HÓRREO : Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas (RAG).
Nomes que reciben en Galiza: Cabaceira. Cabaceiro. Cabana. Cabás. Cabazo. Cabozo. Cacifo. Cacipo. Canasto. Canastro. Canizo. Celeiro. Espigueiro. Garneira. Graneira. Hórreo. Órneo. Palleira. Paneira. Piorno. Sequeiro.
Na nosa parroquia, como na maioría de todas as de Galicia, contamos con hórreos que como todos sabedes é unha construción típica da nosa terra e do noroeste peninsular. Cando no século XVI coa chegada da pataca e o millo desde América, os hórreos teñen unha función determinante para que estos produtos sé sequen no seu interior, é ademáis estean resguardados da humidade como dos animais roedores. Un hórreo é unha construción con xeito de silo, moi aireado e palafitíco, é dicir, que está elevado do chan por uns pés, cunha orientación de forma que as correntes de aire teñan a súa función no seu interior.
Pero segundo os últimos estudos os silos de estilo palafitíco xa eran habituais desde a Antigüidade en moitos lugares de Europa, especialmente nos lugares como é o caso noso, eran necesarios debido á humidade presente na nosa meteoroloxía.Fálase de que seguramente desde o Neolitico xa estarían presentes en diferentes formas coa función de gardar diferentes tipos de cereales. Coa chegada do millo, o hórreo galego convértese nunha tipoloxía arquitectónica propia e diferenciada. Por iso que aínda que hoxe en día xa non se utilizan prácticamente para o que foron creados, seguimos manténdoos como un ben patrimonial que debemos de coidar e non deixar que se veñan abaixo.
OS HÓRREOS DA PARROQUIA :
LUGAR DE PIDRE
Á altura do nº 9 hai un hórreo de tipoloxía Morrazo.
Trátase dun hórreo de pedra, coa suspensión sobre pés, cámara con sillares de granito que deixan ranuras de ventilación verticais e tellado a dúas augas realizado en tella do país. Leva sobrepenas con dous remates ornamentais: un pináculo e un reloxo de sol circular que mira cara ao mediodía.Do mesmo xeito que o hórreo, está realizado en granito. Conserva o gnomón triangular de ferro.
Máis hórreos por Pidre :
LUGAR DO CASTRADO
HORREO DE MADEIRA SOBRE COLUMNAS DE GRANITO.
Composto de pes cuadrangulares de granito como tamen os tornarratos que son en forma redonda , os dinteles superior e inferior son de madeira , os penales e a porta tamén de madeira , coma o pinche as tablillas e as faixas.
O tellado está cuberto con uralita e tellas .
Non ten adornos .
LUGAR DE TILVE
HÓRREOS EN MEÁN :
RELACIONADO COS HÓRREOS:
Os TURULECOS ( Pináculos)
Denomínanse así os remates que adornan os teitos dos hórreos, normalmente na nosa Parroquia a maioría teñen a figura da Cruz, pero hai uns poucos que son con remates cónicos, piramidales ou tipo pináculos.
Ao longo da nosa autonomía podemos observar como separadamente destes que falo, aparecen hórreos con círculos, campanarios, animais, cálices etc.
Os entendidos na materia comentan que seguramente estes símbolos terían unha misión máis aló do estético, é sabido que os hórreos son anteriores á instauración do cristianismo, por iso coméntase que estes adornos como o cono ou pináculo, cumprían a función de protección e colocábase no máis alto do horreo.Facía referencia Castelao a iso comentando que se trataba dun elemento simbólico, dunha invocación a unha deidad desaparecida no ceo, pero que deixou pegada na subconsciencia mística nos nosos antepasados. Ao chegar o cristianismo foi cando se chegou a intentar cristianizar todos os símbolos paganos que por aquel entón existían, así pois, os hórreos foron adquirindo nos remates a forma da cruz , para así conseguir con ela unha protección divina da colleita.
Si hoxe en día pregúntaslle aos máis vellos do lugar para que están eses símbolos encima do alto do horreo, responderannos que cumpren a función protectora contra os raios, as meigas e o demo.