Luisa Marquez , un novo apoio a nosa causa

Unha mostra máis de apoio á nosa causa, https://www.facebook.com/pontemalvarcaminoreal/




Da man de LUISA MARQUEZ RODRÍGUEZ fíxonos chegar esta obra realizada ex proceso para o noso patrimonio cultural da parroquia.



Luisa Márquez é a Coordinadora da Rede de Escolas dá UNESCO de Galicia.



Ademais é profesora no I.E.S. Luís Seoane de Monteporreiro.

Desde a asociación de veciños O Chedeiro agradecémoslle que tivese a xentileza de realizar este traballo referente a nosa Ponte Malvar e así querer darnos desta maneira o seu apoio á nosa reivindicación pola recuperación e arranxo da Ponte Malvar e o Camiño Real.

Grazas Luisa.

Sonia Castelo apoia o Arranxo da Ponte Malvar

GRABACION DE SONIA CASTELO QUE NOS ENVIOU A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZONS



Bos días , aquí vos deixo o apoio que nos enviou a actriz Sonia Castelo .

Dende a Asociación de Veciños O Chedeiro agradecemos o seu apoio para a Recuperación e arranxo da Ponte Malvar e o Camiño Real.


https://www.facebook.com/PonteMalvarCaminoReal/videos/584735191691312/



A actriz Sonia Castelo naceu o día 20 de marzo do ano 1968 na localidade do Ferrol, na provincia da Coruña.

A carreira de Sonia tivo a súa orixe na televisión autonómica galega, presentando informativos , uns anos despois empezou a facer interpretacións e a partir do 1998 alcanza unha gran popularidade coa súa participación en Mareas vivas no papel da doutora Berta Diaz.

Despois en Antena 3 con Policías , no corazón da rúa , a súa participación no Comisario , Hospital Central etc.

CRUCEIRO DE ÁNIMAS DA PONTE MALVAR (PONTE DE A RONS).

O CRUCEIRO DO “XARDIN”…

Vai camiño de 88 anos  anos que nunha publicación do ano 1933 denominada VIDA GALEGA, facíase referencia a un dos nosos cruceiros da parroquia, dicía así :

El crucero de piedra, de gran valor artístico, sito en Puente de Rons, de la parroquia de San Vicente de Cerponzones, había sido derruído por chocar contra el en un accidente fortuito de una camioneta. Los agricultores de aquella parroquia, que tienen veneración por dicho crucero, lo han reconstruido por suscripción popular.

(Vida Galega; 30/07/1933)

Foto 1…ano 1923

Foto 2…ano 1920 apx.


Cruceiro co retablo


Persisten ao redor dalgúns cruceiros, vellos costumes que en tempos antigos estiveron xeneralizadas en moitos exemplares. Nos cruceiros situados preto das pontes, por exemplo, facíanse bautismos prenatales; ao redor doutros se facían ritos de curación de feitizos, do raquitismo ou doutras doenzas. Tamén estiveron presentes nos enterros dos pequenos mortos sen bautizar, das reparticions das herdanzas familiares, do rezo de responsos de camiño ao cemiterio ou de ofrendas dos primeiros froitos do campo.

Un dos cruceiros que temos na nosa parroquia é o que está situado no lugar da Rons , o carón da Ponte Malvar,os que temos uns anos lembrámolo tamén que durante moitísimo tempo denominabámoslle ” O cruceiro do xardín “.

 

O fondo o Xardin donde estaba situado o Cruceiro
 

Este cruceiro é un aceno de identidade da paisaxe de Cerponzons , situado á beira da ponte Malvar (Ponte da Rons) , unha edificación do século XVIII , fai que o lugar sexa unha das xoias do noso patrimonio , neste enclave atópase agrupada unha zona que moitos desexamos que algún día recupérese totalmente. En tan poucos metros temos o Cruceiro , a Ponte Malvar , o Rio Rons , uns cuantos muíños e o tramo antigo da estrada N 550 que nos seus tempos era lugar de paso do Camiño Real.

Os cruceiros e probable que se construiran debido as ordes mendicantes, que  aínda que non existe documento algún que o probe, o que si e certo e que as ordes mendicantes contribuísen á expansión dos cruceiros galegos, xa que moitos deles forman parte dos Vía Crucis. Os cruceiros son levantados por devotos, normalmente un matrimonio ou alguén con poder ou diñeiro. Os nomes destes adoitan estar gravados nas bases.

 Castelao dicía que un cruceiro era ” un perdón do ceo ” , pois segundo o gran escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado. Os cruceiros levantábanse en cruces de camiños ( como é o caso do que estamos a falar ) , tamén preto das ermidas , igrexas e cemiterios.

Tamén se di que os cruceiros protexen aos viaxeiros , e podo dar fe que este cruceiro debeu de ser un gran aliado entón para todos aqueles accidentes que sucedían día tras día nese lugar onde estaba situado.

Do mesmo xeito que nas monumentais cruces de Bretaña e Irlanda , coñecidas tamén como sermóns de pedra porque levan gravadas escenas bíblicas, que servían para educar cristianamente ao pobo, en Galicia sucedeu algo similar onde o pobo puido ver a través destas representacións a paixón do noso Señor, a expulsión do Paraíso e nalgúns casos, como as almas purgaban os seus pecados no Purgatorio. Tamén o amor representado pola Virxe e a dor do Crucificado, ademais de incluír outros santos, de devoción máis próxima, cos signos que expresaban a súa misión na Terra.

 


O eterno debate do cruceiro está en se estes naceron co románico ou son un dos resultados da influencia das ordes mendicantes; se a intención do cruceiro é espantar a presenza terrorífica da Santa Compaña na encrucillada ou de se é un acto devoto ou unha santificación de costumes pagáns.

 


 

Os antrópologos,  falan de cristianización de lugares de incerteza, con rituais e lendas asociados a esas construcións de pedra, que constan de tres partes: base, vara e cruz. Segundo algunhas tradicións, servían para bendicir os camiños; outras os vinculan a rituais de sanación para eliminar os males do corpo e/ou do espiritú. Segundo a tradición o os cruces de camiños do Camiño de Santiago, se sobre a base  arróxase unha pedra asegúrasche a posibilidade de volver.

 


Os meus recordos de nenez é que a situación do cruceiro era diferente á actual , polo que eu recordo era no centro do denominado xardín donde estaba situado o cruceiro , xardin que estaba composto de abetos , dos cales quedan aínda uns cuantos en liña coa situación actual do cruceiro.

 

O meu recordo do Xardin e o Cruceiro
 

 

De cando o cruceiro estaba situado no xardin estaba completo , co seu peto de ánimas:

Na tarde do día 9 de Marzo de 1995 achegouse pola parroquia o señor Estalisnao Fernández da Cigoña , investigador e escritor galego. Fixo un estudo pormenorizado do cruceiro e o seu peto de ánimas.

O primeiro que observou foi que debaixo do retablo había unha frase que dicía así :

Esta obra foi realizada por …e seguía con letra ilexible. Naquel ano podíase observar que varias figuras estaban rotas e algunhas das existentes estaban manchadas de alcatrán. En xaneiro de 1996 volve pasar polo lugar e comproba que faltaba a peza de pedra que contiña o retablo , seguramente fose roubado.

 

O Cruceiro nunha postal, donde o sitúan en Rande.

Naquelas datas lembro que o ministerio de Fomento comezou a realizar o novo trazado da N550 e consecuentemente o xardín que alí existía desaparece , o cruceiro é retirado e a brigada de obras trasládao á taberna de Juan ou dá Rons , quen o garda a bo recaudo. Alí gardanse todas as pezas ata que as volven a colocar no lugar que ocupa hoxe en día. Pero , que pasou co retablo que hoxe en día falta do Cruceiro ?

Son diversos os comentarios dos veciños . 

Foi daquela cando volveron a colocar e xa non se chegou a poñer ?

Ou de cando unha furgoneta bateu contra él ? 

Ou a de estar xa ali colocado o arrancaron do seu sitio ?

A composición era a que se detalla a continuación :

Cruceiro de fuste alto, que comeza cadrado e finaliza octogonal. Este fuste ten, por encima da hornacina, dous santos, e mostra un capitel sinxelo con catro cabezas de anxos, unha por cada lado. O Cristo crucificado mira cara abaixo e ten á súa esquerda un San Francisco de xeonllos co Santo Graal nas mans. Polo reverso, a Virxe de pé co Neno Jesús no colo e dous anxos sostendo a súa coroa. Presenta un retablo pola parte dianteira en forma de táboa, no que se ve a Cristo cravado na cruz, asistido por San Francisco e a Virxe á dereita. O Cristo carece de peito, cabeza e brazos e o San Francisco non ten cabeza. Nun nivel inferior existe unha fileira de catro fieis, un deles desaparecido.

 

Foto Fundación Barrie.

PETO DE ÁNIMAS 

Significado : O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega. Na perspectiva da funcionalidade máis material, os petos veñen ser unha prolongación dos cepillos limosneros das igrexas e da propia man aberta dos clérigos, disposta a recibir directamente diñeiro e especies a trueque de responsos, sufraxios, indulxencias e misas, nunha situación na que o Purgatorio foi unha das fontes máis importantes da economía parroquial

Peto de animas desaparecido.

NOVOS DATOS :

Encontramos tamén un artigo realizado por Jose Raúl Seoane Prieto é Manuel Mariño Currás sobre os Cruceiros Gallegos, entre eles aparece o Cruceiro e Peto de ánimas, di así:

A altura do quilómetro 115 da estrada que une Coruña e Tui, moi preto xa de Pontevedra, atopamos un moi ben presentado “lugar de descanso” on de hai un típico exemplar de cruceiro de escola ou estilo pontevedrés, quizáis un dos máis completos e representativos.

San Francisco de Asís, a quen vemos recollendo o sangue redentor nun cáliz e abrazado á figura de Cristo, era italiano e tiña nunha relixiosidade ou forma de ser cristián perfecta e por desgracia moi diferente da “oficial” daquelas xa afastadas épocas do S. XIII, e aínda máis das actuáis. Foi o ” probiño de Asís ” cos seus seguidores o que iniciou en Galicia o interese por levantar cruceiros, interpretando o espírito galego e a súa idiosincrasia á perfección. Os cruceiros galegos nunca se refieren ó inferno nin ó castigo eterno agás o de Hío, pouco tradicional e case moderno; a referencia é á Redención mediante o sangue que se recolle en copa e o Purgatorio, o de vemos claramente representados clérigos e bispos mais, iso si, sendo axudados ou salvados por un San Francisco ou pola Virxe. Nos cruceiros bretóns o sangue, moi abundante e manando de varios puntos, non se recolle senón que cae ó chan e esa é unha diferencia conceptual entre ambas terras e cruces.

Cruceiro e peto de ánimas
 

Outro detalle que vemos neste exemplar é unha placa de apreciable tamaño e referida as “almiñas do Purgatorio”. Pode dicirse que se trata de un peto de ánimas e cruceiro ó mesmo tempo, inda que con máis do segundo que do primeiro; mais este asunto deixámolo para máis adiante. Agora digamos que se levanta sobre unha plataforma triple e un pedestal cúbico. A esta altura e debaixo do Cristo vai pegada a citada placa, nela apréciase inda que con dificultade un San Francisco axudando a catro ánimas do purgatorio. O fuste é de sección octogonal con dúas figuras esculpidas na mesma pedra. O capitel ten formas tradicionais da chamada “orde composta” e cabezas de anxos nas catro caras.

A cruz, unha das partes mellor talladas do conxunto, é de paus cilíndricos e presenta un Cristo pendurado das mans e un San Francisco, con traxe talar é de xeonllos, que achega un cáliz ó costado do Redentor.

Na outra cara hai unha Virxe á que acaban de coroar dous anxos é que está apoiada nunha peaña adornada na parte inferior coas cabezas doutros tres anxos. Debido a esta profusión de personaxes, a imaxe mariana resulta claramente inferior á do Cristo. Ó valor e interese que esta obra posúe, hai que engadir a súa situación privilexiada para ser ben localizada e contemplada. 


Apoios para A Recuperación e Arranxo da Ponte Malvar

COAATPO

https://www.facebook.com/pontemalvarcaminoreal/

O Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da Provincia de Pontevedra

Hai uns días mantivemos unha entrevista con dirixentes do COAATPO , puxémoslles ao corrente das nosas preocupacións polo estado da Ponte Malvar e os seus arredores , por onde era paso o Camiño Real.

Despois de pasar pola comisión da xunta directiva puxéronse en contacto connosco para facernos saber que apoian as nosas reivindicacións.

Desde a Asociación de Veciños O CHEDEIRO de Cerponzons agradecemos a súa solidariedade.

ROSANNA LÓPEZ SALGUEIRO




Boa días , hoxe unha muller enamorada da sua Pontevedra nos envía o seu apoio :


ROSANNA Lopez Salgueiro


La herencia que nos dan debemos mejorarla antes de trasmitirla a los que vienen, y eso es lo que hay que hacer con el Puente Malvar y el Camino Real. Queridos vecinos de Cerponzones, a por ello, contáis con mi apoyo!.


Licenciada en CC. Políticas y Sociología.

Doctorada en Derecho Público.

Especialista en Técnicas de Investigación Social.

 Máster en Gestión y Administración Pública.


Colaboradora en diversos medios de comunicación, radio, televisión, prensa escrita y digital. Dirige una fundación. Anteriormente ha sido Directora del Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, Directora General de Comunicación Social de la Xunta, Delegada de la Consellería de Cultura y Turismo, y Vicepresidenta de la Comisión provincial de Patrimonio. Ha trabajado en la empresa privada como jefe de equipo de Consultoría. Ha tenido su propia empresa. También fue profesora de la Universidad de Vigo y La Coruña.

MARÍA BIEMPICA APOIA TAMÉN:

Abogada 
ex concejal del Concello de Pontevedra.

Hace unos meses a una pregunta de Juan José le respondí que nuestra intención era que las parroquias se sintieran parte de Pontevedra , era una de los cuatro pilares básicos de nuestras propuestas.

Y el patrimonio de vuestra parroquia es un elemento básico para que tenga valor y pueda ser admirado por los que viven ahí y los que os van e irían a visitar.

Mis felicitaciones por vuestra iniciativa que tenéis en recuperar el patrimonio de vuestra parroquia de Cerponzons.

Contad con mi apoyo , ojalá las autoridades competentes se pongan de acuerdo para el arreglo del Puente Malvar y la recuperación del Camino Real.

JOSÉ BENITO GARCIA 

Un home que coñoce o Patrimonio pedra a pedra :

Mi total apoyo a la iniciativa de la Asociación de vecinos O Chedeiro de Cerponzons, para la recuperación del Patrimonio de la parroquia, sobre todo en lo referente al Puente Malvar y el Camino Real. Deseo que estos objetivos se vean cumplidos y que este patrimonio, vuestro y nuestro, bien común de todos los vecinos de Pontevedra, se vea valorado, protegido y conservado en su justa medida. Suerte.

José Benito García é investigador da historia de Pontevedra e da Zona Monumental e participou na elaboración do Primer Itinerario Heráldico pola Zona Monumental de Pontevedra.

 Os seus libros más coñocidos son Habladme Piedras e Templarios y Mareantes en la Gesta de Colon

A PONTE MALVAR E O CAMIÑO REAL, A LONGA ESPERA.

CINCO ANOS ESPERANDO A RECUPERACIÓN DA PONTE MALVAR E O ARRANXO DO CAMIÑO REAL (TRAMO ANTIGO DA N550).

Corría o ano 2015, da man da Deputada Olaia Fernández Dávila (BNG),  presentou as primeiras preguntas relacionadas co tramo antigo da N550 é a recuperación da Ponte Malvar ao Ministerio de Fomento no Congreso dos Deputados.

No mesmo ano a petición da Asociación de Veciños O Chedeiro convocamos unha reunión con responsables de varios partidos políticos.

Expuxémoslles as nosas peticións e pedímoslle a súa colaboración, alí mesmo confirmáronnos o seu apoio e aseguráronnos que levarían a pleno canto antes as nosas reivindicacións.


Máis dous anos despois, no 2017, foi o Deputado Gillermo Meijón Couselo (PSOE), quen presentou por tres veces unha serie de preguntas relacionadas co tramo antigo e a Conservacion da Ponte Malvar.


Presentacion de iniciativas no Congreso dos Diputados :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/12/18/presentacion-de-novas-enmendas-no-congreso-dos-diputados/

UN POUCO DE HISTORIA : https://roquecerponzons.wordpress.com/2017/01/07/preguntas-relacionadas-co-noso-patrimonio-feitas-no-congreso-dos-diputados-da-man-de-guillermo-meijon-psoe

A Asociación de Veciños O Chedeiro dou a coñocer aos medios de información as nosas inquietudes e peticións, tamén comenzamos a pedir apoios, foron centos deles, tanto a título persoal coma a través de multitude de Asociacions, colectivos, colexios etc., citamos unha serie deles :

HISPANIA NOSTRA.

COLEXIO OFICIAL DE APARELLADORES E ARQUITECTOS DE PONTEVEDRA.

ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BBCC

ASC. DE CONSERVADORES RESTAURADORES DE ESPAÑA (ACRE)

ASC. PROFESIONAL DEL PATRIMONIO HISTÓRICO-ARQUEOLÓGICO (ASPHA)

ASC. PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO

SOS PATRIMONIO CULTURAL GALEGO

REDE DO PATRIMONIO CULTURAL 

COLECTIVO BALUARTE DOS PENDELLOS DE AGOLADA

ESCOLA DE CANTEIROS

ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

ASOCIACIÓN EMPRESARIOS GALEGOS DE ARXENTINA

DEPARTAMENTO CONSERVACION DO MUSEO DE PONTEVEDRA

DEPARTAMENTO DE ARQUEÓLOXIA DO MUSEO DE PONTEVEDRA

SOCIEDADE ANTROPOLOXICA GALEGA (SAGA)

ASC. AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE SANTIAGO

CENTRO GALLEGO DE NAVARRA

ASC. CULTURAL O BURGO

CASINO MERCANTIL DE PONTEVEDRA

ASC. CRISTÓBAL COLÓN GALLEGO

ASC. CENTRO COMERCIAL URBANO ZONA MONUMENTAL PONTEVEDRA

FUNDACIÓN MALVAR

FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA 

AMIGOS DO APÓSTOLO E DO CAMIÑO DE SANTIAGO DE BARCELONA.

PATRIMONIO CULTURAL MMP DE SEGOVIA.

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE GESTORESDE PATRIMONIO CULTURAL DE MADRID.

MOCIÓN PRESENTADA POLA REPRESENTANTE DO PARTIDO C’s :

FOI APROBADA POR TODOLOS PARTIDOS POLÍTICOS REPRESENTADOS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

Tal día como hoxe, un 30 de Novembro do 2015, presentouse unha moción no Concello de Pontevedra onde se aproba por unanimidade de todolos partidos políticos que se pida o traspaso do tramo antigo da N550 ( propiedade do Ministerio de Fomento ) ao seu paso polo lugar de Tilve , onde se atopa a Ponte Malvar . Agardamos que se cumpra , cando ? Non o sabemos , pero mentras tanto seguimos chamando a todalas portas para que coñozcan a nosa causa e nos den o seu apoio, ano tras ano estamos pedindo o traspaso é o arranxo da Ponte Malvar, esperamos que nos sexan atendidas as nosas peticións.

Eiqui a grabación da moción :

https://youtu.be/4p5QeNiPklE

 

NOVOS APOIOS O ARRANXO DA PONTE MALVAR E O CAMIÑO REAL

 

ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACION E RESTAURACION DE BBCC DE GALICIA

 

Bos días , dende a ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACION E RESTAURACION DE BBCC DE GALICIA recibímos o seu apoio a nosa causa do arranxo da Ponte Malvar e o Camiño Real.Hoxe estivemos reunidos con eles e sumaronse a nosa iniciativa , dende a Asociación de Veciños O Chedeiro agradecemos o seu apoio.
https://www.facebook.com/pontemalvarcaminoreal/

 Recibímos un Novo apoio de parte de :

SOS PATRIMONIO CULTURAL GALLEGO


 ( Lugar de denuncia dos ataques a o Patrimonio Cultural Gallego )

CRUCEIRO ( Propiedade particular ) Lugar de Pidre.

SITUADA NO LUGAR DE PIDRE

Desde o camiño non se `pode observar si ten plataforma , e non se pode apreciar tampouco a forma do pedestal , o fuste ten forma de prisma cadrado, o capitel está decorado de volutas vexetais e  a cruz de seccion cuadrada  rematando en  abertura ,  polo lado que da o camiño no ten figuras , apreciandose pola outra cara un circulo nada mais.

 

 

008

CRUCEIRO ( Propiedade Particular ) Lugar de Pidre

 CRUCEIRO DE ÁNIMAS SOBRE TELLADO

LUGAR DE PIDRE / CERPONZONS

 

001 

No lugar de Pidre , o carón da N550 , atopamos sobre o tellado de unha vivenda un pequeno cruceiro de tipo crucifixo que destaca pola ornamentación da base.

O día 6 de Xuño do ano 1995 o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña fai ás siguentes anotacions con respeto a este cruceiro :

CARACTERÍSTICAS: Cruceiro policromado situado sobre un tellado. Está constituido por un cubo de pedra no que se finca unha cruz cilíndrica con vultos que semellan nós . Sostén pola parte dianteira un Cristo moi policromado que amosa unhas boas proporcions. Polo reverso carece de figuras.

CARACTERÍSTICAS:

No cubo que sostén ergueita a cruz aparecen, entre as lapas , un total de seis almiñas. Carecen de cor e vense dende a rúa con certa dificultade.

ANO DE CONSTRUCCIÓN E LENDAS : Non Amosa ningunha indicación ó respecto.

ESTADO DE CONSERVACIÓN E USO : Moi bo , xa que está fora do alcance das persoas. Non ten uso ningún por parte dos camiñantes.

ORIXINALIDADE : Son escasos os cruceiros relacionados coas ánimas , así como  os petos e esmoleiros que amosan as figuras enriba do tellado . Sen embargo lembramos que en Cequeliños ( Arbo ) existe un que lembra a Santa Cruz e no lugar de Trebello , na parroquia de Aguasantas ( Ponte Caldelas ) hai outro dedicado a San Antón , Santa Bárbara e Santa TERESA .

 

006

 

HÓRREOS EN CERPONZÓNS 

HÓRREO : Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas (RAG).

Nomes que reciben en Galiza: Cabaceira. Cabaceiro. Cabana. Cabás. Cabazo. Cabozo. Cacifo. Cacipo. Canasto. Canastro. Canizo. Celeiro. Espigueiro. Garneira. Graneira. Hórreo. Órneo. Palleira. Paneira. Piorno. Sequeiro.
 Na nosa parroquia, como na maioría de todas as de Galicia, contamos con hórreos que como todos sabedes é unha construción típica da nosa terra e do noroeste peninsular. Cando no século XVI coa chegada da pataca e o millo desde América, os hórreos teñen unha función determinante para que estos produtos sé sequen no seu interior, é ademáis estean resguardados da humidade como dos animais roedores. Un hórreo é unha construción con xeito de silo, moi aireado e palafitíco, é dicir, que está elevado do chan por uns pés, cunha orientación de forma que as correntes de aire teñan a súa función no seu interior.
Pero segundo os últimos estudos os silos de estilo palafitíco xa eran habituais desde a Antigüidade en moitos lugares de Europa, especialmente nos lugares como é o caso noso, eran necesarios debido á humidade presente na nosa meteoroloxía.Fálase de que seguramente desde o Neolitico xa estarían presentes en diferentes formas coa función de gardar diferentes tipos de cereales. Coa chegada do millo, o hórreo galego convértese nunha tipoloxía arquitectónica propia e diferenciada. Por iso que aínda que hoxe en día xa non se utilizan prácticamente para o que foron creados, seguimos manténdoos como un ben patrimonial que debemos de coidar e non deixar que se veñan abaixo.

OS HÓRREOS DA PARROQUIA :

LUGAR DE PIDRE

Á altura do nº 9 hai un hórreo de tipoloxía Morrazo.
Trátase dun hórreo de pedra, coa suspensión sobre pés, cámara con sillares de granito que deixan ranuras de ventilación verticais e tellado a dúas augas realizado en tella do país. Leva sobrepenas con dous remates ornamentais: un pináculo e un reloxo de sol circular que mira cara ao mediodía.Do mesmo xeito que o hórreo, está realizado en granito. Conserva o gnomón triangular de ferro.

Máis hórreos por Pidre :

LUGAR DO CASTRADO

 HORREO DE MADEIRA SOBRE COLUMNAS DE GRANITO.

 Composto de pes cuadrangulares de granito como tamen os tornarratos que son en forma redonda , os dinteles superior e inferior son de madeira , os penales e a porta tamén de madeira , coma o pinche as tablillas e as faixas.

O tellado está cuberto con uralita e tellas .

Non ten adornos .

LUGAR DE TILVE




HÓRREOS EN LEBOREI :

HÓRREOS EN MEÁN :


HÓRREOS EN A ERMIDA :

RELACIONADO COS HÓRREOS:

Os TURULECOS ( Pináculos)

Denomínanse así os remates que adornan os teitos dos hórreos, normalmente na nosa Parroquia a maioría teñen a figura da Cruz, pero hai uns poucos que son con remates cónicos, piramidales ou tipo pináculos.

Ao longo da nosa autonomía podemos observar como separadamente destes que falo, aparecen hórreos con círculos, campanarios, animais, cálices etc.
Os entendidos na materia comentan que seguramente estes símbolos terían unha misión máis aló do estético, é sabido que os hórreos son anteriores á instauración do cristianismo, por iso coméntase que estes adornos como o cono ou pináculo, cumprían a función de protección e colocábase no máis alto do horreo.

Facía referencia Castelao a iso comentando que se trataba dun elemento simbólico, dunha invocación a unha deidad desaparecida no ceo, pero que deixou pegada na subconsciencia mística nos nosos antepasados. Ao chegar o cristianismo foi cando se chegou a intentar cristianizar todos os símbolos paganos que por aquel entón existían, así pois, os hórreos foron adquirindo nos remates a forma da cruz , para así conseguir con ela unha protección divina da colleita.
Si hoxe en día pregúntaslle aos máis vellos do lugar para que están eses símbolos encima do alto do horreo, responderannos que cumpren a función protectora contra os raios, as meigas e o demo.

RELOXOS DE SOL

UNHA XOIA DO NOSO PATRIMONIO 



A estrada N-550, no seu percorrido de Tui a Santiago esconde pequenos tesouros. Trátase dunha serie de mouteiras ou leguarios que marcaban a distancia que quedaba por percorrer ao camiñante.

Unha legua é unha antiga unidade de medida que marcaba a distancia que unha persoa podía percorrer nunha hora, xa fose a pé ou dacabalo. A distancia real non era unha medida estándar e podía variar en función do país ou mesmo a zona. Os leguarios da N-550 están separados aproximadamente 7 Km. Cabe dicir que a estrada primitiva sufriu modificacións no seu trazado, que algúns leguarios desapareceron e outros poderían moverse do seu emprazamento orixinal. E se a legua facía referencia á distancia percorrida por hora, con obxecto de facilitar o saber se un estaba dentro de tempo, estes leguarios contaban cada un cun reloxo de sol, cinco dos cales aínda se conservan.

A obra remóntase a finais do s. XVIII con motivo da explanación do Camiño Real que unía Santiago con Pontevedra. Foi promovida e financiada inicialmente polo Arcebispo Raxoi e posteriormente polo Arcebispo Malvar. José Pérez Machado foi o arquitecto encargado da obra e Melchor de Ricoy o aparellador. A eles atribúese o deseño e execución dos leguarios e demais elementos colocados no trazado do camiño.

Os leguarios atópanse na marxe dereita da calzada segundo avanzamos en sentido Tui. Están realizados en granito. Teñen forma troncopiramidal e asíntanse sobre pedestais de sección cuadrangular. No cara Leste levan gravado as leguas que distan a Santiago e a Coruña respectivamente. No cara Sur colócanse os reloxos de sol, ortomeridianos e con numeración romana para as horas.

No Km 87, á altura de Ponte Valga (Valga) aparece o primeiro leguario deste estudo. É de maior altura que o resto. Non sabemos se chegou a ter un reloxo de sol. Se foi así non queda constancia. Actualmente atópase cuberto pola maleza.O seguinte punto quilométrico, Km 93, corresponde ao lugar de Cruceiro, Carracedo (Caldas de Reis). O reloxo de sol perdeu o gnomón.O Km 101 pasa por Tivó (Caldas de Reis) e o Km 107 por Gándara, Perdecanai (Barro). Ambos os puntos contan con leguario e o seu correspondente reloxo de sol.

O Km 114 sitúase na localidade de Cerponzóns (Pontevedra). O leguario destaca fronte aos anteriores porque se asenta sobre unha plataforma cuadrangular de varios banzos. Ao seu reloxo de sol tamén lle falta o gnomón.


O último leguario con reloxo atopámolo no Km 130, Cañoteira, Figueirido (Vilaboa). Sen gnomón e con proxecto de ser restaurado.
Bibliografía:BASANTA CAMPOS, J. L. Reloxos de Pedra en Galicia, Fundación Barrié da Maza, 2003.MACEDO CORDAL, C. e OTERO ROBERES, C. Melchor Ricoy, mestre de obras , Cátedra, nº 11, 2004, pp. 271-281.