1- OS CAMIÑOS

INVENTARIO DOS CAMIÑOS DÁ PARROQUIA…

Na nosa parroquia temos varios tipos de camiños e estradas, fai moitos anos, na época que os romanos pasaron pola nosa terra construíndo a vía romana XIX, ésta planificouse directamente desde Roma, era de suma importancia estratéxicamente, a súa pavimentación e o seu mantemento eran mantidas polo Estado, coa colaboración dos propietarios dos terreos que atravesaban.
Para a xestión deste tipo de calzada había un funcionario do Estado que era o encargado da execución da obra, ademáis de ter a responsabilidade da conservación e reparación.
A súa experiencia era primordial, deseñaba a vía atendendo a un aspecto vital : a pendente lonxitudinal, tiña primeramente en conta que os vehículos que ían desprazarse por ela eran de tracción animal, unha excesiva pendente sería desastrosa para o correcto desprazamento das cargas, así que sempre tiña en conta respectar que as pendentes non fosen máis do 8% , en casos puntuais non había máis remedio que superar esa máxima, pero procurábase que fosen tramos curtos, sempre se trataba onde se podía a realización de desmontes do terreo para rebaixar pendentes.
A súa técnica de construción consistía primeiro en determinar o trazado da ruta, encargábanse diso os mensores romanos, o que hoxe en día coñecemos como topógrafos, logo de tomar as medicións pertinentes, sinalaban a ruta por medio dos fitos (milenarios), de seguido comezábase a construción preparando o trazado tallando as árbores que podían entorpecer o camiño.

Na nosa parroquia temos moitos camiños realizados exclusivamente polos veciños e outros coa axuda das autoridades.
Cada un deles tiñan un motivo de porqué realizalo, para comunicarse entre as aldeas, para ir ao monte, á cidade ou a outras parroquias etc.

Non estaría mal señalizar pola parroquia os antigos camiños da parroquia, indicando a utilidade que tiñan.

Calzada romana por Liborei

Os camiños facíanse seguindo a configuración do terreo, debido a elo a poboación e as vías de comunicación establecéronse principalmente sobre dous eixes : Sur-Norte, case paralelos.

Decidin facer un inventario dos camiños, de momento teño recollido os seguintes camiños, busquéi os máis antigos dos que encontréi referencias :

1.- CAMIÑO DA VÍA ROMANA :

Iba seguindo a vella vía romana que bordeaba o lado Oeste da parroquia por Pidre , S. Caetano , Liborei e Castrado , para seguir cara á Portela.

2.- CAMIÑO VELLO DE PONTEVEDRA :

Que iba desde A Ermida, pasando por Tilve e a Bouza , cruzaba Meán e O Bravo para bifurcarse logo cara a Castelo e Casaldorado.

3.-UN CAMIÑO REAL :

Que comenzaba en Ponte Beán ata a feligresía de San Mamede de Silva da Portela ( sesenta ferrados).

4.-CAMIÑO

Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a Igrexa de Peñaflor, feligresía de Sta. María de Perdecanai (cincuenta é catro ferrados).

5.-CAMIÑO

Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a feligresía de S. Martín de Berducido (sesenta é catro ferrados).

6.- CAMIÑO FRANCÉS

Que iba por Ponte Beán, Liborei…

7.- UN CAMIÑO REAL

Que iba desde a Fonte de Meán ata o Salgueiral.

8.- CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Pasaba por Cerponzóns ata Moraña.

9.- CAMIÑO DA FEIRA

Coñocido tamén por pasar polo Campo dos Bois.

10.- O CAMIÑO REAL

Forma parte do que se coñocía como Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra, donde o tramo desde Ponte Valga a Pontevedra foi construído por mediación do Arzobispo Malvar, realizándose entre os anos 1776/1804.

Éste camiño é o que coñocemos agora pola carretera N 550, pasando desde A Ermida ata Pidre.

NOTA : Agradecería axuda para correxir, aportar e completar éste traballo, para incluir tanto os mais antigos coma os actúais.

Camiño Real e a Ponte Malvar no lugar de A Rons.

11- CAMIÑO…

Camiño desde A Ermida ata o lugar de O Gabián ( Verducido)

2- DEHESA DE PRADENAS Y LAREI.

Fai anos no Catastro do Marqués da Ensenada referíanse aos montes comunais como “Baldíos”, é dicir, terreos considerados incultos, onde dada a súa pouca calidade para producir, aproveitábase para recoller “toxo” ou ben para pastoreo.

No Interrogatorio do Marqués da Ensenada (1752), aparece o seguinte :PREGUNTA : 40.- Si el rey tiene en el término o pueblo alguna finca o renta que no corresponda a las generales ni a las provinciales que deben extinguirse: cuales son, cómo se administran y cuanto producen:

RESPOSTA : A la cuadragésima dijeron que no saben halla en dichas feligresías y sus términos cada de lo que contiene la pregunta más que las dehesas reales que pertenecen a su Majestad, en daca una de las cuales tienen dado razón en las listas que formaron y presentaron los vecinos y límites y otras cosas a que se remiten y que estas no dan otra utilidad las que se sigue a su Magestad cuando manda cortarlas y servirse de ellas y responden.

DEHESAS DE SU MAGESTAD :

Una llamada de PRADENAS Y LAREI (ciento cincuenta ferrados), situada al levante con el Río Acibal, por el poniente con Chan do Monte y Lousadoiro, al norte Monte de Santarandán sur.

( Hoxe en día o lugar a que se refire coñocemolo por PARREI).

Vou intentar comentar a historia desta ”Dehesa” que durante o século XVIII estivo baixo a xurisdición da Mariña, representada polo intendente do Departamento de Ferrol, os veciños Andrés da Hermida é Benito Blanco seguramente fosen mordomos en algúns daqueles anos, tiñan que estar o coidado deste monte próximo ao mar, situado a menos de 25 leguas da costa (uns 138 km).


Documéntanse en Galicia naqueles anos ata 729 Dehesas é Coutos Reais.

Decir que os nosos veciños como mordomos pedáneos tiñan a obriga de mantemento e conservación da Dehesa, por exemplo, o de plantar novas árbores, evitar que naide fose a cortar madeira, ter pechado o terreo, arranxar os camiños, cuidar as fontes é as pontes é tamén temas de orde civil.

Recollemos información donde dice que dende principios do século XVIII, este plantío, de cento cincuenta ferrados, permaneceu acoutado e baixo unha administración especial. A Mariña mercaba, a precio tasado previamente, madeira para a construción naval, da venta das árbores unha terceira parte destinábase a repoboación e outra parte beneficiaba economicamente á propia veciñanza.

Esta política forestal dos Borbóns, iniciada en 1716 por Felipe V, encamiñouse ao fomento da plantación e conservación de carballos e pinos en montes comúns e baldíos, incluso en terreos privados de xeito forzoso, e tiña como obxectivo o subministro de madeira en beneficio da Mariña.

No ano 1752, dos cento cincuenta ferrados que ocupaba a Dehesa, setenta ferrados estaban poblados de carballos, a mitade de 1ª categoría é a outra mitade de 2ª, o resto da dehesa estaba ainda sin poblar.

No artigo “Montes públicos y Desamortización en Galicia”, realizado por Doña Aurora Artiaga Rego, doutora en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, comenta que un dos primeiros ataques que sufriron os montes comunais/veciñais remóntase a mediados do século XVIII, por canto a política forestal dos Borbóns estaba dirixida á conservación e fomento dos montes madeirables para a construción naval. Así, con obxecto de satisfacer as necesidades de madeira para tal construción, o Ministerio de Mariña establecía o acotamiento de porcións de monte comunal para a plantación de arbolado, que son as que se viñeron a denominar “Dehesas Reales”.
Os veciños non tiñan máis remedio que aceptar a implantación das dehesas, ás veces eran acoutadas nun lugar e podía ser de novo ao cabo dun tempo buscar outro lugar para realizar novas plantaciones. En contraprestación deixábaselles entrar os veciños na dehesa para aproveitar leña, bellotas, pasto etc.

DEHESA DA FONTE DE PARADELLAS.

O cabo de uns anos, reseñar que no 1788, Benito de Pidre era o mordomo pedáneo da Dehesa denominada ¨Fonte de Paradellas¨, limitando polo norte co Monte alto é pedragoso, nomeado ¨das Pedreiras¨e unha loma de monte que segue ao poñente e polo leste co Camiño Real é polo levante cunha loma do monte ¨Outeiriño do Castiñeiriño¨, é co muiño de Matheo García.

Sabemos que un pouco antes da Desamortización do S. XIX son moitas as dehesas que son abandonadas polo Estado e foron reintegrándose ao monte veciñal, si poñémosnos a buscar nos terreos que conformaban a dehesa, seguro que atopariamos algún mojón cunha “R” gravada, tamén se podía chegar a visualizar algún muro de pedra ou de terra que se construíron para aproveitar de forma individual esas terras, chegando a coñecerse como “tomadas” ou “quiñón”.

Seguiréi buscando máis información.

Zona por donde estaba localizada a Dehesa.

Nota : Información de Salomé y Ana Molina L. Cisneros, Aurora Artiaga, Interrogatorio do Marqués da Ensenada.

5- O CAMIÑO PORTUGUÉS O SEU PASO POR CERPONZÓNS

Con motivo do próximo Ano Santo, desde a parroquia milenaria de Cerponzóns invito a coñocer o percorrido do Camiño Portugués ao seu paso por ela. Hai moitos datos onde se da a coñocer que a peregrinación a Santiago lévase facendo desde o S. XII, aínda así, xa hai indicios que existía tal costume desde a época altomedieval.

O peregrino que fai o Camiño Portugués por Galicia atópase con multitude de antigos camiños, desde os cales o peregrino irá atopando ao seu paso  tramos de bosques autóctonos, observará en momentos determinados como as xentes traballan as terras de labor, pasará polas aldeas que conteñen un enorme patrimonio, igrexas, capelas, casas retorais, cruceiros, hórreos, palomares…ríos cos seus pasales e pontes de trazas medievais…unha sensación máxica será na que se atope o peregrino logo de abandoar a cidade chea de edificios, os coches e os tramos de estrada co perigo correspondente, precisamente unha das aldeas que son parte do Camiño Portugués e Cerponzóns. Un pouco antes de comezar o Camiño pola nosa parroquia atopámosnos coa parroquia de Alba,  queremos ir relatando o Camiño a partir de nosa veciña parroquia, e ten un porqué interesantísimo…

Comezamos o noso percorrido na igrexa de Santa María de Alba, foi construída en 1595 baixo a dirección de Mateo López, e herdeira do templo consagrado polo século XII por Diego Gelmírez para reconvertela en diócesis, máis tarde no S. XVIII foi reformada e aproveitouse ese momento para construír a casa rectoral.

Podíamos nomear muitos peregrinos mui relevantes que fixeron o Camiño, precisamente un dos que merece saber do seu peregrinaxe foi Diego Gelmírez: https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/12/12/o-paso-de-diego-gelmirez-por-guxilde-alba-e-cerponzons/

Ás portas da casa podemos observar unha estatua de granito en recordo a un cura que tiveron os feligreses de Alba e que como mostra de gratitude quixeron reflectir dese xeito, uns metros máis adiante unha cabaza de granito cun bordón, fai que moitos peregrinos párense a fotografarse con ela, remata o lugar da igrexa cun cruceiro que hai un pouco máis adiante, seguimos o noso camiñar en dirección a San Caetano

Poucos metros máis o Camiño afronta un tramo un pouco complicado, hai que dicir que nestes momentos comezaron as obras que permitirán corrixir os perigos que axexan ao peregrino e por suposto tamén aos veciños do lugar de San Caetano. Ao pasar por baixo da ponte do ferrocarril, atopámosnos coas obras que realiza a Xunta de Galicia para mellorar a senda peonil, e precisamente neste lugar o motivo polo cal comezamos a relatar desde Alba…

Nos primeiros días do mes de Setembro varios membros da Asociación de Veciños estivemos visitando o lugar das obras da senda peonil , tiñamos varios motivos polos cales queriamos estar en contacto cos enxeñeiros e encargados das obras que alí se estaban levando a cabo.

Si nos situamos debaixo da ponte do ferrocarril e ímosnos en dirección á capela de San Caetano, a poucos metros da devandita ponte  atopamos a un operario que estaba realizando unha limpeza e tomando nota de paso da CALZADA ROMANA, coñecida como VÍA XIX.

A sorpresa foi maiúscula, a nosa curiosidade fixo que nos achegásemos ao operario e preguntásemoslle que intencións tiñan con aquel descubrimento, a súa contestación foi categórica: tómase nota do atopado e ao momento vólvese a tapar. A nosa reacción foi de incredulidade, pero non se podía deixar algo da VÍA XIX á vista dos peregrinos ? Volveu contestarnos o operario : Mellor que quede tapada, pois podían facer dano nela, xa sabedes…

Antes de irnos do lugar puidemos realizar un par de fotografías, foi un pouco antes de ocultar de novo a Calzada Romana :

CALZADA ROMANA VÍA XIX, LUGAR DE GUXILDE

Unha verdadeira magoa que non quedase un pouco da Calzada Romana ao descuberto, pois queda aos pés do peregrino, na seguinte fotografía pódese observar por onde vai a senda peonil, parte da Calzada Romana queda debaixo de dita senda, a outra parte queda á esquerda do peregrino totalmente libre.

Esto é como está quedando :

Senda peonil, debaixo, enterrada, a VÍA XIX

Con tristeza por non poder observar a Calzada Romana, seguimos dirección á Capela de San Caetano, situada nuns dos lugares máis importantes de Cerponzóns, Alba e demais parroquias, podemos dicir, sen lugar a equivocarnos, grazas ao investigador Xosé M. Pereira, que este lugar era o Km. 0 de Pontevedra a Santiago. 

En San Caetano de Alba, onde se atopa a capela homónima do XVIII, atópanse os límites das parroquias de Alba e Cerponzóns : o Río Rons e a Ponte de San Caetano (antiguamente coñecido por Ponte Beán).

Debemos pararnos neste sitio para saber da súa historia, recomendámosvos entrar nesta ligazón : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/12/17/ponte-bean-por-xose-manuel-pereira-fernandez/

Debido ás obras que se realizan ímonos a atopar no contorno da capela unha nova pavimentación a base de losa de granito e a senda compartida. Tamén se colocará unha barreira de seguridade, que substitúe a anterior, a idea era colocar un murete de pedra, pero non pode ser executado debido a que contraven as normas de seguridade vial.

Si queres saber máis sobre a capela : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/10/07/a-capela-de-san-caetano-parte-da-nosa-historia/
En fronte á capela e debido á estreiteza da Ponte Beán, realízase unha pasarela que irá paralela a devandita ponte, os materiais serán a base de formigón e aceiro. A súa separación da Ponte Beán será duns dous a tres metros, o que fará que non se poida observar debidamente os seus tres arcos.

E logo desa pasarela está situado o lavadoiro, enfrente mismo, pero xa en terreos de Cerponzóns atopámosnos cun elemento patrimonial que a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns estivo reclamando que se tivese en conta :

A FONTE DE PONTE BEÁN.

FONTE DE PONTE BEÁN       

Hai testemuños onde recordan que de toda a vida a Fonte de Ponte Beán nunca quedara seca, unha fonte que algún veciño ten curado coas infusiones realizadas con varios tipos de herbas e con auga de varias fontes que nunca se secasen, entre elas a que estamos referenciado.

Como exemplo aconsellámosvos entrar no seguinte enlace : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/01/30/as-fontes-milagreiras-cerponzons-1000-anos-de-historia/

Logo da fonte atopámosnos coa nova senda peonil realizado ao retranquear o muro de pedra alí existente, ademáis para iso tiveron que cortar un nogal que había á beira mesmo de devandito muro, contaba cun feixe de anos.

Desta forma entramos no tramo de San Caetano, que pertenece a nosa parroquia de Cerponzóns, onde o Camiño Portugués visita outros dous dos  lugares de Cerponzóns : Leborei e O Castrado, comezando a zona máis tranquila, fermosa e máxica á vez.

Nada máis deixar atrás a estrada PO225  penetrámonos nun vial que nos levará ao lugar de Leborei ou a seguir polo trazado do Camiño, antes quédanos a man esquerda unha Pontella sobre o Río Gandara, por certo, está pedindo a gritos unha limpeza e ademáis que deixen o paso aberto que hai desde sempre polo lugar.

Tamén cabe destacar a historia do Barón de Rosmithal, pasou en Leborei…https://roquecerponzons.wordpress.com/category/o-baron-leon-de-rosmithal-por-cerponzons/
A trescentos metros aproximadamente ímosnos atopar cunha pequena área de descanso, nela veredes unha réplica do Miliario de Magencio (doada pola Exc. Diputacion de Pontevedra), tendes un enlace relacionado con Miliario :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/10/08/o-miliario-de-cerponzons/

Á beira mesmo do Miliario de Magencio colocouse un fito informativo, relacionado precisamente co Miliario, escrito en dous idiomas (castelán e inglés), a súa recente colocación foi grazas á colaboración da Concejalía de Promoción Económica e Turismo dependente do Concello de Pontevedra.

Máis información relacionada co fito : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/09/13/fito-conmemorativo/

Detrás do Miliario, ao fondo, atópase o muiño do cura, actualmente en ruínas e cuberto de maleza. Deixamos atrás o Miliario e dirixímosnos polo vial en dirección ao lugar de O Castrado, o primeiro que nos imos a atopar é cun fermoso hórreo de madeira. Na nosa parroquia, como na maioría de todas as de Galicia, contamos con multitudes de hórreos, unha construción típica da nosa terra e do noroeste peninsular.

Cando no século XVI coa chegada da pataca e o millo desde América, os hórreos teñen unha función determinante para que estos produtos sé sequen no seu interior, é ademáis estean resguardados da humidade como dos animais roedores.

Un hórreo é unha construción con xeito de silo, moi aireado e palafitíco, é dicir, que está elevado do chan por uns pés, cunha orientación de forma que as correntes de aire teñan a súa función no seu interior.

Pero segundo os últimos estudos os silos de estilo palafitíco xa eran habituais desde a Antigüidade en moitos lugares de Europa, especialmente nos lugares como é o caso noso, eran necesarios debido á humidade presente na nosa meteoroloxía.Fálase de que seguramente desde o Neolitico xa estarían presentes en diferentes formas coa función de gardar diferentes tipos de cereales.

Coa chegada do maíz, o hórreo galego convértese nunha tipoloxía arquitectónica propia e diferenciada.

Por iso que aínda que hoxe en día xa non se utilizan prácticamente para o que foron creados, seguimos manténdoos como un ben patrimonial que debemos de coidar e non deixar que se veñan abaixo.

Despois do horreos atopámosnos varias casas, nalgunha delas podemos observar algún hórreo de pedra, e un pouco antes de deixar dúas casas que compoñen este núcleo, atopamos a man esquerda un pequeno camiño que nos conduce a unha ponte que antigamente era utilizada para chegar á estrada de Vilagarcia, ou ben para ir as parroquias de Campañó, A Devesa

Un pouco máis adiante encontrouse o : AGRO DE DEUS (Necrópole romana)

No ano 2011, debido as obras do Ave, faise un estudo no contorno do Camiño Portugués, unha escavación arqueolóxica onde encontran fragmentos cerámicos, de ferro,  de oso, de vidrio e de bronce.

Os estudos realizados indicaron que se trataban de cerámicas da época tardorromana que se move entre os séculos IV E VII, hoxe en día están depositadas no Museo de Pontevedra.

Señalado con unha chincheta o lugar aproximado dónde encontraron o xacemento.

 

Estamos no paraíso… Vas andar entre piñeiros, carballos, castiñeiros…quizáis teñas a sorte de ver voar algún ave rapaz, como o falcón peregrino, ou poderás apreciar especies paseriformes que abundan ao longo desta paisaxe, mirlos, gorrions, urracas, pombas, estorninos…terás o pracer de escoitalos nalgún momento, xunto o son dos teus pasos e o correr das augas do riachuelo da Barbeita e do río Gandara.

Rematamos o noso percorrido polo Camiño no lugar coñocido por Pozo Negro…dónde de seguido comenza o Concello de Barro… NOTA : IREI APORTANDO MÁIS INFORMACIÓN RELACIONADA COAS OBRAS QUE ESTANSE ACOMETER EN SAN CAETANO. 

3- O REAL PLANTÍO POR CERPONZÓNS.

O REAL PLANTÍO POR CERPONZÓNS

Cando na miña época de estudante tiven de Director do Instituto Sánchez Cantón a D. José Filgueira Valverde, daquela eu non tiña referencia ningunha sobre o Camiño Real, a Ponte Malvar e o Real Plantío, foi unha pena non departir con él sobre isto.

 Os alumnos que cursábamos estudos no Sánchez e viviamos lonxe do Instituto tiñamos a opción para comer alí, recordo que un día veu polo comedor D. José para coñecernos e foi preguntándonos de onde eramos, cando chegou a miña quenda ao dicirlle de Cerponzones miroume e sorrindo comentou algo sobre o lugar, e aí quedou a cousa.

En fin unha magoa non aproveitar unha conversa….

Corría o 10 de Marzo de 1761, Carlos III quere mellorar as vías de comunicación, e ordena nun Real Decreto :

….hacer Caminos rectos, y sólidos en España, que faciliten el Comercio de unas Provincias á otras, dando principio por los de Andalucia, Cathaluña, Galicia y Valencia.

Sebastián Malvar e Pinto chega a Cádiz, encontrase con un conflicto aduaneiro debido as riquezas que traía no equipaxe e non había declarado, enton decide entrevistarse co Rei o seu sobriño Pedro de Acuña, convencéndoo de que o seu tío quería gastar as riquezas para mellorar as obras públicas da terra donde había nacido.

Comentaba o pontevedrés José Millán, sobre este asunto: Después (de chegar de Arxentina e antes de tomar posesión da sé compostelá) se trasladó á Madrid donde permaneció una larga temporada. Allí dio gracias al Monarca por su nombramiento, haciendo constar á la vez que todo el capital que de América traía lo donaba á la Corona. El Rey le encomendó el empleo de aquél y de ahí la construcción de la carretera de Puente-Valga á Puente-Sampayo, que le valió la Cruz de Carlos III, «por hacer carreteras en Galicia por su propia cuenta».

O arcebispo comenza a encargarse das obras do Camiño Real a partir de Ponte Valga, pero a punto de concluir todo o traxecto o arcebispo morre, era o 25 de Setembro do 1795, quedaba por facer a plantación que ía adornar o Camiño Real máis fermoso de Europa.

O Real Plantío proxectouse cando habían pasado dous anos do pasamento do arcebispo, corría o ano 1797.

Este Real Plantío estaba composto de catro ringleiras a ambos os dous lados, compostos de árbores de froita, carballos, álamos e videiras, a súa función era a de dar sombra e solaz aos camiñantes. A idea era que o tramo que cubría desde Compostela a Ponte Sampaio estivese totalmente plantado, pero sólo chegou de Compostela ata Pontevedra…..
 Se halla existente a las margenes del Camino Real, que sigue desde esta Ciudad á la villa de Pontevedra, y se compone de Alamos, y Robles con su correspondiente Cepa de Viña enlazada en cada uno, puestos todos con el mejor orden y simetria, á los que acompañan otras dos diferentes hileras de Frutales de las mejores especies, plantados en medio de aquellos, asi en las tierras valdías, como en las testeras de las heredades, que confrontan con dho. Real Camino, formando asi la mas bella harmonia y hermosura que se dexa ver en Plano que acompaña á esta: cuyos arboles, que se hallan numerados se han repartido á los vecinos de las Parroquias mas inmediatas, y están hechos cargo de su conservación y subsistencia, como consta de los Testimonios que han dado las Justicias de sus respectivos territórios según la instrucción que para ello se le ha comunicado por dho. Sr. Exmo.; Y para que mas bien conste el numero de que se compone cada Parroquia, se insertan aquí en la manera siguiente… 

A plantación total foi a cerca de 32.000 árbores, de cales máis de 11.000 eran carballos e álamos, outros 11.000 eran videiras e o resto eran os árbores de froita.

Hoxe en día quizáis quede algún, pero seguramente contanse cos dedos de unha man os que poidan haber o longo da carretera que divide en dous a Cerponzóns.


Cerponzóns foi un dos lugares onde o Real Plantío luciu con gran esplendor, as ordenanzas que foron emitidas tiveron que ser acatadas por todos os veciños que tiñan propiedades situadas á beira do Camiño Real, o que hoxe en día coñocemos por N-550

Pese a que o arzobispo Malvar xa falecera, a idea de realizar a plantación ao longo do Camiño Real xa estaba prevista, e así foi como se deu paso ao seguinte :

RAZON DEL REAL PLANTIO 

Que a expensas del Excmo. S.D. FR.SEBASTIAN MALVAR Y PINTO,

Arzobispo y señor de la ciudad y arzobispado de Santiago.
Se halla existente a las margenes del Camino Real, que sigue desde esta ciudad á la villa de Pontevedra, y la compone de Alamos, y Robles con su correspondiente Cepa de Viña enlazada en cada uno, puestos todos con el mejor orden y simetria, álos que acompañan otras dos diferentes hiléras de Frutales de las mejóres especies, plantados en medio de aquellos, asi en las tierras valdías, como en las testéras de las heredades, que confróntan con el Reál Camino, fórmando asi la mas bella hármonia y hermosura que se dexa ver en Plano que acompaña á esta: cuyos arboles, que se hallan numerados se han repartido á los vecinos de las Parroquias mas inmediatas, y están, hechos cargo de su conservación y subsistencia, como consta delos Testimonios que han dado las Justicias de sus respectivos territórios, según la instruccion que para ello se le ha comunicado por dho. Sr. Exmo., Y para que mas bien conste el numero de que se compone cada Parroquia, se insertan aqui en la manera siguiente.


JURISDICION DELA VILLA DE PONTEVEDRA, que pertenece al Alcalde

Tienen los vecinos de esta a su cargo hasta el Puente de dha Villa desde donde termina la del Juez.
CONSTITUCIONES que se forman para la conservacion, subsistencia, y estabilidad del nuevo Plantio Real, que existe á las margenes del Camino tambien Real, desde la Ciudad de Santiago hasta la villa de Pontevedra, y de alli al Puente San-Payo.


Debe haber un Juez Conservador y Visitador, que por si mismo reconozca el referido Plantio dos veces en cada año para notar la situacion en que se hallasén los Arboles, Robles y Cepas, y para disponer lo que halle mas conveniente para el aumento y consistencia de dho Real Plantío.

Para el resguardo de los Robles y Alamos que tienen al pie su cepa de viña como de los Frutales que estan puestos en los valdíos se hará a cada uno una paredilla al rededor de piedra de alto de tres quartas y el ancho correspondiente con buena uniformidad y firmeza para evitar que los carruajes y cerdos no puedan ofenderles, cuya piedra despues de arraygados y presos los referidos Robles, Alamos, Frutales y Cepas se debera invertir precisamente en el bonbao de dho Real Camino siempre que necesite repararse.

Y consistiendo, como consiste, en la buena disposiciones delos robles al amparo de las orillas que discurren el nominado Camino Real y que le impiden desgusciarse, se pondran ellos con la mejor orden y simetría, guardando todos una misma uniformidad.

Y paraque en sus debidos tipos no le falte el auxilio debido en el mes de Noviembre de cada año se limpiarán todos los Árboles, y se acortaran sus ramas extraviadas, y las guias paraque acopten y nose eléven á una altura considerable, a cuyo efecto el Mayordomo Pedaneo de cada Parroquia fixará a los vecinos de ella el día en que debe practicarse esta operación, paraque concurran á su execucion, á la que indispensablemente asistirá dicho Mayordomo, á fin de que no haya en ello desorden alguno.

En los meses de Diciembre y Enero, los Mayordomos tendrán el cuydado de que se poden las viñas, dexandole el brazo o brazos que sean precisos, y la vara que pueda ofrecer mas fruto y no arrase la Cepa, y si alguno se resistiese para la poda, y no concurriese en el día prefixado despues de avisados con el adelanto de quince días a cumplir con sus obligaciones lo anote y de quenta al visitador de dho Real Plantio, paraque este providencie segun el delito que cometa el sugeto.

Habrá la obligación de que cada vecino o dueño delos arboles que le correspondan reconozca de ocho en ocho dias sus plantas, y si alguna con los temporales se doblase desdiciendo de las demás , se le ponga en su debido lugar enderizandole de tal modo que no discrepe delos que están bien.

Los Mayordomos Pedaneos harán un Padron de su vecindario, que de hecho presentarán a la Justicia de su domicilio; paraque esta comparta a cada vecino los arboles que segun el le puedan corresponder advirtiendoles el lugar é hiléra donde le pertenecen anotando nombres y apellidos y de dónde son los vecinos, y numerando los dhos arboles, paraque de ellos vivan inteligenciados; de cuya precaucion resulta evitar confusiones y fomentar questiones entre ellos, y para luego que se observe la falta de algun arbol, se convoque al Dueño de el, paraque inmediatamente le reemplace.

Y para la mayor formalidad, y que dho.Real Plantio por su extensión así lo pide, deberán los Jueces de las Jurisdicciones por donde sigue el dho Camino y Plantío Real recoger de dhós Mayordomos Pedaneos las Relaciones del Vecindario, formanlas general que deberá subsistir en su poder, o enel Escribano de Numero, y éste tendrá la obligación de entregar un testimonio, que deberá ser con la mayor pureza, al referido Juez Conservador, paraque pueda según executar su visita en los tpos. que ván prescriptos, a cuyo acto deberán asistirle para mas bien autentizarla sinque a ello puedan resistirse; Y paraque no aleguen disculpa con tpo. avisará dho.Juez á las Justicias propias en el que le señale, vivan prevenidos.

Las referidas Justicias al expecificado Juez le impertiran todo el auxilio que necesite, y por sí mismo pueda como Juez de este Real Plantío tomar las oportunas providencias que conduzcan a hermosear el Camino Real, conserva..on..aum..to y estabilidad del dha pª p este metodo pueda tener el Real la abundancia de que careció por impericia hasta aquí.

Los dueños de cada arbol se aprovecharán de sus despojos y recogerán su fruto, aguardando a cogerlos en sus debidos tiempos y en la sazón de cada uno, pero no podrán cortar ninguno por el pie sinque primero proceda la necesidad que para ello tengan, e informe que tomará dho Juez Conservador, paraque siendo efectiva, pueda hacerla presente a S.M. por si se dignase concederle su Real permiso; y en tal caso pondrán enel mismo sitio otro arbol de su especie bien corpulento y grueso.

Y porquanto se halla concluido el Real Plantío desde la ciudad de Santiago asi de Robles, como de Frutales y Cepas, haciendo en dos hileras diferentes la mejor y mas bella harmonia, sinqué quede valdio ni cercado á las orillas de dho Real Camino hasta la villa de Pontevedra, deberá dho Visitador comenzar su visita en el primero mes de Mayo, haciendo las demás, todas las veces que quedan especificadas.

Tendrá dho Juez Conservador la precisa e indispensable obligacion de comenzar de mas Plantío que resta desde la Villa de Pontevedra hasta el Puente San-Payo en el proximo mes de Noviembre, cuidando vaiga con la misma uniformidad que el antecedente.

Quizáis sexan éstos árbores que se ven o longo da N550 restos do Real Plantío ?

NOTA :

D. José Filgueira Valverde comentaba sobre o arzobispo que era un home extraordinario e discutido, contradictorio, humilde e violento, tosco e agudo, apaciguador e pleiteante…., pero digno de perenne gratitud.

Sebastián Malvar e Pinto era fillo de labradores, naceu no lugar de ” Cancela”, da parroquia de Salcedo. De neno, o seu despexo e a súa viveza de xenio espertaron a atención do párroco Marzoa, o cal fíxoo monaguillo, ensinándolle latín e animándolle a realizar estudos superiores.

Foi tal a súa capacidade de estudos que no Colexio de Alba de Tormes chamábanlle ” El Estudiantón”.

Ano 1973

Fontes : Pontevedreses Universales, de José Filgueira Valverde.

Clodio González Pérez : http://www.anuariobrigantino.betanzos.net/AB2018PDF/463_492_clodio_marcos_da_legua_anuario_brigantino_2018_g1.pdf

4- O CAMIÑO REAL, un pouco de HISTORIA 

Camiño Real do reino de Galicia 

A casa de Austria estivo no trono de España durante os séculos XVI e XVII, pero a dinastía Habsburgo apenas mostróu interés pola mellora dos camiños e as vías de comunicación terrestres do seu reino peninsular. A chegada dos Borbóns a principios do século XVIII, introduciu aires renovadores nesta materia. Guiados polo asesoramento de pensadores e políticos ilustrados, impulsaron un conxunto de medidas encamiñadas a mellorar o estado dos camiños e a fomentar o tráfico de mercancías entre as diferentes rexións. Aunque comenzou coa idea Fernando VI, a Carlos III podemos atribuírlle un dos logros máis relevantes do seu reinado que foi o interese por todo o referente ás Obras Públicas, sobre todo en materia das comunicacións.

Sobre principios do 1750, os camiños existentes en toda España que eran útiles para a circulación rodada contaba con apenas dez mil quilómetros.Falábase de que eran uns camiños que máis ben eran pistas de terra, con trazados espontáneos sobre piso natural e carentes de pavimento, o que ocasionaba no verán unhas sendas polvorientas e en época de inverno barrancos impracticables.

Os problemas de comunicación territorial cos que se atopan os Borbóns ao chegar a España eran tremendos, por iso, decídese elaborar un sistema de estradas que comunicarían a Corte cos principais puntos da xeografía peninsular.Foi cuando no reinado de Carlos III iban a rexirse a través dun método para a construción dos “Caminos Reales”, onde se recollía no Real Reglamento e Instrucción.

Carlos III designa executar por Real Decreto do 10 de Xuño de 1761 e asinado tamén polo Marqués de Squilace ( Secretariode Estado e Facenda).
Unha das primeiras medidas que se tomaron foi a de nomear a Squilace, Superintendente General de Caminos.

O Real Decreto do 10 de Xuño do 1761 :

https://drive.google.com/open?id=0B4s6e6y9_tQYNVBVdFhfQ1U1N28 


Todo comenzou cando Carlos III vendo o que Bernardo Ward ( ministro da Real Junta de Comercio y Moneda) propuxera no reinado de Fernando VI, os seis grandes camiños que partirían de Madrid en dirección á Coruña, Badajoz, Cádiz, Alacante e á raia de Francia ( tanto por Perpiñán como por Bayona ), iba realizar un modelo centralista, era por lóxica acorde coas ideas da nova monarquia.

Cando se suscita a súa construción, o tráfico rodado entre Galicia e Castilla era complicado polas dificultades do terreo. Ademais, esta rexión tiña poucos camiños, e a maioría estaban en mal estado, o que facía que só fose posible o transporte a lomos, algo que poñía en perigo vidas, o estado da carga, e aumentaba os custos. 

Con respecto a nos, todo viña relacionado dado que na segunda metade do século XVIII, as diversas cidades galegas deciden expoñer ao goberno a súa situación, intentando atopar o xeito de cambiala, cousa que sucederá (polo menos aparentemente), cando se suscite a construción do camiño real ou estrada xeral de Galicia. 

Esta vía vai constar de tres tramos: Benavente-A Coruña; A Coruña-Santiago; Santiago-Tui. En 1761 empezarase a construír o primeiro tramo. 


O Camiño Real a Galicia no seu momento suscitou un gran debate, os máis ilustrados do momento defendían a ruta norte ( Benavente/Coruña), en cambio outros consideraban mellor a ruta sur ( Benavente/Vigo).

Así foi que o primeiro enxeñeiro xefe do Camino Real Gallego, José Crame, defendía a opción do trazado da ruta sur, pois había máis poboación e ademais había menos montaña. En cambio a coroa decidiu pola ruta norte ( debido máis ben por intereses políticos), dado que a monarquia impuxo o seu criterio, o enxeñeiro José Crame foi relevado do cargo e destinárono para A Habana.

Pero os representantes políticos das provincias do norte decidiron presionar para que se construísen ligazóns transversais que partisen dende o camiño norte cara ao sur, de esta maneira retrasaron en gran medida o acceso sur de Galicia a Meseta.

A situación deu un longo debate político, a rivalidade Coruña/ Vigo estaba xa presente naqueles anos…..

“los reyes solo han abierto una carretera desde Astorga hasta la Coruña por el país más esteril, sin duda con el solo objeto de conducir por ella trenes de artillería o los tesoros de la América a la Corte: dos Arzobispos gallegos dignos de los mayores elogios, los señores Rajoy y Malvar, han construido un camino hermoso desde la Coruña hasta el Puente S. Payo; por lo demás Galicia se halla en el estado primitivo de la naturaleza. Se ha mirado hasta aquí con bárbara indiferencia que fuese o no comunicable el mejor puerto de la España, como lo considera el sabio Jovellanos en su informe sobre la ley agraria, el famoso Vigo, con el país más pingüe de la Europa, quales son las riberas del Sil, del Miño y del Avia”.

Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra:

Cando se decide realizar este camiño habían varias opcións de trazado, ao final decidíronse por Padrón (despois de que o enxeñeiro Francisco Sabatini redactase varias alternativas), estando á fronte do proxecto o enxeñeiro Bartolomé Amphoux.

Polo que respecta ao tramo entre Ponte Valga e Pontevedra foi construído por mediación do arcebispo Sebastián Malvar que financiou as obras, dicir que durante a realización das obras, neste tramo atoparíanse miliarios da Vía XIX. 

Foi a partir do ano 1776 aproximadamente, cando se comezaron as obras da estrada desde Santiago a Tui, eran 108 quilómetros de percorrido e polo ano 1804 só chegara a Ponte Sampaio.

Mentres se comezaba a falar sobre as obras, non todo o mundo estaba de acordo na realización destas camiños principais, preferían que antes se levará a cabo a creación de camiños interiores nas provincias, pois si estes camiños interiores non estaban o suficientemente en condicións, moi mal íase a garantir a comercialización óptima para afluir aos camiños principais.

Un personaxe daquel momento como era Jovellanos, apuntaba que este tipo de modelo que se quería impoñer impediría ás provincias intervir nos seus propios traballos.

Pero tamén se daba a circunstancia que axudou moito a poder chegar a realizarse estes camiños dada a relativa paz social que había neses anos.
Devanditos camiños tiveron os seus altos e baixos para finalizar a súa construción, dado os custos que algúns deles chegaron a ter, finalizaron con bastantes anos de atraso.Estes camiños, na súa idea e forma, eran importados de Francia e caracterizábanse por ser grandes vías que enlazaban puntos principais ou ben estratéxicos , o que facía que o resto do territorio quedaba prácticamente illado, todo iso respondía máis ben sempre a cuestións políticas.Son numerosos os comentarios que sinalaban a gran anchura dos camiños principais e o estreitos que eran os camiños locais.

COMPOSICIÓN DAS BRIGADAS QUE TRABALLAN FACENDO OS CAMIÑOS :

Sobre o ano 1756, Tomás Fernández de Mesa comentaba que si se tiñan boas comunicacións lograríase que os negocios chegaríanse a realizar puntualmente, e así se aforraría moito diñeiro nas viaxes, dando lugar a relanzar a economía española, bastante atrasada con respecto ás demais cidades europeas.


Unha das normas que se poñerían en marcha para poder circular por estes camiños eran as ” REGLAS QUE DEBEN OBSERVARSE PARA LA CONSERVACIÓN DE LOS CAMINOS GENERALES”.

Estas regras tiveron gran importancia para que así se evitarán que os camiños se desgastarán.

As principais regras que podemos destacar eran : Os carros usarían rodas de llanta ancha e sen clavos prominentes, ademais os carros de llanta estreita e clavos prominentes pagarían o dobre portazgo polos danos que causarían, e prohibíase arrastrar madeiras por devanditos camiños.



**Extraída da Carta Geométrica de Domingo Fontan a foto do Camiño Real é a información.

Inicio das obras 

As obras do camiño de Galicia comezáronse a raíz das representacións enviadas ao Consejo de Castilla polos deputados do reino de Galicia e o Comandante Xeral do mesmo, de maneira que en 1.760 as sete “ciudades capitales” galegas, a través da súa Audiencia, propuxeron tres tipos de tributos para a financiación: un maravedí en azumbre de viño, o residuo anual do sal, e o repartimiento por terzas e sextas partes. 

Ao final, as obras sufragáronse co célebre imposto de dous reais en fanega de sal, establecido polo Decreto de 1.761, e incrementado nun para o caso concreto de Galicia. O primeiro trazado do camiño fíxoo o enxeñeiro José Crane no ano 1.762, aínda que non foi éste o que prosperóu, senón o proposto polo marqués de Croix. Os traballos propiamente devanditos comezaron na primavera de 1.763

El Juzgado de Correos y Caminos
de la Real Intendencia de Galicia y su archivo

PEDRO LÓPEZ GÓMEZ Universidad de A Coruña

Como en el resto de España, será en el XVIII cuando se pongan las bases administrativas, técnicas y económicas para la realización de las carreteras modernas. Las obras públicas formarán parte de la articulación territorial del Estado desde el punto de vista espacial, y su ejecución se encomendará a los ingenieros militares, cuya labor exigirá una labor previa de inventario y cartografiado. El R.D. de 10 de junio de 1761 será la base de la articulación radial de las carreteras españolas, de los grandes «caminos reales», cuya defensa técnica corrió a cargo de Fernández Mesa y del P. Martín Sarmiento10. 
A las autoridades locales y vecindarios correspondía el cuidado de los cami- nos, veredas, puentes, etc., y a la Real Audiencia o a la Intendencia la supervisión de las obras, interfiriendo en ello el poder de los señores que cobraban los portazgos, como hacía la Condesa de Salvatierra con el Puente de Fillaboa, o los mutuos celos de las ciudades. Sólo personas ilustradas y clarividentes como el Arzobispo Rajoy, que emprendió las obras de la carretera de Santiago a Puente Valga, y su sucesor, el Arzobispo Malvar, que sufragó a su propia costa el tramo de Ponte Sampaio a Tui de este camino real, dentro de los límites del arzobispado, comprendían la importancia de unas buenas comunicaciones…..

https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/12768/CC-88_art_6.pdf?sequence=1&isAllowed=y

Situación económica de Galicia :

https://drive.google.com/open?id=0B4s6e6y9_tQYTkowMm1JeGdUMFE

Parte da Información que se publica foi encontrada nas seguintes ligazóns :

https://carreterasengalicia.jimdo.com/2017/09/08/la-red-de-caminos-del-siglo-xviii-en-galicia/

Fai clic para acceder a CNHC1_052.pdf

Fai clic para acceder a 050107_Lindoso.pdf

Relacionado co Camiño e a N 550 :

https://roquecerponzons.wordpress.com/category/a-carretera-n-550/

6- A CARRETERA NACIONAL 550

REFLEXIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DA CARRETERA NACIONAL 550 É AS VIVENDAS O CARÓN DELA.

O proxecto N 550 é un percorrido polo espazo que moitos concidadáns elixiron para habitar e que se estende polas inmediacions desta estrada estatal.

Son varias as pezas que dun xeito ou outro interactúan coa nacional 550. Estas pezas son polo menos cinco entidades formais, a saber , a vivenda illada ( a pé da estrada ) , as urbanizacions, os núcleos rurais, os polígonos industriais, e as cidades medias.

A N 550 é a estrada nacional que dende A Coruña leva ata Tui. Atravesa 26 Concellos.

UN POUCO DE HISTORIA


Na Idade Media existía en Galicia unha rede de camiños feita sobre a base da rede viaria romana e os camiños castrexos ( Nardiz , 1992 ) .

Entre as principais vilas existían trazados sólidos de comunicación e coa aparición da peregrinaxe a Santiago fortalecéronse certos itinerarios como o que unía Tui con Redondela , Pontevedra , Caldas de Reís e Iría Flavia , que pasou a denominarse o Camiño portugués . A cidade do Apóstolo consolidase coma o gran polo de atracción, en detrimento de Lugo. E no século XVIII cando as estradas comenzan a ser un instrumento para a ordenación do territorio rural partindo da conexión das zonas urbanas.

A sociedade ilustrada buscou dinamizar a economía a través de obras de arquitectura ou enxeñeria seguindo o modelo do francés Colbert.

Os planos que se conservan da época mostran as marxes dos camiños cheas de fontes , reloxos de sol , arborado ou zonas de descanso remitindonos ás necesidades da cidade que se prolongan ata o campo ( Nárdiz , 2008 ) . Así xurdiu en Galicia ” O Camiño e Plantío Real ” , avenida arborada que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago.

Con relación o Camiño Real venme a memoria o que se publicou no ano 2005 sobre a relación deste Camiño e o que sería anos despois a N 550 :
FREI MARTÍN SARMIENTO e O CAMIÑO REAL.

Moitos destes camiños , construidos pola Coroa para falicitar as comunicacions entre as principais vilas e cidades do Reino de Galiza , ocuparon os mesmos traxectos que as vías romanas , levando a cabo sobre elas melloras nas súas pontes ( caso da de San Paio sobre o Verduxo ou a do Burgo sobre o Lérez ) , no seu enlousado e mesmo no seu trazado.

Frei Martín Sarmiento ( Pedro Xosé García E Balboa 1695-1772) viviu en Pontevedra un total de 17 anos e medio, e tamén se preocupou pola mellora das vías de comunicación no seu tempo , propuxo que se construíse unha rede de 32 camiños reais de tipo radial , que tivese a Madrid como centro – algo explicábel pola concepción centralista do Estado que existía naquel entón – e outro interradial que contemplase os camiños e vereas secundarias. O ilustrado pontevedrés apelou á necesidade de defender o noso patrimonio histórico para propoñer que se investigase e conservasen os miliarios que se atopaban ao pé das antigas vías romanas. Para isto suxeriu que ” aos traballadores nos camiños se agreguen dous ou tres eruditos antiquarios que camiñen en compañía e con atención a todo canto por acaso se descrubise nas escavacions que se farán “.

Aínda hoxe se abren numerosas pistas e camiños sean control arqueolóxico, provocando o deterioro ou mesmo a destruccion de boa parte do noso patrimonio cultural. Asemade Sarmiento reparou tamén no impacto ambiental destas infraestructuras , propoñendo a ornamentación das beiras dos camiños con fileiras de árbores paralelas á vía. Esta idea súa non quedou nunha proposta utópica máis.

O arcebispo de Santiago , Sebastian Malvar y Pinto , home que reunira unha grande fortuna en Bos Aires , financiou a construccion dunha carrileira entre Ponte Valga e Ponte Sampaio que pasaba pola vila de Pontevedra . A obra foi dirixida por un enxeñeiro e un arquitecto , é ademais de ter mui en conta a súa utilidade e funcionalidade, preocupouse polo seu impacto estético e visual. Por iso contemplou a plantación de árbores nobres e froiteiras ao longo de todo o traxecto. Quen tivese o gozo de percorrela hoxe !!!

Sarmiento tampouco esqueceu os equipamentos complementarios , para o que propuña a poboación das marxes dos camiños reais con colonos que prestasen servicios aos viaxeiros. Así mesmo defendeu a celebración de feiras que deberían ter lugar ao pé destas vías ” en lugares e días distantes e distintos ”


OS CAMBIOS DO CAMIÑO REAL A NACIONAL 550

O treito entre a cidade herculina e a compostelá supuxo unha transformación total do trazado medieval cambiando o paso de penichaira do rio Mengüelle polas terras baixas de Oroso e Ordes . Todo o contrario foi o que aconteceu entre a cidade do Apóstolo e Pontevedra. Mentras as consideracións técnicas aconsellaban o pasó por Cuntis e Ponte Vea , con moitos menos quilómetros , decidiuse respetar o trazado das vías medievais dada a presión dos habitantes de Padrón e Caldas de Reis.

O trazado do ” Camiño Real ” vaise actualizando adaptando os seus firmes , pontes , radios de xiro e xeometrias ás novas necesidades ata chegar ó trazado que hoxe coñocemos como N-550.

A construcción da N- 550 como sabemos foi unha iniciativa do estado polo que as edificacions que se lle acaroaron tiveron que cumprir coas normativas definidas por leis estatais ata que estas competencias se transferiron ás autonomías .

Estas leis definiron o recuamento das construccions con respecto a estrada. Inicialmente a calzada tiña 7 m. de ancho e a edificación podía ir pegada á súa marxe. Isto foi evolucionando ata chegar ós 25m. da lei estatal de estradas de 1974. No ano 1994 a Comunidade autónoma galega aprobou unha nova lei de estradas que diminuíu esta cifra ata chegar ós 12 metros , en estradas nacionais , e ós 30 m. En autovias e vías rápidas . A zona de dominio público quedou a 2 m. Da aresta exterior da explanación e a de servidume a 4 m. Nese momento algúns autores como Carlos Nárdiz Ortiz preconizaron que Galicia se convertiría nun gran territorio de vilas- estrada , feito que distorsionaría a estrutura territorial do rural inda mais…..

Co tempo , vemos que tiña razón : o resultado é unha paixase construida ó redor das vías como as teclas dun piano , unhas por diante , outras detrás , pero sen a natureza racional , lóxica, deste.

AS VIVENDAS O CARÓN DA ESTRADA

As primeiras construccions ” illadas ” que atopamos, exceptuando as dos núcleos rurais anteriores ó trazado da N 550 , son as anexas á estrada , as teclas brancas do piano. Datan do século XVIII , son os equipamentos da época, péganse a vía para servila. Os medios de locomoción son animais , e os treitos de quilometraxe que se poden percorrer ó día son inferiores ós actuais.

Así xorden pousadas , pequenas tendas, zonas de avituallamento….


Cabe recordar que hai treitos da nacional que reproducen o Camiño de peregrinaxe a Santiago polo que as fondas e todas as edificacions destinadas a servir os peregrinos tamén aparecen o carón da estrada . Son vivendas encostadas á vía, de planta baixa ou baixo e piso . Construidas en cantaría ou cachotaría de pedra , as veces a vista , ás veces caleada e pintada , teñen unha forma rectangular co seu lado longo paralelo á estrada. A cuberta é inclinada e teñen unha clara vocación de relación directa co Camiño. A estética ten algo desas casas que vemos nas películas que recrean o salvaje oeste americano , cando as vilas se fundaban nun cruce de camiños e as edificacions aparecían totalmente pegadas a elas , de ahí o nome que reciben de Casa do Fart West .


A aparición do automóbil aporta contaminación acústica , ambiental e novas necesidades de espazo. Ali donde é posible , a estrada aumenta o seu ancho aparecendo novos carrís de circulación. As construccions afástanse conformando unha liña irregular : as teclas negras do piano . Isto ten como consecuencia que a paixase da estrada vaia mudando pase a estar conformada cada vez máis por peches e por fileiras de coches aparcados e non por edificacions .

A arquitectura fúndese nun final aberto á improvisación e ós desexos do propietario, do que resulta un carnaval de decorados diversos que salpican o territorio.

Darse un paseo pola N 550 observase como as casas situadas nas marxes da devandita estrada convértense en escaparates , que mostran a singularidade das súas formas e o gusto dos seus autores , compradores ou habitantes .


Esculturas públicas que fixan uns modos de vida establecendo vínculos entre as distintas formas de pensar , de ver o mundo e de proxectalo , apropiándose do espazo privado e , por extensión, do espazo público . En definitiva antollos privados nos que se mesturan estilos , tipoloxias , materiais e formas , que nos trasladan nalguns casos , a un pasado rural e tradicional dominado pola construccion en pedra , a austeridade e a combinación de materiais locais escasamente manufacturados.

Noutros , os emigrantes que retornaron de América , Suiza ou Alemaña cun alto poder adquisitivo ná década dos 80/90 , emerxentes empresarios ou aqueles que se lucraron na etapa dourada da construccion , reconstrúen escenas cinematográficas nas suas vivendas .

Noutros casos atopámonos con peculiares mesturas de motivos xeométricos e revestimentos a toda cor .
CONSECUENCIAS

Nestas casas onde moitos de nós habitamos a pé de estrada atopámonos que nunha gran maioría parte da súa superficie atópase ocupada polos coches que se multiplicou en moitos casos por dous , tres ou catro nos últimos anos.

A casa cada vez convértese nun obxecto illado , onde cada vez ven reducidas as relacións entre veciñanza , se encapsulan e transfórmanse nun lugar de residencia sen interacción practicamente cos veciños.

Unha estrada cun tráfico cada vez maior , unhas parroquias onde os seus lugares están atravesados por camiños que antes eran para uso exclusivo dos que alí viven , asfáltanse e de súpeto convértense para algúns en estradas nacionais dado o uso da velocidade que adoitan pasar por estas.

Consecuencia de que se teñen que tomar medidas , as cales non gustan a moitos destes usuarios de vehículos , pero que non hai máis remedio que levar a cabo .

Os métodos de redución de velocidade poden ser varios , escoller que mellor sistema aplíquese nestes lugares é ás veces complicado e non ao gusto de todos.

O colocar un radar é unha medida que sería a máis drástica e a que máis rápido poderíase terminar coas situacións que veñen ocorrendo na maioría das parroquias , pero podería tamén levar a que os outros medios de locomoción que adoitan circular por estes camiños tivesen tamén efectos negativos por carecer de documentación , adoita ocorrer moitas veces en que o usan desde casa á súa leira e non teñen en regra os papeis.

Os lombos e demáis reductores de velocidade, é unha medida que para min é a máis lóxica ao non respectar os conductores os sinais de tráfico que marcan a velocidade permitida para cada tipo de viario.

Por iso que esta medida que se está tomando en practicamente todos os viarios interiores das parroquias tamén se debe extrapolar ás estradas autonómicas e nacionais por onde sexa necesario colocar .

A nosa parroquia necesita urxentemente unha intervención adecuada na estrada que pasa polo lugar de San Caetano , un sitio por onde a parte dos veciños , son miles de peregrinos que ven como as súas vidas corren en moitas veces perigo por carecer dun paso apropiado á beira da estrada.

Outro caso é o da Nacional 550 , esta estrada divídenos en dúas a parroquia, como sucede tamén con outras do mesmo Concello de Pontevedra , unha estrada con gran densidade de tráfico e que nós sufrimos todos os días o paso de todo tipo de vehículos .

É hora de que as autoridades se mostren a favor da colocación de semáforos en certos puntos para poder pasar , como fan os nenos que van ás paradas de autobuses ? e as persoas maiores que queren cruzar para ir á Igrexa por exemplo ? e aqueles que van aos labores do campo ?

Este artigo foi grazas o traballo que veñen realizando Xulio Turnes , Ramón Vieitez e Noemi Díaz ( Parte da información que fun atopando foi extraída do libro sobre a N-550, SETEMBRO 2017)

O recibir este correo que poño de seguido, fai que che den mais gañas e ilusión para traballar polo noso Patrimonio, 

Grazas de corazón a toda esa xente que non sendo da Parroquia veñen dándonos o seu apoio a nosa causa é falan de Cerponzons polo mundo adiante .

Grazas por vir ata Cerponzons e facer este traballo ….

Correo de Xose Luis Martínez Acevedo :

RECUPERACIÓN DO CAMIÑO REALTRANSERSAL DE SANTIAGO A PONTEVEDRA EN CERPONZÓNS

Comenzamos escribindo polo inicio da construción deste Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra que temonós que remontar ó século XVIII cando en España se incia unha transformación da antiga rede viaria basada en camiños medievais. Esta mellora sería necesaria para unha mellora de comunicación entre provincias e fortalecendo o comercio.Xa no ano 1777 e cando comenza a busca das solucións dun mellor trazado entre as dúas cidades. Unha das primeiras alternativas para a construción do Camiño Real foi por Pontevea e a outra por Padrón. Finalmente a solución adoptada sería por Padrón e Caldas de Reis e grazas a reacións dos veciños de ambalás dúas localidades.Naqueles tempos a autoridade encargada da conservación dos camiños reais na nosa terra foi a Junta General de Caminos de Galicia creada no 1732.O trazado, a financión e a construción do Camiño Real entre Ponte Valga e Pontevedra foi unha obra do arcerbopisto Sebastián Malvar onde él atopou varios miliarios correspondentes a Vía Romana XIX de Bracara Augusta (Braga) a Asturica Augusta (Astorga).Unhas das particulariade deste camiño histórico son os reloxos de sol como é o que atopamos en Cerponzóns a beira da estrada N-550, de A Coruña a Tui (antiga: La Coruña a Vigo y Tuy segundo o Plan Xeral de Obras Públicas de 1940 ou Plan Peña) chamado O Marco da Legua.A recuperación supón o recoñecemento como camiño histórico como é ademais de recordar para as actuais xeracións e futuras este paso importante non só a nivel local, xa que o fin o cabo foi durante moitos anos uniu as provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra. Por outro eido non debemos esquecer que a recuperación tamén supón unha mellora da seguridade viaria na ponte sobre o río Rons ou de Malvar en Cerponzóns.


Xose Luis Martinez Acevedo Autor dos blogs: Carreteras en Galicia e Casillas de Peones Camineros de España

Interesante enlace sobre carreteras :

https://www.geografiainfinita.com/2016/01/la-evolucion-del-mapa-de-carreteras-en-espana/

CURIOSIDADES …

Hai pouco lin un artigo que falaba do escritor Alejandro Pérez Lugín (1870/1926), autor da novela La Casa de la Troya.

Neste artigo Lugín evoca a antiga estrada a Pontevedra, a que hoxe en día é coñecida por N 550, considerada por algúns viaxeiros do S.XVIII e do XIX, entre os que se atopa o xeneral francés Soult e o escritor inglés George Borrow ( coñocido por Don Jorgito el Inglés), como a máis bela do mundo, unha estrada denominada Camiño Real por aquela época e onde era frecuentada por viaxeiros dacabalo con montura de caza, galega e xerezana ou en mula de albarda, en dilixencia ou en calesa propia.

Lugín con relación a Pontevedra ten unha anécdota moi curiosa que vos quero dar a coñecer hoxe, día que se cumpren 93 anos do seu falecemento (5/09/1926) :

Lugín, viajero impenitente y gastrónomo voraz, conocía las mejores fondas y casas de comidas desde Galicia a Andalucía y desde Vasconia a Cataluña, sin olvidar Asturias y también el Levante pues con una de cuyas nativas se casó. Esta afición, que ya procedía de sus tiempos de estudiante en la que los viajes de la tuna a Coimbra, Oporto, Lisboa, Oviedo y Valladolid son una referencia a seguir, la desarrolló plato a plato y posada a posada durante la época en que tuvo que recorrer la península a cargo de la empresa de explosivos en la que trabajó.
Con cierto intimismo y respecto a la bella Pontevedra, don Alejandro escribe: «[…]  echas al filo de la una el ancla en la pontevedresa Plaza de la Herrería. Parada y fonda. Y si tienes la buena ocurrencia de […] ir a comer a casa de la famosa doña María, me guardarás eterna gratitud. Como que yo estoy dudando […] el caldiño, las ajadas, las menestras, el arroz con leche y las torrijas con que la esclarecida señora regala a sus epicúreos huéspedes». Lugín, aunque no era un señor de ideas fijas, o por la mejor no muestra un ciento de ideas fijas, tenía esta incontrolada afición que le acompañó durante toda la vida y le llevó a hacerse amigo de Puga y Parga, Picadillo. Nuestro don Alejandro estaba por el vino abundante y la comida bien condimentada y a fuentazos. Este penúltimo fraseo lo escribe y reescribe, casi-casi hasta que el aroma de la vainilla, el del pimentón, el de la ensalada, el del caldiño, el del cocidiño, el de la merluza a la romana y el del cordero asado invade su mente y la página se le torna babero.

RECETA : ENSALADA DE ESCAROLA A LA PONTEVEDRESA.

En este punto doy la receta de la Ensalada de escarola a la pontevedresa que fue muy frecuente y tuvo que ser degustada por nuestro amable autor. Hay una receta para la ensalada en un libro del siglo XVIII que se extiende sobre las reglas de la buena mesa y que está en la biblioteca de Fembiella Art’s. Creo que alguna vez aludí a la misma, pero en todo caso la receta que publicaré en su momento ya fue transcrita por algún periodista en los diarios de Madrid y Barcelona. En ella se dice, que para que la ensalada de lechuga salga en su punto se necesita un generoso para el aceite, un justo para la sal, un avaro para el vinagre y un tonto para menearla. Pues bien, finalizo. La Ensalada de escarola Pérez Lugín es más de lo mismo, con el añadido de que al final del meneo se le espolvorea pimentón.