23- O NOSO MONTE, FONTE DE VIDA.

21/03/2022

Hoxe para celebrar o Día Internacional dos Bosques quero compartir con todos vós uns textos que atopei nunha publicación relacionada coa nosa parroquia.

Saíu publicada o 22 de Abril de 1995.

O MONTE EN TEMPOS PASADOS.

Foi unha práctica constante, case Xeral en Galicia ata hai ben poucos anos aínda nos primeiros anos 70 era doado distinguir nos montes galegos mestas columnas de fume que sinalaban a preparación do chamado “inculto” para producir cereal.

A clave das estivadas era, pois, o borrallo. Non son poucas as diferencias zonais que se poden apreciar, mesmo na súa denominación-rozas-, estivadas, restrebos, queimadas…..

Dúas especies eran sementadas preferentemente : O centeo e o trigo de monte -de máis baixo rendemento pero que poñía en mans de campesiño o apreciado pan branco-sen que fora descoñocida a bota de patacas nos montes queimados.

Normalmente só se obtiña por este procedemento unha colleita de cereal, xa que no segundo ano os rendementos caían moito. Aunque dependendo da calidade da terra se podía facer tralo centeo unha colleita de avea, será xa ben entrado o século XX cando o Emprego de adubos minerais, escorias e superfosfatos.

Polo que fai a erosión, é certo que en lugares moi encostados se fai evidentemente a indefensión do chan trala perda do manto vexetal; os efectos deste sistema de cultivo pódense apreciar sobre todo en áreas montañosas.

Tampouco convén carga-las tintas no nocivo efecto do lume sobre a materia orgánica do solo. O lume xoga un papel importante na consecución dalgúns efectos beneficiosos para a actividade agraria.

REPOBOACIÓN FORESTAL NA ÉPOCA DO FRANQUISMO.

Non estaba previsto en principio abranguer neste traballo o periodo posterior á Guerra Civil, que por si só esixe un labor investigador exhaustivo que excede ás nosas posibilidades. Non obstante, e ainda que non fixemos practicamente ningunha investigación sobre ese periodo, crémonos na obriga de apuntar algunhas liñas sobre a evolución xeral do monte nunha época que marca un cambio decisivo e drástico respecto ás anteriores etapas estudiadas.

Trala Guerra Civil, como dixemos, a gran novidade vaise-lo inicio de unha repoboación forestal masiva auspiciada polo Parrimonio Forestal do Estado, constituido o 10 de Marzo de 1941. A empresa repoboadora asentariase precisamente na indefinición legal e na municipalización cun novo e poderoso instrumento legal : a ley hipotecaria. Esta lei posibilitaba que os concellos inscriben no inventario de bens municipais previsto pola lei de réxime local tódolos montes da súa demarcacion, sen necesidade de aportar probas documentais, únicamente coa certificación do secretario do concello.

Creado o Patrimonio Forestal do Estado e inventariados os montes como repoboador era ben sinxelo : o P.F.E., en asociación coa Deputación correspondente, promoria a realización de consorcios coas entidades propietarias, é decir, cos concellos; Patrimonio é Deputacion financiaban a plantación, aportando os concellos a terra.

O éxito destes consorcios foi inmediato, de xeito que os veciños foron literalmente expulsados dos seus montes, que pasaron axiña aseren invadidos e repoboados. Oubo certamente excepcións nas que os consorcios foron realizados cos veciños, pero estes casos foron case anecdóticos.

O Xeral foi acordado por o P.F.E. -Deputación-Concello. Ignorando a titularidade dos veciños, excluidos tamén dos beneficios que reportaba a renda de madeira. Por que o reparto dos cartos o tipos por ese concepto fariase así: o 40% para o Concello, que podría empregalo libremente, sin ningunha obriga coas comunidades respectivas; o 35% para a Deputación e o 25% para o P.F.E., para financiar nova repoboación consorcio da afectou en total a máis de 400.000 hectáreas.

A UTILIZACIÓN GANDEIRA DO MONTE.

O monte, ademáis de permiti-la obtención de colleitas suplementarias de cereal e permiti-la necesaria fertilización das terras cultivadas, asegura na agricultura tradicional o sostén de cabana gandeira.

A alimentación animal, por tanto, depende en gran medida dos recursos que o monte sexa capaz de fornecer, da extensión e calidade dos mismos.

Compre ter en conta que estamos a falar dunha economía agraria na que a especialización gandeira non se irá desenvolvendo ata ben entrado o século XX e na que o factor esencial -insistimos- é o equilibrio agrogandeiro. Neste equilibrio, no que o inculto desempeña un papel fundamental, o gando -nomeadamente o vacuno- vai ter un carácter polivalente, xa que ademáis de fertiliza-las terras e producir sobre todo carne e leite, ten que ser utilizado como forza de Traballo nos labores agrícolas.

Estas funcións son cumpridas cunha distribución de cultivos na que a existencia de pastos especializados non pode ser calificada máis que de cativa. En consecuencia, non se pode falar de explotacións gandeiras propiamente ditas; tal como afirmaba unha memoria redactada en 1875 por Antonio Ulloa y Jiménez, para o agricultor resultaba indispensable que o mesmo gando reunise as características de ” precocidad para el trabajo, facilidad en la ceba y abundancia de leche”.

Con todo, o bovino galego vai ser obxecto xa dende antes do século XVIII dun activo comercio co exterior -principalmente con Castela e Portugal-, que vai experimentar un pulo decisivo na segunda metade do século XIX, co inicio das exportacións a Inglaterra; mercado que será sucedido dende finais desa centuria polo interior peninsular, ó pairo do incremento da demanda urbana española.

A existencia deste mercado non foi capaz, sen embargo, de induci-los necesarios cambios tendentes á especialización pecuaria ata ben entrado o século XX, ou polo menos.

21/03/2021

Con motivo da celebración no día de hoxe do DÍA DO MONTE, quero contribuir con éste artigo con todos vos.
No ano 1992 durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, empézaselle a dar máxima importancia aos montes, había que crear conciencia sobre a importancia dos montes para coas nosas vidas.

Foi no ano 2002 cando a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas declara ese ano como Ano Internacional dos Montes e a cada 11 de Decembro DÍA INTERNACIONAL DOS MONTES a partir do 2003.
No DOG da XUNTA de GALICIA, correspondente o 20 de Maio do 2020, no apartado de Disposicións xerais, no capítulo 1, fala do decreto que ten por obxecto a regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis adiante, no artigo 2, define os aproveitamentos forestais que teñen como base territorial o monte.

Aproveitamentos madeireiros e leñosos, donde incluen a biomasa forestal é os que non son madeireiros, coma a cortiza, os pastos, a caza, os froitos, os fungos, as plantas aromáticas e medicinais, os produtos apícolas etc.

Despois sigue éste artigo definindo un por un dos aproveitamentos antes citados.


O MONTE, O SUSTENTO DOS NOSOS

Hoxe quero falar do Monte e da importancia que tivo durante muitos anos como sustento para muitas das nosas xentes, quizáis muita xente nova cando lle falas do monte pensa que está alí para ir a dar unha volta coa bicicleta ou andando un domingo a mañán.

Así que non está mal, que no día de hoxe, poñamos uns cuantos exemplos do aproveitamento que os nosos antepasados utilizaban para a súa subsistencia grazas ao monte :

PIÑAS : Froito das árbores coníferas, formado por unha especie de escamas unidas arredor dun eixe. Feixes e feixes teñen levado as nosas veciñas de Cerponzóns a Vila de Pontevedra, a xente da Vila usabas para acender as cociñas, cos cartos que facían, por exemplo a miña avoa Ramona traía un pouco de peixe para casa. 

TOXO : Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia.

Uns cuantos carros de toxo axudei a meu pai a levar para casa, utilizando para facerlle a cama o gando.

 FOLGADAS : Terreo de cultivo que se deixa en descanso durante certo tempo. Cando tiñamos herba verde no verán para o gando.

PEDRA : Materia sólida máis ou menos dura e compacta, que se atopa no interior ou na superficie da codia terrestre. Cantos veciños botaron man das pedras do monte para facer casas, postes para as viñas, hórreos, graneiros etc.

LEÑA : Conxunto de pólas, toros de árbores cortados en rachas ou madeira de calquera clase que se utiliza para facer lume. 

Hoxe en día prácticamente non hai cociñas de ferro, antes estabas casi todolos días escoitando a túa nai : Hai que ir por leña ao monte, había que cociñar e de paso quentarse.

Tamén era das cousas que máis se levaba a Vila, quen recorda aquelas mulleres co feixe de leña andando ata a Praza da Leña de Pontevedra ? Ramona era unha delas.

 MADEIRA : Materia compacta e dura que está debaixo da casca das árbores e doutras plantas. Que decir da materia prima máis importante do noso monte, utilizada para elementos da construción e venta da mesma.

 AUGA : Líquido do que están compostos os mares, lagos e ríos, incoloro en pequenas cantidades, inodoro e insípido.

Minas de auga para regar as veigas, fontes para beber, traídas de auga para as nosas casas, innumerables o uso da auga, sin éste apreciado líquido non estaríamos vivos.

COSCO : Envoltura que recobre o froito dos cereais, os legumes, a liñaza e outros froitos como a castaña, utilizandoa para facer esterco.

LANDRAS : Froito do carballo, da aciñeira e da sobreira, de forma oval, cuberto por unha casca dura e unido á árbore por unha especie de caparucho que o cobre pola parte de atrás. Os mellores porcos eran os que se alimentaban de landras, sin duda algunha.

 CAROCHAS : Vaíña que cobre a espiga do millo. Usadas para acender o lume cando no había piñas, tamén recordo de pequeno que a miña cama tiña o colchón feito de carochas.

CASULOS : Envoltorio ou tea vexetal onde están as sementes de certas plantas, como as fabas, chícharos, millo etc. Utilizados para os braseiros, tamén había quen tiña os colchóns feitos con casulos de millo.

 XESTAS : Arbusto bravo da familia das leguminosas, con moitas pólas delgadas e flexibles, follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas, do que existen varias especies. Naqueles terreos sin cultivar íbamos a buscar xestas para facer vasoiras.

CODESOS : Arbusto da familia das papilonáceas, con ramas estriadas, follas trifoliadas, flores amarelas e froito en legume. Tamén era propio para facer vasoiras. 

CARQUEIXAS : Arbusto silvestre da familia das leguminosas, con moitos ramallos, flores amarelas e unha especie de alas que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais. Recordo que ao arder estralaban, utilizabas meu pai para chamuscar o porco.

TROBISCO : Arbusto da familia das timeláceas que pode alcanzar un metro de altura, con follas lanceoladas e velenosas, flores en acio de cor abrancazada e froitos en baga, de cor encarnada, tamén velenosos.

Debía de estar erradicado, o trobisco é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña.

 CARRASQUIÑA : Arbusto da familia das ericáceas, que pode alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas e flores en acio de cor púrpura, rosácea ou branca, do que existen varias especies. Cando San Xoán, para facer o cacho iba polos carreiros, alí era por donde máis medraban.

DECEMBRO DO 2021

Hai uns días falaron que unha Comunidade de Montes en colaboración con unha asociación realizaron un proxecto coñocido como o “Bosque da Língua”.

A noticia que encontrei dice así :

«Un lugar para interiorizar as artes (plásticas, visuais, escénicas, literarias), a ciencia, o compromiso ecolóxico, o monte vivo, palestras. Un enclave para gozar de propostas lúdicas en equilibrio coa natureza. Unha ambiciosa proposta que fomenta a cultura medioambiental, aberta ás persoas e a humanidade, co obxectivo de preservar a conservación da natureza, de difundir e vivenciar o noso patrimonio cultural, particularmente ao noso idioma«

O deseño desta proposta está integrado na Axenda 20/30 das Nacións Unidas. Neles proponse conseguir antes do 2030 obxectivos como os incluídos no proxecto do “Bosque da Lingua”: Educación de calidade, igualdade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente e crecemento económico, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo , acción polo clima, vida de ecosistemas terrestres…

Contémplanse actividades como:

• Cadernos didácticos sobre o uso do Bosque da Lingua.

• Presentación de libros.

• Lecturas colaborativas.

• Celebración de homenaxeados/as en datas significativas.

• Obras de teatro.

• Monicreques.

• Obradoiros de creación literaria.

• Recitais poéticos.

• Contacontos no Bosque.

• Arte con lingua.

• Concertos.

• Biblioaventuras no Bosque.

• Cine ambiental.

• Xogos tradicionais / Xogo libre.

• Calendarios científicos do Bosque.

• Letras Galegas.

• Artes Galegas.

• Radio bosque.

• O bosque das historias.

• Campamentos.

• Celebración de días ambientais sinalados.

• Investigación.

Un proxecto desta envergadura precisa de importantes recursos humanos, materiais ou económicos, a colaboración entre comunidades de montes, asociacións veciñais, culturais etc. xunto as administracións é primordial.

Oxalá algún día póidase levar a cabo algo parecido na nosa parroquia.

Un proxecto ilusionante éste que van a facer, donde remata decindo :

No que respeita aos recursos materiais está contemplada unha importante batería de medios específicos como: Zona de recibimento, parque de ocio, anfiteatro, áreas de investigación, lugares de creación, paneis e sinalizacións de recursos naturais, obradoiros, zonas de xogos, mapas do bosque da lingua, árbores literarias, árbores da arte…

Preténdese dar unha especial vida ao Parque de xogos pensado para as novas xeracións, onde se contemplan elementos tan singulares ou especiais como: a asemblea de tocóns , bancos de madeira, mesas cubís, conxuntos de troncos, cociña-laboratorio, mesas de experimentación, hotel de bichos, casiña, mámoa túnel, camiño de troncos, casiña triangular, asemblea de troncos, metelófono, pasarela…

REMATO FACENDO UNHA PREGUNTA : IMAXINÁDEVOS A CONTORNA DO CAMPO DE FÚTBOL DO CHAN DO MONTE CUNHA INFRAESTRUTURA ASÍ ?