MILIARIO DE MAGNENCIO E A VIA XIX

HISTORIA DO MILIARIO DE CERPONZONS 

A día 18 de Febreiro do 2020 o Miliario de Magnencio volve a parroquia, grazas a colaboración da Exc. Deputacion de Pontevedra, que nos concedeu un Miliario a semellanza do que fai 1670 anos habíase instalado na nosa parroquia.

A colocación do Miliario foi realizada por o canteiro Adrián Otero.
O canteiro que fixo o Miliario foi Ángel Ramón Torres González.

Marcador
Cerca de 36157 Pontevedra
https://maps.app.goo.gl/c9RBrmCMxu1fY2eS9

O MILIARIO DE CERPONZONS

Un miliario ou pedra miliar, palabra proveniente do latín miliarium, é unha columna cilíndrica, oval ou paralelepípeda que se colocaba no bordo das calzadas romanas para sinalar as distancias cada mil passus (pasos dobres romanos) é dicir, cada milla romana, o que equivale a unha distancia de aproximadamente 1.480 metros. Adoitaba ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medía entre 2 e 4 m de altura, cun diámetro de 50 a 80 cm.

Os primeiros miliarios coñecidos datan do período final da República romana, pero a inmensa maioría dos conservados foron realizados baixo o Alto Imperio e, en menor medida, nos séculos III e IV.

E no ano 1955 cando se publica no volumen de inscripciones Romanas de Galicia-Museo de Pontevedra : procedente da parroquia de Cerponzons o Miliario adicado a Magnencio e datado entre o 350 e o 353 d.C. , unha peza de gran grosor , en forma cilíndrica na sua parte posterior mostra un burato en forma de círculo que se relaciona con algunha utilidade que lle deron os propietarios da finca donde se encontrou , que debeu de ser utilizado coma columna de un alpendre….

Hai varías interpretacions a hora de traducir o texto que hai no Milenario, para min este e o máis fiable :

[D(omino) . N(ostro) MAG]

NO . MAG

NENTIO PIO

FELICI . AU

GUSTO BONO

REHI . PUBLI

[C]AE NAT[O]

“Dedicado a nuestro señor Magno Magnencio, pío, feliz, augusto, nacido para el bien de la res pública”.

Transcripción y traducción de Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra y Álvarez Asorey (2004: 329-330).

Despóis hai estas outras versions :

Sobre os miliarios atopamos escritos onde nos indican que son elementos procedentes do mundo pagano e que co tempo foron obxecto de cristianización por medio da cruz e deixou a súa impronta nos cruceiros.

A función dos miliarios era basicamente a de sinalar os camiños do Imperio Romano a través das terras sobre a que existían os seus dominios. Para sinalizar as rutas do Imperio foron colocando os miliarios a unha distancia determinada.

Nos miliarios, gravábase por exemplo o nome do emperador que ordenou a construción da vía, ou que deu orde de renovala, tamén se gravan os seus títulos, as distancias entre a súa localización e as cidades máis próximas, fronteiras, cruces etc.

Foron colocados en intervalos moi regulares, co fin de ser localizados facilmente non espazo, os enxeñeiros romanos incluíron nos bordes dás vias as pedras miliares. Unhas columnas cilíndricas, que tiñan entre 2 a 4 m de altura, e cun diámetro que ía de 50 a 80 cm, a base era cúbica e ían enterradas a unha profundidade duns 80 cm. A maioría dos miliarios eran realizados en granito, excepto un que foi feito dunha mestura de granito e esquisto. A súa altura era debido a que os que viaxeiros ían unha gran maioría montados : xinetes, cocheros etc.

Co tempo o Miliario foi dando paso ao cruceiro, a transformación foi fácil….a parte inferior foise rebaixando para así transformalo na base, dotóuselle duns chanzos, estirouse ata transformalo en columna, e colocouse un capitel para poder soster a cruz, así naceu o actual cruceiro galego e o calvario.

Hai que advertir que a maioría dos miliarios xa non tiña a función principal, a de sinalar as millas de distancia, co tempo convertéronse en meros artigos de propaganda do Imperio Romano. 

Encontramos escritos onde atopamos referencias sobre os miliarios, sinálannos que moitos destes miliarios das vías romanas eran realizados con diferentes medidas, os seus diámetros eran variados e algúns deles non eran totalmente cilíndricos, precisamente o atopado en Cerponzóns ten unha forma cilíndrica bastante irregular e foi realizado en granito groso.

As letras conteñen tamaños variados, predominando as de gran tamaño, onde algunhas das liñas non son rectas e algunhas delas están ladeadas.

Outro dato curioso que atopamos na nosa investigación é que algúns dos miliarios as súas inscripcións foron gravadas sobre textos anteriores, repicabanse e ata se adelgazaban para poder escribir a nova inscripción, en varios casos sucede que é moi difícil interpretar o texto, onde aparecen con frecuencia restos de letras correspondentes ás anteriores inscripcions.

MILIARIO DE MAGNENCIO (Cerponzóns – Pontevedra)

Miliario de granito, reutilizado e carente da parte inferior.

Altura: 121 cm (visibles: 105 cm)

Diámetro: 45 cm.

Descuberto, a finais do século XIX, principio do XX, por D. Enrique López de la Ballina, servíu de columna nun alpendre da granxa do párroco de Cerponzóns, D. Francisco F. Prada, que logo pasou á familia Osorio Galos.

De época galaico-romana, está datado entre os anos 350-353 d.C.

Na sección chamada CRONICA, da publicación: Galicia histórica ano II de Xaneiro/Febreiro 1903, lemos a seguinte noticia :

Segundo lemos nun diario rexional, o coñecido médico D. Enrique L. de la Ballina, descubriu na parroquia de Cerponzones unha lápida conmemorativa da reparación de camiños levada a termino en tempo do Emperador Magencio. Asegurase que se atopa en bo estado e que contribuirá a enriquecer o museo de Antigüidades da cidade do Lerez.

O seu ingreso no Museo de Pontevedra, o ‪31/12/1938‬, provén da Sociedad Arqueológica de Pontevedra.

UBICACIÓN ACTUAL:

Sala de Miliarios do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

O sector da base presentase mutilado e a inscrición non está completa faltándolle a primeira liña do texto, o que se pode descifrar e o siguente :

Lese: “D(omino) N(ostro) MAG/NO MAG/NE(n)TIO PIO/FELICI AU/GUSTO BONO/RE(li)I PUBLI/(c)AE NATO”. 

Dedicado ao noso señor Magno Magnencio pío, feliz, augusto, nacido para o ben da res pública”.

Esta peza está datada entre o 350 ao 353 dc.Debido ao lugar de aparición debería corresponderse coa milla 93 dende Lugo.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE MAGNENCIO https://www.tdx.cat/bitstream/handle/10803/336679/TALG.pdf;jsessionid=B961652E2655FA80141401C3B35C7AEE?sequence=1

No xornal EL CORREO DE GALÍCIA, o día 27/05/1903, publicouse no apartado CRÓNICA REGIONAL, o seguinte :

El ilustrado galeno D. Enrique L. de la Ballina, acaba de descubrir en la parroquia de Cerponzones una lápida conmemorativa de la reparación de caminos, hecha en la dominación de Magencio, la que se conserva en bastante buen estado y contribuirá a enriquecer más el Museo de Antigüedades de Pontevedra.

VÍA XIX

Ao longo da historia, a xeografía, a xeopolítica e a economía condicionaron a organización do territorio e as comunicacións. Na zona occidental da Galiza, o conxunto de depresións encadeadas ao longo de 150 km entre Carballo e Tui (depresión meridiana) determinou a articulación da rede viaria ao longo de milleiros de anos. Neste territorio, a primera estrada de alta capacidade construírona os romanos fai 2.000 anos: é a vía XIX que comunicaba Brácara con Lucus pasando por Tui, Turoqua, Caldas e Iria. Desta necesidade de comunicar o Norte e o Sur da Gallaecia, desta vontade de control militar e económico do territorio polos romanos naceu o primeiro núcleo urbano de Pontevedra (Turoqua?) e a veterana ponte que lle daría nome á cidade.

A vía XIX discorre polo corredor natural da depresión meridiana e nas súas beiras encontramos numerosos castros (A Peneda do Viso, O Vilar en Ponte Sampaio, Coto Loureiro en Figueirido, San Cibrán en Tomeza, As Croas en Salcedo), algún deles anterior á propia romanización: un indicio da existencia de camiños antigos e formas de poboamento que os romanos ampliaron e melloraron.

Coñecemos o trazado da vía no concello de Pontevedra, entre Ponte Sampaio e Cerponzóns, polos rexistros arqueolóxicos e a aparición de numerosos miliarios: na desembocadura do río da Ponte Nova ou Ulló en Ponte Sampaio, Paredes (Vilaboa), Salcedo, A Ponte do Couto, A Ponte do Burgo, Alba, Cerponzóns. A vella calzada na Gándara (Lérez), desgrazadamente soterrada, é outra mostra fiábel da traza do camiño.

Lugar A Gandara

VÍA XIX, lugar da GANDARA

A partir do século IV, coa desaparición do imperio romano, a antiga vía caiu no abandono e máis tarde, nos comezos da Idade Media, o camiño medieval desde Portugal a Compostela pola costa desprázase cara ao interior, en paralelo á vía XIX, pola Canicouva e Tomeza, para evitar os perigos da franxa costeira e os vados das zonas inundábeis.

VÍA XIX ( LEBOREI )


Cando a finais do século XVIII o arcebispo Sebastián Malvar, natural de Salcedo, promove o grandioso proxecto do Camiño e Real Plantío desde Ponte Valga até Ponte Sampaio, os enxeñeiros que deseñan a vía recuperan en grande medida a traza da estrada romana o longo da depresión meridiana: é por iso que nesta época se produce o achado de tres miliarios en Paredes (Vilaboa) e un cuarto na desembocadura do río Ulló en Ponte Sampaio.

Unha nova infraestrutura, a construción da vía do tren entre Redondela e Pontevedra a finais do século XIX propicia un novo descubrimento relacionado coa vía romana, o miliario de Adriano aparecido nas inmediacións da Ponte do Couto.

Xa nos comezos do século XXI, a traza da vía XIX volve rexurdir en Salcedo (perto do lugar da Carballeira) por mor das obras do tren de alta velocidade (TAV): os dous miliarios que apareceron neste lugar, un deles xemelgo do descuberto un século antes na Ponte do Couto, poñen ao descuberto o aproveitamento da orografía da depresión meridiana para o trazado das infraestruturas de comunicación ao longo de 2.000 anos, da vía romana XIX ao TAV.

Podemos comparar con esta ilustración os cambios :


**Informacion : Museo de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.

**http://www.traianvs.net/pdfs/2004_miliarios_del_noroeste_hispano.pdf

Temos novas esperanzadoras con relación o Miliario de Magnencio :

Un paso importante para poder situar donde estaba colocado este Miliario na nosa Parroquia.

Recollemos esta nota que dice :

Se resuelven los trazados de las vías romanas números XX (numeración de Saavedra) y XIX, por medio de un análisis de las mediciones realizadas, encajando matemáticamente las distancias con los lugares adecuados, con topónimos persistentes, y de acuerdo con las características geográficas y topográficas del norte de Portugal, Galicia y León, así como de las Rías Bajas gallegas. Se han cotejado los códices medievales digitalizados de las Bibliotecas Nacional de Francia, Florentina Laurenciana Medicea y Vaticana, la Geographia de Claudio Ptolomeo, la Tábula de barro II de Astorga, la compilación de Wesseling del Itinerario Antonino, etc.

RELACIÓN DE MILIARIOS, VÍA XIX é VIA XX


A Vía XIX xorde por unha necesidade de comunicación entre as cidades e ademais pola necesidade que había naquel momento de comercio.

Calquera vía romana estaban perfectamente organizada, nelas utilizábanse materiais rodados, por exemplo, para a cimentación usaron pedras moi grandes, as vías compoñíanse de grava compactada con auga e pasábaselle por encima un rodillo de pedra, botábaselle ademais gravilla e zahorra.


Máis información:

https://calzadasromanas.wordpress.com/2016/04/13/construccion-de-las-calzadas/