ARTE-M.C. Lazzeri

M.C.LAZZERI

 

A NOSA PONTE MALVAR , OBRA DE M.C.LAZZERI.

Cando lle comentei a Cecy Lazzeri a idea que temos na Asociación non dubidou un momento en colaborar connosco.

Eu sabía que Cecy é unha namorada do Patrimonio , porque quen ama o Patrimonio ámase a si mesmo , e ela reflícteo nas súas obras.

Cecy é mejicana , vive exactamente en San Miguel de Allende , unha cidade pertencente ao estado de Guanajato.

Despois de pasar moitos anos de azafata nas Aerolíneas de Aeromexico , agora é mestra de Artes Plásticas .

E desde a preciosa cidade de San Miguel envíanos a súa achega .

 

ARTE- Ester Iglesias

ILUSTRACCION DA PONTE MALVAR POR ESTER IGLESIAS


 

Bos dias , quérovos presentar a unha xoven artista .

Chámase Ester Iglesias Bello.

 

Ela é Ilustradora. Naceu nunha aldea de nome Quireza , pertencente ao concello de Cerdedo.

Gradúose en Belas Artes pola Universidade de Vigo .

Ten un Master en libro ilustrado e animación audiovisual pola misma Universidade.

E no seu tempo libre toca a gaita .

Despois dun curto espazo de tempo acábanos de entregar no día de hoxe a obra realizada por ela referente á nosa querida Ponte Malvar.

 

Cando Ester soubo da nosa causa , da nosa loita , para que se restaure a nosa Ponte Malvar e acondiciónese o tramo por onde pasaba o Camiño Real púxose a colaborar de inmediato e o resultado é este que estades a observar.

Ester quere así desta maneira apoiar a nosa causa entregándonos a súa obra realizada da maneira que nos gustaría ver aos veciños a Ponte Malvar.

Teño que comentarvos que esta obra que realizou Ester foi a través de fotografías que lle enviamos , o cal o seu esforzo foi maior para realizalo sen chegar a estar no lugar e lograr que a ilustración fose tal como é a ponte.Deseguido podemos ollar a realización da obra paso a paso :

ARTE- Manuel Boullosa

MANUEL BOULLOSA BÓVEDA

 

Manuel Boullosa é un artista especializado na arte do puntillismo e a plumilla .

A maioría e as súas coleccións baséanse en diversos temas que rodean o mundo rural , as igrexas , hórreos, prazas etc.

O puntillismo ou divisionismo é unha técnica pictórica que consiste en representar a vibración luminosa mediante a aplicación de puntos que, ao ser vistos desde unha certa distancia, compoñen figuras e paisaxes ben definidas. Nos cadros todas as cores son puros e nunca se mesturan uns con outros senón que é o ollo do espectador quen o fai.

Cada un dos puntos que compoñen a obra teñen un tamaño similar, de forma que o espectador non pode deixar de observar unha perfección que fai pensar nunha imaxe idílica conxelada, como unha visión duradeira da realidade ou a imaxe.

Fai un meses falamos con Manuel Boullosa e a súa disposición a colaborar connosco foi inmediata , agora xa queda pouquiño para que a sua obra esté rematada.

Pedimoslle a Manuel que nos fixera un traballo coa técnica do puntillismo,  que domina a perfección  , como se pode observar nas innumerables exposicions que leva feito.

Eiqui pódese observar o inicio da obra basada na nosa Ponte Malvar :


Fai uns días que Manolo amosou o traballo que está realizando a través do grupo: Tu no eres de Pontevedra si no ….

Eiqui podedes observar o seu traballo :

https://www.facebook.com/groups/241809349363036/permalink/560590104151624/

Manuel Boullosa sempre está ahí para apoiar a muitas causas.

Este e o enlace da súa paxina, para sí alguén quere ollar as súas obras, cómo por exemplo o Hórreo da Casa Rectoral…..

https://m.facebook.com/Manuel-Boullosa-Boveda-834206493343775/

ARTE-CELSO VARELA DURO

PAISAXES DE CERPONZONS POR ROMA, PARÍS….

Neste apartado para a pintura irei expoñendo o que atopamos de pintores que co seu pincel reflectiron algún recuncho da parroquia.Tamén irei colocando as obras que diferentes personalidades do mundo da pintura realizaron tendo en este caso por referencia basicamente a Ponte Malvar.Empezamos con estas tres pinturas que son obra do pintor Celso Varela Duro, nelas podemos observar que aparece entre o paisaxe a nosa Ponte Malvar.

CERPONZONS PRESENTE EN ROMA E PARIS :

14/12/2018 

Hoxe foi un deses días en que un se sinte feliz e dás grazas á vida por atoparme con persoas como Celso Varela.
Tiña ganas de coñecer a Celso personalmente, fai uns anos que xa coñocía da súa obra, pero faltábame estar con él para charlar sobre algo que me traía en ascuas.

Falamos da súa parroquia, Briallos, e da miña tamén, eu quería saber o porque algunhas das súas obras está Cerponzons de protagonista, comezoume dicindo que sempre que pasaba por Cerponzons atraíalle a súa paisaxe, a súa estética…a súa harmonía, entendímonos o momento…..

Briallos

Eu recordáballe a miña niñez e as miñas añoranzas,o río,a ponte, o cheiro da terra húmida, o fume da lareira, os chourizos afumadonse….

Non puiden esperar máis e pregunteille por unha obra súa que leva por título: Manolo de Cerponzones.

Ríndose mostroume a foto de Manolo e falamos del, de novo os recordos viñeron á nosa conversación….

Pero eu quería tamén saber si a nosa paisaxe, a nosa parroquia, reflectido en tres das súas obras estiveron nalgunha exposición, miroume os ollos é dixome: por suposto Esperon ! Celso díxome que en moitas das súas exposicións estiveron esas tres obras, podes estar orgulloso da túa parroquia, coñécena en Roma é tamén en París ! 

Caramba ! Non me digas ! Que alegría dásme Celso !

Celso miroume e douse de conta que ainda así tiña as miñas dúbidas, que a miña cara de sorpresa sobre o seu comentario necesitaba dalgunha proba convincente.

Espera un momento, Celso afastouse un momento e marchouse ao seu despacho, ao pouco tróuxome a proba evidente, Cerponzons estivo en Roma é tamén en París :

CERPONZONS, A PONTE MALVAR :

A SÚA DEDICATORIA :


BIOGRAFÍA :

Na edición de INFO EN PUNTO aparece un artículo relacionado con un recoñocido pintor, natural de Briallos, o seu nome Celso Varela :

En la pintura de Celso Varela -retratos y paisajes expuestos en el Instituto Cervantes-, los colores configuran un ámbito tonal en el que aparecen motivos y situaciones entre trazos de una textura que aparece como fondo natural de un campo de cultivo alumbrado por un arco iris en clave abstracta.

En esta exposición, comisariada por Tomás Paredes, presidente de la Asociación Española de Críticos de Arte (AICA) se muestran obras de los últimos años, ‘Dama de rojo’, óleo sobre cartón piedra de 2005; ‘Mesa de Erminda’, óleo sobre cartón piedra de 2006; ‘O Eco’, pastel/cartón de 2007; ‘Angeles de Briallos’, técnica mixta/cartón 2012; ‘Briallos Paradiso’, 2012; o ‘Manolo de Cerponzones’ de 2013, con obras más recientes como ‘María Cayetano II, 2014. Técnicas diversas sobre cartón, un discurso de encuadres que recogen la mística de la creación que hacen del marasmo descriptivo una conjunción de factores en el tránsito de la propia existencia.

Celso Varela (Portas, Pontevedra, 1952), se dio a conocer en la Bienal Nacional de Arte, de Pontevedra, en 1975, y al año siguiente presentó su primera individual. Desde entonces ha participado en numerosas muestras colectivas, en bienales de arte, y en individuales que ha ido mostrando en espacios de Galicia, también en tiempo más reciente en París. Y ahora presenta en el Instituto Cervantes, de Roma, la muestra ‘La ceremonia del milagro. Retratos y paisajes, 2003-2014’, hasta el 7 de julio de 2014……
http://infoenpunto.com/not/13028/-lsquo-la-ceremonia-del-milagro-rsquo-de-celso-varela-en-el-instituto-cervantes-de-roma/


CELSO QUEDOU DE VOLVER POR CERPONZONS, QUIZÁIS A PONTE MALVAR DE NOVO SEXA PROTAGONISTA…..

MÁIS ENLACES RELACIONADOS :

https://docportas.wordpress.com/2013/02/18/celso-varela-habitante-da-pintura/
http://elemental.over-blog.net/article-un-gallego-expone-en-paris-44519209.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/06/03/celso-varela-arte-gallego-roma/1035436.html
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/03/29/exito-llegado-30-anos-trabajo-considero-merecido/530859.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/08/galicia/1360323341_087750.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2010/02/06/artista-pontevedres-celso-varela-lleva-obras-paris/0003_8276260.htm

https://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg/celso-varela-el-charlie-parker-de-la-pintura/idEdicion-2010-01-28/idNoticia-510624/

REPORTAXE DA TVG :

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/no-obradoiro-do-pintor-celso-varela

PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN:

O crítico de arte Ramón Rozas di de Celso Varela:

Veloz pero preciso. Casual pero meditado. Fugaz pero eterno. O pincel de Celso Varela móvese sobre a superficie da obra como un viaxeiro infatigable dirixido por unha bruxúla sen un norte aparente, que, dunha maneira case misteriosa, atopa finalmente a dirección correcta e precisa. Esa dirección será a que, conforme un rastro que se multiplica en cada obra dunha maneira exponencial, eclosione desde o frenesí creativo e formal que establece en cada traballo este pintor.

Celso envioume estas obras, con muito gusto as incorporo: