ATOPAN XACEMENTO DE GAS NATURAL NO CAMPO DOS BOIS EN CERPONZÓNS.

O alcalde Lores non se presentará ás eleccións, debido á falta de médicos na Seguridade Social, incorporarase o ambulatório de Lerez o primeiro de Xaneiro.

===============

O CERPONZÓNS C.F. FICHA A CHARLES , XOGADOR DO PONTEVEDRA PARA REFORZARSE ESTA TEMPADA.

Hai anos noticias parecidas a éstas podían saír publicadas no Diario de Pontevedra no día de hoxe, 28 de Decembro, día dos Inocentes.
O día Dos Santos Inocentes, durante bastantes anos, o Diario de Pontevedra publicaba varias inocentadas e moita xente críallo.

As INOCENTADAS.
Tal día coma hoxe quen máis quen menos mercaba o Diario de Pontevedra, era costume que saísen publicadas varias noticias falsas que se anunciaban de forma tal que moita xente críallo.
Ese día un mercaba o xornal é o lía de pé a pá e relía unhas cantas veces mais para dar coas inocentadas que ese ano ocorríaselle ao xornalista colocar de tal forma que llo crese a maioría dos lectores.
E como un non quedaba convencido de se había acertado, ao seguinte día volvía mercar o Diario e buscaba a páxina onde comentaban as “inocentadas” do día anterior.

Por exemplo, as inocentadas do 28 de Decembro do 1974, foron seis.

1-Canalización do Río Lérez

2-Bloque de edificios da Caja de Pontevedra

3- Hallazgo arqueóloxico na cidade.

4- O director de cine Buñuel.

5-Marcel Domingo para o Pontevedra.

6-As insculturas rupestres de Campolameiro.

Diario do dia 29 de Decembro do 1974, desmentindo as seis notícias do dia anterior.


Naqueles anos a inocentada máis habitual entre os máis novos era a de colocar un monigote de papel nas costas de calquera persoa que tiveses ocasión de poñerllo sin que se enterase.
Recordo que na Taberna da Rons, un dos que todolos anos recibía o seu monigote era José O Toco.

A MORTE DE UN VECIÑO.

Unha inocentada mui comentada, que ten que ver con un veciño da parroquia, ocurriu fai 90 anos, foi no Nadal do 1932, trataba de unha esquela que uns amigos de un veciño de Cerponzons lle puxeron no xornal EL PUEBLO GALLEGO…ten amigos!

Esquela da Inocentada.

A esquela poñía o seguinte:

28 DICIEMBRE 1932.

ESQUELA

El joven

Jose Carballo Valcarce

Fallecio en el día de ayer en Cerponzones (Pontevedra), a los 18 años de edad.

———————————

Su desconsolado padre D. Luciano Carballo Quiroga; sus hermanos Leopoldo, Nicanor, Ginés, María Aurelia, Pura, Benedicto y Luciano; sus tíos don Narciso y doña Rosalía, abuelos y demás parientes.

Participan a sus amistades tan sensible pérdida y ruegan asistan a la conducción del cadáver, que tendrá lugar hoy, a las dos y media de la tarde, desde la casa mortuoria hasta el cementerio de Cerponzones, por cuyo favor quedarán agradecidos.

Uns días mais tarde, nun xornal salía o desmentido:

31 DICIEMBRE 1932. EL COMPOSTELANO.

Dice un periódico de Pontevedra:

Alguien, que por el momento se desconoce, envió a los dos diarios vigueses una esquela, que se publicó anteayer, anunciando el fallecimiento y entierro del joven estudiante, vecino de la parroquia de Cerponzones, D. José Carballo Valcárce.

Éste estimado joven vive y nos ha visitado para rogarnos desmintiésemos la fúnebre noticia, de la cual protesta justamente.

MAIS INOCENTADAS:

RECORDOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PARROQUIA.

Contaronme fai uns dias varias inocentadas, comenzamos:

-Juan, isto que che vou contar fíxoo a miña avoa, ainda eu non nacera, e resulta que fai poucos anos, lembrándoo esta inocentada, fillexenlla eu tamén aos meus amigos:

AS CHULAS DE TRAPO.

Lembro un ano en que a miña avoa fíxolle unha boa inocentada a uns parentes que precisamente o día dos Inocentes ían estar na súa casa, decidiu facer unhas chulas de trapo, si, de trapo, Juan así como cho conto.

Miña avoa lembrou que tiña unhas sabanas vellas, que as ía utilizando para calquera mester que podía xurdir, a última vez fora para usar coa zapa dos garrafóns de augardente, e ese día serían para facer con elas unhas saborosas chulas de trapo jajaja.

Miña avoa pasou toda a tarde facendo chulas, con varias capas, entre aquelas capas, ía colocando pequenos anacos de sábanas jajaja, que pinta tiñan ! estaban con tan boa presenza que ata á miña nai dábanlle ganas de comer unha con trapo e todo jajaja.

Cando chegaron os parentes, convidounos a tomar un café e para quen quixese unha copiña de augardente da casa, por certo que era ben rica.

E así foi, serviu o café, púxolles as copas e de paso levoulles as chulas, que habían sido descubertas antes de velas, debido ao cheiro que había por toda a casa e que un dos meus tíos comentara o ben que cheiraba a casa.

Só foi poñer o prato de chulas e todas as mans achegáronse a coller unha, non te imaxinas as caras que poñían cando estaban masticando as chulas jajaja, mastica que mastica jajaja e os poucos quitando os pequenos trapos jajaja.

Por aquelas bocas non solamente salían os cachos dos trapos, sí non que tamén nombraban todolos santos jajaja.

=====================

Outra veciña comentoume que cando era unha rapariga fixera muitísimas:

1._ Pegar papeles en la espalda, con caras feas o nota simpáticas
2._ Atar un billete a una tanza, ponerlo en el suelo nos escondimos y cuando alguien quería cogerlo tirábamos de la tanza
3.Íbamos al gran garaje y comprábamos un montón de cosas, caramelos o bombones que picaban mucho, dedos con sangre, anillos que echaban agua etc.

4. Poner en el azucarero sal
5.-También comprábamos una caca de plástico la la poníamos en el primer sitio que se nos ocurria
6._ Gastabamos bromas telefónicas
Llamábamos a una señora y le decíamos hola buenas es ahí la pescadería y ya nos decía no no no se ha equivocado y entonces nosotros le decíamos y luego quién es el besugo que está hablando ja ja ja ja ja ja ja

====================

-Non teño moitos recordos dos Santos Inocentes, soamente cando tiña uns doce anos que comecei a escoitar o dos Santos Inocentes e preguntei en casa que era iso.
Os Santos Inocentes é cando alguén che manda a buscar algo a un sitio e chegas alí e non hai nada do que che dixeron e a iso chámanlle gastar unha inocentada.
E eu ao escoitar iso, quedoume grabado, así que o día dos inocentes metinlle unha inocentada á miña nai, resulta que a miña nai leváballe o leite todolos días a casa dunha veciña, ese día ao chegar eu da escola díxenlle á miña nai que a veciña quería que fose xunto dela, a miña nai creumo, pensou que era algo relacionado coa leite, como tiña moita confianza coa veciña e vivía mui preto nosa marchou e o chegar a casa da veciña chamou á súa porta, ao abrir a miña nai preguntoulle que é o que quería, ela contestoulle que non quería nada, a miña nai entón díxolle que eu lle dixera que ela lle quería decir algo, pero xa ao momento comezou a rirse dándose conta de que eu lle gastara a miña primeira inocentada.
-Perdoa muller, hoxe son os Santos Inocentes e a miña filla acábame de gastar unha inocentada, mecajo na nai que a fixo !


Recordo tamén que hai anos que traballei nunha fábrica e tiñan o costume de facer bonecos de papel e os compañeiros achegábanse e dándoche unhas palmadas nas costas pegábanche o boneco, andabas todo o día co ditoso boneco nas costas jajaja, todo o mundo se descojonaba da risa, a min non mo puxeron nunca, xa que desde a primeira hora do dia estaba atenta a que se alguén se achegaba a min, procuraba que non me tocase as costas jajajaja.
Por certo, o meu avó por parte do meu pai chamábase Inocente.

===================

-Te voy a contar lo que hizo mi cuñado por los santos inocentes cuando estuvo ingresado debido a una intervención grave, llevaba unos días que estaba con depresión y una enfermera que le quería bien para animarlo le dijo que si quería gastarle una broma al turno que entraba por la tarde, él le dijo que si, entonces hizo un cartel que ponía prohibido entrar, tiene un virus muy contagioso y lo pegó en la puerta.

Cuando entró el otro turno menudo follón ! los médicos locos que no sabía nada fue mi tío por la tarde a visitarlo y no lo dejaron pasar, llego a casa todo preocupado, marchamos allá, eran las 6 de la tarde y fuimos junto al médico y se hecho a reír y nos dijo que anduvieron locos, que llamaron a la enfermera de la mañana y le contó que era una broma pero formó un buen follón , después nos reímos toda la tarde jajaja.

=============

-Na Taberna da Rons, Maricarmen ten feito unhas cantas inocentadas…

Con aqueles clientes que tiña moita confianza, Maricarmen sempre esperaba éste día para gastarlle unha das súas.

Había anos que cando os camioneiros, os obreiros e demáis clientes paraban na taberna á hora do bocadillo, Maricarmen sempre tiña algún bocadillo “especial” o día 28 de Decembro, por exemplo, o bocadillo de calamares (realmente eran aros de cebola rebozados) jajaja, muitos non se daban de conta ata cando iban pola metade do bocadillo jajaja.

Comenzaban a berrar é a chamar por Maricarmen: Que carallo me puxeches no bocadillo ! Esto non son calamares!

Outro ano, no medio do bocadillo de tetilla con marmelo, metíalle unha servilleta de papel…jajaja, ver aqueles homes comer no bocadillo e mirar como comían a servilleta era todo un espectáculo jajajaja, Maricarmen cada ano tíñalles unha novidade os clientes no dia dos Inocentes jajaja.

Pero os demáis clientes que viñan a outras horas non se salvaban da Inocentada de Maricarmen

Para os que viñan á hora do café agardáballes unha copa que lle habían traído de Portugal, era unha copa que parecía que estaba chea de licor e realmente estaba trucada e quen máis quen menos botaba un grolo e quedaba todo sorprendido que non bebía nada e volvía a botar outro grolo é non baixaba pola gorxa nin jota jajaja, miraban de novo pa copa é a copa tiña licor ! Jajajaja.

Ou aqueles outros que co café pedían unha faria, Maricarmen xa tiña unhas cantas trucadas, introducíalle unhas cabezas de mistos no interior e xa vos podedes imaxinar cando a chama da faria facía contacto cos mistos jajajaja.

Tamén había inocentadas para as mulleres que viñan á tenda, unha inocentada moi repetida durante anos por Maricarmen era aquela que cando lle viñan a pedir por exemplo tercerilla…
Pedíanlle dous quilos de tercerilla e Maricarmen metíalles polo medio pedras, carozos, cascas de piñeiro…pesaba na báscula e decíalle que iba un pouco de máis, pero que iba de agasallo, cando chegaban a casa xa vos podedes imaxinar jajaja.

Tamén había de quen xa viña prevenido, e o entrar na taberna xa lle decían a Maricarmen o día que era jajaja.

FELIZ DÍA!

4 comentarios en “ATOPAN XACEMENTO DE GAS NATURAL NO CAMPO DOS BOIS EN CERPONZÓNS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s