Os meus padriños foron a miña avóa Josefina, que en Pascuas sempre me regalaba diñeiro e o tradicional ovo de chocolate,( a miña nai facía á rosca).
O sábado de resurreccion, meu padriño, que era o meu primo Horacio, tiña uns 15 anos máis ca min, rara era a vez que me traía un agasallo que non fose comprado pola súa nai. Pero cando eu tiña uns 11 anos, él debía ter cumplidos os 26, veu cun agasallo comprado por él, eu non o podia crer, era unha camisa texana amarela e negra ! Sorprendida agradecinlla pero pensaba dentro de min : que vou facer con isto, si poño esto vanse rir de min ! Cando se foi díxenlle á miña nai : Mamá, que fago con isto? Ela contestoume que a puxera algunha vez, por exemplo cando foxe á súa casa, e así o fixen, por sorte tiñamos coche, asi que non foi tan dificil de que sin que naide me mirara con aquela camisa de cor amarelo, puidese complacer o meu padriño jajaja. Ao ano seguinte a miña nai colleu a camisa e adornouna con lentexuelas, mercou un chapeu e un arma de xoguete, así foi coma aquela camisa amarela convirtiuse nun disfraz de carnaval. Por sorte a miña nai era enxeñosa !

Os meus padriños foron os irmáns da miña nai, vivían en Curro e sempre me traían a Pascua, un bolo de pan con ovos. En Curro era o que se regalaba naqueles anos. Deixaron de darma cando me casei, despois era eu quen lla levaba aos meus padriños jajaja. Eu levaba os ovos, a manteca…todo o necesario para que mas fixesen na panadería que hai pola estrada de Villagarcia, logo de pasar A Cañota, e de feitas xa ía levalas,tambien á Devesa, donde teño un afillado. A miña nai por exemplo, sempre lle regalou a súa rosca aos afillados, todolos anos, aínda que estivesen casados, ela os chamaba e decíalles que viñeran a nosa casa a buscar a rosca.
Eu vivía en Lérez, era o maior de cinco irmáns, os meus máis tempranos recordos son de cando tiña uns seis anos, os meus padriños chamábanse Esperanza e Manolo.
Manolo traballaba nunha empresa de transporte, el era natural de Casaldorado, a miña madrina tiña unha tenda ultramarinos en Lérez, era coñocida pola A Tenda da Tobia, estaba situada pola estrada xeral, de neno, á idade de doce anos eu ía andando á Escola do Traballo, que despois se pasou a chamar Escola de Maestría, e sempre pasaba por diante da tenda da miña madrina, xa que daquela non había cartos para baixar no trole, sempre que pasaba estaba a madriña atenta para darme algunha chuchería, e iso que eu evitaba que me vise, non quería que estivese todolos días dándome cousas, pero ela estaba sempre controlando cando pasaba jajaja, chamaba por min y dabame algo, sempre. Para min foron os mellores padriños, aínda que os gocei pouco, primeiro morreu meu padriño, aínda así a madriña seguiu traéndome a rosca con ovos, pero cando eu tiña dezaoito anos morreuse ela tamén, quedei mui triste. Recordo que tamén teño pasado días na súa casa, durmía alí con eles, quizáis porque me querían protexer e darme agarimo, o meu pai estaba daquela en Montevideo, eles arroupábanme canto podían. Aínda que teño moitos anos, cando chegan estas datas o recordo dos meus padriños volven a min, e son dos que nunca se esquecen.
Os meus padriños sempre me traían un bizcoito, e tamén me daban diñeiro. Teño un recordo que che conto, como á miña irmá os seus padriños dábanlle soamente unha rosca, dixéronlle unha das veces : Si nos chamas padriños, nos tamén che daremos tamén diñeiro, e así foi. Estiveron dándonos a Pascua ata os vinte e seis anos en ques casámosnos, desde ese momento acabáronse o bizcoito, a rosca e o diñeiro jajaja.
A última Pascua que recibín da miña avóa.
O meu primo Horacio e máis eu eramos os netos preferidos da miña avóa Josefina, por varias razóns, unha delas por respetar as súas normas e ensinos, ademáis eu en particular, por vivir con ela. Cando a miña nai tivo un ACV con secuelas, a miña avóa comezou a deprimirse e a deteriorarse a súa saúde. Aínda que non era a súa filla, elevouna a case esa categoría chamandoa “a súa moza”, comezou a entristecerse, non quería comer e decíame que estaba cansada de vivir. Ernesto é eu estabamos de noivos, con plans de casarnos, polo cal cada mes cando cobraba a súa pensión ela insistía en querer darma para axudarnos, ao cal eu respondíalle convencendoa que lla dese ao meu pai para os gastos da casa, xa que a situación económica tornouse complicada con dous enfermos na casa. Pero o último mes, e ante a súa insistencia, para conformala aceptei unha parte minima do diñeiro. Poucos días antes do Nadal falece e malia a tristeza que nos invadiu, continuamos cos plans de voda por consello do meu pai. En abril, dúas semanas antes da festa a miña tía, que tamén era a miña modista, dime: Lucy xa temos que definir o longo do vestido,necesitamos os zapatos que vas usar. Ernesto é máis eu investiramos todos os nosos aforros na casa que estabamos construíndo, os gastos da festa, a lúa de mel, estabamos a full.
É ahi que vén á miña mente o diñeiro gardado meses antes…Nese entón os zapatos para unha voda custaban o triplo que un zapato común, asi que tomei os cartos e fun en busca de zapaterias, conseguín uns fermosos zapatos brancos de tacos altos e plataforma ! Moitos pensaran porque non comprei o tocado ou o ramo, pero era o que me faltaba e ademáis durante todos os meses de marzo da miña edade escolar de primaria e secundaria a miña avoa cobraba a súa pensión e me levaba á zapateria a comprar os Gomicuer (zapatos do uniforme escolar) e tamén os zapatos de paseo e ese ano non foi diferente. Tiven o meu agasallo de PASCUAS como sempre (o diñeiro) e os meus zapatos no meu último ano de solteira e ata estivo dalgunha forma tambien presente na miña voda.
Por esta e moitas razóns sempre estará presente no meu recordo.

Os meus padriños non eran parentes meus como sucede nunha gran maioría, eran amigos da familia , vivían en Reiriz. Sempre lles tiven un agarimo especial, sempre que me cruzaba con eles chamáballe padriños. Os sentimentos de agarimo que tiña con eles sígoos mantendo hoxe en día co seu fillo, para min é coma se fose o meu irmán. Sempre me deron unha rosca que viña repleta de ovos por encima, e aínda que económicamente andaban moi xustos, dábanme tamén algo de cartos, que xente máis boa. É que sitio onde me vían, sempre me daban algo, tanto de pequeno como de maior, en moitas ocasións por exemplo, estaba no bar tomando algo e si aparecía o padriño xa tiña a consumición paga por él. A miña madriña aínda fai pouco que morreu, cando podía ía visitala ao hospital, sentín un enorme baleiro ao faltarme os meus padriños. Hoxe en día teño tres afillados e ao velos recórdome deles, vénme á memoria o agarimo que sempre lle tiven e seguireille tendo alá onde estean.
Ola Juan, cóntoche.
Por unha banda o meu padriño era un amigo do meu pai, traballaban xuntos na Cross, a él coñecíano por “Chiquitín ” era natural de Lérez. Sempre me traía a rosca con ovos, e sempre me daba algo de cartos, e iso que tiña cinco fillos e daqueles anos gañábase pouco. Pero aínda cando se foi a traballar a Alemania sempre lle recordaba á súa muller que me trouxese a rosca, e así sempre o fixo, ainda máis, eu xa estaba casada e aínda me traían a rosca. E sempre que me vía tiña un detalle comigo, cando nos atopabamos nalgunha taberna, porque tanto él como o meu pai eran moi taberneiros, a min sempre me invitaba a un chato de xerez jajaja, daquela adoitaba tomarse moito e a min encantábame jajaja, recordo tamén que estando eu casada, estando un día na do Laparuzas veu a xunto miña e deume mil pesetas, eu estaba avergoñada, pero padriño, non fai falla que me deas isto, que xa estou casada e con fillos, pero non había forma, él seguía insistindo e tiven que coller as mil pesetas.
Tamén recordo que cando a muller de Chiquitín traíame a rosca era sempre o domingo seguinte a Pascua, e teño que dicir que nunca probei unha rosca tan rica como as que ela me traía, era chapó ! Pero doutra banda, a miña madriña era a irmá do meu pai, vivía en Bora e aínda que non tiñan coche para poder achegarse á miña casa, nunca faltaba un ano en que collía o autobús ou un taxi para traerme a rosca. Gardo un grato recordo dos meus padriños .
Os meus padriños chamábanse Charo e Agustin, eran irmáns e vivían en Pontevedra, Charo traballaba nunha tenda que había nos Soportais da Ferrería, de nome Casa Vidal, e Antonio nunha tenda que facía esquina na rúa Michelena coa baixada á Ferrería, chamábase casa de Telas Casalderrey. Charo e Agustin eran primos da miña nai, por certo, eran irmáns da muller dun profesor que creo que tiveches ti, que se chama Ignacio. Ben, teño un grato recordo dos dous, téñolle muitísimo agarimo, sempre me trouxeron a Pascua ata os quince anos aproximadamente, despois xa non viñan por Pascua a casa, seguiámonos vendo e cando me vían dábanme algún detalle. Os meus padriños non eran de traerme rosca, pasoulle igual ao meu irmán, os seus tampouco lle teñen levado a súa rosca, por iso que a miña nai era a que se encargaba de facer nunha panadería de Lérez unha rosca para os dous.
A min todos os anos traíanme un detalle, recordo perfectamente de varios agasallos que me fixeron por estas datas, un ano foi un camisón, outro un corte de tea para facerme un vestido, outra vez foi unha sortija, despois unha escrava, tamén recordo dunhas medias de ganchillo, ou aquel ano que me trouxeron un costurero que estaba forrado de tea de seda, era de cor azul.
Tiven muitísima relación cos meus padriños, cando tiña sobre doce anos víñanme a buscar os domingos e levábanme para Pontevedra, á súa casa estaba situada na rúa Joaquin Costa, querían que estivese en contacto co vivir da cidade, coas súas xentes, levábanme a misa, despois íbamos ata o Branco e Negro, recordo que ao saír da cafetería sempre me gustaba parar na tenda de fotografías , creo que era Foto Yáñez, tiñan un escaparate moi longo, con moitas fotografías e quedábame observando un bo intre con eles aquelas parellas de noivos, ou as fotos dos nenos e nenas de comuñón…tamén me paraba outro momento en Tobaris, vendo as novidades de xoguetes que acababan de expoñer no escaparate, unha daquelas bonecas que andaban soas sería un dos agasallos que máis ilusión me fixo.
Outro recordo que teño é o da voda da miña madriña, ela casouse xa cuns cantos anos, non como eu que me casei aos dezaoito, e fun precisamente á súa voda, fun a protagonista da voda, máis ca eles jajaja, estiven sentada na mesa dos noivos, á beira da miña querida madriña. Sempre estiven en contacto con eles, despois ao marcharme a vivir a outro lugar xa non puidemos vernos como antes, pero sempre lles tiven moito agarimo.
Ola Juan.
Pouco teño que contarche sobre a Pascua que me tocou a min. Direiche que os meus padriños foron os meus irmáns, quizáis por ser da casa, ou ben porque naqueles anos pasáronse moitas dificultades económicas, a min nunca me deron Pascua, ademáis aínda por encima, era máis triste cando vía que aos demáis irmáns os seus padriños traíanlle a súa rosca a cada un, e claro, eu non entendía porqué a min non me daban rosca. Recordo que co paso dos anos a miña madriña, é dicir a miña irmá comentábame que si lle chegase a tocar a lotería faríalle un agasallo a cada afillado dela, entón díxenlle eu que a min tamén me tocaba entón, porque era afillada súa. Quedou mirándome fixamente e contestoume: ti que dis ! Que eu son a túa madriña ? Jajajaja, pero como dis iso ? Eu non son a túa madriña ! Tiven que chamar á nosa nai para que lle dixese que efectivamente ela era a miña madriña, xa ves nin se acordaba. Esta é a miña historia, triste, pero real.
Os meus padriños eran irmáns, chamábanse Finola e Moncho. Recordo a súa rosca con ovos coma se fose hoxe, era especial, eu creo que era feita na casa, polo sabor característico a manteca, tamén a súa forma…comparada ás roscas tradicionais, a miña era moi baixiña. Os meus padriños eran de Pontevedra, ela tiña un pequeno negocio na Rúa Real, onde collía os puntos das medias. Cando se casou xa era bastante maior, pois tanto ela como o seu noivo tiñan os pais moi maiores, e ata que morreron os pais non se casaron. Volvendo á rosca, recordo que había unha panadería en Pontevedra, a dona chamábase Sofia, era a que facía as roscas que lle traían aos meus irmáns. Pero eles esperaban con ansías a miña rosca, encantáballes o seu sabor. Aquela rosca con ovos, por certo moi tostada, era a que todos en casa querían comer cando chegaba pola porta. Entón eu estaba sempre á expectativa para cando chegasen os meus padriños coa rosca, ao chegar eu collíaa e rápidamente levába para a miña habitación, collía unha banqueta e subía a ela coa rosca, escondíaa encima do meu armario, alí encima non se vía, grazas ao oco que tiña o armario e que ademais a rosca como dixen antes, era baixiña.
Jajajaja, como rabiaban preguntando pola rosca, eu non lles dicía onde a tiña, despois máis tarde, ao final todos gozabamos da rosca dos meus queridos padriños .
Os meus padriños chámanse Elvira e Fermín, sempre me deron a rosca ata un ano logo de casada, era unha rosca que traía ovos encima, facíana nunha panadería, e estaba riquísima. Eu de pequena pasaba tempadas en casa dos meus padriños, e a miña madriña cando se achegaban estas datas sempre se poñía a dicir que ese ano non ía ter rosca, porque as galiñas non daban posto ovos, era por facerme rabiar, jajajaja. Comigo portáronse sempre ben, ademáis cando me traían a rosca sempre me daban un diñeiro.
Os meus padriños eran o irmán da miña nai e a irmá do meu pai. Sobre os meus recordos da Pascua teño que dicirche que tiven sorte co meu actual madriña…Dígoche actual porque resulta que a miña madriña de bautizo nunca quixo saber nada de min, ademáis como vivía lonxe, nunca se preocupou do seu afillado. Por unha banda meu padriño sempre me truxo un bizcoito de chocolate, pero miña madriña nada de nada. Pero resulta que unha veciña que vive fronte por fronte, ao ver a miña situación de que non tiña madriña que me truxera rosca, apareceu un ano na miña casa cunha enorme rosca con ovos, e así ano tras ano, e aínda hoxe é o día que segue facendo a función de madriña, para min ela é a miña verdadeira madriña, quéroa con toda a miña alma.
O dos meus padriños foi curioso, cóntoche.
Os meus padriños chamábanse Sara e Manolo, eran matrimonio, vivían en Pontevedra. Resulta que a miña madriña era irmá do meu pai e fora a madriña de bautizo e de boda del, é dicir que comezou dándolle a rosca ao meu pai ata despois de casado, e cando nacín eu deixou de darlla a él, para darma despois a min. E vaía rosca facía a miña madriña ! Recordo perfectamente cómo era, era redonda, pero con forma de trenza, con ovos encima é un sabor que nunca volvín probar unha rosca tan rica como a dos meus padriños. Cando eu tiña uns sete ou oito anos, teño un recordo da Pascua que xa máis esquecerei, era cando a miña nai poñíase facer as roscas na casa. Ademáis é que non era unha, nin duas, os meus pais deberon de ter a lo menos uns dez afillados, entón aqueles días axudaba a miña nai , íbamos a buscar os ovos, a fariña, a manteca, e tamén axudaba a amasar na vella artesa, despois metiámolas no coche para levar a unha panadería que había en Pontevedra, estaba situada si mal non recordo preto de Sta. María, unhas horas máis tarde, recién feitas metíamolas no coche, que cheiro naquel coche ! E ao reparto con elas !
Os meus padriños vivían en Casaldorado, eran primos da miña avóa, bueno, máis que curmáns eran como irmáns, diversas circunstancias persoais fixeron que estivesen coidando uns doutros como irmáns, hoxe é o día que eu con teño unha estreita relación cos que son terceiros curmáns. Ben, os meus padriños chamábanse Isabel e Lino, foron os padriños de voda dos meus pais e ao nacer eu foron pois claro, foron os meus padriños de bautizo. Cada ano traíanme algún detalle, ou ben roupa, ou ben cartos, e claro tamén unha rosca con ovos, ás veces sen ovos, tamén había anos que me traían un bizcoito…Cando ma traían sempre me dicían que soubese que cando cumprise dezaoito anos xa me deixarían de traer a rosca, e así foi, eles tiñan moitos afillados é a todos dicíanlles o mesmo.
Gardo un grato recordo deles.
Os meus padriños foron os meus avós, padriños de bautizo, tamén da miña boda e padriños de bautizo da miña filla.
Como vivíamos xuntos, pois a rosca era o que había…pero tiña unha tia, que sin ser madriña sempre me dou rosca ou roscón, e tamén roupa.
Non teño moito que contarche Juan.
Na miña casa eramos oito irmáns, máis os meus pais e a miña avóa, foron anos moi duros e non era como agora. O meu padriño era o meu tío Manolo, pero él, aínda que era un bo paisano nunca me chegou a dar unha rosca na vida. Quizáis debido a que estivo moito tempo embarcado ou quizáis porque sabía que a miña avóa era a que facía de miña madriña é encargábase sempre ela de avisar ao panadeiro para que me trouxese unha, o certo é que él nunca ma trouxo. Eu de pequeno pensaba que non tiña padriño, foi de bastante maior cando descubrín que era o meu tío Manuel, e o cojonudo era que despois cando nos viamos , por exemplo, recordo de velo na taberna da Rons, porque era moi de ir a pescar troitas ao Río Rons e despois levarllas á señora Carmen para que llas fritise e comelas alí mesmo, e cando eu entraba a por unhas chucherías e un Fís Fas, víame é dicía a todo o mundo que era o seu afillado, pero a rosca non ma ten dado, non.
Xa ves a miña historia, si non chega a ser pola miña avóa…quedaba sin rosca.
Ola Juan, cóntoche.
O meu padriño chamábase Pepe, era natural de Caldas e a miña madriña chámase Maruja, ela é de Arcos da Condesa. Resulta que o meu padriño sendo un neno foise a vivir a casa da miña madriña Maruja, criouse na casa dela coma se fose un irmán máis. Fai moitos anos a miña avóa ía polas feiras a vender, e un día fixo amizade con Lola, a nai de Maruja, unha amizade que desde aquel momento foi crecendo día tras día, amizades que aínda segue a día de hoxe coa familia, para min e para a miña familia querémolos coma se fosen da nosa sangue, ou máis! É unha xente marabillosa. A casa da miña madriña sempre tivo as portas abertas para todo o mundo, calquera persoa que pasase por diante da súa casa tiña un prato de comida, pero sen cobrarlle nada, de sempre foi unha familia caritativa, unha xente extraordinaria, que che acollía cos brazos abertos, pouca xente hai hoxe en día así como eles.
Cómo se che contaba, a miña avóa ía ás feiras e alí vendía os seus produtos e compraba outros, coñeceu a Lola, daquela época en que se coñeceron estaban solteiras. Fixéronse moi amigas, e compartiron dormitorio moitas veces. Logo casáronse, Lola tivo dúas fillas, Maruja e Purita, mentres que a miña avóa tivo á miña nai, de nome Marité.
Ben, a amizade como che dixen ía cada día acrecentándose e foi tal que separadamente de ter negocios entre eles, por exemplo o viño que tiñamos en casa era comprado na casa de Maruja, a parte dos seus negocios como che dicía, a amizade foi tal que os meus pais decidiron que fosen os meus padriños de bautizo, e así foi. Pero a cousa non queda aí, cando me casei os meus padriños de voda foron Maruja e Pepe, xa que o meu pai xa falecera e o meu irmán aínda era pequeno para tal menester, así que pensamos neles por ser unha xente extraordinaria e que tiñamos moito agarimo. Sempre me trouxeron a Pascua, unhas veces unha rosca, outras un bizcoito, non era sempre o mesmo, pero trouxéronme rosca ata o mesmo ano en que xa estaba casada. Máis ben tróuxome a rosca Maruja e tamén de paso traíame a de meu padriño Pepe, xa que él ao haberse casado e quizáis influenciado pola súa muller, foise afastando das súas obrigacións como padriño, pero bueno, eu seguinlle querendo igual, máis aínda, é que os meus padriños foron os padriños de bautizo da miña filla, con isto dígoche todo.
Falando da rosca, recordo que ao principio a rosca facíana en casa de Maruja, tiñan un forno onde alí facían o pan, as roscas, empanadas… Xa viña de tradición da avóa e da nai de Maruja de facer naquel enorme forno as roscas de Pascua, despois, anos máis tarde xa as encargou o panadeiro.
Maruja é un ser marabilloso, fai un tempo estivo moi maliña, un tumor na cabeza fíxonos pensar no peor, pero grazas a Deus recuperouse, pola miña banda estiven con ela todos os días que puiden e quedábame con ela pola noite, a miña madriña merecíallo, iso e máis que poida facer por ela. Hoxe en día está xenial e aínda gozamos xuntos os días das festas patronais, e algunha que outra máis, cada vez que podemos ímola a visitar.