A BOTICA DA CASA

RECEITAS DOS NOSOS ANTERGOS.

Cando chega o inverno, o frío, a choiva, o vento, sabemos que estas inclemencias son os mellores aliados para comezar o noso corpo a sentir síntomas de catarros, gripes ou gripallada, como decimos a veces.

Habitualmente recorremos ao noso médico de cabeceira, ou ben á botica para que nos receten o medicamento apropiado para curar o mais pronto posible, pero, como curaban os nosos antepasados estas enfermidades ? Pois a maioría das veces cos seus remedios caseiros, receitas que se foron transmitindo ao longo de moitos anos, coma sempre pedín aos meus veciños a súa colaboración.

Sabemos de antemán que o caldo de galiña (moi nutritivo e bo para manterse hidratado), os grelos (ricos en vitamina B9 e ácido fólico, ademais de contar con propiedades antioxidantes) e o viño tinto quente con azucre, son quizáis as receitas máis coñecidas na nosa Galícia.

Pero hai moitas recetas que seguramente non coñocemos e por iso comecei a preguntar, obtendo o seguinte recetario :

Comenzamos con unha receita que preparábaa o meu avó Jesús, O Roque, seica era man de santo para cando estaba agripallado :

1-1/2 litro de viño tinto, 1/2 quilo de azucre, 6 figos pasos, un trozo de unto e unha ramiña de romeu.

Preparación: Nunha tarteira ponse todo a ferver. Logo de fervido cóase e seguidamente bébese.

Nada máis habelo bebido meteste na cama e arróupasche ben, ao pouco tempo comezas a suar toda a noite.

Ao seguinte día estás como novo.

AS RECEITAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE ME FORON COMENTANDO O LONGO DESTOS DÍAS :

2-Eu recordo que na miña casa cando che doía o estómago tomábase unha copa de xinebra, tamén a teño tomado cando tiña a menstruacion.

Para quentar o corpo ás mañás era habitual ver ao meu avó tomarse unha copa de aguardente branca para quentar o corpo.

Pero usábase moito o aguardente empapado nun algodón para cando che doían as muelas.

3- Na nosa casa augardente de herbas pra todo ! Pra cando doía as moas, pra cando doía a barriga, pró catarro, pra todo !

4-Recuerdo que para la gripe mi madre me ponía un emplaste de papel de estraza untado con sebo de carnero. Me hacía con el sebo que derretía con una cerilla y mucho cuidado porque el piso era de madera una cruz en la frente y untaba la nariz. Dormías como un bendito y te levantabas nuevo.

5-Para los oídos que padecía mucho de ellos me echaron aceite de rato que traían los marineros. Era muy malo de conseguir. Cuando me lo dijeron casi me da algo con la fobia que le tengo a los ratones. Pero rato en este caso era un pez que era malo de conseguir y servía ese aceite de rato para muchas más cosas.

6-Poner cebolla cortada en la mesita de noche para la tos. Como no, los típicos vahos de eucalipto.

7- Leite con coñac e dúas aspirinas, cama, muita roupa encima é a sudar.

8-Para el dolor de muelas,un chopito de aguardiente blanca y aguantar en la zona sin tragar,te dormía la zona y también dormías con el colocón🤦‍♂️.

Para la gripe,leche muy caliente y miel,creo qué le echaban coñac, colocón,sudar y a dormir🤣🤣

9-Caldo de galiña para as paridas

10-Para a gripe e os catarros, unha taza de leite ben quente con brandy . Sudas como un oso e ao día seguinte novo.

A mesma receita de leite bem quente con unto derretido

E unha xema de ovo con Sansón para darche forzas

11-Yo recuerdo de mi abuela, para el dolor de muelas me mandaba enjuagar la boca con aguardiente.

12-Para cuando tenías tos mi abuela me ponía una cebolla en la mesilla y para la nariz me hervía agua con hojas de eucalipto, me ponía la cabeza encima de la tarterita y una toalla encima.

13-Recuerdo ver a mi abuela darse frotaciones de alcohol cuando le dolían los huesos.

14-Miña avoa tiña na finca unhas plantas de té, cando chega a o mes de agosto era o momento de apañalas, tiñan que apañarse na primeira semana de agosto, despois de estar secas poñíanse a ferver, seguidamente pasaban o colador e xa estaban para tomar, cando nos doía a barriga era o que nos daba, sabía cojonudo.

15-Cando meus pais miraban que os fillos estaban baixos de defensas tiñan un remedio que non fallaba, viño Sansón con un ovo.

16-Cando tiña dolor de moas, aguardente ao canto.

17-Miña nai cando tiñamos gripe dábanos unhas fregas con unha cousa áspera, quentaba aguardente na súa boca e botaba encima da nosa espalda, despois tapabanos ben, a mañán seguinte estaba unha coma nova.

18-Cando tiña catarro, miña nai facía figos con viño tinto, despois de beber eso poñianos nun papel de estraza cebo de carneiro, tiñamos que dormir toda a noite con eso posto na espalda e no peito, era man de santo.

19-Para o catarro leite quente, aspirina é vapores de eucalipto.

20-Cando había gripallada na casa facíanche fregas no peito, para elo collían un papel de estraza e poñían sebo de carneiro para darche as fregas.

21-Cando tiñas dor de moas e non tiñas aspirina, collías un algodón empapado en aguardente de herbas ou branca e había que aguantar un tempo. Recordo que un día meu pai quitoume despois a moa con unhas tenazas.

22-Para o dor de barriga o mellor que había eran fregas de unto quente.

23-Miña avoa sempre utilizaba a aguardente para cando nos doía unha moa, eu era un neno e quedaba colocado para todo o día jajaja.

24-Cando miña avoa tiña unha enfermedade nas uñas usaba un emplaste de touciño, tiñao posto nas uñas uns dias, cando os quitaba aquelo tiña unha pinta que non vexas, pero seica lle facía ben.

25-Teño ido a un curandeiro que vivía nunha aldea de Sarriá, usaba para as “súas curacións” grasa de terneiro, tiña que ser macho. Fun unhas cantas veces a xunto del, o final non fixo efecto ningún a grasa, sólo suavizaba a pel, pero deixaba un cheiro…

26-Cando eu era pequena padecía muito da gorxa, enton miña nai collía un papel de estraza, quentaba ben quente e poñíalle sebo de carneiro, cheiraba que non vexas ti ben…colocabano na miña gorxa ben suxeto, así tiña que telo toda a noite, oiches Juan, era man de santo. As placas de pus que tiña a noite pola mañán habían desaparecido, a gorxa ainda me doía un pouco, pero as placas desapareceran, é a gorxa estaba ainda ardendo.

27-Cando me doía a barriga, tanto a min, coma aos meus irmáns, miña avoa collía e quentaba aceite con un pouco de romero, despois botabo nun trapo e poñíamo na barriga, era efectivo. Máis tarde chegaron os medicamentos, por exemplo os optalidóns e xa non volveron a facermo.

28- A min de pequena para que engordara é para que estivera forte, metíanme unha xema de ovo no leite quente pola mañán, si che digo a verdade, ver aqueles ollos de grasa na taza do leite dabanme arcadas…que mal o pasaba para beber aquelo.

29- Meu pai durante toda a súa vida, tomaba todolos días unha taza de leite con dous ovos batidos, todolos días do noso señor, non colleu enfermedade ningunha, conta agora con 95 anos.

30-De pequena sempre tiven dor de barriga, pois o que me daban sempre para que me pasaran eran chupitos de xinebra…

31-Meu pai facía muito o seguinte : un pouco de viño tinto quente xunto con un pouco de unto derritido anteriormente na sartén, botaba todo xunto a ferver, era malo de tomar, pero como él sempre padeceu de catarros botaballe peito é tomaba aquelo.

32- Meu pai fervía viño tinto con figos pasos, cortaba os figos en cachiños é tomaba eso cando tiña gripe ou catarro.

33-Unha receita que se facía na casa era a base de zume de limón, nun cazo botaban o zume, as cáscaras do limón e mel, xunto con un pouquiño de auga.

34- Era mui habitual tomar leite con coñac cando estabas resfriado, para o dolor de moas collían un pouco de aguardente branca e botaba para o sítio dónde doía a moa, deixabase adormecer un pouquiño é así aliviaba o dor.

35- A mellor receta para o catarro era cocer romeu con mel e tomalo quentiño.

36- Na miña casa para o catarro sempre usamos mel con limón, ben quente. Para cando había gripe leite con coñac, tamén ben quente. Para cando tiñamos dor de estómago unha copiña de aguardente de herbas. Cando había dor de moas un algodón ben empapado en aguardente, poñemolo encima da moa dolorida. Para a dor de barriga unha infusión de herba luisa.

37- Na miña casa para cando estás mal da gorxa leite con mel, para o catarro ou a gripe tamén me poñían sebo de carneiro nun papel de estraza colocado no peito, outras veces leite con coñac ou con aguardente.

38- Miña avoa cando tiña un corte ou unha ferida usaba teas de araña, con elas tapaban os cortes. Para os catarros ajarrados o peito colocabannos un papel de estraza con aceite ou grasa é un pouco de ruda, ben quente, colocado no peito toda noite, aquelo cheiraba a base de ben, pero a cousa era que os catarros pasaban. Cando había anemia, xema de ovo con viño Sansón, dabanno a forza, tiñas que tragar coma fose.

39- Os enxuagues de auga con sal para cando doían as moas. Para os catarros vapores de eucalipto. Follas de berza en emplasto para cando doía o lombo ou os xeonllos.

40- Miña avoa facía unha lavativa coa auga do café, seica era boa para limpar o intestino é o fígado, facía o café, colabase, con unha gomiña e un embudo é pá dentro.

41- Cando tiña tos xa estaban preparando mel quente con limón, sabía a raios, eu non era capaz de tragar aquelo, que medo tiña cando me viña a tos, porque xa miña avoa viña correndo co dichoso mel e o limón, ademáis leite a ferver con un chorro de coñac !. Para o dor de moas, lavar a boca con caña ! Pero ollo! Esto ainda o fago hoxe, porque sempre me fixo efecto.

42- Ferver follas de eucalipto, meter unha toalla empapada na cabeza, casi ata quedar sin respiración jajaja, era o mellor método para quitar os resfriados sin ter que tomar frenadoles.

Outro remedio, cando meu avó tiña as mans corteadas de traballar no campo poñíase a mexar nas mans, seica era o mellor que había.

43- Vaos de eucalipto para os bronquios era o mais habitual.

Outra receita, miña avoa cando se lle abrían os pes utilizaba auga con sal.

Pero o mais curioso foi unha cura que fixo miña sogra cando eran pequenos os seus fillos. Na casa deles tiñan unha lareira, encima desta tiñan un banco para sentarse, resulta que o irmán do meu marido sentouse encima da pota do caldo que estaba facendose, a pota tiña un testo encima, e ésta de repente foise para o fondo, metendo o irmán do meu marido todo o cú dentro da pota do caldo que estaba a ferver, cando miña sogra escoitou gritar o fillo foi ver que pasaba, colleuno rapidamente e puxo debaixo da villa do barril de viño catalán, tivo alí un tempo co viño a correr polo cú do rapas, oiche, santo remedio, non lle quedou marca ningunha.

44- Para a infección da gorxa na miña casa faise de toda a vida gárgaras de limón.

45- Miña avoa usaba muitísimo para a dor de estómago o loureiro para facer infusións. O freixo para os riles e infeccións de ouriña. Para os forúnculos usaba a cebola cocida. Tamén facía cataplasmas de salbado de trigo para a pel atópica é a clara de ovo con augardente pra facer as curas nas feridas.

46- Na miña casa recordo que para cando alguén tiña infección de ouriña facían infusións de Bieiteiro, tamén coñocido por Sabugueiro. Ten un cheiro desagradable, pero mui bo para eliminar a infección.

47- A miña avóa collía un anaco de sábana e recortaba de tal forma que fose como un vendaxe e tiña preparado sopas de pan de leite quente, estás sopas metíaas no vendaxe, usábao para feridas que estivesen infectadas ou algún negrón feo.

Tamén a miña avóa usaba o unto quente para dores na barriga, utilizábao virando o unto quente en sentido contrario ás agullas do reloxo, en voz alta comezaba dicindo unha frase ( non recordo o que dicía), repetíao dez veces, empezaba por dez e remataba en un…dez, nove, oito, sete…e á vez virando o unto na barriga.

Cando chegaba ao un dicía: e este un que quede na barriga de fulano…e que lle pase o mal.

A miña nai facíalle un remedio ao meu pai, que sempre tivo dores nas costas, colocáballe uns vasos cunhas bolboretas encendidas dentro dos vasos, facían ventosa.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Así como comencéi con unha receita do meu avó, remato tamén con outra que nos meses de inverno era mui habitual, unha receita que un veciño xa comentou tamén :

48- Recordo que cando eu era un neno tiña dous amigos na parroquia que sufrían moito dos sabañons, e para que lle remitise a dor o primeiro que facían ao levantarse era saír á leira e poñerse a mexar encima das súas mans.

Pode resultar asqueroso, pero isto de aproveitar o mexo vén de moi atrás, os romanos cando chegaron á nosa terra observaron que os nosos antepasados utilizaban o seu mexo para lavarse os dentes, chegando a utilizala máis tarde para outros menesteres, tal como blanqueante da roupa.

NOTA : Si ao ler este recetario recordádesvos dalgunha receita que non apareza aquí, agradézovos que vos poñades en contacto comigo para engadila.