17- JOSÉ O LARACHO LÉVANOS A PRAIA.

Na década dos setenta era mui complicado para muitos de nos ir a praia, a falta de transporte era o principal problema, e ademais aínda non se tiña por costume ir á praia como hoxe en día, recordo que a finais dos anos sesenta comentábase na taberna de que alguén da parroquia ía tomar baños ás praias de Marin por prescripción facultativa, pero só se ía por ese motivo, para poñerse moreno non facía falta ir ata as praias, soamente con ir uns días ás leiras collías un moreno en grao sumo intenso.

Eu só escoitaba falar das praias de Marin, parecía que non existisen outras, e algunha vez que outra saía a relucir a Lanzada, uf ! Esa praia quedaba lexísimos ! Comentábase que era enorme de longa e que algunha veciña había ido a ela a darse un baño porque as olas tiñan algo de especial para non sei que das mulleres (iso escoitábao cando viñan á tenda as veciñas e poñíanse a falar en voz baixa, para que eu non me decatase da conversación).

Daquela o de ir á praia e poñerse un bañador, aínda que vos pareza mentira, fai moi poucos anos era un pecado, aínda recordo o profesor de relixión e de todas as demais materias que tiñamos no colexio, situado onde hoxe en día é o Centro Social, aquel mestre tiña unha formación moi estrita, ademáis as súas clases tiñan sempre temas relixiosos polo medio, quizáis debido a que tamén era un dos que cantaban na Igrexa cando había un enterro, si mal non recordo viña un home para tocar o órgano e dous máis para cantar, este mestre impartía nos unhas clases do máis instructivas, aparte de poñernos contra a parede e cos brazos extendidos, cando viñan os días de festa chegaba a dicirnos que o baile agarrado era pecado.

Volvendo á praia, a miña nai era partidaria de que os nenos fósemos a darnos baños, tanto de sol como de auga.

Así foi como un día estando na taberna o señor José, O Laracho, a miña nai comentaba unha noticia que estaba saíndo na TVE, saían os turistas nas praias de Benidorm e o locutor comentaba os bens que proporcionaba o sol e os baños de auga.

Escoitaches José ? Van buscando darse baños de sol e de auga, van de todas partes de España e tamén do estranxeiro !

O señor José, O Laracho

Recordo a primeira vez que fun a praia, foi das que che quedan gravadas na memoria para sempre…..
Resulta que este veciño de Pidre , o señor José O Laracho tomando a cunca de viño na taberna, e despóis de escoitar a miña nai, marchou para casa, seguramente falou coa sua muller e deberon de decidir de ir un día cos seus fillos a praia.

O día seguinte chegou de novo a taberna, pediu un viño e de paso preguntoulles os meus pais se lles daban permiso para levar o seu fillo Juanito cuns cuantos rapaces máis á praia de Mogor , el encargábase de todo , nese intre na taberna había uns mozos que escoitaron o comentario e quixeron apuntarse para ir tamén , pidironlle si os levaban a praia, e o señor José asintiu , eso sí advertindolle ( movendo con a súa maneira particular aquela dentadura postiza ) que tiñan que saber comportarse e ter educación , sinon deixavaos en terra , e volvían andando, que emoción ! Íamos ir a Praia !

Así foi, chegou o domingo e naquela furgoneta que tiña José O Laracho para ir a vender as semillas as feiras,meteunos a todos dentro , ían os fillos do señor José , os seus sobriños Lito e Manolo , eu , e os tres mozos da parroquia que estaban na taberna ,eles eran máis maiores que os demais rapaces, que por certo ,estos tres mozos nunca viran unha praia como me pasaba a min tamén , era a primeira vez que teriamos esa experiencia .

Alá fomos, metidos na furgoneta , escoitando a música de Fórmula V é os Diablos , co tema Un Rayo de Sol , íbamos todos preparados, un bañador, unha toalla e os bocadillos de queixo con chorizo, dirección Mogor .

Os tres mozos que iban con nos traballaban de albañis , e practicamente a súa vida diaria pasabanna traballando na empresa dun contratista de apelido Esperon , un señor creo que de Poio , que dou muito choio a xente da parroquia .

Estos tres mozos , os días festivos que non traballaban na obra , tiñan as faenas do campo , non lles daban moitas opcións os seus pais de ir por ahí ,de golfería , a non ser a Chan do Monte a xogar a pelota os domingos pola tarde .

Para eles aquel domingo á tarde foi a súa primeira saida a praia e a súa ilusión por ir á ollar coma era e divertirse era tal que non lle cabía o pan no corpo .

Eu , que ía atento a todo o que eles comentaban, ían falando de cómo había que nadar, de como non se podía tirar un sin haber pasado duas horas de haber comido…..eu escoitaba todo atento, iamos como sardiñas enlatadas na furgoneta , jasusdiormio que calor pasamos ! Chegamos e baixamos da furgoneta, aquelo era novo para nos, a maioría da xente estaba en bañador, había cada un con unha pinta…..así tamén pensarían de nos os que nos miraban baixar hacia a praia pegando berros coma si fosemos vikingos que íamos a conquistar aquel lugar !

Non paramos de rir , jajajajaja , o pouco de facer as duas horas de dixestión xa fomos todos a bañarnos, sempre controlados polo señor José, un pouco mais tarde O Laracho tamén lle apetecía bañarse , pero tiña un problema, non dispoñia de bañador, pero como tiña muitas ganas decidiu bañarse de todas maneiras, así que quitou o pantalón e a camisa e quedou con unha camiseta blanca de asas e co seu calzoncillo branco que lle chegaba ata as rodillas , éste era o que faría a función de bañador , as risas voltaron entre nos , pois o sair da auga , tiña os calzons pegados a él transparentandolle todo os que xa estades imaxinando, por certo o señor José era mui bo nadador, os demáis que íbamos con él tiñamos que usar a cámara de aire coma flotador.

Que tarde de risas , de volta na furgoneta escachávamonos coas risas e todos pidindolle por favor que nos levara outro día a praia.

Ángel e Antonio, fillos do señor José, tamén escacharon de risa eses días de praia.

Fai pouco estiven con Tila, comenzamos a falar sobre esta vivencia de cando fomos a praia,  a filla do señor José tamén recorda esta anécdota e comenza a falarme de algunha anécdota máis, sin parar de rir Tila e máis eu fomos falando de eses anos que por primeira vez pisamos a area da praia, conta Tila que unha vez o seu pai foi a praia con un bañador de muller , de cor negro, seica pediullo prestado a unha veciña, o chegar a praia dixonos que foramos baixando, que él xa iba nun momento, o cabo de un tempo empezan haber risas por toda a praia, todo o mundo xiraba  a cabeza para ver cómo un home baixaba hacia a praia enfundando un bañador de muller, o señor José iba todo cheo de sí, a cousa  era que  o señor José non lle gustaba enseñar o peito, e tivo a gran idea de poñer o bañador da veciña.

Tamén outro día fixo que lle cosera a  modista,  que tiñan de man para facer e remendar a roupa dos da casa, un camisón da súa muller co bañador del , outra vez  as risas na praia non se fixeron esperar, daba a sensación de que muita da xente que iba a praia estaba esperando que chegase a hora que chegase o señor Jose o seu novo  modelo, en aqueles tempos muito nos rimos, pero a vergoña de Tila xa vos podedes imaxinar, hoxe en día temos estas anécdotas para rir e recordar aqueles tempos de xuventude e de darlle as grazas o señor José por habernos levado a praia.

Así foi que días despóis o señor José tamén nos levou a Praia de Portocelo :