O alcalde Lores non se presentará ás eleccións, debido á falta de médicos na Seguridade Social, incorporarase o ambulatório de Lerez o primeiro de Xaneiro.
===============
O CERPONZÓNS C.F. FICHA A CHARLES , XOGADOR DO PONTEVEDRA PARA REFORZARSE ESTA TEMPADA.
Hai anos noticias parecidas a éstas podían saír publicadas no Diario de Pontevedra no día de hoxe, 28 de Decembro, día dos Inocentes. O día Dos Santos Inocentes, durante bastantes anos, o Diario de Pontevedra publicaba varias inocentadas e moita xente críallo.
As INOCENTADAS. Tal día coma hoxe quen máis quen menos mercaba o Diario de Pontevedra, era costume que saísen publicadas varias noticias falsas que se anunciaban de forma tal que moita xente críallo. Ese día un mercaba o xornal é o lía de pé a pá e relía unhas cantas veces mais para dar coas inocentadas que ese ano ocorríaselle ao xornalista colocar de tal forma que llo crese a maioría dos lectores. E como un non quedaba convencido de se había acertado, ao seguinte día volvía mercar o Diario e buscaba a páxina onde comentaban as “inocentadas” do día anterior.
Por exemplo, as inocentadas do 28 de Decembro do 1974, foron seis.
1-Canalización do Río Lérez
2-Bloque de edificios da Caja de Pontevedra
3- Hallazgo arqueóloxico na cidade.
4- O director de cine Buñuel.
5-Marcel Domingo para o Pontevedra.
6-As insculturas rupestres de Campolameiro.
Diario do dia 29 de Decembro do 1974, desmentindo as seis notícias do dia anterior.
Naqueles anos a inocentada máis habitual entre os máis novos era a de colocar un monigote de papel nas costas de calquera persoa que tiveses ocasión de poñerllo sin que se enterase. Recordo que na Taberna da Rons, un dos que todolos anos recibía o seu monigote era José O Toco.
A MORTE DE UN VECIÑO.
Unha inocentada mui comentada, que ten que ver con un veciño da parroquia, ocurriu fai 90 anos, foi no Nadal do 1932, trataba de unha esquela que uns amigos de un veciño de Cerponzons lle puxeron no xornal EL PUEBLO GALLEGO…ten amigos!
Esquela da Inocentada.
A esquela poñía o seguinte:
28 DICIEMBRE 1932.
ESQUELA
El joven
Jose Carballo Valcarce
Fallecio en el día de ayer en Cerponzones (Pontevedra), a los 18 años de edad.
———————————
Su desconsolado padre D. Luciano Carballo Quiroga; sus hermanos Leopoldo, Nicanor, Ginés, María Aurelia, Pura, Benedicto y Luciano; sus tíos don Narciso y doña Rosalía, abuelos y demás parientes.
Participan a sus amistades tan sensible pérdida y ruegan asistan a la conducción del cadáver, que tendrá lugar hoy, a las dos y media de la tarde, desde la casa mortuoria hasta el cementerio de Cerponzones, por cuyo favor quedarán agradecidos.
Uns días mais tarde, nun xornal salía o desmentido:
31 DICIEMBRE 1932. EL COMPOSTELANO.
Dice un periódico de Pontevedra:
Alguien, que por el momento se desconoce, envió a los dos diarios vigueses una esquela, que se publicó anteayer, anunciando el fallecimiento y entierro del joven estudiante, vecino de la parroquia de Cerponzones, D. José Carballo Valcárce.
Éste estimado joven vive y nos ha visitado para rogarnos desmintiésemos la fúnebre noticia, de la cual protesta justamente.
MAIS INOCENTADAS:
RECORDOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PARROQUIA.
Contaronme fai uns dias varias inocentadas, comenzamos:
-Juan, isto que che vou contar fíxoo a miña avoa, ainda eu non nacera, e resulta que fai poucos anos, lembrándoo esta inocentada, fillexenlla eu tamén aos meus amigos:
AS CHULAS DE TRAPO.
Lembro un ano en que a miña avoa fíxolle unha boa inocentada a uns parentes que precisamente o día dos Inocentes ían estar na súa casa, decidiu facer unhas chulas de trapo, si, de trapo, Juan así como cho conto.
Miña avoa lembrou que tiña unhas sabanas vellas, que as ía utilizando para calquera mester que podía xurdir, a última vez fora para usar coa zapa dos garrafóns de augardente, e ese día serían para facer con elas unhas saborosas chulas de trapo jajaja.
Miña avoa pasou toda a tarde facendo chulas, con varias capas, entre aquelas capas, ía colocando pequenos anacos de sábanas jajaja, que pinta tiñan ! estaban con tan boa presenza que ata á miña nai dábanlle ganas de comer unha con trapo e todo jajaja.
Cando chegaron os parentes, convidounos a tomar un café e para quen quixese unha copiña de augardente da casa, por certo que era ben rica.
E así foi, serviu o café, púxolles as copas e de paso levoulles as chulas, que habían sido descubertas antes de velas, debido ao cheiro que había por toda a casa e que un dos meus tíos comentara o ben que cheiraba a casa.
Só foi poñer o prato de chulas e todas as mans achegáronse a coller unha, non te imaxinas as caras que poñían cando estaban masticando as chulas jajaja, mastica que mastica jajaja e os poucos quitando os pequenos trapos jajaja.
Por aquelas bocas non solamente salían os cachos dos trapos, sí non que tamén nombraban todolos santos jajaja.
=====================
Outra veciña comentoume que cando era unha rapariga fixera muitísimas:
1._ Pegar papeles en la espalda, con caras feas o nota simpáticas 2._ Atar un billete a una tanza, ponerlo en el suelo nos escondimos y cuando alguien quería cogerlo tirábamos de la tanza 3.Íbamos al gran garaje y comprábamos un montón de cosas, caramelos o bombones que picaban mucho, dedos con sangre, anillos que echaban agua etc.
4. Poner en el azucarero sal 5.-También comprábamos una caca de plástico la la poníamos en el primer sitio que se nos ocurria 6._ Gastabamos bromas telefónicas Llamábamos a una señora y le decíamos hola buenas es ahí la pescadería y ya nos decía no no no se ha equivocado y entonces nosotros le decíamos y luego quién es el besugo que está hablando ja ja ja ja ja ja ja
====================
-Non teño moitos recordos dos Santos Inocentes, soamente cando tiña uns doce anos que comecei a escoitar o dos Santos Inocentes e preguntei en casa que era iso. Os Santos Inocentes é cando alguén che manda a buscar algo a un sitio e chegas alí e non hai nada do que che dixeron e a iso chámanlle gastar unha inocentada. E eu ao escoitar iso, quedoume grabado, así que o día dos inocentes metinlle unha inocentada á miña nai, resulta que a miña nai leváballe o leite todolos días a casa dunha veciña, ese día ao chegar eu da escola díxenlle á miña nai que a veciña quería que fose xunto dela, a miña nai creumo, pensou que era algo relacionado coa leite, como tiña moita confianza coa veciña e vivía mui preto nosa marchou e o chegar a casa da veciña chamou á súa porta, ao abrir a miña nai preguntoulle que é o que quería, ela contestoulle que non quería nada, a miña nai entón díxolle que eu lle dixera que ela lle quería decir algo, pero xa ao momento comezou a rirse dándose conta de que eu lle gastara a miña primeira inocentada. -Perdoa muller, hoxe son os Santos Inocentes e a miña filla acábame de gastar unha inocentada, mecajo na nai que a fixo !
Recordo tamén que hai anos que traballei nunha fábrica e tiñan o costume de facer bonecos de papel e os compañeiros achegábanse e dándoche unhas palmadas nas costas pegábanche o boneco, andabas todo o día co ditoso boneco nas costas jajaja, todo o mundo se descojonaba da risa, a min non mo puxeron nunca, xa que desde a primeira hora do dia estaba atenta a que se alguén se achegaba a min, procuraba que non me tocase as costas jajajaja. Por certo, o meu avó por parte do meu pai chamábase Inocente.
===================
-Te voy a contar lo que hizo mi cuñado por los santos inocentes cuando estuvo ingresado debido a una intervención grave, llevaba unos días que estaba con depresión y una enfermera que le quería bien para animarlo le dijo que si quería gastarle una broma al turno que entraba por la tarde, él le dijo que si, entonces hizo un cartel que ponía prohibido entrar, tiene un virus muy contagioso y lo pegó en la puerta.
Cuando entró el otro turno menudo follón ! los médicos locos que no sabía nada fue mi tío por la tarde a visitarlo y no lo dejaron pasar, llego a casa todo preocupado, marchamos allá, eran las 6 de la tarde y fuimos junto al médico y se hecho a reír y nos dijo que anduvieron locos, que llamaron a la enfermera de la mañana y le contó que era una broma pero formó un buen follón , después nos reímos toda la tarde jajaja.
=============
-Na Taberna da Rons, Maricarmen ten feito unhas cantas inocentadas…
Con aqueles clientes que tiña moita confianza, Maricarmen sempre esperaba éste día para gastarlle unha das súas.
Había anos que cando os camioneiros, os obreiros e demáis clientes paraban na taberna á hora do bocadillo, Maricarmen sempre tiña algún bocadillo “especial” o día 28 de Decembro, por exemplo, o bocadillo de calamares (realmente eran aros de cebola rebozados) jajaja, muitos non se daban de conta ata cando iban pola metade do bocadillo jajaja.
Comenzaban a berrar é a chamar por Maricarmen: Que carallo me puxeches no bocadillo ! Esto non son calamares!
Outro ano, no medio do bocadillo de tetilla con marmelo, metíalle unha servilleta de papel…jajaja, ver aqueles homes comer no bocadillo e mirar como comían a servilleta era todo un espectáculo jajajaja, Maricarmen cada ano tíñalles unha novidade os clientes no dia dos Inocentes jajaja.
Pero os demáis clientes que viñan a outras horas non se salvaban da Inocentada de Maricarmen…
Para os que viñan á hora do café agardáballes unha copa que lle habían traído de Portugal, era unha copa que parecía que estaba chea de licor e realmente estaba trucada e quen máis quen menos botaba un grolo e quedaba todo sorprendido que non bebía nada e volvía a botar outro grolo é non baixaba pola gorxa nin jota jajaja, miraban de novo pa copa é a copa tiña licor ! Jajajaja.
Ou aqueles outros que co café pedían unha faria, Maricarmen xa tiña unhas cantas trucadas, introducíalle unhas cabezas de mistos no interior e xa vos podedes imaxinar cando a chama da faria facía contacto cos mistos jajajaja.
Tamén había inocentadas para as mulleres que viñan á tenda, unha inocentada moi repetida durante anos por Maricarmen era aquela que cando lle viñan a pedir por exemplo tercerilla… Pedíanlle dous quilos de tercerilla e Maricarmen metíalles polo medio pedras, carozos, cascas de piñeiro…pesaba na báscula e decíalle que iba un pouco de máis, pero que iba de agasallo, cando chegaban a casa xa vos podedes imaxinar jajaja.
Tamén había de quen xa viña prevenido, e o entrar na taberna xa lle decían a Maricarmen o día que era jajaja.
Esto que vos vou contar seica pasou fai uns anos, a principio dos anos setenta do pasado século, de todas formas teño que asegurarme, pero mentras tanto digamos que é un conto…
Resulta que iba un día o cura D. Benito subindo as escaleiras que van da casa do caseiro o atrio e nada máis chegar arriba, D. Benito chamou por Juan, o raparigo que estaba naquel momento facendo a función de sacristán.
Juan estaba xogando a pelota cos rapaces que se xuntaban os días de misa na finca da antiga escola de Carballo, hoxe en día coñocida pola Casa do Pobo.
Ven aquí, Juan, ven aquí, dicíalle o cura D. Benito ao sacristán.
Juan achegándose ía preguntandose que presa tería o cura, precisamente cando estaba xogando a pelota, que sería o que quería aquel home para chamar por él daquel xeito.
-Tí eres home de ben ? Preguntoulle D. Benito.
– Ai señor ! E pregúntamo? E digo eu, haberá home máis leal e mellor servidor ca mín? Si San Vicente falase, poderíalle dicir se son de lei ou non.
– Pero como San Vicente non fala, e penso que fai ben, fágoche eu a pregunta.
– Ave María, Don Benito ! As súas palabras danme moito que cavilar. Seica ten vostede algunha dúbida sobre a miña honradez ?
– Coméntoche Juan : hoxe estiven a recoller os cartos da boeta de ánimas, e notei que non había nin a metade do que tiña que haber. Quen colleu os cartos do peto ? (A cantidade de diñeiro que o cura recollía semanalmente era prácticamente sempre a mesma, cada fregués sempre daba a mesma esmola, polo cal, D. Benito estaba seguro de que faltaba unha certa cantidade de diñeiro considerable comparando coas anteriores semanas).
Juan, rascou a cabeza fortemente e despois de vacilar como quen vai a chapuzarse na auga fría en pleno mes de Xaneiro, dixo :
– Pois mire, señor cura : a verdade é a verdade e non hai outra, e por dicir mentira non me vai de abrir as portas o demo. Onte pola mañá quitei sete pesos da boeta.
– Gandulo ! Mal sacristán, herexe ! …Roubar dese xeito ás ánimas do purgatorio !
– Eu roubar ? Iso non é certo ! Faga o favor de escoitarme, pola nai que o pariu, e verá que como non foi un roubo.
– Resulta, que o sacristán de Campañó, debíame sete pesos desde fai catro anos. Como non tiña forma de enviarmos, decidín escribirlle dicíndolle que metese na boeta de ánimas da súa igrexa sete pesos, que eu os collería da boeta de aquí.
– Mala centella che parta !
– Pero señor cura… As ánimas perderon algo con iso ?
– Juan, as ánimas de Campañó nada teñen que ver coas ánimas de Cerponzons: son autónomas.
– Cando queiras virar ou cobrar un xiro, vas a casa do carteiro de Alba, porque se non, coas túas filosofías e descubrimentos comerciais eu son o que vai quedar como as ánimas do purgatorio.
NOTA : Teño que saber en realidade si foi verdade, no ano 1921 había un conto de M. Lugris Freire mui parecido, quedárei con Juan para tomar un viño e de paso preguntolle jajaja.
Agora que remataron as Festas da Peregrina 2022, quería compartir con todos vós os recordos que teño da miña mocidade relacionados coas devanditas festas.
Tamén contei coa colaboración duns cuantos veciños e veciñas que me contaron os seus entrañables recordos, cheos de nostalxias e sentimentos.
Os meus primeiros recordos que teño son de moi pequerrecho, era chegar as Festas da Peregrina era dicir que chegaban as corridas de touros, si, meu pai era un gran afeccionado aos touros, desde mui xoven.
Na taberna da Rons había un grupo de veciños mui aficionados aos touros, tiñan unha “peña taurina” de andar pola casa coma quen di, reuníanse conforme sabían quen viña a tourear ese ano, falaban do coste das entradas, é entre chiquita e chiquita recordaban anécdotas do ano anterior, tanto dentro coma fora de praza, tamén o que había sucedido con algún dos “peñistas “ etc.
Que eu recorde estaba Juan o da Rons, Moncho o da Rons, Manolo Riveiro, Joaquín o Carrapuzo, Manuel Campos, Camilo Ucha e algún mais que agora non me lembro.
Durante uns días, a tardiña, chegaban a taberna e iban poñendo os cartos das entradas, un deles era o encargado de ir a mercar as entradas para todolos fextexos, non faltaban a ningún, unha das corridas que máis recordo foi na que veu Manuel Benítez, O Cordobés, aquel ano chegoulle a dar dous billetes de mil pesetas a Antonio e a Ángel, os dous irmáns que vivían en Pidre e que ían todolos anos cos peñistas. Recordo tamén que meu pai tiña predilección polo toureiro Ángel Teruel e non sei como un día a señora Teresa, a carteira, tróuxolle unha postal enviada polo toureiro dirixida ao meu pai, Juan da Rons non cabía dentro del jajaja.
Antonio e Ángel, cos billetes de mil pesetas que lle dou O Cordobés.
Non lembro que idade tería eu cando fun por primeira vez aos touros, na miña mente reteño o recordo de que meu pai levábame ao caballito e tamén recordo da calor que se pasaba nas bancadas de sol, daquela a praza estaba sen cubrir e xa vos podedes imaxinar.
(Un dos anos que fomos aos touros de novo meu pai levounos á miña irmá e a min, resulta que despois de acabar a corrida, os maiores decidiron ir a pasalo ben (entre eles tiñan unha palabra clave, dicían que ían a Francia, a comer non sei qué). Coma miña irmán é mais eu molestábamos, meu pai meteunos no trole e tivemos que ir desde o Mirador de Alba ata a Rons andando sós).
Falando de touros, collinlle afección e tiven unha época que fun asiduo a algunha corrida, agora teño outras preferencias e xa fai tempo que non vou. O recordo que teño do tema touros, como anécdota, é o ano aquel (creo que foi a finais dos setenta) que non houbo touradas, a empresa organizadora había determinado non realizar festexo taurino no coso de San Roque, montouse unha boa, organizouse unha manifestación a favor das touradas que ocupaba todo Montero Ríos, hoxe en día moitos dos fillos daqueles que nos manifestamos a favor das touradas, maniféstanse en contra das mesmas, así é a vida e é moi respectable a súa posición, como os que deciden ir á praza.
Aquela etapa de neno que ía co meu pai ás Peregrinas resúmese brevemente, levarme aos touros, despois á saída da praza, parada nun bar que facía esquina finalizando o Paseo de Colón, enfronte á Alameda e para finalizar o día das festas comprábame uns churros e de volta a casa.
Cando contaba catorce anos xa baixaba cos veciños no trole, o regreso era case sempre andando, se perdiamos o trole “con horario especial” que había eses días de festas.
Cando chegabas á Alameda parecía que estabas noutro mundo, aquel ambiente dábase unha vez ao ano e poder baixar a gozar polo menos as fins de semana era o premio que tiña por portarme ben.
A música das atraccións, o cheiro dos churros, das améndoas garrapiñadas, o ver aquelas mazás con caramelo (que as comías coa vista, pero despois cando me poñía a comela non me gustaban nada), os caballitos, os coches de choque…e aquel caixón que se desprazaba dun lado a outro, lembrades? Non é que fose gran cousa, pero tiña un perigo, o día que ti decidías ir nel e de súpeto subíase tamén Finoca a de Marin, aquilo era un “acojone”, porque cando Finoca colocábase nun lado e ti estabas no outro, sabías que no momento que o caixón subía e ti quedabas no fondo…Finoca deixábase ir e de súpeto caíase encima de todos os que estabamos na parte contraria jajaja, así toda a viaxe…
Finoca, bailando con un veciño de Cerponzons.
Unha atracción que tamén repetía todos os anos e que ía vela sempre, era aquela que era en forma de cubo e dentro colocábanse dous motoristas, a súa habilidade era tal que facían filigranas por aquelas paredes, a toda velocidade subían e baixaban, cruzábanse entre eles etc. era extraordinaria a súa actuación.
A atracción que máis respecto dábame, por non dicir medo, era aquela que entrabas nun cuarto e víase unha cabeza de muller con corpo de araña, o altofalante da atracción atraíache comentando que era unha especie que se atopou en Sudamérica, paréceme que en Guatemala, todos os que íamos vela e pasabamos o tempo de duración do espectáculo buscando o truco, pero non había forma.
As barracas de tiro tamén as visitaba, nas tómbolas parábame a ver, non era de comprar rifas, tampouco tiña diñeiro suficiente e tiña que cinguirme ao que había no peto para ir en tres ou catro atraccións. Sempre me fixo graza ver aqueles afortunados que lle tocaba premio na tómbola, e o que máis se repartían eran as torres de tarteiras amontoadas de maior a menor, jajaja, moitos andaban toda a noite coas tarteiras dun lado para outro jajaja.
O que si non faltaba era a miña visita para tomarme un chato de Viño de Aragón, era ineludible, co seu barquillo. Era un Cariñena que ao tomalo transmitíache unha serie de emocións que se vivían naquel ambiente, centos de litros de felicidade despachábanse durante aqueles días, quen non pasou por ese posto ?
Pero a min o que máis me chamaba eran as verbenas que había enfronte á Deputación, boas orquestras e cantidade de mozas ás que ías pedir de bailar, ás veces pasabas case toda a canción pedindo de bailar e cando chegabas a unha moza que che dicía que si, remataba a canción.
Por Montero Ríos e pola Alameda pululaba un home que era moi coñecido, as festas non serían o mesmo sen unha serie de personaxes habituais naqueles días, como Finoca, Ino, Neno, Ismael co seu acordeón etc. e o home que vos comentaba anteriormente, aquel que cada ano tiña unha novidade, que sí un ano traía un tronco de madeira e tiñas que cravar un cravo, como moito en tres marteladas, sen que se dobrase, a cambio se o lograbas levabas un paquete de Winston (era no mes de Xaneiro, nas festas do patrón de Cerponzons que xa coñeciamos a súa proposta, a súa forma de vender o produto era dicindo en voz alta por todo o atrio : ESTA NOCHE A CLAVAR ! Outras veces colocaba dous paquetes separados ao ancho dun balón e tiñas que darlle unha patada ao devandito balón e tirar os dous paquetes á vez, premio de Winston…pero o máis soado foi cando apareceu con Amparito, tratábase dun taboleiro onde debuxara unha figura de muller, na súa entrepierna fixéralle un buraco e por onde había que meter a pelota, xa vos podedes imaxinar…
Recordo tamén que nunha barraca da Alameda había unha proposta que me aborreceu de tal forma que non me achegaba a ela nin por todo o ouro do mundo, a da ratita, aquel altofalante non deixaba de repetir unha e outra vez a ratita, machucando o paisano coa dichosa ratita, a pobre soltábana nun círculo con moitas casetas, o público apostaba por determinada caseta e se a ratita entraba nela, levabas o premio, uf ! Que pesadez, non o aguantaba escoitar seguido : ya está la rata debajo de la lataaaa, mira la ratitaaaa, la ratitaaa…
Pero o recordo que máis agradable teño da miña mocidade foi coa fanfarria Los Politos.
Houbo uns anos que trouxeron a unha fanfarria para que andasen tocando polo centro da cidade, tanto á mañá, como á noitiña.
A mocidade estaba encantada coa idea, e maioritariamente cando era a sesión de noite, poñíase detrás da fanfarria e seguíanos por todo o percorrido. Lembro un ano que os compoñentes dos Politos estaban a rematar o seu percorrido e dirixíanse ao lugar onde estaban instalados, a Residencia de Estudiantes, situada na Avenida de Vigo.
Cando me dei conta que tomaban dirección á Residencia, funme para a cabeza da fanfarria, alí ía un compoñente dos Politos levando o seu estandarte, achegueime a él e díxenlle que o vía moi canso e que se quería leváballe eu o estandarte, o paisano agradeceume o detalle e pasoume o estandarte…pero a miña intención non era ir en dirección á Residencia, a miña intención era seguir coa música da fanfarria máis tempo, así que cando puiden virar en dirección contraria así o fixen e a carallada seguiu bastante tempo máis por varias rúas da cidade, ata que Los Politos non podían con eles jajaja.
RECORDOS DE XUVENTUDE DOS VECIÑOS.
Como de costume, contactei cuns cuantos veciños e veciñas, pregunteille polos seus recordos de mocidade, isto foi o que me contestaron :
Buenos días …pues yo subí un día con algunas de mis hermanas y sobrinas en el toro mecánico, yo era la que más aguanté encima y a ellas les dio rabia, una sobrina se me agarró tanto que me dejó sin botones de la camisa y quedé en sujetador todo el mundo mirándome jajaja.
Y también recuerdo un día en la noria, iba con Lis y con mi padre. Lis se quería bajar cuando estábamos parados arriba y mi padre estaba blanco no, lo siguiente …y yo atacando a Lis jajaja, cuando bajamos mi padre pobre vomitando con todas jajajaja.
En este momento es lo único que me acuerdo, pero a mi me gustaban todas ..jijiji
——
Las recuerdo en las Palmeras y en la Alameda. Era fiesta todos los días 💃🏽💃🏽💃🏽Te ponías las mejores galas, para ir con tus padres a dar el paseito mañanero, Íbamos con mis padres tendríamos 10 años más o menos, hasta los dieciséis años, después ya fui con mis amigas y amigos. Cuando era más pequeña me gustaban los carruseles, caballitos y el algodón de azúcar.
Las atracciones no me daban miedo, me gustaba la noria y el barco vikingo. De lambonadas lo que más me gustaban eran las almendras garrapiñadas.
Las verbenas y la batalla de flores también era muy bonita.
Otra cosa que me gustaba eran los coches de choque, porque siempre te llevaba el chiquito que te gustaba 🤪
Y las cadenas de los carruseles, porque te daban vueltas y siempre te las daba el chico del carrusel y solía ser guapito 😱
Salias con tu pandilla y lo pasábamos muy bien. Recuerdo que íbamos por la zona antigua de vinos , había mucho ambiente…Tomabas las tapitas y jugabas por aquellas calles con niños que estaban de veraneo…
Pero estabas deseando que llegase la noche, jijijiji
Fotos no tengo, la verdad vivías el momento que era lo más importante.
Me olvidaba de los cabezudos, Me gustaban, pero le tenías un poco de respeto, eran tan grandes…
—–
Bos días, os meus recordos das peregrinas están relacionados co meu pai, era cita obligada a noria, recordo que sempre nos montabamos e cando estábamos arriba de todo el movía o aparato, decía que para que lle perdera o medo as alturas. Inda e hoxe o día que cando vexo a noria me acordo del.
Xa de mais moza era adicta o saltamontes, non paraba de montar nel…..
—
O que máis me gustaba eran os coches eléctricos,as tómbolas e o tiro pichón e cando mozo as escaleira da diputación mirando as orquestras, que de bailar pouco e de pequeno os fogos na beira do rio que iba cos meus pais e algún veciño cos fillos (o palomita) é despois dos fogos a alameda a tomar os churros e as cañas.
—-
Hola,nos gustaba las almendras acarameladas,de las atracciones las lanchas de madera,por parejas contra la otra pareja,tirábamos con fuerza de la cuerda para subir lo más alto y ganar a la otra pareja,si te ponías de pié para impulsar con más fuerza, el dueño te avisaba y té ponía a parir🤣fotos no tengo 👍
—
Dos recordos que me veñen agora a memoria o que mais medo me daba a montaña rusa e a noria, o que mais me gustaba os coches eléctricos.
Referente as lambonadas o que mais me gustaba eran os churros e os xelados.
—-
Mis mejores recuerdos de juventud relacionados con las fiestas era cuando iba en la noria, los laberintos de terror y los tiros al pichón, también me gustaba ir a las verbenas, a los toros tengo también buenos recuerdos, mi padre me sentaba al lado de la banda de música y me encantaba escucharla cuando comenzaban con los pasodobles.
En relación a las chuches, me gustaban las patatas fritas de Galiano, en la vida comí patatas como aquellas, también los churros, pero las patatas me chiflaban.
——
De las fiestas de la Peregrina tengo pocos recuerdos porque mi padre apenas nos llevaba. Pero veía los fuegos de la ventana de la cocina. Algún año tenemos ido a San Roque y mi tío tenía una cada allí donde mis tres primos y yo bailamos desde la terraza que tenía la casa bueno aún la tiene. Tenemos bajado e ir a tomar los churros por aquel entonces mi prima estaba casada con Nacho y nos daba churros y patatas fritas. Recuerdo coger las típicas rosquillas. Pasear viendo todos los puestos. Yo siempre tuve vértigo y me dan miedo esas atracciones pero iba en los coches de choque con mi hermano o también había una tómbola que siempre te tocaba porque tirabas de una cuerda y te tocaba un peluche u otra trapallada pero que ilusión me hacía. Ya venía contenta para casa. Dónde toda la duración de las fiestas escuchaba la música de las tómbolas. Recuerdo la muñeca chochona. El de que alegría que alboroto le ha tocado el perrito piloto que quedabas de él hasta… La tómbola del jamón. Decía y otro jamón y otro jamón. Jamón pan y vino para mi tío Marcelino. Pan vino y jamón para mi tío Ramón y Vino jamón y pan para mi tío Juan.
Que tiempos aquellos cuando iba ya con las amigas y estabas bailando en la verbena esperando que el chico que te gustaba viniese a sacarte a bailar. Enseguida pasaba el tiempo y había que estar en casa a la hora sino venía el viejo a buscarte y podía arder Troya. Mis amigas aunque pasase de la hora no le decían nada pero a mí…. Tiene venido la madre de mi amiga que era una vecina para parar el golpe pero sin nada no quedabas. Pero bueno los ratos que lo pasabas genial eran grandiosos sobre todo si estrenabas ropa y llevabas dinero para coger alguna chuche y el taxi de vuelta. Bajar bajábamos andando de día. Recuerdo los castillos de San Roque que me encantaban y los echaban temprano. La típica noria a la que no subía ni trompa de coca cola jajaja.
—-
Todos no noso tenpo os coches eléctricos era un medio de lije, salias dalí con tres fichas e moza asegurada jajajaja.
E anécdota mais grande foi cando tiña 15 anos, fixeronme unha roda toda a festa, eu estaba bailando con una rapaza unhas rancheras, que era a musica da miña época e toda a xente aplaudindo, e nos como artistas, foi unha pasada.
Despois cando iba pola rua, a xente decía : este é o rapaz que baila tan ben.
—-
Para min o millor das festas eran os títeres, que se montaban detrás do edificio da Deputación e tamén batalla flores.
O pior a “charlotada” que se facía na praza de touros cos enanos vestidos de toureiros. Levábame a veciña Lola e Benjamin, pero para min era mui triste velos.
As lambonadas que non me gustaban nada eran as mazás caramelizadas pinchadas nun pao, eran vermellas por fora, tampouco me gustaban as rosquillas, o que si me gustaba eran as bolsas de pica pica.
Tamén había un Chupa Chups en forma de asubío que lle chamaban “pitagol”. E os carameliños “Nata”, de un patacón cada un. Os mellores para min eran os que tiñan calcomanías.
—-
A min encantábanme os carruseis, os caballitos principalmente, pero tería eu uns catorce anos cando fun nas cadeas, un dos mozos que traballaban no carrusel comezou a darme voltas e voltas, coa velocidade a que ía o carrusel e ao mesmo tempo as cadeas virando sobre min, mareeime e ao baixar vomitei, desde aquel momento nunca máis subín a un carrusel, foi unha experiencia moi desagradable. En relación ao que comía nas festas, o que máis me gustaban eran as améndoas garrapiñadas e as mazás de caramelo. Gardo un grato recordo da época das charlotadas na praza de touros, iamos toda a familia, a miña avoa, os meus pais e os sete irmáns que eramos, recordo que á miña avoa encantáballe, non se perdía ningún ano en ir. Para ir á praza os meus pais ían en taxi coa miña avoa e como non colliamos todos, nós iamos andando jajaja.
—-
Ola, recordos moitos, a atraccion que mais me gustaba, a peneira, iba miña nai, miña abuela, miñas irmans.
Flora a cachadavella iba nos caballitos comendo o bolo de pan que compraba na festa e con el devaixo do brazo, Pilara, Isabel, que bonito era todo, e esperar as 2 da mañan para vir no ultimo trole, e vir completo, e botar andar hasta casa, podria contar hasta mañan pero non e cousa de eso.
Boas tardes. Referente as festas da Peregrina, teño moi bos recordos de siendo un neno de 5 ou 6 anos, ou asta os 10 anos iba as festas co meu tio Juan, en aquela época, él ainda estaba solteiro e levavanos a meu irman e tamén a min, as festas naqueles anos eran na Alameda e as atraccións eran menos sofisticadas que agora, gustaba moito ir no tren da bruxa, ainda qué as veces dabame algo de medo, tamén me daba impresión ir na noria, pero meu tio iba, tamén íbamos moito nos coches de choque acompañado de meu tio, e pasabamolo de maravilla, e tamén nas tómbolas, sobre todo o de disparar coa escopeta de balins, e sempre íbamos para casa cargados de peluches e outros xoguetes daquela época, ainda conservo un deles, que creo que debe ser unha medio reliquia porque e un Naranjito o representante do Mundial 82, tiraslle do cordel e dalle patadas a un balón, ainda funciona correctamente e está en perfecto estado. Recordo que estás festas eran as que máis me gustaba ir, porque eran diferentes a todas as demais, e sempre antes de volver para casa, comprábamos un paquete de rosquillas e outro de almendras garrapiñadas, que estaban boisimas, polo menos naquela época na que non había tanto de todo como ahora. Os anos pasaron e a afición polas atraccions, foi a menos, pero ainda acostumbro a ir a dar unha volta polas festas, para ver o que teñen, e tamen para ver os foguetes de luces.
—-
Eu teño mui bos recordos das Peregrinas porque era coma a festa grande a que ía toda a familia, menos o meu avó que non lle gustaban, íbamos meus pais, meu irmán e miña avoa.
Como non tiñamos coche íbamos a andar ou no trole é a volta viñamos non táxi os cinco, daqueles tempos ainda se podían facer esas cousas jajaja, ágora imposible.
As lembranzas que teño do que máis me gustaba eran os tío vivos, os cabaliños, o tren da bruxa, daquela xa me gustaban as meigas, agora xa me gustan máis, tamén a noria, iba nela despois de que botasen os fogos porque as voltas duraban mais tempo, gustabame muito, mais que nada polas vistas que tiñas cando estabas arriba de todo, tamén xogábamos en algunha tómbola, ainda que a maioria dos premios eran chuminadas, sempre tiñas aquela ilusión , no referente a o tiro coas escopetas de balins meu pai sempre acertaba e sempre había algún premio.
Non perdíamos os fogos de artifício, despois de seguido era ir a tomar os churriños e de bebida unha Mirinda jajaja, daquela ainda había Mirinda jajaja
Gratos recordos de estar todos xuntos, despois cando xa tiña unha edade de ir coas amigas as atraccions xa eran as do Barco Vikingo, as de meter medo ou calquera de estas obras de ser máis movidiñas, o que non solíamos facer era de quedar a verbena, pero sempre dábamos unha volta.
Co pasó dos anos tocoume á min de levar aos meus sobriños, é seguin a costume familiar, levalos nas atracciones , tomar os churriños pero non coa Mirinda porque xa non existían jajaja, si non co Kas jajaja, despois mirar os fogos e seguidamente marchar para casa, si que son recordos mui bonitos pola cousa aquela de ir todos xuntos en familia.
Decir que os churros antes eran nas Peregrinas cando os comías, en outra época do ano non, agora e máis factible, coma as garrapiñadas, que por certo a min sempre me gustaron máis as de cacahuete, mais que a de almendoa, eran momentos de pasar os pequenos placeres todos xuntos e pasar un rato agradable, donde todos nos divertíamos tanto os máis pequenos coma os máis maiores.
—-
A meu pai gustáballe ir moito aos touros, o día da Peregrina era como os días das festas de Nadal, non habería para outra cousa, pero levábanos ás Peregrinas e levábanos en todo, nos caballitos, xogar ao tiro, nos coches eléctricos, bo, no que había antes, que antes non había tantas cousas como agora. Para comer gustábanme os churros e as garrapiñadas, aínda é hoxe o día que me seguen gustando, cando vou dar unha volta e véxoas cómproas, encántanme as améndoas garrapiñadas. Referente a anécdotas, recordo unha que iamos no trole para Pontevedra, cando viñamos de volta no “especial” había veces que xa non había sitio e despois non había outro, e como iamos en cuadrilla uns seguían bailando, outros andaban polos postos…ninguén se poñía de acordo, eu teño ata chorado, porque daquela había que estar a unha hora na casa porqué senón castigábanche, formábase a de Deus, nunca nos poñiamos de acordo en coller o trole toda a cuadrilla, que eramos moitos. Os fogos é unha cousa que sempre nos encantaron.
—-
Desde muy pequeña siempre recuerdo ir a las Fiestas de la Peregrina, íbamos siempre. Quizás era debido a que estaban cerca de casa, mis padres nos llevaban a mi hermana y a mi todos los días.
El año que hice la comunión en San Vicente recuerdo que en la procesión de la Peregrina fui con el vestido de comunión.
Hablando de vestido, mi madre, como podía, nos hacía todos los años vestidos para estrenar el día de la Peregrina, debido a su trabajo siempre terminaba los vestidos el mismo día de la procesión, allá íbamos corriendo mi hermana y yo para la fiesta con los trajes recién hechos.
Siempre solíamos tomar las garrapiñadas de cacahuete, eran las que más me gustaban y también el dulce de azúcar. Hoy es el día que no como nada de eso jajaja.
Pero lo que no podían faltar son los churros, eso sí que no se perdonaba jajaja, estábamos esperando las Peregrinas para poder comer churros, pues durante el año no los probábamos.
La Noria, me gustaba mucho, pasaba un poco de miedo debido a las alturas, también me gustaban los coches de choque jajaja que risas pasábamos cuando íbamos en ellos jajaja.
Con mi abuela fuimos muchas veces a las charlotadas, a ella le encantaba y también era muy asidua a las corridas de toros, también mi padre era muy aficionado y yo durante años fui muchas veces.
En las tómbolas recuerdo las carreras de camellos jajaja una vez nos tocó un enorme bastón relleno de caramelos, mi abuelo tuvo la idea de colgarlo en el bar y cuando venían niños les daba caramelos del bastón, a ellos les encantaba, el dichoso bastón estuvo durante muchos años colgado en la pared del bar, mi abuelo se encargaba de ir rellenándolo conforme quedaba sin caramelos.
A las tómbolas no íbamos mucho, teníamos poca fe en que nos tocase algo de mérito.
Recuerdo también que cuando tenía unos catorce años teníamos la comodidad de que Chicha nos subía para casa en su coche.
En fin, tiempos maravillosos.
——
Os meus recordos lévanme aos anos cincuenta, sendo moi novo gozaba cos meus amigos nas festas da Peregrina dos tíos vivos, os coches eléctricos, tamén de ir ao Bar Pajariño, na rúa da Peregrina, onde tiña diversos xogos. Como o meu pai era moi afeccionado as touradas non faltaba ano en que iamos, Antoñete, o Litri, Ordóñez, Ángel Teruel, o Cordobés, Ponce, o Juli, o Fandi…ata creo que cheguei a ver a Manolete. Tamén iamos ver os rejoneadores, os irmáns Peralta dacabalo era do mellorciño. Recordo que iamos ás festas cando era domingo e tamén os días festivos, a maioría das veces tanto de ida como de volta iamos andando, o trole custaba tres patacos, non é que fose moito, pero quen tiña tres patacos daquela ? Sempre que rematan as festas acórdome do meu avó que dicía: Pasa a Peregrina, inverno encima. Un ano foi terminar as festas e comezou a chover que non dou parado ata o mes de maio. Este ano convidáronme aos touros, pero non fun porque tiña un compromiso anterior, agora un vai maior e xa non vou tanto ás festas.
NOTA : Fotografías do Faro de Vigo e da miña colección.
22 de Xaneiro de 1968, festividade de San Vicente, patrón da parroquia de Cerponzóns.
Mentres ese mesmo día no Cabo Cañaveral (Florida), Estados Unidos lanzaba o Apolo 5, nós estabamos de festas patronais.
Naqueles tempos respectábase o día propio do patrón, caese o día da semana que fose e ese día foi un luns.
Á fronte da comisión de festexos estaba o señor Albino e organizounos á perfección, como sempre adoitaba facelo.
Para o día do patrón contrataron un grupo de gaitas, que ademais de estar pola mañá tocando alboradas, estiveron pola noite na verbena, unha verbena que estaba amenizada pola gran orquestra MONTECARLO.
Uns días antes dos tres días de festas habituais, os compoñentes da comisión de festas tiveron que preparar todo o relacionado coa montaxe que había que realizar no atrio, principalmente o palco de música, ano tras ano había que facer un.
Había que ir ao monte e cortar uns cuantos piñeiros, cun tamaño adecuado, para facer a base do palco e despois traían unhas táboas (seguramente do serradoiro de Alba) para colocar de base onde se poñerían os músicos, por diante do palco, en forma de cruz, un par de troncos para máis seguridade.
Aquel ano tres integrantes da comisión foron ata a do Laparuzas para pedirlle un favor, á parte de axuda económica para as festas.
Filiberto, Miguel o perruqueiro e O Conexo do Bravo chegaron á barra e pediron uns viños, comezaron a establecer conversación con OLaparuzas e mentres lle pedían para San Vicente, dixéronlle que necesitaban un toldo para o palco de música, uns dias antes fixáronse que o camión de repartición de materiais de construción tiña un gran toldo que lle iría perfectamente para cubrir o palco os tres días de festa.
Tiveron que pedir unha rolda máis de viños para convencer ao señor Moncho para que lles prestase devandito toldo, pero ao fin lográrono.
E con todo preparado, chegaron os tres días de festas patronais, o palco, as bandeirolas que cruzaban o atrio dunha esquina a outra, as bombillas, os postos de rosquillas e algun que outro xoguete e por suposto non podía faltar o posto de viño, cervexas e algún que outro refresco daqueles tempos, tipo Fis Fas.
Todo o atrio estaba cheo de xente, había muita expectación e ainda que era luns e o día seguinte había que traballar, os veciños acudiron para escoitar a Miguelin…
A orquestra MONTECARLO tiña un compoñente que era coñecido por todos os asistentes, o noso veciño Miguelin, un extraordinario acordeonista que tamén facía voces co cantante da orquestra, coñecido por Chucho, nos popurrís habituais daqueles anos sesenta.
Miguelin e Chucho
A orquestra tocaba temas variados, daba gusto escoitar as cancións que habitualmente escoitabamos pola radio : os pekenikes, o dúo dinámico, os brincos, os cinco latinos…e os veciños pasábano en grande, ata que un deles quixo subirse ao palco e demostrar que cantaba mellor que Chucho, así que o deixaron subir e comezaron a tocar unha canción para que o noso veciño deleitase coa súa portentosa voz a todos os presentes, de seguro que os mais maiores da parroquia ainda recordan ese momento.
Manolo, no centro, con garabata.
Manuel Paz, O Perrechico, máis coñecido por O Lobo, foi un paisano moi querido en Cerponzóns, un tipo entrañable.
Por certo, alguén recoñoce a veciña que se ve a esquerda da imaxen?
Achegueime de novo pola súa casa, ese día estaba propicio para poder saír da casa e tomar un pouquiño o sol. Aproveitamos a boa temperatura e fomos sentarnos ao carón do hórreo que teñen na eira, por certo un hórreo mui fermoso, con máis de 200 anos de antigüidade, está tan ben conservado que parece que foi feito de fai uns días.
Sentamos e preguntéille por algún recordo da súa infancia, algo que lle quedara marcado para sempre…
-Cando era nena, había unha época que me gustaba moito, era cando chegaba o día de bendicir o ramo.
Resulta que a rapazada do lugar tiñamos unha costume, pero de fai anos, xa viña dos nosos pais e avós polo menos. Esa costume era a de adornar o cruceiro de Meán, pero para parar un tren, adornado de arriba abaixo. Poñíase nel o máis bonito que tivésemos do ramo.
–Explíquemo, conte, conte…
-O día anterior á bendición de ramos íamos buscar flores, todo tipo de flores polos camiños adiante, tamén collíamos cartuchos, ramas de olivo e de loureiro…
En casa de Salvador tiñan unha oliveira, daqueles tempos era o único olivo que había por este lugar. A señora Dorinda podábao ese día para darnos as ramas que cortaba.
Tamén podaba o señor Eladio.
Hai ! tamén collíamos mirtos, brancos e negros…
Logo de ter todas as flores que podiamos conseguir había que atar o ramo, meu pai xa tiña unhas bimbias metidas nun caldeiro con auga, así que con elas ataba ben atado o ramo.
Pero un ano recordo que se lle pasou meter en auga as bimbias e non tivo máis remedio que atar o meu ramo cunha trenza, si, cun cacho de trapo, eu estaba toda disgustada, tiña aquel ramo, un ramo precioso…pero atado cunha trenza de trapo ! Que disgusto tiven !
Xa te podes imaxinar ao día seguinte cando os meus amigos víronme co ramo así dese xeito, canto se riron de min aquel día! Eu ía toda avergoñada camiño da igrexa.
Recordo que cando chegaba a hora de ir a misa íbamos todos correndo costa abaixo, cos zocos postos, por aqueles camiños de entón, faciamos moito ruído con aqueles zocos jajaja.
Ao chegar á igrexa comezabas a fixarche que ramo era o máis bonito, era como unha competición, hoxe en día xa non é o mesmo, a maioría vai cunha palma, xa perdeu a gracia, xa os nenos e as nenas non percorren os camiños buscando flores, que magoa que se perdan as tradicións…
Sabes Juan, ti seguro que recordas, había quen levaba ramos enormes de grandes, algún case non cabía pola porta grande jajaja, recordas ?
E logo de rematar a misa e de ter os ramos bendicidos alá iamos de novo correndo con aqueles zocos, tocaba adornar o cruceiro.
Ao chegar, cada un de nós, escollía do seu ramo a súa flor, a súa rama de olivo ou o que mellor lle parecese e íase colocando no cruceiro, todo ben posto e atadiño, estábamos alí horas !
Isto faciámolo os máis novos, toda a vida así !
Creo que aínda segue habendo algunha veciña que segue con esta tradición, creo que si.
Era mui bonito, o cruceiro quedaba fermoso !
Como me gustaría que volvese o Cruceiro a estar así o día de ramos !
O luns seguinte fun ata o Cruceiro de Meán, quería ver si alguén colocara un ramo, efectivamente así era, había tres.
É VOS QUE LLE CANTADES, E A VÓS, QUE VOS CANTABAN ?
Os entendidos din que antes de nacer xa recoñecemos ás nosas nais pola voz, no seo materno fomos tendo as primeiras vivencias, elas falábannos, arrolábannos, cantábannos nanas e contabannos contos.
Recordas os contos ou as nanas que che cantaban de cando eras unha criatura ?
É agora, que cantas tí os teus fillos ou netos ? Contas algún conto ou nana que che contaban a tí ?
De novo, grazas a vosa colaboración, fun preguntando. Estás foron as respostas :
1-Miña avoa cantaba o de esta nena ten soniño, mais non recordo.
2- Non recordo o que me cantaban, os contos que recordo eran os de Caperuchiña, Os tres porquiños etc. eu a meus sobriños cantaballe cancións de Mecano.
3-O meniño ten soniño, oh, oh, oh, oh, abre un ollo e cerra o outro, oh, oh, oh, oh…
4-Tan tan tan culler de pau e cunca de madeira: O meu neno está na lareira.
Tin, tin, tin culler de prata cunca de pazo: o meu neno está no regazo.
Eah, eah, eah, culler de ouro, cunca de cristal: o meu neno é príncipe real.
5-Recordo que me contaban o conto do home do saco.
6-La canción del gatito que subía por la chimenea, era así : quién es el gatito que sube por la chimenea, caramelitos titos titos para comer para guardar…
7-Me contaban Los tres patitos
8-A mi me contaron los cuentos de Caperucita, Blancanieves, La Casita de Chocolate…
9- Mis tías me contaban cuentos que ellas mismas se inventaban.
10- Cuatro esquinitas tiene mi cama, cuatro angelitos me acompañan, con la Virgen María en medio que me libra de un mal sueño.
11- Levántate José, enciende la Candela, mira quién pasa por tu cabecera, son los angelitos que andan de carrera, pasa uno, pasan dos, pasa la madre de Dios, pasa un caballito blanco que alumbra todo el campo, pasa un pasajero que alumbra todo el cielo
12- Yo canto con mi nieto la canción de la Carolina tiene un lagarto pintado…
13-Mi madre lo que nos decía en plan humor era: “érase una vez un rey que envía tres hijas , las metió en tres botijas y las tapó con pez … quieres que te lo cuente otra vez?…” cuando le decías que si o que no te decía: “ pero yo no te pregunto si sí o si no lo que te digo es que érase una vez un rey que tenía tres hijas que las… lo volvía a repetir…
14-O Nome dos dedos : Pequeniño, Medianiño, Pai de todos, Furabolos e Matapiollos…O rematar facíanche cóxegas
15-Coa palma da man extendida, facíanche cun dedo círculos e cantaban
Palma repalma chica morena, como la quieres, grande o pequeña ?
Según o que responderas, dábanche unha palmada forte ou frouxa
16-Meu pai, que sempre foi moi meniñeiro, (aínda o é agora) sempre nos cantaba a canción dos paiasos da tele : Hola don Pepito, Hola don José…
17- A min sempre me daba muita rabia cando miña nai me decía : Queres que che conte o conto da boa pipa ? Eu decía que sí e de novo volvía a preguntarme…sempre igual, eu desesperado esperando que algún día mo contase…jajaja.
18- Recordo un que era algo así : unha vez era un home que iba polo monte, queres que cho conte ? Eu respondía inmediatamente que si, quería saber o que lle pudera pasar, pero meu avó escachaba de risa e volvía a preguntarme : unha vez era un home que iba polo monte, queres que cho conte ? Eu de novo respondia que siiiii, cada vez poñíame mais cabreado !
Meu avó contestaba :
Eu non che digo si; digo que unha vez era un home que ía polo monte ¿queres que cho conte?
Xa cabreado contestéi que non !
Meu avó entonces decía : Eu non che digo non; digo que unha vez era un home que ía polo monte ¿queres que cho conte?
Pois si !
Despois de repetir un cento de veces é de días, contestoume :
Pois voucho contar. As nenas do cu cosido, meu Deus querido, non poden andar.
19- Miña nai e mais a túa andan no río berrando por culpa dunha galiña que ten amores co galo.
20- A min meus avós contabanme en galego contos inventados por eles.
21- Durme meu neno durme, que teño que facer, lavalos pañales e tamen coser.
Durme meu neno durme, que teño que facer, lavalos pañales e tamen coser
Este neno quere que o durma eu, que o durma sua nai, que foi quen o pareu.
22-A min non me cantaron nunca ningunha nana. Miña avoa cantáballe as miñas fillas, e repitese a historia, eu tampouco o fixen coas miñas fillas e si coa neta.
23- Vaste rir, resulta que como son moi mala cantando, o único que lle canto é o Dios te salve Maria, e a Santa María, que se cantaba no rosario da igrexa, é queres saber que funciona, logo se queda a dormir e mira que eu de relixión ben pouco.
24- Contos os típicos de toda a vida aunque o que sempre nos decían a un primo e a min pa que salisemos de debaixo das mesas era que os nenos que facían eso quedaban enanos e chepudos e que por meterse debaixo das mesas, morrera no pobo do lado un pequeno de tristeza porque os nenos bos, que obedeceran os seus pais medraron todos e foron listos e bonitos, pero ese quedou pequeno e rechoncho e feo por non obedecer os pais, unha bruxa botoulle ese conxuro.
A bruxa iba a ser unha persona que pasara con unha vara na man, e naquela época, toda a xente andaba coas varas, para falarlle as vacas. Así que o medo podía, hasta que nos demos conta que era conto deles.
25- Éste niño lindo que nació de día, quiere que lo lleve a la romería. Duérmete mi niño, duérmete mi sol, duérmete pedazo de mi corazón, de mi corazón, de mi corazón, duérmete mi niño, duérmete mi sol.
Éste niño lindo que nació de noche, quiere que lo lleve pasear en coche, orroro mi niño, orroro mi sol, orroro pedazo de mi corazón, de mi corazón, de mi corazón, orroro mi niño, orroro mi sol.
26- Hola Juan, a mi cuando era pequeña mi padre nos contaba unos cuentos increíbles, los inventaba él y cuándo nos tenía embobados lo cortaba y nos mandaba a la cama, el día siguiente se nos hacia eterno esperando que acabara el cuento.
Y mi madre nos cantaba las canciones típicas de aquellos tiempos, duérmete mi niño o jesusito de mi vida.
27- A mis hijos le gustaba que le leyese libros, mejor que cantar, debe ser que tengo una voz tan bonita…
28- A mis nietos les encanta que le cuente historias de lo que hacían sus padres de pequeños, así si que no los aburres, porque cuando son pequeños le regalan los muñecos con música, pero ahora las historias de sus padres de cuando eran niños como ellos les encantan.
29- Este niño tiene sueño, muy pronto se va a dormir, tiene un ojito cerrado y el otro a medio abrir
30- Duérmete niño, duérmete, que viene el coco y se lleva a los niños que duermen poco, duérmete, niño, duerme, que viene el coco.
31- Teño un conto que sempre está no meu recordo, o seu título La Flor de Lililá
Esto era una vez un Rey que tenía tres hijos. Y uno de ellos se le murió.
El Rey va y les dice a los dos que le quedaban:
— Hijos míos, vais a ir al campo y me vais a buscar la flor de Lililá. Quien la encuentre, será la Corona para él.
— Sí, padre, mañana nos levantamos temprano y vamos a buscarla.
Así lo hicieron y después de mucho andar, andar, llegaron a una encrucijada. El mayor va y le dice al chico:
— Mira, tú te vas a ir por ese caminito y yo me voy a ir por éste. El que encuentre la flor de la lilá da una voz y nos reunimos aquí.
Después de mucho buscar, el pequeño tuvo la suerte de encontrarse la flor de Lililá. Conque se vuelve pa atrás y empieza a dar voces pa avisar a su hermano mayor.
— Ámonos a Palacio, dijo el mayor
Y cuando iban por el camino, el mayor mató a su hermano pa quedarse él con la Corona.
Conque lo enterró allí mismo, pero con el dedo pulgar fuera.
Y le nació una varita mu grande y le salieron allí unas flores mu bonitas.
Al llegar a Palacio el hermano mayor le dijo a su padre que traía la flor de la lilá.
— ¿Y tu hermano?, preguntó el Rey.
— Pos se habrá perdió en el bosque, padre.
Estuvieron esperando algún tiempo y al ver que no venía, le dieron al mayor la Corona.
Entretanto, un pastorcito con sus ovejas apareció por aquellos lugares, vió la varita y la cortó.
— ¡Huy, qué flores tan bonitas! Se las voy a llevar a mi madre.
Al cortarla, empezaron a salir de la varita unas gotas de sangre. Se fue a un regato próximo, enjuagó la varita, se la puso en la boca y empezó a pitar. Y se oyó:
“Pastorcito, pastorcito, no me dejes de tocar, que mi hermano me mató por la flor de lililá”
— ¡Huy, qué canción tan bonita! Pos ahora me voy al pueblo, empiezo a tocar y me tiran perras y así me ganaré la vida.
Conque se fue al pueblo y empezó a tocar por las calles. Y se oía:
«Pastorcito, pastorcito, no me dejes de tocar, que mi hermano me mató por la flor de lililá”
La gente salía a los balcones y a las puertas y le tiraban muchas perras.
— Anda, sube, que se lo cantes a mis niños— le pedían las mujeres.
Y seguía tocando: Pastorcito, pastorcito no me dejes de tocar, que mi hemano me mató por la flor de lililá”
Mira por donde, un paje real que andaba por allí oyó la cancioncilla y empezó a sospechar. Conque le dice al pastorcillo:
— A ver, niño, toca, toca, que yo te oiga.
Y se oyó: Pastorcito, pastorcito, no me dejes de tocar, que mi hermano me mató por la flor de lililá”
Y va entonces y le dice:
— Mira, pastorcillo, ¿quieres venir conmigo a que el Rey te oiga?. Seguro que te va a dar mucho dinero.
Conque después de subir las escaleras del Palacio el Rey le dice que toque. Y se oyó:Pastorcito, pastorcito, no me dejes de tocar, que mi hermano me mató por la flor de lililá”.
El Rey, intrigado, va y le pregunta:
— Oye, ¿dónde te has encontrao tú esa flauta?
– En el campo
— ¿Hace mucho que la has cortao?
— No —mintió el pastorcillo lleno de miedo—. Fue esta mañana.
Conque el Rey va y le dice a un paje:
— Anda, dile a mi hijo que venga, que quiero que oiga esta canción.
— ¿Qué quieres, padre?
— Mira lo que canta este niño. Toca, pastorcillo.Y se oyó: Pastorcito, pastorcito, no me dejes de tocar, que mi hermano me mató por la flor de lililá”.
— A ver, tócala tú, pidió el rey a su hijo.
— ¡No, padre, no!
— ¡Sí, tócala!
Cogió la flauta y se oyó:Hermanito, hermanito ! no me dejes de tocar, que tú me mataste por la flor de lililá”.
El Rey, con los ojos llenos de lágrimas, ordenó:
— ¡Sigue tocando!Y se oyó: Hermanito, hermanito, no me dejes de tocar, que tú me mataste por la flor de lililá”.
El Rey, con gran dolor, se dirigió a su hijo:
— Ahora te quito la Corona y te hago un mendigo, pero dime antes dónde enterraste a tu hermano.
Fueron al campo, lo desenterraron y vieron que no lo había terminado de matar.Lo llevaron a un médico y lo curaron. Más tarde lo hicieron Rey y al culpable, un mendigo. Y, colorín, colorao, este cuento se ha terminao.
32- A miña sobriña cantaballe aos meus fillos:
La chata Merenguela güi, güi, güi como es tan fina, trico trico trí como es tan fina lairón lairón, lairón lairón.
Se pinta los colores güi, güi, güi con brillantina trico trico trí con brillantina lairón lairón, lairón lairón.
Y su madre le dice güi, güi, güi quítate eso trico trico trí quítate eso lairón lairón, lairón lairón.
Que va a venir tu novio güi, güi, güi a darte un beso trico trico trí a darte un beso, lairón lairón, lairón lairón.
Mi novio ya ha venido güi, güi, güi ya me lo ha dado trico trico trí ya me lo ha dado lairón, lairón, lairón, lairón.
Y me ha puesto el carrillo güi, güi, güi muy colorado trico trico trí muy colorado lairón, lairón, lairón, lairón.
33- Yo le cantaba así : Yo soy la cabra montesina que sube por montes y valles y como los niños a pares !
Éste conto enteiro é así:
Había una vez una madre que tenía tres hijas. Una tarde estaban las cuatro sentadas en el salón cosiendo y remendando muy alegres, hasta que se les acabó el hilo y la madre le dijo a su hija mayor:
– Hija sube al desván y trae un poco más de hilo.
La hija mayor subió las escaleras del desván y al llegar arriba se encontró con una cabra, era la cabra montesina que le dijo:
– Soy la cabra montesina que vive en monte pelao’, si te pasas de la raya ¡te comeré de un bocao’!
La niña no le hizo caso, se pasó de la raya, así que la cabra de un solo bocado se la comió.
Como pasaba mucho tiempo y la hija mayor no llegaba con el hilo, la madre le dijo a su hija mediana:
– Hija sube al desván y mira qué le ocurre a tu hermana y de paso trae un poco más de hilo.
La hija mediana subió las escaleras del desván y al llegar arriba se encontró con la cabra montesina que le dijo: – Soy la cabra montesina que vive en monte pelao’, si te pasas de la raya ¡te comeré de un bocao’!
La niña no le hizo caso, se pasó de la raya, así que la cabra de un solo bocado se la comió.
Como ninguna de las dos hija bajaba la hija menor le dijo a su madre:
– Madre, ¿quieres que suba a ver qué ocurre con mis hermanas?
– No hijita, ya subo yo. Espera aquí.
La madre subió las escaleras del desván y al llegar arriba se encontró con la cabra montesina que le dijo: – Soy la cabra montesina que vive en monte pelao’, si te pasas de la raya ¡te comeré de un bocao’! La madre no le hizo caso, se pasó de la raya, así que la cabra de un solo bocado se la comió.
La hija menor escuchó a la cabra montesina y al comprender que la cabra se había comido a su madre y a sus dos hermanas se echó a llorar y salió a la puerta de su casa para ver si alguien la ayudaba.
Al poco rato pasó por allí un soldado, que al ver a la niña llorando le preguntó qué le pasaba. La niña le contó todo lo ocurrido, entonces el soldado muy valientemente dijo:
– ¡No te preocupes niña! yo subiré al desván a buscar a tu madre y a tus dos hermanas.
El soldado subió las escaleras del desván y al llegar arriba se encontró con la cabra montesina que le dijo: – Soy la cabra montesina que vive en monte pelao’, si te pasas de la raya ¡te comeré de un bocao’! El soldado no le hizo caso, se pasó de la raya, así que la cabra de un solo bocado se lo comió. La niña pequeña que estaba abajo escuchando todo lloró con mayor desconsuelo al ver que el soldado también había sido devorado por la cabra montesina. Al poco tiempo pasó por allí una hormiguita que al ver a la niña llorando tan triste le preguntó: – Oye pequeña ¿Qué te pasa, por qué lloras? La niña le contó a la hormiga todo lo que había pasado, entonces la hormiguita muy valientemente le contestó: – No te preocupes, yo subiré y traeré a tu madre, hermanas y al soldado. – ¿Pero cómo? eres muy pequeñita, no podrás lograrlo. – Descuida, la distraeré. Lo único que te pido es que me des algún regalo de comer para llevar a mi hormiguero. – ¡Desde luego! arriba en el desván hay un gran saco de trigo, puedes llevarte todo el trigo que necesites. La hormiguita subió las escaleras del desván y al llegar arriba se encontró con la cabra montesina que le dijo: – Soy la cabra montesina que vive en monte pelao’, si te pasas de la raya ¡te comeré de un bocao’! Pero como la hormiga era muy pequeñita se coló por un lado y se subió por una pata de la cabra montesina y se puso a hacerle muchas cosquillas. La cabra comenzó a reir y reir tanto que reventó y dejó salir a la madre, las hijos y el soldado que estaban atrapados en su panza. Así que todos celebraron muy felices y la hormiguita valiente se fue muy contenta a su hormiguero con sus granitos de trigo.
CHOLITO DE MORAÑA QUIXO CASAR CA FILLA DO TABERNEIRO DA RONS.
Este relato ocorreu a finais dos anos sesenta, a Taberna da Rons era un lugar onde a primeira hora da mañá paraban muitos obreiros, algúns deles veciños da vila de Moraña, tomarse o seu café de pota con pingas ou a copa de aguardente branca ou de herbas era do máis habitual naqueles tempos, xunto tamén a combinación coñecida como sol e sombra. Eu tiña relación con todos esos homes, a primeira hora da mañán xa estaba tamén na taberna axudando a miña nai é tomaba a miña taza de caldo con eles, cando comecei a estudar en Pontevedra baixaba de cando en vez con algún deles, unhas veces montaba nun Seat 127 como noutras nun camión Barreiros ou nun Seiscentos, a veces nunha moto Bultaco…
Había un señor de Moraña que o coñeciamos por O CANCELEIRO, un home de negocios que ademais de ter unha taberna, andaba coa súa muller ao “estraperlo”, é dicir á venda de todo tipo de cousas relacionadas coa alimentación e a bebida, fariña, viño, aceite etc., meus pais eran clientes seus e comprábanlles algún artigo que ás veces era difícil de conseguir, a amizade que chegaron a ter foi tal que en varias ocasións fomos convidados a súa casa, recordo que una delas foi un día que se celebraba a Festa da Mocidade e a 1ª Festa do Carneiro o Espeto, precisamente era o ano 1969.
Era moi habitual que cando O CANCELEIRO saía de Moraña, un veciño del, CHOLITO, acompañábao, gustáballe coñecer lugares, tomaba nota de todo e de paso buscaba noiva…
Onde chaman Paraños, lugar da parroquia de San Martiño de Gargantáns, preto da lglesia románica máis antiga do municipio de Moraña (data do ano 1175), a poucos metros dun castro romano é a uns minutos do único menhir coñecido en Galicia vivía CHOLITO, unha tarxeta de presentación que moi poucos de nós temos. E aínda por riba, coa protección de San Martiño e Sta. Apolonia…
UN POUCO DE HISTORIA.
Manuel Gándara Abelleira (CHOLITO) nace uns anos antes do inicio da guerra, no ano 1933, cuarto fillo dunha familia humilde da parroquia de San Martiño de Gargantáns, concretamente do lugar de Paraños. Unha veciña do lugar envioume unha documentación relacionada con CHOLITO :
A CASA MATRIZ É IMPORTANTE E POTENTE, ESTRUCTURA DE PEDRA DO PAIS, CON PATÍN NA FACHADA E MOITAS FINCAS EN PROPIEDADE, DE FEITO FORA VIVENDA DE CURAS EN TEMPOS PASADOS E HERDADA MÁIS TARDE POLA FAMILIA DA NAI DE MANUEL.
A casa de CHOLITO.
FILLO DE ANDRÉS GÁNDARA, NATURAL E VECIÑO DE BEMIL E DE MARÍA ABELLEIRA, MULLER TÍMIDA E DE POUCAS FALAS, O PAI EN CAMBIO HOME DE FORTE CARÁCTER , XENIO E MAL TALANTE.
CONFORMAN A FAMILIA O MATRIMONIO E 4 FILLOS, DOUS HOMES E DÚAS MULLERES. O MAIOR CHAMÁBASE CONSTANTE, DESPOIS VIRÍA ABADINA, A TERCEIRA ESPERANZA NACIDA NO 1928 E POR ÚLTIMO MANUEL QUE NESTE CASO É O NOSO PROTAGONISTA. PASARON OS ANOS E A VIDA OCUPOUSE DO DESTINO DOS GÁNDARA, O PATRÓN DA CASA ENFERMOU GRAVEMENTE E REMATOU POR QUEDAR SIN UNHA PERNA. PARALELAMENTE ADÍCASE A BEBER SIN MODERACIÓN CO CUAL EMPEORA A SITUACIÓN FAMILIAR.
OS FILLOS MOZOS E CON MOITA FALTA DE RECURSOS OPTAN POR BUSCARSE A VIDA E SOBREVIVIR COMO PODEN, CONSTANTE MARCHA PARA BILBAO A TRABALLAR E ESQUÉCESE DE VOLTAR A MORAÑA, NIN ANTES NIN DESPOIS, NUNCA VOLTARÍA. AS DÚAS IRMÁS EMPEZAN TRABALLANDO POLA ZONA EN CASAS, PERO REMATAN POR EMIGRAR A MONTEVIDEO EN BUSCA DE TRABALLO E MELLORES OPORTUNIDADES.
ABADINA CASA CUN GALEGO, CONCRETAMENTE DE BAIONA E DE CANDO EN VEZ VOLTARÁ A MORAÑA, MENTRES MANUEL SERÁ O ÚNICO QUE QUEDE NA VIVENDA COS PAIS. A NAI FALLECE CEDO E SERÁN OS DOUS HOMES DA CASA QUEN SE OCUPEN DO FOGAR.
CHOLITO DÁ REGUEIRA.
En honor a unha vella canción da época, a CHOLITO bautízano os veciños co alcume de Cholito dá Regueira, grazas a un veciño, o señor Álvarez, CHOLITO polas noites foi aprendendo a ler e a escribir o imprescindible para defenderse pola vida.
CHOLITO era moi peculiar, cunha personalidade propia, a súa afección era namorarse de todas as mulleres, fosen altas ou baixas, louras ou morenas, iso si, tiñan que ser guapas, as viaxes que realizaba con O CANCELEIRO abríalle un gran abanico de posibilidades de coñecer a moitas mulleres, un exemplo é o caso da filla do taberneiro do lugar da Rons (miña irmán), parroquia de Cerponzóns, unha rapariga que daquela contaba con quince anos, mentras que CHOLITO rondaba xa os trinta e cinco.
PREPARANDO A VISITA DE CHOLITO A TABERNA DÁ RONS.
Un día na taberna os homes comezan a comentar a última gesta que fixera CHOLITO, falaban dunha festa celebrada o día anterior nunha parroquia próxima á súa, CHOLITO con só escoitar os foguetes xa se poñía as súas galas para ir todo aposto, tiña unha americana que os días sinalados cubríaa con todo tipo de “xoias”, chapas, pins, medallas…sempre aparecía nas festas con algunha medalla máis que a anterior vez, os seus veciños non sabían como as conseguía…
Os homes, mentras tomaban a súa copa, comentaban como CHOLITO subira ao palco dos músicos e púxose a cantar as cancións que máis lle gustaban a él interpretar, as rancheras, aínda que se lle daba calquer estilo, houbo unha época que a canción que máis popularizou CHOLITO foi : Chica en combinación.
Pero non só cantaba, en calquera lugar que alguén lle apostaba que comía ou bebía moito máis que él, CHOLITO facíalle frente, era capaz de comer ou beber ata límites insospeitados, si tiña que rebentar…rebentaba, pero a él non lle gañaba ninguén.
Na taberna todos coincidían en que era moi aforrador, e que non era fácil enganalo é ollo con que se lle enganase, pobre daqueles que quixesen enganalo habendo cartos por medio…
Os paisanos, entre grolo é grolo, comezaron a comentar que había que dicirlle O CANCELEIRO que trouxese a CHOLITO á taberna, que seguro se ía a namorar de Maricarmen…un dos veciños de CHOLITO, entre risas, pregúntalle á filla do taberneiro :
-É ti que dis Maricarmen ? Queres coñecelo ?
-Por min non hai inconveniente, que veña ! (Maricarmen sabía levar a broma e non se amilanou coa proposición).
A VISITA DE CHOLITO.
O CANCELEIRO estaba xa decatado da proposición e falou con CHOLITO, comentoulle que nunha taberna que había moi preto de Pontevedra había unha moza, que era morena, moi guapa, cos pais tiñan muitas propiedades… que un día que quixese levábao para que a coñecese.
CHOLITO non quixo esperar máis, contestoulle que canto antes mellor, que xa estaban tardando…así que ao día seguinte estaban subidos ao Citroen dous cabalos que tiña daquela O CANCELEIRO e alá foron camiño da Taberna da Rons…
A entrada na taberna foi espectacular, recórdoo coma se fose hoxe, eu había chegado do colexio, estaba sentado nunha mesa da taberna facendo os deberes, bueno máis ben estaba ollando na television os Chiripitiflauticos, de repente entrou coma si fora unha estrela de cine…CHOLITO puxera todas as súas medallas, chapas e pins naquela americana que tiña para momentos especiáis, parecía un principe…bo, quédome curto, parecía máis ben un daqueles militares que salían nas noticias da primeira cadea da televisión, deses que saen co traxe de gala todo cuberto de estrelas, cruces, medallas e outras herbas que o campo non produce.
Saludounos a todos, pero os seus ollos andaban a buscar a rapariga que lle había comentado o seu veciño, mirouna na barra sirvindo un viño, achegouse a ela é o primeiro que fixo ao ver a Maricarmen foi dicirlle uns cantos piropos da súa colleita, expresións moi habituais nel cando se atopaba cunha moza que lle gustaba :
Acercóuse a Maricarmen é dixolle: MI CORAZÓN PALPITA COMO UNA PATATA FRITA !
Seguidamente lanzoulle outro “verso” : A TU MADRE LA MONTO EN UNA TARTANA, A TU PADRE EN UN COCHE Y A TI EN LA CAMA !…
Logo de piropear a Maricarmen, CHOLITO, situouse no medio e medio da taberna e comezou a imitar a Cantinflas, era o seu patrón a seguir, a súa imitación era perfecta, sempre que podía miraba as súas películas, tambén calcaba os xestos de Cantinflas que moita xente chamáballe CHOLITO, ALÍAS CANTINFLAS, él estaba cheo de orgullo que o coñocesen por ese alcume.
É entre as imitacións de Cantinflas é os corridos mexicanos a noite foi pasando, os paisanos ríndose das saídas de CHOLITO…o meu pai invitándoo a que viñese para a Rons, pero en broma claro, pero o que nunca Juan esperaba era que CHOLITO fose a tomar en serio a súa invitación…
CHOLITO VEN A VIVIR A RONS.
O caso foi que CHOLITO quedou prendado de Maricarmen, é aos poucos días presentouse de novo na taberna, esta vez non viña nun dous cabalos, viña nun, chegou montado no seu cabalo coa idea de quedarse a vivir na Rons desde ese mesmo instante !
Chimpalle unha jaseosa! Exclamou miña nai ao escoitar as intencións do CHOLITO.
O meu pai seguiulle a corrente, deulle acubillo nun alpendre que tiñamos á beira da taberna e por suposto ao cabalo tamén lle buscou sitio, despois de acomodarse foi a cear, unha boa taza de caldo cuberta de pan. Meu pai tranquilizaba a miña nai : tranquila Carmen, éste non ajuanta nin dous días na Rons…xa verás.
Ao seguinte día xa se foron os dous a unha cachada que temos no lugar coñecido como As Salgueiras, había que traer toxo para as cuadras dos animais. Nunha destas, cando CHOLITO estaba encima do carro colocando o toxo, meu pai dixolle :
CHOLITO, todo o que ves que che alcanza a vista e muito máis, é da miña propiedade.
CHOLITO alucinaba, sempre que iban a algún sitio é despois a volta, de camiño a casa, Juan íalle sinalando “as súas propiedades”…que si outra toxeira en Santarandán, que si un muiño do Caeiro, os castaños do cura tamén eran de Juan, as viñas tamén, as fincas de millo, as de patacas…
Cando polas mañás paraban na taberna os da Empresa Garrido, CHOLITO íalles comentando o afortunado que era, que tiña unha moza mui fermosa, que era riquísima, con leiras, montes, carballos, piñeiros, eucaliptales, taberna…non lle faltaba de nada, tiña de todo !
Outro día viñan co carro do lugar coñocido como Parrei, coma sempre CHOLITO todo atento escoitando ao meu pai, os seus ollos e a súa boca non podían ir máis abertos. Meu pai cada vez esaxeraba máis, camiño ou congostra por onde pasaban ata chegar a casa íalle indicando máis propiedades…só lle quedou por dicir que o Río Rons tamén era da súa propiedade.
-Quen case coa miña filla ten que ser un home traballador, que traballe de sol a sol, que dobre o lombo, que estea disposto a levar adiante unha familia e que non se doblegue ante ninguén, ía dicindo o meu pai en voz alta para que CHOLITO fose tomando nota.
-Señor Juan ! Ese home tenno diante ! Exclamaba todo cheo CHOLITO.
CHOLITO non facía máis que chegar á taberna e poñíase a tomar nota de todo, si o meu pai era un esaxerado, CHOLITO non lle quedaba atrás, ata ía anotando a cantidade de hoces, aixadas, lejóns, martelos, o carro de unha vaca, outro de dúas, doce bocois, unha lajareta…él anotaba todo o que tiña Juan da Rons no alboio.
CHOLITO estaba encantado, traballaba de sol a sol, ía á leña, á herba, ao toxo, a buscar millo…era un máis na familia.
CHOLITO era un traballador nato, todo hai que dicilo. Durante o tempo que estivo na casa dos meus pais non dixo non a nada, traballo que había que facer, traballo que CHOLITO estaba disposto a realizar. Si nalgún momento miraba que Maricarmen ía coa carretilla a por algo, inmediatamente dicíalle que iso non tiña que facelo ela, que mentres estivese él, ela non tiña que coller ningún peso.
Mentres meu pai se entendía con CHOLITO, miña nai ía levando daquel xeito a estancia de CHOLITO na Rons, non era nada partidaria de telo alí, estaba vendo que se estaba crendo todo aquilo que lle ía dicindo meu pai. A miña irmá outro tanto do mesmo, é a miña avóa Ramona, que a pobre estaba sempre às suas cousas, prendendo lume á cociña de leña coas piñas e carozos, escoitena decir que non entendía que carallo facía na súa casa aquel imitador de Cantinflas que andaba roldando á súa neta, que non era home para ela.
Maricarmen sentía que CHOLITO ía en serio, ela tan nova, con quince anos, non sabía como desprenderse del, así que lle dixo á súa nai que a ver como ían facer para que se fose para Moraña, que xa iban quince dias conCHOLITOna Rons ! É a CHOLITO o corazón seguíalle palpitando coma unha patata frita…
-Tranquila filla, dixolle nosa nai, eso vai ser cousa de teu pai, él foi quen o acolleu, agora que se busque a vida para decirlle que ten que marchar, que ti non queres casar. Miña nai chamou por Juan e puxolle as pilas.
O pai de Maricarmen tivo que inxeniála para que CHOLITO fósese para a súa casa, o seguinte día tivo a oportunidade de cabrearse con él por unha cousa que fixera mal, Juan era un home que tiña moito xenio, pero ese día acrecentouno aínda todavía máis, CHOLITO ao velo fora de sí asustouse todo, pensou que había toleado, cando chegou a Rons recolleu as súas cousas, montou no seu cabalo e marchou a lume de carozo, eso sí, marchou decindo unha serie de improperios contra meu pai que mellor non nomealos agora de novo. Así foi coma se truncaron as esperanzas de CHOLITO, é tamén dos veciños del, que non serían convidados a boda coma lle prometera CHOLITO.
Por certo, Maricarmen coméntame fai uns días que O CANCELEIRO non tiña fillos e quería adóptala , tíñalle moito agarimo. Tamén recorda que CHOLITO tiña dúas veciñas, que seica eran irmás, de oficio peluqueras, facían nel uns peiteados “espectaculares”.
Eu tamén recordo que había tes canteiros de Moraña, que traballaban na de Morís, (Joaquín, Albino e Teofilo) éstes comían na taberna, nas súas charlas había veces que falaban de Genoveva, que sempre se chivaba ao señor do moito ou pouco que traballaban é como non ía ser doutro xeito, tamén das anécdotas de CHOLITO.
Remato o relato cos recordos que me pasou unha veciña de CHOLITO :
DE MOZO TIÑA CABALO E DESPRAZÁBASE NEL PARA IR OS SITIOS, NON DUBIDABA EN IR AS FEIRAS, MERCADOS OU IR Á CAPITAL (PONTEVEDRA.)
INICIALMENTE TIVO REBAÑOS DE OUVELLAS PERO HABITUALMENTE GAÑÁBASE O SUSTENTO “O XORNAL” A VECES TAN SÓ POLA COMIDA. CORTABA O TOXO, FENDÍA LEÑA OU TODO AQUELO QUE LLE ENCARGARAS, ESO SÍ NON LLE FACÍA ASCOS A UN BO CALDO.
NA PLENITUDE DA VIDA A XENTE DO VECINDARIO ARRANXOULLE UNHA PAGA COA XUNTA DE GALICIA E CHOLITO EMPEZOU A COBRAR UNHA PEQUENA PENSIÓN. COS PRIMEIROS CARTOS MERCOU UNHAS VACAS E ADICOUSE A VENDER O LEITE, CO QUE ÍA XUNTANDO ARRANXOU A CASA, BOTOU TELLADO, ARRANXOU A PRANTA BAIXA, E FIXO MELLORAS NA VIVENDA.
AQUÍ TODO O MUNDO O COÑECÍA E NINGUÉN ESCATIMABA EN DARLLE UN PRATO DE COMIDA E NAS FESTAS DO LUGAR ERA UN MÁIS NA MESA.
SIN DÚBIDA ERA UNHA PERSONAXE PECULIAR, MOI CHARLATÁN E DESCONFIADO QUE NON O TIVO FÁCIL SOBRE TODO SENDO COMO ERA NAQUELES TEMPOS, PERO AÍNDA ASÍ DEFENDEUSE SÓ.
REMATOU OS SEUS DÍAS NO ASILO DE CALDAS DE REIS E FALLECEU O 13 DE NOVEMBRO DO ANO 2016 CANDO CONTABA 83 ANOS.
ACTUALMENTE QUEDAN SOBRIÑOS VIVOS DE MANUEL.
Cholito no lugar de Paraños, na parroquia morañesa de San Martiño de Gargantáns, celebrando as festas en honor de Santa Apolonia.
RECORDOS DA XENTE QUE COÑECEU A CHOLITO :
1–Nas festas de San Lorenzo sempre viña Cholito de Paraños cun sombreiro mexicano, con chaveiros pendurados da ala, dicindo que buscaba moza, pero sin moita esperanza porque a él todas lle decían que no.
2–Cantaba rancheras a cambio de viño.
3–Era o último domingo de agosto, celebrábase na parroquia de Bemil (Caldas de Reis) unha das romarías máis populares daquel lugar en honor a San Xusto.
CHOLITO non podía faltar á verbena, chegaba o campo da festa todo feito un pincel, coa súa americana chea de chapas é lazos de cores, e como sempre a súa ilusión era subir ao palco a cantar, pero os músicos das orquestas xa estaban de volta, xa coñecían a CHOLITO dabondo, atopábano por todolos sitios e non o deixaban subir a cantar, pero ese día, eran xa as tres da mañá, xa estaban a piques de rematar de tocar é a xente xa se había ido toda prácticamente, só quedaba a mocidade que quería seguir de troula…
Todos comezaron a gritar que querían escoitar a CHOLITO cantar, que querían que subira ao palco…
Uns cantos mozos achegáronse aos da comisión de festas, e pedíronlles que falasen coa orquesta para que deixasen subir a CHOLITO, xa que a festa xa estaba rematada é quedaban eles nada máis.
Así foi e CHOLITO puido subir ao palco, cando estaba subindo, comezaron todos a pedirlle a CHOLITO que cantase a súa canción favorita por aquel entón : corda con corda…
CHOLITO todo cheo de razón comezou a cantar, acompañado da orquesta :
CHOLITO disfrutaba o máximo, mentres a mocidade tiña división de opinións, mentres algúns se rían a escachar, outros lle lanzaban de todo o que atopaban a man, máis dun foi a unha leira próxima a por tomates, que chegaron a impactar en todo o rostro do pobre CHOLITO.
A él daballe igual, estaba disfrutando a base de ben encima daquel palco.
4–Corría o ano 1975, CHOLITO por aquel entón traballaba na casa dunha rica familia de feirantes, veciños da parroquia de Rebón, eran coñecidos co alcume de OS REVOLTEIROS.
Ás veces, cando chegaban das feiras, paraban a comer na parroquia de Amil, nunha taberna que había en fronte ao campo de fútbol, alí aparecía CHOLITO e claro, terminaba cantando e animando a xornada.
Un día chegou a oídos dunha das irmás dos REVOLTEIROS, que a xente andaba murmurando e dicíndolle a CHOLITO que como traballaba para eles sen que estivese asegurado, que un día podia pasarlle algo e non tería paga ningunha.
Ela estaba toda preocupada e andaba sempre vixiando a CHOLITO para que non lle fose a pasar nada.
Un día, sendo noite pechada, CHOLITO íase para a súa casa, daquela o camiño por onde tiña que pasar non estaba como hoxe en día, estaba sen asfaltar e non había luz pública ningunha, María pensou en CHOLITO, e saíu disparada da súa casa, pensando en que si lle ocorría algo a xente comezaría a falar mal, así que comezou a chamalo e a dicirlle en voz alta :
CHOLITO, CHOLITO, non vaias caer ! Óesme ? Non vaias caer, vaite con coidado ! Escóitasme ?
Cando falamos da celebración das festas da parroquia, no caso de Cerponzóns as que se celebran polo Patrón ou polo Corpus, o noso intelecto márcanos unha serie de actos que son habituais en éstes festexos, un deles é a da tirada de fogos, aínda que últimamente debido ás restricciones non se puideron celebrar como se afacía. En todas as parroquias galegas a celebración das festas requiren o concurso dos foguetes en profusión para lanzalos ao espazo, desde a véspera ao mediodía e pola noite, o día do Santo, ao anuncio da alborada, ao final da función relixiosa, á saída da procesión e durante toda a tarde…para moitos dos veciños si non hai foguetes, non hai festa.
Tampouco nos podemos esquecernos dos que non están en nada de acordo coa tirada de foguetes, é sabido que unha pequena parte da veciñanza non está de acordo en queimar pólvora botando foguetes, respeto a súa opinión, precisamente eu teño comentado algunha vez que non gastaría tanto diñeiro niso, pero hai que recoñecer que é unha tradición máis e que debemos respetala como outras que temos.
Botar uns foguetes en días sinalados é unha manifestación que honra, por unha banda a parte relixiosa e por outro a parte lúdica, o de dar a coñecer os veciños e ás parroquias limítrofes que estamos de festa. É unha manifestación que proba por parte da comisión de festas que ao patrón réndeselle a mellor festa posible, cantos máis tiradas de foguetes, mellor festa. Tamén individualmente hai quen desde a súa casa ten o costume de tirar uns cuantos foguetes en agradecemento ao seu patrón e á vez en ser quen botou máis foguetes que ninguén da parroquia, intentando que cada ano sexa mellor que o anterior e así sentirse fachendoso de ser quen máis bombas botou.
As Festas , a costume dous fogos para que as demáis parroquias escoitasen que estamos de celebración e que se lle quere muito ou santo, cantos máis fogos mellor. (Medicina popular, pág.20)
En relación cos fogos, fai un tempo que teño recollido un comentario de un home, dice así :
Moito ouro gástase en exhibicións de foguetes complicadas sen ter en conta o costo, e os lumes artificiais non teñen outro propósito que a diversión, e non duran máis que o bico dun amante á súa amada, si é que sequera iso”.
Fai uns anos cando estiven falando das festas que organizaba o señor Albino, comentoume que cando contratábanse os fogos, tiñan que desprazarse á cidade e tratar cun paisano a adquisición de determinadas ducias de bombas e foguetes, pagábaselle no momento é o día anterior aos festexos encargábanse as mulleres de ir a por eles. Dicía Albino que as mulleres viñan cos feixes de foguetes na cabeza desde Pontevedra.
Que foguetes comprarían daquela…?
Pois dependendo do diñeiro recaudado comprarían unhas cantas ducias da variedade que naqueles anos había e que lle ofrecían, entre eles estaban os foguetes voladores, foguetes de luces, foguetes de culebrillas, pés de cabra, foguetes de corneta, foguetes de tres e catro tronos, foguetes de palenque, foguetes de catro e cinco subidas, foguetes de corda, carretillas de chispa, carretillas dobres, alcancías e granadas…ao estar escribindo isto recordo un ano que foi espectacular, era principio dos setenta, os da comisión de festas botaron a casa pola fiestra, era as doce da noite, en plena verbena, mandaron parar á orquesta e comezaron a botar fogos de cores, aquilo nunca tal se vira na parroquia, foi espectacular !!! Tamén no ano 2008, as 2:30 da madrugada, remataba a festa con unha tirada de foguetes de luces.
A DESTACAR :
Estamos falando dun costume de moitos anos atrás, en documentación relacionada coa nosa parroquia recollemos información onde no ano de 1775 indícase que se pagan 4 reais por cinco ducias de lumes artificiais.
Sen ter que ver coa festividad relixiosa, tamén houbo ocasións onde se utilizaron os foguetes para festexar algún acto importante, unha data a destacar foi ou 28 de Xullo do 1852.
Na prensa daquel entonces anunciaban a chegada con cohetes de Antonio de Orleans e María Luisa Fernanda de Borbon , Duques de Montpensier a nosa parroquia de Cerponzóns :
A LAS TRES DE LA TARDE DEL 28 LOS COHETES ANUNCIAN LA LLEGADA DE SS.AA.RR.MA LA CUMBRE DE CERPONZONES , A UNA LEGUA DE DISTANCIA DE PONTEVEDRA.
UN POUCO DE HUMOR:
Comentaba un paisano cando salía a relucir o tema dos foguetes…
É das tradicións que mais me encantan!!!!
Estar tomando un vermùt, batendo cos dentes no vaso cada vez que estoupa un foguete, disfrutar dunha conversación continuada co do lado, comendolle a orella para que poida escoitarte, taparlle os oidos ó pequeno para que non lle reventen os tímpanos, é estar pensando nos cans que están nas casas intentando escapar non se sabe pa onde…..vamos, unha marabilla!!!!
En fin, para ir rematando, podemos resumir o lanzamento de foguetes en dúas partes ben diferenciadas, primeiro a que está a favor da tirada de foguetes, que son aqueles veciños que cando empezan a soar eses inconfundibles silbidos que preceden ás explosións, póñense a mirar arriba o ceo plagado de pequenas nubes de pólvora é emociónanse é dan grazas á vida por celebrar un ano máis a festividade do seu patrón, xunto aos seus seres queridos.
Doutra banda, están aqueles veciños que prefiren que se renuncie nas súas festas patronais ao lanzamento de bombas de palenque para protexer do ruído á persoas con hiperacusia (elevada sensibilidade auditiva), maiores, persoas doentes é tamén para protexer aos seus animais domésticos.
OS VECIÑOS OPINAN :
Os veciños é veciñas tamén quixeron dar a súa opinión, fixen un resumen das opinións :
1–Hai quén opina que lle gusta que boten os fogos, pero si hubese algún motivo polo cal non hubese, tampouco lle parecería mal.
2–Son varias as opinions de que os fogos non deben faltar no día de festa, muitos opinan que botar fogos e motivo de celebración, de festa, de alegría, mismo hai quen se emociona ao escoitalos.
3–Pois penso que como colectividade, dende sempre, as celebracions foron arredor das fogatas, polo sentido purificador do fogo. Mata os malos espíritus. Os fogos de artificio supoñen ledicia, descanso, celebración e coma todo na vida poden ser axeitados se son comedidos. Eu voto a favor, polo espíritu de festa de reencontro e celebración entre os veciños
4–Eu son das qu digo que queda mui bonito que cando comenza a festa se bote algunha bombiña, pero últimamente pensando ben, si pensas nos nenos autistas, nos cans ou outro tipo de animal, esas bombas faille muito mal, por eso de un tempo a esta parte estou en contra das bombas, si se pudera facer algun tipo dde fogos artificiais sin que xeneraxen ese ruido, sería xenial, pero todo o que sexa ruido agora estou en contra, xa che digo, que no seu tempo foi unha cousa mui bonita, teño recordos entrañables, venme o recordó de ver a meu avó debaixo de unha árbore vendo os fogos todo emocionado, pero agora opino que mellor as festas sin ese ruido.
5–Estoy a favor cuando es una fiesta patronal ,de los esporádicos asi sin mas, totalmente en contra,cuando sabes que los van a echar por una fiesta proteges los perros que son los que lo sufren ,pero estos de sorpresa por un partido o una fiesta familiar o fin de año ,sin venir a cuento no.
6– Eu estou a favor, é unha tradición que se debe manter e que non fai dano a ninguén. Recordos da infancia, de velos cos avós, pais…e máis tarde cos amigos e a parella. Marcan toda a vida de calquer pontevedrés, tanto os do Apóstolo coma os da Peregrina ou os da nosa parroquia.
7– Eu estou a favor, a verdade é que unha festa sen fogos non parece festa, o outro día votaronnos en Campañó é xa parecía que había outra vida.
8–Home, home, eu que queres que che diga, sempre lle tuven muito medo os fogos, teño un problema de audición é para min era un sacrificio, tamén me quedou un mal recordo cando vin fai anos polo Paseo de Colon, cando pasaba o tren por alí, a unha muller entroulle un fogo pola espalda é queimouna, tamén a outros señores, veciños do Castelo, unha vez tiñan gardados os foguetes no Convento de Lérez é reventaron os fogos, estouparon todos, vaía susto; fora no día de San Salvador. Ainda así gústame velos, pero lonxe.
9–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.
10–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.
11–Estou moi a favor de que se boten fogos, xa que e sinónimo de festa é temolo moi asociado a tal función.
12–Os fogos e algo que recordo dende cativa, se se escoitaban fogos e que habia festa, e coa festa alegria.
Hoxe xa non hai romarias, verbenas, xa non se celebra nada, mais aunque houbese xa non sabemos se en tal ou cual lugar celebran o patron. Tamen temos os que non queren fogos por os animais, cans e cabalos tamen. So sei que todo mudou, na epoca de pequena ivase con un rabaño de vacas, no noso caso, cruzando a carretera de lado a lado e outro tal rabaño de cans detras, non habia atropelos nen cousa parecida, os dos coches, os que o tiñan ian con sentidiño, non como agora que todo e noso. Gustanme os fogos, tranme moitos recordos, pero sinto por os animais que co tempo tamen se volveron mais finos de oido. Despois de tanto rollo direi que nin a favor nin en contra, quixera voltar a outra epoca dondenon habia tanta modernidade, nin tantas normas pero eramos moito nais cívicos, respetuosos e educados.
13–Totalmente a favor e iso que eu disfruteinos desde a miña casa pois daquela estábamos de luto,tres anos sin poder ir as festas.
14–Para min os fogos son unha parte inseparable da festa, penso que os fogos non deberían desaparecer, debían de estar ahí é de seguir. Dacordo que hai un perigo que son os incendios e quizáis había que ter máis cuidado, penso que sería necesario montar unha vixianza cando se botan. Pa min e algo que na parroquia todo o mundo sabe o que está pasando, que se a misa, que si acabou, que si a procesion, que si empeza a verbena…eu que sei ! Eche coma un reloj que che vai decindo o que vai pasando, aparte eche bonito, ata cando botan as tracas do final da misa, é un espectáculo, e unha cousa que pa min non deben desaparecer, eso sí, polo menos en época de verán debese ter un pouco de control cando se botan, saber dónde poden caer é estar vixiantes. Non deberían de desaparecer, ademáis hai tamén que ter en conta que hai unha industria detrás é que son postos de traballo, que desgraciadamente hai pouco traballo e xa se perderon demasiados.
15–Los fuegos son importantes por que anuncian que la parroquia esta en fiestas es una tradición que no se debe perder salvo estas circunstancias , yo recuerdo las fiestas de Albino muchos años cuando hacía la tirada de fuegos a las 8 de la mañana y anunciaban las fiestas patronales. Era una alegría inmensas dentro de cada hogar . Y eso que cuando llovía nos metíamos debajo del palco de tablas y salíamos cómo PITOS MOJADOS.
16–Os fojos xa son das festas. Recordo a meu pai cando viña a festa do patrón, o fuerte del era botar os fojos. Viña Albino facendo a alborada cos gaiteiros, cando paraba na nosa casa, deixaba unha ducia é media de fojetes para os tres dias de festa. Os tres dias invitabos a entrar dentro da casa, alí tomaban rosca é un no viño, tocaban dúas pezas. Si eran muitos músicos facianno fora, a meu pai gustaballe muito respetar as festas, todolos anos era así. Sempre tiña que haber fojos, porque si nos había, para él non eran festas.
Recordades cando na nosa niñez poñiámonos a xogar a algún xogo ? Recordades que case sempre nos colocabamos en corrillo e un de nós entonaba unha cantilena mentres ía sinalando por orde a todos os participantes ? O último sinalado era, segundo ou convindo previamente, o que se libraba ou o que quedaba.
En case todos os xogos era necesario elixir dalgunha forma quen era o que daba a “queda”, quen sería a “nai”, quen elixiría os equipos, que equipo comezaba o xogo, quen sacaba…Para iso utilizábamos xogos curtos ou ben retahílas (versos curtos, que podían rimar ou non, e que podían ir desde un par de versos ata bastante longos, incluíndo ata diálogos; as súas frases eran curtas e sen nexos e utilizaban frecuentemente os diminutivos, palabras distorsionadas, inventadas, repetidas e ata chegando a realizar preguntas é exclamacións.
Recollin unhas cuantas, grazas a colaboración de varias amizades :
1–Un café lle diron o gato, ó que lle toque o número catro… un, dous, tres, catro.
2–Guante guante, señor estudiante, el que lo tenga, que se levante.
(Está canción cantábaa nun xogo que consistía en poñernos o grupo sentados no chan e formando unha roda, un de nós levaba na man unha luva e daba voltas á roda polo exterior, cando chegaba ao final da canción e dicía ” levante” déixalle ás costas do neno ou nena a luva, entón este tiña que coller a luva, collelo,levantarse e correr detrás do que llo puxo ata pillalo). (Inf. Angeles T.)
3–Catro patas ten un gato… un, dous, tres, catro (para xogar ó burro)
4–A la zapatilla por detrás, tris tras, ni la ves, ni la verás… (Inf. Milucha).
5–O gato caiu ó pozo, as tripas fixeron “guá”, arremoto, pitipoto, arremoto, pitipás…. Ti salvadiño estás!! (Pro xogo do escondite)
6–Teño un gato na cociña e estame dicindo que é mentira. Teño un gato no corral, e estame dicindo que é verdá. (Pras adiviñas).
7–Rabo de boi, rabo de besta, dixo miña nai, que estaba nesta.
8–Un cocherito leré, díxome onte á noite leré, que si eu quería leré, montar en coche leré.
E eu lle dixen leré con gran salero leré, non quero coche leré, que me mareo leré.
En nome de María, que cinco letras ten, a M, a A, a R, a I, a A, MARÍA.
(Xogo a comba)(Inf. Ángeles T. é Cristina).
9–Unha, dola, tele, catole, quile, quilete, anda a raíña
polo seu gabinete. Cinta de ouro para o mouro, cinta de gata para a gata.
“Tu por tu pagas tu”.
10–Na parroquia de Cerponzóns, hai tres galiñas e un capón. As galiñas estaban mortas e o capón anda na horta. Tris, tris… tris, tras… fora estás!
11–Un avion xaponés,cantas bombas tira ao mes,1,2,3…(para rifar) ( Inf. M.Mar)
12–Teño un paxariño que canta e que voa. Onde está a china? Quedou dentro ou vai fora. (Metíase a canica nunha mau, e logo no peto, e o sacala, había que adiviñar se quedara no peto ou seguía na mau).
13–Escondo lorito de quiquiricón, tres galiñas y un capón. O capon estaba muerto, las gallinas en el huerto, tutururú, que salgas tú por las puestas de Manbrú. ( Inf. Margarita Fernández Vázquez)
14–Rabo de boi, rabo de besta… dixo túa nai, que estaba nesta:
– Nesta estará, díxomo o cura.
– Se o dixo o cura, verdade será. (Se se acertaba na mau na que estaba a china).
–Díxome Deus e a Virxe María, que perda que gañe, que nesta estaría.
Díxome Deus, que estaba naquela, e dixome a Virxe, que estaba nesta.
E díxome Deus a pura verdá, que se o di a Virxe, nesta estará (Para escoller a mau na que se agochaba algo).
15–Pico, pico, mazarico, quen che dou tan grande pico. Doumo Deus pro meu traballo, e derramar este carballo. (Para saber a quen lle tocaba quedar no xogo do escondite).
16–Puñín, puñín. Quen esta dentro? Xan do convento. Quen está fora? Xan da gaiola. O que se ria, paga a carriola. (Non me lembro moi ben: Enriba da mesa, poñiamos os puños pechos, un enriba doutro, e contabamos contos, o que se rira, sacaba un puño).
17–Pinto, pinto, gorgorito, pronde vas ti tan bonito. Ó que lle toque o número cinco… un, dous, tres, catro e cinco.
18–Pásame sí, pásame so, por la puerta de Alcalá, el de alante corre mucho, el de atrás se quedará (Inf.Ángeles T.)
19–China, china, capuchina, en que mau está a china (Pros xogos das bolas) adiviñar en que mau estaba.
20–Lagarto, lagarto, dime a verdade, que o rabo che parto.
21–Leite de cabra, leite de besta, ou está no furado, ou dentro da cesta. (Para descubrir cousas que se agochaban).
22–Ó montón, que pouquiños son. Que entre… María, por este rincón! (Pro xogo da corda. No sitio de María, dicíase o nome de quen se quería que entrara) (Inf. Marta Alonso Álvarez)
23–Pin, pin, seramatapín. Esconde a bandexa que ven o galopín, pin, pin. (Inf. María Esther Crespo Ardao).
24–Escondite inglés, sen mover as mans nin os pés, un, dous,tres. (Inf. Ángeles T., Beatriz é Pili).
25–Nesta, nesta, o cu dunha cesta. Dixo meu pai, que estaba nesta. (Para adiviñar en que mau estaba) (Inf. Maribel Viéitez)
26–Manzana, manzana, manzana podrida. Un, dous, tres… salida!!! (Para saída nas carreiras) (Inf. Laura Freire).
27–Rabo de cocha, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Nesta estará, dixo o cura que era “verdá”.
28–A la rueda de San Miguel, el que se ríe se va al cuartel, a lo duro, a lo maduro, el que se ría se queda de culo. (Inf.Margarita).
29–Don Xulián foi á misa; veu un can e comeulle a camisa. Marcha can, que non é pan, que é camisa de Don Xulián.
30–Arroz con leite, me quero casar, cunha rapaciña diste lugar, que sepa decir pe, que sepa decir pa, que a deixen ir a festa e que sepa contar… un, dous, tres, catro!
31–Para vis, para vós. A filla do rei casada con vós. ¿A quen escolledes vós? (Para os equipos dos rebumbios) (Inf. Xan Perez).
32–Rato, rayo 24, dame a mau que se non te mato, coa punta do meu zapato… que 1, que 2, que 3, que 4. (Inf. Estrella Luz Rivera)
33–El patio de mi casa es particular, cuando llueve se moja como los demás, agáchate y vuélvete a agachar que las agachaditas no saben bailar, h, i, h, k, l, m, n, a….que si tú no quieres, otro amante me querrá.
34–A la rueda rueda, de pan y canela, tómate un chavito y vete a la escuela, si no quieres ir, échate a dormir. Marité, Marité, sentad ira me quedé.(Inf.Ángeles T.).
35–Pito pito gorgorito, donde vas tú tan bonito, a la era verdadera pin, pan, fuera. (Inf. Andrés).
36– Doli, Doli, teli catoli, quili quilete, estaba la reina en sú gabinete, vino Gil, apagó el candil, candil, candilón : justicia y ladrón (no xogo de polis é cacos). (Inf. Ubaldo).
37–Botón, botón, de la bota botera. Criribitón, fora cañón. (Inf. María Vidal Solla).
39–Canducho da Bouza tiña un gato e durmíalle fóra; colleu un pau e deulle na cola; salta Marica, salta para fóra.
40–Todos cuentan hasta tres en la casa de Andrés, uno, dos y tres.
Todos cuentan hasta cuatro en la casa de Renato, uno, dos, tres y cuatro.
Todos cuentan hasta cinco en la casa de Francisco, uno, dos, tres, cuatro y cinco.
41–En calle veinticinco, en la calle, lle, veinticinco, co, ha habido, do, un delito, to, una vieja mató un grillo, con la punta del cepillo. Pobre vieja, pobre grillo, pobre punta del cepillo.
42–Don Melitón tenía tres gatos y los hacía bailar en un plato y por la noches les daba turrón, ¡Qué vivan los gatos de Don Melitón! Don Melitón como era tan chato
le llamaban narices de gato, pero los gatos se le han “escapao” comiendo ratones a medio “bocao”. (Inf .Maricarmen).
43–Mambrú se fue a la guerra, qué dolor, qué dolor, qué pena, Mambrú se fue a la guerra, y no sé cuándo vendrá, Do, re, mi, do, re, fa, no sé cuándo vendrá. (Inf. Maricarmen).
44–Maripufé, pufé
enetillón, plon yo
el pañuelo de la Virgen
está lleno de melocotón. (Pepy Clavijo)
45–En un café se rifa un gato,
ha salido el número cuatro
uno, dos, tres y cuatro.(Pepy Clavijo)
46–San Juan de Villanaranja
lo bien que fuma,
lo bien que canta
tiene la barriga llena
de vino blanco, de moscatel
plon salvada…usted. (Pepy Clavijo)
47–Cuchivirí, cuchivirá
cuchivirí, virivirá
cuchivirí, virí, vinero
a la mosca, mosquetero. (Pepy Clavijo)
Grazas aos que colaboraron nesta recollida, en especial a Buxán.
===========
CANCIÓN CON EXPLICACIÓN:
Soy capitán, soy capitán
de un barco inglés, de un barco inglés
y en cada puerto tengo una mujer
la rubia es, la rubia es
sensacional, sensacional
pero la morena tampoco está mal
si alguna vez, si alguna vez
me he de casar, me he de casar
me casaría…(pones el nombre de la niña que eliges)
El juego consiste en poner a la izquierda una fila de niños y a la derecha una fila de niñas y la que va en el medio va cantando esta canción, con las manos en la cintura.
Vas cantando y al finalizar dices el nombre de la niña y esa niña se incorpora al centro, con las manos en la cintura y vuelve a repetir la canción.
Hai quen envioume tamén explicacións dos xogos :
1) Preparar o campo de xogo: debuxar unha liña e a unha distancia duns poucos metros facer un buraquiño no chan donde entrara unha soa canica, que se chamaba “guá”. Tirabas a bóla a aproximar ao guá. O que quedaba máis cerca, volvía a tirar primeiro marcando unha cuarta estirando a súa man en dirección a bóla do contrincante. Collía a súa bóla coa outra man e lanzaba e se a chocabas dicíase: “primeira”. A segunda chocada dicíase:” Truquel” A terceira vez: “máis truquel”. A cuarta vez que se chocaba: ” pé”, tiña que entrar un pé entre as dúas bólas. Ao facer a quinta tocada dicías: ” paso de bóla”. E se facías carambola dicías: ” Paso de bóla e guá” (Inf. Cristina).
2) Después estaba el del pañuelo nos poníamos cuatro para un lado y cuatro para el otro… y en el medio uno con el pañuelo, nos poníamos unos números del uno al cuatro y la del medio decía un número del 1 al 4 el que tenía el número tenía que salir por el pañuelo el que lo cogía y escapaba ganaba y el otro salía al no cojerlos así hasta que quedaba uno solo que era el ganador.(Inf. Pili)
En moitos anos non se recordaba a tanta xente participando nos actos, quen dicía isto era Rui Fontan, presidente da Comisión de Festas do Patrón do ano 2001.
Cerponzóns recobrara o espírito festivo logo duns anos en que foron bastante floxos no que se refire á celebración de festexos en honra ao santo Patrón. Os compoñentes da Comisión de Festas estaban exultantes, satisfeitos coa colaboración que houbo por parte dos veciños de Cerponzóns ( se recaudaron un total de 1.220.700 pts.) e tamén das xentes das veciñas parroquias de Verducido (recaudado 125.000 pts.), A Devesa (recaudado 40.500 pts.) Sabaris (recaudado 40.900 pts.) Reiriz (recaudado 36.300 pts.) Alba (recaudado 81.000 pts.) e San Amaro (recaudado 24.000 pts), as súas achegas fixeron que se puidesen realizar uns festexos ao grande, xunto a diversos donativos, as rifas e o bar chegouse a un total de 2.038.500 pts. recaudadas.
Hai que dicir que tamén axudou moito as boas temperaturas e principalmente en que non apareceron as choivas, que habitualmente adóitannos acompañar neses días de Xaneiro, foi un dos factores que axudaron a que as festas fosen do “mellorciño” que houbo ese ano en varios quilómetros á redonda. Dicir que para previr instalouse unha gran carpa e así evitar a suspensión das verbenas que se celebraron os tres dias, nos tres dias de festexos estiveron repletos de xente das parroquias antes citadas, ademáis contaron coa presencia tamén de veciños de Xeve, Marcón, Pontevedra…
O venres día 19 a programación festiva comezaba ás 20:00 horas coa misa cantada, coa participación do coro da parroquia e ás 21:30 comezaba a primeira verbena, a actuación foi a cargo do grupo Os Alkar’s e a orquesta Sintonía de Vigo. Neste día houbo lectura do pregón, iba ser a cargo do presidente do Pontevedra C.F., o señor Gerardo Lorenzo, pero unha viaxe a Rusia impediu a súa presencia, no seu lugar estivo o Vicepresidente do club, o señor Evaristo Antelo.
O sábado día 20 abría os festexos un pasacalles a cargo de un grupo de gaitas, máis tarde, ás 13:00 horas a misa en honra a Sta. Lucía, ao finalizar a procesión hubo sesión vermouth co grupo “Distrito 7″ e ás 21:30 de novo unha espectacular verbena, está vez eran ” Noche de Estrellas” e “Israel”.
O último día de festas comezou cos tradicionais pasacalles, ao mediodía era a Banda Municipal de Música de Pontevedra a que protagonizaba un concerto ao cal asistiron multitude de veciños, celebrouse a misa cantada, coa participación do coro parroquial e seguidamente a procesión co percorrido habitual.
A imaxe de San Vicente abría a comitiva, seguíanlle San Antonio e despois Sta. Lucía. Ao finalizar o percorrido comezou unha longa sesión de bombas de palenque ( gastáronse entre os tres dias 402.000 pts), seguidamente, ao finalizar as bombas, tivo lugar a sesión vermouth, acompañada cunha actuación musical, era o día máis esperado : París de Noya e Panorama ! O non vai máis !
Era medianoite e a Comisión de Festas celebrou un sorteo dunha viaxe a Cabeza de Manzaneda, para iso realizaron unha venda de rifas, chegando a recaudar un total de 40.000 pts.
Ao finalizar os festexos a satisfacción por todo o realizado era xeneralizada entre os compoñentes da Comisión de Festas, foron días de moito esforzo, percorrendo parroquias, porta por porta, pedindo axudas, organizando as tres xornadas, alugando alumeado, xerador, carpa, ir á imprenta, sacar permisos, contratar orquestas, grupos, gaiteiros, misas, flores, merendas para a banda e gaiteiros, comprar as bebidas para o posto de bar ( chegouse a recaudar 180.100 pts.).
O peor de todo foi o resultado dos tres dias de festexos no apartado económico, tivo un déficit de 75.000 pts., pero no apartado emocional tivo un éxito sen precedentes, a estes veciños quedoulles para sempre gravado este ano 2001.
Tres dias de festas que foron inesquecibles, todo saíu á perfección, a colaboración dos veciños, a climatoloxía, o ambiente festivo durante eses tres dias, as orquestas que interpretaron os temas actuais daqueles momentos : temas de Chenoa (Cuando tu vas), de David Civera ( Que la detengan), de David Bisbal (Buleria) etc.
Este grupo de veciños que formaron a Comisión de Festas eran os que estaban de directivos do Cerponzóns C.F.