44- OS REIS MAGOS

Que pedías os Reis? Traíanche o que lle pedías?

Agora que estamos a pasar a celebración da chegada dos Reis Magos, póñome a pensar na miña infancia e recordo aqueles anos sesenta e setenta tan escasos de xoguetes, anos en que os Reis traíanche o que eles querían, por moito que un pedíselle, a maioría das veces equivocábanse e deixábanche un xoguete que o máis “seguro” ía destinado para outro neno, porque eu non pedira, pero que se lle ía facer, pensaba que os Reis eran moi maiores e bastante facían repartindo toda a noite, así que había que conformarse, era o que había, ademais, daquela non coñeciamos a Papa Noel para pedirlle antes a él por si tiñamos mais sorte.

Aínda así, como non quedaba a gusto, dicíalle aos meus pais que aquel xoguete non era o que eu había pedido, que na carta que escribira puxéralle en letras ben grandes o que eu quería, meus pais contestábanme “outros nenos non teñen nada”, un consolo que tiña que tomalo tal como viña e non había outra, no fondo era unha razón que convencía.

Pásame sempre, ao chegar estas datas, de novo comecei a pensar nos anos da miña infancia, pero nin que dicir ten que os anos anteriores, os da miña irmá e non digamos os dos meus pais, foron décadas onde poucos nenos pedían xoguetes e nas aldeas aínda menos, os nosos pais, que atravesaron a posguerra como moito conformáronse coa boneca de trapo, a corda, o aro de metal e o diábolo como únicos xoguetes de entretemento.

Os xoguetes eran caros e poucas economías familiares podíanse permitir gastar os seus poucos cartos aforrados en xoguetes.

Así que en vez de xoguetes en moitas casas deixábannos caramelos, tampouco era un trauma que non nos deixasen un xoguete polo menos, os nenos e nenas daqueles anos pasabamos moito tempo xogando como o fixeron os nosos maiores, polos camiños, xogabamos coas chapas, coas buxainas de hoxalata, cos aros ou sinxelamente cunha pelota ou unha boneca feita de trapo… con estos xoguetes eramos felices, moito.

Aínda así, algún ano os Reis viñan máis “ricos” e sorprendíasche con algún xoguete que non che esperabas, recordo que á miña irmá houbo un ano que lle trouxeron unha boneca que comezaba a ser famosa en toda España, chamábase Mariquita Pérez, e daquela era un xoguete que non todo o mundo podía permitirse o luxo de adquirila, unha Mariquita Pérez custaba nos anos sesenta aproximadamente 85 pesetas, un xoguete que estaba accesible sólo para aquelas familias de clase alta, moito tiveron que aforrar meus pais para poder pedirlle aos Reis aquela boneca para Maricarmen, pero merecíallo polo ben que coidaba do seu irmán.

Mariquita Pérez, propiedade da miña mestra Pepy.

A finais dos anos sesenta e principios dos setenta houbo un gran cambio, a chegada da televisión e a instalación no Levante español de grandes industrias de xoguetes experimentou unha extraordinaria explosión de creatividade e ademais con prezos alcanzables, comezaron os anuncios de televisión e os escaparates enchéronse de xoguetes e xogos de todo tipo.

A min este boom colleume cando tiña 10 anos, moito alegrábame cando ía ao pobo, conformábame con ver os escaparates das xogueterías, un quedaba embobado vendo aqueles xoguetes de Meccano, ou aquel tan necesario walkie-talkie (imprescindible para os nosos xogos de policías e ladróns), aqueles xogos de mesa, os Juegos Reunidos Geyper foron todo un éxito, a escopeta co tapón de corcho suxeito por unha corda, o arco e as frechas…volvías a casa sen nada pero cunha enorme ilusión, ilusión de intentar poder facer en casa algún daqueles xoguetes ou comezar a aforrar para poder adquirir un.

Uns anos máis tarde comecei a ir a un colexio da cidade, recordo que tiña moi preto da saída do colexio a parada do trole ( preto da Praza de Abastos), pero eu sempre ía collelo á parada que había na Peregrina, mentres non chegaba o trole eu pasaba o tempo vendo os escaparates de Tobaris e claro, ás veces non me decataba de que o trole xa pasara e non me quedaba máis remedio que botar a correr para ver se o pillaba na seguinte parada ou se non había máis remedio, esperar o seguinte é mentras tanto seguir ollando Tobaris.

Eu sempre tiven ilusión por unha bicicleta, pero por moito que a pedín, os Reis nunca ma trouxeron.
Os meus pais tiñan medo que me atropelase un camión ou un coche e seguro que lle escribían aos Reis para que non ma deixasen, nunca tiven bicicleta, nin cando tiña oito anos, nin trece, nin dezasete…

COMA SEMPRE, PREGUNTÉI AOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE RECORDOS DE REIS TIÑAN DA SÚA NENEZ, QUE XOGUETE PEDIRON E NUNCA LLE TROUXERON, CAL FOI O XOGUETE QUE MAIS ILUSIÓN FIXOLLE…ESTO FOI O QUE ME CONTESTARON:

1- Unha moneca, foi o único que tiven.

2- Los juguetes que me hacían mucha ilusión, eran las muñecas, los cochecitos de muñecas y las cocinitas. La Nancy también me gustaba mucho, después los Juegos Reunidos, las barajas de familias.

3- A verdade que pouca cousa, éramos sete irmáns.

4- La casa de muñecas, estuve pidiéndolas varios años y nunca me las traían, hasta que al final un año me la trajeron, aquel año fue el mejor para mí, después las Nancy.

5-Bueno, cuando jugaba a las casitas, me gustaba montarlo con cajas de fruta, bancos de madera que tenía mi abuelo y cosas que encontrabas, dejabas volar la imaginación y no te digo nada con las comiditas cada hierba era una cosa.

6-Lo que más ilusión me hizo fue un pequeñito camión de butano, que llevaba bombonas.

7-Recordo con moita ilusión xoguetes como un Balón, unha pistola de Curro Jiménez, que era algo habitual, e meu Tío Juan sempre nos deixaba varios regalos con notas en cada un deles repartidos por dentro e fora da casa, e en cada nota viñan pistas para atopar otro regalo, e recordo que cuando tiña 10 anos, o primero regalo foi un afila lápiz, despois un anaco de carbón , seguidamente, unha caixa de clips, e varias cosas mais deste estilo, e metras que meus irmans xogaban con xoguetes decentes, eu seguía a desenvolver paquetes grandes, no que todo remataba con un montón de papel de envoltorio, e un detalle minúsculo o que non daba importancia, hasta que xa despois das 12:00 da mañan atopei unha Bicicleta preciosa para min, naquel tempo, unha Torrot Cross BMX roxa, fixome moitisima ilusión, e duroume moitos anos.

8- Nunca me trouxeron unha bicicleta. A boneca Nancy e un carriño de capota, fixeronme moita ilusión.

9- O que nunca me trouxeron foron as zapatillas de ballet, porqué miña nai non quería que fixera nin ballet nin baile gallego e tiña que ir a bailar con unhas prestadas. Nunha época que miña nai estaba en Venezuela, mandoume unha muñeca, me cajo na nación da muñeca, cada vez que miraba para aquela muñeca brrrr eu decía: Dios mío, cousa fea! poñíame toda enfadada e decía porqué me traían os reís muñecas, que o que me gustaba era xogar o trompo e as bolas, home, eu nada máis que tiña homes o meu carón! A que iba xogar! O que xogaban eles! O trompo, o futbol, as canicas o peletre, á min era o que me gustaba, xogos con movilidade, nada de muñecas jajaja.

Daquela había que conformarse co que che mandaban, é digoche unha cousa ,á min o dos reises foi unha cousa que non tiven muita ilusión, ademáis como eu vivía cos meus avós e con uns tíos, miraba que a eles os reís non lle traían nada e a min dabame noxo, non entendía porqué eles non tiñan nada é eu si tiña algunha cousiña.

10- O qué mais ilusión me fixo foi unha bicicleta BH, aprendin eu soa a montar nela, polo xardin que había ata que talaron os árbores que había á beira da carretera. Tiña dinamo e corría para que alumbrase ben😅

11-Eu tiven uns Reises especiais, viñan de Francia, eran Marcelino e Visita. Un dos agasallos que máis ilusión me fixo foi a dun tanque a pilas , tiña unha palanca na parte inferior que ao desprazarse uns metros facía que envorcase e de novo se erguía e seguía movéndose facía outro lado, outro ano regaláranme unha máquina de tren , que preciosidade , votaba fume e todo ! Aquilo non o había en ningunha xogueteria de Pontevedra ! Viñan do extranxeiro!

12-Buenos días, Juanito! Aquí sigo co a miña neta, os xoguetes que mais ilusión foron os xogos reunidos, o tres en ralla e por último una moneca andadora que xa era mayor e foron os últimos reyes que despois xo descubrin.

13-Hola, antes los reyes eran más pobres que los de ahora ,solo traían una cosa. Yo me acuerdo que me trajeron una muñeca que la cojia de la mano y andaba era grande con pelo largo y rubia se llamaba Corisa. Me gustaba mucho. Otro año me trajeron una réplica exacta de un salón de peluquería 💇‍♀️, yo de pequeña quería ser peluquera, solo de pequeña 😄. El que nunca me trajeron fue una bicicleta para mi sola.Nos trajeron una para los tres hermanos y sólo andabas cuando no estaba mi hermano. Que diferente eran los reyes ahora. Que tienen tantos que abrir que no le dan mérito ninguno. También tuve una Nancy con un maletín y vestidos y zapatos.

14-Eu son do 66, tiven Nancis e Nenucos, cocinitas e cacharritos, o que nunca me trouxeron foi unha bici. Esperei e cando os reis xa me eran coñecidos pedinlle unha bici para o meu irmá, moito a disfrutei, unha BH bermella. Meu escaparate preferido era o de Varela, como lucian os seus escaparates sobre todo o grande.

15-Que recuerdos !!! Y qué mayor soy!!!! Los Reyes Magos. La Ilusión y la Esperanza. Yo siempre pedia juguetes y me traían lo que querían pero no me puedo quejar porque algo siempre había. Yo también pedía algo que en aquel momento creía que podía ser y ahora sabiendo que no existen sigo pidiendo y es PAZ EN EL MUNDO se que es muy infantil pero… la esperanza es lo último que se pierde.

16-Eu coma ti, algo de roupa e pouco mais, aínda que lembro un ano que se luciron, bici, escopeta balins, e raquetas de tenis, era o rapaz mais feliz do mundo.

17-Qué tempos, os reis non me traian caseque nada, tampouco os botava de menos, pois estábamos máis preocupados noutras necesidades máis primarias. Pero éramos felices xogando na rúa ás canicas, trompo, aro ou o arco con flechas.

18-Así eran os reis de aqueles anos. Que conste que eu non me podo queixar. Sempre foron xenerosos. Unha moneca caía todos os anos. Logo recordo outras cousas que acompañaron as monecas: con 5 anos un piano; os 6 unha cociña, os 7 coche de capota para as monecas; logo xa a bicicleta e outro ano os patíns. Cada ano foi caindo algo.

19-Meu caro amigo, xoguetes?…acaso un bo tirapedras, un carro de caixa de bolas, un balón (iso xa era a ostia). Ter un bo tirapedras era ser o rei do mambo; un carro de caixade bolas, Alonso polo menos.

20- A mi me llegó tarde la BH, aprendí a montar en bici ya mayorcito y fui el más feliz del mundo, una bici era lo que más deseaba, tardó, pero llegó.

21- En mi infancia mis Reyes eran muñecas de trapo y las cunas hechas de carozos, las hacía mi madre, eran muy bonitas.

22-Que bos recordos teño daqueles tempos de cando era rapaza e esperabas con ilusión a chegada dos Reis Magos.
Os meus reis neses anos, eran bonecas, peluches e o que mais ilusión me fixo foi a miña primeira bicicleta, alá polo ano 86. Tendo eu 8 anos.

23- Que tiempos aquellos, es verdad, nunca traían lo que pedías. Yo recuerdo una muñeca que movía la cintura y cerraba los ojos, me la dejaron los Reyes en casa de una vecina, tendría yo unos siete años.

24-Los primeros años (hasta los 6, que me fuí a Marruecos) los Reyes para mí y mís hermanas eran muñecas confeccionadas por mí madrina que era una gran modista, para mi hermano generalmente construciones de madera.

Al llegar a Marruecos y siendo militar mi padre, eran los soldados (generalmente carpinteros en sus pueblos de origen) los encargados de hacernos cochecitos para las muñecas, mesitas, carritos con algún animalito tirando de ellos, y otros juguetes. Recuerdo que en Alcazarquivir nos regalaron unas maletas hechas роr ellos y que nos servían para los libros del colegio (aun recuerdo el olor del pegamento que llevaban)y también para los álbumes donde guardábamos los muñecos recortables, por cierto que con el trastado a Arcila mi preciosa maleta color verde con todo su contenido se quedó por el camino y lloré de pena por la perdida.

En el año 1950 trasladan a mi padre a Pontevedra y los Reyes se compran en Tobaris el Gran Garaje o en Varela. Ya casada los regalos serán para mis hijos: una piragua, una bicicleta y muñecas para mi hija (los mayores hacemos de Reyes).

Pasaron los años y mi hija me regalo la famosa Mariquita Pérez porque yo habia comentado que donde yo vivia, solo la tenia mi amiga Chirry, y todavia la conservo como “oro en paño”, te mando una foto de ella.

25- A mi me trajeron la bicicleta a los 10 años fue una alegría muy grande🤗. Después supe que les costó mucho comprar esa bicicleta a mis padres 💞

26- Ola juan, os meus xoguetes de Reis foron mui pobres, porque non había cartos para compralos e porque miña nai foi mui enferma e o pouco que había era para médicos e non tiñamos Reis. A mañán de Reis facía unha muñeca con dúas partes, unha era o corpo e outra os brazos, na cabeza poñíalle unha pataca roxa, facíalle os ollos, a boca e a nariz, sacaballe un pouco de pel e facialle unha peluca con fios de calcetar de colorins, e despois enrrollaballe uns trapos de sábanas blancas, eu estaba mui contenta con esa muñeca. A meus irmáns, meu pai facíalle un carro mui orixinal e unha bolsa de bolas de barro. Así transcurriu a miña infancia na época de Reis, así a todo, pasamos uns anos mui felices, era o que había.

27-Bueno, para os tempos que eran, algo sempre traían. Non me lembro de escribir cartas nin nada, pero o que si lembro…..🤦🤦…..foron uns determinados reis……. Tería uns nove anos, e non se lles ocurriu outra cousa q deixarme o pesebr, a Virxe, o San José e o Neno🤣. Miña nai pregúntame si me gusta, e eu coa cabeza baixa e un disgusto de padre y señor mío, dígolle que sí. Que ia dicir?…..🤣🤣🤣 Teño a imaxe gravada……..

2 comentarios en “44- OS REIS MAGOS

  1. Marissa Rodríguez Villaverde

    Que bos recordos teño daqueles tempos de cando era rapaza e esperabas con ilusión a chegada dos Reis Magos.
    Os meus reis neses anos, eran bonecas, peluches e o que mais ilusión me fixo foi a miña primeira bicicleta, alá polo ano 86. Tendo eu 8 anos.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s