1- NADAL DO 68

Nadal, Nadal,doce Nadal, a alegría deste día hai que celebrar…….

Outro ano podre, de novo non imos poder celebrar os días das comidas e ceas de empresa, as dos compañeiros de colexio e instituto, as dos grupos de Wasap, as de familia…..ademáis todas estas celebracións aderezadas cos agasallos de o amigo invisible, do Apalpador, do Papá Noel, dos Reis…..
Cando era un neno e chegaban as datas do Nadal poñiame de mala milk, o motivo era que non podía comer o bocadillo de chourizo, iba a catequesis e decíanme que nos primeiros tempos a Igrexa era contraria á celebración gastronómica que ten lugar nestas datas señaladas do Nadal, había que absterse de comer carne, ainda que cos tempos de miseria que corrían poucos veciños tiñan a posibilidade de comela, polo menos na miña época de nenez era o que eu notaba no meu entorno máis achegado, tanto familiares coma veciños, así que fora por un motivo ou por outro, de comer chourizo tiña que olvidarme, ainda que teño que confesar que as agachadas algún pecado cometin e o chourizo papei.

Corrían os anos sesenta, uns anos en que a alimentación da maioría de nós estaba formada por cereais, patacas e legumes, en xeral pouco ou nada se comía en canto a verduras, froitas ou peixe, e cando se aumentou a produción das hortalizas, a froita ou a do aceite de oliva, por poñer un exemplo, priorizouse a súa exportación, así que ata os anos oitenta non se puido en xeral gozar destes alimentos como era conveniente e necesario.

O exemplo do aceite de oliva aínda o temos moi presente, a súa alta produción nos anos oitenta fixo que entrasen moitas divisas, a cambio tiñámonos que conformar cos aceites de soja e de girasol, mentras nos medios informativos nos decían que o aceite de oliva era dañino.

Pois como non se podía comer carne, estábamos en vixilia, filloxe costume comer peixe, así que se puxo de moda o bacallao, o motivo era que como estaba salgado e curadiño podía chegar a calquer recuncho do país por mui lexos que estivera do mar. Na miña casa e na dos veciños esas datas bótavase a casa pola fiestra, daquela coma tiñamos ultramarinos na taberna facíase un gran pedido dos productos típicos a Ultramarinos Moldes, con almacen situado na Parda, cerca de donde están hoxe en día os xuzgados .

As estanterías quedaban repletas, eu encargabame de colocar todas aquelas bebidas e productos de alimentación que durante o ano non se mercaban asiduamente, quedaba un escaparate do máis fermoso, todo adornado con cintas e bolas de Nadal. Os coñacs Fundador, 501,Soberano, Terry e o Ponche Cuesta eran os preferidos, algúns tamén eran de levar a Xenebra Focking ou a Larios, de paso tamén collían uns rollos do “suave papel” Elefante …

E entre os coñacs , xenebras e sidras tamén tiñan o seu sitio o Cola Cao, as galletas María, o chocolate Chaparro, as gaseosas  La Pitusa, La Casera ou Revoltosa, e unha gran variedade de polvorons, figos, uvas pasas ou os arenques que viñan perfectamente apilados naquela caixa de madeira, recordo  que miraba con asombro como era costume polas mañás que moitos dos clientes almorzaban cun par deles e unha copa de sol e sombra …

Logo de ter todo colocado nas estanterías era o momento de preparar un pequeno paquete de agasallo para aqueles mellores clientes do ultramarinos e da taberna, miña nai con todo agarimo preparaba a súa demostración de gratitud a todos aqueles que eran asiduos todo o ano, non facía distincións, todos levaban o mesmo, a botella de champán, unha tableta de turrón, figos, uvas pasas e noces, tanto ricos coma pobres levaban o mismo. Todo iso envolvíase nas follas do xornal e atábase cun cordel, o importante era o agarimo con que ía ese agasallo, non a súa presentación.

Cuando chegaba o día, a miña avóa e miña nai eran as que organizaban a cea, chegada a noite facían o bacallao cocido con coliflor e uns ovos cocidos, todo regado con aceite en crú, bueno tamén meu pai tiña a manía de botarlle azucre o bacallao, confeso que eu tamén o facía, son cousas que se heredan….


Hai quen tamén en vez de bacallao era máis de ollomol o forno, pero o menú máis tradicional en toda Galicia era o bacallao, acompañado con viño da casa é un Fis-Fas para o pequeno da casa, e de postre os amendoados, as torradas borrachas, os figos e as uvas pasas, tamén por soposto o turrón, o duro de roer, o que había que tronzar con martelo , había que vernos comer aquel turrón El Lobo, jasusdiormio non dabas terminado de roer o cacho que che tocaba…todo regado coa mellor sidra do mundo mundial “El Gaitero”.

Antes do bacallao non faltaba un pouquiño de marisco, daquela ao alcance da man, ademais a súa presenza nestas datas seguramente debémoslla á Igrexa, ao prohibir a carne, os máis vellos aínda seguro que recordan como polos anos 50 ninguén quería o marisco e nas zonas de costa usábase para abonar as leiras, como cambiou o conto….

Recordo que había a costume de cando se acababa de cear, a mesa non se recollía, deixaban as bandexas coas sobras, eu pensaba que miña avóa e miña nai estaban cansas de tanta faena e que xa recollerían o día seguinte. Anos mais tarde supen que o motivo era que se tiña por costume deixalas para que ceasen os difuntos da casa……

Vén este recordo e comentario sobre a alimentación daqueles anos en relación ás festas do Nadal e a súa evolución, baixo o meu punto de vista unha evolución que nunca me convenceu, unha evolución en xeral que non nos leva a bo porto.
Recordemos uns datos :

* Nos anos 50, o empobrecimiento da sociedade facía primar o ambiente e a celebración sobre o obsequio material.

* Nos anos 60 e 70 só había unha festa con agasallos, a noite de reis, que apenas chegaba aos maiores da casa.

* Nos 80 iníciase a mercantilización dos Nadais.

* Na década dos 90 duplícanse as festas con agasallos, aos Reis sumase Papa Noel.

A situación coñecémola todos, non somos felices co que temos, cada vez queremos máis, e iso xera un cambio profundo no consumo.

Así é que empezamos a buscar a felicidade nas grandes comidas, coa combinación de bebidas alcohólicas e graxas, Nadal tras Nadal fóronse asociando e cada ano superando, e ahí seguimos…..

OS XOGUETES 


A sensación é a mesma, agasallos e máis agasallos apíñanse na árbore, afacemos a que se “alcoholicen de agasallos” desde ben pequenos os nosos fillos, ímoslle inxectando un consumismo que evite que se sintan inferiores aos seus amigos, eles non poden ser menos cos demáis !

Claro, no fondo os pais estamos mui presionados debido á carta enviada aos Reis Magos, deben, están obrigados a traer todo aquilo que se lle pide, o neno non debe verse afectado no máis mínimo, temos que facelos “felices”, Deus nos libre de que colla un trauma xa de pequerrechos.
A miña infancia, a dos anos sesenta, como a moitos de vós, foi completamente diferente, eu non pedía nada, máis ben rezaba para que os Reis acordásense de vir pola miña parroquia de Cerponzons e achegásense cos seus enormes camellos á miña fiestra para deixarme algún xoguete, quizáis un camión con bombonas de butano, ou uns soldados e uns cuantos indios de plástico, pero si non era posible, conformábame cunha simple pelota ou unhas canicas….a veces conformábamos miña irmán e máis eu xogar coas súas monecas de outros Reis que se portaran mellor o pasar pola casa dos seus padriños.

Outras veces chegaban de Francia os meus Reis preferidos, uns veciños de Tilve, Marcelino e Visita, cando viñan de vacacions sempre me traían algún xoguete, como non tiñan fillos , eu era para eles o seu fillo desexado…


Moitos anos sucedía que normalmente os agasallos que che podían traer buscaban o ser útiles e que respondesen ás necesidades daquel momento, un xersei groso que abrigase aqueles duros días de inverno, un pantalón de pana ou uns zocos, de suma necesidade para ir andando polas corredoiras que che levaban ao colexio do leite en pó.

Falando do leite en pó, cantas  veces teño recordado cos meus compañeiros de colexio de Meán aqueles recreos en que nos daban dese leite, o mestre quitaba de perola é o recipiente de leite que tiña nun dos cuartos dispoñibles para gardar as súas cousas. Algúns dos meus amigos téñenme comentado que teñen collido un puñado de pó e metelo na boca, logo de seguido un grolo de auga, era tal a pastosidad que che quedaba no interior da boca que non había xeito de que se disolvese, nin metendo os dedos en plan desatascador jajajaja.

Volvendo os xoguetes, agora non só é a noite de Reis para agasallar, agora acompáñanos Papá Noel, temos Amigos Invisibles …..triplicamos esa ansiedade, hai que conseguir por todos os medios cumprir as expectativas de nenos e maiores.

E que sucede si non somos capaces de responder a estas necesidades ?

E que sucede si non somos capaces de responder aos índices de consumo marcados hoxe en día ? 

INVADENOS A FRUSTRACION !

Cantas familias tiveron que reestruturar os seus hábitos sociais, familiares e solidarios para poder facer fronte a este consumismo ? Así foi como se foi xerando uns Nadais menos tradicionais, menos familiares e menos solidarios, todo a cambio de facerse máis individualistas.

Quen lle da a volta agora ? Quen volve a aqueles tempos donde os nosos antepasados se xuntaban arredor da lareira, alí toda a familia contaban historias e lendas, alí acompañados de un “tizón de Nadal” que duraba áta a noite de Reis cos avós protagonistas narrando as historias e os netos oíntes interesados en todo o que contaba, un exemplo do que digo é o spot de unha empresa mui coñocida donde se produce unha situación onde a familia non sabe, non coñoce, non pregunta, en resumen non convive en familia.

O MEU NADAL DO 68

-Mamá, déixasme ir ata A Bouza ? Quero comezar a preparar o Belén e alí é onde mellor musgo hai, esperaba con ansiedade o consentimento da miña nai…

-Mira, vaite, pero ten coidado por onde te metes, é espera que che acompaño cruzar a estrada, cando veñas de volta chámame para axudarche a cruzar de novo. Mira que como non me obedezas non volves máis ! 

Alá ía eu pegando brincos en busca do musgo e tamén da árbore, eu encárgame de todo, non é que fose unha árbore engalanado a moreas, nin un Belén con pozo, lavandeiras  e luces, pero estaba provisto do mellor que un neno pode ter : ILUSIÓN !


E despois a esperar eses días especiais, esas noites máxicas onde os Reis traeríanche a ti, só a ti un agasallo, daquela os maiores non recibían nada, non lles tocaba, era a noite dos nenos.

Pero non todo era alegría, aquel Nadal do 68 marcoume especialmente.

Estabamos ceando a familia no salón da taberna, as portas pecháronse ao público, todolos homes que estaban na taberna (Moncho o da Rons, Evaristo o Carrapuzo, tamén  Joaquín e Tino, Manolo o Labaradas…), xa se habían marchado para súas casas, era o único día en que se pechaba cedo, o día fora de chover sin parar e pola noite aínda máis, parecia coma se os tronos quixesen participar tamén ese día na cea de noiteboa, mentres ceabamos a televisión española emitía a súa programación especial de Nadal, por alí estaba Joaquin Prat e Laura Valenzuela coas Galas do sábado e tamén as series americanas, eses días de progamacion especial finalizaban cando en fin de ano esperabas ás campanadas, tralas uvas quedábasche a ver as tradicionais macrogalas musicais, coa actuación dos mellores artistas nacionais e internacionais daqueles momentos….

…pero nesa noite de súpeto chamaron á porta, uns golpes duros e insistentes sobre ela fixo que quedásemos en silencio preguntándonos quen sería a esas horas.

O meu pai levantouse da mesa a ver quen era o que interrompía a cea, seguramente alguén con ganas de tomarse unha cervexa e que non tiña présa por irse para a súa casa, adoitaba suceder con algúns dos clientes habituais.

Eu seguín os pasos do meu pai, púxenme detrás del é ao abrir a porta o susto foi mayúsculo, o meu pai lanzou un exabrupto, mentras eu non puiden evitar o lanzar un grito. Atopámonos de fronte cun veciño pedindo auxilio, a súa cara era todo sangue, apreciábase como no lado esquerdo da cara, á altura da orella tiña dúas coiteladas polo menos. Estaba completamente mollado, as súas mans cheas de sangue, a súa roupa, pedíanos axuda, choraba de dor e de rabia, non era a primeira vez que sufría maltrato.

O meu pai fíxoo pasar para dentro, voz en alto chamaba á miña nai para que lle viñese a botar unha man e facerlle unhas primeiras curas, levárono á beira da cociña de ferro, alí sentárono e á vez que o curaban secábase da molladura que tiña o pobre home, pouco despois contábanos o sucedido, ahí rematou a cea, foi a noiteboa máis amarga da miña infancia.

OS MEUS DESEXOS PARA TODOS VOS :

Mentres tanto esperamos estes días, pásovos unha receita que a atopei fai uns anos, a cal intento levar a cabo cada novo ano coa miña familia é as miñas amizades….

RECEITA DE NADAL :

– 1 kg. de recordos infantís.

– 2 cuncas de sorrisos.

– 2 Kg. de esperanza.

– 5 latas de agarimo.

– 4 paquetes de alegría 

– 1 chisco de tolemia.

-6 Kg. de amor.

– 4 Kg. de paciencia.
Primeiro de todo, limpa os recordos: saca a parte que non sirva. 

Engade unha a unha os sorrisos ata facer unha pasta suave.

Engade a esperanza e deixa repousar ata que dobre o seu tamaño.

Engade a alegria e mistura todo o amor que atopes 

Incorpora a paciencia, a tolemia e a tenrura e reservalo a parte.

Dilúe o amor e cubrelo coa mestura anterior.

Fornea durante toda a vida dentro do teu corazón.

UN CONSELLO !

Podes engadirlle dúas culleradas de comprensión e 300 gramos de comunicación para que dure eternamente. —