7- OS INGLESES LEES, RELACIÓN CON CERPONZÓNS.

RELACIÓN DOS INGLESES LEES CON CERPONZÓNS.

Era finais do ano 1793 cando os irmáns Lees obteñen un real permiso para establecerse en Pontevedra, a súa idea era montar unha fábrica de emborrar, cardar, hilar e tecer la e algodón.


Desde a súa orixe, a humanidade estivo ligada á utilización dunha vestimenta. O uso de elementos textiles sobre o corpo debeuse, nun principio, á necesidade de protexerse fronte ás adversidades climáticas. Así que cada sociedade ou grupo, dependendo onde vivisen, as súas roupas confeccionábanse con tecidos artesanaís específicos da zona onde se habitaba. En referencias que temos sobre as primeiras culturas, por exemplo, na época castrexa e románica, as peles era a base da vestimenta, despois co paso do tempo o liño é a la foron os máis usados, máis adiante, o algodón e outras fibras.

Pontevedra, dada a súa situación foi un lugar en que o seu porto xeraba moito negocio, a comercialización de tecidos foi un dos puntos máis importantes da economía local que houbo no século XVIII.

OS IRMÁNS BENJAMÍN E JUAN LEES HOLDEN.

Benjamin e Juan Lees Holden dedicábanse inicialmente a practicar o comercio de importación, pero tiñan unha idea en mente, a de crear unha factoría de tecidos, arriban a Galicia, fixando a súa residencia en Pontevedra, procedían do Condado de Lancaster. Foi a principios da última década diechiochesca, era o 17 de Outubro de 1793 cando a coroa aproba o permiso para establecerse en Pontevedra, prométeselle aos irmáns Lees unha axuda de 100.000 reais.

As condicións son que teñen que ser eles os que atopen un edificio ben proporcionado para o que eles queren montar, ademáis a coroa ofrécelle un bo número de aprendices….

O edificio escolleito para tal menester era o antigo Colegio de Jesuitas, desocupado prácticamente a raíz de ser expulsada de España a Compañía de Jesús no ano 1767. Logo de varios litixios os irmáns Lees ocupan todo o edificio, era o ano 1798.

A fábrica funciona moi ben, contaba con 100 telares e chegou a ter 300 empregados (entre os anos 1804/1807). Os seus salarios eran bos para aquela época ( A maioría dos tecedores  adoitaban gañar un salario duns dez reais, as filandieras, entre cinco a sete, e os aprendices, percibían dous reais), todo iba ben, pero a invasion francesa fai que comece o declive da fábrica.

RELACIÓN CON CERPONZONS.

Corría o ano 1809 cando os fillos dun dos irmáns Lees tiña aos seus fillos Juan e Santiago axudando na fábrica, estaban en plena adolescencia, contaban 18 e 16 anos. Eles estaban incluídos no Municipio entre os mozos alistados durante a Guerra da Independencia, segundo consta nunha certificación que fora expededida pola Real Junta de Agravios de la Coruña, estes foran declarados libres e exentos do servizo de Milicias e do Exército.

Pero no sorteo de 1823 ” tocou a sorte do soldado” a Juan Lees, quen tivo que pasar á caixa de quintos de Vigo para ser filiado. Entón o pai de Juan entablou conversación con Tomás López (veciño de Cambados), chegaron a un trato….

Tomás tiña un fillo de nome Manuel López, residía na parroquia de Cerponzones e atopábase en disposición de servir voluntariamente, dado que se librou de sorteos anteriores, así que supliu no servizo militar a Juan Lees, previo pago de 3000 reais, así foi coma Juan Lees pudo seguir traballando na fábrica.

En 1826 a Junta Militar de Pontevedra excluíu a Juan Lees por alegar un defecto físico visible, en cambio, non foi así co seu irmán Santiago, que se marchou para Inglaterra.