sin luces, sólo con las mariposas, pero ahora con la modernidad, todo cambia.

Dentro de nada le pondremos las luces de los móviles, ni pondremos velas, pero,bueno, es lo que hay.

===

En mi casa también poníamos las mariposas en el cementerio y en casa todo el mes de Santos. Y me acuerdo que si quedábamos sin mariposas, mi abuela se ponía a hacerlas, cogía un trozo de trapo de algodón y hacía una torcida y lo colocaba en el sitio de las mariposas, recuerdo que alumbraba igual.

===

Yo no recuerdo haberlo vivido en primera persona, pues no fui a los cementerios hasta ya adulta y entonces los recuerdos son diferentes.

Sí recuerdo que en todas las casas había un montón de velas para cuando se iba la luz, que era a menudo.

De hecho,yo,tuve velas en mi casa hasta hace poco.

Ahora las tenemos para generar ambiente acogedor, hacer o intentar hacer desaparecer el,olor a tabaco etc…hasta hay quien las coloca alrededor de la bañera cuando se da un baño de espuma.

Yo soy muy práctica y no tengo tiempo para baños de espuma, pero me parece un efecto relajante el del fuego alrededor de la bañera.

Los cementerios me gustan más de día que de noche.

===

Eu recordo que meus pais botaban nun vaso viño tinto e aceite e a mariposa.

===

Eu tamen as recordó, no cementerio e na casa cando traían a santa rita ou San Antonio, eran os santos que ivan de porta en porta un par de días, debo decir que ainda hoxe aquí onde eu vivo anda a sta rita, co diñeiro que recauda tiñanlle unha misa ou unha novena, hoxe …o que fan cos diñeiros non cho sei.

O que si me chama a atención e que no relato dime que se clamaban mariposas ou lamparillas de aceite, aquí eran as mariposas pa encender as lamparillas.

Fai dous anos ainda as vin a venda, e se mal non recordo creo que foi nunca tenda en pontevedra donde venden santos e demais, nunha rúa indo pa plaza da verdura.

Outra cousa diferente e que non puñan varias no mesmo vaso de cristal por varios difuntos, senon unha en cada vaso, por difunto.

====

Eu tamén teño recordos das mariposas e das velas, tamén na miña casa solían acendelas cando había treboada.

===

Eu mariposas no cemitero non macordo de velas, pero na casa sí, cando traían os santiños, San Antonio é mais a Virxen, unhas veces era un, outras veces era outra e poñíase as lamparillas esas, pero no cemiterio non recordo, no me cadrou velas nunca.

Os Santos rulaban polas casas, nunhas capilliñas de madeira, iban por toda a parroquia, de casa en casa, alí pasaban uns días, na capilla donde viñan tiña un caixonciño, nel había as mariposas e de paso depositabas a limosna correspondiente. Así que os días que tiñas na casa o santo ou a virxe, tiñan que estar coa lamparilla acendida, noite e día.

===

Como non, íbamos cargadiñas de flores e coa caixa das mariposas no bolsillo pro cementerio, e non quedaba nadie sin a sua mariposa aunque levara alí cen anos, ese dia fora moito fora pouco recordabanse a todos, nos temos alí na terra, no xardin, a un familiar, e miña nai sempre poñia 4 flores e o seu vasiño alí no chan recordando, que bonito era ir de panteón en panteón e ver todo alumbrado por elas, gracias por ese recordo.

=========

A miña abuela tamen poñía as mariposas,acórdome na casa de mean o lado do lavadoiro cando as poñía pola entrada e a cociña nuns vasos de cristal oscuros mitade de auga é mitade de aceite e estaban encendidas todo o mes de novembre.

========

Si, nos tamén puxemos muitos anos as mariposas, miña avoa bótaballe auga, viño catalán roxo e aceite.

==========

Con este relato, a mi mente llegó también los recuerdos de estar en el cementerio toda la tarde noche con un frío y lluvia. Los panteones preciosos . Venía la familia por allí y se charlaba sobre todo si hacía poco que hubiera un difunto en la familia. Los chiquillos corríamos por allí y veíamos el montón de gente que había. Venía el cura a dar los responsos a dónde lo llamasen y le pagaban. Recuerdo eso sobre todo en el lugar del cementerio donde están los abuelos, que mi padre me llamaba y tenía que estar allí quieta porque iba venir el cura que estaba en el panteón de al lado. Cosa que a mí no me hacía mucha gracia yo prefería estar con mi prima dando vueltas por el cementerio.

========

Eu recordo que desde ben pequena poñíase un vaso con viño e aceite, encima as mariposas e así durante os nove días seguidos que duraba a novena. Agora todo eso xa se perdeu, agora a religión fainos ver o que eles queren, pero sempre po seu bolsillo. Recordo tamén que íbamos o cemitério, con oito ou nove anos no primeiro de Santos e don Jesús botaba toda a noite decindo responsos por todolos panteóns, él cando comenzaba, levaba os bolsillos cheos de castañas é as repartía a todolos rapaces, así o facía ano tras ano.

========

As únicas lamparillas que hai neste momento no cemitério.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s