13- OS MAIOS, CERPONZÓNS NA FERRERÍA.

E chegou outro mes de Maio, novamente en moitas portas e fiestras das casas de Cerponzóns e tamén en moitos coches, aparecen colgadas as xestas.

Un costume especialmente moi arraigada na zona de Rías Baixas e no Norte de Portugal.

Recollidos en Valença do Miño

A tradición di que temos que ir cortar a galla e poñela antes da medianoite do día 1 de Maio, así estaremos protexidos do Mal de Ollo, para evitar que non nos entre o maio e non collamos o meigallo.

Ligado ao 1 de maio, había outros ritos como os de alumear o pan e que consistía en que na noite previa ao 1 de maio, os vecinos e veciñas percorrían con fachos as leiras para protexer as sementes de calquer mal.

Recordando a charla relacionada cos maios que tivemos na parroquia comentaba Rafael Quintiá o seguinte : que trátase dunha festa que celebra o esplendor da primavera: os días medran e o tempo é máis benigno. É unha celebración asociada á rexeneración da natureza, ligada co ciclo agrario. Críase que había que collelo antes de que saíra o sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido.

Neste ano 2022 volveron os maios a Praza da Ferrería de Pontevedra, ogallá volvan os de Cerponzóns de novo, como en aqueles anos :

RECORDANDO OS MAIOS, RECORDANDO AQUELES NENOS E NENAS DA PARROQUIA.

A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a “deidades” do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos. ( Galicia E.) Os Maios xestáronse tamén para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais coma os ratos , as toupas…..Co paso dos anos foron incorporando bailes e coplas con carácter satírico….

Quen recorda a letra dos Maios do 1998 ? Era època do Rapadiño , o paso a nivel sen guarda , o puro do Alcalde Pedrosa , de Pemán o home do tempo , de Aznar…

A ASC. CHAN DO MONTE LEVOU O PRIMEIRO PREMIO EN COROAS !

O DÍA 2 DE MAIO DO 1998, PUBLICABA O DIARIO :

DIARIO DE PONTEVEDRA, 2 de Mayo de 1998

El concurso de mayos de 1998, tuvo una magnífica respuesta por parte del público pontevedrés que llenó la plaza de A Ferrería para presenciarlo. Fueron 24 los grupos participantes, superando en número y calidad a la edición del pasado año

1 de Maio de 1999

No mes de Abril de leste mesmo ano a Asociación Cultural decide por segundo ano consecutivo participar no Concurso do Maios que se celebra en Pontevedra.
Cunhas enormes ganas de facelo moito mellor que o ano anterior comezaron un nutrido grupo de mozos da parroquia cos preparativos , xuntáronse para ensaiar as coplas e nas vésperas do concurso fóronse todos a recoller os materiais necesarios para confeccionar o Maio e a Coroa , muitos veciños, pais e nais dos raparigos axudaron nesta tarefa.

O día do concurso desprazáronse moitos veciños de Cerponzons cara á Ferrería , eu lémbroo moi ben porque estaba tamén involucrado neste concurso , non cos de Cerponzons , senón cos do colexio do Alvarez Limeses , daquela levaba a presidencia do Anpa e habiamos decido tamén participar cos alumnos do colexio. Nin que dicir ten a ilusión que me facía escoitar o nome de Cerponzons polos altofalantes colocados na praza para este evento. Recordo que ao finalizar o concurso fun cara a onde estaban e feliciteinos polo seu ben facer encima do palco e tamén pola súa preciosa coroa que habían confeccionado.

Alí estaban en círculo Laura , Noemi , Mirian , Maite , Julia , María , Merchi , Adrián , Sergio , Luís , Marta…..emocionados , gritando como tolos , abrazándose entre eles , ao principio todo eran nervios , ao chegar á praza da Ferrería estaban como flans , ademais os nervios íanse acrecentándose porque lles tocaba ser os penúltimos en subir ao palco , e cada vez que había unha actuación doutro grupo as pernas tremíanlle como varas verdes , pensaban que eles non podían facelo mellor que os anteriores e así todo o concurso , pero chegou o momento e alá fóronse .

A súa interpretación foi perfecta, e valeulles un 3 º premio , ademais a Coroa que levaban era preciosa , perfectamente confeccionada , foi como o xurado no seu veredicto concedeulle o 2 º premio . Pero ademais os señores do xurado outorgaron o 1 º PREMIO DE MAIOS E CANTIGAS aos integrantes da parroquia de Cerponzons.

Non acabou todo ahí , non , porque o PREMIO ESPECIAL MAIO 1999 ( este e º Premio mais importante do concurso ) tamén foi para eles , o premio consistiu nunha figura de cerámica de Sargadelos .

Despois de finalizar , recolleron as súas cousas e fóronse cara a Cerponzons , a chegada á parroquia foi espectacular , o soar dos cláxones de todos os coches que desprazaran ata a cidade , era ensordecedor e todos os veciños felicitábanse por ter uns mozos na parroquia que puxeron o nome en portada ao día seguinte nos xornais da cidade.

CRISTINA RECORDA ESE DÍA :

Copla premonitoria do ano no que levamos o Premio especial (1999) : 

Se o Bloque local gaña, sacarase a cruz dos maios, Un fouciño e un martelo, ha brandir nos verdes saios.

Tamén recorda :

Este maio maioleiro, preguiceiro e nugallán, os nenos de Cerponzóns, traémolo pola man.

O DÍA 2 DE MAIO O NOME DE CERPONZONS APARECE NA PORTADA DO DIARIO :

Eiqui vos poño un artigo donde se fala do Maio de Cerponzons :



http://culturagalega.gal/noticia.php?id=4440







MAIO DO ANO 2001

Por cuarto ano consecutivo o primeiro de Maio a Agrupación Cultural presentaráse na Ferrería ó concurso de Maios que organizou o Concello de Pontevedra.

Como noutros anos anteriores todolos membros da Agrupación filleronno mui ben e acadaron varios premios.

O 1º en Coroa é o 3º na modalidade de Maio.

Este ano non recibiron premio nas modalidades de Cantigas é Interpretación, pero sentironse mui orgullosos polo recoñocemento que fixo o xurado das duas modalidades que foron premiados. 

ANO 2004

En Pontevedra dez maios foron os encargados de engalanar a Praza da Ferraría. O vencedor foi o maio de Cerponzóns que levou o premio especial (que é o máis importante do concurso)

MAIO DO ANO 2005 ( Non hubo participación por parte da Agrupación)

MAIO DO ANO 2006

A Agrupación Cultural volve de novo a participar no Concurso dos Maios, e volven a colleitar varios premios, que foron os seguintes :

3º Premio en Cantigas 

3º Premio en Maio 

1º Premio en Interpretación

Os nenos e nenas que participaron, ainda que o principio estaban un pouco nerviosos, fixeronno de maravilla, deixando o nome da Parroquia no máis alto.

Decir que dos nenos e nenas que participaron o maior deles tiña 13 anos é a máis pequena tiña cinco.

Estos son os nomes deles :

Alba( que fixo de solista), Andrés, Alba, Sara, Lara, Junior, Anxela, Miriam, Sara, Tania, Mónica, Raquel, Miriam, Alberto, Nerea e Lucia.

A Agrupación Cultural, a través da súa Secretaria Nieves, facía unha declaración dando as grazas a toda aquela xente que colaborou, tanto na recollida de material, como na elaboración e traslado do Maio e da Coroa.

MAIO DO ANO 2007

2º Premio de Coroas 

A secretaria da Agrupación Cultural, Mª Nieves Filgueira, facía un escrito donde decía:

Este ano en Cerponzons, fixose un bonito maio, axudou moita xente, e pasaron bo traballo.

O disgusto que levaron, todos os nosos meniños, tantos días que ensaiaron, voltaron apocadiños.

Axuntamos os pampullos, e o fiuncho con calor, e quedounos moi feitiño, pareceunos o mellor.

Vaciamos moitos ovos, e pedimos as laranxas, e coseronse as frores, e o fiuncho con tantas.

Alá fomos cos meniños, e co maio no camión, tocaron ben os pauciños, e trouxeron o roscón.

Os nenos cantan mui ben, están ben compenetrados, baten os paus ó compás, nótanselle os ensaios.

Non premiaron as cantigas, nin tampouco o noso maio, pero estamos satisfeitos, de todo o noso traballo.

Este ano a coroa, levou o segundo premio, déronnos a noraboa, e tamén trescentos euros.

Unha excursión faremos, cos cartos que alí nos deron, dixeron que si os nenos, cando lle-lo propuxemos.

Ó voltar todos xantamos, en moi boa armonía, non trouxemos tantos premios, pero pasamos no día.

Para o ano voltaremos, e faremos outro maio, iremos a ferrería, anque pasemos traballo.

Queremos darlle-las gracias, a todo-los que axudaron, esperámolos a todos, para o vindeiro ano.

A nosa Veciña Nieves  publicou ( 1-05-17 ) un recordo do ano 2007 , que di así:

Cantos ensayos, canto traballo canta ilusión e cantas risas e bos momentos pasamos con estes nenos que cantaron o maio de Cerponzóns

Junior, Andrés, Mónica, Sara Abal Filgueira, Anxela, Tania, Alba, Alba, Lara, Sara, Mirian, Raquel, Nerea, Alberto, Lu Abal Filgueira e Miriam .

Ainda que eran dos mais pequeños participando no concurso , facianno mui ben , e acabaron varios premios en aqueles anos que acudiron.

Que morriña daqueles tempos 😍

MAIO DO ANO 2008

Este ano non se cosechou ningún premio, pero os compoñentes da Agrupación comentaban que non perdían os ánimos e as ganas de traballar para o próximo ano, donde aseguraban que lles iría mellor.

Agradecían desde Agrupación a todos veciños que axudaron a recollé-lo fiuncho (por certo que o tempo non acompañou pois non parou de chover), é tamén os que recolleron as frores.

Tamén agradecían os veciños que foran a axudar na confección do Maio, e a Andrés, que foi o que se encargou do seu transporte.

Recordaban tamén desde a Agrupación os nomes dos nenos e nenas que participaron neste ano :

Tania, Junior, Mirian, Miriam, Alba, Natalia, Alberto, Nerea, María, Sara e Lucia.

Cantaron mui ben, pero viñeron para Parroquia disgustados por non conseguir ningún premio, pero con ánimos reforzados para o ano seguinte.

FOTOS 

Outro momento da participación dos nosos veciños :