39- UN PARTIDO DE FÚTBOL NA CHAN DO MONTE.

⚽️UN PARTIDO DE FÚTBOL NO CHAN DO MONTE.

Cando xogabamos entre nós, os da mesma parroquia, sempre formaban o equipo os mellores que xogaban ao fútbol, a idea era que non podían estar xuntos os máis bos, había que repartirse, pero a veces non ocurría…

Cada un deles ía escollendo primeiro aos que consideraba mellores, ao final sempre quedaban os torcebotas, os que non daban unha ao futbol e os que ninguén quería ter no seu equipo, pero ao final, todos xogabamos, iso si, a maioría das veces os máis malos tiñan que xogar de porteiros e en moitas ocasións deixábanse meter goles para que os substituísen jajaja.

Non tiñamos uniforme, coñeciámosnos e sabiamos quen era os nosos, a primeira vez que tivemos unha equipaxe foi cando iamos xogar contra os de Lérez, cada un comprou a súa, naqueles tempos non había quen nos axudase, daquela as empresas que podía haber na parroquia non estaban polo labor.

A equipaxe que gustou á maioría era a do Atlético de Madrid, así que os que eramos seareiros do Madrid ou do Barça non tivemos máis remedio que achantar.

Con ese equipaxe ganamos os de Lérez un trofeo, recordo que ese día, antes de comezar o partido preguntámoslles se tiñan o trofeo que decidiramos xogárnolo, un deles achegouse a un bolso e sacou un trofeo enorme, precioso. Ese partido gañámolo aos penaltis, lémbroo coma se fose hoxe, eu era o porteiro e realicei unhas cantas paradas, eu estaba orgulloso do que había logrado.

O campo de fútbol estaba situado onde hoxe en día está a gran rotonda de Médico Ballina, nun campo de herba que había alí, eran os anos setenta, as porterías feitas con catro paus e pouco máis.

Desde aquel día xoguei sempre de porteiro e co paso do tempo cheguei a xogar nese posto na liga de fútbol sala que se creou en Pontevedra.

Resulta que gañamos claro, e todos estabamos tolos por levarnos aquel trofeo para a parroquia, ese día, na Taberna do Nenas, íamos estrear a estantería que se había preparado para ir colocando os trofeos que fose gañando o equipo de fútbol, pero a nosa alegría durou pouco, no canto daquel trofeo tan fermoso, déronnos un anano, máis pequeno non se fabricaba, tíñano todo preparado pensando que ían gañar eles, o trofeo mais chulo para eles e o pequerrecho para o equipo perdedor.

O cristo que se montou foi descomunal, algúns dos meus compañeiros de equipo (os máis maíores) non chegaron ás mans cos do Lérez porque nos puxemos por medio e dixémoslle que non valía a pena.

Aínda así, fómonos todos orgullosos para Cerponzons co noso “gran trofeo” e co peito cheo por gañar ao equipazo que tiñan os de Lérez

Bueno, sigo recordando os partidos entre nos no Chan do Monte…

Un dos que máis vantaxes tiña era o dono do balón, xogaba sempre cos mellores e él decidía cando se acababa o partido, que podía durar o tempo regulamentario ou rematalo se comezaba a chover, se había algún pique, ou si lle eran horas…

Antes de comenzar a xogar, poñíanse unhas regras, porque non había árbitro, así que cada un pitaba o que cría que sucedera e pasaba o que pasaba.

Advertía algún de nos :

NON VALE FURAR !

NON VALE EMBARCAR A PELOTA !

Mentres nas bancadas (é un dicir) catro ou cinco espectadores, algún paisano que pasaba por alí e quedaba un momento e unhas cantas mozas que viñan máis ben a ver algún mozo que lle gustaba.

O balón era de coiro, pero daquel coiro que como che desen un balonazo deixábache toda a semana tocado e non digamos se se poñía a chover, dar un cabezazo a aquela pelota era arriscarse a ter unha dor cranial de consideración.

Nada mais comenzar o partido un xa empezaba a gritar: Pasa o balón, pasa o balón ! Non chupes ! Que che dixen ! Eres un chupón ! Non sei como che escolleron para o noso equipo ! Sempre estás a chupar joder !

Eh ! Iso foi falta ! FOI FALTAAAA ! Décheslle na canilla ! Joder ! Mira como sangra !

Esas botas con tacos non debías traelas!

Había quen traía unhas botas de primeira división, daquelas botas con tacos de aluminio ! Cuidadito ! Poñíase un acojonado!, a maioría xogabamos con tenis, e outros os que os seus pais non podían comprarlles uns, facíano con zapatos de rúa, é dicir cos únicos zapatos que tiñan, os que usaban todos os días.

Ten coidado ! Non lle metas un fungueirazo ao porteiro ! Que é un rapas ! Vaía pexegazo lle meteches!

Nada, nin caso, a resposta era sempre a mesma : que non se puxera de porteiro.

O partido era a moreas, todos queriamos gañar, patada vai, patada vén, de cando en vez caíaste entre os toxos que había nos laterais, era raro que non foses rascado para casa ou con algunha parte do corpo mazado.

Orsai ! Iso foi Orsai ! Nin caso, o gol subía ao marcador e comezaban os piques…

Cando a un petáballe, comezaba a mosquearse, largaba o balón dun punteirazo en dirección ao río…

Xa está fulano embarcando o balón, eu non vou a buscalo, que vaia él, dicían os máis pequenos, era habitual que fosen eles os que tiñan que andar entre os toxos monte abaixo buscando o balón, se non o facían expoñíanse a que non os deixaban xogar. Mentras tanto, o xogo continuaba…

MANOOO, MANOOO, PENALTI !

Había que gritar con forza para que che fixesen caso e de paso dicías que o tirabas ti, que che fixeran a tí o penalti e que tirábalo tí.

Ao chegar ao descanso, dabámonos unhas masaxes co linemento do doutor Sloan, curaba todo, iso si, o cheiro que levabamos para casa era insoportable durante uns días jajaja. Tamén, no descanso do partido, había servizo de bar, nunha carretilla eu subía desde a Taberna da Rons dúas caixas de Estrella de Galícia, o negocio estaba feito, despachaba todas as cervexas entre os compoñentes dos dous equipos jajaja.

O máis normal era que algún de nós fose para casa con algo tocado, xeonllos sangrando, nocellos rascados, a naris, dedos inchados…pero ao chegar a casa pasaba todo, non había nin unha queixa, sinon ,o próximo domingo non che deixaban ir.

Ás veces era tal a diferenza de goles que levaba o equipo contrario que non eras capaz de chegar a gañarlle ese día, pero había unha triquiñuela, cando alguén dicía de rematar o partido, os que perdían dicían : O QUE META GOL GAÑA…e así era.

Ao terminar o partido a maioría marchabamos para casa andando, algúns viñan en bicicleta ou tamén había quen tiña unha Derbi 50cc, como Adonis, pero a maioría íbamos andando e de paso falando do sucedido durante o partido.

Había días, practicamente todos, que ao finalizar o partido e de volta a casa, íanse comentando as incidencias e sempre había algún pique.
¡O próximo partido espéroche, xa verás, xa…!

Cando íbamos a xogar algún amistoso fora (Campañó, Lérez, Verducido…) xogaban os mellores e dependendo do resultado despois íbamos entrando os máis pequenos ou os torcebotas, todos éramos un equipo !

Que contentos viñamos si ganábamos e si perdíamos sólo pensábamos en xogar a revancha.

Uns dos mellores recordos que teño era cando ao rematar o partido e era época de vran, todos estabamos a desexar que acabase o partido, esperábanos un mergullo no río, que ben o pasabamos!

En uns días vou poñer a lista dos veciños que formamos o gran equipo naqueles anos, si ti queres axudarme vaime pasando nomes.

Nota : Dedicado ao meu amigo J.M. Garcia Barral, pola súa despedida do fútbol “profesional”.

.

A LISTA DE XOGADORES :

Quinco, Daniel Cochón, Andres Neira, Joselito, Joaquin O Porrelo, Charlin, Fidel, Moncho O Jaxe, Marcelino O Chuvié, Adonis O Chuvié, , Juan José Cochón, Javier Martínez, Lito Iglesias, Moncho Iglesias, José Losada, Santiago Losada, Biri Biri, Javier Losada, Miguel Barragáns, Rogelio Barragáns, Charlin, Lis.

Moncho Fernández O Caseiro, Tucho Fernández O Caseiro, Ángel Fernández O Caseiro, Tino O Panasco, García de Meán, Luis O da Boca, Secundino, Juan M. Fernández, Paducho O Chanton, Lucho Martínez, Javier O Calderillas, Nelo, Claudio e Moncho, Magdalena, Antonio e Ángel Os Ananos, Lito O das Piñas, Recarey, Fidel.

Nucho Barragáns, Pepe Barragáns, Manolo Barragáns, Nené Barragáns, Javier Barragáns, Carlos Barragáns, Camilo Ucha, José Ucha, Manolo Campos, Fernando Campos, Ramiro O Fariña, Manolito Rufino, Pepe Campos, Pascual, Pepe O Chelo, Manolo O Chelo, Juan Barragáns, Lito da Rons, JJ Esperón, Manolo da Rons, Fernando Fariña, J.M.García Barral, Ruy Fontán …

1- AS BEBIDAS ESPIRITUAIS.

Final dos anos sesenta do pasado século, o neno non tería máis que seis anos, levaba un tempo en que de luns a venres acudía coa súa nai ao ultramarinos dos meus pais, situado no lugar da Rons (Cerponzóns). Ao principio o neno viña de mala gana ata a taberna , non era do seu gusto andar tanto desde a súa casa ata a Rons (a unha distancia aproximada de quilómetro e medio), todolos días saía chorando da casa, así que a súa nai tiña que cargar con él no colo en moitos momentos do traxecto…pero un día todo cambiou, tanto que ata os sábados, domingos e festivos o pequeno “obrigaba” a nai ir a Rons é non lle quedaba máis remedio que ir, porque si non o levaba o cristo que lle montaba era de pai e señor meu, todo debido a que o neno estaba “enganchado” para uns ou “drojado” para outros…

Todo comezou cando un día estando a miña nai despachando á nai do pequeno dous kilos de tercerilla é unha ducia de arenques, comezaron falar do pouco apetito que tiña o neno dun tempo a esa parte, estaba débil, enclenque, sen ganas de nada, un neno que era un sinparar desde que había nacido. Nesto que comenzaron a falar do viño que salía nos anuncios da televisión, seica era man de santo.

Daquela a televisión de branco e negro non tiña máis que dúas cadeas, na primeira, a máis vista, estaba saíndo desde facía un tempo unha publicidade dun viño que tiña tres características principais e nas cales apoiábase a publicidade : era dixestivo, tónico é estimulante, ata tiña propiedades curativas, según o señor Barceló.

A publicidade era do Viño Sansón, un viño quinado cun sabor doce e acaramelado.

O promocionaban como un viño ideal para tomar como aperitivo, na sobremesa, para a dixestión, para abrir o apetito, foi tal o seu éxito que chegou a ser a medicina apropiada para innumerables remedios caseiros.

Así que comezaron a probalo, chegou un momento que non había casa en Cerponzóns que non tivese unha botella de Sansón na súa alacena, ademáis había quen o recetaba é recomendaba para as mulleres que quixesen quedar preñadas.

Tónico infantil.

E claro, naqueles tempos, afeitos a que desde moi pequenos bebiamos viño a comida, o Sansón, como tónico infantil foise asumindo en grao sumo normal.

Cando vías que un fillo teu atopábase decaído, con pinta de anémico ou non comía…preparado de un ponche á vista ! A min tamén mo deron, Juanito toma, bebeo seguido, non lle collas o sabor, traja meu fillo…

Un vaso, unha xema de ovo, Sansón e asucaaarrr !

Xa me vías a min a fume de carozo pola Ponte Malvar en dirección a Alba, a coller o trole, por certo que tal como iba chegaba eu antes que o trole si me puxera a correr jajaja.

Hoxe seguro que moitos dos que estades lendo isto parécevos incrible, pero daquela era habitual, para nada tíñase en conta que o Sansón tiña uns 16 grados de alcohol, o importante era ver como o neno ao pouco tempo de tomarse o tónico convertíase en un “súperneno” jajaja.

E un deles foi o pequeno que viña pola tenda, desde aquel día que comezaron a comentar do viño Sansón que era bo, que non lle facía dano, así, sen pensalo dúas veces, puxéronlle un chato ao pequeno…”por un pouquiño que probe non lle vai pasar nada”.

Ao principio a nai do raparigo era reacia a que bebésese aquel viño quinado, pero na tenda había máis nais que estaban esperando a súa quenda, decíanlle: dálle un pouco, deixa que probe ! por un pouquiño non vai pasar nada, entre elas comentaban como llo daban aos seus fillos :

Na miña casa doulle Kinito, móllollo en pan e ao pouco tempo éntranlle unhas ganas de comer que me come a min polos pes !

Tamén estaba naquel momento na taberna o señor Pepe, un veciño de Tilve que era asiduo todolos días do señor a tomarse o seu sol e sombra. Mentres facía o seu pitillo co tabaco de liar “Ideales” sorría ao ver ao pequeno chimparse o chupito do Sansón, e dicíalle: así me gusta rapas, un home é un home é un bicho é un bicho, jajaja

A publicidade daqueles anos con relación aos viños quinados era moi atraente :

O viño Sansón anunciábase cun neno apoiado na botella, e medicina, e golosina, dicía o lema da Quina Santa Catalina.

Quen se levaba a palma en publicidade para incitar á xente era Kina San Clemente, dicía que era un excelente viño quinado é moi bo para nenos e maiores, nun dos seus spots suxería que uns vasos de viño eran o acompañamiento máis natural para os bocadillos dunha merenda infantil.

Quen non recorda o personaxe de KINITO ? Aquel personaxe que todos queriamos ter na casa en forma de muñeco, por certo un personaxe que ía vestido de tuno, toreiro , colexial…e que gritaba ben alto : Dan unas ganas de comerrrr…

Bo, o tal Kinito chegou un momento que estaba totalmente alcoholizado é o Ministerio de Gobernación decidiu aplicar ao personaxe a Ley de Peligrosidad Social, así foi como desapareceron os seus spots da televisión.

Era visto que a presenza de alcohol nestas bebidas facían que aos nenos abríselles o apetito, logo de tomarse un lingotazo deses víalos correr e saltar de tal xeito que parecían un velosolex polo monte arriba, ao chegar a casa comían ata o unto do caldo. Un exemplo de que o alcohol abre o apetito podémolo ver hoxe en día cando a gran maioría da mocidade que sae de botellón ou ao saír da discoteca, termina chimpando un bocadillo feito cunha barra enteira de pan ou unha pizza tamaño “large family”.

Por certo, non recordo onde lin que estas bebidas quinadas son viagrosas, sábese que a quinina é vasodilatador e reactiva a un cando a toma, seica e moi habitual observar que en moitas residencias de maiores inclúenas no menú. Seguramente algún de vós estará pensando ¿ Quen bebe hoxe en día este viño doce ? dou fe de que moitos veciños que coñezo seguen tomando o seu chupito con bastante frecuencia.

Pensando ben, xa que volver a funcionar, había que ir ata Sala de Fiestas La Luna, a ver si alí danlle ao Sansón…


OS RECORDOS DOS VECIÑOS


Hai outras formas tradicionais de consumilo: unha é beber unha copa en xaxúas, tamén acompañado con leite, con malta ou cun ovo crudo, tamén quente cun pouco de anís estrelado e canela, ou diluído con auga morna.
Pregunteille a uns cantos veciños e veciñas si eles probaron os viños quinados, estás foron as súas respostas :

1–Hola, mi abuelo nos hacía muchas veces vino blanco, azúcar y huevo. Decía que tenía mucho alimento, él le llamaba ponche. Echaba todos estos ingredientes en un vaso de tubo, le colocaba encima una servilleta de papel y luego un paño, seguidamente batía todo muy fuerte, estaba riquísimo ! Que recuerdos tengo más bonitos de mi abuelo ! No hay personas tan importantes como los abuelos !

2- Si que probé el Sansón, y está bueno, pero tiene muy mala fama y sólo se puede probar un poco…

3- Siiii, recordóo!! Non me gustaba nadiña !!! Pero era efectivo, vaía si o era !!!

4- La Kina San Clemente no la conozco, el vino Sansón estaba mejor sólo, con la yema de huevo no había quién lo tragara.

5- Lo tomé con galletas, habitualmente cuando celebramos algún cumpleaños o alguna fiestecita, no fue una cosa que me gustase mucho, a partir de los quince años si que me empezó a gustar !

6- Después de dar a luz mi suegra me trajo de regalo una gallina de casa para que hiciera un caldo, manteca para hacerme unas tostadas, que según ella eran buenas para la matriz y de beber una botella de Sansón, me puse como una moto !

7- Si. Recuerdo llevar Sansón a casa de mi abuela por mi cumpleaños. Los invitaba a Sansón y galletas. Luego mi madre me daba un chupito para abrir el apetito. Yo recuerdo que no me gustaba nada.

8- Hai siii, para as paridas, jajaja, era a mellor medicina.

9- Sansón con galletas do surtido Cuetara, que rico !

10- Tanto o Sansón coma a Kina probeinos, miña avoa tiña sempre, decía que era alimento. Con ovo ? Oh, non por Deus, arggg.

O que facía meu pai era meter o ovo nun cucharon é metelo dentro do depósito de auga quente da cociña de ferro para escaldalo e tomalo cunha cucharilla. Pa min era un tantiño asqueroso tamén…

11- Dábaselle ás persoas que habían pasado unha enfermidade, para que collesen folgos. Daqueles tempos era un luxo ter unha botella de Sansón na casa, dábaselle Sansón con ovo e azucre.

12- Era o no va más, en verdade, a min nunca me gustou, quizáis tomar un chupito, pero bah, pouquiño, pero con ovo nin falar, a min os ovos gústanme crus, fritos, revoltos…de calquera xeito menos mezclado co viño Sansón.

13- A miña sogra, fai anos foi a unha voda de tiros longos, ao chegar ao convite todos fomos a barra do restaurante, pedimos cada un unha bebida, que si un bitter, outro un vermut, un albariño, miña sogra dille ao camareiro : por favor yo quiero una copita de Sansón.

O camareiro comenza a servir é cando chega a xunto dela, vai e dille que non ten viño Sansón…

-¿Como que no tienen vino Sansón ?

-No, no tenemos, lo siento.

-Pues entonces tráigame un Malaga Virgen !

-Pues lo siento de nuevo, pero tampoco tenemos esa bebida.

Miña sogra xa comenzaba a ferver…

Pues entonces me trae una tacita de caldo, eso supongo que tendrán…

-No señora, tampoco tenemos.

-Y Quina Santa Catalina ?

-No, no tenemos.

Mira Juan, miña sogra comezou a dar palmadas na barra, co seu acento navarro comenzou en voz alta : queee coño es este restaurante de cinco estrellas que no tiene ni Sansón, ni Malaga Virgen, ni Quina Santa Catalina!

Montoulle un polo que non vexas ! Jajajaja, e todo porqué ela estaba cunha adición á quina, todolos días tomábase un vaso antes de comer de viño Sansón, nunca se emborrachou, pero estaba enganchadisima.

14- Na miña casa tomábase soamente cando estabas mala.

15- Na miña casa facían unha receta co Sansón que nunca se me esqueceu, poñíanse os ovos rotos, con casca incluída a macerar, botabanlle zume de limón, e deixábase catro días así no vaso, despois completábase co viño Sansón, logo batíase todo e despois dábannolo a beber, dicían que era bo para a memoria ! puag, eu non o tragaba !

16- Cando tiñas un fillo levábanche de agasallo unha botella de Sansón e unha tableta de chocolate groso, da marca Chaparro ou La Perfección, iso traíancho de todalas casas, eu cheguei a xuntarme con 77 botellas de Sansón, por certo, aos poucos foron desaparecendo todas, entre o meu marido, o meu irmán, a miña nai é a miña sogra jajaja, foron chimpandoas todas jajaja, eu non recordo tomar nin un chupito, en cambio o chocolate si, ou chocolatiño gústame moito.

17- Teño unha amiga, que cando deu a luz, todo o mundo levoulle roupa, o habitual hoxe en día, pero a maior alegría que levou foi cando viu entrar a unha muller cunha canastilla chea de cousas de beber é de comer. A canastilla estaba composta de dúas botellas de Sansón, dúas botellas de Málaga Virgen, tabletas de chocolate por todos os lados (Chaparro, Valor e Nestlé) e para rematar froita a tutiplén.

Díxome que foi o que máis ilusión lle fixo, e claro que bebeu o Sansón é o Málaga Virgen, tiña que repoñer forzas jajaja.

18- A min nunca mo deron, pero recordo sendo pequena que a un amigo meu que a súa avóa cando o vía que non tiña apetito e que adelgazara moito, dáballe a beber Sansón, ela comentaba que ao darlle esa bebida levantáballe a paletilla.

2- DÍA DE TODOLOS SANTOS.

Día de santos e aires de defuntos, debullando lembranzas…

Estos días moitos de nós visitaremos o cemiterio, venme a mente as xentiñas da Isla da Palma, que lamentablemente teñen dous cemiterios pechados por mor da lava e non podrán levar flores os seus seres queridos coma todolos anos.

 O tratamento que lle damos á morte por estes lares de raíces celtas forma parte do noso patrimonio cultural intanxible.
Os cemiterios son parte da paisaxe da Parroquia, normalmente están situados preto das nosas casas, en lugares a resgardo, onde podamos ir de cote a visitar os finados, poñerlle unhas flores ou simplemente estar alí, xunto a eles, uns momentos para falar con eles, recordalos ou simplemente rezar

Ao chegar este día o cemiterio énchese de flores, nos nichos dos nosos seres queridos non todo o mundo coloca a mesma flor, de todas as flores que se colocan, tanto neste día como no resto do ano, destacan catro tipos : hai quen prefire colocar caraveis, a súa utilización expresa un sinal de condolencia, dá a entender que entre o ser que está alí enterrado e quen lle pon os caraveis había vínculos moi estreitos.
Hai quen, por outra banda, este día prefire colocar crisantemos, unha flor que simboliza o efémero da vida.
As rosas, dependendo da súa cor, teñen un significado, as brancas encarnan a inocencia, as rosadas aprecio e agradecimiento e as vermellas amor e respeto.
Os que se inclinan polos gladiolos é porque representan o recordo e a fidelidade.

Non entendín nunca o porque facer cemiterios afastados do pobo onde un vive, moi típico noutros lugares de España, só fai que che vaias esquecendo daqueles antepasados teus ou dos teus veciños que apreciabas e que de cando en vez che achegas ao seu nicho para estar un momento recordándoo.
Cando era un neno recordo de ir a moitas casas a dar o pésame, daquela os velorios realizábanse na casa do defunto, agora os tanatorios rompen por completo aquelas escenas que sucedían na casa do falecido, mágoa perder as tradicións.
Alí comezábase a recordar ao morto de unha forma mui diferente a de agora, mentras as mulleres estaban chorando na habitación co corpo presente, os homes ían a cociña, alí recordaban as anécdotas, facían comentarios sobre as vivencias co defunto, da boa persoa que era….Mentres se falaba do difuntiño, para pasar o “trago” acompañabanse de cafés, aguardientes varias ou viño, tamén eran necesarias unhas galletas, un pouco de queixo ou o que houbese nese momento na alacena da cociña.


Eu adoitaba quedarme coa miña avóa, agarrado á súa saia e non a soltaba en todo o tempo que estivésemos na casa do finado, os meus ollos eran como pratos, vendo aquelas esceas, que congoxa me entraba ao escoitar aquelas mulleres que choraban e choraban sen parar, ás veces facían alusión ao finado, comentaban o boa persoa que fora nesta vida, ou ben a penuria que deixaba na casa, se desconsolaban dicindo que ía ser dos seus fillos e da súa viuda… e volvían chorar, máis forte aínda, miña naiciña! Que medo pasaba! Aquela noite eu non pegaba ollo!
Pero non aprendía, e cando volvía haber difunto ala iba eu de novo con Ramona, a miña avóa. Cando finalizaba o enterro, recordo que ao chegar á miña casa a miña avóa facíame pasar por encima dunha pequena fogueira que ela mesma preparaba na cociña, era costume ao chegar a casa logo dun enterro de pasar por encima dunha pequena fogueira feita de ramas de loureiro, seica era para evitar o Aire do Defunto.
Cando convencía á miña avóa para que me contase cousas sobre os defuntos, ela mirábame asombrada, dicía mirando para o ceo e persignándose: Hai meu Dios ! Este rapaz ten o demo no corpo! Alabado sexa Dios, mira que cousas pregunta o Roquiño pequeno, pero para que queres saber ti iso?. Eu insistía…
Un día estaba co fouciño limpando as canas, sentada na banqueta no seu sitio preferido, era o mesmo onde se facía a aguardente e onde se gardaba o carro das vacas. Comentábame que na súa mocidade aos mortos envolvíanos nunha sábana ou tamén nun sudario, adoitaban vestilos con camisa e calzón os homes, e ás mulleres cunha camisa, saia e medias
Tamén se lle ataba un pano desde o queixo á cabeza para pecharlle a boca, recordo de ver algún finado así e metíame un medo do carallo, outra noite ou varias sin dormir, total que entre os mortos e as películas do Conde Drácula que botaban naqueles anos na primeira cadea da TVE levaba un feixe de horas sin pegar ollo!
Tamén me falaba de que moita xente tiña por costume o meter á beira do cadaver algún utensilio, non recordo ben si eran tixeiras ou peines… esto non me quixo decir para que era, sabe Deus para que sería, cando imos morrer cada un temos uns desexos, eu por exemplo quero que metan conmigo o móbil, non vaía ser que me envíen algún wasap…
Todo isto da fogueira para quitar o Aire, era debido a unhas crenzas de tempos ancestrais, onde as persoas que estivesen en contacto co morto podía afectarlles. Dicíame a miña avóa (ás veces non quería contestarme ás miñas preguntas), que se procuraba facer este tipo de cousas para quitar o Aire do Morto, debido a que a alma do finado podía andar vagando ao noso redor. E adoitaba ocorrer que quen estaba máis propenso a coller o Aire eramos os nenos.
Ás veces comentábase que logo de enterrar os restos do falecido, sucedían algúns feitos que non eran normais, ruídos estraños que normalmente sucedían na habitación do defunto, e nalgunhas das veces comezaban a ver que algun pequeno da familia ía enfermando e ninguén podía remedialo, nin os médicos, nin os curas, enton era cando facíanlle os ritos que tiñan por costume según na aldea que fora, para poder salvar o neno recurrían o que fixera falla, coma nos facemos actualmente, sexa o que sexa.
Pero este día de visitar os camposantos tamén aproveitamos a ocasión para saudar aos parentes que fai tempo que non ves, ou aos compañeiros teus de mocidade, que sempre falamos de xuntarnos un día e facer unha comida, outros aproveitan o momento tamén para falar do tempo que fai, das colleitas ou de facer algún negocio se se dá a ocasión…

Eu seguirei co meu costume, coa miña tradición, visitarei os cemiterios de San Mauro, Campañó e Cerponzóns, alí descansan os meus seres queridos, alí irei é volvereilles a dicir o de todos os anos : Grazas por todo o que me destes.

22- A MATANZA DO PORCO POLO SAN MARTIÑO.

RECORDOS DE CANDO ERA UN RAPARIGO.

Polo San Martiño véñenseme á memoria aqueles anos da matanza do porco , os recordos apíñanseme cando comenzo a lembrar os preparativos da matanza.

Para poder levar a cabo a matanza viñan os veciños a botarnos unha man, no momento que tocaba matar o porco meu pai na taberna falaba con uns cuantos veciños para poñer un día que mellor lle fora a todos, era habitual axudar uns aos outros neses menesteres.

O chegar o día, o primeiro que se facía era preparar herba seca para o chamusco e ter o banco listo para a matanza e o sangrado do porco .

Recordo ao meu pai dando as indicacións pertinentes, a min normalmente dicíame que me apartase, despois á hora de queimar os pelos do porco deixábame coller as pallas e prenderlles lume para pasarllo por todo o corpo, logo había que lavalo con agua quente, darlle a volta e facer o mesmo polo outro lado, despois quitarlle as uñas ….

Antes disto sucedía para min o mais impresionante, ollar aquel coitelo que con unha gran certeza meu pai introducía no animal, deseguido poñíase unha tina para recoller o sangue, a cal despois a miña avoa Ramona pacientemente poñíase a revolver, sin parar un instante.

Colección de coitelos da matanza (do avó de Maite).

Meu pai, collía outro coitelo e comenzaba quitandolle a papada ao porco, dende ahí iba abrindo o porco ata a parte traseira, despois retiraba as tripas, as mulleres recollian estas nuns barreños e deseguido acudían a beira do río Rons a lávalas, un traballo mui delicado que non deixaban facer a calquera.

Os homes unha vez que meu pai había baleirado o porco axudaban a colgalo na adega, así quedaba alí toda a noite, ao seguinte día procedíase ao despezamento, a min tocábame salgar todo os xamóns, as costelas, as ourellas, a cacheira, etc. 

O salgado faciase con sal gordo en abundancia, entre o frío e o sal, as mans quedabanme completamente conxeladas.

Pero todo esto que tiña que facer era supervisado sempre por meu pai, sempre controlaba como salaba, para que non quedase ningún centímetro de carne sen salgar, porque sinon pasado uns días despois o porco non collía o sal é estropeaba a peza.

O que me gustaba máis era o traballo que lle tocaba despois á miña avoa, o de facer os chourizos e as morcillas, ela, pacientemente ía enchendo as tripas do porco con a sangue, botaballe piñóns, logo uvas pasas….

Ver despois aquela cociña con todas as morcillas de diferentes tamaños alí colgadas dábanme unhas ganas de coller unha cadeira e empezar a comelas !!!

E o cheiro dos chourizos ! Ainda perdura na miña cabeza ! É aquela fritanga de sangue !

Daquela a carne de porco era a principal fonte de abastecemento que había nas casas do rural en todo o ano, ademais de constituír xunto co Entroido unha das formas máis representativas da cultura popular galega, con moitos séculos de tradición .

Ramona Cochon Ramos , a miña avoa.