21- AS COFRADÍAS DE CERPONZÓNS 

AS COFRADIAS AO LONGO DA HISTORIA DE CERPONZONS.
No periodo central da época medieval xorde o asocianismo relixioso, tanto nas cidades como nas comunidades do rural. Os dominicos e os franciscanos son os artífices de levar unha intensa labor creando fundacions, para iso contaron coa colaboración dos curas párrocos, a partir dese momento as cofradías fóronse arraigando entre os campesiños, eran momentos en que a Igrexa usas como recurso para loitar contra a herexía e de paso para difundir a doutrina.

No libro que leva por título XEVE, escrito por D. Herminio Sande Lado, cura párroco de varias parroquias, entre elas a de Cerponzóns, dinos que as cofradías tiñan gran importancia naqueles tempos porque marcaban o baremo-social dunha parroquia e a tendencia a seguir ante determinados acontecementos.

Segue D. Herminio comentando que sen chegar a profundizar na maior ou menor influencia da vivencia relixiosa, si que era moi importante pertencer a algunha cofradía porque, salvo anomalías, tíñase garantido o enterramento dentro da igrexa e a consideración de bo cristián e ademáis as honras fúnebres máis ou menos solemnes en función da capacidade económica.

Tamén hai que resaltar a participación dos bispos, eles tamén promoven as fundacions de cofradías, dado que tiñan grandes vantaxes desde o punto de vista doctrinal e pastoral. Era un xeito de impulsar é de estimular a participación da veciñanza nos actos de culto, de paso dábase máis difusión e consolidaba as devocións por unha Igrexa renovada.Ademáis  garantíase o aseo e mantemento das igrexas, a dotación dos obxectos litúrxicos, os adornos nos altares é imaxes etc.

Aínda así, a mediados do S. XVI, cando comezan a verse os primeiros efectos da creación de cofradías, a súa progresión é lenta, existen moitas dificultades, dado á pasividade de parte do clero parroquial e a rudeza dos fieis, houbo momentos que chegaban a desesperar aos bispos.

Polo que puiden comprobar a etapa comprendida entre 1630 e 1740 debeu ser a máis fecunda na historia das cofradías, dado unha serie de circunstancias que non vou entrar agora. Entre eses anos créanse as cofradías de Cerponzóns, buscando datos atopei que o total foron 353 cofradías na diócesis de Santiago.

En Cerponzóns creáronse tres cofradías: SANTÍSIMO SACRAMENTO (1688), S. ANTONIO ABAD (1632) é S. ROQUE (1650).

Hai que recoñecer que non todas as hermandades foron obxecto do mesmo interese por parte do clero á hora de apoialas, sempre intentaron darlle maior interese á de Santísimo Sacramento (que sería a que se encargaría do culto eucarístico), a do Rosario ( que sería a que fomentaría o culto mariano estimulando o rezo do rosario) e a das Ánimas do Purgatorio ( dedicada ás oracións polos defuntos).

Coa creación das cofradías vaise incrementando a frecuencia de misas e vaise impoñendo a práctica piadosa da lumbre do Santísimo, é dicir, a colocación dunha lampara de aceite que estaría acesa dia e noite, por certo que era moi custoso o seu mantemento, tamén as cofradías contribuíron a solemnizar a liturgia do Xoves e Venres Santo, costear a cera etc.

Tamén fora do templo levábanse a cabo celebracións, por exemplo a de Corpus Christi, a comezos do S. XVII as parroquias involúcranse a celebrar o día de Corpus, manifestándose de diversas formas : música, danzas, alfombras…

A presenza das cofradías chega ata mediados do século XX, pero a decadencia advírtese na segunda metade do S. XIX, debido a unha serie de causas. Aínda así a súa pegada non desaparece radicalmente, séguese realizando actividades lúdicas na parroquia ( verbenas, comidas comunitarias…), tamén se seguiría denominando determinados cargos responsables de organizar as actividades, ou de pasar o ramo aos novos maiordomos…

D. Herminio recórdanos que cada cofradía tiña un maiordomo, o cal tiña como obrigación atender a parte do culto que lle correspondía, celebrar as festas relixiosas, organizar a comida popular, recaudar a achega dos cofrades, realizar o petitorio na misa de cada domingo e render contas ao párroco cada un ou dous anos ou ata que se nomease a outro.

Seguramente, como ocorría noutras parroquias, aqueles veciños que pertencían a unha cofradía estaban incluídos a un grupo social que tiña preferencia a ser enterrado dentro da igrexa, uns tiñan sepultura propia, outros, os que económicamente non podían tela non tiñan un lugar preferente, pero abonando previamente unhas taxas de uso de enterramento dentro do templo, tiñan dereito a ser enterrados.

Logo había un último grupo, os pobres de solemnidade, normalmente eran enterrados no adro, excepto aqueles que por varias razóns ( algún veciño que pagaba as taxas, ou ben por pertencer a unha cofradía e ter recibidos todos os sacramentos) eran tamén enterrados dentro da Igrexa, era unha maneira de premiar ao difunto por ter boa condición relixiosa.

Na nosa parroquia, as dúas cofradías que se constituíron, separadamente da do Santísimo, a de San Roque e a de San Antonio Abad, seguramente foron creadas en honor a estes santos debido a que naqueles anos a presenza da peste era tal que se constituíron por ter fé neles.

Corría o ano 1962 cando é o último ano que se rendían contas relacionadas coas cofradías.

A COMIDA DOS COFRADES

No blog da nosa veciña Ana ten todo detallado en relación ás cofradías da parroquia, por exemplo comenta aquelas comidas dos cofrades ( recórdanme ás que se realizan nestes últimos anos nalgúns aspectos).

Comenta Ana que nunha das comidas realizadas no ano 1646, cunha cantidade de cofrades aproximadamente de 230, consumiron 120 Kg. de pan, 568 sardiñas e 129 litros de viño, outro exemplo é o do ano 1650, este ano deron conta dunha vaca, cuxo valor foi de 99 reais.

Pero no ano 1660, deberon de aumentar en consideración os cofrades, dado que se chimparon dúas vacas, bebéndose 193 litros de viño. Para rematar, no ano 1669, consumíronse, nin máis nin menos , que 4000 sardiñas.

Pero estas comidas non sempre acababan ben, moitos dos cofrades non eran precisamente uns “santos” e pasaba o que vos imaxinades….

Chegou un ano, 1712, en que se ordena que non se fagan máis comidas dos cofrades ” debido ás desordes, excesos e inquietudes” que se producían. Esta prohibición deu paso a que moitos cofrades abandonasen a cofradía á cal pertencían, máis tarde, sobre o 1721 moitos daqueles que se deron de baixa volvían integrarse de novo, seguro que de novo había comida…

NOTA : Para máis información: XEVE en el siglo XVII (Herminio Sande Lado), Las cofradías en la formación religiosa, de Domingo González Lopo

http://serpenties.blogspot.com/search/label/LAS%20COFRADIAS%20EN%20LA%20HISTORIA%20DE%20CERPONZ%C3%93NS