32- O CARRO DE VACAS.

O carro foi  ata   moi poucos anos ( decada dos oitenta ) o  único  medio de   transporte  de  carga  para  as labouras do  agro. Coa   chegada  da  mecanización  ó  campo  ( aparición dos tractores )  foron   quedando abandonados no curral, nas airas ou nas palleiras.

Dependendo da carga que levaran, ou ben se lle puñan estadullos ( paos de entre 1 metro ata tres ) ou ladras ( para cargar o esterco ). O carro emprégase para moitas tareas do campo:

* Para cargar as gavelas, a herva seca, os nabos, coios, esterco, palla, area, sacas de centeo, de millo…

* E tamén noutras labouras como na matanza do porco .

Partes do carro : 1.  O Pinallo. 2.  As Chavellas .  3. O Chedeiro. 4 O Eixo. 5 A Roda 6.  Os Chavellós 7 . As Buratas dos Estadullos 8.  As Treitoiras

Pero para mover  o  carro comprían  duas  vacas , ou unha polo menos , si o carro era de unha vaca sola.

Había varias razas de vacas , e sempre que se mercaba unha , escolliase con muito tento.

A vaca da  Limia  é  unha raza especial chamada vaca limiá; soen atoparse duas clases: unha rubia e outra   morena  ( nomes   utilizados  a  cotío  para chamalas).

Outras razas comuns que había daquela era a Cachena , Caldelana , Freiresa e a Vianesa.

Unha Veciña da parroquia.

Recordo que a finais dos sesenta e principios dos setenta eu fun o encargado de cobrar os recibos da Sociedade que se había constituido na parroquia para asegurar as vacas .

Eran muitos os veciños que se acolleron a esta Sociedade, si ocurría algunha desgraza coa vaca tiñas asegurado un importe. Percorria casi sempre andando toda parroquia , dende o Vigario ata A Ermida , e a veces tiña que volver a repetir o viaxe porque non encontraba a nadie na casa , e o recibo había que cobralo.

Teño gratos recordos de alguns dos veciños , daquela había quen me daba propina por irlle a cobrar o recibo , recordo por exemplo que na Bouza vivía o señor Joaquín Casas, cando chegaba pola sua casa tiña que chamar por él a grito pelado ( daquela non había timbres ) , porque ademáis dende a cancela a sua casa había distancia e había que berrar alto e de paso poñerse a distancia da cancela debido o can que tiña que ladraba de medo , ali viña o señor Joaquín a pagarme o recibo, sempre foi un home generoso conmigo , a parte de traer os cartos do recibo xa contados , collia e metía a man no bolsillo do pantalón e quitaba unhas moedas de propina para min.

Na nosas casas todas as vacas tiñan nome , o nome de algunhas das que tivemos na miña foron Xovenca, outra Marela, e outra Parda. Daquela traballábase todo con elas , eran imprescindibles para todo prácticamente.

Cultivabamos patacas, verzas, repolo , millo …..íbamos o toxo, a herba …..A min sempre me gustou mais o carro que o chimpin , pero os avances traen consigo a desaparición de muitas das cousas coas que nos criamos , aunque recoñozo que e muito mais cómodo para os traballos que se realizan no campo.

FEIRA DO GANDO EN PONTEVEDRA

Para terminar , eiqui deixovos unha ligazón donde se pode ollar como se construe un carro : https://youtu.be/XeqgJXIUPbI