CERPONZONS ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO 

ANO 2020

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Bos días , dende a Asociación de Veciños O Chedeiro Cerponzóns.

Fai catro anos que fixemos o primeiro acto contra a violencia de xénero na Parroquia, o lugar escollido fora o adro da Igrexa, cada ano fomos manifestando a nosa repulsa de un forma ou de outra, contando co apoio da Asc. Cultural é os equipos do Cerponzóns C.F.

A violencia de xénero é unha violencia que se dirixe contra a muller polo feito de selo, ao ser considerada polos seus agresores como persoas carentes dos dereitos de liberdade, respecto e capacidade de decisión.
É unha forma de terrorismo ao que a cidadanía debe responder e non permanecer impasible. É unha terrible lacra social á que todos e todas temos que facer fronte.


Xa abonda de minutos de silencio.

#asociaciondeveciñosochedeiro 

#ochedeirocerponzóns 

#cerponzóns

CENTRO SOCIAL

ANO 2019

DOMINGO 27 de Novembro do 2016


Bos días , dende a Asociación de Veciños O Chedeiro Cerponzóns queremos agradecer a todolos veciños e veciñas por apoiar este acto que acabamos de celebrar hoxe no atrio da Igrexa de San Vicente de Cerponzons.

Este foi o comunicado que pronuncióu por parte do secretario da asociación : Bos días veciños e veciñas , desde a Asociación de Veciños O CHEDEIRO de Cerponzons querémonos sumar á campaña coa que o concello de Pontevedra está a levar a cabo con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se celebrou o pasado día 25 de Novembro.

A violencia de xénero é unha violencia que se dirixe contra a muller polo feito de selo, ao ser considerada polos seus agresores como persoas carentes dos dereitos de liberdade, respecto e capacidade de decisión. É unha forma de terrorismo ao que a cidadanía debe responder e non permanecer impasible. É unha terrible lacra social á que todos e todas temos que facer fronte.

REFLEXIONEMOS

Foron 129.123 denuncias que se presentaron este ano en España por violencia de xénero, 2.245 delas en Pontevedra. Unha media de catro chamadas diarias que desde esta provincia realízanse ao teléfono 016 de atención ás vítimas  Ou as 310 mulleres pontevedresas que contan con protección policial. Con 40 asasinatos os que levamos este ano. Nos últimos trece anos deronse unha media de cinco asasinatos o mes.

Grazas a todos e todas por acompañarnos.
E para terminar este acto , imos gardar un minuto de silencio por todas as víctimas.