DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CARTA DESDE LEBOREI.

Tras 41 anos de ditadura militar, no ano 1977, celebráronse as primeiras eleccións xerais libres e democráticas.

Desde a morte do ditador en 1975, iniciábase un proceso de cambio, foron anos de apertura á democracia, de construír novas formas de vida pública.

En decembro do 1977, no lugar de Leborei, parroquia de Cerponzóns, dúas veciñas do lugar enviaron unha carta ao Diario de Pontevedra para que se publicase no apartado de “Cartas al Director”.

A carta foi publicada, tal como póñovola máis abaixo, en galego, algo inusual naqueles anos.

Quero con esta publicación celebrar o Día das Letras Galegas recoñocendo o mérito das dúas veciñas por reivindicar os seus dereitos en galego.

18 DICIEMBRE 1977. DIARIO DE PONTEVEDRA.

LAS PENURIAS DEL CAMINO DE LIBOREY, EN CERPONZONES.

DIARIO DE PONTEVEDRA. Ciudad.

Estimados amigos do “Diario de Pontevedra”:

Rógolle axudenos un pouco no problema que temos en S. Vicente de Cerponzóns, no lugar de Liborey; eu invitolles a dar unha voltiña por este sitio para que vexan o panorama fermoso que se lle pode persentar o seus olliños.

Disde ahi aproximadamente cinco anos disque que queren esfaltar o camiño de Liborey, eo esfalto nunca chega, po lo menos nos nunca vimos, e a que si vimos e votar pedras e tellas vellas po lo camiño.

Vas xunto o alcalde de barrio, e diche que o asfalto está aprobado, e na máis; vas o Axuntamento, e dinche o mismo, e a Diputación non se vai a quedar atráis; todos din igual, pero o asfalto non da chegado por ningunha parte.

Fará un ano viñeron a escavadora e a paleadora a desfacer o camiño da vía que vai a dar a S. Cayetano e o de Liborey, os camiños desfixéronse e así quedaron desfeitos.

O señor alcalde de barrio dixo que o día 16 do mes de setembro chegaba o asfalto, eu pregúntome ¿de qué ano?, porque o do 77 xa pasou.

O día 10 do corrente mes de nadal, pra vir a traballar a vila, chegounos a auga as rodillas, pódemo creer que non lle exagero nada. A auga que ven das presas porque non as limpian, vai toda polo camiño abaixo, e po las fincas facendo verdadeiros destragos, e un a ves que o señor concejal pasóu por ali invitóuselle a que viñera a ver o que facía a auga da presa nas fincas, e fixo como si non oira.

Callluera poder morrer porque o médico non ven e con toda a razón do mundo, porque non pode pasar, e xa me dirán Vds, con tanto Autopista que queiran facer, e tanto adelanto, e iste camiño está peor que unha corredoira.

Non podemos falar co señor alcalde,porque non atende a razóns, polos que lles pido colaboren con nos un pouco neste problema.

Rógolle perdone por molestalos tanto.

DUAS VECIÑAS.

Un comentario en “DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CARTA DESDE LEBOREI.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s