NOVAS FOTOGRAFÍAS INÉDITAS DA PONTE E O CRUCEIRO.

Ás veces a vida dáche sorpresas, esta que hoxe vouvos a contar é unha delas.Trátase dunha fotografía onde se ve a Ponte Malvar, máis coñecida por todos pola Ponte da Rons, onde tamén se aprecia o Cruceiro de Ánimas, e máis o fondo o muiño do señor José o da Rons, tamén coñocido polo Jaxe.

Fai un tempo publicouse unha foto onde se ve tamén éste lugar, o máis seguro que estas dúas imaxes sexan do mesmo fotógrafo, seguramente fixo varias instantáneas cando iba de paso pola nosa parroquia, nesta apreciase máis a Ponte, na outra foto centrase máis no Cruceiro.

A data en que se fixo unha das fotos creo que foi polo ano 1927.

A foto que hoxe dou a coñecer estaba relacionada con Vigo, si, na base da foto pódese ler : Alrededores de Vigo. Fía Ksado

Quizáis debido a eso, non había chegado antes a nos.

Pero, teño unha duda, penso que estás duas fotos non se fixeron no mismo día, e quizáis nin no mismo ano, espero que me axudedes, na foto donde se ve o Cruceiro cos raparigos podemos observar no fondo claramente a casa de Ricucho, tamén no Cruceiro vemos a terra.

Na nova fotografía encontrada non vexo a casa de Ricucho, e a base do Cruceiro vexo que está rodeada de herbas, non se aprecia a terra como na outra foto. 

FOTOGRAFÍA QUE ACABAMOS DE ENCONTRAR :

A PONTE MALVAR é O CRUCEIRO DE ÁNIMAS.

ANTERIORMENTE COÑOCÍAMOS ESTA OUTRA :

O Cruceiro de Ánimas, ao fondo a Ponte Malvar.
NOVAS APORTACIÓNS FOTOGRÁFICAS 

A raíz de estar falando con quen puxo a primeira foto da Ponte Malvar comezamos a conversar sobre ela.

Logo de aclarar que a fotografía en cuestión non estaba situada onde pon no seu pé de páxina (Alrededores de Vigo) apareceron unhas cantas fotos máis. Unha delas tamén cun erro na súa publicación, coloca o Cruceiro de Ánimas no lugar de Rande. Tamén se comentou a época en que se fixeron as fotografías.

Parece ser que a fotografía onde aparecen os nenos a pé do Cruceiro data do 20 de Setembro de 1923.

A conversa foi así:

Juan Jose Esperon Recarey

Así a primeira vista diría, pola primeira árbore que hai á dereita dirección Santiago, que as dúas fotos son de distintos anos. Esta sería máis antiga, creo eu, polo tamaño da árbore… (ou sexa, que a data de 1927 estaría mal, sería anterior a 20-09-1923 que é a data da outra).

Pero xuraría, polas sombras, que as dúas están feitas ou a finais de primavera ou principios de verán, é máis, esta realizouse a ultima hora da tarde (sobre as 21h) e a outra sobre as 17h…(quizais logo da sesta ?)

Así que creo que as dúas puidesen ter a data mal…

Cruceiro de Ánimas
Cruceiro de Ánimas é a Ponte Malvar ou Ponte da Rons.

Cruceiro de Ánimas, o fondo a casa de Ramona Cochón Ramos, anos máis tarde a Taberna da Rons.


33- ACCIDENTES NA PONTE MALVAR OU DA RONS

Foron muitos os accidentes que ao longo dos anos aconteceron na Ponte Malvar, para moitos dos veciños coñecido pola Ponte dá Rons.

De momento non son moitos os accidentes que atopei nas noticias da prensa das épocas en que ocorreron, será cuestión de tempo de ir buscando.

Nun artigo publicado hai pouco na Voz de Galicia, facíase referencia dun suceso acontecido muitísimos anos atrás, tamén se comentaba dos recordos que un veciño do lugar e que foille comentando á xornalista.

Comentaba este veciño que sendo moi pequeno viu como un autobús da empresa Castromil quedábase balanceándose de tal forma que pouco lle faltou para que se caese ao río Rons. O autobús ía cheo de viaxeiros e aínda que o susto foi maiúsculo, non resultou ninguén ferido de gravidade, soamente uns poucos feridos leves.

Tamén recordou o mesmo veciño o sucedido cun camión do Exército , estivo a piques de precipitarse pola ponte, decialle o veciño a periodista que quizáis o cruceiro que preside a entrada á ponte realizase un ” milagre”, ao non suceder danos de consideración, nin persoais, nin materiais, sólo quedou nun susto.

Nos anos 60/70 eu tamén recordo de vivir moitos accidentes, os que máis recordos teño polo espectaculares que foron : Aquel domingo en que espertamos sobresaltados, un coche da marca Seat 850, baixara todo dereito pola leira situada á dereita da ponte, dirección Santiago, e terminou acabando no río, os seus catro ocupantes subíronse ao teito do coche para pedir auxilio, viñan dunha despedida de solteiro, segundo comentarios deles mesmos, daquela viñera unha enorme grúa de Doniz para poder sacar o coche do cauce do rio.

Outro accidente, con consecuencias moi graves, foi o dun vehículo que se levou a metade da barandilla e caeuse ao fondo da ponte, quedou apoiado co morro , pegado ao lateral da ponte, cando os veciños que estaban na taberna xogando ás cartas foron a rescatar aos ocupantes, para poder ver, tiveron que meter un coche no prado, dado que non se miraba absolutamente nada. O espectáculo era dantesco, o sangue estaba por todas as partes do coche, aquelas cabezas que saían polas fiestras….todos os alí presentes estaban sobrecollidos ao ver aquilo, para min foi moi forte, tería uns dez anos e nunca vira tal cousa.

Os accidentes foron marcando a todos aqueles homes que pasaban unhas horas na taberna coa intención de pasar un momento de lecer logo das duras faenas do campo, tarde ou cedo sabían que terían que ir acudir á chamada de auxilio dalgún accidentado, nunca llo agradeceron, nin as administracións, nin os propios accidentados, recordo a rifa que a miña nai tivo con uns mozos que encaixaran o seu coche contra os petriles da ponte, quedaron debaixo deles e outra vez os homes foron a socorrelos, meses despois viñeron facerse unhas fotos, sen ter intención de dar as grazas aos que os axudaron.

A miña nai observaba o que facían e cando terminaran de facer as fotos e dispoñíanse a marchar no coche, chamoulles e púxolles as pilas.

E outro día un camión, e ao cabo de quince días un coche, que houbo que suxeitalo co adibal que tiñamos na casa, para así evitar que se fose ao fondo.

E aquel que se caeu encima dunhas árbores e cando o sacaron do coche empeza a preguntar pola súa muller, todos comezaron a preguntarse onde estaría a muller, pois no coche non había ninguén máis que o condutor…..comezaron río abaixo e río arriba a ver si estaba a muller do paisano, completamente mollados, en pleno inverno, non a daban atopado….ata que aproximadamente media hora máis tarde o condutor comentaba que a muller quedara na casa facendo o cocido, que ía só no coche……

15 de Mayo de 1912

EL ECO DE SANTIAGO

En la carretera de Pontevedra a Santiago, ha ocurrido un desgraciado accidente.

El vecino de Caldas de Reyes, Ignacio Couto Bastón, de 32 años, casado, iba en bicicleta por dicha carretera.

Al llegar al puente de Cerponzóns, perdió el equilibrio, y cayó de aquel abajo.

Recogido por las personas que acudieron a prestarle auxilio, se vió que tenía en la cabeza lesiones que luego fueron calificadas de pronóstico reservado.

ANO DE 1913

COSTURERA SE TIRA DEL PUENTE RONS DE UNA ALTURA DE 50 METROS

«Se arrojó del puente Rons de una altura de 50 metros, una agraciada joven de 18 años de edad llamada Dolores que vivía en el lugar de Tilve, parroquia de Cerponzones, vivía con la costurera Manuela Eiras, esta había recogido a Dolores del Hospicio, quiso matarse Dolores por contrariedades amorosas, momentos antes de arrojarse del puente estuvo hablando con su novio Aurelio, en la puerta de la casa donde vivía. Cuatro vecinos la encontraron en grave estado y la trasladaron a su domicilio donde le prestaron los primeros auxilios, el practicante Sr. Losa. El juzgado fue a Cerponzones con el médico D. José Filgueira para instruir diligencias, Dolores presentaba una herida bajo la barba, el médico le dio 11 puntadas. Créese que la suicida intentó antes tirarse en un pozo en cuyo dintel apareció un pañuelo de mujer». El texto, publicado en el Diario Palentino el 9 de agosto de 1913, parece una prueba más de que al puente Malvar sobrevive todo aquel que lo cruza.

Noticia no periódico.

15 de Noviembre 1913

EL ECO DE SANTIAGO

El automóvil de línea que hace el recorrido de Pontevedra a Lalin, perteneciente a la empresa de los Sres.Martinez, de Silleda y Campos, de la Estrada, sufrió ayer tarde en la parroquia de Cerponzones,muy grave accidente.

Por rotura del guía, se precipitó a un barranco que existe en dicho lugar. El conductor resultó con cuatro costillas rotas. Cuatro viajeros recibieron también Fuertes golpes, uno de los heridos es el joven diputado provincial Sr. Otero. La primera cura se la practicó en el lugar del suceso el médico Sr. ESMORIS.

25 FEBRERO 1929

DIARIO DE PONTEVEDRA

ACCIDENTE AUTOMOVILISTA

El coche de la Empresa Castromil, que había salido de esta capital ayer a las nueve de la mañana sufrió un accidente en el puente de San Vicente de Cerponzones.

A causa de habérsele roto la dirección, el coche fué a chocar contra el puente, tirando diez metros de petril.

Una de las ruedas del vehículo quedó en el aire. Un pequeño impulso más lo hubiera lanzado al fondo.

Por fortuna, los nueve viajeros no sufrieron la menor herida.

Seguidamente se dió aviso a Pontevedra, saliendo otro coche en el que continuaron viaje los que ocupaban el inutilizado.

Numerosas personas de esta capital fueron a San Vicente para ver como había quedado el coche.

Fué verdaderamente milagroso que el coche no cayese de aquella altura.

Por la tarde llegó al lugar del suceso una brigada de obreros de la Empresa Castromil que llevó el coche a Santiago.

04-01-1930
FUERON DADOS DE ALTA LOS HERIDOS DEL ACCIDENTE DE CERPONZONES

Pontevedra.- Fueron dados de alta los dos heridos que el día 24 de diciembre sufrieron un accidente automovilístico en la inmediata parroquia de Cerponzones.

Por cierto, que tenemos que rectificar un pequeño detalle : el accidente no se produjo por haber sido deslumbrado el automóvil que conducía a los heridos por los faros de otro que venía detrás, sino por tratarse de una curva muy peligrosa, que sólo a los que la conocen es fácil salvar con facilidad. Y el automóvil accidentado era de matrícula de Madrid y su conductor no conocía el peligro que encerraba.

El auto que iba detrás era del industrial de esta plaza D. Valentín Rodríguez, que se dirigía a Moraña en compañía de dos personas, entre ellas un tal Andrés << El Dapi>>

El señor Rodríguez y <<El Dapi>>, vieron como el primer auto se fue por el puente de Cerponzones a una altura de 12 metros, quedando con las ruedas hacia arriba, y debajo aplastados y dando ayes a sus ocupantes.

ANO 1972, VARIOS HERIDOS EN ACCIDENTE 

En términos de Cerponzones de la carretera 550 La Coruña a Portugal, el vehículo conducido por Bas Pazos Iglesias, vecino de Marin, por causas que desconocemos derrapó en el mencionado lugar, sufriendo éste contusiones y erosiones en cara y rodilla izquierda : Celia Otero Villar, de Combarro, traumatismo craneal y herida inciso contusa de 7 centímetros en la región frontal : Adoración Costas Figueiras, de 20 años, de Marin, contusión craneal, heridas en mentón y erosiones múltiples y Manuel Otero de 19 años de Cam.

ANO 1975, FALLECIÓ UNO DE LOS HERIDOS…

SUCESOS

FALLECIÓ UNO DE LOS HERIDOS EN EL ACCIDENTE DE CERPONZONES

En la mañana de ayer, y después de recibir los cuidados médicos que la ciencia puede ofrecer, visto el estado desesperado en que se encontraba el paciente, fue trasladado del sanatorio en que se hallaba a su domicilio en estado preagónico, en donde falleció el joven Belarmino Conde Lusquiños, vecino de Taboadelo-Puente Caldelas, que había sufrido un accidente al colisionar el turismo en que viajaba contra un puente en términos de San Vicente de Cerponzones, suceso del que dimos amplia cuenta a nuestros lectores en el número del pasado martes día 25.

A PONTE MALVAR 

 A PONTE MALVAR, PASADO E FUTURO.

REPORTAXE 27/01/2019, ESTELA ( Faro de Vigo)

O obxectivo das pontes sempre foi o de unir : beiras, pobos,culturas, identidades…

O obxectivo da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons é o de unir, neste caso o pasado e o futuro da nosa Ponte Malvar, o presente realmente no queremos así……..

Na Ponte Malvar a vexetación progresa imparábel por entre as regañas da cachotaría. 

Cando polo ano 1997 estábase realizando o novo tramo da N 550 na Parroquia de Cerponzons xurdían os primeiros problemas con que nos atopamos os veciños dos lugares máis afectados (A Meán, A Rons e A Balea ).

Xa daquela tiveron os veciños destes lugares que protestar sobre as actuacións que se estaban levando a cabo no entroque do tramo novo co vello e os viales que conectaban con A Meán e A Balea.

Foron uns días moi tensos os que afrontaron os veciños que deixando os seus quefaceres caseiros e profesionais manifestáronse no lugar en que estaban traballando os operarios do Ministerio de Obras Públicas, así o fixeron durante uns días ata que viñera un dos Xefes de Obras Públicas, si mal non recordo un tal Sr. del Río.

Desde a Cidade da Coruña chegou o Inxeniero Xefe para intermediar no conflicto, escoitou as reclamacións dos veciños e sen lograr de todo convencer o señor Inxeniero por fin chegábase a un acordo para acondicionar do mellor xeito posible as entradas aos viais que levan A Balea é A Meán , cómo tamén a realización dun muro mui necesario para o lugar.

Pero os problemas non chegaron a solucionarse totalmente, o tramo antigo da N 550 quedaba totalmente deixado no esquecemento.

Segundo ían pasando os anos, as diferentes directivas da Asociación de Veciños presentaban por rexistro peticións de mantemento, tanto da Ponte Malvar, como do tramo antigo, hoxe en día seguimos igual, mellor dito, peor que nunca.

A PONTE MALVAR

A cronoloxía da Ponte Malvar está ben definida, dita Ponte forma parte da Infraestrutura viaria que habían promovido os Arcebispos Raxoi e Malvar, sucedía esto nos fináis do S. XVIII, sendo deseñado polo arquitecto D. José Pérez Machado.

A ponte e o mesmo trazado da antiga estrada forman parte das iniciativas implementadas polo arcebispos Raxoi e Malvar para mellorar as comunicacións entre Pontevedra e Santiago. O trazado deste Camiño Real, e os diversos elementos que o balizan, ilustran o inicio dunha época de gran interese histórico, na que arrinca a construción e mellora de infraestruturas de comunicación que facilitarán as relacións entre vilas e pobos do país. 

A Ponte Malvar debe o seu nome ao Arzobispo Sebastián Malvar y Pinto, nacido na parroquia de San Martiño de Salcedo (Pontevedra ) O arzobispo naceu en 1730 e falece en Santiago de Compostela en 1795, o seu Arzobispado comprende os anos 1783-1795. 

Logo de varios cargos en diversas cidades que contribuíron á súa formación, en 1783 foi presentado para a Sé de Compostela, cando se atopaba na Igrexa da Santísima Trinidad de Bos Aires. 
Durante o seu exercicio como Arcebispo de Santiago, ordenou a construción do tramo de estrada de Santiago a Tui entre Ponte Valga e o extremo sur da diócesis, exactamente ata Ponte Sampaio, en Pontevedra. 

Fernando Carrera e quen define perfectamente a problemática actual da Ponte Malvar :

O monumento que nos ocupa é unha construción impecable de magníficos paramentos, tanto de mampostería como -na zona central- de sillería granítica de execución moi coidada. Os lenzos laterais mostran unha lixeira inclinación que xera unha sección transversal escuetamente trapezoidal, cun único arco de medio punto sobre o río Rons. En planta, o trazado adáptase ao terreo describindo pequenas curvas a ambos os dous lados, creando unha forma de S moi somera. Nalgunhas zonas aínda conserva restos do orixinal pretil almenado, así mesmo construído con sillares de granito. 

Ante nos podemos observar o seu evidente abandono, de cómo e necesaria unha actuación de limpeza de vexetación e un tratamento das xuntas, unha limpeza nas zonas de sillería é pódese observar tamén que o estados dos lenzos de mampostería e precario.

Un dos danos máis evidentes que sufre a Ponte Malvar derívanse de actuacións diversas derivadas do persistente uso da infraestuctura, probablemente en tempos máis ou menos recentes. Así, instalouse algún cableado cosido aos lenzos, que deforman a súa estética de forma notable. 

VEXETACIÓN OCULTANDO PARCIALMENTE A PONTE

Tan degradante como o anterior é, na nosa opinión, a desaparición baixo diversas capas de asfalto do firme orixinal, probablemente pétreo. E tamén, os diversos elementos de contención (varandas, biondas) que substituíron ao pretil orixinal, con grave perda da percepción orixinal da construción. 

Moito máis simple pero así mesmo negativo é o ocultamento da ponte pola exuberante vexetación que o coloniza a ambos os dous lados e e impide a súa apreciación completa.

Tamén a falta de visibilidade que hai nun punto da Ponte fai que levemos xa durante anos reclamando a corta dos árbores, soamente estando un momento no lugar e ollar pasar algún vehículo a máis velocidade da autorizada para darse de conta do perigo.

Non digamos si ten que pasar andando unha persoa invidente, o paso que hai para peons e imposible de pasar, as silvas impiden totalmente o poder ir andando, tendo que ir polo lugar que lle corresponden os automóviles.

A SAÚDE DA PONTE MALVAR

A necesidade que sempre houbo, ao longo da historia, de facer novas rutas de comunicación fixo que os enxeñeiros e os que deseñaban camiños, estradas, vías férreas etc. víranse obrigados a salvar obstáculos que moitas veces ofrecían os cursos dos ríos.

Así sucedeu coa necesidade de realizar a Ponte Malvar, as primitivas estruturas que permitían vadear a canle do Río Rons, ben a pé ou dacabalo, necesitaban dunha instalación que mellorasen a comunicación por todo o Camiño Real.

Durante máis de 200 anos esta Ponte Malvar soportou millóns de desprazamentos, isto fainos pensar en que os sobre excesos de pesos, as riadas que nos invernos adoitan suceder nas inmediaciones da Ponte Malvar, os temporais de vento etc. necesita cada certo tempo un seguimento e un control sobre a súa “saúde “, preguntámonos si nalgún momento fixéronse na Ponte Malvar os obrigados estudos de control aos que están obrigados a realizar as autoridades responsables.

Normalmente cando solicitamos os responsables do departamento que está a cargo do tema que facemos referencia para saber o estado dalgunha ponte adoitan contestar que cando detectan algunha deficiencia procédese á súa subsanación de forma inmediata, polo cal entendemos que logo das nosas denuncias ao longo destes últimos anos sobre o estado da Ponte Malvar e visto que non se fixo mantemento de ningún tipo ( excepto cortar cada certo tempo as silvas) dános a entender que o estado das estruturas de que se compón a Ponte Malvar é o correcto, é dicir que segundo os encargados de contestarnos, a Ponte Malvar está en perfectas condicións, porque si detectarán algún problema repararíase inmediatamente.

As fotografías que fixemos estos días indican todo o contrario.

O VALOR PATRIMONIAL 

É indiscutible o valor patrimonial da Ponte Malvar. Sexa desde a perspectiva estética (monumental) como desde a histórica, parece merecedor dun trato mellor do que soporta. 

Agora que a Parroquia de Cerponzons vai celebrar o próximo ano 2019 o seu ” Milenio” e momento de que as Administracións den un paso adiante, xa e hora.

Foron muitas as iniciativas das Xuntas Directivas que durante anos levamos dirixindo a Asociación de Veciños, pedindo e reclamando o que para nos e de lei, o arranxo da Ponte Malvar e a súa contorna, xunto co trazado antigo do Camiño Real.

 Esta relación entre patrimonio e veciñanza é un valor esencial que debe ser protexido e estimulado desde as administracións públicas, non queda outra.

Por todo o indicado, entendemos plenamente xustificado o deseño dun plan para a recuperación da Ponte Malvar. Unha iniciativa que persiga a recuperación do seu aspecto orixinal e permita o recoñecemento do monumento na súa configuración completa, eliminando os elementos deformantes (tubaxes, varandas, biondas) e recuperando os perdidos (pretiles). E dado o limitado uso que a día de hoxe ten a vía, defendemos mesmo a recuperación do firme orixinal. 

Todo o anterior debe verse complementado cun programa de mantemento simple pero constante. Esperamos que chegue o día en que a Ponte Malvar sexa un valor patrimonial máis na historia de Cerponzons, un valor coma tantos outros Bens culturais que forman a historia da Parroquia de máis de 1000 anos de existencia.

Unha Ponte Malvar que tivese polo seu contorno o recordo daquel Camiño Real deseñado polo Arzobispo Malvar, o máis fermoso de toda Europa según decían.

A señalización do tramo antigo con especies de árbores aos seus costados, carballos e álamos brancos ( onde ían enroscados os viñedos) e alén unha serie de frutales das mellores especies, recuperando de paso o Leguario que un pouco máis arriba deste tramo, en dirección a Santiago, podemos observar como está falto tamén dunha limpeza e de recuperar o gnomón do reloxo de sol que a esvelta pirámide granítica contén nun dos seus lados.

25 de Setembro de 2018, con motivo do 223 aniversario do falecemento do Arzobispo Malvar.

29 de Xaneiro 2019 (Faro de Vigo) :

Este domingo 29/01/2019 a revista dominical ESTELA ( Faro de Vigo) publicaba un especial sobre 24 bens do patrimonio galego en estado crítico.

E facíao recollendo esta información desde a Asociación Hispania Nostra.

No amplo artigo de Salvador Rodríguez comenta por exemplo que Hispania Nostra é unha prestixiosa asociación que o seu labor é defender o patrimonio cultural en toda o seu integridad conceptual e xeográfica e que desde 1978, a actual raíña emérita Sofía é a súa presidenta de honor.

Hispania Nostra realiza infinidade de actividades, entre elas destacamos a de encargarse da xestión das candidaturas aos Premios Europa Nostra.

Tamén cabe sinalar que desde o ano 2007 iniciaron unha actividade enmarcada co nome de Lista Roja, onde ten como obxectivo de informar sobre elementos patrimoniales en risco de desaparición, destrución, ou alteración esencial dos seus valores. Coa publicación destes bens que se achan nese estado preténdese desde a asociación dar a coñecer a todos nós, autoridades e propietarios destes bens e promover intervencións para a recuperación deles.

Hispania Nostra e a Asociación de Veciños Ou Chedeiro temos o convencimiento de que ” O QUE SE VALORA E APRÉCIASE, CÓIDASE E CUSTÓDIASE”.

Estamos convencidos desde a nosa Asociación que tarde ou cedo as nosas peticións serán escoitadas e chegará o momento que a nosa Ponte Malvar pasará de estar na Lista Vermella á Lista Verde, a actividade onde Hispania Nostra vai recoñecendo as correctas rehabilitaciones de bens que estiveron nun momento na Lista Vermella, que agora por desgraza tócanos a nós estar nela, o que de ningunha dos xeitos queremos chegar a estar en Lista Negra, aquela onde os bens chegaron a tal estado de deterioro que se volven totalmente irreversibles.

PARTES DE UNHA PONTE :

15 de Xuño do 2017 Diario de Pontevedra :


PEDIMOS O TEU APOIO :

POLA RECUPERACIÓN E O ARRANXO DA PONTE MALVAR E O CAMIÑO REAL


Dende a Asociacion de Veciños O Chedeiro de Cerponzons queremos pedirche un momento para que leas esto e si ti crees acertada a nosa iniciativa que nos apoies.

Na parroquia pontevedresa de CERPONZONS temos un lugar que se denomina Tilve , a zona que vos queremos comentar é por onde pasa o río Rons e crúzao a antiga N-550.

Alí atópase a PONTE MALVAR , denominado así por ser unha ponte que mandou construír o Arcebispo Malvar despois do seu periplo en Sudamérica e ao chegar a Pontevedra comezar coa posta en marcha do Camiño Real .

A nosa parroquia esta orgullosa da súa ponte , unha ponte que lamentablemente esta completamente deixada , son moitos os anos que as autoridades competentes deixaron de man a este valor patrimonial que temos na nosa parroquia de Cerponzons.

Os veciños a través da Asociación reclaman unha urxente reparación e unha posta en valor da PONTE MALVAR .

Á súa vez reclamamos que se acondicione o tramo antigo da N-550 , falto de todo , sen ningún tipo de servizos , fóra dos colectores de lixo.

Queremos que co voso apoio esta páxina sexa un faro , onde coas vosas adhesións , sexa a luz que fagamos chegar ás autoridades competentes para que se poñan ao choio e recuperemos o antigo Camiño Real e o tan ansiado arranxo da PONTE MALVAR.

Moitas grazas pola túa colaboración .
https://www.facebook.com/PonteMalvarCaminoReal/ Noticias na TVG
Veciños de Cerponzóns denuncian a deterioración da antiga ponte e camiño real e reclaman melloras de seguridade viaria e abastecemento | Noticias de Galicia | CRTVG http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-de-cerponzons-denuncian-a-deterioracion-da-antiga-ponte-e-camino-real-e- reclaman-melloras-de-seguridade-viaria-e-abastecemento-1618738
A raíz do proxecto do Real Plantío auspiciado polo Arzobispo Sebastian Malvar e co arquitecto Jose Perez Machado e a colaboración de Melchor Ricoy constrúese sobre o ano 1797 aproximadamente esta ponte.

Un grupo de veciños do lugar de Tilve/Rons e coa colaboración da Asociacion de Veciños O Chedeiro de Cerponzons estamos movilizándonos para dar a coñocer o deterioro que a Ponte Malvar esta sufrindo o longo dos últimos 30 anos .

O 30 de Marzo do ano 2019 a parroquia de Cerponzons cumplirá 1000 anos de existencia , e queremos chegar a ese día coa Ponte Malvar completamente recuperada e fermosa.

Uns dos poucos valores patrimonias que temos na nosa parroquia e necesario que recupere todo seu esplendor para goce dos veciños e de todos aqueles que veñen a coñocer a parroquia de Cerponzons.

Por esta Ponte que leva o nome do Arzobispo Malvar o cal denominaron co seu apelido por ser dos primeiros que mandou construir a raíz da realización do Camiño Real .

Nestes momentos o seu estado é moi lamentable , as barandillas ( unhas de cemento , outras de metal ) podrecidas son un perigo inminente para calquera cidadán que pase andando e apóiese nunha delas , varias pedras que hai ao principio da ponte están en mal estado de conservación , nun lateral , un quitamedos que se instalou fai anos a todo o longo dificulta en boa medida o paso da xente , a empresa Telefónica grapou unha serie de tuberías cubertas cun enorme latón que produce un efecto feísimo e vai totalmente en contra de cómo cuidar o patrimonio , debido a este latón en varias partes da ponte están en un estado de oxidación que afecta a moitas das pedras dese lateral.

Pola recuperación total da PONTE MALVAR e pola recuperación de un tramo do Camiño Real en recordo o Arzobispo Malvar e asua obra !!!

Grazas polo apoio ! https://www.facebook.com/pontemalvarcaminoreal/

Estos son alguns enlaces relacionados coa nosa causa :

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-de-cerponzons-denuncian-a-deterioracion-da-antiga- ponte-e-camino-real-e-reclaman-melloras-de-seguridade-viaria-e-abastecemento-1618738

Grazas.

CERPONZONS 4 /01/2017

Bos días desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons.

 

Con data 22 de Decembro do 2016 , sendo as 13:12 horas entrou na mesa do Congreso dos Deputados de mans do deputado socialista Guillermo Meijón Couselo unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Fomento .

 

As preguntas están dirixidas aos responsables de Fomento , desde o seu ministro o señor Don Iñigo da Serna , ata o último funcionario que hai no departamento de Pontevedra , que supoñemos chegaranlle a eles tamén.

 

Guillermo Meijón Couselo

 

Hoxe Guillermo Meijón enviounos desde o Congreso dos Deputados a primeira entrada rexistrada e publicada no boletín do Congreso.

Hai uns meses Guillermo visitou a nosa parroquia de Cerponzons , un dos lugares que estivo a visitar foi o lugar de Tilve , onde está situado a Ponte Malvar e por conseguinte o tramo antigo da estrada N-550 , lugar de paso hai anos do Camiño Real .Enseguida deuse conta da urxente Reparacion que necesita a ponte e o seu contorno.Así foi como membros da Asociación de Veciños O Chedeiro mantivemos con Guillermo unha serie de encontros para estudar a fondo todo o relacionado coa Ponte Malvar e o tramo antigo da N-550 , e así presentar de mans de Guillermo unha serie de preguntas.

 

CERPONZONS ao 23/02/2017

Respostas do Goberno as preguntas feitas  por Guillermo Meijón :

Pola súa banda Guillermo fixo esta declaración :



ARTIGOS RELACIONADOS COA PONTE  :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/10/30/puente-sobreviven/0003_201510P30C2991.htm



DE ACCIDENTES E POLÍTICOS 

RECORDANDO OS ACCIDENTES DA RONS E A SITUACIÓN POLÍTICA E SOCIAL DE HOXE EN DÍA SOBRE ESTE TRAMO

Os meus recordos remóntanse ao ano 1965 aproximadamente , nesas datas os meus pais abren a típica taberna ultramarinos da parroquia logo de estar uns anos antes de aluguer noutro establecemento situado a poucos metros de onde se instalan.

Recordo que daquela a estrada N-550 xa tiña moito trafico e cada vez que pasaban os anos mais camións , autobuses , coches….. a raíz da inauguración da autopista nótase unha baixada sobre todo de camións de mercancías .

O lugar da Rons ( así denominado por pasar o Rio Rons ) ten unha historia que se retrae ao século XVIII , por este trazado da N-550 pasaba o CAMIÑO REAL , autores do trazado os Arzobispos Raxoi e Malvar.

Os anos 60,70 ,80 e 90 foron anos que quedaron na memoria dos veciños que daquela poboaban este lugar , a maioría falecidos , pero algúns aínda temos os recordos a flor de pel por todo o acontecido nese lugar.

Os accidentes acontecían día si , día tamen , sobre todo polas noites , cando non había visibilidad ningunha e os coches viñan a moita velocidade .

Os primeiros en decatarse eran os homes que estaban na taberna tomando a súa merecida cunca de viño logo dunha xornada no campo , ou de vir de Pontevedra de traballar cada un do oficio que tiña.

Ali na taberna paraban veciños da Rons, de Meán, de Pidre, de Tilve, da Balea…

Os gritos de socorro retumban nos meus oídos cando estou paseando por esta zona , recordo coches no fondo do río , ou na leiras aledañas ao río , tamén colgados da ponte a piques de caerse e ter que suxeitar o coche coas cordas que se usaban para ir ao monte co carro de vacas.

Houbo mortos , feridos graves , leves , de todo tipo , o meu recordo tamén me leva ao que fixeron os meus veciños axudando a salvar vidas sen importarlles o perigo que tiña naquel momento o posible incendio do coche , ou a caída cara ao fondo , ou ter que meterse no río para buscar a xente accidentada , daba igual a hora , ainda que foran as tantas da mañan.

Nunca aos meus veciños por parte das autoridades agradecéuselle a súa achega para salvar aos accidentados.

Recordo unha vez que un día apareceron pola Rons catro personas que meses antes habían sufrido un accidente na entrada da Ponte Malvar , acordome como si fora hoxe como o seu vehículo quedará debaixo de unhas das pedras que hai no lateral da Ponte , o traballo que levaron os veciños para quitalos do coche foi mui perigoso , nun había medios mais que as mans de Juan , Moncho , Pepe , Manolo , Evaristo , Carmen , Rosa , Digna , Mercedes e algún outro veciño e veciña que non recordo .

Pois esos catro que meses mais tarde apareceron por o lugar se dedicaron a facer fotos do sitio e xa iban marchar cando miña nai se acercou a eles , preguntoilles si foran os que tiveran o accidente e cando lles contestaron que si ,maque foran eles catro , Carmen botoulles unha bronca de dous pares !

Dixolle Carmen , que cómo non tiñan a vergoña de vir ata taberna ( que estaba enfrente mismo ) e preguntar porque lles salvou a vida para darlle as grazas, quedaron sin poder articular palabra , miña nai correinos de ali dicindolle qué eran uns mal agradecidos e unhas cuantas lindezas mais.

Meteronse no coche e xa máis supemos deles.

En cambio outros que pasaron polo mismo tiñan a ben acercarse pola taberna e falar con Carmen para que lle transmitiran o seu agradecemento , e de paso deixaban unha ronda de viños paga.

Sobre o ano 1997 o Ministerio de Obras Públicas decide facer un novo trazado para evitar tantos accidentes , os veciños afectados polo novo trazado protestaron varios días para que lles fixesen unhas entradas e saídas que devandito Ministerio non tiña previsto facer de principio.

A raíz dese ano o antigo tramo da N-550 vaise deixando da man de Deus , os veciños que pediran alí a pé de obra do novo tramo que se lles fixese unhas beirarrúas en condicións , unhas recolleitas de augas pluviales en condicións , o arranxo da ponte que cada vez que tiña un accidente fórono parcheando , inclusive hoxe en día vese que ten zonas que nin se chegaron a arranxar.

Últimamente aproveitando as eleccións municipais un grupo de veciños fomos contactado con representantes políticos dos diferentes partidos políticos que constituían nese momento o Concello e tamén tivemos a visita doutros que se presentaban por primeira vez a estes comicios.

O primeiro en estar nese lugar foi Jacobo Moreira ( fai mais de dous anos ) , supoñiamos que el podía ser un enlace co Ministerio de Fomento , percorreu o tramo e viu as necesidades que temos os que vivimos alí.

Ao cabo duns meses foi pasando Maria Biempica , Tino Fernandez , Pilar Comesaña , María Rey e Pilar Dopazo.

Todos viron da necesidade que ten este lugar e de que efectivamente estamos abandonados totalmente.

As caídas de xente maior e non tan maior , as molladuras dos nenos que van á parada de autobús no inverno ao ter que pasar por zonas intransitables , o perigo dos coches que pasan a unha velocidade excesiva co fin de adiantar ao camión , autobús etc. que vai polo novo trazado e collen este tramo para poñerse diante deles camiño de Pontevedra.

A falta de visibilidad que hai na ponte pola falta de vixilancia ao non dar parte das ramas de árbores que obstruyen no medio e medio da ponte e así provocan infinidade de sustos aos veciños que veñen do lugar da Balea para incorporarse á estrada , mismo para os veciños que teñen que cruzar a carretera para ir a botar o lixo o contenedor.

A parroquia de Cerponzons celebrará no ano 2019 o milenio de existencia ( 30 Marzo do 1019 ) está é a primeira vez que aparece o nome de Serponçons .

Aos veciños deste lugar e aos demais veciños de Cerponzons gustarianos chegar a esa data con este tramo recuperado , darlle a súa importancia polo valor patrimonial que ten o lugar e adecualo ás necesidades que hoxe en día xa dispoñen a maioría dos veciños de Pontevedra

Fai pouco tiven a oportunidade de facerlle entrega en man á nosa veciña de Pontevedra e MINISTRA DE FOMENTO ( en aquel momento ) Ana Pastor , un informe da situación en que nos atopamos e esperamos a súa comprensión e contestación .

Desde ese día pouco se avanzóu por parte do Ministerio de Fomento , unha pala excavadora pasou a limpar a zona , ( hoxe xa está de novo cos mismos problemas de antes) colocaron tres bandas redutoras de velocidade en un sentido nada mais , o que fai que os vehículos que van a toda velocidade se incorporen a outro carril creando mais perigo que antes.

A ponte Malvar limparonna fai uns meses polo laterais e nada mais , seguimos cos problemas de antes , falta de visión para vehículos e veciños , problemas de paso pola Ponte por os quitamiedos ali situados , a xente ten medo en apollarse nas barandillas por o estar podridas.

Os nenos siguen sin poder ter unhas beirarruas como en outros lugares e así non ter que ir cos pes empapados para a escola.

Esperamos que por parte do Concello se negocie co ministerio de Fomento o traspaso e arranxo da Ponte Malvar e o Camiño Real , como se acordou no pleno do Concello a proposición do partido Ciudadanos e apoiando a moción todolos partidos que conforman o Concello de Pontevedra en estos momentos.A Ponte Malvar coa Taberna da Rons nos anos 70