D. HERMINIO SANDE LADO, PÁRROCO DE CERPONZÓNS E VERDUCIDO.

CON MOTIVO DO 54 ANIVERSARIO DA ORDENACIÓN SACERDOTAL DE D. HERMINIO SANDE LADO.



O 23 de Xullo de 1967 é ordenado sacerdote D. Herminio Sande Lado, foi ordenado polo Emmo.Rvdmo. Cardenal Quiroga Palacios.

D. Herminio naceu no ano 1942, no municipio coruñés de Carnota, fillo de pais labradores, os cales tiveron sete fillos : Josefa, Fernando, Domingo, Manuel, José, María e Herminio.

Cando contaba con 11 anos, os seus pais mandárono a estudar ao seminario de Santiago, de alí saíu cos estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía, pouco despois licencióuse en Estudos Eclesiásticos pola Universidade Pontificia de Salamanca (05/12/1997).

O seu comezo exercendo o labor sacerdotal foi sendo coadxutor de Sta. María de Beluso-Bueu en 1968, dous anos despois encargouse de Meira-Moaña, corría o ano 1970.

Entre 1971-1991 estivo de coadxutor en Lérez.

Foi nomeado administrador parroquial de San Andrés de Xeve en 1986, onde segue actualmente.

Entre os anos 1987/1991 asistiu pastoralmente a parroquia de Sta. Mariña de Fragas-Campo Lameiro.

Desde o 2001 asiste tamén á parroquia de San Lourenzo de Almofrei.

A falta de sacerdotes e a ausencia de D. Manuel debido a temas de saúde, fixo que no ano 2019 fixésese tamén cargo das parroquias de Cerponzóns e Verducido.

Tamén estivo exercendo de capelán e profesor de Relixión no Colexio Santiago Apóstolo da ONCE de Pontevedra (1986)

Exerceu o profesorado tamén no Instituto Politécnico de Pontevedra (1990 ata a súa xubilación), algún dos nosos veciños foron alumnos seus.

Aínda que o seu hobby é a pesca, logo de xubilarse como mestre comezou no seu tempo libre a súa labor de investigador, así é que xa leva escrito tres libros relacionados con Xeve, a súa intención é a de dar a coñecer aos seus veciños cousas da historia da súa parroquia e que seguramente non as sabían.

No mes de maio do 2017, con motivo da celebración da festividad de San Juan de Ávila, patrón do clero secular español, a Diócesis de Santiago aproveitou ese día para homenaxear aos sacerdotes que celebraban as vodas de ouro con motivo do súa ordenación sacerdotal, un deles foi D. Herminio.

Juan Manuel Ruibal Silva, no prólogo do libro escrito por D. Herminio : Xebe 1700-1944, enxalza o seu arduo traballo, a súa paciencia, constancia e coraxe, poñendo en valor engadido o seu tempo e o seu diñeiro.

Co pouco tempo que D. Herminio leva na nosa parroquia, podo confirmar que é verdade o que di o señor Ruibal, pois demostrado está o feito ata o momento na nosa parroquia de Cerponzóns.

As súas PUBLICACIÓNS :

ANO 2010 publicou o libro “XEVE EN EL SIGLO XVII”

No prólogo do seu primeiro libro (XEVE no século XVII), Juan Manuel Ruibal Silva refírese a D. Herminio como unha persoa que sente curiosidade pola historia e ademais cun enorme desexo e ansias de sacar á luz e dar a coñecer os seus feligreses a historia da parroquia de Xeve.

ANO 2014 publicou o libro “XEBE 1700-1944”

No segundo libro que presenta D. Herminio ( Xebe 1700-1944), comenta Juan Manuel Ruibal Silva no seu prólogo : continúa D. Herminio con este novo libro desempolvando documentos que se atopan encerrados en diferentes arquivos.

Nesta obra tivo que desprazarse en innumerables ocasións para buscar documentación, un arduo traballo o realizado por D. Herminio.

ANO 2015 publicou o libro “OS ORGANEIROS DE XEVE”

O terceiro libro, D. Herminio introdúcese de cheo en sacar á luz a historia de tres veciños que foron organeiros, tres personaxes que deron gran prestixio e honra á parroquia de Xeve.