Con motivo da celebración dos 1000 anos da parroquia estrenouse no Teatro Principal un documental, os veciños e veciñas da Parroquia de Cerponzóns foron os protagonistas:
Cúmprense nestes días dous anos en que comezabamos desde a Asociación de Veciños O Chedeiro os preparativos do que ía ser o Documental Cerponzóns a Mil.
Dous anos desde o primeiro contacto que tivemos co director do documental en que lle expuxemos a nosa idea por facer unha grabación con vistas a celebrar os mil anos da parroquia, despois viñeron días de reunións propoñéndolle ideas, reunións visitando lugares da parroquia, máis reunións para escoitar a súas propostas , etc. etc…ata a última reunión en que nos entregou o orzamento.
O primeiro paso xa estaba, tiñamos o proxecto en marcha, despois viña o máis complicado, que nos apoiasen desde o Concello para levar a cabo este proxecto. Mentras tanto máis reunións cuns e con outros, por fin vemos o noso soño cumprido, avísannos que o Concello asumía totalmente o orzamento que lle presentamos.
De novo outra reunión máis co director, falamos dos pasos que tiñamos que seguir, de organizarnos, de reunirnos cos veciños e veciñas, de buscar lugares e de tempo…había que programar todo de tal xeito que tiñamos que estrear no ano do milenario.
E viñeron máis reunións, creamos un grupo de traballo, máis reunións e máis ideas en como sería a grabación, que si a historia dun mozo que volve á parroquia logo duns anos emigrado, que si facer unha grabación con voz en off que fose comentado historias…pero nada diso, a idea xurdiu debido ao apoio que tivemos por parte da veciñanza.
Fixéronse varias reunións, invitouse a todos aqueles veciños e veciñas da parroquia, fosen ou non socios da asociación de veciños, queriamos saber si apoiábannos e resultou un éxito a participación.
E así, cos nervios a flor de pel, foron pasando os días, todo atado e ben atado e desexando que chegase o día da grabación, así foi, coa sorte de acompañarnos o bo tempo, os veciños foron verdadeiros actores, portáronse de marabilla, cada un deles estiveron desde o primeiro momento atentos ás indicacións que se lle facían ( días antes estivemos con eles reunidos, recollendo os seus datos, teléfonos, recordos etc).
Rematamos a grabación cunha actuación musical e un pincho, dándonos as felicitacions e desexando ver o documental, quedaba en mans do director de preparalo, el sería o que tería que buscar os mellores momentos de tantas horas de grabación e resumilas en 40 minutos, muitos momentos grabados quedaron sin poder ver, pero algún día podremos velos, estou seguro.
Así foi que logo da espera de preparación, logo de máis reunións para falar onde se faría a proxección, barallando varios lugares e chegando á conclusión de que o Teatro Principal era o sitio idóneo, só faltaba que chegase o día…
O 20 de Xuño de 2019 , o documental Cerponzóns a Mil estreábase ante todos os veciños e veciñas da parroquia e curiosos que se achegaron a velo. Para a ocasión, o Concello de Pontevedra cedeu o Teatro Principal, «Ovo Publicidade» encargouse da posta en escena, e Beatriz Ciscar da fotografía do evento.
Un teatro principal cheo ata a bandeira era o escenario perfecto para un documental que aínda non vira ninguén e que xeraba expectación desde o seu grabación.
O acto abríase coas palabras de Liliana Casas, presidenta da A.V de O Chedeiro, continuando coa introdución de Pablo Cacheda, director do documental, e para rematar o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Tralo documental, cun público moi agradecido co resultado, todos querían facer fotos cos verdadeiros protagonistas do día, os veciños e veciñas de Cerponzóns.
NA PRODUCTORA VOLVEMOS A PRIMERA ENCONTRAMOS O SEGUINTE :
CERPONZÓNS A MIL (2019)
Todo comezaba con un grupo de wasap, o se nome era «Cerponzóns a Mil».
A A.V de O Chedeiro quería conmemorar os mil anos da parroquia de Cerponzóns, desexo do párroco Don Manuel de fai xa uns anos atrás. Un libro e un audiovisual eran os desexos do entusiasta grupo de veciños promotores. Amparados en milleiros de informacións de blogs, apuntamentos e información sobre a parroquia de tantos anos, o proxecto audiovisual era demasiado complicadopara contar. No proceso de recabar información os habitantes de Cerponzóns acabaron sendo o propio documental. O que comezaba como unha peza sobre os mil anos da parroquia rematou sendo unha homenaxe ás historias e vivencias dos veciños e veciñas dos diferentes lugares de Cerponzóns.
Ficha Técnica:
Promotor: Asociación de Veciños de O Chedeiro y Concello de Pontevedra
Dirección: Pablo Cacheda
Ayudantía de dirección y producción: Jorge Fernández
Ayudante de Producción: Juan José Esperón
DOP: Diego Doger
Sonido: Pablo Viña
Operador de cámara: Adrián González
Montaje: Pablo Cacheda
Música: Antilia
Postproducción de sonido: Pablo Viña
Documentación: Pablo Cacheda, Juan José Esperón
Así fue el rodaje:
https://volvemosaprimeraproducciones.com/2019/04/01/rodaje-documental-cerponzons/
Así fue el estreno:
Éste é o enlace dónde podemos ver o documental :
O QUE DIXO A PRENSA :