Diego Gelmírez ou Diego Xelmírez; Catoira/Santiago de Compostela, c. 1068-Santiago de Compostela, c. 1140), foi o primeiro arzobispo de Santiago, e impulsou a construción da catedral de Santiago de Compostela.
Fixo escribir en latín o manuscrito Registrum, obra hoxe coñecida como Historia Compostelana ou Feitos de D. Diego Xelmírez, primeiro arzobispo de Santiago, unha compilación de documentos tanto desde a orixe dos tempos da diócesis Compostelana, como do seu propio goberno episcopal. Así mesmo, parece que promoveu o Liber Sancti Iacobi como medio para difundir a devoción ao apóstolo Santiago, polo continente europeo e o mundo coñecido.
De Diego Xelmírez moitos dos escritores que escribiron sobre él lle achacan máis vocación política que relixiosa. Un dos seus obxectivos foi o de converter á súa cidade nun dos puntos principais de referencia obligatorio no mundo do cristianismo. Para conseguilo chegou a realizar “Pío Latrocinio ” ( roubo de reliquias ), na Catedral de Braga, o seu propósito era restarlle valores a Braga, así a colocaba en desventaxa para competir. Neste viaxe que realizou a Braga era sopostamente coa intención aparente de visitar as igrexas pertencentes á Santiago. Este tipo de roubar reliquias era mui habitual naqueles tempos.
Como anteriormente comentaba, Diego Xelmirez , bispo e primeiro arzobispo de Santiago, no día 12 de DECEMBRO DO ANO 1102 é cando se foi a Braga, chegando a fináis de mes, a visitar as propiedades da súa Mitra e aproveitou a viaxe para realizar “pio latrocinio”, substrae os corpos incorruptos de San Fructuoso , San Silvestre , San Cucufate e de Santa Susana , todo coa axuda do seu séquito que axudou a ocultación fraudulenta do feito aos portugueses.
Cando fixeron o “Pío latrocinio”, él para acalar sospeitas quedaba na cidade visitada , é enviou diante a algún dos seus , que , coas reliquias , atravesaron o Miño pola parte de Valença, donde grazas a un milagre o caudal do río baixou de tal forma que poderon pasar por él en barca, falaban que o río iba con unha tumultuosa crecida durante tres días, pero o chegar cos restos dos santos a orilla obrouse a milagre.
DOS ESCRITOS INVESTIGADOS, FAGO UN RESUMEN :
Diego Xelmírez ao chegar a Braga foi recibido polo arzobispo Giraldo con gran emoción e ledicia. Atendeulle con todos os honores, logo de celebrar misa, invítoo a cear e despois ofreceulle os seus aposentos.
Ao día seguinte, Xelmírez foi de visita ás igrexas que estaban baixo o seu mandato, nelas contemplaba que os os corpos de moitos dos santos atopábanse semi enterrados, carecendo do honor debido. Ante está situación decidiu coa axuda dos seus colaboradores, levalos para Santiago. Na igrexa de San Vicente, logo de celebrar a misa, Xelmírez ordena que se cavara na parte dereita do altar maior. Alí descobren un arca marmórea que contiña dúas caixiñas de prata, unha delas contiña as cinzas de San Salvador e na outra de varios santos. Tras pechalas e selalas con total garantía , entregoullas aos seus homes de confianza para que as gardasen. Ao seguinte día foron á igrexa de Santa Susana, celebrou de novo misa e despois achegáronse aos mausoleos dos mártires San Cucufate e San Silvestre, alí nun sacórgafo estaban envolvidos nun sudario.
Ao acabar con estes, dirixíronse ao sepulcro de Sta. Susana e de novo, ás agachadas, fixo o mesmo que cos anteriores santos, de novo os entrega aos seus homes de confianza e eles encárganse de escondelos nun lugar seguro. Ao seguinte día achegáronse á igrexa de San Fructuoso, de novo realiza primeramente a misa e despois fan o mesmo que dia anteriores.
Esa noite Gelmírez non durmiu nada, era tal a tensión acumulada que temía que dun momento a outro o descubrisen, pero todo saíu á perfección , ninguén se chegou a decatar…
Ao amencer Xelmírez decidiu marcharse canto antes do lugar onde se atopaba, querían levarse o seu tesouro sen levantar sospeitas, dirixiuse cos seus homes á vila de Correlhã.
Correlhã é unha vila situada nas ribeiras do río Limia, moi preto de Ponte dá Lima, pertencía a igrexa compostelana desde a época alto medieval, había sido concedida polo rei Ordoño II. Estando alí Xelmírez comeza a estenderse o rumor polo pobo do que estaban levando ás agachadas. Entón o arzobispo decide entregar o seu tesouro a un fiel arcediano, indícalle porque camiños debe de ir e dille que os entregue en Tui. Así o fai, deposita os restos dos santos no monasterio de San Bartolomé. O chegar de volta a xunto Gelmírez indícalle que os deixou en mans do diácono de confianza, un canónigo de Santiago, que fielmente custodiaríaos ata a súa chegada.
Gelmírez púxose de viaxe , e esperóuselle dez datas na seguinte estación, feita na Igrexa de San Pedro de Cela , próxima a Porriño, fundada polo San Fructuoso que , o seu corrupto cadáver , era trasladado desde o seu primeiro nicho.
E xa , todos xuntos , diríxense a Santiago pola vía XIX, parando na localidade de Guxilde , desde onde Xelmirez enviou recado a Compostela. Este pequeno núcleo rural debía de gozar de certa importancia a Edade Media, dado que a expedición fixo descanso nela, e non no Monasterio de Lerez, preto de donde se encontraban.
A Guxilde víñaselle tradicionalmente identificando con Redondela, pero este lugar corresponde á parroquia de Alba, situada á beira mesmo de Cerponzóns, aínda nalgún documento aparece Guxilde como parte da nosa parroquia, daquela movíanse bastante os marcos jajaja.
A confusión de poñer este lugar en Redondela corrixiuse cando nun escrito da Compostelana recóllese nun dos seus pasaxes a situación do lugar de Guxilde, situándoo na amenidade dun val xunto ao Lérez, dáse por entendido que o Lerez non pasa xustamente por Redondela…
O 12 de Maio de 1101 temos unha referencia onde di que Diego Xelmírez arrinca da posesión a vila regia nomeada Gogilde, en galego Guxilde- , abatida e descoidada por parte de cultivadores e chea de inmensa e especísima maleza , e para cultivala introduciu alí os seus propios colonos.
Na granxa de Guxilde, logo de habela reivindicado de mans dos que a tiñan ursupada a roturou, e limpou de maleza, poboouna e reduxoa a cultivo. Obtivo tamén en xuízo por ante o Conde de Galicia, D. Ramón, a restitución da Igrexa de Sta. María de Elva (Alba) : Na Historia Compostelana engádese que nas proximidades de Gogilde (Guxilde) o mesmo Don Diego librou por ante o Conde Don Ramón, xenro de Alfonso VI pai de Alfonso VII e Conde de Galicia polo seu matrimonio con Urraca , e mediante sentenza legal á Igrexa de Santa María de Alba da cobiza duns cabaleiros , restituíndoa , logo de consagradarla, ao xuro da súa Igrexa.
Tamén é importante facer outra referencia sobre este lugar de Guxilde, hai documentacións onde indican a existencia dun convento dúplice. Este tipo de convento denominábase tamén monasterio dobre ou cohospitae, combinaba un monasterio para monxes e outro para monxas, iso si, claramente separados, pero estaban baixo una mesma autoridade. Compartían a terra, os recursos e os ingresos e ademais os oficios litúrgicos realizábanos xuntos na igrexa de Sta. María.
Xelmírez quedou a descansar en Guxilde, para dar a boa nova deu orde de que fosen algúns dos seus homes de mensaxeiros a Santiago, así o fixeron, ás poucas horas víuselles pasar por Cerponzóns, cando chegaron a Santiago e deron a noticia, todo o pobo foi andando descalzo ata o lugar denominado Milladoiro, os corpos dos santos foron escoltados polo pobo que expresaban a súa alegría ao grande.
De San Silvestre , San Cucufate e San Fructuoso comentar que se conservan no Relicario da Catedral.
A San Fructuoso colocárono xunto ao altar de San Salvador e ao pasar catro anos fixéronlle unha capela.
O altar de Santiago Apóstolo recibiu a compañía de San Cucufate e a San Silvestre colocárono xunto aos apóstolos Pedro e Pablo.
O corpo de Susana levouse á Igrexa do Santo Sepulcro, levantada no cerro que agora leva o nome da Santa e que antes se coñeceu por Otero de Potros ( Anterium pullotum ) , encadrada entre os paseos da Herradura Compostelana.
Mais información sobre Xelmirez :
https://albertosolana.wordpress.com/2013/04/03/2-diego-gelmirez-y-el-pio-latrocinio/