JOSÉ O TOCO

José o Toco, veciño de Tilve

 
Os meus recordos…

José era veciño de Tilve , vivía nunha casa que había preto da de Edita, era moreno,de estatura baixa, sempre coa súa boina encima, unha das súas características máis comúns era velo sempre asubiando, máis ben era un asubío pouco entendible, parecía que sopraba unicamente .

En esta foto vese a José na procesión de Santiaguiño do Burgo, e o primeiro a dereita :

 


Siempre facía a parada de rigor na taberna da Rons, pola mañan, antes de baixar a traballar, ( creo recordar de qué traballaba no aserradero que había polo Burgo, despois da gasolinera ) e o subir de volta, muitas veces estaba horas na taberna, mais ben era de estar pegado a barra que de xogar as cartas, podía pasar horas e horas coa súa cunca de viño falando entre dentes o que él faría si o deixaran goberñar , arranxaba o país en un plis plas !

Recordo que o seu carácter era como de estar sempre enfurruñado, quizais porque moitos veciños sempre tomábanlle o pelo e metíanse con el. Na taberna case sempre se enfadaba con alguén , os máis novos eran os que estaban día si , día non , meténdolle e gastándolle bromas. Entón José poñiase todo serio e dicíalles que se coidarán as súas palabras . 

A veces había de momentos que se facia un pouco de festa na taberna , cando aparecía algún mozo con unha guitarra ou un acordeón , de repente empezaban a cantar as cancions de aqueles tempos , veñen a miña memoria un tema que se titulaba Los ejes de mi carreta , ou aquela outra que tantas veces cantamos , e ainda a veces recordamos e volvemos a cantar , a que leva por título A Santiago voy ligerito caminando…..

José o Toco tamén gustaba de cantar cando estaba contento, e sempre o recordo cantar a misma canción, o que mais me gustaba era o seu estribillo ( nino nino nino ni ni ni ni noni noni ….)

 

Sucedeu un día que estaba tan centrado cantando que un mozo colleu unha folla de periódico e plantoulle lume, sin que se enterara José, foi pola sua espalda e colocoulla encima da boina, ali estaba o José cantando co periodico facendo lume ; os demais que estaban o seu arrededor facianlle o coro como si non pasara nada, os papeis queimados comenzaban a baixar por diante do seu nariz, e José seguía cantando sin decatarse do que acontecía, claro cando se daba de conta do cheiro a queimado e os papeis pola sua faciana caindolle,  xa estaba a festa montada ! Mimadriña ! Baixaban todolos Santos !

  

Volvendo a sua cancion favorita , de tantas veces que a cantou quedoume na memoria varías estrofas, era un tema que cantaban daquela uns cuantos grupos, un deles era arxentino, Los Visconti, a cancion levaba por título : Adoración

Esta e a letra : 

Virgen de amor, ven junto a mí 
que yo sin tí, no se vivir.

Oye, mi bien, mi dulce encanto, 
y escucha el llanto de mi sufrir.

Si supieras el amor que tengo
 dentro de mi alma que no puedo 
hallar un momento de calma
 que alivie en mi pecho este gran dolor,
 pues tu vives en mi mente
 cuan imagen adorada
 eres la mistica flor más delicada
 por la cual suspiro con ardiente amor.

Eres alma de mi alma buena
 que alivia mis penas
 y con gran empeño quiero que este sueño
 sea el sueño eterno de mi corazón
eres fuente inagotable
 que alimenta mi cariño
 con la ingenuidad que un niño 
yo confio en tí como si fuera en Dios. 

Nino nino nino ni……

E si queredes escoitala :

https://youtu.be/Xw5WdAUVXRw

 

Unha anécdota acontecida na que era coñocida como a Taberna de Maruja :

Cando comezou a venderse os produtos conxelados chegou un día José con duas  costilletas e díxolle á miña nai que as puxese a descongelar e á noite que llas fritise, non quería levalas para casa, quizais tiña medo de que na súa casa non llas preparasen. Ben, a miña nai colleu unha tixola e preparoullas, ao chegar José serviullas xunto con patacas fritas e unha cunca de viño tinto.

E non tiñan mala pinta as costilletas ! Papou todo! Pero a quen non lle gustou nada o de fritir unhas costilletas que viñan conxeladas na tixola que tiñamos para facer a nosa comida foi á miña avoa Ramona, tal foi o noxo que tivo, que o primeiro que fixo foi coller a tixola e tirala pola xanela á leira do señor Magdalena jajajaja.


POR NOITE BOA :

José non tiña moi boa relación cos seus parentes, na casa onde vivía facía a súa vida sen manter prácticamente conversación con eles.

En datas sinaladas, como o día de noite boa, ceaba na miña casa, recordo outra anécdota que sucedeu unha vez :

Era noite boa e José estaba sentado á mesa connosco, o meu avó Jesus tiña o costume de antes de cear, poñerse en pé e dar grazas a Deus polos alimentos que iamos tomar, terminando cunha breve oración.

A cea desenvolvíase na taberna, e as portas estaban abertas para calquera veciño ou veciña que viñese a por algún recado de última hora que fose necesitar : un turrón, uns figos, champán, sidra etc.

Pois resulta que no momento en que o meu avó Jesus  estaba comezando a súa  locución, entra pola porta o señor Faustino O Morrón, ao ver ao meu avó dando as grazas, comezou a dicirlle en voz alta :

Ba,ba, ba, ba…pero Jesus ! A estas alturas poste a rezar !

Cenade que vos arrefría ! E a min ponme unha cunca Carmen!


CASTELAO, CERPONZONS E O CENTRO PONTEVEDRES.

NOTAS DE PRENSA , 30 DE OUTUBRO DO ANO 1924

Naqueles anos eran xa moitas as Sociedades , Asociacións , Residentes , Centros Galegos e Federacións Agrarias e Culturais as que había en Buenos Aires.

Aquí aparece unha anotación  dos Actos e Festas dalgunhas destas Sociedades onde se nomean á composta por Residentes de Lerez , Alba , Campaño e Cerponzons.

O asentamiento de galegos en Arxentina empezou a notarse fuertemente sobre a metade do século XVIII, é a raíz do ano 1830 onde os galegos saen a miles ata o ano 1930, documentadas máis de 850.000 saídas, a metade do fluxo de galegos que se foron para América, cífrase que neses anos emigraron 1,5 millóns de galegos.
https://youtu.be/43bsppKS7Mc

UN POUCO DE HISTORIA DO CENTRO PONTEVEDRÉS, DE CASTELAO E DO NOSO VECIÑO JUAN ESPERON :

HISTORIA DEL CENTRO PONTEVEDRES

El Centro Pontevedrés, integrado por la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Meaño, Residentes de Lérez y Alba, Campaño yCerponzones, se crea, como consta en sus estatutos, con la meta de: 
Contribuir por todos los medios a su alcance al estudio y conocimiento de la historia, costumbres y cultura de Galicia, nuestra tierra de origen, así como del país que nos acoge, difundiendo los principios de su constitución republicana, manteniendo el respeto por las instituciones que lo rigen. La labor continuada de este centro provincial, lleva a Bieito Cupeiro  Vázquez –uno de los más representativos hombres de la cultura de esta institución– a decir sobre él:

O Centro Pontevedrés, unha das sociedades que más se facían notar pola combatividade da súa liña patriótica e a dinámica entusiasta dos seus asociados, chegou a ocupar un lugar de vangarda dentro do marco societario galego, sempre aberto á colaboración coas entidades irmáns ó servicio da causa patriótica e onde Castelao, pontevedrés adoptivo como el se sentía, gozaba de xeral devoción afectiva, no seu casal da rúa Sarandí 847, ocupado despois de convivir varios anos no solar do Centro Ourensán, en Belgrano 2186,

 La sociedad de Alba, Campañó y Cerponzones firmó su condición de fusionada al Centro Pontevedrés el 24 de octubre de 1942, aportando entonces su capital. La Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Geve fue, desde el momento de su incorporación en 1943, considerada también como fundadora.

Presidencia de Manuel Esperón, (marzo 1942 – marzo 1944)

La presidencia de Manuel Esperón sienta las bases sobre las que el Centro Pontevedrés desarrolla, en los siguientes períodos presidenciales, el crecimiento que lo convierte en uno de los más importantes referentes de la colectividad gallega de Buenos Aires. (No ano 1942 eran un total de 504 socios).

Esa primera Comisión Directiva fue conformada por Manuel Esperón (presidente), Eduardo Díaz (vicepresidente), Cándido Rey (secretario general), José Mª Quintans (secretario auxiliar), Juan Fernández (secretario de actas), Manuel Mourente (tesorero), Manuel Agis (protesorero), Eugenio García (contador), Antolín Dios (bibliotecario), los vocales titulares José Tages, Manuel Padin, Ramón Vázquez, Manuel Pazos, Alfredo Magdalena, Ramón Burgos, Albino Casas, los vocales suplentes Ángel Magdalena, Manuel Couselo, Manuel Castro, Manuel García, Manuel González, Nicanor Rey, Ramón Ruibal y las comisiones fiscalizadoras titular (Manuel Iglesias, Manuel Argibay, Manuel Laredo) y suplente (Benito Piñeiro, Nicolás Rojo).

Presidencia de Antolín Dios  (marzo 1948 – marzo 1950)

Durante esta presidencia -que completa la campaña por los dos mil socios e inicia en 1949 un nuevo programa bajo la consigna “Haga un socio más”:

Conviene destacar que estas mejoras son posibles en gran parte gracias al esfuerzo de los propios socios quienes donan muebles o su propio trabajo. Con frecuencia, el Centro recibe de parte de sus asociados donaciones de dinero para la compra de materiales, o bien, la cesión de los intereses y, en ocasiones, hasta de los bonos del empréstito interno. Merced a la continuidad del entusiasmo y participación que la compra del campo de Olivos genera, puede considerarse éste como un período de consolidación del Centro, cuya actividad continúa las características delineadas en las presidencias anteriores e incrementa considerablemente el número de socios que hacia el fin del período supera los 2.400.

Carta de CASTELAO ao Presidente do Centro PONTEVEDRÉS :

El día 10 de marzo de 1944, la editorial As Burgas del Centro Orensano de Buenos Aires edita el libro Sempre en Galiza, de Alfonso R. Castelao. La inmediata repercusión que tiene el texto y el prestigio indiscutible de la figura de Castelao entre los emigrados porteños, desencadenan que el 18 de marzo de 1944, el Centro Pontevedrés por aclamación unánime nombre Socio honorario a Alfonso R. Castelao. El 25 de marzo, en la primera sesión de la nueva comisión directiva, se le remite este nombramiento, que Castelao agradece en una carta manuscrita fechada el 31 de marzo :

Sr. Presidente do Centro Pontevedrés de Bós Aires

Meu estimado compatriota:

Non teño ningún documento, nin tansiquera unha partida de nascimento, para acreditar a miña calidade de pontevedrés; pero se non fun consultado antes de nascer, sábese ben que dispois de ter nacido escollin a Pontevedra para vivir e morrer, se o tal programa non chega a complirse non será certamente por culpa miña. Non son, pois, un pontevedrés de partida de nascimento, que âs veces esto é entrar pol-a porta falsa; vountade e pol-a miña identificación coa terra e as xentes dePontevedra.

Co dito abonda para que vostedes comprendan a ledicia que me produxo a súa agarimosa carta do día 21 de marzo na que m participa o nomeamento de Socio honorario, conferido por ese Centro en asambreia xeral, ao meu favor. Como resume da miña ledicia sóio podo decirlle dúas palabras: Moitas gracias.

Non sei se merezo ou non a distinción que lles debo; pero seipan que sempre, sempre, sempre, procurarei fecerme merecedor d-ela e que poden dispoñer de min ao seu antoxo en todo canto eu lles poida ser útil. Fágame o favor de transmitir aos seus compañeiros de Xunta e a todol-os asociados a miña inquebrantable devoción.

Saúdao co meirande afeito

Castelao

Bós Aires, 31 de marzo de 1944


JUAN ESPERON MOLDES

El 11 de marzo de 1951 se erige en la entrada del Pazo Galego una estatua en bronce de Castelao realizada por el escultor pontevedrés Ángel Alén Buceta. El acto de inauguración es uno de los más concurridos que haya realizado la colectividad gallega de Buenos Aires. 

Mi padre Juan Esperon Moldes, de profesión albañil,  fue un miembro del colectivo que puso su grano de arena trabajando en diversas obras de mejora en el Recreo Social,entre ellas la estatua a Castelao,  como así lo refleja el diploma dedicado a su persona, en el cual se puede leer :

EL CENTRO PONTEVEDRÉS

Significa su reconocimiento con este testimonio al asociado

Juan Esperon

Integrante de la Comisión de Obras por su meritoria y desinteresada labor y contribución en la realización de las obras de ampliación y embellecimiento de nuestro Recreo Social ” PAZO GALEGO” de Olivos.

Buenos Aires

Septiembre de 1951


Recollin estos datos :

Sobre meu pai, que chegou a Buenos Aires en Abril do 1950 : https://roquecerponzons.wordpress.com/2017/01/15/fillo-de-un-emigrante/

Juan Esperon, saludando

Sobre a historia do Centro Pontevedrés : http://www.academia.edu/245100/Una_historia_que_no_cesa._De_los_Centros_Provinciales_al_Centro_Galicia_de_Buenos_Aires._Graciana_V%C3%A1zquez_Coord._C%C3%A9sar_N%C3%BA%C3%B1ez_y_Andrea_Cobas_Carral_investigadores_principales_Santiago_de_Compostela_Xunta_de_Galicia_2004._338_p%C3%A1ginas

DOCUMENTAL :

https://youtu.be/IUB2rtztVXo


JESUS RECAREY LORENZO, CONDUCTOR DE TRANVIA

JESUS RECAREY LORENZO


Fillo de Manuel Recarey Paz ( falecido o 2/11/1953 ) e de Carmen Lorenzo Ogando ( falecida o 21/12/1960 ) .

Fotografia de Manuel Recarey Paz:

 


Jesus naceu o día 3 de Febreiro do ano 1906 .

Falleceu o día 29de Abril do ano 1990.

Jesus sendo mui xoven alistouse a Marina, con 17 anos xa estaba enrolado no Departamento de Marina do Ferrol, na Brigada de Pontevedra,  Trozo de Marin .

Estas imáxenes son de cando fixo o Servizo Militar en Ceuta :

Inscribiuse en Marin o 9 de Xullo do 1923 para dedicarse a navegación e industrias do mar , según a Ley do 22 de Marzo do 1873.

As suas señas personales según poñian daquela na cartilla militar eran as siguentes :Cuerpo : Regular , Ojos : Pardos , Cejas : Castañas , Pelo : Castaño , Frente : Ancha Nariz : Deprimida , Boca : Regular  , Color : Bueno , Barba : Tiene.

Foi no ano 1930 cando ingresa  con 24 anos no Tranvia Eléctrico de Pontevedra 


Desde o ano 1924 a Sociedade do Tranvia  Eléctrico instala a tracción eléctrica na línea de Lerez a Pontevedra , donde Jesus estivo nos anos 30 , pasando despois a traballar na cidade de Vigo ata que se xubilou.

O meu avó Jesus casou coa miña avoa Ramona Cochón Ramos , filla de Juan Cochon Moldes e de Peregrina  Ramos Barreiro ,  non lembro exactamente o ano da súa voda , pero debeu de ser sobre o ano 1932/33.

Miña avoa falleceu o 7 de Marzo do 1978.

Deste matrimonio naceu a súa filla Carmen , a única descendencia que tiveron ao longo do seu matrimonio.

Os recordos que gardo do meu avó Jesus é que foi un home que pasaba moito tempo fóra de casa , debido ao seu traballo nos tranvías de Vigo , normalmente pasaba a semana na cidade olivica e voltaba os fins de semana.

Hai pouco un veciño da nosa parroquia lembrábao e comentábame que sempre estará agradecido ao meu avó Jesus , pois en época de estudante na cidade de Vigo , a familia del envíalle comida e roupa a través de Jesus.

Este veciño era D. Pepe Señorans (Q.E.P.D.), uns meses antes do seu pasamento puden conversar con él, tiña tantas cousas que contar que quedamos de volver a vernos, pero non puido ser.

Do blog de Revista Monsacro aparece este texto :

Joaquín Diz Tato, en la revista O Tranvía, escribe una crónica en la que refleja la importancia que tuvo el tranvía para toda esta comarca: “O primeiro tranvía saía de O Porriño ás cinco da mañá. Os viaxeiros, na súa maioria, eran leiteiras e panadeiras que ían vender os seus productos a Vigo: empregados da “fábrica de cristal” (factoría Alvarez) e veciños de Cans que levaban piñas e sacos de leña para vender en Vigo. Debido á abondosa mercancía, se lle acoplaba a “jardinera”. As paradas de O Porriño eran: “Calle Nueva”, “Central” e “Cobas”, onde o tranvía se internaba no monte e saía en Sanguiñeda. Naquel mundo sen presas, viaxar no tranvía era un placer. A hora e tres cuartos ou ás dúas horas que duraba o traxecto, daba tempo para todo: para durmir a sesta, para facer novas amizades, para tomar unhas chiquitas co conductor e o cobrador nas “paradas técnicas”, e incluso, para se votar unha noiva… O día 13 de Febreiro de 1967 cruzou as rúas da nosa vila, por última vez, o “tranvía de Porriño”. Esta vez non levaba a remolque a típica “jardinera”, senón todo un mundo de ilusións, de recordos, de nostalxias…”



Juan José Olaizola comentaba sobre o peche do tranvía :

Lamentablemente a rede de tranvías de Vigo foi clausurada o 31 de decembro de 1968 tras unha escura e caciquil manobra do alcalde franquista Rafael Portanet na que o concello favoreceu sen o menor rubor á actual concesionaria dos transportes urbanos de Vigo, Vitrasa. En 1972 o Tribunal Supremo determinou que se cometeu un claro delito de suborno na adxudicación dos novos servizos pero xa era demasiado tarde para que os tranvías volvesen á vida ,perdendo a cidade unha magnífica oportunidade para seguir contando cunha rede de transporte eficiente, de gran capacidade e respectuosa co medio ambiente.


Cando estaba na casa o meu avó sempre lle gustaba estar ao tanto das noticias , cada vez que tiña un momento de asueto víao lendo o xornal , e moitas veces mantiñamos unhas charlas moi amenas e frutíferas para min .

Tamén gustaballe acercarse a casa das suas cuñadas de Pidre , ali pasaban horas falando e xogando as cartas .

O que me sorprendía del era a súa axilidade , recordo dun día unha aposta que fixemos os dous , a de correr un traxecto ( desde onde están agora os colectores de vidro e de cartón ata da taberna ) haber quen chegaba antes .

Jesus xa tiña a súa idade ( xubilado facía uns anos ) pero non se amedrentou, e el coas súas botas de cana e eu cos meus tenis propuxémonos poñernos á carreira .

Gañei eu , pero por centímetros jajajaja , como corría ! Se de quen me ten comentado que ás veces de mozo ten saído desde a Rons e botar a correr ata Pontevedra , chegando el antes que o tranvía que daquela había desde a Ferreira .

Sempre lle gustou estar ben vestido e aseado , gozaba exhibirse nos momentos sinalados cos seus aneis e reloxo de ouro , todo un cabaleiro.

Ao cabo dun tempo , despois de quedar viúvo , casou de novo , a súa muller chamábase Dorinda Araujo Soto , fallecida o 15 de Abril do 2010 , non tiven contacto con ela practicamente , á miña familia non lle gustou moito esa unión , pero o meu avó decidiu facelo así e ao final respectamos a súa decisión , aínda que a miña nai foi a que máis doída estivo , imaxinarvos naqueles anos estas situacións non se daban normalmente .

Aínda así a miña nai acolleuno nos seus últimos anos de vida e de novo volveu vivir connosco ata os seus últimos días , falleceu o 29 de Abril do ano 1990 .

Eiqui podes ollar un vídeo dos tranvías de Vigo :

https://youtu.be/si78MWrucuY

Diario de Pontevedra, ano 1974 :

Eiqui temos unhas Fotografias , coa familia Losada Barreiro , unha foto feita por min cando estaba camiño da finca ,

ESTA OUTRA COS SEUS BIRNETOS Mª DEL MAR E MARCOS

Unhas de tantas bodas donde aparece Jesus :