O RAPADIÑO

Hoxe fai 19 anos que no DOG publicaba o seguinte:

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de efectos ambientais do 25 de febreiro de 2000 do proxecto de selaxe do vertedoiro de San Vicente de Cerponzóns, no concello de Pontevedra, promovido pola mancomunidade para o servicio do vertedoiro de residuos sólidos urbanos dos concellos de Pontevedra e Sanxenxo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2001/20010920/AnuncioF00A_gl.html

DATOS QUE FUN RECOLLENDO :

CERPONZONS, 17/03/1987

Fai hoxe 31 anos clausurábase o vertedeiro de O Bao, e entraba en funcionamento o vertedeiro de O Rapadiño en Cerponzons.

Quen no recorda aquel vertedeiro  incontrolado que estaba situado na Xunqueira do Vao, á beira mesmo da Caeira, consecuentemente a poucos metros do centro da cidade e que todos os que recordamos ese lugar aínda temos o cheiro nauseabundo que desprendía nas nosas fosas nasales.

Ao pechar este basureiro, debido a unha ministra de medio ambiente, que estivo de visita en Pontevedra porque o señor alcalde Rivas invitouna á cidade e de paso quería pedirlle unha serie de axudas para o Concello, comenzou o que nos afectou durante anos os veciños de Cerponzons.

A señora ministra paseando polas ruas da cidade non soportaba o cheiro, contestoulle a Rivas Fontan que antes de recibir axuda algunha tiña que selar o vertedeiro do Vao.

Así foi como inmediatamente o señor Rivas Fontan tomou mans no asunto e encargou a uns profesionais que buscasen un sitio idóneo para instalar un novo vertedeiro.

A solución xa a sabemos todos, primeiro situábano na Barbeita, e a presión veciñal declinou o primeiro dos sitios, pero despois foi instalado en O Rapadiño.

UN POUCO DE HISTORIA

4 de Setembro de 1983

A Comisión Municipal Permanente comunicaba aos Concellos de Sanxenxo e de Poio, así como a Entidades e Empresas que utilizaban o vertedeiro da Xunqueira de O Bao, a ineludible necesidade de suspensión de vertidos de residuos, dado que se achaba esgotado a súa capacidade.

24 de Xullo de 1984

INCOADO EXPEDIENTE DE EXPROPIACION 

Envíase notificación aos veciños con propiedades no lugar onde se quere facer o novo vertedeiro : Manuel Pérez Blanco, Herdeiros de José Mª Villaverde Ramos, Casimiro García Villanueva, Secundino García Villanueva, Jesus Arzúa Rey, Avelino Villaverde Miguez, Constantino Fernández Moldes e a Comunidade de Propietarios dos Montes en man común de S.V. de Cerponzones.

24 de Xullo de 1984

Ao obxecto de iniciar o expediente de expropiacion desde o Concello de Pontevedra solicítanse datos do Catastro de Rústica sobre as leiras que eran obxecto de expropiacion e situadas no Polígono nº 209, fotografia 11-B do Catastro, con número de parcelas do 35 á 43 inclusive.

O resto pertencía á Comunidade de Montes.

Valorábase a 220 pesetas hectárea o valor dos terreos.

Pero atendendo aos criterios establecidos polo Servizo de Catastro, resultaba un prezo moi inferior aos de mercado, e por iso procedíase a valorar con prezos acordes cos do mercado por aquel entón.

O total da valoración ascendía a 9.931.478 pesetas

13 de Agosto de 1984

O Secretario Accidental do Exc. Concello de Pontevedra, D. Carlos Riestra Limeses, comunicaba que o Instituto Geológico y Minero de España emitira un informe indicando que o lugar máis idóneo para a instalación dun Vertedeiro era a zona de A BARBEITA, situado na parroquia de San Vicente de Cerponzones.

Aprobábase o Proxecto ” Vertedero Controlado de Residuos Sólidos Urbanos”

Ocuparía unha superficie de 60,468 m2 e valorado en 9.931.478 pesetas.

14 de Agosto de 1984

A través dos técnicos do IGME, procedeuse a realizar estudos dos terreos máis apropiados para a instalación do Vertedeiro.

Referíanse no informe que o terreo ideal sería aquel que debería reunir unha serie de características litolóxicas, de permeabilidad e drenaxe que non implicasen risco de contaminación das augas subterráneas, polo que procederon ao seu recoñecemento.

Tamén se tería en conta que fosen estética e hixénicamente compatibles co medio ambiente e cos núcleos urbanos da súa contorna.

Visitáronse as zonas de Casal do Mendo, ao NO. da capital, este terreo rexeitouse, ao existir nas proximidades un manantial e varios pozos.

A segunda zona visitada foi un lugar moi próximo ao actual vertedeiro da Xunqueira de O Bao, á altura do punto kilométrico 1,500 da estrada PO-310 ( Gandara e Xunqueira ). Este emprazamento atopábase moi próximo ao río Castrove e á zona de marismas e presentaba unha alta posibilidade de afección ao río e ás marismas.

Seguidamente efectuaron unha terceira visita, na contorna da Parroquia de San Vicente de Cerponzones, pero ao tratarse dunha zona moi poboada , non foi posible localizar ningún emprazamento que reunise as condicións requiridas.

Despóis visitaron uns terreos situados no lugar da Barbeita, ao N. de Pontevedra, á altura do punto kilométrico 111,500 da N 550, accedéndose a este lugar a través dun camiño que parte á dereita da mencionada estrada.

Desde o punto de vista hidroxelóxico, a zona reunía as mellores características, no que se refería ao impacto sobre as augas subterráneas utilizables, ao ser este prácticamente nulo, polo que rexeitados os anteriores emprazamentos, escóllese este lugar.

No informe, asinado por Loreto Fernández, dábase unha serie de características sobre a zona da Barbeita, xeolóxicas, hidroxelóxicas, consecuencias medio ambientais etc. e acababa coas conclusións e recomendacions .

Dicía en recomendacions :

1-Efectuar o vertido en réxime controlado, proporcionando drenaxe adecuado ás augas de escorrentia superficial e recollendo e tratando lixiviado, evitando a súa circulación augas abaixo.

2-Proceder ao recubrimiento periódico dos lixos con material inerte, recomendándose area lixeiramente arcillosa, aínda que outros materiais, con tal que non sexa arcilla pura, poden servir, o que reduciría os problemas de cheiros, gases, insectos etc.

Seguidamente…..

Trasládase á Conselleria de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia a autorización para un novo vertedeiro controlado de residuos sólidos.

( No Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra do ano 1953 os terreos atopábanse dentro da ZONA 13 de RESERVA.

CORRESPONDÍA Á CLASIFICACIÓN DE CHAN RÚSTICO NON URBANIZABLE)

Os Servizos Técnicos do Concello de Pontevedra confeccionaron o Plano Parcelario dos terreos a ocupar na zona da Barbeita ( Campolongo ) da Parroquia de San Vicente de Cerponzones, con relación de dez Propietarios e unha superficie de 60.468m2.
Por iso apróbase o Proxecto “VERTEDERO CONTROLADO DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS”, redactado polo Enxeñeiro de Camiños D. José A. González Parga.

A contrata da obra ascendía a 147.894.535 pesetas.

17 de Setembro de 1984

Envíase á o Señor Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia os proxectos das obras, acompañados da Memoria, relación de bens e dereitos a expropiar, plano parcelario correspondente con nomes, domicilios, superficie a expropiar, valoración e demais datos precisos para acometer o procedemento expropiatorio e certificacions varias.

Pedíase a urxencia de que se dignase acordar a declaración de URGENTE OCUPACIÓN 

17 de Setembro de 1984

O Secretario do Concello de Pontevedra certifica que tras expoñer ao público o proxecto da “Construción de vertedero controlado de residuos sólidos urbanos y sellado  del actual”, por prazo reglamentario de quince días, formuláronse contra o mesmo varias reclamaciones por parte de :

D. José Landin Eirin, Alcalde de Barro

D. Emilio Rey Fonseca, Alcalde de Poio

D. Francisco García Blanco, Presidente da Xunta de Montes

D. Marcial Blanco Villaverde e outros.

D. Manuel Sartal Canosa 

D. Filiberto Lorenzo Fontecoba

D. Manuel Maquieira Falcón

D. Marcial BlancoVillaverde

D. Manuel Fontecoba.

Setembro de 1984

Sobre as alegacions presentadas polos veciños, o Pleno acordaba desestimar as alegacions ou reclamacions presentadas contra o “proyecto de vertedero controlado de residuos sólidos urbanos y sellado del actual”.

21 de Marzo de 1985

ELEVACIÓN A PUBLICO DE ACORDO COMUNITARIO DE CARACTER UNILATERAL
Nesta escritura, ante o notario D. Rafael Sanmartin Losada, comparecía o Presidente da Xunta de Montes, D. Francisco García Blanco, legítimado para o otorgamento deste documento, co acordo da Xunta Xeral da Comunidade e con quórum legal de asistencia( máis do setenta e cinco por cento dos veciños ), acreditado polo señor secretario de devandita Comunidade, D. Pascual Constantino Cochón Paz.

OUTÓRGASE :

Única.- Que, formal e expresamente, para todos os efectos legais, eleva a publico o acordo da Asemblea de Veciños de Cerponzones, titulares en propiedade en “man común ” dos chamados MONTES DE CERPONZONES……e para mellor fijación da zona denominada ” RAPADIÑO” en devanditos Montes de Cerponzones, obxecto do acordo de ” cesión temporal” en réxime de OCUPACIÓN PROVISIONAL que se indica no mesmo.

21 de Marzo de 1985

Este día o Señor Secretario da Comunidade de Veciños de Cerponzones, titulares dos montes chamados ” Montes de Cerponzones” e ” En man común ”

CERTIFICABA

Que na Asemblea Xeral de devandita comunidade, celebrada o 19 de Marzo de 1985, e cunha asistencia de máis do setenta e cinco por cento dos seus membros, adoptábase o seguinte acordo :

1º CEDER AO CONCELLO DE PONTEVEDRA , a ocupación temporal, polo prazo máximo de tres anos, a zona denominada ” RAPADIÑO”

2º ACEPTAR COMO IDÓNEO O INDICADO EMPRAZAMENTO

3º FACULTAR AO PRESIDENTE DA XUNTA DA COMUNIDADE PROPIETARIA DO MONTE VECIÑAL, D. Francisco García Blanco, para que, en cumprimento do presente acordo, compareza nos expedientes administrativos, acepte a expropiación e cobre as cantidades que chegaren a determinarse.

22 de Marzo de 1985

Este día no Concello de Pontevedra, e ante o señor secretario D. Carlos Riestra e do Primeiro Tenente de Alcalde, D. Aurelio Cortizo, delegado da Alcaldía para o levantamento de actas previas á ocupación polo proxecto de construción do Vertedeiro, compareceron :

D. Manuel Pérez Blanco

D. Otilia Villaverde Casal

D. Casimiro García Villaverde

D. José Manuel Beade Carballo 

Dª María Jesús Arzúa Fontecoba

D. Avelino Villaverde Miguez

D. Constantino Fernández Moldes

D. Francisco García Blanco

Tanto a Administración Municipal como os comparecientes conveñen e expoñían o seguinte :

1º- Que por causas alleas á vontade das partes, non se puideron levantar no día das actas previas á ocupación dos bens e dereitos expropiados polo proxecto de construción do Vertedeiro,cuxa realización estaba prevista levar a cabo nesta data.

2º- Os comparecientes titulares dos bens e dereitos afectados pola expropiacion, mostran a súa plena conformidadade a que non se leve a efecto, no día hoxe, o levantamento das indicadas actas previas, aceptando que tal levantamento practíquese no día e á hora que sinale o Exc. Concello.

30 de Marzo de 1985

Nesta data o Concello publica un expediente de expropiacion dos terreos afectados polo ” PROYECTO DE VERTEDERO CONTROLADO POR COMPACTACIÓN DE ALTA DENSIDAD DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS” no ” OUTEIRO DÁ PORCA” – San Vicente de Cerponzones-Pontevedra 

MEMORIA

Os terreos afectados alcanzaban un total de 44.154,20 m2 e pertencían á Comunidade de Propietarios dos Montes en man común de San Vicente de Cerponzones, quen tomaban o acordo de ceder os terreos necesarios para a construción dun Vertedero Controlado de Residuos sólidos urbanos.

O total da valoración ascendía a CATRO MILLÓNS SEISCENTAS TRINTA E SEIS MIL CENTO NOVENTA E UNHA PESETAS. ( 4.636.191,00 )

5 de Xullo de 1986

O Señor Alcalde dictaba un DECRETO onde declaraba que tras examinar o escrito presentado pola Xunta Veciñal de Montes en man común da Parroquia de San Vicente de Cerponzones, solicitando a fixación de justiprecio pola expropiacion dos terreos sitos na zona de ” RAPADIÑO” ( Outeiro dá Porca), destinados á construción dun “vertedero controlado de residuos sólidos urbanos”, en 300 pesetas o m2, e resultando que o Concello xa valorara no pleno e aprobado a cantidade formulada polo señor enxeñeiro, consideraba excesivo o justiprecio formulado pola Xunta Veciñal, polo que declaraba concluído o trámite de avenencia sen chegar a un acordo.

A MIÑA CHARLA CON  PEPE RIVAS :
Hai uns anos , nunha presentación dun libro  ( 23/05/2016 ) sobre a vida do señor Rivas, pregunteille si fose actualmente alcalde de Pontevedra volvería instalar no mesmo lugar que estivo o basureiro, a súa resposta foi un NON rotundo.


A resposta de Rivas Fontan foi clara e concisa, deixouse levar polos técnicos que lle aseguraban que ese era o lugar adecuado, cousa que co paso do tempo demostrouse que estaban totalmente equivocados e os veciños de Cerponzons fomos os máis prexudicados, sen levar nada a cambio que puidese contrarrestar este prexuízo medioambiental.

Na foto superior a celebración de que o vertedeiro non se facía no lugar da Barbeita.

Na foto inferior, Veciños da parroquia manifestándose en Pontevedra, pedindo o peche do Rapadiño.


ANO 2016, así foi a miña charla con Rivas Fontan :

Respondiame o señor Rivas as miñas preguntas :

A empresa encargada cos seus técnicos fixeron un estudo pormenorizado da situacion do terreo , fixeron os seus cálculos , presentaron o proxecto de como seria o Basureiro que se iría facendo cada vez que levaran a basura e como remataría o cabo de uns anos , que foron muitos mais do conveniente.


Foi eiqui donde o señor Rivas Fontan recoñeceu o erro dos técnicos :

Non se contou por partes dos señores técnicos a cantidade de lixiviados que desprendería o basureiro que tanto daño fixeron no Rio Rons , Gandara e o riachuelo da Barbeita .

Á segunda pregunta miña feita ao SR. Rivas Fontan sobre o recolledor de lixo do Rapadiño, foi a seguinte:

Se fose hoxe en día Alcalde de Pontevedra vostede volvería instalar o recolledor de lixo nese sitio ?

E o señor Rivas Fontan contéstoume : NON !

Pontevedra tiña un problema de saneamento naqueles tempos moi grave e eu invitei a ministra de Medio Ambente daquela epoca a visitar Pontevedra e que coñecese o problema que tiñamos na cidade.

Despois de estar a percorrer a cidade e explicarlle todo o que necesitabamos para a rede de saneamento a ministra o que me dixo foi o seguinte:

SR. Alcalde, antes de pedirme que lle solucione o saneamento da súa cidade, elimine vostede o recolledor de lixo que ten aí ao lado e despois xa falaremos.

A ministra referíase ao recolledor de lixo que por aquel entón estaba á altura de onde esta hoxe a peaxe da autoestrada e por aquel entón invadida polos xitanos para queimar rodas e demais lixo, o cal eses fumes invadían Pontevedra xunto co forte olor que desprendía o lixo e respiramos tantos anos os pontevedreses.

Foi cando entón decidin trasladar o lugar da depositacion do lixo, contratouse profesionais para que fixesen un estudo dos terreos e decidiron que o mellor considerado era no Rapadiño.

Cando por fin se dá a noticia da nova situación do recolledor de lixo os Veciños de Cerponzons levantáronse en armas, así mo dixo o SR. Rivas, foron con aixadas, forquillas, gadañas etc., mesmo chegaron a comentar de ir a Berducido a plantarlle  lume á súa casa.

Rivas coméntome que non se caeu e seguiu insistindo que o lugar era o idóneo.

Entón enviou unha comitiva de tres concelleiros a Cerponzons e estes foron os que souberon convencer a uns cantos veciños para poder instalar alí o recolledor de lixo.


Un dos veciños que luchou contra a lacra do vertedoiro foi Juan Martínez , eiqui as alegacions que enviou a XUNTA de Galicia

Juan Martínez Fernández, vecino de la zona baja del lugar de Liborei, perteneciente a la parroquia de San Vicente de Cerponzóns, hace las siguientes alegaciones:
1. El afluente de aguas públicas llamado Rons se encuentra por debajo del terreno del vertedero, y posiblemente los residuos que bajen con las lluvias y el viento afectarán a sus aguas. Además, este afluente tiene su recorrido en bajada de aproximadamente cinco kilómetros y medio hasta su desembocadura en el río Gándara, en el lugar de San Caetano de Alba, aguas que pasan por el juncal de Lérez y llegan a la ría de Pontevedra.

2. Las aguas más afectadas por este vertedero son el riachuelo de Barbeita, que a muy corta distancia baja con sus aguas en vertiente al viento oeste, recibiendo la mayor parte de estas impurezas. Estas aguas son recibidas por el río Gándara en las inmediaciones de Pozo Negro que también en su bajada de aproximadamente seis kilómetros y medio une sus aguas con el antes mencionado afluente Rons, en San Caetano, continuando cinco kilómetros más en su recorrido aguas abajo.

3. La zona más peligrosa del vertedero es la zona oeste, esta parte está enfrente del camino y frecuentemente salen en la parte más baja aguas de color café muy negro, aumentando cuando está el tiempo de lluvias, lo que se puede observar en la cuneta del camino que por allí pasa. El vertedero está en zona alta y enfrente de una gran vertiente, por lo tanto si llega a caer la basura, pueden producirse desgracias en personas y la basura se extendería por el monte y propiedades privadas y con las intensas lluvias se producirían lodos bajando por el río Gándara, zona de Castrado, San Caetano, Xunqueira, y ría, por todo esto, en esta zona debe tenerse especial cuidado.

4. Las aguas contaminadas del vertedero O Rapadiño perjudicaron a plantas cerca de las orillas del río Gándara, por ello se puede probar que este río está mucho más perjudicado por los residuos del vertedero y sus lixiviados que el conocido afluente Rons, por lo tanto el referido como Rons y el riachuelo Barbeita, que lleva todo lo que baja en líquidos, hasta el río Gándara que no se menciona en el proyecto. Materiales y trabajo con garantía.

5. El proyecto técnico está elaborado por persona experta y de gran prestigio personal. Debe regenerarse el río Gándara. El río Gándara y el riachuelo Barbeita deben hacerse constar como los más afectados.

6. Para mayor divulgación de la información pública sería conveniente que directamente se notificara a la Junta Rectora de la Comunidad de Montes de Cerponzóns, ya que actualmente sería necesaria la ampliación del plazo. (Se adjunta mapa señalando en color verde el río Gándara y color rosa el Rons).

Suplicando la admisión de estas alegaciones a los efectos procedentes y dar información en su día de la resolución expresa que se estime conveniente.

Santiago de Compostela, 31 de julio de 2001.

.

Os medios informativos publicaron en moitas ocasións a pestilente historia de O Rapadiño.

Comentábase que neste basureiro mancomunado polos Concellos de Pontevedra e Sanxenxo, recibira durante dez anos os residuos sólidos urbanos destes dous Concellos e ademais esporádicamente doutros Concellos da nosa comarca.

Clausurado no ano 1997, a súa situación de saturación fixo que os Concellos que xestionaban este basureiro tivesen que ir dun lado para outro buscando vertedeiros onde depositar os seus lixos.

Isto pasaba ata que empezaron a enviar o lixo a Sogama, primeiro ía directamente a Cerceda e despois a través da empacadora situada en Ribadumia.

Mentres tanto o noso basureiro de O Rapadiño era unha enorme montaña de lixo, constituíndo un importante punto de contaminación, ademais co agravante dun posible derrube, aínda que os técnicos e responsables municipais negábano.

Desde a Asociación Pola Defensa dá Ría e do PSOE presentáronse denuncias, incidían na suposta contaminación que se estaba producindo no Río Rons.
Tras cinco anos da pechadura chegaba o selado de O Rapadiño, cinco anos de atraso, case nada ! O que tiveron que aguantar os veciños ! Dez anos de vertedeiro e aínda por encima cinco de espera para o selado definitivo.

Pero a cousa non terminaba aí, cinco anos máis tarde do seu selado e tras doce en desuso, a XUNTA tiña que afrontar unha reparación no vertedeiro, detectouse graves deficencias que poñian en risco a estabilidade desa enorme montaña de lixo.

De mans da Conselleria de Medio Ambiente abriuse a licitación por 260.000 euros, este importe sería destinado para a adquisición dun equipo compacto de extracción e combustión do biogás. Tiña como obxectivo a mellora no tratamento dos gases e de paso retirar os lixiviados que había en exceso e que se acumulaban no fondo das miles de toneladas de lixo que estaban almacenadas, unhas 400.000.

Eran os técnicos municipais quen calculaban que os lixiviados seguirían producindo arrastres ata polo menos 15 anos logo do seu clausura, por iso era necesario que periódicamente fósense retirando do pozo en que se acumulaban.Como as estruturas presentaban un deterioro bastante importante houbo que reparar as canalizacions daquelas augas e tamén realizar unha reparación xeral das tuberías que captaban o biogás ata a cheminea central.


Cantos anos de danos sufriron os veciños ! Un vertedeiro que comezou a funcionar na década dos anos oitenta, clausurouse en 1997 e quedaría selado no 2004.

**A maioría dos datos foron recollidos do Archivo Histórico do Concello de Pontevedra

**Colaborou tamén o Diario de Pontevedra