OS FOGOS NAS FESTAS, A FAVOR OU ENCONTRA ?

OS FOGOS NAS FESTAS.

Cando falamos da celebración das festas da parroquia, no caso de Cerponzóns as que se celebran polo Patrón ou polo Corpus, o noso intelecto márcanos unha serie de actos que son habituais en éstes festexos, un deles é a da tirada de fogos, aínda que últimamente debido ás restricciones non se puideron celebrar como se afacía. En todas as parroquias galegas a celebración das festas requiren o concurso dos foguetes en profusión para lanzalos ao espazo, desde a véspera ao mediodía e pola noite, o día do Santo, ao anuncio da alborada, ao final da función relixiosa, á saída da procesión e durante toda a tarde…para moitos dos veciños si non hai foguetes, non hai festa.

Tampouco nos podemos esquecernos dos que non están en nada de acordo coa tirada de foguetes, é sabido que unha pequena parte da veciñanza non está de acordo en queimar pólvora botando foguetes, respeto a súa opinión, precisamente eu teño comentado algunha vez que non gastaría tanto diñeiro niso, pero hai que recoñecer que é unha tradición máis e que debemos respetala como outras que temos.

Botar uns foguetes en días sinalados é unha manifestación que honra, por unha banda a parte relixiosa e por outro a parte lúdica, o de dar a coñecer os veciños e ás parroquias limítrofes que estamos de festa. É unha manifestación que proba por parte da comisión de festas que ao patrón réndeselle a mellor festa posible, cantos máis tiradas de foguetes, mellor festa. Tamén individualmente hai quen desde a súa casa ten o costume de tirar uns cuantos foguetes en agradecemento ao seu patrón e á vez en ser quen botou máis foguetes que ninguén da parroquia, intentando que cada ano sexa mellor que o anterior e así sentirse fachendoso de ser quen máis bombas botou.

As Festas , a costume dous fogos para que as demáis parroquias escoitasen que estamos de celebración e que se lle quere muito ou santo, cantos máis fogos mellor. (Medicina popular, pág.20)

En relación cos fogos, fai un tempo que teño recollido un comentario de un home, dice así :

Moito ouro gástase en exhibicións de foguetes complicadas sen ter en conta o costo, e os lumes artificiais non teñen outro propósito que a diversión, e non duran máis que o bico dun amante á súa amada, si é que sequera iso”.

Fai uns anos cando estiven falando das festas que organizaba o señor Albino, comentoume que cando contratábanse os fogos, tiñan que desprazarse á cidade e tratar cun paisano a adquisición de determinadas ducias de bombas e foguetes, pagábaselle no momento é o día anterior aos festexos encargábanse as mulleres de ir a por eles. Dicía Albino que as mulleres viñan cos feixes de foguetes na cabeza desde Pontevedra.

Que foguetes comprarían daquela…? 

Pois dependendo do diñeiro recaudado comprarían unhas cantas ducias da variedade que naqueles anos había e que lle ofrecían, entre eles estaban os foguetes voladores, foguetes de luces, foguetes de culebrillas, pés de cabra, foguetes de corneta, foguetes de tres e catro tronos, foguetes de palenque, foguetes de catro e cinco subidas, foguetes de corda, carretillas de chispa, carretillas dobres, alcancías e granadas…ao estar escribindo isto recordo un ano que foi espectacular, era principio dos setenta, os da comisión de festas botaron a casa pola fiestra, era as doce da noite, en plena verbena, mandaron parar á orquesta e comezaron a botar fogos de cores, aquilo nunca tal se vira na parroquia, foi espectacular !!! Tamén no ano 2008, as 2:30 da madrugada, remataba a festa con unha tirada de foguetes de luces.

A DESTACAR :

Estamos falando dun costume de moitos anos atrás, en documentación relacionada coa nosa parroquia recollemos información onde no ano de 1775 indícase que se pagan 4 reais por cinco ducias de lumes artificiais.

Sen ter que ver coa festividad relixiosa, tamén houbo ocasións onde se utilizaron os foguetes para festexar algún acto importante, unha data a destacar foi ou 28 de Xullo do 1852.

Na prensa daquel entonces anunciaban a chegada con cohetes de Antonio de Orleans e María Luisa Fernanda de Borbon , Duques de Montpensier a nosa parroquia de Cerponzóns :

A LAS TRES DE LA TARDE DEL 28 LOS COHETES ANUNCIAN LA LLEGADA DE SS.AA.RR.MA LA CUMBRE DE CERPONZONES , A UNA LEGUA DE DISTANCIA DE PONTEVEDRA.

UN POUCO DE HUMOR:

Comentaba un paisano cando salía a relucir o tema dos foguetes…

É das tradicións que mais me encantan!!!!

Estar tomando un vermùt, batendo cos dentes no vaso cada vez que estoupa un foguete, disfrutar dunha conversación continuada co do lado, comendolle a orella para que poida escoitarte, taparlle os oidos ó pequeno para que non lle reventen os tímpanos, é estar pensando nos cans que están nas casas intentando escapar non se sabe pa onde…..vamos, unha marabilla!!!!

En fin, para ir rematando, podemos resumir o lanzamento de foguetes en dúas partes ben diferenciadas, primeiro a que está a favor da tirada de foguetes, que son aqueles veciños que cando empezan a soar eses inconfundibles silbidos que preceden ás explosións, póñense a mirar arriba o ceo plagado de pequenas nubes de pólvora é emociónanse é dan grazas á vida por celebrar un ano máis a festividade do seu patrón, xunto aos seus seres queridos.
Doutra banda, están aqueles veciños que prefiren que se renuncie nas súas festas patronais ao lanzamento de bombas de palenque para protexer do ruído á persoas con hiperacusia (elevada sensibilidade auditiva), maiores, persoas doentes é tamén para protexer aos seus animais domésticos.

OS VECIÑOS OPINAN :

Os veciños é veciñas tamén quixeron dar a súa opinión, fixen un resumen das opinións :

1–Hai quén opina que lle gusta que boten os fogos, pero si hubese algún motivo polo cal non hubese, tampouco lle parecería mal.

2–Son varias as opinions de que os fogos non deben faltar no día de festa, muitos opinan que botar fogos e motivo de celebración, de festa, de alegría, mismo hai quen se emociona ao escoitalos.

3–Pois penso que como colectividade, dende sempre, as celebracions foron arredor das fogatas, polo sentido purificador do fogo. Mata os malos espíritus. Os fogos de artificio supoñen ledicia, descanso, celebración e coma todo na vida poden ser axeitados se son comedidos. Eu voto a favor, polo espíritu de festa de reencontro e celebración entre os veciños

4–Eu son das qu digo que queda mui bonito que cando comenza a festa se bote algunha bombiña, pero últimamente pensando ben, si pensas nos nenos autistas, nos cans ou outro tipo de animal, esas bombas faille muito mal, por eso de un tempo a esta parte estou en contra das bombas, si se pudera facer algun tipo dde fogos artificiais sin que xeneraxen ese ruido, sería xenial, pero todo o que sexa ruido agora estou en contra, xa che digo, que no seu tempo foi unha cousa mui bonita, teño recordos entrañables, venme o recordó de ver a meu avó debaixo de unha árbore vendo os fogos todo emocionado, pero agora opino que mellor as festas sin ese ruido.

5–Estoy a favor cuando es una fiesta patronal ,de los esporádicos asi sin mas, totalmente en contra,cuando sabes que los van a echar por una fiesta proteges los perros que son los que lo sufren ,pero estos de sorpresa por un partido o una fiesta familiar o fin de año ,sin venir a cuento no.

6– Eu estou a favor, é unha tradición que se debe manter e que non fai dano a ninguén. Recordos da infancia, de velos cos avós, pais…e máis tarde cos amigos e a parella. Marcan toda a vida de calquer pontevedrés, tanto os do Apóstolo coma os da Peregrina ou os da nosa parroquia.

7– Eu estou a favor, a verdade é que unha festa sen fogos non parece festa, o outro día votaronnos en Campañó é xa parecía que había outra vida.

8–Home, home, eu que queres que che diga, sempre lle tuven muito medo os fogos, teño un problema de audición é para min era un sacrificio, tamén me quedou un mal recordo cando vin fai anos polo Paseo de Colon, cando pasaba o tren por alí, a unha muller entroulle un fogo pola espalda é queimouna, tamén a outros señores, veciños do Castelo, unha vez tiñan gardados os foguetes no Convento de Lérez é reventaron os fogos, estouparon todos, vaía susto; fora no día de San Salvador. Ainda así gústame velos, pero lonxe.

9–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.

10–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.

11–Estou moi a favor de que se boten fogos, xa que e sinónimo de festa é temolo moi asociado a tal función.

12–Os fogos e algo que recordo dende cativa, se se escoitaban fogos e que habia festa, e coa festa alegria.

Hoxe xa non hai romarias, verbenas, xa non se celebra nada, mais aunque houbese xa non sabemos se en tal ou cual lugar celebran o patron. Tamen temos os que non queren fogos por os animais, cans e cabalos tamen. So sei que todo mudou, na epoca de pequena ivase con un rabaño de vacas, no noso caso, cruzando a carretera de lado a lado e outro tal rabaño de cans detras, non habia atropelos nen cousa parecida, os dos coches, os que o tiñan ian con sentidiño, non como agora que todo e noso. Gustanme os fogos, tranme moitos recordos, pero sinto por os animais que co tempo tamen se volveron mais finos de oido. Despois de tanto rollo direi que nin a favor nin en contra, quixera voltar a outra epoca donde non habia tanta modernidade, nin tantas normas pero eramos moito nais cívicos, respetuosos e educados.

13–Totalmente a favor e iso que eu disfruteinos desde a miña casa pois daquela estábamos de luto,tres anos sin poder ir as festas.

14–Para min os fogos son unha parte inseparable da festa, penso que os fogos non deberían desaparecer, debían de estar ahí é de seguir. Dacordo que hai un perigo que son os incendios e quizáis había que ter máis cuidado, penso que sería necesario montar unha vixianza cando se botan. Pa min e algo que na parroquia todo o mundo sabe o que está pasando, que se a misa, que si acabou, que si a procesion, que si empeza a verbena…eu que sei ! Eche coma un reloj que che vai decindo o que vai pasando, aparte eche bonito, ata cando botan as tracas do final da misa, é un espectáculo, e unha cousa que pa min non deben desaparecer, eso sí, polo menos en época de verán debese ter un pouco de control cando se botan, saber dónde poden caer é estar vixiantes. Non deberían de desaparecer, ademáis hai tamén que ter en conta que hai unha industria detrás é que son postos de traballo, que desgraciadamente hai pouco traballo e xa se perderon demasiados.

15–Los fuegos son importantes por que anuncian que la parroquia esta en fiestas es una tradición que no se debe perder salvo estas circunstancias , yo recuerdo las fiestas de Albino muchos años cuando hacía la tirada de fuegos a las 8 de la mañana y anunciaban las fiestas patronales. Era una alegría inmensas dentro de cada hogar . Y eso que cuando llovía nos metíamos debajo del palco de tablas y salíamos cómo PITOS MOJADOS.

16–Os fojos xa son das festas. Recordo a meu pai cando viña a festa do patrón, o fuerte del era botar os fojos. Viña Albino facendo a alborada cos gaiteiros, cando paraba na nosa casa, deixaba unha ducia é media de fojetes para os tres dias de festa. Os tres dias invitabos a entrar dentro da casa, alí tomaban rosca é un no viño, tocaban dúas pezas. Si eran muitos músicos facianno fora, a meu pai gustaballe muito respetar as festas, todolos anos era así. Sempre tiña que haber fojos, porque si nos había, para él non eran festas. 

FESTAS DO PATRÓN 2001

FOI APOTEÓSICO !!! 

En moitos anos non se recordaba a tanta xente participando nos actos, quen dicía isto era Rui Fontan, presidente da Comisión de Festas do Patrón do ano 2001.
Cerponzóns recobrara o espírito festivo logo duns anos en que foron bastante floxos no que se refire á celebración de festexos en honra ao santo Patrón. Os compoñentes da Comisión de Festas estaban exultantes, satisfeitos coa colaboración que houbo por parte dos veciños de Cerponzóns ( se recaudaron un total de 1.220.700 pts.) e tamén das xentes das veciñas parroquias de Verducido (recaudado 125.000 pts.), A Devesa (recaudado 40.500 pts.) Sabaris (recaudado 40.900 pts.) Reiriz (recaudado 36.300 pts.) Alba (recaudado 81.000 pts.) e San Amaro (recaudado 24.000 pts), as súas achegas fixeron que se puidesen realizar uns festexos ao grande, xunto a diversos donativos, as rifas e o bar chegouse a un total de 2.038.500 pts. recaudadas.

Hai que dicir que tamén axudou moito as boas temperaturas e principalmente en que non apareceron as choivas, que habitualmente adóitannos acompañar neses días de Xaneiro, foi un dos factores que axudaron a que as festas fosen do “mellorciño” que houbo ese ano en varios quilómetros á redonda. Dicir que para previr instalouse unha gran carpa e así evitar a suspensión das verbenas que se celebraron os tres dias, nos tres dias de festexos estiveron repletos de xente das parroquias antes citadas, ademáis contaron coa presencia tamén de veciños de Xeve, Marcón, Pontevedra…


O venres día 19 a programación festiva comezaba ás 20:00 horas coa misa cantada, coa participación do coro da parroquia e ás 21:30 comezaba a primeira verbena, a actuación foi a cargo do grupo Os Alkar’s e a orquesta Sintonía de Vigo. Neste día houbo lectura do pregón, iba ser a cargo do presidente do Pontevedra C.F., o señor Gerardo Lorenzo, pero unha viaxe a Rusia impediu a súa presencia, no seu lugar estivo o Vicepresidente do club, o señor Evaristo Antelo.

O sábado día 20 abría os festexos un pasacalles a cargo de un grupo de gaitas, máis tarde, ás 13:00 horas a misa en honra a Sta. Lucía, ao finalizar a procesión hubo sesión vermouth co grupo “Distrito 7″ e ás 21:30 de novo unha espectacular verbena, está vez eran ” Noche de Estrellas” e “Israel”.

O último día de festas comezou cos tradicionais pasacalles, ao mediodía era a Banda Municipal de Música de Pontevedra a que protagonizaba un concerto ao cal asistiron multitude de veciños, celebrouse a misa cantada, coa participación do coro parroquial e seguidamente a procesión co percorrido habitual.

A imaxe de San Vicente abría  a comitiva, seguíanlle San Antonio e despois Sta. Lucía. Ao finalizar o percorrido comezou unha longa sesión de bombas de palenque ( gastáronse entre os tres dias 402.000 pts), seguidamente, ao finalizar as bombas, tivo lugar a sesión vermouth, acompañada cunha actuación musical, era o día máis esperado : París de Noya e Panorama ! O non vai máis !


Era medianoite  e a Comisión de Festas celebrou un sorteo dunha viaxe a Cabeza de Manzaneda, para iso realizaron unha venda de rifas, chegando a recaudar un total de 40.000 pts.

Ao finalizar os festexos a satisfacción por todo o realizado era xeneralizada entre os compoñentes da Comisión de Festas, foron días de moito esforzo, percorrendo parroquias, porta por porta, pedindo axudas, organizando as tres xornadas, alugando alumeado, xerador, carpa, ir á imprenta, sacar permisos, contratar orquestas, grupos, gaiteiros, misas, flores, merendas para a banda e gaiteiros, comprar as bebidas para o posto de bar ( chegouse a recaudar 180.100 pts.).
O peor de todo foi o resultado dos tres dias de festexos no apartado económico, tivo un déficit de 75.000 pts., pero no apartado emocional tivo un éxito sen precedentes, a estes veciños quedoulles para sempre gravado este ano 2001.

Tres dias de festas que foron inesquecibles, todo saíu á perfección, a colaboración dos veciños, a climatoloxía, o ambiente festivo durante eses tres dias, as orquestas que interpretaron os temas actuais daqueles momentos : temas de Chenoa (Cuando tu vas), de David Civera ( Que la detengan), de David Bisbal (Buleria) etc.

Este grupo de veciños que formaron a Comisión de Festas eran os que estaban de directivos do Cerponzóns C.F.

Presidente : Rui Fontán

Vicepresidente: Manuel Campos

Secretario : Manuel Castro

Tesorero : Rogelio Casás

Relacións Públicas : José Manuel García 

Vocal : Juan Maquieira

Vocal : Jorge García 
Grazas a todos eles.

Oxalá se poida volver repetir.

NOTA : Fotografías do Diario de Pontevedra.

22 de XANEIRO do 2017 , día do Patrón 

RECORDANDO ESTE DÍA .



Corría o ano 1980 , recordo que por aquel entón se constituía unha asociación de veciños composta por 21 persoas , veciños da parroquia que representaban todos os lugares dela, desde A Bouza ata Liborei, desde A Hermida ata O Bravo , pasando por Pidre , Tilve…..de todos os lugares de Cerponzons.

Na taberna por aqueles tempos era un lugar en que moitas veces reuníanse parte daqueles compoñentes , alí falábase , discutíase e chegábanse a acordos para a realización das necesidades que aqueles momentos eran os máis perentorios.

Fun testemuña de moitos debates , desde moi pequeno crieime entre aqueles veciños que tiñan ” peso ” na parroquia , incluído o cura Don Benito , asiduo á taberna dá Rons , onde era un gran afeccionado ás partidas de cartas .

Que se a obtención dun diñeiro pola venda da madeira do monte había que destinala para o ensanche de pistas máis necesitadas da parroquia , que se uns indicaban que era necesario investilo na Hermida , outros que se na Mean ….

algúns se inclinaban na colocación de puntos de luz , outros xa empezaban a reclamar un campo de fútbol en condicións , en resumidas contas , sempre buscando o mellor para a parroquia.

Como sempre había os negados , os que sempre tiñan algún pero , os que non se conformaban co que a maioría aprobaba e ás veces chegaban ás mans.

As imaxes dalgúns destes homes aínda as teño na memoria , a súa hombría demostrábana cando a súa poder de convicción coas palabras non eran suficientes e encerellábanse a tortazo limpo.

Ver aqueles veciños rodando polo chan non era agradable para ninguén e menos para un neno da miña idade , rompendo todo o que atopaban ao seu alcance , ver á miña nai angustiada , era a única muller que se atopaba sempre con estes fregados na taberna , observar como algúns tentaban separalos e levar de propina un bofeton aínda por encima , tantas e tantas vivencias !

Quizais por ser testemuña destas vivencias , non das pelexas , senón de ver como había moitos dos nosos antepasados que parte do seu tempo empregárono en traballar para a parroquia , quizais porque o meu pai estivo de tesoureiro por varios anos desta asociación que agora teño eu a honra de pertencer , ou quizais da influencia da miña nai por ser como era , sempre tentei contribuír en poder botar unha man nas diferentes asociacións , clubs , etc. ás cales pertencín .

E hoxe é un día polo cal estou satisfeito personalmente e non dudo que tamén o estarán as miñas compañeiras de asociación , por todo o afecto que tivemos con moitos dos nosos veciños , para os 4 membros da asociación á que pertencemos é o mellor pago que se nos pode facer , a consideración de facer algo polo ben xeral da parroquia e que cho agradezan da maneira que hoxe o fixeron .

Non somos 21 os compoñentes , somos catro , facemos o que nas nosas mans podemos realizar , pero tamén vos digo unha cousa , estou convencido de que cada vez seremos máis os que dunha maneira ou doutra seremos capaces de seguir realizando cousas por e para toda a parroquia de Cerponzons.



Domingo 22 de Xaneiro de 2017.

Sobre as dez da mañá foi cando cheguei á miña parroquia , pasei un momento pola Rons e funme ata a Igrexa , alí estiven un momento falando co noso sancristán Lis , o tempo non era moito do que dispoñía e falamos por encima das preocupacións e desgustos do seu traballo , a súa vida etc. Lis , querido veciño , noutro momento teremos que sentarnos e falar con máis detemento , interésanos o teu punto de vista e á tua achega é tamén ben recibida por esta asociación .

Estaba todo xa planeado do día anterior e funme para o lugar de Pidre , Lili foi destino á Hermida , ( por motivos diferentes hoxe só estabamos dous membros da asociación dispoñibles para este día ) .

Eran as once cando empezamos a percorrer os lugares máis afastados do centro da parroquia , así iriamos visitando a maioría dos lugares ata que chegase a hora da misa que era onde quedaramos.

Como realizaramos na festividade do Corpus un percorrido moi parecido , tentamos pasar por outros lugares que da anterior vez non pasaramos , dado o extensa da parroquia o tempo non dá para percorrer todas as casas como ben vos podedes imaxinar.

O que imos facendo desde a asociación é marcando os lugares que imos visitando e para o próximo ano iremos polos que non fomos , creo que entenderedes o noso proceder.

Ben , grazas ao gran invento do teléfono móbil , Lili e eu mantiñamos contacto en todo momento para ir sabendo un do outro como iamos levando as alboradas por O Bravo , O Cunchido , A Mean , O Castrado , San Caetano , Tilve , Liborei , Pidre….

Xenial ! Nin frío nin nada ! Entramos en calor ao pouco de percorrer un par de quilómetros !

Antes de empezar os percorridos os do grupo os Alegres e Lili puideron tomar un café que amablemente convidou Manolo , o propietario de Casa Villaverde.

Ao pouco empezamos , Lili pasábame unha gravación da música dos Alegres , eu enviáballe a dos Algures ! Competencia total ! Que se unha foto dos Alegres pola Hermida , eu enviáballe unha dos de Algures por Ou Vigario …

De súpeto ao son das gaitas os veciños empezaban a asomarse polas xanelas das súas casas , outros saían á porta da súa casa , uns poñíanse a gravarnos cos seus móbiles …..

As felicitacións non se fixeron esperar , e mentres algúns nos agradecían o achegar o grupo de gaitas ás súas casas , nós entregabámoslles unha invitación para a noite por se querían ir botar un baile á discoteca La Luna.

Un deses veciños quedou mirándome e díxome : é a primeira vez que no canto de vir pedir para a festa vides darnos o diñeiro a nós ( dicíao polo valor da entrada á discoteca ) , botou un sorriso e de súpeto pediume outra entrada porque tiña dous fillos casados .

O mesmo ocorríalle a Lili , unha veciña de nome Carmen , fíxolle entrega dun donativo , estaba emocionada por levarlle as gaitas pola súa casa , Lili enviábame un Wasap e comentábame o acontecido, preguntábame que faciamos se nos daban algún diñeiro ( nosa intención era a de non pedir nada , nos tempos que corren non están as cousas para andar a pedir ) .

Outra veciña máis , quedou de levarlle a casa de Lili , ao non ter nese momento dispoñible.

De súpeto a min pásame outro tanto, esta vez é polo Vigario , é Simón o que tamén quere colaborar e dános a súa achega .

Eu díxenlle a Lili que ese diñeiro usariámolo para pagar seguramente algo aos gaiteiros que veñen pola Diputacion ( se é que non lle pagan todo o que cobran por actuar ) .

Así fomos percorrendo a parroquia , cando se achegaba a hora da misa Lili tivo que indicar aos gaiteiros por onde tiñan que dirixirse cara á igrexa desde onde estaban , non tiña tempo para máis , o seu traballo comezaba en dez minutos e tíñase que ir.

Mentres tanto eu achegábame cos meus ata Casa Falcón , necesitabamos mollar a gorxa , e que mellor que facer un alto no camiño e tomar un viño cunha tapa de callos que amablemente nos puxo Manel.

Naquel momento había varios veciños tomando algo , un deles David Falcón , foi o que nos convidou á consumición de todos .

Despois os de Algures dirixíronse cara a Pidre , mientras eu facía a igrexa , alí estiven a entregar entradas e de paso charlando con varios veciños.

Por certo , desde a Asociación agradecemos a presenza da concelleira Pilar Comesaña.



Mentres se oficiaba a misa , no atrio da Igrexa quedamos uns cuantos veciños , o día ofrecíase para estar alí charlando e como ocorre nestes días sinalados poder atoparnos con veciños que hai tempo non nos viamos , este foi o caso por exemplo de atoparme co meu afillado José Ángel e a súa familia.

Ao pouco soaba o himno galego , o grupo de gaitas Os Alegres foron os que fixeron as honras .

Nada máis terminar saíron en procesión os fregueses xunto as figuras de Santa Lucia , San Antonio e o noso Patrón San Vicente .

Unha procesión con escasa participación comparada con outros anos , e iso que o día , como dixen anteriormente, estaba propicio para a celebración .

Non houbo fogos , espectáculo que gusta a moitos dos nosos veciños e que algúns deles así nolo fixo saber a nós como tamén fixeron eco nas redes sociais .

Teño que dicir que a min particularmente non me agrada nada o gasto que se fai en tanto fogo , digo en xeral , ese diñeiro investiríao noutro tipo de espectáculo na festa do patrón se chegase o momento.

O que si estou seguro que se alegraron de que non houbese lumes foron as nosas queridas mascotas que sofren tanto debido á alta emisión de ruído que produce a explosión dos fogos de artificio .

Unha das nosas veciñas comentaba que por parte da Asociación de veciños houbo un certo privilexio cun veciño , que lle levamos o grupo de gaitas á porta da súa casa , bo , pasamos por moitas máis casas claro pero….

Teño que dicir que si , que ten razón, que o fixemos intencionadamente .

Agora quero facervos unha pregunta e gustaríame que respondese todo aquel que coñece a traxectoria deste veciño.

A Asociación de Veciños , neste caso baixo a miña responsabilidade , decidiu achegarse a casa de ALBINO , creo que se merecía que os gaiteiros tivesen con él un momento especial.

E así foi , tomamos dirección á casa de ALBINO e íalles comentando aos gaiteiros quen era ALBINO e o que debemos estar agradecidos toda a parroquia pola súa traxectoria ao longo de tantos anos en ter a responsabilidade de encargarse ( xunto a outro veciño , q.e.p.d. , como foi Honorio ) da celebración de tantas e tantas festas.


Por iso pregúntovos , fixen mal en achegarme a xunto ALBINO ? , chamalo para que saíse a fora da sua casa , comentar unhas palabras con él e cos gaiteiros, facerlle unha fotografía , e dedicarlle un pasodobre ? Non e merecedor ALBINO deste momento ? 

Alégrome daqueles veciños e veciñas que gozaron deste día ao ver pasar e escoitar as alboradas , quizais sexa en todo o ano o que gocen das actividades que ofrecen as asociacións da parroquia , quizais eles non poidan gozar doutras cousas que outros teñen todos os días ao alcance das súas casas e eles por vivir moi afastados dos centros culturais que dispoñemos non son asiduos.

Espero que a próxima reunión de veciños acuda mais xente e así se enteran do que se fala e se di alí con respecto as festas , por poñer un exemplo .

Nada máis por hoxe , terei un apartado para comentar un tema relevante vendo a pouca afluencia de fieles a misa , a asistencia dos veciños aos actos litúrxicos , que pouca xente hubo o domingo , estamos a perder a fe ? 

Non imos á misa do Patrón porque non hai sesión vermouth ?

Don Manuel temos un problema.