1- O ENTROIDO

FEBREIRO DO 2022

Este ano celebrouse o Entroido na parroquia cun gran acontecemento, uns días antes anunciouse a chegada do trasatlántico FUCHIÑOS.
A súa chegada foi festexada ao grande, pois nel chegaban paisanos e paisanas da nosa parroquia, que levaban anos nas Américas.
O atraque do trasatlántico estaba previsto para as 17:30 horas, pero debido ao pouco espazo de entrada que había tiveron que reclamar a presenza duns chimpins remolcadores para poder chegar ao porto de
MOUDIN, coma puderon foron levandoo, seica hubo algunha que outra discusión, pois había quen tiña intencións de remolcalo costa abaixo en dirección ao Rio Rons e atracar no Caeiro...outros eran partidários de levar o trasatlántico O SALGUEIRAL, outros A GALIANA, había quen opinaba que mellor nas CASTIÑEIRAS ou no TALLON DO RIO…o final imperou a cordura, entraron polo lugar de A PEZA e atracou en Moudin.
Non faltou ninguén ! Alí estaban esperando as autoridades competentes polos seus familiares e veciños, enorme os abrazos e os bicos que se deron, entremezclados con bágoas de emoción e tenrura. Mexaron de ledicia por eles mesmos.
Máis tarde, na zona VIP do Centro Social foron obsequiados con filloas, orellas, flan, tarta de pasas, bizcoito, patacas fritidas de bolsa, champán, sidra, ata lles ofreceron kiwis ! Non faltou de nada !

Un día despois apareceu pola parroquia o único supervivente da Santa Compaña, a única asociacion milenaria que temos en Cerponzóns e que tamén se viu mermada debido ao puñetero Covid19, un único compoñente quedou en pé.
Segundo algúns comentarios, houbo veciños que o viron pasar por Liborei, Tilve, Pidre, Meán…parece ser que buscando adeptos para formar parte da SANTA COMPAÑA SERPENTIONENSE.
Espero que haxa quen se some a esta petición, pois non debemos deixar morrer as tradicións e menos esta!

O ENTROIDO

Pouco sabemos de como se viviu o Entroido na nosa parroquia antes da Guerra Civil, o que si recordamos os máis maiores é que logo da Guerra Civil os Entroidos prohibíronse en todo o Estado debido á crítica social e política que se adoitaba facer, en Galicia foi unha das poucas rexións que se seguiron celebrando, e onde máis se festexaba era naquelas zonas peor comunicadas, dado que estaban afastadas das autoridades. Despois sobre os anos sesenta foi cando comezaron nas cidades os bailes de disfraces e bailes infantís, cun control moi exhaustivo, dado que non se podían celebrar na rúa, só nas sociedades e teatros estaban permitidos. A partir dos anos setenta foise retirando a prohibición e xa nos oitenta foi o momento máis álxido ao celebrarse nas rúas e os Concellos ser parte importante na organización dos carnavais.

A finais dos anos sesenta, principios dos setenta, Lito, o seu irmán Manolo e máis eu celebrabamos o Entroido ao noso xeito e como podiamos, o mesmo ocorría cos demais nenos e nenas da Parroquia. Nosos disfraces eran sempre moi simples, unhas vellas roupas das nosas avóas e de careta unha caixa de zapatos cunha goma, con estas caixas non é que quixésemos imitar ás “pantallas” de Xinzo, dado que cunhas pinturas faciamos unhas caras en grao sumo tenebrosas, o que sucedía era que non tiñamos medios para ir a Pontevedra, a mercar caretas ao Gran Garaje, lugar situado na rúa Benito Corbal, onde era un referente naqueles anos para mercar caretas, xoguetes, petardos e un sinfín de artigos de bromas.

A nosa intención era meternos cos veciños, asustalos cos nosos disfraces, pero a maioría das veces eran os veciños os que nos metían eles o medo no corpo jajaja.

A primeira hora da tarde xuntabámonos no alboio que tiña a señora Sara, avóa de Lito e Manolo, alí disfrazabámonos e seguidamente iamos polos lugares da Parroquia, normalmente dada a nosa idade non nos deixaban ir moi lonxe debido a que os nosos maiores advertíannos do perigo dos coches.

Así que íamos ata Liborei e Tilve, e ao final terminábamos na taberna da Rons.

En Liborei sempre acabábamos fuxindo como raios cando nos atopabamos coa muda, parábase ante nós e comezaba a “falar” e non paraba, o seu xeito de xesticular e as súas formas de intentar querer saber quen eramos facíanos escapar de medo por si decatábase de quen eramos e fose co conto aos nosos pais a dicirlles que nos meteramos con ela, é que a muda tiña o seu xenio, vaia que si tiña….

Despois collíamos dirección Tilve, normalmente parabamos nas casas dos veciños con quen tiñamos máis confianza e faciámoslles nosas trastadas, cantando e xesticulando, ademáis de imitar coas nosas voces a outras persoas e así dar lugar á confusión, que risas cos veciños que intentaban querer saber quen podiamos ser, empezaban a dicir en voz alta  quen serán estas mascaritas? que si eramos tal ou cal fillo de fulano ou mengano, que si éramos unhas nenas…..jajajaja

Sempre tiñamos fixo uns cantos lugares onde non podiamos deixar de ir, un deles era o achegarnos ao muiño do señor José, O Jaxe, e claro, como sempre faciamoslle as mil e unha ! Mira que tiña paciencia connosco ! Porque o señor José si que sabía quen eramos, á primeira ! Era visto, sempre eramos os mesmos de sempre que andabamoslle facendo trastadas jajajaja, tras facéndolle a trastada correspondente saíamos a fume de carozo en dirección a casa da señora Hermosinda.

A visita á señora Hermosinda sempre a deixabamos para o final, porque ela recibíanos cun sorriso e cunha invitación, invitábanos á súa cociña, onde sempre me chamaba a atención aquel pozo de auga frente a cociña de ferro.

Alí tíñanos preparada unha tortilla de pan e de beber unhas gaseosas, que ben nos sabía !

Mentres comiamos a tortilla iámoslle contando todas as trastadas que fixeramos e non parábamos de rir cando comentabamos que non nos recoñocían, Hermosinda ríase das nosas travesuras e terminaba dicíndonos que fósemos para casa con coidado, que era xa de noite e podía atropelarnos un coche.

A nosa seguinte parada era na taberna da Rons, alí chegabamos todos satisfeitos polo ben que o habíamos pasado, e contabamos de novo a nosa xornada de Entroido, mentres tanto os clientes do bar ríanse connosco e comentaban algún disfraz que viran nos bailes, un deles  fóra moi falado en todala parroquia, foi un disfraz realizado a base de follas de eucalipto, cosidas unha a unha entre si , imaxinarvos que traballo ! A paciencia que tivo que ter para realizar ese disfraz ! Co paso dos anos non recordo exactamente quen dos irmáns Casás o confeccionara, ou Juan ou Canducho, un dos dous foi.

Pero fai pouco foi Juan quen me sacou da duda, fun eu o que fixo o disfraz ! E fun con él pola Parroquia e despois estiven no baile da Cañota, levaba unha carpeta atada con unha bimbia con uns papeis dentro que lle leía a xente.

Tamén a quen lle gustaba moito disfrazarse era aos irmáns Antonio e Angel, quen non recorda as súas andanzas !

Estaban en todas ! E por suposto nos carnavales non podían faltar nos bailes cos seus disfraces, que gratos recordos deixáronnos Antonio e Angel ! Como tamén Manolo !

Antonio, Manolo e Angel

 

Pero non só eramos nós tres os que nos disfrazabámonos, a todos os nenos e nenas gustáballes disfrazarse, e iso quedou demostrado cando en Pontevedra os carnavais saen á rúa, un grupo deses nenos e nenas deciden volver recordar aqueles tempos de disfrazarse sendo raparigos e non tardan moito en xuntarse un bo grupo deles para organizarse e desfilar por Pontevedra.

O lugar escolleito para ir preparando todo foi na Fontairiña, e o resultado foi o que podedes observar nas fotografías que lles fixen eu aquel día, estaban moi ben caracterizados e pasáronllo xenial !