CANTEIRO : Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción.
Na miña época de cursar estudos no Instituto Sánchez Cantón tiven unha serie de mestres que influíron nos meus gustos por unhas materias máis que outras.
Entre estes mestres estivo Alfredo García Alén, entre os seus cargos ao longo da súa traxectoria foi historiador, membro da Real Academia Galega, Director adxunto e Secretario do Museo de Pontevedra etc.
Un dos seus muitisímos traballos que levou a cabo e que me chamou a atención foi o de ordenar o Vocabulario dos Canteiros de Pontevedra.
Foi polo ano 1896 a Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da man de dos doutores membros da devandita sociedade, D. José Casal e D. Enrique López de la Ballina, ambos coñecidos pola súa gran labor humanitaria como “médicos dos pobres”, cando comezaron a recoller parte da “jerga” dos canteiros.
Corría o ano 1956, e os fondos sobre a “jerga”dos que dispón naquel entonces Alfredo García Alén son un total de dez inventarios, e foron prácticamente feitos a gran maioría polo que foi o primeiro director do museo, D. Casto Sampedro.
Recolléronse estes fondos dos lugares onde habían canteiros, por exemplo Berducido, Carballedo, Forcarei, Xeve, Marcón, Sabucedo, Tenorio, Bora, Codeseda, Folgoso, Mourente, Lérez e CERPONZONES.
O historiador Alfredo García Alén ordenou e recolleu 900 palabras para que puidesen ser coñecidas polos investigadores, aínda así quedaban moitos outros lugares onde recoller máis vocabulario relacionado coa “jerga” dos canteiros. Non vou publicar as 900 palabras, senón que publicarei aquelas que son propias dos canteiros da nosa parroquia, pero antes poñámonos en situación:
O Canteiro, xunto ao Pedreiro e ao Picapedreiro son herdeiros dos que traballaron nos Castros, eran homes hábiles e amantes do seu oficio.
É indubidable que xunto aos arquitectos e mestres de obra atopábanse os canteiros populares, artífices de grandes obras que nos rodean, obras que aúnan sentimento relixioso e sabedoría popular : cruceiros, petos de ánimas, capeliñas, altares, hórreos, reloxos de sol, lareiras, fontes,lavadoiros, muiños, pontes etc.
Ao canteiro sempre se lle caracterizou por un extraordinario espírito de compañerismo, tal que entre eles tiñan unha fala especial, coñecida como “ a verba dos Arxinas “, que lles facilitaba a conversación entre eles sen que as demais persoas decatásense do que falaban.
Dentro deste mundo da cantería había quen realizaba o labor de Pedreiro, que se dedicaban a arrincar as pedras que despois traballaban os Picapedreiros e que seguidamente se encargaban de poñerllo nas obras aos Canteiros.
Hai que recoñecer que sempre tiveron un gran respeto naqueles lugares que ían extraer as pedras e atopábanse con petróglifos, coa máxima precaución respectaban os gravados e retiraban as lousas sen que os afectasen, disto puidémolo ver e escoitarna conferencia que impartiu na nosa parroquia o profesor Buenaventura Aparicio fai pouco.
As principais ferramentas que usaban para retirar as pedras eran : paoferro, mandarria, ferro, maceta, acodadeira , punteiro, pistolo, variña, guillo, pico, atacador e rebolo ( inventario recollido polo etnógrafo Xaquín Lorenzo).
Para ser un bo Canteiro comezábase o oficio aos once/doce anos, a súa función comezaba como “pinche” servindo aos Canteiros, era o habitual, quen quixese ser un bo profesional tería que estar durante varios anos como criado do mestre. Seguía ao seu mestre alá a donde el ía, tería que estar atento no momento de servirlle auga para a obra, levarlle os picos ao ferreiro , colaborar en servir cal ou barro etc. Máis adiante xa podería ir realizando outros traballos máis serios, tiña que estar xa ao tanto do manexo do pico, e así iría pasando a outra etapa onde empeza a desempenar, logo a escuadrar, desbastar….máis tarde empezaría a apicoar e tamén a labrar.
O oficio de Canteiro era un traballo moi duro, pasaban moitos días fóra de casa, as ferramentas tíñanas que transportar ó lombo nunha “esporta” ou nun caixón pequeno. Así era que tiñan unha dieta alimenticia que consistía de almorzo nuns grolos de augardente cun anaco de pan de millo; o xantar era a base dá mesma boroa, caldo e algunhas veces un cacho de touciño cunhas patacas; remataban na cea co mesmo menú que ou xantar.
Daqueles tempos era habitual que as cuadrillas de Canteiros pasasen a noite nos alpendres, palleiras ou lareiras dás casas onde traballaban, cun pouco de palla que facía de colchón xa tiñan a cama feita.
Recordo na taberna dos meus pais de haber épocas onde viñan a comer, a beber e tamén a cantar, había un deles que eu tiñalle muito afecto, daquela traballaba na casa dos Señorans, e sempre cando estaba tomando o café cunhas pingas de caña falaba comigo, algunhas veces non entendía o que me dicía e despóis preguntaballe a miña nai que era o que me había dito, non sei fillo, estaba falando o” latín dos canteiros“, e si queres entendelos teste que facer canteiro, e miña nai bótavase a rir.
A existencia desta lingua propia pasábase de mestres a aprendices, sempre coa ameaza de duros correctivos si chegásese a descubrir o significado das palabras. Algún filólogo apuntaba que esta forma de falar databa dos primeiros pobladores das nosas terras, mentres que o meu director de Instituto D. José Filgueira Valverde sinalaba a influencia da lingua vasca na súa xénese e formación.
Cantos Canteiros recordades que foran da nosa Parroquia ?
Polo que me foron decindo os veciños tomei nota de canteiros que teñen relación coa parroquia : MANUEL ORTIGUEIRA, ÁNGEL SOLLA, MANUEL CAMPOS, PACO LOUZAN, ROGELIO PÉREZ, SISTO CASTRO, SABINO, o home da carteira, JOSÉ o do Empalme, (natural de Barro, casado en Alba, con muita relación coa parroquia), JAVIER LOSADA,e tamén agora temos un rapaz que creo que actualmente e o único que desempeña este oficio, refierome o neto de O BARCALA.
A esta lista de canteiros que algúns de nos coñocemos tamén hai outra lista de canteiros que temos reflexada en padrons (anos1842/ 1845) e no Inventario do Marqués da Ensenada, que data do ano 1752, quizáis veña deles estas palabras da “Jerga”….son os seguintes :
ALBERTO GÓMEZ ( veciño de Tilbe), ALBERTO DA FONTE ( veciño de Leborei ), ALBERTO DE PIDRE, DOMINGO DE MAGDALENA, CARLOS PÉREZ, PEDRO PARADA ( veciño de CERNADELO ), DOMINGO DE CASTRO ( veciño de Pidre) E FRANCISCO BLANCO ( veciño de Meán)
1842-MANUEL FONTECOBA (34 anos ) casado con María Benita Castro (35 anos ), tiñan dous fillos, Juan e Rosa, de 12 e 8 años.
1845-JUAN BARREYRO (46 anos ), casado con María (44 anos), teñen tres fillos, de nome Francisca (18 anos) Benito (16 anos) e Benita (15 anos), o lugar donde viven estaba situado entre O BRAVO e A COSTA. Tanto a dona de Juan, coma os fillos, son labradores.
1845-JOSÉ DE CASTRO (23 anos) solteiro, marchou a traballando de Canteiro para Portugal, fillo de Manuel de Castro (43 anos) viudo e vivindo en MEÁN co seu outro fillo de nome Juan (21 anos)
PALABRAS DA “JERGA” DOS CANTEIROS NATURAÍS DE CERPONZONES
BIXIO…………….Ollo
GADOMA………Man
GADOMO………Brazo
MANÉS………….Dono
MAQUIAR………Fumar
MORCEDEIRO..Dente
XABECA………..Cabeza
XAMBA………….Perna
XAMBO………….Pé
Encontramos nun xornal do 27 de Setembro do 1930 unha noticia donde aparece o nome de Severino Costas, de oficio canteiro.
Nota : Si alguén quere saber de todas as palabras recollidas da “Jerga”pode poñerse en contacto conmigo.