O HIMNO DO CERPONZONS C.F.

O CERPONZONS C.F. XA TEN O SEU HIMNO !!!


 https://www.farodevigo.es/multimedia/audios/sociedad/2019-09-30-1663-suena-himno-cerponzons-club-futbol.html

TEXTOS QUE VEÑEN INCLUIDOS NO USB DO HIMNO DO CLUB :

EXC. ALCALDE DE PONTEVEDRA :

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde de Pontevedra
É unha satisfacción inmensa saudar e darlle a benvida ao que, a partires de agora, se convertirá no estandarte musical do Cerponzóns Club de Fútbol. O nacemento deste himno vai moito máis aló da composición dunha melodía que identifica a un equipo de fútbol, porque moitos sabemos que é o resultado de todo un traballo colectivo e que recolle o espírito de comunidade que a parroquia mantén con tesón. Non en van, este himno chega no marco da conmemoración dos 1.000 anos do primeiro documento que, de xeito oficial, fai referencia á parroquia de Cerponzóns. A ocasión non podía ser máis acaída.

Se Cerponzóns creou un equipo federado a partires dunha tradición previa de encontros amigables e pequenos trofeos, máis ligados ao ocio que a competición, foi precisamente grazas ao soporte da afección, e nomeadamente dun grupo de persoas que encabezaron o proxecto e souberon mantelo no tempo, capeando os altibaixos. Porque niso precisamente consiste este deporte, en afrontar con deportividade todos os partidos, sempre co espíritu do gañador.

‘Cerponzóns sentimento de equipo gañador’ recolle moi acertadamente a letra de este himno. É este o lugar axeitado para felicitar á veciñanza da parroquia, en especial a Enrique Alvite e Adrián Saavedra, autores de letra e música. Estou cerró que ‘Cerponzóns ti es un club de campións’ será coreado con orgullo e emocionará á afección antes de cada partido. Co desexo de que este himno que hoxe vemos nacer sexa símbolo dunha gran traxectoria plena de éxitos, reitero os meus parabéns a todas as persoas que o fixeron posible.

CERPONZÓNS C.F. :

Estimado/a socio/a :
Para a actual Xunta Directiva do Cerponzóns C.F. é unha gran satisfacción poder presentarvos este himno, unha canción composta con enorme ilusión, cariño e traballo polo nosos veciños Enrique Alvite e Adrian Saavedra, un dos nosos fundadores e ex-xogadores do clube.

 Este himno, que tamén é posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra e a Asociación de Veciños O Chedeiro, persegue o obxetivo de manter no futuro o nome da nosa parroquia e o noso clube.
Aproveitando a ocasión, gustaríanos recordar a todas e cada unha de aquelas persoas que dende 1996, con gran ilusión é de forma desinteresada e altruísta, fixeron posible que o Cerponzóns CF chegue ata ese día.
É por suposto, non nos cansaremos de repetilo, grazas tamén a todos os nosos socios, patrocinadores e colaboradores, porque sen o voso gran de area, sería imposible seguir mantendo vivo este clube.
Atentamente,
Xunta Directiva Cerponzóns CF

ASC. DE VECIÑOS  O CHEDEIRO :



Cando na Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns soubemos que se ía a construír un novo campo de fútbol pensamos que era un bo momento de crear un himno que identificase o noso equipo e que se fixese público coa celebración de unha efemérides de importancia, neste caso a celebración do Milenario da Parroquia.

Así llo fixemos saber ao presidente e directiva do primeiro equipo de fútbol, comentámoslle a nosa idea e pedimos a súa autorización para levar acabo este traballo, desde o primeiro momento foi do seu agrado a nosa proposta e dixéronnos que adiante.

O primeiro que fixemos foi buscar quen podía facernos o himno, a nosa idea era que tiña que ser algún veciño da parroquia, dado que temos persoas musicalmente cualificadas para poder facer ese traballo.

E este traballo recaeu en Enrique Alvite e Adrián Saavedra, dous músicos con grande experiencia para poder levar a cabo a nosa ilusión.

Dixémoslle a Enrique Alvite que buscabamos un himno para o Cerponzóns CF, un himno que fose símbolo acústico que identificase o noso equipo de fútbol.

Fómoslle comentando, dado que Enrique sería o autor da letra, que queriamos un himno onde se identificase o nome do equipo e a parroquia.

Tamén que se nomease a afección, que se reflectise a capacidade de loita e nobreza do equipo, o desexo de vitoria e por suposto que se fixese referencia á historia do equipo e todos aqueles xogadores que pasaron polo noso querido club.

Enrique tomou nota e compuxo un himno harmónico e á vez melódico con certo carácter de desfile e que fose sinxelo para facilitar a súa memorización.

Logo de realizar este traballo, tocoulle a quenda a Adrián Saavedra, el encargouse dos arranxos para batería, baixo, guitarras e teclados.

Adrián Saavedra tamén levou o peso da produción de estudo, facendo os arranxos e partes, ademais levou a responsabilidade da gravación.

Para dar a coñecer o himno a todas as persoas seguidoras do club pedimos a colaboración ao Concello de Pontevedra, o cal faría as xestións oportunas para a realización de copias do himno do Cerponzóns CF, que serán entregadas a todos os socios do club.

Desde a asociación de veciños quixemos que a inauguración do himno formase parte das celebracións que estamos levando a cabo durante o ano do Milenio da Parroquia de Cerponzóns.

Agora coa colaboración do Concello de Pontevedra e da man do responsable de coordinación do área do rural Alberto Oubiña e da concelleira responsable da parroquia Pilar Comesaña podemos comunicar a todas as persoas socias, simpatizantes e veciñas e veciños en xeral, que o vindeiro domingo día 29/09/2019 o himno será realidade é poderán ter unha gravacion gratuíta cada socio do Cerponzóns CF.

Comenzará a entrega da copia do himno os socios do club media hora antes do partido de fútbol.

FARO DE VIGO

TEMAS RELACIONADOS CON HIMNO….


FIXEMOSLLE ENTREGA DE UNHA COPIA A DEMETRIO GÓMEZ :

DIARIO DE PONTEVEDRA :


LETRA DO HIMNO :

Entoando este himno doume conta 

que me late o corazón con moita forza 

Cerponzóns ti es un club de campións 

e por iso che cantamos con paixón.

Chan do monte tes recordos de valor,

de orgullo exemplo e tesón,

arroupado por esta grande afección,

que eu levo sempre no meu corazón. 

Cerponzóns Cerponzóns sentimento de equipo gañador.

Cerponzóns Cerponzóns que te entregas coma ninguén, 

porque sentes o fulgor de levar a camiseta con honor. 

Entoando este himno doume conta 

que me late o corazón con moita forza 

Cerponzóns ti es un club de campións 

e por iso che cantamos con paixón.

Cerponzóns Cerponzóns sentimento de equipo gañador.

Cerponzóns Cerponzóns que te entregas coma ninguén, 

porque sentes o fulgor de levar a camiseta con honor. 

Cerponzóns Cerponzóns sentimento de equipo gañador.

Cerponzóns Cerponzóns que te entregas coma ninguén, 

porque sentes o fulgor de levar a camiseta con honor. 

Cerponzóns ti es un club de campións.

EN RADIO COPE, O ALCALDE FALA SOBRE O HIMNO :

https://www.cope.es/emisoras/galicia/pontevedra-provincia/pontevedra/audios/lores-felicita-los-vecinos-cerponzons-por-enorgullecerse-parroquia-con-himno-20191002_871180



EME RADIO, 91.7 FM , entrevista co Secretario da Asociación de Veciños :

https://soundcloud.com/juan-jose-esperon-recarey/eme-radio-91-7-fm-himno

Nota : O pai de Adrian Saavedra ( Francisco Saavedra López) foi o primeiro presidente que tivo o Cerponzons C.F., donde Enrique Alvite era ademáis de xogador era Vicepresidente do Club.
Algo máis sobre ADRIAN SAAVEDRA :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/11/05/un-talento-no-mundo-da-musica/

Algo máis sobre ENRIQUE ALVITE :           

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/10/03/enrique-alvite-compositor/

UN POUCO DE HISTORIA DO CERPONZONS C.F. :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/10/13/canteira-de-futbol-ano-1997/

ALGUNS EQUIPOS DO CERPONZONS DE DISTINTAS ÉPOCAS: