42- A LEITE EN PO.

Anos 60.

Recordo que aqueles anos de colexio, que seguro que muitos os lembrades coma min, era unha época en que tiñas antes de nada, o entrar o mestre na clase, poñerte en pé, cantar un himno e despois tamén rezar.

Recordades os xogos, recordades os castigos? Quen non chegaba a casa cos xeonllos pelados ? Podía ser de xogar no campo de terra ou ben de estar castigado todo o día fronte á parede, pero dun xeito ou doutro chegabas a casa con eles pelados jajaja.

Eran anos onde o que dispoñíamos na maioria das casas era dunha radio, porque televisión non tiñamos practicamente ninguén, escoitabamos o parte, as series radiofónicas e os discos dedicados, era o entretemento que tiña a familia, escoitar a Matilde, Perico e Periquín ou La Saga de los Porreta, era o que máis gustaba a maioría.

Unhas das cousas que non esquecemos os que pasamos polo colexio entre eses anos 50/60 e lembramos moi ben, era cando nos daban no recreo o leite en po.

Naqueles tempos, debido á falta de todo na época da posguerra, desde EEUU comenzaron a chegar unha serie de axudas, a cambio de nada segundo dixeron daquela, pero a realidade parece ser que foi outra.

É chegou o leite en po, a manteiga e o queixo, que foron enviados desde o país americano, de principio comentábase que era unha axuda para paliar a miseria en que quedaramos despois da Guerra Civil, pero en realidade seica foi a cambio de asinar uns tratados alá polo ano 1953 e mentres os americanos enviábannos alimentos, España cedíalles terreos para ter as súas bases militares.

Un estribillo moi usado por todo o país, por mor da entrega dos alimentos, era aquel que modificando a letra do himno dos Marines, dicía:

“Con la ayuda americana, ya no hay nada que temer,

tomaremos leche en polvo, en vez de tomar café.

Tamén hai quen dí que o leite en po, a manteiga, os queixos…viñeron a España grazas a UNICEF, habrá que investigar noutro momento como foi a chegada dos alimentos.

Grupo de nenos no Colexio de Pidre/Meán

Ben, o meu recordo do leite en po non é moi bo, cando chegaba a hora do recreo, o mestre normalmente mandaba aos maiores quentar nun caldeiro a auga, cando estaba amornada comezábaa a servir nuns vasos, creo que eran de aluminio, moitas veces cuns grumos do tamaño dunha bóla daquelas de cristal, buf! eu non era capaz de tragar aquel leite así!

Tanto o mestre como a mestra, preocupábanse que cada un dos seus alumnos bebesen aquela leite, para min era o peor momento do día, moito máis que os castigos a que nos sometían, eu sempre que podía daballe a leite a un compañeiro que tiña muitas máis necesidades ca min, pero con muito coidado, as escondidas, xa que sí me pillaba o mestre, vareazo que Dios te criou, é en vez de un vaso o mellor tomabas dous.

Tamén lembro que estando a facer fila para que nos servisen a leite, había quen nun papel de estraza levaba azucre para poder bebela mellor, máis tarde algún chegou a levar colacao.

Dun xeito ou doutro, había que evitar que non che visen co azucre ou co colacao, agora co paso dos anos, falando disto, comentoume unha amiga que cada vez que bebía o leite saíanlle grans na cara, a súa nai ía falar coa mestra e pedíalle por favor que non lle dese a beber a leite aquela, pero a mestra non daba o brazo a torcer, anos máis tarde esa nena soubo que tiña intolerancia á lactosa.

Durante eses anos que comentei anteriormente, en España chegáronse a consumir uns tres mil millóns de litros dun po de cor amarelo mesturada con auga, sabe Dios o que podía traer ese po mezclado quizáis con vai ti a saber o qué…hoxe en día hai que non quere vacunarse do covid, por temor a que poden estar facendo experimentos connosco, pois mira que si é así, entre a leite en po, as vacunas de pequenos, as vacunas na mili e os kilos de medicamentos que levamos tomado…fixeron experimentos dabondo connosco e seguimos vivos jajaja.

Grupo de nenas no Colexio de Pidre/Meán

5 JULIO 1962. EL PUEBLO GALLEGO.

O XORNAL DO ANO 1962, PUBLICABA O SEGUINTE:

DEL MAGISTERIO.

SERVICIO ESCOLAR DE ALIMENTACION.

Interrumpido el complemento alimenticio, así como los comedores escolares en las escuelas de la provincia el último día de junio, para reanudarlo el primer hábil de octubre próximo, procede que por los maestros que tengan en su poder remanentes de leche en polvo, se conserven éstos con las mejores garantías de seguridad e higiene, procurando que los envases queden cuidadosamente cerrados en lugares secos y limpios, alejados de sustancias que despidan olores fuertes y de otros peligros.

Aquellos directores o maestros que, por ausencia u otros motivos, no puedan custodiar los remanentes, los confiarán a la autoridad local o personas de solvencia afín a la escuela. Para ello, se extenderá, por triplicado, un justificante de la entrega, visado por la alcaldía, en el que consten los siguientes extremos: Número de kilogramos.

Nombre del director o maestro que entrega.

Nombre de la persona que se hace cargo de la custodia.

Lugar donde queda depositado.

El original del justificante que dará en poder del director o maestro; el duplicado se entrega al depositario, y el triplicado se enviará a la Delegación provincial del SEAN.

Falando coa veciñanza que colabora nos meus relatos, hai quen recorda cando tomou o leite no colexio:

1- Claro que recordo, é teño mui malos recordos por certo.

Teño un mal recordo de unha mestra que tiven, eu non tiña paraxe na aula, dado que todo o que a mestra estaba enseñando, eu xa o sabía. A mestra non me podía ver, e cando chegaba a hora de tomar a leite eu vomitaba, non era capaz de beber e de tragar aqueles grolos, que mal me poñía. O que si me gustaba era aquel queixo de cor amarelo, pero a mestra nunca me dou nunca un anaquiño, o que si me daba eran tiróns de pelo, chegando a arrancarme casi unha coleta das trenzas que eu levaba.

2- Si, claro que recordo, é queixo tamén.

3- Si recordo e recordo que facíao eu, a profesora dabanos un vaso de leite en polvos e un sobre cada un, eso non sei certo como era pero polvos e leite era, vaía coa frase, e tamen unhas lonchas de queixo cada unha, e metiamolas no medio do libro cando tocaba o recreo para tomar esa leite, que facia unha espuma ao revolver, que botaba por fora do vaso, e tocaba comer todo, comer todo con fame e ilusión, pero algunhas das rapazas non encontraban o queixo no libro por que Dina xa llo papara , que rico !, pero pobres todas a chorar… eu que era o demo, comíannos os ratos que os vin eu, e a verdade que había mil ratos e ratas, que algún matei coa regla da profesora. Eu por facer revolución por riba dos bancos miraba as ratas e os ratos por todas partes, e a profesora, Dª Lola, A Cotorra, tiñalle medo os ratos e desde fora da escola decía, los cojiste ? Eu respondíalle non profesora, hai muitos, e con ese motivo. M. H. Esta.

Que tempos, pásamolo en grande. 😃😃😃

4- Algún recordo teño, traíano a escola de Meán, pero a min pouco me gustaba o leite, é ese menos, nunca o probei.

5- Si, nos daban leche para el recreo, cada una tenía que llevar su taza y pan si quería. Para hacer la leche, iba una alumna o dos media hora antes a la cocina de la escuela, y en una olla roja, poníamos agua del grifo o de la fuente, y en proporción echábamos la leche en polvo, pero a nosotros siempre nos salía leche aguada, porque era la cantidad que nos mandaba la maestra, así ella la aprovechaba para otros fines, pues tenía dos criadas y animales. Luego, cada quien tenía que dejar lavada su taza, que para colmo, al otro día siempre faltaba una y había que buscarla, pues le habían puesto de comer en ella al gato ó al perro.

6- Si que recordo de tomar leite e mantega.

7- En mi cole tomábamos leche todos los días, me acuerdo que tenía un tanque de porcelana con una asa y me acuerdo que cada día las más mayores cogíamos el agua en una fuente que había al lado del colegio y la profesora ponía a calentarla, aveces llevaba un trozo de chocolate para echarle, a mi me gustaba.

NOTA:

Dedico este relato a miña irmán, Maricarmen, e tamén aos nenos e nenas que pasaron moitas necesidades na súa infancia e mocidade, de moita fame, de falta de roupa, de xoguetes…aqueles nenos e nenas que se tiveron que encargarse do coidado dos seus irmáns menores, aqueles nenos e nenas que despois de saír do colexio, ao chegar a casa, tiñan que coller a vaca e irse con ela a pastar, ou tamén que tiñan que axudar nas faenas do campo, aqueles nenos e nenas que cando chegaban á súa casa e levaban unha alegría de cando en vez cando os seus avós, os seus padriños ou os seus pais traíanlles chocolate, tetilla, galletas ou churros e celebrábano ao grande.

Sodes vos, si, aqueles nenos e nenas que nos colexios de Pidre, de Meán, de Tilve ou de outras parroquias, déronvos o leite en po, a manteiga e o queso.

Un leite que tiñades que facelo vos mesmos, buscando a auga á fonte, quentándoa na cociña de ferro ou cos hornillos que tiñan os mestres ou ben nas lareiras que habían feito nos novos colexios nacionais os inicios dos anos sesenta.

Practicamente sen infancia e sen mocidade saístes adiante, agora a vosa maior ilusión é gozar da vida e ter saúde, cada un coas súas preferencias e os seus gustos, gozando dos seus netos, viaxando , participando nas actividades que se fan na parroquia etc., en definitiva, disfrutar da vida, porque o merecedes, que xa traballastes arreo.

Maricarmen Esperón, a miña irmán que me criou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s