20- CONVERSAS CON JUAN CASÁS

Levaba un tempo que lle había comentado a Juan que quería quedar con él un día para falar do seu ofício, a súa resposta foi que cando eu quixese, así que me propuxen ir canto antes, pero motivos alleos impedíronme ir cando xa o tiña previsto un par de ocasións. Á terceira foi a vencida.

Juan, fálame do teu oficio, ti fuches un mestre no mundo da escaiola.
-Eu xa aprendín doutros, pasa, imos sentarnos.

Juan, son todo oídos, conta.
– Na época da guerra civil e uns anos despois non había xente que se dedicase a traballar coa escaiola. Tamén teño que dicir que a construción era a base de teitos de barrotillo, despois comezaron a botar falsos teitos de resilla, pero…
Todo dou un xiro de 180º cando se fixo a Escola Naval de Marin, si, ahí comenzou todo.
Para realizar a colocación nas edificacións da escaiola veu unha empresa madrileña especializad en escaiola, daquela época en Pontevedra non había empresas que se dedicasen a iso, había algunha que outra en Vigo e tamén en Santiago, pero poucas, en Ourense creo recordar que tamén había un par delas.
Con dita empresa chegou un encargado que sabía muito do tema de escaiola, o señor era de Madrid, que segundo teño entendido estaba traballando e estudando á vez para arquitecto, polo que eu escoitei, non me fagas moito caso, pero creo que si, que foi así.

Non me digas como, Joaquín, Rafael e Pepe O Ucha, irmán de Manolo O da Boca, foron os seus primeiros axudantes, tamén Tino O Mineiro, tamén recordo que tivo uns cuantos aprendices, un era de San Andrés de Xeve, de nome Avelino Casalderrey, que foi precisamente con este señor onde aprendeu o oficio mais tarde o teu cuñado Gonzalo.
O encargado madrileño, de apelido Arcantún, necesitaba máis obreiros, Joaquin veu á miña casa a buscarme, eu daquela vivía na Bouza, pero o meu pai díxolle que non, que me necesitaba para botarlle unha man nas faenas do campo e da casa.
Así que pasado un tempo, cando cumprira 16 anos, fun buscar traballo, do que salira, o primeiro foi de albañil, foi na empresa de Porfirio Diz, era o ano 1962 si mal non recordo, pouco tempo estiven alí, era todo unha rapazada, ademais pagaban pouco é non te tiñan asegurado…así que marchei a traballar para xunto un tal Casalderrey de Lérez, por certo, avó da escritora Fina Casalderrey, pero o encargado que tiña tampouco me convencía e pouco tempo durei con eles.

Despois estiven cun tal Ángel García Arosa, con el xa estiven máis tempo e ademais asegurado, comecei traballando nun edificio que fixemos na rúa Sagasta, esquina coa avenida de Vigo, recordo que estiven de axudante dun albañil que era un lideiras, non habia quen o aguantase, pero bueno, eu fun levándoo como puiden, así foi como comecei a colocar ladrillo, dar llanas…daquela tiña 18 anos.
Pero resulta que un día, comendo un bocadillo de sardiñas que estaban en mal estado, segundo souben despois, collín unha infección á pel e comenzoume a saír un granizado polos brazos e ao andar co cemento facíame tal dano que tiven que deixar de traballar de albañil, picábame de tal forma que me rascaba tanto que sangraba polos brazos, era unha alerxia que collín ao cemento, así que entón funme a buscar traballo de pintor, pero non atopei traballo, perguntei en varias obras, pero nada, ata que me decatei que Joaquin, Rafael e Tino O Mineiro establecénrase en sociedade, habían collido un baixo preto de onde está o Hotel Madrid, nun carreiro que hai cara a dentro, alí puxeron o taller.
Fun xunto eles e pedinlle traballo e aí comezou a miña andadura de escaiolista, eles ensináronme, eu púxenlle interese e comezamos a traballar muito, o choio non faltaba.


O ensino do madrileño foi primordial, o señor ensínolles a realizar os moldes e a tallar, este señor por certo, vendo que aquí non estaba nada explotado o tema da escaiola, quedouse a vivir en Pontevedra, fixo unha casa en Mollabao e no baixo da súa casa tiña o taller.
Recordo aqueles primeiros anos que non tiñamos coche, para desprazar o material botabamos man dunha carreta, nela levabamos os andamios, escaleiras, os marcos etc., despois comezamos a ver que algún empresario xa podía contratar un isocarro, pero nós aínda botamos tempo coa carreta dun lado para outro. Co tempo xa chegaron as furgonetas e os desprazamentos eran outra cousa, pero mentres tanto moito tivemos que empuxar.

Cando Joaquin e os seus socios puideron contratar o isocarro tiñamos que achegarnos á estación, alí era onde estaban os vehículos dedicados ao transporte, chegabas e alí dicíaslle onde tiñan que recoller o material e a donde levalo.
Era unha época que comezaron a ter moito traballo e moito diñeiro naqueles tempos, eran novos, tiñan sobre 20 anos, aínda non habían ido ao servizo militar.
Eles tres comezaron sendo os oficiais e empezaron a coller uns cantos axudantes, colléronme a min, despois a Rufino, seguiulle Valentín e así seguiron chegando uns cantos máis.
Ao ter que ir á mili Joaquin, a cousa cambiou, mentres Rafael podía seguir traballando, pero cando a Rafael tocoulle ir a mili tivo que irse fóra, foi destinado á Marina, e as cousas xa foron cambiando. Así que logo de vir da mili Rafael propúxose establecerse por si só, recordo que comprou daquela unha furgoneta da marca Siata. Rafael colleu uns cantos rapaces, entre eles a Ricucho e a Lito O Ramallo, despois colleu a un rapaz de Campolameiro e comezou xa a outro nivel, con outras ideas.
Eu seguía con Joaquín, pero por pouco tempo, tocoume a min ir á mili.

Naqueles tempos , por poñerche un exemplo, as cornisas non viñan prefabricadas, tiñamos que nós facer os moldes e despois fundilos e había que facer unha grasa con xabón Lagarto, tamén o Teide valía, botábaselle un pouco de aceite de xirasol, quentábase o xabón, ás veces facíalo en frío tamén pero mellor era quente, deixabámolo arrefriar un pouco e mesturabámolo co aceite, despois iso había que batelo ben, había quen lle botaba unhas pingas de gasóleo e despois dáballe cunha brocha, tamén nos moldes faciamos o mesmo, facíanse eses corridos e para que se despegase dábaselle grasa, ás veces aínda estando frescos, si tiñas pouco tempo e apurábanche o choio claro, porque mellor era deixalo secar, despois pasábaselle cunha brocha un verniz e seguidamente a grasa, quedaba perfecto, todo liso e despegaba do molde de marabilla.
En canto ás planchas outro tanto, encima dunha mesa, como esta que teño aquí, facíanse a base dun emparrillado de canas, anos despois comezaron a vir os moldes de goma e xa era moito máis cómodo, eran moldes de sesenta centímetros por un metro, eu aínda gardo algunha.
Ao principio víñanche uns vendedores a vendelas polas empresas, logo dun tempo comezou a industrializarse o tema que xa comezaron a vir camións e camións de planchas que servían aos almacéns, era a principio dos anos setenta.
Ao finalizar o meu servizo militar comecei a traballar con Construcciones Malvar.
Había outras empresas que tamén puiden ir traballar nelas, pero moitas delas tiñan man de obra sen experiencia, e os traballos non os deixaban como tiña que ser.

A min gustábame que quedase perfecto, eu sempre fun moi curioso, non me gustaban os traballos que quedasen mal rematados, así foi que co paso do tempo fomos tendo máis traballo porque sabían que o faciamos ben, ese era o meu sistema, agora últimamente o que eu facía xa pasou de moda, todo faise ás presas. Eu sabía a que hora entraba a traballar pero nunca sabía a hora en que ía acabar a xornada, moitas veces o meu xefe botábame a bronca e dicíame que non me parase tanto, eu non lle facía caso, o meu traballo tiña que quedar planchado. Eu traballaba unha hora máis pero o choio deixábao ben.
Juan, que traballos recordas que fixeses nalgún lugar coñecido?
– Recordos teño moitos, a pena que teño é que algúns deles desfixéronos.
Conta, conta.
Pois por exemplo, a escaiola do Liceo Casino de Pontevedra fixémola nós, eu fixen na entrada do Casino, onde están situadas dúas columnas redondas que dan ás escaleiras de subida á primeira planta.
Naquel entón a directiva que levaba as rendas do Casino pediulle ao decorador que fixese algo orixinal na entrada, o diseñador comezou a darlle voltas ao asunto e decidiu facer nas columnas a forma dun paraguas pero colocado ao revés.
(Juan nese momento foi a coller un paraguas e foime explicando como tivo que idearselas para poder facer a obra)
-Tiven que facer unhas “U” e despois un corrido…

(Juan seguiu describíndome punto por punto todo o proceso, para levar a cabo o traballo dos paraguas ao revés Juan botou quince días , pero como me dixo : levei tempo, pero o choio quedoume ben)

– Ese traballo de escaiola no Casino creo recordar que foi preto das trescentas mil pesetas, a pena foi que a seguinte directiva que entrou ao pouco tempo non lle gustaba os paraguas e decidiron tirar con todo.
Anos máis tarde volvín polo Casino, esta vez traballei na zona onde está a barra da cafetería, na decoración tiven que facer a forma dun peito de pomba, esa obra aínda se conserva, pódese ver hoxe en día, as pezas da barra da cafetería fíxenas eu todas. Tamén estiven na Casa de Cultura de Monteporreiro, contactou comigo o arquitecto Jesús Fole, parece ser que preguntou quen podía facer ese traballo e fichoume a min, fixeran unha claraboya de cemento e querían facerlle un remate de escaiola e tiven que facer uns moldes especiais, en forma redondeada, aos poucos fun colocando as pezas unha por unha, non é por gabarme, pero foi un traballo que non todo o mundo era capaz de facelo, recordo que había outro escaiolista de Campañó que tamén era bo niso, pero non había moitos máis.

Cafetería do Liceo Casino


Outro traballo que recordo foi un que fixen na rúa Michelena, o contratista era sobriño de Esperón o de Poio. Esa decoración está aínda alí, era un traballo para un negocio que ía montar un matrimonio e querían unha decoración que chamase a atención, creo que era un establecemento dedicado a xoguetes ou cousas de agasallo, acórdome ben porque precisamente era cando comecei a traballar enfaixado debido a un pinzamiento, estiven once anos traballando así, cunha faixa.

Local na rúa Michelena

Ese traballo non era que fose moita cousa, o decorador deume un plano cunhas medidas e con elas tiñan que realizar a forma dun chedeiro. Alí vesme a min rompéndome a cabeza como ía facer iso, mira…

Juan levantouse e foi a outra dependencia donde garda as cebolas e as patacas, alí, colgado da parede desengauchou un pau en forma de curva…

Con este barrote de carballo que teño gardado foi como fixen as marcas, aos poucos eu só fun facendo as marcas e despois tiven que facer un tabique.
Este barrote serviume para facer muitas obras, entre elas a bóveda do altar do Asilo de Ancianos, un traballo tamén que foi arduo, eu sempre ideaba, barrenaba a miña maneira, a min sempre me gustaron respetar as medidas xeométricas e iso que non puiden ter boa formación. Recordo que unha vez o meu fillo ensinoume como quitar unhas medidas, moito máis sinxelo de como eu sacábaas.
(Juan comezou a explicarme que si unha escuadra, que si a tangente, que si a prolongación, que si sacas o punto…)
– Eu tiña que usar o cordel para realizar o traballo, pero cando vin ao meu fillo como nun momento sacaba as medidas, joder ! estaba chupado ! Serviume de muito ! pero bo, hoxe en día esas cousas xa non se fan, hoxe en día manda o pladur, pero co pladur iso non se pode realizar. Tamén estivemos na Sala de Festas Brais, hoxe La Luna, fixemos o traballo de escaiola todo.
Juan, volverá nalgún momento a realizarse de novo esas obras que ti facías?
– Para falsos teitos non. Iso será cousa dalgún caprichoso, ou unha restauración dunha igrexas ou dalgún local ou como no Colexio dos Salesianos de Cambados, que na súa capela ten unhas columnas cadradas cunhas canles cara arriba, recordo de ir reparar aquilo sendo eu moi novo.

Esperemos que haxa cidadáns que sigan querendo ter obras artesanales nas súas casas ou establecementos, realizadas por escaiolistas da nosa parroquia, xa que aínda segue habendo bos profesionais, entre eles está o noso veciño Tino Abal.

NOTA : O ESPARTO
Co esparto había que ter coidado, para traballalo había que desfacelo para ir mollándoo e mesturándoo, pero non se debía facer isto cando había lúa de forza, porque refervia, hai a quen lle fixo moito dano o polvillo que soltaba, producía un virus e despois co tempo chegouse a falar da enfermidade do esparto.

Efectivamente, a neumonitis por hipersensibilidad ao esparto (estipatosis) foi a causa de enfermar algún dos nosos veciños que traballaban de escaiolistas.

18- CONVERSAS CON CLARA FONTÁN TILVE

CONVERSAS CON CLARA

Corría o ano 1998 cando no Boletín de Información Xeral denominado A Voz do Rons, entrevistaron a Clara Fontán Tilve (30/01/1936)

Cando lle fixeron a entrevista Clara contaba con 62 anos, comentaba a veciña que lle facía a entrevista que Clara coa súa edade ainda tiña folgos de rapaza nova, pois eu manteño que agora con 85 anos as costas sigue sendo a misma rapaza nova ca aquel entonces.

A entrevista foi mui curiosa, dando a coñocer unha serie de anécdotas que lle pasaron a Clara nos seus tempos de xuventude, algunhas delas contoumas a min o día que fun xunto dela, como se pode ir vendo…

Comentaba que fora aos bailes da Cañota é do Chosco en Lérez, tamén de cando foi o cine por primeira vez, seica fora con unha amiga é resulta que non coñocían muito a cidade de Pontevedra, enton guiáronse polos cables do trole para poder chegar, así que botaron a andar polo traxecto donde iban os cables, ata que chegou o momento que xa non había cables, nese momento preguntaronlle a unha muller que pasaba polo lugar como se chamaba o sitio donde estaban, a muller respondeulle que Marin…polo que tiveron que dar volta dirección a Pontevedra, co retraso que tiveron perderon a primeira sesión é tiveron que agardar pola segunda, cando entraron no Teatro Malvar, Clara estivo toda a sesión sentada co asiento doblado cara arriba, comentaballe Clara que fora debido a ignorancia.

Recordándolle esta anécdota, contoume outra, outra vez fora con dúas amigas ao Teatro Principal, para poder ir, para poder ver a película que naqueles días estaba do trinque, Clara había collido cartos do peto que tiña a súa tía Josefina, sen que ela se decatase sacou unhas cantas moedas coa axuda dun alambre…
Sacáronse tres entradas para “tres caballeras”, así foi como pediu unha das amigas a taquillera.
—Oiches Juan, as miñas amigas nunca na súa vida asistiran a unha sesión de cine, acomodámonos na parte central do teatro, elas estaban asombradas daquel lugar, daquela pantalla enorme ! Non vexas ti o nerviosas que se puxeron cando de repente apagaron as luces, eu tranquiliceinas, de súpeto comeza a película, comézase a ver unha enorme máquina de tren, daquelas de antes, sabes Juan, das que botaban moito fume, pois resulta que tal como se vía parecía que viña na nosa dirección, con aquel ruido é o fume, mira, si ves às duas levantarse e comezar a fuxir en dirección á porta de entrada jajajaja, unha delas levou por diante ao acomodador do cine que estaba na entrada, o señor comezou a dicir : pero que lle pasa a esta muller ! Parece unha cabra montesina !

Jajajaja, Clara e máis eu non paramos de rir, de repente xa se acordaba de outra que había dito na Voz do Rons fai anos…

Recordaba outra anécdota de cando unha veciña iba a dar a luz, viñeron xunto dela para que axudará, cando mirou que xa salía a criatura, escapouse e foi a chamar por outras veciñas.

Clara tamén lle dixo a entrevistadora que tivera muitos pretendientes pero seguía solteira porque como decía ela : “non nacín para estar casada “.

Cando lle fixeron a entrevista, Clara era unha asidua a Sala de Fiestas La Luna, gustaballe o ambiente que tiña, co seu espíritu xoven non se perdía ningún sábado nin domingo.

O día que a Asociacion de Veciños organizou unha andaina pola parroquia con motivo de ir recollendo as herbas de San Xoán, tivemos a compañía de Clara, que veu acompañada das súas sobriñas.
Nun momento que estivemos falando díxenlle que quería un día estar con ela para conversar, a súa contestación foi : ven cando queiras.

VOU VISITAR A CLARA, NO LUGAR DE A COSTA.

Un día de mañanciña, achegueime a casa de Clara, tiven que esperar un pouco, dado que ainda estaba na cama, díxenlle que quería quedar con ela para conversar un pouco, contestoume que ese día non podía ser porque a viñan recoller para ir ao cemiterio, dado que agora xa lle custa un pouco andar, así que quedamos para outro momento.
Así foi, ao cabo duns días xa estaba eu de novo na súa casa, invitoume pasar para o seu salón, moi amablemente convidoume a un viño e a unha tapa de xamón, eu dixenlle que non tiña porque traerme nada, pero ela insistiu.
Comentamos un par de cousas da vida mesma e pronto comezamos a falar da historia da súa familia…
Clara comezou a falar dos seus avós, os que viviron no lugar de O Bravo, chamábanse Francisca e José, tiveron cinco fillas, que por desgraza quedaron mui xovenciñas soas, sin nai nin pai. A súa avoa morreu moi nova, contaba 37 anos, polo que me conta Clara seguramente foi debido a gripe española (1913). A raíz da morte da súa avoa, o seu avó colleu medo de tanta responsabilidade, encontrouse desesperado, é decidiu marchar, emigrou para América é nunca máis se soubo del.
A irmá da súa avoa foi a quedou a cargo das nenas, a maior das cativas non pasaba dos doce anos, vivían nunha pequena casa constituída por dous cuartos, unha cociña e un cortello onde durmía unha cabra, comezaba unha vida moi dura para todas elas, e pronto tiveron que comezar a servir en casas para poder levarse algo a boca, nenas de oito e nove anos traballando no campo como calquera maior…nenas enlutadas de arriba abaixo, esparcidas polo monte, coas cabras é ouvellas, acarretando toxo, leña, piñas…moñadillas coma pitos.

Así foi pasando un tempo, un día un veciño da parroquia, que había emigrado á Arxentina, cando veu de volta acompañado da súa muller para quedarse definitivamente na parroquia, vendo a situación en que quedaron as criaturas e como non habían tido fillos decidiu levarse para súa casa a dúas delas, a nai de Clara de nome Dolores e a súa irmá Isolina, eran moi pequenas, a unha delas levouna para a súa casa da man e á outra no colo.
Este veciño era coñecido por Joaquin Ventura, un home de carácter e decidido a ser un dos terratenientes do lugar, Joaquín estando na Arxentina, conforme foi facendo “plata” foi comprando propiedades (cachiños), así que ao chegar de regreso a súa terra mercou dous bois e tres vacas, os aparellos de labranza é un fermoso cabalo branco, Ventura montado naquel cabalo daba moito respeto, andaba cabalgando dun lado para outro, controlando as súas leiras e as súas cachadas, as súas propiedades chegaban ata a parroquia de Verducido.
O señor Ventura demostraba o seu carácter en calquera momento, ata os días de festa obrigaba ás súas dúas “fillas” a traballar no campo ou ir a por toxo. Foron anos de moito sacrificio para as dúas nenas, na casa de Ventura recollían moito viño, millo, centeno, patacas…elas eran a man de obra.
A herdanza de Ventura era moi grande, ao falecer deixouna repartida entre varias parentes de Clara, tanto as do Bravo como as da Costa.

Dolores Tilve, a nai de Clara, casouse con Benjamin Fontan, tiveron seis fillos (Joaquín, falecido aos tres anos, Lola, Joaquín, Jaime, Clara e Pascual.
A desgraza tamén sacudiu moi cedo na casa de Clara, o seu pai falece contando 42 anos e a súa nai morre tamén moi nova, unha neumonía levouna por diante, o doutor Barbolla non puido facer nada por ela, só fixo poñerlle unha inyección e ao momento falecer, tiña naquel momento 44 anos. Tamén Ventura falece aos catro meses de falecer o pai de Clara, tiña 73 anos.
Quedáronse sen pais contando idades de oito, nove, doce anos…quedaron soliños, non tiñan a ninguén que os coidase, nin avós nin pais, ao final foron coidadas por unhas tías, quedaron os cinco irmáns, as cousas da vida, tal como lle pasou a nai de Clara, o mesmo pasoulle a ela é aos seus irmáns. Clara garda especial agarimo por unha das súas tías, Josefina, neste momento que a recorda as bágoas de Clara derrámanse pola súa cara, canto a quería e séguea querendo !
Os recordos amontóanse e Clara comeza a contarme que na casa tiñan un enorme forno, nel chegaron a cociñarse nove pans, eran tan grande que para quentalo usábase un carro de leña, que custaba atopala polo monte por certo.
Recorda Clara que unha vez tiveron que reforzar o chan de madeira do hórreo, dado que unha vez uns veciños que vivían preto da súa casa entráronlle de noite e leváronlle todo o que tiñan alí, valéronse dunha cepa enorme que tiñan diante de casa (unha cepa que daba ela soa un bocoi de viño) subíronse por ela e entraron rompendo a madeira que facía de chan do hórreo, depois do roubo tiveron que facer dous pisos de madeira para evitar de novo que lle roubasen, por certo, no día do roubo estaban recién feitas aquelas enormes bolas de pan que fixera a nai de Clara o día anterior.
Cos anos os irmáns de Clara fóronse buscando a vida, algún emigrando, pedindo prestados os cartos para poder embarcar, outro marchou sin decir adiós, desaparecendo por completo da sua vida, sen chegar a saber nada del ata moitos anos despois.

CLARA, A SÚA VIDA.

Clara só foi á escola tres meses, moi pronto comezou a traballar ao xornal, sabía ben o ofício, desde ben pequena, co paso dos anos ela miraba que o traballar no campo era mui esclavo, decidiu probar outro ofício, así que foise para unha casa de comidas que estaba situada na parroquia de Alba, estivo de cociñeira en Casa Prado, bueno non só de cociñeira, porque cuidaba da filla dos xefes, facía a limpeza da casa, traballaba no campo…gañaba ao mes 1500 pts., de aí foise para a cidade, Casa Digna ofreceulle 4500 pts, polas mesmas horas de traballo, cando se decatou Agustin de que Clara íase púxose todo furioso, Clara foi moi “clara” jajaja, díxolle que si él lle ofrecía a mesma cantidade quedábase, non foi así.
Máis tarde, por mediación dunha coñecida, comezou a traballar nunha empresa de limpeza, a oferta era moi boa e non o dubidou, durante máis de trinta anos Clara estivo realizando a tarefa de limpiadora no edificio de Telefónica, situada na rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado, a súa vida laboral acabou aí.
Clara traballaba e gozaba dos seus días libres, atrás quedaban aqueles días de xornaleira é despois de cociñeira, onde non tiña descanso, traballaba de luns a luns, de sol a sol.
Excursións, praia e baile, esas eran as súas afeccións. Ela sempre foi moi bailarina, nunca quixo ter noivo, o seu era bailar con todos os chavales, pero sen ter que ser parella de ninguén, algún, por celos, quixo chegar a pegarlle por vela bailar con outros.
Durante eses anos estivo a vivir con ela a súa tía Juana, a que había emigrado muitísimos anos antes para Arxentina, unha señora encantadora que se compenetraban a mar de ben. Tamén estivo un tempo na súa casa o irmán Joaquín, logo dunha chea de anos sen saber del puideron volverse a ver é compartir casa un tempo. Garda tamén con agarimo as visitas da sua irmán Lola, emigrada a Brasil, que estivo un par de veráns é as últimas navidades, antes do covid.
Coa xubilación é a compañía do seu inseparable irmán Jaime, Clara segue traballando as súas leiras e como non, gozando das viaxes, da praia é de ir bailar.

Clara contoume moitas cousas da historia da súa familia que eu non sabía, de todo o que me contou emocionoume cando falou do seu irmán Jaime, unha perda irreparable para ela, custoulle moito asumilo, referíndose a él díxome que sempre se levaron ben, que nunca tiveron enfado ningún é hoxe en día nota muitisimo a súa falta.
Desde moi nova Clara foi vendo como moitos dos seus seres queridos foron morrendo, uns a unha idade moi temprana é foino soportando como puido, pero a falta do seu irmán Jaime aínda é hoxe o día que ao falar del se entristece e rompe a chorar.

Intento darlle ánimos é cambio de conversación, preguntolle por os álbuns de fotos, de seguido trae varios é poñemos a velos é a comentar cada unha das fotos que ten e que garda con muito cariño.

Eu tamén lle enseño algunha das que teño no meu móvil e tamén algún vídeo do meu fillo Adrián bailando, o velo bailar, Clara dime :

—Juan, estou triste, levo tempo sen poder ir bailar, están todas as salas pechadas é La Luna xa non volve abrir máis…
—Tranquila Clara, en breve van abrir é a sala de festas La Luna tamén, asegúrocho.
—Estás seguro ? De verdade ? Que alegría me dás !!!

Volveréi por xunto Clara, ainda quedaron cousas das que falar e viño que tomar…

19- CONVERSAS CON CELIA, a filla da Tetilleira

Conversa con Celia Falcón Vieitez, a filla da Tetilleira.

Domingo, 5 de Xaneiro de 2020, lugar de Pidre.

Taberna da Rons, corría o ano de 1971…..

Juanciño, vente conmigo a Pidre, a casa da Tetilleira, imos mercar unhas tetillas.Miña nai solía ter sempre na taberna da Rons, para poñer de tapa os clientes, tetilla, membrillo, chourizos e cando era a epoca, unha caixa de arenques. Cando tiña necesidade de algún de estos productos urxentemente, eu era o que llos traía os sábados da Praza de Abastos, pero a mellor tetilla que había na parroquia, era a de Carmen A Tetilleira, por tal motivo cada semana íamos  a casa da señora Carmen …..

OS INICIOS

Carmen Vieitez Casalderrey naceu no lugar de O Bravo, foi casar con José Falcón Gómez, nado no lugar de Reiriz, viviron os seus primeiros anos en Reiriz precisamente, alí comenzaron a súa actividade relacionada coa venta de queixos e tetillas. Do matrimonio naceron duas fillas, unha delas leva 60 anos no Brasil, fai catro que volveu por uns dias ás súas orixes, foise con vinte anos, en Brasil casou, tivo un fillo que eu sepa, e fai un tempo que enviudóu.

A outra filla, Celia, foi a que estivo conversando comigo, pedinlle por favor que me dese un pouco do seu tempo, para que me recordase cousas dos seus pais, máis ben eu quería saber sobre todo o que rodeaba á súa nai, aquela señora que me quedou gravada na miña memoria para sempre, aquela señora que me daba a proba das tetillas para que eu escollese a máis sabrosa…..anda Juanciño, proba, haber proba estoutra, cal che gusta máis …..?

Celia sentou conmigo, funlle preguntando, aunque decía que non tiña muito que contar, eu recollin desta maneira a nosa conversa…..

Logo dun tempo vivindo en Reiriz, fóronse a vivir para a casa que todos coñeciamos pola de Carballo, a elección de escoller esta casa foi porque lle quedaba máis cómoda para recoller os seus queixos e tetillas, o autobús que llas traía paraba alí mesmo e aforráballe dese xeito tempo e traballo.

Carmen afacía comprar a súa mercancía na provincia da Coruña, en Arzúa, Sobrado dos Monxes, Curtis…..buscaba os mellores lugares onde se facían as máis sabrosas, daquela Carmen tiña muita clientela, valoraban muito o seu traballo por ter sempre boa calidade.

En un lugar de Sobrado dos Monxes. Foto de Alberto Martí, editada en La Voz de Galicia.

Estando vivindo en Reiriz, quedáballes lonxe da súa casa a parada do “Cuntis”, o autobús de liña, desde aquel lugar que quedaba naquel fondo, con aqueles camiños impracticables, ter que subir e baixar tanta carga, fixo que buscasen unha casa que estivera o carón da carretera, que foxe máis adecuada para o seu traballo.

Tamén usaban as empresas ” La Estradense” e ¨Garrido¨para as viaxes nos días que tiña que ir a mercar o producto, pero cando iba a vender, vivindo na casa de Carballo, tiña que ir co remolque andando ata Alba, a coller o trole.

CAMBIO DE CASA

Un día nun das súas viaxes no trole, atopouse cunha veciña de Pidre, moi amiga dela, adoitaba achegarse a casa de Carmen a comprarlle os queixos e os chourizos, que tamén era un dos produtos que tiña á venda, entón comezaron a falar e Carmen queixábase do lonxe que aínda lle quedaba a súa casa da parada do trole.

A veciña de Pidre ao escoitala propúxolle a venda dunha propiedade que tiña cerca da súa casa,  había mercado facía un tempo a uns veciños que emigraron para a Arxentina unha casiña, eran dos da Moleta”.

Teño unha propiedade que che podía encaixar para ter de almacen para os teus queixos, un día que queiras imos velo.

Así foi, o lugar tiña un muro enorme, cun espazo interior amplo, despois co paso do tempo todo isto foi levado por diante coa ampliación da n550. Chegaron a un acordo rápidamente, a Carmen encaixáballe o lugar e aquel baixo era ideal para os seus queixos e tetillas, e tamén para vivir.

A familia veuse a vivir para Pidre o día 19 de Marzo de 1971, celebración do día do pai, e ao pouco tempo ampliaron as súas propiedades comprando moi preto da casa unha finca a unha veciña do lugar de A Bouza, a señora Eusebia “A Morrona”. Unha finca na cal fixeron unha viña,  que o cabo dun tempo daba moi bo viño e que naquelas épocas ía cubrir con fartura a necesidade de ter unha parte da alimentación básica daqueles tempos cuberta.

O marido de Carmen decidiu comprar aquela finca, convencido que xa iban ter asegurado ter viño para moitos anos, o prezo ademais fóra moi adecuado, hoxe en día aínda se segue traballando dita viña, o marido de Celia pasa moitas horas do seu tempo nela, é un entretenimiento, máis que unha necesidade imperiosa, como o era nos anos en que vivían Carmen e José.

A VIDA VAISELLE A CARMEN

Xa tiñan a súa casiña, a súa viña, o seu traballo…..pero pouco durou a alegría, Carmen morre no ano 1977, no mellor da súa vida.

Estaba contenta, naquel ano xa estaba cobrando unha paga, exactamente 18000 pesetas, e ademais aínda seguía vendendo os queixos, xa que o seu marido seguía co negocio. José traballara algún tempo como tratante de gando, pero foi por pouco tempo, el estivo á beira de Carmen, encargábase dos traballos de campo e cando podía botáballe unha man a Carmen.

En tres meses a vida fóiselle a Carmen, en tres meses cambiou todo na familia, un cancer de peito levouna para o outro mundo. Ainda que foi unha das primeiras mulleres que había sido operada de ese mal, non se pudo facer nada por ela. Estivo activa ata o final, despois da operación ainda tivo forzas para empurrar polo remolque e ir a vender os queixos e as tetillas…..

O falecer Carmen, José seguiu traballando un tempo máis, tiña os clientes feitos e había que seguir a vida, pero ao pouco tempo, o seu saúde comezaba a deteriorarse, as súas pernas empezaban a fallar e a súa filla convenceulle de que o fose deixando, xa comezará a cobrar a súa paga e non tiña porque seguir andando dun lado para outro vendendo queixos.

Unha das cousas que máis me sorprenderon desta conversación con Celia foi cando se referiu á morte dos seus pais :

Juan, mira como é a vida, a miña nai faleceu o 15 de Xaneiro de 1977, á unha da mañá, e o meu pai faleceu dez anos máis tarde un 15 de Xaneiro de 1987, á unha de mañá, en ambos casos atopándome eu soa na casa.

RECORDANDO A SÚA LABOR COAS TETILLAS E OS QUEIXOS

O seu traballo, non era soamente ir compralas e levalas á praza a vendelas.

Algúns dos produtos viñan aínda frescos, sen curar de todo….había que lavalas, cambiarlle a palla, poñerlle os panos…..

Carmen tiña confianza coa xente que facíanlle os queixos, unha xente que tiña unha labor mui encomiable, agora xa se fan os queixos con munguidura mecánica, con conservacions en tanques de frío, usan tanques de aceiro inoxidable, moldes de plástico etc., pero antes, antes sí que era un traballo artesanal :

O primeiro que facían as queixeiras daquela época era ir a mungui-las vacas á man, depositando ó leite nunha “canada”. Da canada íao repartindo na pota ou potes de leite, segundo fixera un queixo ou máis en cada moguedura. Despóis puña a pota co leite na lareira rondando as brasas para que acadara a temperatura axeitada, botáballe o callo xusto e revolvíao no leite coa man. Deixábase calla-lo leite e cando xa estaba poñíase a elabora-lo queixo collendo da pota presas de materia prima, botándoas para o molde ou “taza de face-lo queixo”, que era de madeira ou de porcelana e amasándoas coas mans. Despóis apertaba unha e outra vez a bóla de queixo ata sacarlle todo o soro de leite. Cando xa está ben apertado e rematado, volve metelo no molde para darlle a forma desexada. Despóis envolveo nun pano limpo e pono a secar e a madurar na queixeira, onde os ía acumulando e cambiándolle-lo pano para favorecer-lo secado e a maduración. Cada quince días aproximadamente levabáos vender á feira de costume. A véspera lavábanos ben lavadiños e colocábanos na cesta dos queixos. Cando Carmen mercaba, algúns dos queixos había que curalos …..

Ao principio de vivir en Pidre na casa de Carmen non tiñan muita auga, tiñan que ir cargadas cos queixos ata o lugar da Balé, todos os días tiñan que ir levandos uns cuantos. Un día deses, un dos veciños do lugar, chamado José Losada, achegouse a Carmen e á súa filla e díxolles que o que estaban facendo era un sacrificio, que non podían seguir así toda a vida, que ían esgotar a saúde.

Elas duas, unha coa tina na cabeza e a outra co remolque quedaron caladas, miraron para José e asentiron.

Nin curto nin perezoso, José decidiu ampliarlle o pozo de auga da súa casa.

Un dos días que se achegou a casa de Carmen, José ía acompañado da súa esposa Obdulia. José dirixiuse a Carmen e díxolle :

Carmen, mecajonacona, non podedes seguir así, a túa filla vai rebentar con esa tina chea de trapos na cabeza.

Agora mesmo vou ampliarche o pozo de auga ! Púxose mans o choio e con cinco metros de profundidade máis  o pozo estaba feito, ainda hoxe en día ten auga suficiente para o servizo da casa, visto polos meus ollos.

Carmen sempre lle quedou agradecida a José Losada pola súa axuda.

Coma recordo ainda é hoxe o día que gardan a rodalna que había no pozo para subir os cubos de auga, moitos cubos sacáronse de auga do pozo ! Cando foi da ampliación da estrada, Celia tiña medo a que lle levasen o pozo, salvouse por pouco e hoxe en día aí segue, como servizo e como recordo daqueles tempos, xunto a aquela báscula de agulla, que usaba a súa nai para pesar os queixos e as tetillas.

POSTOS DE VENDA

Normalmente iba a Marin a vender, collía o trole en Alba ata Pontevedra, despóis collía de novo o trole que se dirixía a Marin, o chegar iba en dirección a Praza, tiña un posto fixo, mismo na entrada, polo que tiña que pagar un alugueiro e tamén a cota de autónomos conforme desenvolvía esta actividade profesional.

Tamén había días que paraba en Pontevedra, normalmente cando había feira, muitas das veces a súa filla Celia era a que quedaba en Pontevedra a vender, pero sempre poñialle unha condición a nai : que lle deixara as mellores, as máis sabrosas tetillas, porque non quería que os clientes chamaranlle a atención na próxima feira.

ANÉCDOTAS

Tiñan uns días determinados para ir ás feiras de Arzúa, Sobrado dúas Monxes, Curtís….

Recorda Celia que cando vivían en Reiriz subían co carro de vacas ata a casa de “A Mariqueta”, alí recollía toda a compra que traían dalgúns dos lugares antes citados.

Un día, era xa noite pechada, ao baixar co carro xa cargado de tetillas, perderon unha parte da carga, eran unhas duas mil pesetas o valorado, cando chegaron a casa déronse de conta e foron rápidamente polo camiño a buscar onde caera.

Non había rastro de queixos, nin de tetillas, ata que ao pasar por diante dunha casa, que nese momento tiña o portal aberto, viron que estaban alí, entón entraron a polos queixos e as tetillas, os donos da casa quedaron todos sorprendidos e puxéronlle de escusa que pensaban que eran doutro veciño e que o ían avisar dun momento a outro.

Grazas Celina pola túa colaboracion.

17- CONVERSAS CON JUAN A. LOSADA BARREIRO

JUAN A. LOSADA BARREIRO, NOVO MONTAXE DO BELÉN, ANO 2021

De novo Juan A. Losada Barreiro volveu realizar o Belén.
Unha montaxe que lle leva máis de tres días facelo, feito a conciencia, non lle falta detalle como podedes observar.

Este ano 2020 debido ao que estamos pasando o Belén de Juan A. Losada non se puido realizar.

Aínda así non quixo deixar en branco este ano e enviounos este fermoso Belén realizado encima dun pé dun hórreo.

Biri Biri promete que para o próximo ano será espectacular.

Esta foi a conversa que fixemos con Biri o Domingo 29 de Decembro 2019 :

Lugar : Casa de Juan (Salcedo), no seu museo con unha botella de viño e unha empanada.

Con motivo da montaxe do BELÉN na súa casa de Salcedo,  quixen ir ata xunto BIRI BIRI, meu amigo de toda a vida, e ollar o traballo que leva realizando dende fai máis de dezasete anos.
Os que fomos os seus amigos máis íntimos coñecemos a Juan A. Losada Barreiro como “BIRI BIRI” ( corría o ano 1973 cando o Sevilla C.F. fichaba a Alhaji Momodo Nije, coñecido no mundo do fútbol como BIRI BIRI, nacido en Gambia, considerado como un dos mellores futbolistas gambiano de todos os tempos), Juan tiña un parecido co futbolista e no Chan do Monte bautizámoslle con este alcume.Aínda que BIRI leva moitos anos vivindo en Salcedo, o seu agarimo pola parroquia está por encima de todo, aínda que non vive en Cerponzóns leva no corazón o seu amor por este lugar. Así que cada vez que pode vémolo en moitas ocasións entre nós, oxalá moitos dos que viven na parroquia fosen como él, participando e colaborando en muitos dos eventos que se fan na nosa querida terra.

Juan naceu no lugar da Baléa, fillo de José e Obdulia, un matrimonio que constituíron unha das  familias numerosas que habitaron Cerponzóns, chegando a ter oito fillos.

Nas épocas do Nadal, a casa dos Losada Barreiro celebrábase ao grande, e o Belén sempre estaba presente, naquel salón da casa onde estaba situado devandito Belén terminábanse as noites, despóis de cear, cantando villancicos ao redor del.


José, o pai de BIRI, era un home moi dicharacheiro, deseguido convencía aos seus fillos de que tiñan que cantar os villancicos e alí se arremoliñaban todos e cantaban os once de casa ( os oito fillos, o matrimonio e a súa avóa), a veces,  tamén se sumaban a cantar os Fariña, os veciños que vivían á beira súa.

Unha das tradicións que desde moi pequeno quedáronlle a Biri foi a de facer o Belén, e así mo confirmaba :

BIRI- Si, o Belén foi unha das cousas que máis me gustaron desde pequeno, unha porque en casa sempre se fixo, outra porque tamén na Igrexa de Cerponzóns tíñase por costume realizar, e eu como durante unha época fun sacristán pois colaboraba na súa montaxe, sempre tiven esa ilusión.


JJ- Hoxe en día segues facéndoo, pero que pensas do día de mañá ? Os teus fillos seguirán a tradición ?

BIRI- Eu penso que si, por exemplo moitos dos meus irmáns seguen facendo o Belén, tamén teño sobriñas e sobriños que o fan, na miña casa, tanto o meu fillo Borja como Víctor bótanme unha man ano tras ano, penso que seguirán a tradición, e seguro que o farán moito mellor ! Cada vez que o facemos son os meus fillos os que me corrixen en canto ven que algunha cousa non a poño como cómpre, gústalles a perfección e intentan que quede o mellor posible.

JJ- BIRI, todo isto que vexo, toda esta montaxe, falo ti ?

BIRI- Si, excepto as figuras que as fun comprando aos poucos, porque prefería unhas boas figuras que fosen de calidade, estas que ves son de terracota, o demáis o fixen eu, costaronme muitos cartos, pero quería ter unhas boas figuras.

(A terracota é unha terra cocida que designa tanto a arcilla modelada e endurecida ao forno, como o produto cerámico resultante, en especial as estatuillas de barro cocido que se usan para o montar o Belen).

JJ- E canto tempo lévache facelo ?

BIRI- Pois entre unhas cousas e outras son tres días completos o que nos leva.


JJ-Polo que vexo, non lle falta de nada…

BIRI- Jajajajaja, intento que teña de todo un pouco, as figuras que representan oficios, o muiño, as pontes etc. Tamén temos a horta, onde plantamos allos, patacas, lentellas, como ves algunhas destas especies están xerminando….

JJ- BIRI, isto é moi traballoso, merece a pena ?

BIRI- Claro que si ! Eu fágoo con todo o agarimo e para min é unha tradición que non quero que se perda.


JJ- Algunha vez participaches nalgún concurso de belens ?

BIRI- Si, houbo varios anos que desde o Concello fixeron concurso e participéi neles.

Recordo na prensa que en canto a premios, que eu sepa,  BIRI obtivo o 2 de Febreiro de 2004, xunto a Emilia López Fernández, o primeiro premio na modalidade de belens tradicionais.

No seguinte ano, 2005, recibiu un segundo premio.

Un dos galardons acadados por BIRI.

 

Que sepades que si algún día queredes achegarvos a casa de BIRI, con moitísimo gusto recíbevos, as portas da súa casa están abertas para os veciños de Cerponzóns, para él e un pracer.

Este traballo realizado cunha gran ilusión, sae da man e da mente de BIRI, él e o responsable dun universo de  23 metros cadrados , é de aplaudir e agradecer polo seu labor ao longo de tantos anos, as miñas felicitacions e desexo que siga facendo o BELEN toda a súa vida.


As construcións que podemos observar, foron moldeadas por BIRI, estás foron cambiando de tamaño ao longo do tempo, intentando mellorar as anteriores.

Fai apenas uns días viñeron velo algunhas veciñas da parroquia, e hoxe mesmo, no momento en que eu me ía, chegaban uns familiares da súa dona, residentes en Barcelona, e que por nada do mundo pérdense de ir ver o Belén, así o fan todos os anos.


E todos os que visitan o Belén lévanse a sorpresa de que a obra está diferente á do ano anterior, e sempre lle din que cada ano está moito mellor que o anterior. Encontramos figuras de todo tipo, realizando distintas faenas, ademáis podemos encontrarnos con este home, que non pode faltar no Belén:


Así que xa sabedes, o que queira visitar o Belén pode contactar con BIRI, e quedar un día para ir visitalo, eu mesmo pódovos pasar o seu teléfono.

16- CONVERSAS CON JESUS DOCAMPO DIAZ

JESUS DOCAMPO DÍAZ (22/11/1955)


Mércores 4 de Decembro 2019, 17:30 horas.

Lugar : Bar A Cañota, unha caña, un corto é un café cortado.

Fai uns meses que comecei a ter contacto con Jesus, nun momento determinado contestoume a unha publicación que eu fixera no grupo de San Vicente de Cerponzóns, a súa contestación foi : EU BAUTICEIME NESE LUGAR.

Así foi como nos coñecemos, o meu interese por saber de Jesus foi inmediato, conectei con él, e fomos coñecéndonos, ao pouco tempo Jesus xa estaba incluído no grupo de wasap que temos daquelas persoas que teñen relación coa parroquia e viven noutro lugar fora da provincia de Pontevedra.

Cando Jesus díxome que estaba en Pontevedra púxenme inmediatamente en contacto con él, quedamos de vernos ao seguinte día , fun buscalo a casa da súa irmá, no lugar de Casaldorado, de aí achegámonos a casa do meu primo Darío, o de Ponte Cabras, que casualidade, resulta que son cuñados.

Cantas cousas en común temos Jesus e eu e sen sabelas ata este día….

OS INICIOS

Jesus é fillo de José Docampo e Perfecta Díaz, os seus pais eran orixinarios de Orense e por motivos de traballo o pai de Jesus veu destinado a Pontevedra, era Policía Nacional.

A familia de Jesus viviu ao longo dos anos en varios lugares, por exemplo, recién chegados a Pontevedra estiveron vivindo nunha casa que era coñecida por LA PAMPA, fai anos foi unha taberna que había no lugar de Alba, alí naceu a súa irmán Sinda. Esta taberna para situala é ben fácil, é a segunda casa que hai logo de pasar a de LAPARUZAS, en dirección á vía do tren.

Despóis  viviron no lugar de Leborei, na casa onde viviu Suso O Mariñeiro, foi donde naceron os demáis fillos de José e de Perfecta, por aquel lugar tamén vivían os padriños de Jesus,  José Luís e Clara.

Jesus cos seus irmans, e cos fillos dos seus padriños.

Non son moitos os recordos que ten da súa estancia na nosa parroquia, pois aos cinco anos foise a vivir a Lérez e é alí foi  onde pasa gran parte da súa mocidade.

Jesus non chegou a estudar en ningún colexio da parroquia, aos cinco anos vaise toda a familia Docampo Díaz a vivir a Lérez, vivindo nun piso que no seu baixo estaba unha empresa de viños de nome Bodegas Rofer,  alí é onde estuda, recorda perfectamente que o primeiro colexio en que estivo era un que había logo de pasar a farmacia, e ao comentar isto vénlle tamén á memoria que debaixo da farmacia había un zapateiro, de nome Ramiro (era o meu tío de Campañó), Jesus xunto co seu irmán tiñan moita confianza co meu tío Ramiro, pois daqueles tempos que non había unha peseta no peto, eles os fins de semana ían para a zapatería e limpaban os zapatos que xa estaban arranxados, por ese traballo recibían entre tres e cinco pesetas e para eles era fenomenal, pois ese diñeiro utilizábano para poder comprar algún caramelo, chicle ou unhas pipas.

Pero un dos recordos que quedoulle gravado na súa mente foi a dunha morte…….

Os padriños  de Jesus tiñan dous fillos, Cholo e Mª Elena, e a señora Clara dera a luz a un terceiro fillo, pero no parto faleceu.

Jesus recorda no mesmo patio da casa dos seus padriños, que entre Cholo, Mª Elena, o seu irmán Manolo e él mesmo, colleron aquela caixiña pequena, de cor branca, por medio duns cordóns que tiña dita caixa en cada esquina, desde a casa dos seus padriños  foron en dirección ao cemiterio, levando aquel anxeliño a enterrar.

Nunca se puido borrar eses momentos da súa mente,  momentos que para uns nenos de tan curta idade causoulles moita tristeza, dor e bágoas.

Volvendo a Lérez recorda que cando estaba no tempo de facer a primeira comuñón había dous curas en Lérez, un era D. Manuel e outro D. Samuel.

Jesus rise cando comeza a dicirme que D. Samuel preguntáballes o catecismo cando os nenos estaban xogando ao fútbol, naquel campo que hai situado á beira do monasterio, onde case todos nós chegamos a xogar algún que outro partido amistoso contra os de Lérez na Festa da Mocidade.

D. Samuel andaba detrás deles e dicíalles que si non sabían o catecismo non poderían facer a Comuñón, así que co balón por medio, íalles preguntando o catecismo.

Tamén ten en mente aquel ano cando un camión de reparto de gaseosas atropellou ao seu irmán Manuel, foi un accidente moi grave, deixándolle graves secuelas para toda a vida a Manuel, corría o ano 1959.

A vida transcorría entre os estudos, os partidos de fútbol, onde Jesus comezaba a destacar, as horas na Zapateria do meu tío  Ramiro Esperon, e tamén os seus momentos de monaguillo. Recorda perfectamente os toques de campá que se usaban daquela dependendo para que, enterros, festas,incendios etc. Nesa época cando por exemplo viñan dende O Burgo acompañando un entierro, os nenos que llevaban as farolas cobraban 15 pesetas, Jesus sempre era o que iba coa cruz, como pesaba máis a él dabanlle 25 pesetas.

Despóis de un tempo vivindo en Lérez o seu destino e Ourense, o pouco tempo volven a vivir en Alba, esta vez en un piso propiedade da familia Toval, situado  encima do bar O Mirador de Alba, e de novo volven a Lérez, parando en outra casa, propiedade de Marcial e Clara. Nesta casa estivo vivindo ata os 18 anos que e cando se vaia vivir para Barcelona.

Jesus aos catorce anos  ponse a traballar, eran tempos duros e facían falta ingresos, así que consigue traballo en Talleres Catoira, unha empresa de reparacion de chapa e pintura, que había na carretera de Marin, comenzou con un sueldo de 200 pesetas a semana. No taller  comenzou con muita ilusión, pero ao pouco tempo tivo que deixalo, a súa alerxia a un compoñente que levaba a pintura, fixo que tivese que ir traballar a outro lugar.

Foi preto de onde vivía , no lugar da Ferreira, unha gran fábrica que se montou alí ábrelle as portas, Jesus comeza con 15 anos a súa aventura en Gonzatilve, estivo ata cando cumpriu os 18 anos, o seu traballo era a de tapicero, e cando se marchou da empresa o seu soldo á semana era de 2.500 pesetas, ainda se recorda do seu amigo inseparable, Santiago Losada, ( que casualidade da vida, antes falou de meu tío Ramiro, agora do meu compadre Santi).

Dime Jesus que sempre andaban xuntos, coñociannos por O Moreno é O Rubio.

O FÚTBOL, A SÚA PAIXÓN.

Na época de traballar en Gonzatilve, compaxinaba o seu traballo co fútbol, comezou nos xuvenís do Lérez, pois naquela época non había equipo na parroquia onde vivía, a de Alba. Recorda que tiña de adestrador un señor que o coñecían por Rianxo.

Un equipo donde aparece Rianxo, entrenador de Jesus.

Ao ano seguinte ficha polo Alba, por fin hai equipo na parroquia, presídeo Ramón, O LAPARUZAS.

Pero en pouco tempo de estar no Alba, Jesus comeza a estar en boca dos seguidores de fútbol e pronto se fala no mundillo do fútbol de un extremo rapidísimo que xoga no Alba, e que mete unha media de dous ou tres goles por partido.

Equipo do ALBA C.F. Donde aparece Jesus.
Ano 1972/73, nostalgias no Diario de Pontevedra.

É cando o Pontevedra C.F. chámao, e dille que vaía a adestrar co seu filial, o Atl. Pontevedrés, entrenado por aquel entonces polo que fora un dos compoñentes do Hai que roelo,  o mítico Ceresuela.

Así o fai, e co permiso do xefe da fábrica, pode ausentarse dúas tardes á semana para poder ir adestrar. O Pontevedra , logo de velo xogar durante unhas semanas decide fichalo, Jesus vaise ao seu equipo, o Alba, para pedir a baixa e fichar polo equipo da cidade, o’presidente non quixo darlle a baixa, non quería que a súa estrela fósese a xogar co At. Pontevedrés.

Entón sigue un tempo no Alba, a contra gusto, pero sigue entrenando con gañas e ilusión, estaba esperando cumplir os 18 anos, o seu destino BARCELONA, era o ano 1974.


Cando chega a Barcelona instálase nun pobo de nome CASTELLBISBAL, alí é onde comeza a súa nova vida, onde coñece á súa muller, cásase e ten dous fillos.


Por suposto que unha das primeiras cousas que fai é a de ir ao equipo de fútbol do pobo e pedir si podía xogar no equipo.


Ao pouco tempo ten que facer a mili, entra no sorteo co reemplazo de Pontevedra e o seu destino é Alacante, e logo da Xura de Bandeira tócalle ir para Lorca.

Cando levaba seis meses de servizo militar, danlle un permiso, vaise a Barcelona e alí , xogando ao fútbol, rómpese a tibia e o peroné, nese momento para Jesus acábase a mili e o fútbol, pasa oito meses no Hospital Militar, con infinidade de operacións na súa perna, daquela as infeccións e os malos coidados, fixeron que pasase un inferno durante todo ese tempo.

Volvo de novo  a preguntarlle por cousas da nosa parroquia….

Jesus, recordas algo das festas ?

Si, as festas de San Vicente, claro que recordo, ademáis dáse a casualidade que o meu pobo ten tamén de patrón a San Vicente.

Recordo que sacaban en procesión aos tres, San Vicente, San Antonio e Sta. Lucía, eu era asiduo ás verbenas da parroquia, ata que me fun para Barcelona, tamén me acordo de xogar cos fillos do caseiro do cura, alí no patio que tiñan fronte á súa casa tivemos moitos momentos de xogos.

Co paso do tempo os pais de Jesus volveron vivir en Cerponzóns, xusto na subida onde están as instalacións de Carro, alí en fronte, na casa que lle chamaban a do Rato.

Jesus, cos seus pais, cando vivían en Meán.

Jesus ten unha espiña cravada, cando a súa nai faleceu, el non puido vir ao seu enterro, pois estaba ingresado no Hospital Militar, aquela perna estáballe dando mil rompedeiros de cabeza, tivéronlle que facer naqueles días varios raspados no óso dada a infección que tiña.

Jesus traballou durante máis de 40 anos nunha empresa concesionaria da traída de augas, estivo desde moi xoven, nada máis chegar o seu pobo,  moi implicado nas actividades culturais e festivas, a súa maior satisfacción é o poder colaborar cos seus veciños en que as tradicións síganse mantendo ao longo de todos estes anos.


Agora xubilado vén con máis frecuencia á súa terra, a xunto a súa familia, e visita o cemiterio de Cerponzóns, onde está enterrada a súa querida nai.

15- CONVERSAS CON XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO

HAI ALGUNHA FOSA COMÚN NA CHAN DO MONTE ?

Hai tempo chegou aos meus oídos un tema relacionado con uns feitos sucedidos na época máis negra da nosa historia, estou seguro que daríamos o que fose para que non chegasen a suceder esos feitos que marcaron para sempre a moita xente, por suposto a moitos dos nosos veciños e tamén seguramente a familiares nosos.

Agora co traslado dos restos do dictador veume á memoria uns comentarios que escoitei fai un tempo pola parroquia, os que o comentaron facíano en voz baixa e como que non querían falar do tema nin que se soubese quen o dicía, o medo aínda pervive en moitas mentes.

Entón decidín falar cunha persoa que é un estudioso do tema, quería preguntarlle si sabía de algo, si estaba documentado nalgún lado que en Cerponzóns había algunha fosa, ou ben si sábese si chegaron a matar na nosa parroquia a algún preso.

Fai uns días tiven unha nova conversa, esta vez co historiador Xose Álvarez Castro ( Pontevedra, 1953).

Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en Xeografía e Historia. Master en Educación Ambiental.

30 de Outubro 2019.

Café Moderno, un café con leite é un descafeinado.
Pepe Álvarez e un home que participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), e na recuperación da Memoria Histórica, entre outras muitas máis cousas, ademáis por poñer aigún exemplo, e autor de numerosos artigos sobre historia e medio ambiente, como tamén autor do blog ” Pontevedra nos anos do medo”
Dime Pepe, cómo sucedían os “paseos” ?

Os represores manexaban unhas listas que en ocasións eran modificadas, tanto para engadir nomes como para eliminar outros, debido a vinganzas persoais, relacións de amizade ou recomendaciones e sobornos a determinados elementos das milicias cívico-falangistas. Outras veces, os represaliados eran detidos nas súas casas ou nos seus refuxios, xeneralmente nos montes dos alrededores, aos que fuxiran como medida de precaución ante o cariz que tomaban as cousas.

Na maioría dos casos, os detidos eran torturados antes de ser asasinados e os seus cadáveres depositábanse nas cunetas das estradas de acceso á cidade, proximidades de cemiterios, ou en lugares transitados, para que o sucedido tivese un valor exemplarizante. O cemiterio de San Mauro, a curva de O Couto en Tenorio, os malecons da estrada cara a Monte Porreiro, o monte da Caeira, o lugar de Carabelos….son sitios de triste memoria en Pontevedra.

Polo que me conta Pepe a estrada nacional 550 foi tamén un lugar por onde se chegaron a realizar moitos casos destes, un dos lugares próximos á nosa parroquia onde hai recolleitos datos é a parroquia de Alba, exactamente por onde estaba o cruce hacia San Caetano que había fronte ao Restaurante Corinto.

Tamén o máis seguro que en algún lugar de Cerponzóns sucedesen casos, un dos lugares seguramente fose no límite co Concello de Barro, e tamén outro sitio na zona do Chan do Monte……
Hai de quén dixo fai tempo que algún veciño da Parroquia cando era un neno había visto polo Chan do Monte que andaban a matar nos homes, polo que hai escrito en libros, artigos e documentales de cómo facían “os paseos” aos que mataban nunca eran da Parroquia donde sucedían os feitos, poida que este relato que poño a continuación teña que ver con aquel fatídico día, o cal viviron algúns veciños, entre eles o neno que muitos anos despóis volveu a recordar aquel feito, donde él tamén estaba nese momento tan desgraciado polo Chan do Monte …..
En un dos libros do historiador Dionisio Pereira conta o seguinte :

…. a partir da data fatídica do 11 de Agosto, todo mudou.

Os falanxistas cerdedenses habían recibido unha notificación da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para que baixaran seis veciños daqueles máis destacados das esquerdas.

A condición que lle poñían era que tiñan que chegar mortos á capital da provincia.

Os elixidos foron Severino Bugallo, Manuel Garrido, José Torres, José Cortizo, xunto cos souteláns Jose Maria Taberneiro, alcumado “O Rolo de Vilapouca”, e Jesús González.

Non se chegou a saber si foi grazas a intervención de Vicente Bugallo, irmán de Severino e Xefe da Falange de Soutelo de Montes, á instancias da súa cuñada Jovita, ou polo prurito de non asasinar ” in situ” aos conveciños, o caso é que os falanxistas cerdedenses decidiron baixar os reos a Pontevedra pero vivos, e alí decidir qué facer.

De novo a intromisión de Vicente Bugallo, que intercedeu polo seu irmán e conseguiu que alguén o reclamara da Comandancia e o metera nunha fonda, frustrou parcialmente os seus plans; sen embargo, ao día seguinte, catro corpos nos primeiros kilómetros da estrada de Pontevedra a Santiago. Faltaba o de Manuel Garrido, alcumado ” O Negro”, que foi dado por morto cun tiro no peito na altura dos Milagres de Amil e puido zafar mercé algunha persoa solidaria que lle axudou a voltar ao seu domicilio, onde a muller agachóuno e procedeu a curarlle as feridas. Dende aquela, a Garrido chamóuselle tamén “O Resucitado”.

N550, pola zona do Chan do Monte

Outros comentarios de veciños  da parroquia dicían sobre este feito que había unha fosa polo lugar do Chan do Monte, e que alí os enterraban e ata algún aínda estaba vivo cando estaban botándolle terra encima.

Estes comentarios nunca foron lidos en documentación algunha polos historiadores, polo cal a dúbida de que exista unha fosa común na Chan do Monte seguirá existindo.

Sigo preguntando aos veciños por si recordan oír este suceso, unha veciña comentábame fai uns días de escoitar que pola Tilleira sucedera ese feito, pero non recorda máis.

Outro veciño coméntame de que uns nenos atoparan fai anos uns ósos, que debido ao tamaño que tiñan parecían de humanos, pero non quixeron dicir nada porque por medo a que lles dixesen algo volveron a enterralos.

Outra veciña é máis explícita ao contar este feito :Recorda que foron seis homes os que aquel fatídico día ían darlle o tiro de graza, polas inmediacions do Chan do Monte, conta que ao chegar ao lugar baixáronos do camión e dispararon a todos, cinco deles morreron no acto e un gravemente ferido escapouse, chegou a Moraña desangrado, unha veciña do lugar socorreuno e tívoo escondido na súa casa durante uns días ata que avisaron á súa muller que veu a por el, polo que soubo despóis de un tempo este home era de natural de Campolameiro.

NOTA :

Con Xosé decateime que un dos peores asasinos máis coñocido daquela época que houbo en Pontevedra non o querían nin ver na Falange, imaxinarvos como sería, eu ata ese momento estaba convencido que era falangista, pero hai documentación donde se dí claramente o rechazo que había hacía él, ata na súa familia no podían ver. 

Este enlace e sobre o noso vecino Juan Magdalena :

https://anosdomedo.blogspot.com/2019/11/contra-o-esquecemento-juan-magdalena.html

14- CONVERSAS CON GLORIA LIS CORRAL

Gloria foi a última mestra que impartiu clases na ESCUELA PARROQUIAL DE CERPONZONES, hoxe en día coñocida como Casa do Pobo de Cerponzóns.

Gloria Lis Corral

28 de Outubro 2019

Lugar : Café Moderno, un mosto é un café con leite.

Nome : Gloria Lis Corral (27/06/1943) Villalonga.

Impartiu clases por vez primeira nun pobo que se chama CABEZA DE CAMPO, corrían os anos 1963/64, o diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar indicaba o seguinte sobre este lugar :

Lugar en la provincia de León, partido judicial de Villafranca del Bierzo, diócesis (vere nullius), perteneciente a la abadía de Villafranca, ayuntamiento de Corullón; Situado en una llanura a la margen izquierda del río Selmo, con libre ventilación y clima bastante sano. Tiene iglesia parroquial servida por un cura, y buenas aguas potables. Confina N Melezna; E Arnadelo; S Sobredo, y O el río Selmo. El terreno es llano la mayor parte; le fertilizan las aguas del indicado río, y produce castañas, centeno, vino, habas y alguna fruta; cría ganado vacuno, lanar y cabrío; caza de varios animales, y pesca de truchas y otros peces. Población: 67 vecinos, 287 almas. Contribución: con el ayuntamiento.

Cabeza de Campo, ano 1964.

Gloria después de estar dos años en Cabeza de Campo, se traslada al pueblecito de Villategil, una localidad del concejo de Cangas de Narcea, este precioso lugar está situado a una altitud de 770 m., actualmente tiene una población de 27 personas y 8 viviendas. En este lugar está desde 1964 ata finalizar o curso escolar do ano  1965.

Villategil

Gloria contrae matrimonio en 1965 con José Rivas Fontán. O matrimonio tivo catro fillos, tres deles naceron na época que estivo de mestra en Cerponzóns.
Gloria comezou a impartir clases en Cerponzóns o día 1 de Setembro do ano 1968 e finalizou o 31 de Decembro do ano 1973.

Edición do Concurso General de Traslados, 17/06/1966
Aparece como destino de Gloria San Esteban de Salto, pero o lugar a cal foi destinada era Vilela
Contraportada da edición, o costo da publicación era 53 pts.

Gloria levaba tres anos de casada, e anteriormente o seu destino fora o pobo de Vilela (Rodeiro), foron uns meses soamente impartindo clases nese lugar, pois o xefe do seu marido naquel momento, o señor Cifuentes, ao decatarse de que estaba nese lugar e ademáis cunha filla de pouca idade, uns meses nada máis, a cal levaba consigo para a escola donde estaba, un lugar que as paredes estaban cheas de humidade, terminando en dar as clases na cociña da casa habilitada en colexio, contaba con tres alumnos.

Igrexa da Parroquia de Vilela

 

Santa María de Vilela é unha parroquia que pertece o Concello de Rodeiro, actualmente anda nos 90 habitantes. Constitúe o extremo nororiental do municipio. Destaca o emplazamento castrexo de Cantelle (901m) desde onde se chega a divisar ata a Serra do Courel e os Ancares. O castro conta cun anel defensivo en todo o perímetro, con porta dobre e dende el pódese apreciar outros 3 emplazamentos castrexos nunha paisaxe de claro interese.

Paisaxe de Vilela

CHEGADA A CERPONZÓNS : 

O señor Cifuentes dille a Pepe Rivas que Gloria non podía seguir así naquela situación, soa, cunha nena e tan afastada do seu marido e da súa familia. Cifuentes exercía de Inspector de Educación e coméntalle a Pepe Rivas que Gloria pida a excedencia, que él xa arranxaría para que puidese estar máis preto de Pontevedra, quizáis nunha Escola de Patronato que estivese naquel momento sen mestres en algunha parroquia da provincia.

Cifuentes díxolle a Pepe Rivas, que daquela estaba exercendo de mestre, que intentase pescudar si había algunha escola por algunha parroquia da súa contorna.

Foi cando entra en escena o cura párroco D. Benito, tanto Gloria como Pepe gardan un grato recordo deste cura, como tamén de D. Manuel é de D. Luis Alcántara.

Falaron con D. Benito por si sabía de algunha parroquia que necesitase de mestra, así foi como comentoulle da parroquia de Cerponzóns, que era o lugar indicado para Gloria.

Recibiron de parte de D. Benito un gran apoio, primeiro pola axuda que lle dou para preparar todo o papeleo para presentar ante o Obispado , D. Benito dirixiulle unha carta onde escribía da súa propia man que era necesario impartir clases no lugar de Tilve, que era moi necesaria ter escola alí, e ademais era viable, dado a cantidade de nenos e nenas que por aquel lugar e alrededores había sen escolarizar.

Aínda así Gloria e máis Pepe, ainda coa axuda de D. Benito, tiñan as súas dúbidas para poder levar cabo aquela aventura, a casa-colexio estaba moi deteriorada e necesitaba dun arranxo, cousa que tiña que ser realizada por parte deles, eran tempos difíciles, ademáis estaban recentemente casados e cunha filla de pouco tempo, naquel momento non tiñan suficiente diñeiro para acometer as obras necesarias, era imprescindible pedir un crédito sinón non podían arranxar o que hoxe coñocemos pola Casa do Pobo, e alí estaba D. Benito para animalos e convencelos de que fosen ao Banco e pedisen un crédito, acompañounos á entidade bancaria para negociar e ser ademáis aval para a xoven parella de mestres que estaba comezando a súa vida matrimonial.

Era unha considerable suma de diñeiro a que facía falta, tiveron que afrontala naqueles anos con muitos sacrificios, entrañaballe moitas dúbidas de si poderían levar a cabo o que tiñan en mente, Don Benito non dubidaba en que sairían adiante co seu proxecto e asi foi.

NOMEAMENTO DE GLORIA LIS , ANO 1968

Doña María Gloria Lis Corral, excedente, para la mixta creada por orden ministerial de 26 de Junio de 1967 en San Vicente de Cerponzones (Pontevedra), del Patronato Diocesano, previo reingreso en el servicio activo de la enseñanza.

Para Gloria a estancia en Cerponzóns foi un periodo moi significativo na súa vida, como dixen anteriormente, tres dos seus catro embarazos levounos consigo estando na nosa parroquia.

Para ela o cambio de escola foi rotundo, para empezar o arranxo que había que realizar naquela casa e logo disto, a cantidade de nenos e nenas que tivo ao seu cargo, dado que nas outras escolas o número de alumnos oscilaba entre tres e ao moito dez.

Todo o contrario ocorreulle en Cerponzóns, tivo alumnos que oscilaban entre os seis e catorce anos, e chegou a ter en clase a uns cincuenta, a época en que menos tivo foron corenta.

Gloria comeza a recordar e vaime dicindo o que máis lle sorprendeu ao chegar a Cerponzóns…..

Juan, notei un cambio enorme, dos pobos en que eu estiven, pobos de moi interior, onde a xente tíñase que desprazar en burro e tardaban horas en chegar ao lugar de destino, vía como estaban interesados en que os seus fillos estudasen, que puidesen ser algo o día de mañá, todos os pais , todos, querían o mellor para os seus fillos.

En cambio en Cerponzóns , como tamén ocorría noutras parroquias, a unha gran maioría dos pais non lle daban esa importancia que eu vía nos outros lugares onde había estado impartindo ensino, os fillos tiñan que botar unha man nas tarefas do campo, e cando non había nada que facer, entón enviábanos ao colexio.

Había moita miseria, moitos pais analfabetos, algunha familia con problemas de alcohol que os transmitían aos seus fillos….recordo unha vez de ter que falar coa nai dunha nena, a pequena chegábame a clase cun cheiro a aguardiente impresionante, ao comentarllo á nai da criatura, contestoume que co frío que facía pola mañá o mellor que había para entrar en calor era unha copiña de aguardiente, que iso non lle facía mal á nena.

Outro día, estando no recreo, (os recreos eran no xardín que había detrás da escola, colocaba aos nenos naquela mesa enorme de pedra, debaixo do camelio, alí estábase xenial), un dos nenos, moi travieso por certo, púxose a subir a un dos frutales e ao saltar caeuse encima dunha táboa que tiña clavos oxidados.


Inmediatamente ao ver a ferida chamei a María Luisa, a irmá de D. Benito, fixémoslle as primeiras curas e mandei recado por un dos nenos que fose avisar á nai do pequeno.

Ao chegar a nai comenteille o sucedido e inviteille a baixar comigo no coche para ir ao médico e así poñerlle a vacuna do tétano.

Así foi, eu daquela vivía por Benito Corbal e moi preto miña había un médico coñecido, o doutor Fernandez Arruti, fomos xunto a él, púxolle a vacuna e fíxolle de novo as curas.

O doutor deulle as instrucións á nai do pequeno de como tiña que facerlle durante uns días e por suposto que non lle fose dar a beber nada que contivese alcohol, o doutor dábao por feito, pero a súa sorpresa foi maiúscula cando escoitoulle dicir á nai : bo doutor, un vasiño de viño a comida non lle fai dano….

A RELACIÓN CON D. BENITO E D. MANUEL

Á hora de preguntarlle a Gloria polo tipo de ensino que ela impartía, na época franquista máis ben, eu quería saber si era libre para dar as asignaturas que ela vise conveniente, ou ben tiña que obedecer ao ordenado.

Gloria tiña liberdade de cátedra, ainda que daquela era habitúal seguir uns hábitos ao chegar a clase, había que persignarse, dicir unha oración etc. Ela iso o foi deixando de lado, non vía normal esa actitude cos nenos, para ela cada un tiña na súa casa e na Igrexa os lugares apropiados para que lle ensinasen o crían conveniente.

Ao preguntarlle si D. Benito vía ben o seu ensino, deixando de lado o relixioso, Gloria contestábame que nunca lle dixo nada, nunca me chamou a atención por iso, D. Benito entendíao e xamais me dixo nada, asentiu.

Vólvoche a dicir que aínda que eu procedo dunha familia moi relixiosa, en cambio eu nunca fun de ir moito a misa, pero a miña relación cos tres curas que che dixen foi sempre marabillosa.

De D. Manuel, só podo dicir que CHAPÓ para él, sempre respectou as miñas ideas, a súa relación foi sempre en grao sumo cordial.

Eu sempre o tiven claro, o meu método de ensino era para todos os meus alumnos de igual xeito, respectando sempre a súa raza, cor, relixión etc. Dábame rabia escoitar como algúns dos meus compañeiros querían influír no seu alumnado impartiendo materias que eu as vía impropias, eu estaba no ensino para o que estaba, non quería discriminar a ninguén por motivos políticos , relixiosos ou de calquera outra índole.

NA XUNQUEIRA

Baixo o punto de vista de Gloria a creación de grandes colexios con aulas adecuadas á idade do alumnado, exemplo o colexio A Xunqueira , o primeiro colexio deste tipo a nivel nacional, fixo que aqueles colexios de patronato e os colexios nacionais creados polos anos sesenta por muitas parroquias, fosen desaparecendo.

Os nenos ían estar mellor atendidos e ensinados, ao longo dos anos en que estiven destinada na Xunqueira, dime Gloria, non perdín contacto cos pais e cos nenos de Cerponzóns, gustábame ir vendo a súa evolución e sempre que estaba cos pais dicíalles o mesmo : facede todo o posible para darlle estudos aos vosos fillos, é a mellor herdanza que podedes deixarlle, o día de mañá agradeceránvolo.

CURIOSIDADES

Tamén me contou Gloria que os anos sesenta os dia un de cada mes non había colexio, ese día era cando todos os mestres das parroquias e vilas viñan á cidade de Pontevedra, tiñan que ir a un lugar onde lles pagaban a súa mensualidade,  moitos destes mestres e mestras inclusive viñan a Pontevedra o día anterior ao finalizar as clases, e durmían na cidade, así o día de cobro dedicábano a realizar visitas a médicos, a ir de compras etc. e así durante todos os meses do ano, ata que anos despóis xa foron cobrando por medio da Caixa de Aforros.

<><><><><><><>

Unha das súas alumnas máis coñecidas por todos é a que foi veciña da parroquia, Elvira Ribeiro Tobío,  gran escritora con varios premios acadados nestes últimos anos.

Gloria recórdaa desde moi pequena e xa lle notaba os seus dotes como poeta.

<><><><><><>

Tivo unha época onde pediu a excedencia de casada, pouco despois tivo que pedir de novo permiso para exercer e así non perder os dereitos adquiridos.

Información sobre as leis da época:

http://www.ub.edu/ciudadania/hipertexto/evolucion/trabajos/9900/2/reformas.htm

PREOCUPACIONS

O que Gloria nota máis en falta nos colexios é a falta de profesionais que puidesen axudar a nenos e nenas con problemas estructurales, aqueles que non tiveron axuda, información e consellos para poder evitar entrar no mundo da droga, a delincuencia etc., esa falta de profesorado adecuado é o que máis bota en falta Gloria.

><><><><><><><

Gloria ve con tristeza como as parroquias cada vez están máis despobladas, como a xente vai deixando de traballar as súas terras, das mellores que hai para cultivar, e ve con pena que moita xente que ten a súa leira para cosechar prefiren ir comprar as patacas e as cebolas ao supermercado.

ACTUALMENTE 

Gloria logo de pasar 40 anos no ensino xubílase no ano 2003, podía seguir pero a intención era axudar ás súas fillas no coidado dos seus netos, pero aos poucos anos, cando estaban xa crecidos, atopouse que tiña moito tempo libre e que necesitaba dalgunha actividade, foi precisamente na Cruz Vermella e desde o ano 2013 que está a impartir clases uns días á semana, alfabetización a grupos de adultos, séntese moi ilusionada vendo como van avanzando en lectura e tamén en matemáticas, o máis básico e necesario para eles.


13- CONVERSAS CON PILAR CARBALLO

CONVERSAS CON…
Pilar Carballo


1 de Outubro 2019,  17:00 horas, na casa de Pilar.
Facía uns días recibía unha chamada de teléfono, era Pilar Carballo, foi grazas a sua sobriña Monica ( filla de Amalia),que foi quen lle falou de min, falamos das miñas intencions, e así foi como puiden atoparme con ela para conversar dos seus recordos de Cerponzóns.

Sendo eu  moi pequeno a miña irmá Maricarmen levoume ao colexio, a actual Casa do Pobo, onde durante anos impartiron clases a saga dos Carballo, eu era moi pequeno e poucas cousas teño na miña memoria sobre eses momentos.

A miña irmá tenme falado moito sobre as irmás Carballo, hoxe será Pilar a que me conte os seus recordos e anécdotas que garda na súa memoria.

Todo comeza en Pedrafita do Cebreiro (Lugo), lugar onde naceu o seu avó Luciano Carballo, e de Vega de Valcarce  ( León) de onde era natural a súa avóa.

A PRIMEIRA MESTRA DA SAGA DOS CARBALLO :

Unha tía de Pilar, María Aurelia, foi a primeira mestra da familia que estivo dando clases en Cerponzóns, aprobara as oposicións, pero con 17 anos aínda non podía exercer, entón desde o Obispado cedéronlle a casa para poder dar clases, a que pertencía á Fundación Fernández de Prada, Pilar recorda que daquela época a paga que tiñan os mestres era moi pouca e ademais pagábanlla anualmente.

Mª Aurelia Carballo Valcarce, mestra en Cerponzóns nos anos 20

Esta documentación é do ano 1929, aparecen nomes de mestres, pódese observar unha subvención concedida á Fundación Fernández e González de Prada. Estaba naquel momento de mestra María Aurelia Carballo.

Comenza o texto decindo : Maestros de Patronato y Congregaciones religiosas a quién se concede subvención. María Aurelia Carballo recibiu ese ano 1.500 pesetas, e decir 125 pesetas ao mes.


Ao falar da Casa do Pobo a Pilar vénlle á memoria o grande que era aquela casa,  e o gran terreo que tiña ao seu ao redor, era unha pasada dime, alí criámonos todos, o terreo chegaba ao que hoxe é a parte nova do cemiterio, na época do seu avó, que chegou desde Campaño ( o primeiro destino que tivo en Pontevedra), recorda que había muitísimos animais, gansos, galiñas, ovellas, porcos…

Como dixen antes, o seu avó era da provincia de Lugo e a súa avóa pertencía a unha familia moi importante de Vega de Valcarce, situada na comarca do Bierzo, provincia de León.

Pedrafita do Cebreiro
Vega de Valcarce

O AVÓ LUCIANO

O avó de Pilar, separadamente de mestre era perito calígrafo, sendo moi novo un tío da súa muller pediulle facer un documento no cal comprometíase porque ademais quería que realizase unha firma que non era a súa, ante esa situación o avó de Pilar negouse e desde aquel momento as relacions familiares foron alonxandose. Vendo a situación incómoda en que a partir dese momento comezaron a ter co seu parente, decidiron marcharse do lugar, o avó tiña un bo número de promoción e pediu destino, a parroquia de Campañó fué a donde o enviaron.

Veuse toda a familia, numerosa por certo, a tía Aurelia era a maior dos irmáns e instaláronse na Casa do Pobo.

Era o 10 de Novembro de 1931 cando a publicación ECOS DEL MAGISTERIO fai referencia a un escrito de Luciano Carballo Quiroga.

Era debido a un pleito en beneficio da Comunidade de Mestres.

Ao final do escrito indicaba onde podían enviar a correspondencia : para enviar correspondencia dirixirse a Luciano Carballo Quiroga, Mestre Nacional Xubilado

San Vicente de Cerponzones.

Luciano Carballo Quiroga, en Ecos del Magisterio

PILAR, ESPERANZA, PEPA…..

Pilar emociónase de novo ao recordar o lugar donde viviu, era precioso, eu era a máis pequena e gozaba cos meus irmáns de todo aquel lugar, había figueiras, cereixos, manzanos, perales, viñedos con variedade de uvas, tiñamos unha bodega, un forno , cuadras….

Cando eu nacín, dime Pilar, corría o ano 1940, veu para miña casa unha señora que era do lugar do Cunchido, chamábase Esperanza, coñecíana polo alcumo da Chinchilla, unha sobriña dela fora a vivir para Lerez, según  Pilar cree que aínda vive hoxe en día nesa parroquia.

Só foi nomear a Esperanza e a Pilar crébaselle a voz e comeza a chorar, para ela Esperanza o foi todo na súa niñez, para ela foi a súa segunda nai, Esperanza  estaba solteira e co tempo tiña a súa habitación en casa dos Carballo, foi unha máis na familia.

É que Esperanza crioume, eu andaba sempre detrás dela, como un cordeiriño, eu tiña poucos anos e recordo que daquela íase andando a Pontevedra, eu ía con ela, a recordo coma se fose hoxe, con aquela cestiña na cabeza.

Chegaban a Pontevedra e mercaban o pouco peixe que había, ou a carne si se daba que había algunha festa, despois ao subir para Cerponzóns paraban nun ultramarinos que había en Lérez, alí entregaban a cartilla de racionamiento e recollían a fariña , o arroz, o aceite…Pilar volve a sollozar e vaime dicindo que para ela Esperanza foi a muller máis boa do mundo, sécase as bágoas e segue recordándoa, quedoume moita pena cando me fun para Asturias, ela xa era moi maior, cando había algunha discusión entre a miña nai e ela, eu me poñia no medio das dúas, defendendo a Esperanza, queríaa muitisimo.

Doume muita rabia cando me enterei que estaba no Asilo, eu estaba en Asturias, mui lexos, a miña idea era tela conmigo, pero a distancia era muita, ainda así cando fomos destinados a outro lugar que tiña unha casa máis grande, quixen traer a Encarna, pero xa era tarde, había falecido.

Recórdaa facendo pan no forno e roscas, muitas roscas ! Os seus pais chegaron a ter máis de vinte afillados  na parroquia.


En época de traballar as terras viña xente a axudar, era moito o terreo que había para sementar, e recorda moitísimo agarimo tamén a unha señora de nome Pepa.

Pepa era moi baixiña, vivía en fronte á gasolinera da Ermida, mira si era baixa, dime Pilar, que o mango do lejón era máis alto que ela, imaxína como sería !

De Pepa recorda que tiña un fillo e unha filla, a filla de nome era Carmen, do fillo non se recorda, a filla Carmen co tempo era a que ía a Pontevedra a facer os recados que habitualmente realizábaos Esperanza, pero ao facerse maior foi Carmen a que se encargaba. Que traballadora era Pepa ! Comezaba a traballar e non paraba, era seguido o seu traballo, só paraba á hora para comer, que muller máis traballadora !.

Nós iamos á tenda de Falcón, quedaba preto de casa claro, comprabamos pouca cousa, de paso collíamos o pan que nos deixaba alí o panadeiro de Lerez.

Os recordos de Esperanza vólvenlle á memoria a Pilar, de cando a acompañaba ao Caeiro, a lavar a roupa, ela era pequena, pero sempre a donde ía Esperanza, ía ela.

Falamos de novo da enorme leira que había detrás da súa casa, mira Juan, recordo que tiñamos unhas maceiras  que estaban situadas á beira mesmo do cemiterio, as súas mazás eran de cor vermella e coñeciámolas co nome das mazás do demo e moita xente non as comía porque dicían que sabían a morto.

Tamén recordo ver ao meu pai estar encima das ramas dos cereixos, que cereixas tan grandes tiñan !

No verán adoitabamos comer na mesa de pedra que está situada debaixo do camelio, por certo ese camelio plantouno o meu avó, mira que si ten anos !

Camelio e mesa de pedra donde comía a familia Carballo.


E na parte superior, onde está situado o muro había un viñedo que tiña diferentes clases de uvas.

O meu pai era un gran cazador e pescador, recordo de que ía moito por Santarandán, aínda hoxe en día temos algunha propiedade alí, aínda que algún veciño xa anduvo cambiando os marcos jajaja. Pois falando de meu pai, a veces collía no rio Rons as troitas a man, de tantas que había !
Pola parte dianteira da casa tiñamos unha galería onde se vía o cruceiro, había tamén unha gran robleda onde xogabamos os nenos e as nenas, por diante da casa pasaba a presa do auga, e teño un recordo que me fai moita graza.

Canducho, que vivía na Bouza, traía sempre na súa cabeza unha boina posta, achegábase á presa e collia a boina coa man e tirábaa á presa, mentres dicía: EU SONCHE ASÍ ! E despois volvíaa a colocar a boina na cabeza toda mollada, jajajaja.

A EMIGRACIÓN

Cando empezamos a falar da emigración a Pilar volvéronlle a caer as bagoas , aínda que a ela directamente non lle afectou que na súa familia emigraran, pero causáballe moita pena ver que aqueles veciños e veciñas que tiña moita relación con eles  e marchábanse da súas casas, e os seus amigos , que pena lle daba, íanse os seus amigos de infancia !  aqueles con os cales xogaba e merendaban debaixo do camelio, na mesa de pedra, onde a súa nai preparáballes na época do Entroido as filloas e follas de limón.

Acórdase de Faustino do lugar de A Bouza, fillo de Eugenia,  era un home marabilloso, moi boa persoa, tivo unha enfermidade moi grave, daquela non se sabía o que era, hoxe en día sí, tivera un Cancer de colon, pasouno moi mal, un dos seus fillos de nome Inocente era afillado dos seus pais, Faustino morreu os 34 anos.

Recorda que Eugenia quedara cos netos, aos cales deulles clase a nai de Pilar, máis tarde fóronse para Montevideo, onde estaba Fina, a súa nai, anos máis tarde Fina volveu á súa terra, quizais a vender as propiedades que herdaran, pronto se foi de novo, máis tarde tamén se foi Eugenia un tempo cara alá.

Despois cando Pilar foise para Asturias xa non soubo máis desta familia.

Tamén recorda a unha señora, de nome Dolores, era a caseira do cura, tamén lle deu moita pena a súa marcha para o Uruguay, un día Pilar foi co seu pai ao porto de Vigo, a despedir a uns veciños, era horrible ver aquel barco con tanta xente chorando, tanto os que se quedaban como os que se ían, recorda entre bagoas.

Pilar aínda é hoxe o día que cando ve pola televisión a toda a xente que emigra comeza a chorar, os recordos daqueles anos están sempre presentes na súa mente.

O CHAN DO MONTE

Pilar recorda ao seu pai de ir xogar ao fútbol ao Chan do Monte, e tamén cando ían a Verducido a xogar , nai miña ! que pelexas se montaban entre eles ! O meu pai sempre o comentaba en casa cando estabamos comendo, sempre que xogaban entre eles, sempre acaba en pelexas entre uns e outros.

D. José Carballo , pai de Pilar

Unha vez iamos uns cantos nenos en dirección ao Chan do Monte e a metade de camiño pasoume un detalle de coidado, eu tería daquela cinco ou seis anos.

Si vas desde a Casa do Pobo en dirección ao Chan do Monte a metade de camiño aproximadamente, e a man esquerda había no monte unha especie de focha enorme, parecía como unha cova .

Recordo que na época dos Reis Magos o meu pai traía de Pontevedra xoguetes para todos os nenos que ían ao colexio, daquela o meu pai coñocia a xente importante da cidade e pedíalles os xoguetes.
Os días de Reis na miña casa era un número, coméntame Pilar, ver aqueles nenos subir a casa todos ilusionados por ver que lle trouxeron os Reis, recorda Pilar que subían as escaleiras e atopábanse cun recibidor, o cal estaba adornado cuns mobles de mimbre, e había unha porta enorme para entrar na escola.

Dita porta era moi pesada, ata cre recordar que tiña unha tranca. É aquela porta tiña por unha banda unha estantería chea de libros, e pola outra parte era normal.

Recordando os libros da porta vénlle o recordo da cantidade de libros que había naquela casa, tiñan libros das carreiras dos seus tíos, tamén había colección de novelas, había centos de libros, a pena foi que ao final terminaron queimándoos, aínda hoxe en día una das fillas de Pilar aínda se bota as mans á cabeza por terminar desa forma a gran colección de libros que alí tiñan. Con respecto á porta Pilar volve falarme dela, é que era enorme, debía pesar uns mil quilos, e un deses día de Reis meus pais abrían a Porta, e o entrar na escola alí estaban os xoguetes, recorda que os seus pais trouxéronlle aquel ano un moneco de cor negro, Pilar emocionouse de tal forma que comezou a chorar o ver o moneco.

Tamén ten un recordo doutro día de Reis, os seus pais baixaran á capital para recoller os xoguetes que lles tiñan preparados, mentres tanto os nenos e as nenas decidiron ir ata o Chan do Monte, e achegáronse á focha que comentara antes, Pilar levaba posto un abrigo e o seu pelo iba recolleito con duas coletas enormes.

De súpeto todos se puxeron ao redor daquela focha, para eles era como unha cova, era moi fonda, acórdase perfectamente que estaba o seu irmán e catro ou cinco pícaros máis, puxéronse todos agachados mirando cara ao fondo, e de súpeto un dos nenos colleu unhas cascas de eucalipto e prendeulle lume, seguidamente outro neno fixo o mesmo e comezaron a dar voltas á focha con aquelas cascas ardendo, vese que un dos nenos ao pasar por xunto Pilar caeulle parte das cascas ardendo é ela non se decatou, cando se deu conta diso o abrigo estaba ardendo completamente, Pilar comezou toda asustada ás presas a correr monte adiante e o seu irmán intentando ir detrás dela para apagar o lume, as trenzas do pelo salvoullas por pouco e o seu irmán sempre que recordaban ese momento metíase con Pilar dicíndolle que grazas a él salvoulle a vida, Pilar rise por primeira vez recordándome esa anécdota.

Foi un susto moi grande, o meu irmán tivo que desprenderse do seu chaquetón para apagarme o lume, quedeime en camiseta e braguiñas.

Baixaba cara a casa cunha dor espantosa, a señora Casilda, o señor Gumersindo…estaban todos asustados ao verme así, que boa era Casilda, sempre en época das cereixas dábanos das súas, que ricas sabían ! recordoa indo a Pontevedra a vender sementes, como a señora Hermosinda. As dúas eran moi amigas, si non mal recordo creo que Casilda era madriña da Rita, a filla de Hermosinda.

A Casilda unha vez botáronlle a culpa dun roubo e os meus pais defendérona con uñas e dentes, estaba traballando na casa duns señores e faltoulle algo, quixeron botarlle a culpa a Casilda, co a boa persoa que era, Casilda nunca faría eso.

Pois Casilda, mentres os meus pais non chegaban de Pontevedra foi a que me estivo coidando e poñéndome uns parches para acougar a dor, por certo que non sei que era o que me estivo botando, pero tiña un cheiro que hoxe en día me dá un non sei que, era un ungüento de cor amarelo, non recordo o nome.

Foi a única cousa de gravidade que pasei na miña niñez en San Vicente.

Tamén unha vez fomos ao río varios nenos, preto de Santarandán, un pouco máis abaixo de onde tiñamos a toxeiras, eramos uns oito raparigos, catro eramos irmáns…..comezamos a xogar e cando nos demos conta fíxose de noite, entón os meus pais e os pais dos outros raparigos comezaron a preocuparse pola nosa falta, empezaron a dar a voz de alarma e foron falar co cura para que tocasen as campás, todo o mundo implicouse na procura, cando nos atoparon a miña nai dou lles unha boa malleira aos meus irmáns, a min, como era a pequena non me tocou, pero os demais levaron de xeito abondo, os meus irmáns aínda é hoxe o día que mo botan en cara jajaja, cando nos reunimos nalgunha comida familiar e recordamos estas cousas sempre están dicíndome que eu me salvei da malleira, eu contéstolle que non tiven a culpa, eu era a máis pequena e que facíalles caso a eles.

PILAR CASA CON CANDIDO

Mentres os anos ían pasando, a súa tía conseguía unha nova escola, era máis importante que a nosa e vaise de Cerponzóns,  collendo a substitución María Severina, a nai de Pilar.

Pero o tempo ía pasando e despois ao facernos maiores fomos a vivir a Pontevedra, pois para estudar éranos máis cómodo.

Houbo unha época en que a nai de Pilar tivo que irse por un ano a Madrid, a opositar, foi cando, con permiso do Obispado, Pilar comeza a dar clases con 17 anos en Cerponzóns, o seu agarimo pola parroquia era tal que non podían deixar de dar clases a aqueles nenos e nenas.

Pilar cásase no ano 1961, rise cando pensa en que ninguén da súa familia pensaba que se fose a casar con Candido, con aquel señor maior, que estivo soamente un ano en Cerponzons, pois o seu posto era temporal, e tivo que irse  a dar clases a Salvatierra, nadie podía pensar que o amor xa prendera en eles, e seguiron véndose….

Candido aínda estando en Salvatierra, todos os fins de semana viña para Pontevedra, e Pilar collía o autobús e íao velo, recorda Pilar que un día o seu pai a viuna  na parada do autobús e preguntoulle a donde ía, ela non quería dicirlle que ía xunto a Candido, díxolle que ía de visita, pero él non lle deixou ir, Pilar non tivo máis remedio que irse para casa, imaxínache, dime Pilar, como quedou chafado o meu marido, é que ademais non podía avisalo de ningún xeito, daquela non había teléfono móbil jajaja.

Pilar e Candido, vanse de lúa de mel, a súa primeira parada é na Coruña, Candido quería ensinarlle a Pilar onde pasara o servizo militar, si mal non recorda fora sarxento naquel tempo.

Logo de estar alí un día , vanse camiño de Oviedo, enamóranse daquela paisaxe, das súas xentes…deciden quedarse alí e pasan máis de dez anos por aqueles pobos, nas zonas mineiras,  Cangas de Onis, Mieres…..dando clases nos colexios e moitas clases particulares, moitas.

Cangas de Onis, anos 60

A súa intención era quedarse a vivir en Asturias, pero o pai de Pilar insistíalle cada certo tempo en que volvesen ás súas orixes, eles non estaban polo labor, eran felices alí, pero ao final volveron. Candido comezou unha nova andadura no mundo da enseñanza, impartiu clases no Hospicio e despois pasou para o Príncipe Felipe.

Un pouco despóis de falar da época de Asturias, pregunteille si casouse na nosa parroquia, si, contéstame, eu fun bautizada alí, fixen a primeira comuñón, confirmáronme, como os meus outros irmáns, todo en Cerponzóns…A maioría da miña familia está enterrada no cemiterio da parroquia, á beira do que durante anos foi nosa casa.

Alí está o meu marido, que se morreu no ano 1998, tamén teño á miña nai, a meu sogro…excepto ao meu pai, que está enterrado en San Mauro.

DOUS ANOS FATÍDICOS

Pilar gozou muitísimo na época que pasou vivindo na parroquia, encantáballe onde vivía, aquela casa tan grande, os animais, a leira coa horta…..cando tivo que vivir nun piso non se deu nunca adaptado, sentía a necesidade de ter unha casa, coa súa leira e o seu horto, hoxe en día goza precisamente disto, e cando ten calquera momento de tristeza e preocupación por algún motivo, vaise para o seu xardín e coida das súas plantas, alí esquécese de todo, e iso que o seu xardín quédalle pequeno ! A súa ilusión de sempre era comprarse unha casa, aínda que fose antiga e tivese que restaurala, e que tivese moito terreo para poder sentirse como na súa mocidade, añora esa falta toda a vida.

Pilar dime que si chegase a vivir o seu marido seguro que a haberían ter.

A falta do marido e doutros seres queridos nun periodo curto de tempo fixo mella en Pilar, non esquecerá nunca o que en dous anos sucedeulle, morreu o seu pai, o seu marido, o seu sogro e o seu xenro , catro homes en dous anos, foi horrible, chegou a odiar as flores, os cemiterios e todo o relacionado coa morte. Máis tarde morreu a súa nai, un sobriño xovenciño, cun futuro enorme por diante….máis adiante falece o seu irmán, sentiuno muitisimo, era un ano máis maior que ela e sempre pasaron xuntos a niñez, fálame que o seu irmán César fora un gran médico, traballou durante anos exercendo no Hospital Xeral de Vigo, estivo uns anos de xefe de urxencias.

Un home buenísimo, mui querido polos seus pacientes, ata tratou a algunha veciña da parroquia. Aínda sendo xa maior, Pilar recorda de ir á Casa do Pobo, miñas irmás levaban os amigos que tiñan en Pontevedra a pasar o fin de semana, eramos moitos os que estabamos alí, todos quedaban impresionados da enorme leira que había, cos frutáis, daquela aínda non estaba feita a parte nova do cemiterio.

Mentres miramos algunha foto que lle vou mostrando no móvil , imos falando dalgúns veciños que lle veñen á memoria, pregúntame por Clara, como está Clara ? Antes cando subía a Cerponzons víaa alí fóra da súa casa, fai tempo que non a vexo, ela foi moi traballadora, a recordo traballar na nosa casa, tamén lle ía a facer a limpeza ao despacho do meu cuñado…tamén me comenta dalgúns veciños aos cales o seu pai influíu para que lle desen traballo na Cross…seguimos vendo fotos do blog de Ana, voulle indicando quen son os das fotos e comeza a falar de moitos deles, Isabel, Valentín, o cura….de cando en vez sorpréndese dalgunha foto, noutras comenta o guapas que saen as mozas….Pilar non sabía que tiñamos tantas fotos, seguimos vendo máis…. , as festas do ano 1923….

Son tantas as fotos e fanlle tanta ilusión que lle deixo a dirección do blog de Ana para que as vexa noutro momento.

Aínda que non é de ver moitas fotos, e menos que fáganlle fotos a ela, porque di que sae moi fea nelas, pero faille ilusión ver as da xente da parroquia, mentras eu pídolle que me mostra algunha das súas…

Pilar mostramé as fotos que ten expostas no salón da súa casa, tivo catro fillos, que lle deron tres netos, en un dos mobles do salón os tennos a todos alí, presidindo a exposicion está colgada na parede a foto da tía Aurelia, a primeira mestra da saga dos Carballo.

Pilar sempre terá no seu corazón á súa parroquia que a viu nacer, cando lle pregunto si os seus fillos e netos teñen o mesmo sentimento por Cerponzóns contéstame que non, xa que eles non naceron alí, non viviron nunca, soamente teñen un lazo de unión coa parroquia porque lle acompañan cada ano ao cemiterio, a visitar o lugar onde están parte dos seus seres máis queridos.

Grazas Pilar por esta conversa.

12- CONVERSAS CON JOSÉ LUIS VILAR PÉREZ 

23 de Agosto 2019.

11:00 horas, dous cafés cortados e conversamos…..

Ano de 1950, lugar de Tilve, nace José Luís, fillo de José e Pilar, a súa nai dá a luz na casa de Hermosinda, onde vivíu a familia Pérez Angulo durante anos, naceu él e os seus outros irmáns (daqueles tempos todos naciamos nas nosas casas), menos o irmán máis novo, a súa nai tróuxoo ao mundo no Sanatorio de Santa María .Fai uns días que coñecín a José Luís, foi por medio da súa filla Lucia como puiden contactar con él,  falamos por teléfono e quedamos de vernos. Así que ao día seguinte xa estabamos tomando un café xuntos, aos poucos minutos parecía que nos coñeciamos de sempre, eramos dous veciños máis da parroquia, había cousas que que eran comúns nos nosos recordos, outras, debido á diferenza de idade, eran novas para min , como para José Luís era o que eu lle comentaba da miña mocidade.

A TABERNA DE MARUJA

Recorda José Luís, que a taberna que tiña en fronte de onde vivía, coñecíase pola de Maruja, a que despois pasou a ser de Juan e Carmen, era un lugar que sempre estaba moi concorrida, pois aparte de tomar un viño, tamén facía a función de ultramarinos, pola mañá adoitaba ter moitas mulleres que viñan comprar o básico para facer a comida, pola tarde- noite era máis habitual ver a taberna abarrotada de paisanos coa súa cunca de viño, era das poucas tabernas que había daquela e onde os veciños pasaban os seus intres de asueto, a falta de medios de transporte non daba lugar a desprazarse lonxe de casa para ir tomar algo.

Sabes Juan ? comenza José Luis a contarme, unha das cousas que máis recordo desa época da taberna era que cada certo tempo, aproximadamente cada tres meses, facían campionatos de chave os fins de semana, pero era ao grande ! Os premios daquela eran de primeira ! Un carneiro, galiñas, inclusive cando o torneo caía en época de Nadal, había de premio follas de bacalao ! Co caro que ía !

Para participar en nos torneos, dado a cantidade de participantes, e como eran os fins de semana, non había máis remedio que estar ata ben entrada a noite xogando, para iso colocaban unhas luces na zona de xogo que estaba á beira da taberna, aproveitando a viña que había no eirado colocáronse uns cables desde a taberna e con varios puntos de luz para poder estar ata as tantas xogando á chave.

Non te podes imaxinar a xente que viña, José Luís parece que o está vivindo cando mo conta, fíxache que ata de Reiriz viña a xente a participar, e iso que despois tiñan que ir andando ás tantas para as súas casas e daquela sen apenas luz para poder guiarse.

AQUELES PARTIDOS DE FÚTBOL 

Pregúntolle a José Luís por aqueles partidos de fútbol no Chan do Monte….

Campo de fútbol ! bo, dime José Luís, non se podía denominarlle campo de fútbol,porque aquilo era un pedregal e un toxal  á vez. Aínda así nos o pasabamos xenial, recorda de que en época de verán viñan xogar os sobriños de D. Jesus, o cura párroco por aqueles anos, os seus nomes Juanito, José Antonio e Daniel ( forofo xa naquela época do Barcelona C.F., o cal fixo que José Luis fose desde ben neno seguidor do Barça). Tamén se acorda dos fillos de Maruja, a da Taberna, sobretodo de José, o seu gran amigo de infancia.

Pero tamén tiñan outro campo de fútbol máis próximo á súa casa, a estrada, si, a estrada nacional era un espazo onde cunhas cantas pedras convertíase nun plis plas nun campo de fútbol, dado que a circulación de automóbiles era escasísima e ademais sabían en que momento tiñan que apartar as pedras para que pasase o único autobús que ía dirección a Caldas, a súa velocidade era máis ben escasa e daba tempo de apartar as pedras tranquilamente, desde onde situaban o campo tiñan un amplo campo de visión que chegaba a ver o autobús cando axexaba polo alto de Pidre.

Bueno, ás veces ocorría algún pequeno susto, recorda unha vez que un coche, polas características que me dá, o coche era un que tiña forma de ovo, un Isetta, resulta que logo de pasar a curva perigosa que había á altura do señor Vicente, o coche viña un pouco lanzado e quizais debido á velocidade que traía foise facía a taberna de Falcón, ao verse nesa situación o condutor virou bruscamente e escoitouse un ruído durante uns segundos, os nenos que estaban xogando na estrada viraron as súas cabezas cara ao lugar de onde procedía o ruído, sorpresa ! O ovo-coche viña cara a eles dando voltas coma se fóra a querer participar tamén no partido ! 

Isetta, o coche que tiña forma de ovo

Pensándoo ben antes os nenos podían xogar en calquera lado, era xuntarse nun lugar determinado e alí mesmo organizaban algo, os nenos de hoxe en día xa non poden facer o mesmo, hai que levalos a lugares específicos onde están “controlados”, unha verdadeira pena.

AS FESTAS DO PATRÓN 

Tamén José Luís ten algúns recordos das festas do Patrón, o primeiro que lle vén á mente é que sempre chovía ! Pero iso si que era chover !

Vénlle á mente o traballo que levaban os que organizaban a festa, facían aquel palco de troncos de piñeiro e unhas táboas que tiñan que asegurar moi a conciencia, pois ás veces viñan orquestas con dez ou doce músicos, ou máis compoñentes como cando subían  as Bandas de Música na sesión vermouth, despóis de finalizar a misa e a tirada de fogos.

Por certo, José Luís aínda ten moi presente aquel ano que se fai un palco de cemento, aínda hoxe en día situado á beira da Casa do Pobo, quizais para evitar o arduo traballo que levaban os da comisión facendo todos os anos os palcos. Pero, baixo o seu punto de vista e creo que leva toda a razón, sería necesario eliminar, dado que non vai nada coa contorna onde está situado.

Tamén nos seus recordos vén a coalición unha desfeita que se fixera uns anos atrás, a de facer un garaxe  para o coche do cura no lugar que era a entrada principal da Casa Rectoral, e isto haillo que achacar a D. Benito, que fixo moi boas cousas pola parroquia, pero, como todos nós, equivocouse en algunhas, como é neste caso, o situar o garaxe na fermosa entrada que tiña a Casa Rectoral.

Recorda perfectamente a entrada, entrabas e atopábasche cunhas escaleiras que baixaban e que levaban ás cuadras e bodegas, outras escaleiras eran de subida, ían dar á cociña, salón e habitacións, ademais tiña un larguísimo corredor, que foi acurtado no momento de facer o garaxe .

O anterior cura a D. Benito, D. Jesus, era máis precavido e coidadoso co Patrimonio, daquela xa tiña coche e fixera un galpón preto do Hórreo, pero prácticamente non usaba o coche, pois cando tiña que ir a Campaño ou a Verducido facíao a pé.

Sabes, dime José Luís, seguindo o tema das festas, recordo que naqueles palcos e polo atrio, colocaban uns altofalantes enormes, con eles escoitabas a música en calquera parte da parroquia, como se escoitaba a Banda de Música ! E a orquesta de noite !

Chegabamos nun momento á Festa ! Alí estaban todos os postos instalados ! Que ilusión! Con que pouca cousa pasabámolo tan ben….o posto de tiro ao pichón, as señoras vendendo rosquillas, o posto onde comprabas uns envoltorios que ao abrilos tocábache un premio, a venda de caramelos e petardos, os postos de viño dos que tiñan taberna na parroquia, neste caso de Falcón e de Juan dá Rons…..

Quen me dera volver a vivir eses anos !

Quedamos de vernos outro día para seguir recordando, hai muitos recordos, muitas historias que contar….

Volvemos vernos de novo, José Luís ten moitos máis recordos da súa mocidade, comezamos falando do comentario de Secundino, o veciño que leva anos no Brasil, a raíz da publicación sobre o mestre D. Aquilino.

Efectivamente, comenza José Luis a contarme, é verdade que Luisa estivo dándolle clases aos nenos, un deles Secundino, pois o meu avó nos últimos anos da súa vida sufriu un cancer de pulmón e non podía dar clases, aínda que ás veces baixaba a dar unhas horas, sabendo que a súa muller berraballe, e dicíalle que a donde ía, que se ía a morrer dando clase….

Naquela época, si o mestre enfermaba, os nenos quedaban sen clase durante o tempo que o seu mestre estivese doente, non había sustituto, por iso Luisa encargábase de dar as clases que o seu pai non podía, e así evitaban que os nenos non quedasen sin aprender as enseñanzas.

CALACÚS POLOS BALADOS……

Cantas risas na noite dos calacús ! en época de defuntos iamos collelos as fincas,  e baleirabámolos por dentro, faciámoslle os ollos, os dentes, ao principio poñiámoslle unha vela, pero co vento caía, despois usabamos as lamparillas, usábanse nos faroles e no cemiterio, como viamos que aguantaban mellor empezamos a poñelas nos calacús.


Os calacús iámolos colocando por aquel camiño todo enlosado que pegado á casa de Hermosinda chegaba ata as escaleiras da Igrexa, buscabamos sitios estratéxicos para colocalos nos balados, ao principio de todo, en fronte á de Hermosinda, na casa de Señoráns…así ata a Igrexa.

Tamén en moitas ocasions si conseguía roupa vella, cuns paus colocabase debaixo do calacú, facendo deste xeito unhas figuras que metían un bo susto a quen de noite subía pola pista arriba.

Recordo de que tiñamos unha boa pandilla, Luís, o fillo de Maruja, Adonis e Marcelino, Pascual Cochón, Joaquín Ucha….

que ben o pasabamos vendo os sustos que se levaba a xente.

A SANTA MISIÓN…..

Tamén recordo que sendo eu pequeno viñeron uns misioneros a facer a Santa Misión….

A misión era unha campaña relixiosa que se desenvolvía nunha tolalidade durante un número determinado de días, generalmente entre sete e quince. No transcurso deses días un grupo de misioneros pertencentes ao clero regular, chegados desde fóra da localidade, organizaba unha serie de actos públicos de carácter relixioso nos que intentaba involucrar a toda a población. Estas campañas buscaban revitalizar a vida relixiosa de pobos e cidades, especialmente para reforzar o labor pastoral da Igrexa en zonas onde a presenza do clero era escasa ou onde se observaba unha cristianización deficiente, debido aos baixos índices de práctica relixiosa dos seus habitantes.

A realización destas misións viñan da man da ditadura de Franco, argumentaba a ditadura que había que re-cristianizar a aqueles pobres españois que foran enganados por certas ideoloxías demoniacas e estranxeiras.


Recorda José Luís que naqueles días colocaron uns altofalantes para que se escoitase en toda a parroquia. Creo que viñan pola tarde, durante uns días estaban todas as tardes predicando.

OS MAGOSTOS.

Jose Luís non recorda prácticamente moita cousa sobre as fogueiras de San Xoan , non o deixaban participar neste festexo, a súa familia prohibíalle facer lume ou estar facendo as fogueiras, recordaba que viviu xunto coa súa familia e veciños aquel ano que houbo un incendio enorme na parroquia e o susto foi tan grande que non querían que volvese suceder.

Tíñase que contentar desde a súa casa en ver aqueles resplandores que se divisaban en Pidre e A Meán, onde celebraban todos os anos as fogueiras.

Si recorda de participar nos magostos, realizábanse no aparcadoiro que hai diante da Casa Rectoral, era moi pequeno José Luis, pero  foi unha das actividades que máis lle gustaba.

José Luis, fotografia feita nas escaleiras que había na casa da señora Hermosinda

Na época de niñez de José Luís estaba de cura D. Jesus, e conta que ten unha foto no Pontillón, aínda sen barandilla, onde están D. Jesus e o seu avó. Tamén recorda que un día déronlle a todos os nenos unhas pequenas banderolas para recibir a visita de Quiroga Palacios.

De súpeto vénlle á memoria un tráxico desenlace que pasou aquel ano, un paisano, seguramente veciño de Verducido, pasaba polo Pontillón camiño de Cerponzóns, e caeuse ao auga, seguramente pola falta da barandilla, non houbo posibilidade de salvalo xa que naquela época non había ninguén por alí para poder socorrelo.

Foi moi comentado en toda a cidade, comentábase que na presa do Pontillón un home que ía a unha festa caiu e que agora estaban bebendo auga do Pontillón que tiña un morto dentro.

Conta José Luís que tamén lle gustaba a época en que se facía o viño e a aguardiente, todo iso en casa de Hermosinda, onde él era o que tiña que pisar o viño.
Viña o aguardenteiro desde moi lonxe e alí pasábase uns días, foi o único sitio onde viu facer a aguardiente, despois estivo noutros lugares, pero non había ese costume de facer aguardiente. Tamén me comenta que non recorda que se celebrase moito o entroido na parroquia, quizais debido a que Cerponzóns estaba relativamente moi preto da cidade e daquela estaba prohibido celebrar o entroido  na rúa. Eran tempos complicados e o medo estaba sempre metido en nós.

José Luís coméntame que cando lle coincidía pasar o entroido en Lalin, eran completamente diferentes, alí a xente disfrazábase e estaba todo o día dun sitio para outro cunhas máscaras de cartón que lles cubría toda a cara.

En Cerponzóns estabas máis controlado, aínda recordo perfectamente aquela parella de Gardas Civís, que viñan en bicicleta, onde no cadro dela traían suxeito o mosquetón, e calquera cousa que facías tiña que ser co seu consentimento, non había liberdade ningunha, tiñan tanto mando que eran suficiente dous Gardas Civís para parar unha verbena e quedarnos sen festa porque o decidían eles e punto.

O EXÉRCITO, PROBAS DE TIRO NO ACIBAL…

Era moi habitual en certas épocas do ano ver pasar por diante da súa casa aos soldados, todos eles viñan desde o seu cuartel, situado en Pontevedra, viñan desde Pontevedra ata o monte Acibal desfilando, todos alineados e sen perder o paso, pertencían ao corpo de Infantería e estaban destinados no cuartel de San Fernando.
Chegaban ao monte e alí podían pasar un día, como dous ou tres, todo dependía dos exercicios a realizar, máis tarde os nenos ían buscar os casquillos que quedaban polo monte e que os soldados non chegaban a atopar.

Comentando este feito dime Jose Luis, que foi polo ano 1906 cando o antigo Concello de Xeve había cedido parte do monte Acibal o exército, seica coa intención de facer un polvorín, que non recorda si se chegou a facer.

O vivir o carón da carretera tiña as súas ventaxas e desventajas…..

Tamén era habitual ver pasar pola estrada aos xitanos, daquela chamábaselles zíngaros, que acampaban nalgún lugar e estabas desexando que fosen pasando e afastásense do pobo, daqueles tempos cando os divisabas os donos das casas que estaban á beira da estrada adoitaban pechar portas e fiestras ata que se perdían  de vista. 

A VENTA DE PIÑAS

E aqueles carros de bólas, feitos polos mesmos veciños da parroquia, uns carros que os utilizaban para levar a vender leña e piñas á capital, pero é que eran muitísimos  os que había, cando era época de recoller as piñas víalos pasar, eu os recordo porque viña de Pontevedra no trole, daquela a súa última parada era no lugar da Ferreira, e tiña que ir andando ata a casa de Hermosinda, todo ese traxecto vías pasar carros e carros, unhas veces a toda velocidade , si era costa abaixo, e outras empuxándoos nas costas. As piñas levábanas a vender para as casas que dispoñían de cociñas de leña e para a calefacción de carbón.

Carro de bolas, similar o que se usaba para levar as piñas.

REPARTO DE PAN, LA LEREZANA…

Desde LEREZ viña un paisano que se chamaba Elías, repartía o pan da panadería La Lerezana, viña nun carro tirado por un cabalo. Aos sábados o meu avó levábame de paseo pola parroquia, pero era moi pequeno e ao pouco tempo cansábame, entón o meu avó esperaba por Elias que pasaba facendo o reparto, adoitaba facelo pola estrada xeral, ben parandose cando a xente facíalle a espera, ou ben deixándoo nos establecementos que se dedicaban á venda de ultramarinos..

Ao pasar Elias o meu avó indicáballe que me levase no carro ata casa, así era que recordo perfectamente o carro, tiña un toldo amarelo, coa forma da típica dilixencia do oeste, onde levaba escrito en cor azul Panaderia La Lerezana.

Un dos sitios onde paraba era na tenda de Maruja, alí deixábame e eu xa ía para casa.

Elias subía todos os días co reparto do pan, normalmente sobre as once da mañá, e era moi vistoso e rechamante ver aquela dilixencia, con aquelas cores vir pola estrada. Anos máis tarde un Citroen sustituía o carro de Elias, xa non era o mismo.

UNHA BICICLETA, QUEN A PUDERA TER..

Ter unha bicicleta naqueles anos era un artigo de luxo, moi pouca xente podía tela.

O cura D. Jesus era un dos que tiña bicicleta, e tamén algúns veciños que traballaban na Cros, os recordo na bicicleta moi cedo, traballaban na primeira quenda, entraban sobre as oito da mañá, paraban na de Maruja a tomar o seu café con pingas e de aí directos ao traballo, levaban no sillín traseiro unha tarteira que ía suxeita cunha pano de cadros, alí ía a súa comida, dado que non subían para casa ata finalizar a xornada, un deles era o marido da Mariqueta, Arturo.

Si, acórdome perfectamente, Arturo como os demais, facían de novo a parada de volta na de Maruja.

Si, que custoso era ter unha bicicleta, non digamos unha moto !

Recordo ver pasar de cando en vez algunha moto, unha delas era a da marca Sanglas, conducíaa un home que era de Lérez, chamábase Valentin Paz Andrade, normalmente pasaba ou en sábado ou en domingo, e cando pasaba todos diciamos : Aí vai Paz Andrade na Sanglas !


Tamén recorda José Luis a Paz Andrade sobrevoar Cerponzóns coa súa avioneta,unha das poucas que había no aeroclub de Vigo.

 José Luís fala tamén de  outro personaxe que tiña moto daquela, era un amigo do cura, o seu nome Carlos Espinosa  Feijoo, si a memoria non lle falla e vivía en Vigo, era cronista da cidade viguesa, nacera  en O Porriño en 1880 y faleceu en Vigo en 1966.

Espinosa escribía no Faro de Vigo e viña de cando en vez a visitar a D. Jesus, José Luís botándose a rir recorda unha anécdota que pasou con él….

De volta de estar visitando ao cura baixaba coa súa moto cargado cun gran saco de mazás que lle dera D. Jesus cara a Pontevedra, á altura da taberna de Maruja fóiselle a moto e consecuentemente as mazás rodaron por toda a estrada, as risas foron a escachar !

NOTA : Jose Luis foi mestre na ONCE, sendo tamén directivo da misma empresa durante 20 anos.

José Luís foise de Cerponzons aos dez anos, aínda así nunca deixou de visitar a súa querida parroquia. Xa casado afacía traer os fillos ata os lugares da parroquia que él de neno afacía visitar. Tamén tiña por costume a pararse en moitas ocasións a tomar algo no xardín que había á beira da Ponte Malvar ou a comer un churrasco na de Calvo.

Hoxe en día non lle quedan moitas amizades en Cerponzons, excepto Pascual e algún veciño máis, ben porque moitos dos seus amigos emigraron e xa non volveron para a parroquia, ou ben porque desgraciadamente algúns deles morreron, por exemplo Enrique Magdalena.

11- CONVERSAS CON ALBINO CHAN

ALBINO, GRAZAS.


Xa fixo catro anos que visitei ao noso veciño Albino, sempre lle tiven unha especial admiración debido aos anos que estivo á fronte das comisións de festas da parroquia.

De moi pequeno na taberna dos meus pais, a Taberna dá Rons, foi lugar de encontro para muitos veciños, donde se organizaban muitas actividades relacionadas coa nosa parroquia, eu fun testigo de muitas delas, co paso dos anos vaste dando conta do traballo que levaron muitos veciños en beneficio para parroquia. Estivemos falando unhas dúas horas, a súa xordeira fixo que tivese que preguntarlle varias veces as cousas, pero fomos levando a conversación adiante, contoume moitas vivencias, recorda Albino que ao pouco tempo de finalizar o servizo militar un día parou na Taberna de Barbeitos na Cendona….

Alí atopouse cunha persoa que lle preguntou si quería incorporarse a traballar na nova fábrica da Cross, Albino vendo esa oportunidade non o pensou dúas veces e rápidamente achegouse pola fábrica e dérono de alta ao momento, o seu primeiro soldo foron 80 pesetas ao mes. Foi sobre o ano 1950 cando comezou na Cross, alí estivo toda a súa vida traballando, xubílase sendo xa a fábrica propiedade de Ceferino Nogueira.


Contame  Albino que os últimos anos pasounos só naquela gran nave, quedouse de vixiante porque lle propuxeran facía uns anos atrás irse para outro lugar pero preferiu quedarse no seu lugar de sempre.Ao pouco tempo de estar traballando na fábrica comezou a súa afección e devoción por facer as festas da parroquia, sobretodo a do día adicado a Sta. Lucia.

Quizáis lle pasou a Albino que ao regresar do servizo militar designóuselle o organizar as festas, antiguamente as comisións de festas formábana veciños que eran designados polo cura, ou ben lles tocaba aos recentemente casados ou os que volvían da mili como Albino, hoxe en día son veciños os que se ofrecen voluntarios para este traballo.

Grazas á colaboración dos veciños da parroquia , Albino comezou un longo camiño de organizador de festas na súa Parroquia durante tantos anos, eu sendo pequeno presenciéi muitas veces como se xuntaban na Taberna, alí programábanse moitas festas, organizábanse para facer a comisión,  quen ían a pedir, os lugares a donde irían cada compoñente, quenes irían ao monte a buscar as toradas e as xestas para montar o palco, quen traía as tablas…..porque daquela os palcos onde actuaban as orquestas e as bandas de música facíanse todos os anos no adro da Igrexa, recordo que ás veces nas festas do Patrón tocábanos uns días de temporais e o palco saír voando, que tempos !


Que traballo daba daquela montar un palco ! Non como agora que xa as propias orquestas traen o seu palco móbil e as súas luces e amplificacions etc.

Antes tiñan que ir a algunha cachada cun carro de vacas por aqueles camiños cheos de lama, non había as pistas como hoxe en día, non, moitas molladuras e golpes sufriron os encargados de preparar os palcos, os meus recordos tamén se paran nos días anteriores á festa e acórdome de cando ía co meu pai a montar o mostrador para o posto de bebidas que colocaba o carón da Igrexa todos os anos en fronte mesmo ao palco, alí estaba Albino e os seus compañeiros montando o palco e falando entre eles que haber si suxeitábase mellor que o anterior que saíra voando cara á leira que había máis abaixo onde estaba situado un cruceiro e sitio habitual onde xogabamos os nenos ao fútbol antes de ir a misa.

Coas anécdotas que ten Albino poderíase escribir un libro ou dous polo menos !
 

Como cando tiñan que ir comprar as ducias de foguetes que se botaban ao finalizar a misa, mercaban os foguetes na cidade e despois  viñan as mulleres cargadas desde Pontevedra con eles na cabeza.

 Albino ségueme contando as súas vivencias, aínda que algúns deses recordos voullos recordando eu, aqueles que eu vivín ou que me foron contando, sorpréndese e rise dicíndome de paso que non tiña xa idea do que eu lle vou recordando.



Aquelas festas dos anos sesenta e setenta, que son as da miña niñez , eran moi distintas ás de hoxe en día.

Aquí tedes unha procesión, do ano 22/01/1973



Recordolle cousas de novo,cómo o da Benemérita, e Albino así mo confirma cando falamos de que sempre que había festas tiñamos a unha parella da Garda Civil controlando que non houbese ningún alboroto ou pelexa, cousa que era moi normal que sucedese, normalmente a mocidade dunha parroquia contra a doutra, mira que se montaban das boas !

Aínda recordo ler hai pouco que nunha das festas tradicionais dun lugar próximo ao noso que a parella da Garda Civil deu o toque de queda ao ver que a xente resistíase a abandonar a juerga montada ese día , un dos gardas subiuse ao palco, colleu o micro e dixo por baixo daquel espeso bigote : Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano.

Contareivos unha anécdota vivida por min máis adiante, tendo como protagonista principal a Albino, sucedeu na Taberna da Rons.

Pregúntolle cal foi a súa última festa que fixo na parroquia, Albino recórdaa perfectamente, e dime : Juan , a última que organicei foi unha dedicada a San Benito, en Domingo de Pascua.

Os máis novos recordamos os tres días de festas de Xaneiro e a do Corpus, pero antiguamente había varios días máis ao ano que se celebraba algunha máis, a de San Benito e a do Carmen creo recordar tamén se celebraban.

Ben, pois cando chegou o momento por parte de Albino de dar por finalizado o seu peregrinaxe de tantas festas realizadas ao longo de tantos anos, proponlle a Honorio, o seu inseparable compañeiro de comisión durante tantos anos, que teñen que realizar unha gran festa, unha festa que sexa das máis soadas da Parroquia e iso que fixera muitisimas e moi boas, pero esta tiña que superar as anteriores.

Honorio, dixolle Albino, imos traer as dúas mellores orquestas que hai nestes momentos, ti estás tolo Albino contestoulle Honorio, de onde vas sacar o diñeiro ? Traer as dúas mellores orquestas ? Ti sabes o que custa iso ?

Albino non se amilanou e vólvelle a dicir mui serio : TEN QUE SER UNHA FESTAZA !!!

Imos contratar aos SATÉLITES e a COMPOSTELA !!!



Bueno carallo bueno, ti estás tolo ! Albino, iso custa moito ! E aínda por encima a Banda de Música , os fogos….olvídate ! Non hai diñeiro que chegue !

Non se veu abaixo Albino e logo de convencer a Honorio, pronto se puxeron ao choio, comezou Albino chamando ao responsable da Orquesta Os SATÉLITES, dille que quere contratalos para a festa de San Benito e cal sería o seu custo, 300.000 pesetas era o que cobraban daquela, Albino dilles que están contratados e que quería que lle desen o número de teléfono do responsable da Orquesta COMPOSTELA, cousa que fai ao momento e dille a Albino que si necesita convencelos que pode contar con él para o que fixese falta.

Albino chama á Orquesta Compostela e pregúntalles pola súa caché, 350.000 pesetas é o que cobran, entón Albino trata de convencelos de que lle fagan un prezo, que é moito diñeiro e que non lle dá ese custo para poder contratalos.

O responsable da orquesta non é fácil de convencer e a súa negativa a rebaixar o prezo fai que Albino chame ao responsable da Orquesta Satélites, coméntalle que piden 50.000 pesetas máis que eles e que non está disposto a pagar máis de 300.000 pesetas como a eles.

É cando este responsable dille a Albino que non se preocupe, que el se encarga de chamalos e convencelos, así foi e por fin Albino ía poder organizar unha das máis soadas festas de toda a historia da Parroquia.



A anécdota que vos conto agora ocorreu alá polos principios dos anos setenta, tería eu dez anos aproximadamente, levabamos un mes de Xaneiro con moitas choivas e todos andabamos rezando de que para os días de festa escampase, non houbo esa sorte e aquela choiva que nos acompañaba tantos días seguidos reprodúcese aínda máis cargada pero con tormenta, raios, ventos e todo o que poidades imaxinarvos.

Os meus pais tiñan traballo na taberna, chegaran a un acordo coa comisión de festas presidida por Albino para dar para cear ás orquestas que actuaban eses días e ademais tiñamos de invitados aos nosos parentes de Campañó.

Cando xa entrara a noite, na taberna estabamos ceando cos meus parentes, mentras que no atrio da Igrexa intentaban suxeitar ben o palco para que os músicos estivesen tranquilos á hora de estar subidos nel e poder tocar.

Aquel palco parece ser que non lles daba moita confianza e dado que a tormenta non paraba decidiron suspender a verbena. Ao pouco tempo chegaron os da comisión de festas comandada por Albino á taberna, recordo que estrearan unhas gabardinas de cor beig, case brancas, estaban todos guapísimos, entón ao chegar á barra da taberna pediron unha consumición, daquela o habitual era unhas cuncas de viño, a miña nai colleu de xarra e foise cara á bodega, tiña que baixar unas cantas escaleiras e ao chegar viu como que toda a bodega estaba inundada de auga, dita auga colouse pola outra porta que hai na bodega e por onde se metían os barriles de viño.

A miña nai coa xarra na man púxose toda nerviosa ao ver aquela situación, púxose a gritar e a dicir que tiña toda a bodega inundada, que si os garrafons do aguardiente, que si os barriles do viño….Todo a perder !

Entón Albino nin curto nin perezoso díxolle á miña nai :

Carmen non te preocupes ! Déixame a min !

E alí foise baixando as escaleiras da bodega Albino, coa súa gabardina limpa como os chorros do ouro a salvarlle o que puidese a Carmen na bodega. Baixou todolos peldaños e ao chegar ao último (sopostamente era o último ) viu como os garrafons que contiñan a aguardiente perigaban na súa integridade, o que non sabía Albino era que as fundas de cana dos garrafons estaban rotas e coa entrada do auga que houbo pola outra porta as fundas de cana flotaban pola bodega adiante.

Albino non se imaxinaba que houbese tanta auga e as fundas parecían que estaban apoiadas no chan, a primeira intención de Albino foi a de ir polos garrafons, eu desde un pouco máis arriba de onde él estaba miraba como deu un paso á fronte en dirección aos garrafons, cando o seu pé non atopou firme era demasiado tarde, Albino e a sua gabardina metíanse un planchazo no medio da bodega que me quedou gravado para sempre, eu non podía coa risa, a miña nai ao velo subir todo pingado e ante a situación que tiña coa bodega inundada tampouco puido resistir a risa, mentres o meu pai e os meus parentes non se decataron porque estaban no salón ceando.

Foi unha noite moi longa, todos empezamos con escobas a botar a auga que entraba pola porta da taberna para fóra, outros poñían trapos para taponar, mentres a miña nai trataba con toallas secar a molladura que tiña Albino encima

Estas fotografías son de recordos que teño eu, algunhas fotos non teñen unha boa calidade, pero son un testimonio de aqueles anos pasados, muitos dos veciños que aparecen xa non están entre nos, pero quedanos estes recordos deles :

 

Outra foto, con muita xente coñocida:

Botando un baile Albino e Moncho, mentras Juan o da Rons ríe do momento, detrás de Juan están Tino e Adonis.

Hubo máis cousas que me contou Albino, pero quedan gardadas na miña memoria e na del, cousas que co paso dos anos o mellor contareinas…..CARTEL DAS FESTAS, XUÑO DE 1968 :..

O DÍA 11 de XANEIRO do 2018 no xornal LA VOZ DE GALICIA, un merecido homenaxe en forma de artigo a cargo de María Hermida :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2018/01/11/hombre-ninguna-orquesta-decia/0003_201801P11C12993.htm

MARÍA HERMIDA

LA VOZ DE GALICIA
Albino Chan anda un poco cabreado. La culpa la tiene un pequeño aparatejo que se quita y pone una y otra vez en el oído para tratar de «escoitar algo». El audífono pita a cada paso y eso a Albino lo pone de bastante mala uva. «¿E que che vou contar, se non oio? Estouche perdido», empieza diciendo desde su casa de A Meán, en la parroquia de Cerponzóns. Así que uno no se atreve a preguntar mucho. Le deja hablar a él. Cuando al fin acomoda el aparato, queda claro que oído es lo único que le falta. Porque de memoria y anécdotas va sobrado. Acaba de soplar las velas de los 89 años y está francamente bien. Aunque, eso sí, rosma cuando se le dice que quizás acabe siendo tan longevo como su madre, que llegó a cumplir los 101. «Non me parece a min que vaia chegar alá, mira que non oio», insiste. Luego, se deja querer. Y de qué manera. Habla y, con su charla, rescata la memoria de los festejos de la parroquia. Resulta que él empezó organizando las celebraciones de Cerponzóns a mediados de los 50. Llevó a su tierra, durante décadas a las mejores formaciones, desde la mítica Poceiro a la Sintonía de Vigo, París de Noia o Manolito el Pescador. Antes de contratarlas, iba a echarles un ojo allí donde tocasen. Y, atención, se plantaba en las verbenas en bicicleta. «Moitos quilómetros fixen», recuerda con sonrisa, dejando atrás el enfado a cuenta de la sordera que tanto le incomoda.
Albino no la recuerda con amargura; no parece él dado al lamento. Pero la suya no debió de ser una infancia fácil. Nació en 1928 y el único recuerdo que tiene de su padre es de ir a verlo al Hospital Provincial -dice que «aquel sitio era moi pobre, con camas todas xuntas, moi triste»- antes de que se muriese. Tenía él seis años cuando lo enterraron y a su madre le quedaban todavía dos hijos más pequeños, de cuatro y dos años, por criar. Así que la cosa no pintaba fácil. Dice Albino que, siendo un niño, con ocho o diez años, trepaba por los árboles con soltura de ardilla para recoger piñas y bajar a Pontevedra a venderlas. Luego, cuando todavía era un mozalbete sin barba, empezó a trabajar de albañil. Construyó casas para guardamarinas en Mollavao y ayudó a levantar el edificio de la plaza de abastos de Pontevedra. También se empleó en la construcción de la N-550. Se marchó a la mili y, cuando volvió, estaban levantando la nave de la Cross. Trabajó primero en ella como albañil y se quedó luego como operario en la fábrica de abonos. No se marchó hasta la jubilación, ya que siguió allí cuando la compró Ceferino Nogueira.

El caso es que, en plena juventud, y quizás después de que ya hubiese encontrado al amor de su vida en un baile en Campañó, a Albino lo convencieron para que empezase a organizar los festejos de Cerponzóns. No hizo falta insistirle mucho, ni a él ni a algunos de los que le ayudaron porque, como él reconoce, «encantábame ir ver as orquestras para saber se eran boas e as podiamos traer ou non». Empezó ahí su periplo por las fiestas. Llegaba a ellas con la bicicleta y dispuesto a hacer de ojeador de orquestas, para seleccionar las mejores. ¿Y el dinero, cómo lo juntaban? «Ás veces era complicado… temos contratado sen ter nin un só peso. Pero ao final saiamos adiante. Iamos pedir a Pontevedra e a onde fixese falta, a min poucas veces me dicían que non», cuenta. Señala que muchas veces juntaban más fuera que dentro de la parroquia. Organizaron Santa Lucía, San Vicente, San Benito… no había festejo que se les resistiese.

Exigente a más no poder.

Dice Albino, y lo dice con tal convicción que uno le cree totalmente, que el único requisito«é que as festas sempre foran as mellores».Por Cerponzóns pasaron las formaciones puntera de cada momento. Incluso una orquesta madrileña que estuvo de moda un tiempo y que para Albino fue un fiasco. Tan mal le pareció que sonaba aquello que le pidió a la otra banda que actuaba ese día que les prestase los altavoces. Así de exigente era Albino. Y debe seguir siéndolo, porque no le perdona un pitido al aparato de audición. «Tenme tolo», insiste el hombre.

Albino ha cumplido unos cuantos años desde que organizaba las fiestas. Pero es enseñarle un viejo cartel de unas celebraciones de 1968 en honor del Santísimo Sacramento, con Los Chicos del Jazz en el cartel, y que la emoción de aquel chaval que buscaba orquestas en bici brote de nuevo en su cara: «Éranche bos estes Chicos do Jazz, que ben soaban», recuerda. Antes de decirle adiós, uno le emplaza a repetir la entrevista cuando cumpla los cien. Albino frunce el entrecejo. Y dice: «Non creo que chegue». Uno, entonces, le dice que mejor en el noventa cumpleaños. Y Albino, remacha: 

«Iso está mellor, así xa nos entendemos».