A NEVADA DO 1970

FAI 50 ANOS DA NEVADA DO 27 DE DECEMBRO 1970


Carmen , Evaristo , Manolo , Juan e Lito


Das tres nevadas que houbo en Pontevedra nos últimos 57 anos, a que máis me impactou dada a miña idade foi a do ano 70, da nevada do ano 1963 non teño máis recordos que o que fun encontrando na prensa daquela época sobre o sucedido aquel 3 de Febreiro , segundo os máis vellos da parroquia  non lembraban nas súas vidas semellante nevada sobre Pontevedra , estivo a nevar ininterrompidamente ata as seis da tarde , e comentábase que non sucedera unha nevada igual desde o ano 1906.



A do ano 1970 foi para min e para moitos mozos da parroquia daquel entonces algo impresionante, algo nunca visto , nunca viviramos unha nevada e ademais nunhas datas tan sinaladas , nin que dicir que lle daba un ambiente máis do Nadal á contorna da nosa parroquia. Aquel día foi completamente distinto aos demais días da nosa existencia .

A miña nai comentaba comigo pasado un tempo os recordos dos anos sesenta e setenta , as vicisitudes que pasaron todos aqueles obreiros que tiñan que madrugar para ir ao seu traballo , uns andando , outros en bicicleta e algúns que tiñan máis medios económicos coa súa motocicleta , moitos deles paraban a partir das seis e media da mañá para tomar o seu café de pota coa súa copa de augardente , o seu sol e sombra , outros eran partidarios de coñac …., na taberna da Rons adoitaban parar desde moi cedo diversidade de clientes , uns veciños , outros de lugares máis afastados , os mesmos condutores da liña de autobuses , entre eles os do Garrido , camioneiros de empresas que se dirixían para Celulosas , outros cargados de aceite , outros con piensos …era lugar de parada obrigatoria para moitos deles.

Os invernos eran moi duros , e neses días aos que me vou a referir máis aínda. Dende a miña habitación situada na planta superior da taberna escoitaba  a miña nai lamentarse , xa me din de conta que algo ocorrera , a miña nai non saía do seu asombro e a súa voz alterada era tal , que de principio pensei que algún accidente de coche ocorrería e que se fora abaixo da ponte , ou estivese metido outro coche na nosa leira situada o outro lado da estrada , como adoitaba ocorrer cada dúas por tres debido ao perigo da zona polas curvas, a velocidade a que pasaban e seguramente a pouca adhesión dos neumáticos ao asfalto , ademáis, acentuado neses días debido ás xeadas propias daquelas datas de inverno, pero non, no fora un accidente o que alterara a miña nai ese día….

Amencera un día extremadamente frío e nevado. Durante a noite do día anterior xa  se deixou notar que podía suceder que iba nevar , recordo que era o comentario que máis se falaba na taberna por cada cliente que entraba pola porta , as súas facianas dicíano todo. Pola noite do día anterior o ambiente do local era festivo , chegaran moitos dos nosos veciños que estaban emigrados en Suíza e Francia , os seus comentarios sobre a vida que levaban no seu lugar de traballo , o que gañaban , as normas que imperaban naqueles países, ( que non tiñan nada que ver co noso ), alí na taberna falábase entre eles todo o que tiñan que realizar para poder emigrar , aos máis amigos animábaselles e brindábaselles a axuda necesaria para que fosen traballar con eles , mentres isto sucedía eu íame para a cama , como o frío era tal , a miña nai tíñame preparada a cama cunha calefacción especial ; solía coller nos días de muito frío dous ladrillos , e poñíaos encima da cociña de ferro a quentar , conforme me dixo que tiña que irme para a cama recollia os ladrillos e envolviaos nunha manta , subiu comigo á habitación e así como ían envolvidos os ladrillos introduciunos entre as sabanas aos pés da cama , como vedes unha calefacción do mais natural e ecolóxico. Foi unha noite de moito frío , tivo que poñerme varias mantas e con aquela calor nos meus pés pronto me quedei durmido , ao día seguinte esperábame algo inusual e que xamais vira ….Pola mañá apareceron cubertos de neve os tellados, a ponte , todas as leiras da Rons , daba gusto observar desde a miña xanela aquela estampa , desde a Rons alcanzábame a vista ata o campanario da Igrexa , ver aquilo era coma se estivese dentro do nacemento que adoitaba facer  no comedor situado o carón da cociña, era un inmenso manto branco , de lonxe ía observando como o fume das chemineas das casas marcaban o indicio de que o lume nas lareiras estaba no seu momento máis álxido , había moito frío más casas , era a hora en que estaban a prepararse os almorzos e de paso quentando a auga tamén para darlle ás vacas o seu primeiro alimento do día , ademais cunha nevada así non poderían saír a pastar como habitualmente facíase con elas.

FOTOGRAFIA DO 27/12/1970, O FONDO A TABERNA DA RONS :

Maricarmen, Evaristo, Manolo, eu é Lito.

Caían abundantes copos de neve, que cada vez ían adquirindo gran intensidade. Toda a Rons ofrecía unha bela estampa. Despois de haberme levantado e asearme , ben arroupado baixei á cociña que tiñamos na taberna , esperábame o almorzo , algo que ía coa necesidade daquel día , aquela cunca de caldo repleta de pan ata que a culler mantivésese de pé , pronto saín á rúa cuns coloretes na miña cara, á cunca de caldo que había papado xa empezara a facer efecto ( Que ben sabía o caldiño da cociña de ferro, feito ó lume de achas de carballo), todo abrigado e con precaución funme o máis apurado que podía a casa dos meus amigos de xogos e travesuras .


Lito e Manolo estaban a axudar á súa nai e avoa nos labores da casa , quedaran sen auga e entre os dous decidiran ir a por ela , foron a buscar cun envase que levaría uns cincuenta litros de capacidade, alí véxoos vir subindo a costa do Cañoto que había antes de facerse o tramo novo da estrada nacional , unha costa que ía dar ao lugar do Muiño do Cañoto , baixaran a buscar a auga ao sitio situado o carón do vello muíño que daquela funcionaba como tantos outros da parroquia , alí enchíanse o enorme envase, despois entre os dous tiñan que subilo para a súa casa, así o tiñan que facer todolos días, pronto lles puiden botar unha man é entre os tres subimos o garrafón , non tardamos moito en chegar a súa casa , deixamos o envase da auga e seguidamente fómonos a xogar coa neve , sen antes de advertirnos Digna, a nai de Lito e Manolo, que tivésemos coidado ao cruzar a estrada. O lugar máis adecuado para pasalo ben ese día sen perigo era o aparcadoiro da taberna , alí tiñamos onde facer o boneco e preparar as bólas de neve. Ao pouco intre de estar en plena faena , empezáronse a sumar algún que outro veciño , jajajajaja a que montamos ! Pronto se sumou a miña irmá , Evaristo , Ricardo , Manolo , Pepe …..Unha guerra de bólas que nos fixo pasar uns momentos inesquecibles. Xamais fixeramos tal cousa , para nós todos aqueles momentos nunca antes experimentabámolo e queriamos gozalo a lume de biqueira. A neve tiña un espesor considerable , nalgúns casos a acumulación de neve alncazaba un grosor de varios centímetros, polo que o tránsito dos automóbiles facíase difícil, circulando con grandes precaucións pasaban á beira nosa e claro, algunha bóla de neve tamén recibían, jajajaja.Foi un día nas nosas vidas que xamais o esquecemos , tanto pola mañá como pola tarde gozamos daquel día de neve , xa non tivemos outra ocasión para repetir a experiencia , pero xa tiveramos contacto coa neve e iso quedou gravado na nosa memoria.

UNHA DAS VIVENCIAS MÁIS DE ESE DÍA :

Naquel afastado ano de 1970 recordo que sucedeu algo que non o esquecín xamais.

A taberna estaba esa noite con bastante xente, eran sobre as dez, nese momento abriuse a porta e entrou un señor que non era da parroquia, coñeciámolo doutras veces que estivera, non era moi asiduo, aparecía se cadra unha vez cada seis meses. O meu pai faloume del : Juan, este home foi o máis forte e valente que coñecín na miña vida. Estivo moitos anos de legionario en África , téñolle visto o seu corpo e está cheo de cicatrices.

Recordo que é natural de Poio, pero debeu marcharse de alí e agora anda polo mundo adiante…

Fíxache si era un besta que un día tirouse da Ponte da Barca, había pouca auga e o golpe foi de carallo, pois si o chegas a ver parecía que non lle pasara nada.

Normalmente cando aparecía pola taberna quedábase ata as tantas, era sempre o último en marcharse, bo, marchar non se marchaba, porque da borracheara que tiña non daba un paso en pé. O meu pai entón agarrábao e levábao ao galpón, alí preparáballe un sitio e botáballe unhas mantas encima, a primeira hora da mañá levantábase e marchábase.

Pero aquela noite non foi igual ás anteriores, foise cos veciños de Meán e o meu pai quedou dicíndonos a onde iría parar a durmir esa noite…A sorpresa foi á mañá seguinte , era o día en que estaba todo nevado.

O meu pai levántase e sae un momento para botar unha ollada á postal que había ese día na Ponte Malvar, non todolos días nevaba.

Onde hoxe en día está unha xardineira, pegada mesmo á estrada, había daquela unha pedra alargada, e naquela pedra había un montón de neve. Demasiada neve acumulada pensou o meu pai. Comezou entón a darlle unhas patadas a toda aquela neve, para botala ao chan, a súa sorpresa foi cando escoitou un QUE FAS ! Queres matarme a patadas ! Meu pai dou un pincho patrás e quedou todo sorprendido…Alí estaba o paisano ! O meu pai non daba crédito e como unha bala entrou na taberna a avisar á miña nai.

Detrás do meu pai apareceu o paisano pedindo unha copa de aguardiente de herbas, a miña nai non sabía que facer, quedara conxelada ao velo así, volveulle a insistir pola copa de herbas, entón foi cando Carmen, púxolle a copa ata arriba de aguardente. Tomoulla dun trago e foise por donde viñera coma se non pasase nada.

En xaneiro do 1987 tamén nevou en Pontevedra, nesta noticia do Diario dese ano faise referencia á nevada que eu teño un recordo especial, a do 27 de Decembro do ano 1970


Lendo no blog de José Valero ( un amigo que teño na Cidade ) comentaba o que sucedía neses días na capital  :

Foi a primeira vez que vin a neve. Era Nadal e estabamos de vacacións. O primeiro que fixemos os rapaces do barrio, entre eles os irmáns Lorenzo, foi ir á Alameda, que estaba totalmente branca. 

Logo fomos á Ferrería . Alí había muñecos en cada metro cadrado. Na Praza do Teucro había un moi grande ou, polo menos, eu recórdoo así”, precisa Valero. Na súa memoria conserva tamén a imaxe de Pasarón tinguido de branco. “Esa tarde había partido  e pintaron as liñas de vermello e xogouse cun balón tamén de cor vermella”, comenta. 

Foto, blog bellapontevedra

En Portonovo ese mismo día :



Máis información :

http://vellapontevedra.blogspot.com/2011/06/la-nevada-de-los-70-en-la-plaza-de.html