ONTE DÍA DE FESTA, HOXE DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL.

Hoxe 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Aínda que o noso Patrimonio non está na lista da UNESCO, o noso Patrimonio ten tal riqueza patrimonial e inmaterial que para nós é a mellor do mundo.
Debemos de estar orgullosos diso, debemos de coidalo, de protexelo, de manter os nosos costumes, as nosas tradicións, as nosas artes, as nosas festas, en resumo todo aquilo que constitúe o noso acervo cultural.
Temos moito aínda por descubrir, debemos de seguir o noso traballo, debemos seguir achegando o noso gran de area, aínda que haxa quen no valore o que outros fan por manter as nosas manifestacións populares vivas, as nosas tradicións, a nosa linguaxe, etc.
Non debemos virnos abaixo, sempre houbo, hai e haberá xente que lle dará o mesmo isto que estou a dicir, sempre haberá xente que desprezará o noso monte, tirando lixo, esnaquizando os vellos muíños, desprezando os nosos ríos, deixando que as nosas pontes váianse deteriorando, nunha palabra, danando o de todos.
Aínda a pesar dos inconvenientes que nos veñen cando un menos llo espera, debemos seguir arrimando o ombreiro, debemos sempre sumar, ás veces non hai máis remedio que se teñen que adaptar certos costumes aos tempos que nos tocou vivir, como sucedeu ao longo de tantos anos que ten a parroquia, pero iso si, sempre mantendo as tradicións.
É inevitable que haxa certas cousas que non poden seguir sempre igual, as circunstancias ás veces fan que xurdan variacións, debemos entendelo e entre todos seguir o camiño, un camiño de máis de mil anos de historia.
Son innumerables os exemplos que podo poñerme a escribir aquí, sen rematar a miña investigación pódovos dicir que nos últimos trescentos cincuenta anos, sempre houbo xente na parroquia que se unía para facer diversas actividades, desde relixiosas, obreiras, de escolas, de agricultura, recreativas, gandeiras etc. , en época da República, da Dictadura, da Democracia, déixovos esta lista que teño aínda sen finalizar :

FUNDACIÓNS

1675-Fundación de La Concepción

1710- Fundación de San José

1736- Fundación de San Antonio Abad

1926- Fundación Escuela Fernández y Gonzalez de Prada.

COFRADÍAS

1632- Cofradía de San Roque

1650- Cofradía de San Antonio Abad

1688- Cofradía del Santísimo

SOCIEDADES DE CERPONZONES

1897-Sociedad de Agricultores de Lerez, Campañó, Alba y Cerponzones.

1902- Sociedad de Agricultores de Cerponzones

1908- Sociedad Agrícola de Cerponzones

1915- Sociedad Obrera de Cerponzones

1926- Sociedad Recreativa y Artistica de Cerponzones

1928- Union Agrícola de Cerponzones

1930- Sociedad de Agricultores y Oficios varios de Cerponzones

1933- Sociedad Union Agraria de Cerponzones

1933- Federación Comarcal Agraria de Cerponzones

1933- Sociedad de Agricultores de Cerponzones

1933- Sociedad de Agricultores y Obreros de Cerponzones

1936- Sociedad de Obreros y Campesinos de Cerponzones

1938- Junta Parroquial de Cerponzones

1953- Sociedad Ganadera de Cerponzones

1967- Asociación de Cabezas de Familia de Alba, Cerponzones y Campañó

1970- Asociación de Ganado de Cerponzones.

1972- Comunidad de Aguas de Tilve, Liborei y A Bouza

Varios anos: Comunidades de Aguas de A Ermida, Cunchido, Meán, Pidre…

1984- Comunidade de Montes.

E coma non, as que actualmente están no candelero:

Comisións de Festas

Asociación de Veciños O Chedeiro

Asociación Cultural Deportiva Chan do Monte

Cerponzons C.F.

Moi pronto terei o pracer de achegar un novo elemento ao Patrimonio de Cerponzóns, o libro que vos comentei hai uns meses está a piques de saír á luz, pero a miña intención é seguir publicando, a nosa parroquia ten moitas máis cousas que debemos de dar a coñecer.

Debemos de seguir investigando, por exemplo, debemos darlle mais importancia a bens naturais que forman parte da nosa contorna, por exemplo de formacións xeolóxicas que conforman lugares que polas súas características son dunha beleza e quizais dunha historia que temos aí escondida e necesitamos poñela en valor.

ONTE FOI DIA DE FESTA PARA A ASC. DE VECIÑOS
Para finalizar, comentarvos que onte recibimos dúas gratas noticias, que esperamos cheguen a bo porto, as dúas teñen relación coa nosa contorna natural.

Unha delas, a veciñanza desexa desde fai tempo que se faga, outra imos a comenzala na vindeira semana.
Démoslle tempo ao tempo e sigamos traballando, sigamos sumando, sigamos facendo piña, sigamos facendo Parroquia, sen présa pero sen pausa.
Orgullosos da nosa identidade.

2 comentarios en “ONTE DÍA DE FESTA, HOXE DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s