OFICIOS DOS VECIÑOS (XXIX) FRESADOR

FRESADOR : Persoa que se encarga de manexar unha fresa.(RAG)

FRESA : Ferramenta de aceiro constituída por unha serie de coitelas dispostas en forma de cono ou de cilindro, que serve para puír, furar ou para facer máis grosos os furados dunha peza de metal ou de madeira. (RAG)

Un oficio non moi estendido na miña parroquia de Cerponzóns é o de Fresador, oficio donde son necesarios unha serie de estudos teóricos, cousa que como noutros oficios non se necesitaban seguramente tantos estudos dou lugar a qué solo coñozca, que eu sepa, un veciño que decidiu ser fresador.

No lugar de Pidre vive Constante, un veciño que desde os dezaseis anos traballou ata a súa xubilación como fresador.

Nacido en Lérez fai uns cantos anos, veu vivir a Cerponzóns cando contraeu matrimonio con Viruca.

Quixen saber da súa vida profesional e quedei con él fai uns días.

Constante comezou a contarme a súa infancia transcurrida na parroquia de Lérez, sorprendeume cando me dixo que tendo doce anos o seu catequista daquela (coñocido por Chicho O Carrapicho) levouno a traballar de aprendiz a unha tenda que había na rúa Cesar Boente, coñecida como Tejidos Carrasco, Chicho levaba alí uns anos de encargado, pero logo de tres meses de aprendizaxe, a Constante non lle convencía e preferiu seguir estudando e foise para a Escola de Maestría, o que me sorprendeu deste recordo foi que Chicho foi anos máis tarde o meu xefe de toda a vida.

Cando Constante cumpriu os dezaseis anos comezou a traballar en Talleres Pazó (2/07/1956), daquela era o máis importante taller de motores de barcos que había en Pontevedra. O seu traballo de fresador consistía en facer todo tipo de piñons e estriados con destino á construción de maquinaria industrial.

Alí estivo ata os vinte e tres anos en que tivo que acudir a filas, ao volver da mili volveu a Pazó, chegando a ser Xefe de Rectificados, pouco máis tarde foise para Tafisa e uns anos despois incorporouse a Celulosas, estando na fábrica ata a súa xubilación.

Constante, na sección de fresa, cando traballaba en Celulosas.
Constante, na sección de fresa, cando traballaba en Celulosas.

Durante moitos anos Constante tiña unha media de traballo ao día de once horas, incluídos sábados e domingos, tiveron que pasar moitos anos para que puidese ter vacacións, era tal a súa importancia en calquera das empresas por onde pasou que tiña que estar sempre dispoñible.

Recorda Constante que sí había unha avería grave chegou a ter que estar máis de vinte e catro horas seguidas ao pé do canón, ata levábanlle o almorzo, a comida e cea ao posto de traballo.

Outras veces tenlle pasado de recibir a chamada que o avisaba de que tiña que acudir urxentemente para solucionar un problema, a calquera hora, en calquera momento, podía ser ás tres da mañá como cando estaba xa disposto coa seu Seat Seiscentos repleto de cachivaches para ir á praia coa familia e tiña que deixalos na casa para irse inmediatamente a fábrica, Constante era o único que desempeñaba esa función na fábrica, tiña que estar en garda permanente, co paso dos anos a empresa comezou a contratar empresas auxiliares, isto fixo que o noso veciño fósese atopando máis liberado e así puido comezar a ter os seus días libres e as súas merecidas vacacións.

Constante estivo sempre moi ben recoñecido polos seus superiores, a súa profesionalidade non tiña discusión, coñecía á perfección todolos factores que interviñan no sistema mecanizado, sabía as características e a disposición das máquinas o dedillo, estaba ao día no uso de refrixerantes, nas novas pezas e en todos aqueles requisitos de tolerancias na fabricación e no acabado de todas aquelas pezas que pasaban polas súas mans.

Constante foi un dos mellores fresadores que houbo en toda Galícia, así o xustifica o Campionato Galego de Fresa que conseguiu cando estaba traballando en Pazó, chegou tamén a participar no Campionato de España, quedando en terceira posición, un gran resultado tendo en conta que os dous primeiros clasificados, que usaban ferramentas do mellorciño, saíron das universidades laborais de Gijón e Salamanca, mentres que as ferramentas de Constante eran feitas na casa.

Con todo o traballo que tiña e que prácticamente non lle deixaba horas de descanso, Constante sempre sacou tempo para colaborar en temas relacionados coa parroquia de Cerponzóns, durante anos estivo como directivo na Comunidade de Montes, sempre aportando o seu gran, sempre facendo cousas en beneficio da parroquia, aínda é hoxe o día que participa activamente nas reunións, nas actividades ou en calquera evento que se fai ao longo do ano, sempre podemos contar con él.

Nota : Foto da portada de José María Rey Goris.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXVIII) ALBANEL

ALBANEL…Persoa que traballa na construción de edificios ou en calquera tipo de obras en que se empreguen pedras, ladrillos, cemento, area e materiais similares (RAG).

Un dos oficios máis antigos é o de albanel, comezou na prehistoria unha das profesións máis sacrificadas que hai desde aquel entón.

As primeiras construcións foron a base de barro e palla, con estes elementos comezáronse a fabricar os ladrillos de adobe, nas llanuras de Mesopotamia construíronse os Zigurats, pirámides escalonadas que remataban cun templo encima, todos recordamos por exemplo a inacabada Torre de Babel.

Os gravados realizados polas civilizacións dos Sumerios, Arcadios, Asirios etc. móstrannos como había reis constructores, secundados por obreiros. Eles foron os percusores nas técnicas para realizar muros e teitos, sobresaíron sobre todos, os egipcios, só nos basta recordar as pirámides de Keops ó Kefrén por exemplo, grandes obras onde chegaron a traballar ata un total de 10000 obreiros.

Segundo teño entendido, estes obreiros ao principio deuse a entender que eran escravos, pero non, eran contratados como obreiros, seica as súas condicións eran tan miserables que chegaron a realizar a primeira folga da construcción, reclamando ao Faraón melloras na alimentación que recibían polo traballo feito, no fondo da a entender que eran escravos.

Co paso dos anos os novos sistemas de construción, as novas ferramentas e as novas técnicas deron paso a mellóra e á duración do que se construía.

Aproveito este relato para homenaxear aos meus veciños de Cerponzóns, parroquia que desde muitísimos anos foi berce de moitos profesionais albaneis.

Entre eles, meu pai, natural da parroquia de Campañó, outro dos lugares onde proliferan tamén moitos albaneis desde sempre.

Seguro que si me poño a conversar cos meus veciños que traballan neste oficio, cada un tería a súa historia que contarme, pero voume centrar na do meu pai, nos meus recordos e no que me foi contando él ao longo da súa vida, sempre tiña algunha anécdota que contarme, mesmo uns días antes do seu falecemento chegou a contarme dunha en Venezuela.

O meu pai de moi novo foi presentado por un un dos membros da empresa donde iba a traballar ao que ía ser o seu xefe, por certo de apelido Esperón, comezando mui xoven de aprendiz, unha vez aceptado estivo varios anos cunha longa aprendizaxe chea de moito traballo, de moita práctica e de moito sacrificio.

Aos poucos foi ascendendo de categoría ata chegar a ser mestre albanel. O seguinte paso na súa profesión foi emigrar, nos anos 50 do pasado século non había outro destino si querías conseguir algo de cartos para poder formar unha familia.

Meu pai contaba 25 anos cando se foi para Arxentina, logo de pasar un tempo en Bos Aires volveu a Cerponzóns, cásase e de novo embarca, esta vez dirección Venezuela.

A emigración nos anos 50 e 60 centrábase preferentemente en Arxentina, Venezuela, Brasil e Uruguai. O meu pai, como outros moitos galegos, vendo que o bolivar habíase inflado polo petróleo e consecuentemente desprazou en valor ao peso arxentino, decidiu cambiar de destino e facer as maletas rumbo a Venezuela.

Naqueles anos 50 a explotación e importación petrolera en Venezuela colle tal auxe que comeza o estado venezolano a mellorar e a modernizar as suas infraestructuras, comenzaban a necesitar man de obra.

Si ímonos ao Arquivo dá Emigración Galega, podemos ler o seguinte :

Moitos galegos emigraron para traballar na construción, non só como obreiros ou albaneis senón tamén en postos de alta cualificación, por exemplo enxeñeiros, arquitectos, peritos, técnicos especialistas etc. Moitos deles viñan empregados por empresas españolas ou norteamericanas que o Goberno venezolano contrataba para construír estradas e autoestradas, pontes ou grandes edificios públicos. A gran oferta neste sector e os altos soldos atraían un gran número de traballadores.

Unha gran maioría de emigrados non dispoñían de estudos nin de moitos coñecementos para desempeñar algún oficio, a súa vida transcorrera no campo. A maioría comeza a traballar nas casas, sen contrato e con soldos baixos, o meu pai decidiu abrirse camiño por conta propia, a súa estancia en Bos Aires dáballe experiencia e ademais era bo no seu traballo. Pronto atopou choio, aínda que lle custaba ter obreiros cualificados, xa que todos os galegos que coñecía estaban xa traballando e os venezolanos cos que él tiña de veciños non eran dados a ser profesionais da paleta.

O traballo non faltaba, meu pai traballou de sol a sol, especializouse en construír vaquerizas, en pouco tempo conseguiu uns bos aforros.

Juan (pantalón oscuro) mostrando unha vaqueriza feita por él.

A Caracas que él viviu foi a dunha época dun urbanismo acelerado, fixéronse construcións de todo tipo : grandes centros, autopistas, hipódromo, teleférico, edificios enormes etc., unha gran maioría dos emigrantes chegados a Venezuela dirixíanse á capital, a súa actividade comercial, financeira e industrial era lugar idóneo para atopar traballo o mesmo día que chegabas.

Unha serie de fotografías que trouxo o meu pai de Venezuela, son exemplo claro do traballo de albañilería que realizou xunto cos seus compañeiros, algún deles, creo recordar, da parroquia de Lérez.

Juan (o da boina) cos seus compañeiros.

A súa etapa en Venezuela chegou ao seu fin cando de volta a Cerponzóns quería levarse á miña nai para o estado de Zulia, donde él estivera un tempo traballando, pero os meus avós convencérono para que non se marchase de novo, non tiñan máis fillos e non desexaban quedarse sos.

Meu pai entón quedouse e comezou cun novo oficio, granxeiro.

Pero nunca deixou o traballo de albanel, construíu galpóns para ter galiñas poñedoras, tamén preparou as gaiolas para a crianza de coellos, as ovellas tamén tiveron o seu espazo, construiu un pombal o longo da casa, sendo a súa obra mestra a granxa porcina, a cal foi a súa maior ocupación ao longo da súa vida.

As súas paletas, picos, palas, martillos, llanas…gárdoas con moitísimo agarimo e de cando en vez fago uso delas, pero aínda que en moitas ocasións axudei ao mestre, non cheguei a ser máis que un simple pinche de albanel.

Un oficio que deixa nas mans ásperas o reflexo dun traballo pesado, duro, que deixa co paso dos anos un corpo castigado, que moita xente crese que é un oficio destinado a persoas con poucos estudos. Pero si parámonos a pensar na cantidade de tarefas que realizan dámonos enseguida conta que teñen numerosas habilidades e coñecementos, seguro que mais de algún pode presumir da súa enorme intelixencia para chegar a facer construccións de muito nivel, sin necesidade de colgar na parede da súa casa un máster que o certifique.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXVII) ESCAIOLISTA

ESCAIOLISTA : Persoa que traballa ou fai obras con escaiola (RAG).

A escaiola é un produto industrial, un xeso dunha moi alta calidade e gran moi fino, un material en forma de po branco, que se tira do xeso é que endurece ao mesturalo con auga.

Hoxe en día o oficio de escaiolista vaise perdendo porque xa non hai a demanda que había fai anos, houbo un tempo que non soamente pensabas en chamar a un escaiolista para que instalase un teito de escaiola, chamábalo para que fixese unha peza orixinal ou varias na túa casa, eran artesanos, profesionais que eran capaces de crear unha peza exclusiva mediante a cocción e todo iso o facían procesándoo manualmente.

Todo vai cambiando nesta vida, chámanlle evolución, pero hai cousas que desgraciadamente xa non volven, o oficio de escaiolista xa non volverá ser como antes, os grandes mestres van desaparecendo, dando paso a profesionais instaladores de pladur.

Teño a sorte de coñecer a varios veciños que durante moitos anos desempeñaron o oficio de escaiolista, podo dicir con total seguridade que a parroquia de Cerponzóns foi a que máis veciños tivo desempeñando este oficio, mais adiante sabremos o motivo.

Cando comecei a preparar este relato desgraciadamente o meu cuñado Gonzalo falecera uns meses antes e non me deu tempo a falar con el, moito tiña que contarme, desde os seus inicios ata cando se foi para Barcelona a desempeñar alí o seu oficio.

Fai uns días estiven conversando cun dos meus amigos de infancia, Juan A. Losada, máis coñecido como Biri Biri, un home que traballou moi novo de escaiolista, cando comenzou a traballar tiña trece anos recentemente cumpridos.

Comezamos a falar e percibo en Biri algo de melancolía, emocionándose en certos momentos ao recordar os seus inicios e como aos poucos foi facéndose paso como un dos mellores profesionais do sector.

Cando lle pregunto polos seus inicios, sorrí e comeza a recordar…

— Eu terminara os estudos básicos, a partir dese momento era ou seguir estudando ou traballar, así que como dous dos meus amigos (Angel O Caseiro é Lito O da Rons) comezaran a traballar nese oficio, eu quixen tamén ir, díxenlle ao meu pai que quería aprender o oficio de escaiolista e así foi, gustábame e aínda me gusta.

Os meus comezos foron con Juan e Valentín, dous dos mellores profesionais en colocación de teitos de escaiola, molduras, cornisas, zócalos, cenefas, plafons, columnas, capiteis, rosetons, pilastras e tabiques, dabanlle a todo ! O meu pai foi a falar con eles, daquela época había moita demanda e dixéronlle que ao seguinte día fose xa a traballar.

Biri Biri recorda os primeiros escaiolistas na parroquia, Joaquin , Rafael, Tino…eles foron os que se iniciaron nese mundo, logo deles fomos moitos veciños que escollemos esa profesión.

Biri comezou a recordar os nomes : Joaquin, Rafael, Tino O Mineiro, Juan, Valentín, Casalderrey, Gonzalo, Evaristo, Ricucho, Ángel , Lito, Tino, o fillo de Tino O Mineiro…

—O oficio de escaiolista comezaba aprendendo a facer moldes, o aprendiz pasábase todo o día metido no almacén e alí estaría durante anos (Biri dime que pasouse cinco anos, cun soldo de 250 pesetas ao mes ) repetindo moldura tras moldura, cenefas tras cenefas, daquela cada mestre escaiolista tiña as súas molduras, cenefas, plafons etc. distintas as da competencia, cando vías unha obra recentemente acabada, dependendo a moldura que tivese xa sabías quen realizara a colocación da escaiola.

Despois da aprendizaxe na realización de molduras e de estar fundindo todo tipo de pezas, comezas a ir polas obras, daquela o soldo xa pasaban a gañar unhas 750 pesetas, pero si eras bo profesional, rápidamente ías ascendendo e a gañar máis.

—Os mestres escaiolistas eran artesanos puros, todo facíase manualmente, hoxe en día si nalgunha casa ou algún edificio emblemático, que teña traballo de escaiola e necesiten de reparación teñen que chamar ao profesional que saiba realizar ese traballo, hoxe en día en Pontevedra como moito quedarán dous ou tres oficiais de primeira que sexan de garantía. Aínda hai moitos escaiolistas, pero de taller moi poucos, sóbranche dedos dunha man, agora trabállase máis co pladur, que se pode encaixar como un traballo de bricolaxe, en cambio a escaiola é moito máis profesional.

Cando lle pregunto a Biri quen foi de todos o mellor profesional da escaiola, sen pensalo dúas veces contéstame que Juan O da Bouza, para el foi o mestre.

Era súper intelixente, pódoche asegurar que en Pontevedra non houbo outro igual.

Traballos que fixo no Liceo Casino, aquel paraguas que tiña na entrada fíxoo el, nos Bancos, nos Pazos, nos comercios máis importantes daquela, en todo tipo de negocios, en discotecas…había tamén moita restauración, onde un obreiro podíase pasar tres ou catro meses restaurando un local, hoxe en día iso non se fai, canto antes termines mellor, por iso vas todo o máis sinxelo.

A maioría das empresas eran como quen di familiares, compostas como moito por sete ou oito empregados, algunha chegou a ter máis de vinte, pero eran poucas.

Hoxe en día todos os que traballan de escaiolistas, que sexan maiores de cincuenta anos, foron aprendices dalgún dos mestres que houbo en Cerponzóns, de todas as parroquias de Pontevedra, foi onde máis estendido estaba este oficio.

Pregúntolle a Biri polas Salas de Festas, respóndeme que da que máis recorda con agarimo, por estar situada na nosa parroquia, foi a Sala de Festas Brais, hoxe en día coñecida por Sala de Festas La Luna.

Dime Biri, que a sala foi construída por Jose Malvar e os traballos de escaiola fixémolo nós, a empresa de Juan e Valentín e recordo que o teu cuñado Gonzalo, por exemplo, realizou os traballos de escaiola nas Salas de Festas Chanteclair e Saturday, por certo que despois estivo traballando os fins de semana no aparcadoiro de Saturday.

Tamén houbo unha época que traballaron moito para Almacéns Nartallo, de Vilagarcia, fundíanlle moitas figuras, a maioría eran para a realización do Portal de Belén, eran caixas e caixas de figuras que cada tempada preparábanlles.

Eu cando me fixen autónomo estiven en varias ocasións na Escola Naval de Marin, aínda é o día que cando necesitan algunha reparación séguenme chamando, o lugar é unha marabilla, precioso.

Biri segue comentándome que para el o mellor foi Juan, e que aínda que xa fai tempo que está xubilado na súa casa aínda garda os moldes daquelas obras de arte que foi deixando en muitisimos chalets, en casas, en oficinas, pazos…para Biri, Juan foi unha persoa que se esmeraba en calquera tipo de traballo, tiña que quedar perfecto, ademais era un bo mestre, non che ocultaba nada, sempre che ensinaba como el facía os seus traballos e guiábache de tal xeito que o traballo realizado tiña que ser o mellor de todos.

Nesta vida, por sorte ou por desgraza, todo cambia, as persoas, as empresas, todo vai evolucionando.
Tanto Biri, como todos aqueles veciños que profesaron o oficio de escaiolistas, pódovos asegurar que foron puros artesanos, artistas que eran capaces de crear unha peza única, orixinal, a partir da cocción, procesando manualmente todas as materias que se utilizaban para iso.

Biri ten esperanza que o seu oficio rexurda de novo : Hoxe en día é necesaria xente que sexa profesional do ramo, seguro que teñen moito traballo por diante.

Por certo, non só foi Biri quen me falou tan ben de Juan, así que decidín achegarme un día a súa casa e falar con él sobre o seu oficio.

Pronto iréi a ter unha conversa con él, seguro que ten muito que contar…

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXVI) VARREDOR

VARREDOR : Persoa que ten por oficio varrer as rúas. (RAG).

Aínda que en documentación antiga aparece que a mediados do século XV xa algunhas cidades dispoñían de ordenanzas municipais, por poñer un exemplo, prohibían pasar cos porcos polas rúas, non é ata o século XVIII onde comezan a esixirse aos veciños que tivesen a súa dianteira de casa, xunto aos seus costados, limpos.
Seguro que moitos recordades ver nalgunha pelicula aquelas escenas onde á voz de “auga vai” os veciños baleiraban as bacinillas que utilizaban durante a noite é onde ouriñas e excrementos saían despedidos de tal forma que a maioría das veces ían parar encima dalgún transeúnte.
Calquera rúa de Pontevedra en pleno século XIX, estaba chea de desperdicios de todo tipo, as augas fecales, o lixo, a suciedad era tal que comezaron as autoridades a ter que tomar unha serie de medidas que puidesen erradicar os efectos nocivos que tiñan sobre a saúde da veciñanza.
É así, a finais do S. XIX, comezos do XX foi progresando notablemente a hixiene urbana en xeral.

OS VARREDORES DE CERPONZÓNS

Os principais utensilios que usaba o varredor habitualmente era un carro, un recolledor, unha vasoira grande é unha pala, con estas catro cousas xa era dabondo, aínda que co paso dos anos foron aparecendo novos métodos de recollida do lixo cunha maquinaria apropiada para poder realizar o traballo máis cómodo e á vez máis eficiente.

Recordo que sendo un neno os varredores da miña parroquia facían nas súas casas un instrumento formado por un pau que levaba nun extremo un pequeno feixe de ramas, casi sempre eran xestas, que despois empregaban precisamente para varrer, a maioria coñocemos éste instrumento por vasoira, por certo, un dos meus veciños utilizaba dita vasoira de unha forma mui “orixinal “…

Un día vinno en plena faena, exactamente na Praza de Méndez Nuñez, precisamente onde eu cursaba estudos na Academia Helenes, tamén coñocida por Buela, baixaramos de clase, era o momento do recreo, de súpeto véxoo situado en fronte á entrada do outro colexio que estaba tamén situado en devandita praza, a Academia Cervantes, alí estaba, vasoira en man, coa súa gorra, a súa chaqueta e pantalón de pana, concentrado na súa dura tarefa, metido entre os coches que ocupaban daquela toda esa praza da zona monumental, eran principios dos anos setenta.
O home era moi particular na súa forma de varrer, eu xa escoitara algo de boca dalgún veciño que paraba na taberna dos meus pais, pois resulta que xuntaba todo o lixo que ía recollendo da praza e íaa amontoando, cando tiña todo nun montón, no canto de recoller todo para o carro, dáballe uns vasoirazos en dirección aos baixos do coche que estivese máis preto, e alí quedaba todo, nos baixos do coche.
Tamén era moi habitual velo colgar a súa vasoira de xestas para ir tomar un refrixerio, ou dous, ou tres…polos bares da contorna, sabía controlar o tempo que tardaría en ter limpa a súa zona, ademáis non tiña que desprazarse a ningún lado a depositar o que había recollido…

Unha vez preguntaronlle à este veciño a que se dedicaba, cal era actualmente o seu traballo, contestou de este xeito : Son Técnico en mantemento sanitario de camiños públicos: é dicir, barrendeiro.

Ata o ano 1975 os varredores eran empregados fixos do concello, a partir dese ano concedeuse a limpeza e recolleita de lixo a unha empresa privada, creo recordar que se chamaba Selberg, moitos daqueles homes contratados polo Concello pasaron a ser empregados da mesma.
Desde o momento en que se privatiza o servizo, o sistema de recolleita dá un xiro de 180 grados, por unha banda os traballadores, ante un traballo duro, de gran esforzo físico, traballando día e noite á intemperie, comezan a pedir melloras de todo tipo, tanto económicas como de maquinaria etc. Una das folgas máis recordadas foi a que houbo no ano 1983, aínda que non foi a máis grave, realizouse a finais de novembro ata principios de decembro, as bolsas amontoadas e esparcidas polas rúas e prazas ofrecían un aspecto lamentable, o cheiro era nauseabundo, ademáis naquel ano aínda non estaba xeneralizado a implantación de contenedores, foron máis de dez días que Pontevedra estivo sen prácticamente recolleita ningunha. Co paso os anos o servizo foi mellorando en todos os aspectos, tanto en melloras laborais como en maquinaria. Por poñer un exemplo, si nos anos oitenta un camión dedicado á recolleita do lixo necesitaba nalgúns dos casos ata catro operarios, hoxe en día hai camións que con só o condutor xa realiza a mesma función, ademáis a incorporación de máquinas rodillo, aspiradoras, baldeadoras etc. fixo que a limpeza e recolleita fose máis eficiente e máis rápida, aínda que hoxe en día bótase en falta máis maquinaria é máis empregados que cubran o servizo por toda a cidade é barrios.

O RAPADIÑO


Na nosa parroquia de Cerponzóns tivemos uns anos, demasiados, un lugar onde se depositaron 400000 toneladas de resíduos sólidos urbanos, todo o lixo de Pontevedra e doutros dous concellos, o lugar onde estaba situado coñécese como O Rapadiño, rematouse de selar no ano 2005.
Un lugar onde chegou o momento que era prácticamente imposible depositar máis lixo, os camións enterrábanse de tal xeito que non podían circular por él, as ratas contábalas por milleiros e as gaivotas coas súas cagadas camuflaban a maquinaria, ademáis cada dúas por tres había incendios.

ANÉCDOTAS

Son infinitas as anécdotas que podían contar os varredores, nos contenedores atopas de todo, quédome coa de veces que se atoparon dentro dos contenedores a xente durmindo a melopea, outros que se colleron un bo peido ou aquel que se había pimplado uns cantos cubatas para celebrar a vitoria do seu equipo…e menos mal, que daquela o camión levaba operarios, que hoxe en día xa non fai falta un home para levantar a tapa…é todo automático.

RECORDOS

Gardo un grato recordo do señor Joaquín O da Bouza, un dos primeiros veciños que desempeñaron o oficio de varredor.
Éste foi o nomeamento do señor Joaquín como Peón de Servicio de Limpeza Pública, firmado por Filgueira Valverde, alcalde de Pontevedra.

O AGUINALDO DE NADAL

Había un costume a nivel nacional, nunha gran maioría de oficios pedían un aguinaldo ao chegar o Nadal, durante moitos anos había esa costume, pero a partir de 1970 vai desaparecendo, debido a que eran tantas peticións que as xentes que vivían en edificios chegaron a colocar na entrada do edificio uns carteis indicando que non se aceptaban felicitacións.

Sirva de exemplo esta coplilla da Coleccion Casal, que utilizaban os varredores de Pontevedra, data do ano 1906

VECIÑOS DE CERPONZÓNS CO OFICIO DE VARREDOR

Joaquín O da Bouza, Pepe O Peneiras, José O Patiolas, Manuel O Roque, Joaquin O Petelo, Canducho O Santos, O Carqueixo, Luciano O Perrechico, Evaristo O Carrapuzo, José, Jesús é Carlos.

Nestes últimos tempos éste oficio, moitas veces denostado, volveuse máis importante que nunca, con este relato quero darlles as grazas por todo o realizado durante a pandemia.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXV) OPERARIA/O DE FÁBRICA DE GASEOSAS.

Hai pouco salía nun medio de comunicación un artigo relacionado coas fábricas de auga cabornatada, o que coñecemos como gaseosa. O artigo comentaba que nos anos 50 do pasado século España chegou a contar cunhas 5.000 fábricas de gaseosas, delas, en Pontevedra chegáronse a cifrar nunha estatística realizada nos anos 60, a cifra de 134 fábricas na provincia, a maioría eran fábricas familiares, a mesma estatística recollía unha media de catro traballadores por fábrica, os postos de traballo que xeraron estás fábricas chegaron a ser duns 600, tempos onde o consumo das augas cabornatadas e os sifons eran o máis habitual nas mesas da maioría da cidadanía.

Houbo uns cantos veciños e veciñas de Cerponzóns que desempeñaron o seu traballo en varias das fábricas de Pontevedra, quero dar as grazas pola colaboración que tiven a Maruja Bea, A Juanica, que traballou vinte e catro anos nunha das fábricas máis importantes da cidade.

Maruja traballou na fábrica de gaseosas de Gabriel Santos, a maioría das fábricas recibían o nome e apelidos do dono, anos máis tarde Gaseosas Santos, que estaba situada o carón do Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo (anteriormente Calle del Progeso) denominaríase El Ama, este cambio de nome foi debido á raíz da absorción de un par de fábricas instaladas na cidade coa intención de buscar un nome máis comercial para facerlle fronte á competencia : Gaseosas La Casera, La Revoltosa, Pitusa, La Pontevedresa etc. 

Uns anos máis tarde a marca El Ama pasaría a denominarse El Caballo Blanco.

A fábrica fundouna Juan Santos Garrido, denominándose Gaseosas Juan Santos, ao morrer éste no ano 1900 pasa a chamarse Gaseosas Viuda de Juan Santos e hijos, anos máis tarde un dos fillos, Gabriel, faise cargo da xerencia é a fábrica cambia de novo de nome : Gaseosas Gabriel Santos.

Aqueles anos de bonanza para estás empresas, que chegaron a vender na provincia máis de dezaseis millóns de litros de gaseosas, fixo que as empresas máis fortes do sector tivesen necesidade de man de obra, Maruja era menor de idade cando unha veciña comentoulle que si quería ir traballar con ela a fábrica.

Comezou a traballar con dezasete anos, era o ano 1954, estivo vinte e catro anos na fábrica de Santos, e non estivo máis debido a que a fábrica pasou a mans doutro empresario.

Gaseosas Santos necesitaba operarios, era verán, cando máis necesidade de traballadores tiñan, a venda de gaseosas e sifons quintuplicabanse, chegaron a vender 200 caixas o día, Maruja, co permiso dos seus pais comezou na fábrica de gaseosas, estivo quince días a proba, dada a súa valía fixéronlle contrato fixo nada máis acabou os días de proba.

Foron tempos duros, daquela Maruja vivía en Sta. María de Xeve, tiña que ir andando ao traballo e subir andando ao finalizar a súa xornada, naqueles anos non había medio de transporte que puidese levala, máis tarde Maruja casa en Cerponzóns e cando podía ía xa no trolebús.

Compañeiras de Maruja, entre elas, Carmen a Xemada.

O primeiro traballo que lle encomendaron foi o de estar na sección de enchido, era a época das botellas con tapón de porcelana é con relieves exclusivos para diferenciarse das outras marcas, en xeral todas tiñan o seu arte grabado nas botellas. 

Especial coidado había que ter cos sifons, compostos dun cristal con máis grosor que o das botellas de cristal habituais, podían explosionar de tal xeito que parecía unha bomba.

Un pouco máis tarde, Maruja comezou de axudante de reparto, durante anos repartiu caixas e caixas de gaseosas, sifons, cervexas…normalmente Maruja ía acompañada do condutor do camión de reparto, prácticamente era ela a que lle tocaba subir e baixar pisos, daquela non había ascensores, para non ter que subir tantas veces subía dúas caixas á vez, unha na cabeza e outra nunha man, para canto máis  as caixas eran de madeira.

Maruja desde os seus comezos na fábrica comezou a probar conducir unha furgoneta da empresa e tamén unha motocicleta, dábaselle ben, o seu xefe animáballe a que sacase o carnet de conducir…pero había un problema, Maruja non sabía ler nin escribir, na súa vida foi soamente seis meses á escola, tal era así que o principio non lle apetecía moito ir repartir as caixas de gaseosas é non era precisamente polo peso, era porque cando algún cliente non lle pagaba tiña que anotar nunha libreta quen lle quedaba debendo e non sabía facelo. Maruja tivo que inxenialas durante os primeiros días, mentras que aos poucos iba aprendendo a escribir, ao chegar a casa logo da dura xornada laboral, que comezaba ás oito da mañá pero nunca sabía a que hora acabaría, o seu pai foille ensinando as primeiras letras. Así foi como aos poucos ía escribindo na libreta aqueles clientes que non pagaban, marcábaos cunha D (debe). O seu xefe vía que lle poñía interese e sempre estaba dándolle ánimos, ademais para ela era un traballo que aparte do soldo base, tiña unha comisión dependendo das caixas que vendesen.

Maruja repartía por toda Pontevedra : bares, ultramarinos, tabernas, edificios de sete ou oito pisos…así foi o seu traballo durante vinte e catro anos, ata que a fabrica pasa a mans doutro dono, o cal comprometeuse a respectar todos os dereitos dos traballadores que naquel momento había en El Ama.

Maruja coas súas compañeiras.

Cando comezou a nova etapa, coa marca El Caballo Blanco, a situación deu un xiro de 360º, todo o que prometera o dono non se chegou a respectar. 

Maruja deixou de repartir é pasou de novo a fábrica, pero esperaballe unha sorpresa, tiña que realizar o traballo ela soa de catro operarios.

Ademáis, o soldo que tiña, máis a comisión de vendas, máis as horas extras que traballaba viuse reducido, ela non estaba de acordo, o seu anterior xefe pactara co novo propietario que a cada operario da fábrica habían de quedar nos seus postos de traballo é ter os mesmos honorarios que tiñan ata o momento da venda da fábrica.

Maruja estivo desempeñando o “novo” traballo vinte días, aquilo era un inferno, vinte días tivo que realizar o traballo de catro operarios, ela soa tiña que encher as botellas, controlar a taponadora, controlar a cinta transportadora, apilar as caixas, retirar as botellas defectuosas, era por demáis, nunha fábrica onde chegaron a ser cincuenta obreiros, Maruja recorda que cada un tiña o seu cometido e con gran carga de traballo encima é todo se lle viña encima a ela.

Pero chegou o momento que Maruja non aguantou máis, mollada coma un pito, parou a maquinaria e foise tal como estaba a xunto o inspector de traballo.

Presentouse co seu uniforme, un mandilón de plástico que tiña un peto que se utilizaba para gardar o bocadillo para ir comendo aos poucos, xa que nin tiñan horario para ir comer, ainda que na empresa había cociña e comedor non había tempo de tanto traballo que había. Entrou no local da inspección de traballo situada naqueles tempos preto da Alameda, preguntou polo inspector e pronto a fixeron pasar xunto él, un señor maior moi campechano, recorda Maruja, faltáballe parte dunha perna, pero aínda así podía conducir, expliqueille o que me pasaba e veuse comigo á empresa. No seu automóbil adaptado fómonos á fábrica, alí preguntou polo xefe, indicáronlle a oficina, entrou, presentouse é preguntoulle si era verdade o que eu lle había dito Maruja, o xefe contestoulle que si.

O inspector vendo que era verdade o que Maruja habíalle contado quixo facerlle ver ao dono da fábrica que non podía obrigar a unha persoa facer o traballo de catro, que iso estaba mal feito, a resposta do dono foi tal que o inspector contestoulle que a partir dese momento Maruja non traballaría máis con el.

O inspector nunca recibira queixa algunha do anterior propietario da fábrica de gaseosas, era unha empresa exemplar, o inspector non ía consentir que fixesen o contrario ao pactado, as consecuencias tardaron pouco tempo, a Maruja indemnizóuselle o que lle correspondía e os demáis traballadores que se atopaban na mesma situación que nosa veciña seguiron os seus pasos.

Alí quedou o novo dono da fábrica de gaseosas, plantado co seu ciclomato, o seu xarabe é o seu ácido carbónico.

Maruja sentada encima do coche que conducía pola fábrica.

Foron uns cantos os veciños e veciñas que traballaron nas fábricas de gaseosas : Na fábrica de Gaseosas Feijoo traballaron Ángel Ucha, Margarita A Mandila, Ofelia, Delia Castro Alfonso, Teresa, Rosa Solla, Hermosinda A Maxuca, Mercedes RuibalManolo O Liuncho,  o señor Manolo O Cecila, tamén Manolo O dá Boca, actualmente ou seu fillo Juan está tamén na misma fábrica.

Chicha a Laracha traballou na fábrica da Pitusa.

É na mesma fábrica de Maruja A Juanica, estiveron German O Chapí, Isabel Solla é Carmen A Xemada.
 

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXIV) VIGAIRO, MORDOMO, ALCALDE DE BARRIO…

VIGAIRO : Persoa que, nalgúns lugares e por roldas, reúne e preside a asemblea de veciños, represéntaos no concello, encárgase de asuntos de interese comunal e, máis modernamente, organiza as festas da parroquia.RAG.

MORDOMO : Persoa encargada de organizar a festa da parroquia. RAG.

ALCALDE BARRIO : O designado polo alcalde como delegado seu nos barrios das cidades e vilas grandes ou nas parroquias.RAG.

Unha parroquia milenaria como Cerponzóns debeu ter ao longo de tantos anos muitos veciños que desempeñaron, entre outras denominacións o oficio de Vigairo, Maiordomo ou Alcalde Barrio.

VIGAIRO :

Dadas as características das nosas aldeas e parroquias, desde sempre houbo quen tiña a función de representar aos seus veciños e á vez de ser o delegado ou representante do señor xurisdiccional, a súa función era necesaria para executar cobros, informar e dirixir obras a realizar, vixiar polo seu cumprimento etc., en época romana coñecíase a este personaxe como “Villicus ” ou “Vigairo”.

Tiña tamén  a obriga de gardar as pesas e medidas fieles da parroquia, hai quen as gardaba na sacristía, mismo na parede de algunha igrexa facían a marca das medidas polas cales sé guiaban. O Vigairo poñía adíutos (edictos) na porta da igrexa para así informar a veciñanza.

Na parroquia temos un lugar que se denomina Vigario, o máis seguro que nese lugar houbo un veciño que ocupou o cargo de Vigairo e “bautizouse ” o lugar con esta denominación. No ano 1713 o lugar xa recibía o nome de Vigario.

MORDOMO :

Foi na Idade Media cando se lle comeza a coñecer como Mordomo, ademais nomeábase un Xuíz, elixido por votación popular, anos máis tarde os xuíces serían nomeados polo Señor ou o Rei.

Aínda así, dependendo do lugar, por exemplo a nosa parroquia, un pequeno ámbito territorial, o cometido a realizar naquelas funcións administrativas e xudiciais recaía nunha soa persoa, recibindo o nome de maiordomo pedáneo.

Os mordomos realizaban a cobranza dos diezmos ou rendas, inclusive as multas.

Eran numerosas as funcións que tiñan naqueles tempos, constantemente tiñan obrigación de realizar censos, estatísticas, realizar a función de policía rural, vixiando e dando aviso para a conservación dos camiños, responsabilizábase de aproveitar os montes e plantíos reais, vixiaba as curtas de árbores, preocupábase de manter os viveiros reais, impedía a ocupación de terreo das dehesas polos propietarios colindantes, tamén era  o encargado de facer as festas etc.

A través dos tempos a elección de mordomo foi variando, ao principio eran os veciños quen elixian quen sería o mordomo, anos despois era o señor civil, o xuíz ordinario ou o eclesiástico, quen o nomeaban.

De momento non teño datos referentes a como elixian os veciños de Cerponzóns ao seu mordomo. Sirvan dous exemplos que vou comentar para supoñer que na nosa parroquia sería escollido seguramente do mismo xeito, dado que son datos recollidos de parroquias próximas á nosa.

A maioría das veces a designación de mordomo realizábase o día primeiro do ano ou o día do Patrón, a reunión celebrábase no atrio da igrexa e despois da misa, acudían á reunión os Cabezas de familia, o mordomo saliente tiña unha lista preparada cos nomes dos posibles candidatos.

Unha das formas consistía na de puxar polo posto, o veciño que máis diñeiro ofrecía para ostentar o cargo era o que saía nomeado, o diñeiro que ofrecía na púxaa utilizábase despois para celebrar cos veciños unha comida, así de paso festexábase a nominación de mordomo durante un ano.

A outra elección era máis curiosa, o mordomo saliente levaba consigo unha baralla de corenta cartas, barallaba as cartas e cortábase, todos os cabeza de familia asistentes colocábanse en círculo e comezaba a dar volta carta por carta, collía a lista é nomeábase un veciño e ensinábase a carta que saía, así ata que aquel veciño que lle tocase o rei de espadas era o elixido e quedaba designado mordomo para ese ano.

Nas xuntanzas cos veciños o mordomo vai decindo os asuntos a tratar, os demáis veciños tiñan dereito a decir é opinar o que pensan sobre cada asunto, e os acordos eran por maioría.

O habitual que se trataba era o relacionado cos arranxos dos camiños, limpeza de fontes, limpeza da igrexa, do cemiterio, de algún edificio do común, tamén se trataba o reparto de persoal para traballar nos lugares indicados, de asuntos que foran necesarios para aproveitar os montes : rozas, cortas de leña etc., horarios para as augas pró rego, horarios de muiños etc.

Daquela unha gran maioría dos homes eran de poucas letras, o analfabetismo era predominante, pero tiñan unha gran memoria, cousa que dese xeito non había muito que escribir, quedaballe ben grabado tódalas obligacións.

Con relación a función de mordomo na parroquia de Cerponzóns atopamos documentos onde no ano 1652 aparece como Mordomo/Maiordomo Gregorio dá Barçia, tiña ao seu cargo a cofradía de San Xpobal (así o recollemos).

No ano 1752, no Interrogatorio do Marqués da Ensenada atopamos a lista de veciños que había naquel ano, no documento do interrogatorio aparece o listado de veciños realizado por Benito Blanco, mordomo, Domingo Castro e Nicolás do Freixo, peritos, homes intelixentes dos veciños.

Anos máis tarde no ano de 1807, Alberto Casas, era ou mordomo pedáneo dá Feligresía de San Vicente, xunto con Mauro Perez.

ALCALDE DE BARRIO.

A denominación Alcalde de Barrio aparece na época de Carlos III, a palabra barrio provén do arabe (BARR), que significa terra, campo, aforas…a diferenza dos alcaldes pedáneos, teñen unha orixe máis recente.

As funcións do Alcalde de barrio e a de Alcalde pedáneo (denominación para os que pertencían ao rural) era a de ser mediadores entre o Concello e os veciños aos cales representaban, maiormente o alcalde pedáneo, que é o que daba a coñecer as queixas e peticións , como tamén o de transmitir os acontecementos que lle encomendaba o mesmo Concello en relación á súa parroquia, é dicir, que o Alcalde pedáneo tiña unhas funcións propias, unhas competencias que tiñan súas propias da parroquia, aínda que fosen poucas, eran súas, mentres que o alcalde de barrio non tiña máis competencias nin funcións que as que lle delegaba o Alcalde-Presidente.

O alcalde pedáneo convocaba e presidía as reunións, executava os acordos da xunta veciñal, aplicaba o orzamento, ordenaba os pagos e rendía contas da súa xestión, ademais de velar pola conservación dos camiños rurais, fontes e montes, funcións moi similares ás que fixeron as súas antecesores, os vigairos e os mordomos.

Coa colaboración dos veciños fun facendo unha lista de “alcaldes” que tivemos na nosa parroquia, uns con máis acerto que outros , fixeron o mellor posible para levar a cabo o traballo polo cal foran nomeados :

Antonio O Recacho, Albino Chan, Moncho O Rei, Jesus O Moreno.

 José Barragans, Faustino O Morrón, Ramón O Chaciras…


OFICIOS DOS VECIÑOS (XXII) ZAPATEIRO

ZAPATEIRO : Persoa que fai, amaña ou vende zapatos (RAG).

Un gran maioría de zapateiros eran artesáns dedicados a fabricación é arranxo do calzado, a maioría traballan sós ou en ocasións tiñan algún aprendiz. Fai anos había dúas castes de zapateiros : os zapateiros de taller é os zapateiros de portal, uns tiñan o taller fixo, con todo o material necesario, outros, os de portal eran semiambulantes, pois adoitaban a colocarse en rúas ou prazas dependendo a ocasión. O zapateiro de taller dispoñia de unha ampla gama de ferramentas, así era que eles facían o traballo todo completo, desde ir a mercar o material axeitado para a elaboración de botas, zapatos, sandalias, botinas…etc.

O zapateiro que era artesán tiña nas súas mans un longo proceso para fabricar o calzado :

Comenzaba por cortar a peza de pel, despois “acertar” a peza, ” aparar” a peza, a ” monta-la sobre a forma…despois tiña que ” emplantillar”, de seguido tocaba recorta-la peza é facerlle un recheo de sola, para seguidamente colocarlle o piso de sola ou de goma. Máis tarde tocalle o cosido do piso do calzado, seguido dos tacóns, rematando o traballo co punteado é sacándolle brillo.

O zapateiro de portal eran aqueles que marchaban polas aldeas é vilas coas ferramentas xustas é necesarias para facer arranxos sinxelos. As ferramentas levannas nun caixón de madeira que dispoñía de unha correa para pasar polo hombreiro, ese mismo caixón sirvelle de mesa de traballo.

Dispoñían de grosa, martelos da sole, escofina, tiraformas, coitelas, chaira, tanaza, troquesa, tesoiras, agulla, roseta, subelas, sacabocados, remachador, estenacillas, compás, bigornia, dedil, manopla, tirapé etc. Hoxe en día os zapateiros adicanse a maioría a arranxos sinxelos, botar tapas e pouco máis, xa que unha gran maioría da xente merca o calzado, usao é xa non leva a poñer tapas ou repáralos, tira con eles é merca outros.

Falei con algúns veciños por este oficio, queriaqu e me contasen, fun anotando os seus recordos :

Unha veciña da parroquia, natural de Sta. María de Xeve, contoume que cando ela tiña quince anos todos os días do ano atravesaba polo monte ata chegar ao lugar da Piolla en Lerez, alí, nun baixo de unha casa estaba o seu pai, Emilio Bea, de profesión zapateiro durante moitos anos, logo de haber traballado nos tranvías de Pontevedra a Marin. Comentábame que para que o seu pai comese quente, xa que non tiña medio de transporte adecuado para ir a casa, ela era a encargada de levarlle a comida, así o fixo día tras día, ano tras ano, ata que casou.

Tamén me contaron que recordan ao zapateiro do empalme de Alba, O Mudo, foron moitos veciños da parroquia os que acudiron durante anos a arranxar o seu calzado a xunto del. Hai tamén veciños que me contan que eran clientes do meu tío Ramiro, zapateiro en Lérez, tiña o seu taller nos baixos do edificio onde está a farmacia, xusto no cruzamento da carretera que vai o monasterio é a nacional a Santiago.

Outra veciña, natural de Tomeza, ten grandes recordos relacionados co seu tío Juan, zapateiro nesa parroquia. O seu tio sempre estaba acompañado daqueles raparigos que non tiñan moita vontade de buscar traballo, non era a primeira vez que algún cliente que se achegaba cos seus zapatos a botar unhas tapas, dicíalle que facía de novo alí, a súa contestación era sempre a mesma : veño ver si hai traballo para o meu irmán.

Fóra do local, sentada nunha pequena banqueta, estaba a nai de Juan, o zapateiro, coñocida por A Cacholeira ( puxéronlle ese alcume porque lle encantaban as centolas), unha señora de avanzada idade, simpática e sempre disposta a preguntar aos máis novos con certa malicia : Mira, mira, rapaz ! Ti xa Jixaches ? Jajaja

A sobriña do zapateiro mentres recordaba estés recordos ríase, eran épocas onde pouco había e pasábalo alí, con eles. Ademáis cando tiña necesidade dunhas sandalias ela mesmo as facía, o calzado naqueles anos escaseaba, moitos mozos e mozas da súa época andaban descalzos, menos mal que ela podía achegarse a xunto o seu tío e deixáballe confeccionarse as súas sandalias, cun anaco de coiro preparaba unhas tiras de pel e recortaba coa axuda dun patrón de cartón a forma do pé.

Tamén houbo outro zapateiro, veciño de Cerponzóns, da familia dos Vieitez, desempeñaba o seu oficio nun baixo da praza da verdura, si mal non recordo o seu nome era Fernando.

Para finalizar quédanme aqueles veciños que desempeñaron o oficio na mesma parroquia, por exemplo Ramón O Crecho, tiña o seu posto no baixo da casa do señor Casimiro O Pesquello, e tamén Canducho, O Lajrimas, que durante un tempo estivo no baixo da casa da Chantona.

Pero sen dúbida o máis recordado na parroquia sexa Honorio Outeda (1932/2000), por unha banda polo seu oficio (desempeñado durante un par de anos no baixo da casa de Milagros A Cecila e despois no seu domicilio), por outra banda Honorio foi un veciño que desenvolveu un gran labor na directiva da Comunidade do Auga e por suposto, polos muitísimos anos que xunto co señor Albino, organizaron as festas patronais, sobretodo as de de Sta. Lucia.

Honorio era natural de Barro, desde moi xoven comezou a aprender o oficio, así que en canto podía defenderse como zapateiro xa buscou donde comenzar, o seu primeiro lugar de traballo foi o baixo dunha casiña situada preto do bar da Rula, no lugar de Mane (Barro). 

Cando se casa, trasládase a vivir a Cerponzóns, alí comeza co seu taller en Pidre, no baixo da casa dos pais de Mila, estivo preto de dous anos alí, aínda hai veciños que o recordan os días de sol na beirarrúa de en fronte ao seu taller de traballo, sentado xunto aos irmáns Ángel e Antonio, mentres charlaban de todo un pouco, Honorio merendaba o seu anaco de touciño con pan.

Aínda que Honorio tiña moita clientela, o diñeiro que facía non era o suficiente para levar unha vida máis ou menos axeitada, así que decide abandonar o seu oficio é irse a traballar a Holanda, alí estivo uns anos, máis tarde atopou un traballo mellor renumerado e trasladouse a Francia, onde pasou tamén uns cantos anos. De volta á súa terra estivo en varias empresas, entre elas Clersa e Reyes  Hnos.

A súa maior afección era o fútbol e o seu equipo preferido o Celta de Vigo, era tal o seu amor polo club que durante moitos anos foi socio e sempre que podía achegábase a Vigo a ver os partidos. 

Ao pouco tempo de xubilarse comezou a sentirse mal, unha cruel enfermidade levouno mui xoven, contaba 68 anos.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXI) LABRADOR/LABRADORA

LABRADOR/LABRADORA : Persoa que se dedica ao cultivo da terra(RAG).

XORNALEIRO/XORNALEIRA : Persoa que traballa a xornal (RAG).
Fai un tempo escoitaba o seguinte : Logo que Deus creou a Adán, colocoulle no Paraíso, para que o cultivase, e guardase : Ut operaretur et custodirect illum. Cultivar a terra foi a primeira ocupación, foi o primeiro oficio do home.

Sen dúbida ningunha, polo oficio de traballar as terras pasaron todos os nosos antepasados da parroquia de Cerponzóns, tanto homes como mulleres.

Cando me puxen a escribir sobre este oficio lin un artigo do P. Sarmiento, dividía ao vecindario en tres clases : a primeira a dos mayorazgos, a segunda a dos labradores ricos; é a terceira a dos labradores pobres.

Distinguía a segunda da terceira en función da añada: é expresión en Galicia dicir dun labrador rico : ainda ten pan vello. Isto é, que os grans da súa colleita alcanzan á colleita nova, ou tamén se usaba estoutra expresión : “ten pan e porco”. Isto é, que ten pan e touciño para comer en todo o ano. Aqueles que non tiñan nin pan nin touciño, soamente para uns poucos meses, eran os labradores pobres.
No Interrogatorio do Marqués de la Ensenada (1753), había dúas anotacións referente aos labregos de Cerponzóns,  unha delas dice así :
Que todos los vecinos de esta feligresía hasta la edad competente con sus hijos mayores de dieciocho años son igualmente labradores de sus haciendas y de otras que cultiven a medias del fruto que producen (que es el único estilo y costumbre) que se usa en la jurisdicción y juzgado de la villa de Pontevedra a excepción de la que estuvieren arrendados en cantidad cierta y estipulada y en caso que se les considere como jornaleros se les podrá hacer la cuenta correspondiente y que los que son puramente jornaleros van distinguidos y separados en cada feligresía donde encontrarán.
No Interrogatorio 92 veciños de Cerponzóns dixeron que o seu oficio era de labrador, 22 deles ademáis habían dito que eran xornaleiros, así aparece especificado no interrogatorio:
LABRADORES JORNALEROS :
Bartholomé Tilve, Pedro Gomez, Pedro Crespo, Domingo Crespo, Benito García, Pedro Perez, Juan Crespo, Domingo Souto, Pedro Menares, Miguel de Castro, Bernardo de Castro, Benito Gomez, Pascual Pidre, Raphael González, Pedro Costal, joseph de Castro, Agustín Menas, Cayetano de Fonte, Domingo Antonio Freire, Nicolás Melón, Diego de Tilve, y Santiago Gonzalez, se les regula el día que trabajan a seco real y medio.

Na outra anotación dicese o seguinte :
Que todos los que ejercen los oficios de canteros, sastres, carpinteros, tejedoras, horneros, toneleros, zapateros, banesteros, o terreros en todas estas siete feligresías de Poyo Grande, Poyo pequeño, Lérez, Campañó, Alba, Cerponzóns, Berducido, y al mismo tiempo son labradores se debe entender que la mitad del año cesan del oficio de labradores y la otra mitad del que cada uno tiene.

Tanto os meus antepasados como os demáis veciños viviron épocas moi duras, anos de fame e de moito traballo.

O traballo que tiñan ocupábaos todo o ano, non tiñan descanso, recordo que os meus antepasados comezaban en xaneiro a sementar allos e a podar as viñas, en febreiro sementaban de novo, algunha col é tamén cebolas, e seguir coa poda, en marzo sementaban cabazas e leitugas, en abril facían enxertos ( o meu avó era o que tiña boa man para iso), sachaban as veigas e comezaban a dar o sulfato, en maio tocaba sementar millo, patacas e á ir a por toxo, en xuño volvían a sulfatar e recoller algunha legume, en xullo seguían atentos aos seus labores, íase de novo a buscar toxo, coidábase moito que as leiras tivesen a súa auga, en agosto cuidaban o millo e controlábanse as uvas das viñas, en setembro comezaban a recoller algún millo, estrumaban as leiras e comezaban a arranxar os bocois e demáis aparellos da bodega, despois a vendimia, en outubro terminábase de recoller o viño, facíase a aguardiente, de novo algunha sementa tiña ocupada á miña avóa, en novembro chegaba a matanza, os días de choiva aproveitábanse para arranxar os apeiros da labranza, en decembro dedicábanse entre outras cousas, a partir leña é sementar de novo algunha cebola antes do menguante de Nadal. A todo isto estaban o coidado dos animais, máis aínda si se tiña unha granxa porcina como a que tivemos durante máis de trinta anos. 

Cada vez que había feira na cidade había que ir sempre, ben para vender algún produto ou ben para mercar. Nin que dicir ten que se ía andando, dado que prácticamente non había medios de transporte, ademáis algúns adoitaban ir co carro e as vacas, cargados a maioría de leña é de toxo…tamén moitas mulleres ían coa carga na súa cabeza, ás veces con leña, outras con galiñas, ou patacas, legumes…Imaxinarvos aqueles anos a estrada que leva a Pontevedra, eran ir atopándoche cos labradores e labradoras veciños de Campañó, de Alba, de Lérez, Verducido…uns con carretas de cebolas é tomates, outros coa leña, uns con ovos…ademáis non faltaba ver subidos nos seus cabalos aos señoritos e aos ricos de cada parroquia, tamén se sumaban os curas, nadie deixaba de ir a feira. Unha estrada daquela que prácticamente era de terra, que neses días era invadida por rebaños, carros rechinando, xente que ía conversando ata chegar á cidade, ao chegar cada un dirixíase ao lugar destinado a cada cousa, as vacas quedaban nun sitio, os porcos eran colocados noutro, as galiñas, ovellas…e despois ao rematar, de novo andando para as súas casas. Antes de marchar íase aos ultramarinos e á praza do peixe a por provisións é si sobraban cartos, algúns picaban e mercaban aqueles elixires que ofrecían os charlatans que che embobaban é chos vendían como o mellor remedio para as dores e enfermidades.

O xornaleiro era aquel labrador que alternaba o traballo das súas terras co traballo de ir a traballar as casas de xente que os contrataban, era un traballo que non sabían o que iban a durar, dependía de varías circunstancias (maiormente que os donos das terras tivesen suficientes cartos). Habitualmente cando alguén contrataba tanto un xornaleiro coma unha xornaleira, era para que fixeran os traballos máis duros, cavar, arrincar esterco, apañar o toxo, botar as patacas…

Fai pouco, falando cun veciño, comentoume o seguinte : a miña avoa ten levado muitos carros de toxo e de leña a vender a praza dá leña de Pontevedra, ía co carro de dúas vacas cargado a lume de biqueira para aproveitar a viaxe, polo que ela me contou, a leña era para as lareiras que habia nas casas máis humildes dá cidade ou tamén para as caldeiras dás casas máis ricas, é segun o cliente era o prezo de venda.

O toxo era para botar nos pozos negros que habia na cidade, xa que naquela epoca non existia a rede de alcantarillado, tamen usabanno para quentar o forno que algunha casa tiña na cidade, ainda que eran poucas as que o tiñan.

Cantas historias poderíannos contar todos estes veciños e veciñas que traballaron de labradores ? E os que andaron ao xornal, cantas anécdotas pasarían polas súas vidas ?

Seguramente terían moitas que contar, quizáis tan sorprendentes como aquela que pasou fai máis de 80 anos con Amalio Touceda Devesa, un labrador veciño de Caldas e que un día estando a cavar nunha leira atopou un tesouro formado por varios quilos de pezas de ouro, aquel día non lle dixo nada a ninguén, pero un día estando na taberna e cunha borracheira encima que se caía, comezou a dicir en voz alta que él na súa casa bebía o viño por unha cunca de ouro…

Tras investigar diversa documentación do 1871/1880 encontrei anotacións donde por diversas circunstancias señalan a labradores da parroquia :

1871…Manuel Pérez Fontenla, Antonio Ruibal Magdalena

1873…José María Pérez Fernández, Josefa Vieitez Barragans ( soltera, emancipada, mayor de 25 años)

1879…Manuel Fontecoba Paz.

1880…José Benito Gomez Solla

1905…Florentina Casás 

Hai veciños que tiveron xornaleiras de outras parroquias, por exemplo da parroquia de Verducido eran Lola, Alejandrina é Lita. Estás mulleres viñan é volvían andando polo monte. También viñan de Carracedo, de Perdecanai chegaban en autobús Celso, María, Agustin é Carmen.

Da parroquia da Devesa ten vido un xornaleiro mui peculiar, de nome Benedicto, era un home que estaba sempre de boas, sonrindo é cantando todo o día.

Remato éste relato recordando a algúns veciños e veciñas que a maioría recordamos traballando ao xornal: A Portaleira, O Peneiras, Rosa, Juan, Manolo, Milucha, Isabel, Pepa é Clara, que recién cumpliu 98 anos nestos días.



OFICIOS DOS VECIÑOS (XX) LEITEIRA (I parte)

LEITEIRA : Persoa que se dedica a vender leite (RAG).

Seguramente moitos dos máis novos que lean este artigo non viviron aqueles anos onde en moitas das parroquias da nosa cidade habían unhas señoras que tiñan un oficio que hai anos desapareceu, coma algúns outros que fun contando anteriormente.

Refírome ás leiteiras e con iso quero facer a miña pequena homenaxe a todas aquelas que pertencen á nosa parroquia, en especial a Angelita Sabaris, Adelina a Jaxa, Candida a Raposa,  Rosa a de Angelita, Lola a de Quitian, Fina a Cucaracha, Pijocha, Finiña a do Castaño, e como non, a Regina Fontecoba ( acompañada das súas fillas Margarita é Terucha) é Lola a do Perillón, que viñan desde Reiriz, recollendo tamén o leite de muitas casas da parroquia.

Tamén había veciñas que de cando en vez, cando tiñan sobrantes, achegábanse a Pontevedra a vender de todo un pouco do qué sembraban nas súas leiras, ou uns ovos, algunha fruta…e tamén leite. Na miña familia a miña tía avoa Sabina, aproveitaba os dias de feira ou tamén os días que había a venda de sementes na Praza do Teucro, ela, xunto a súa irmá, a miña avoa Ramona, iban cargadas na cabeza coas súas cousas, andando desde o lugar de Pidre ata Pontevedra. O pasar a Ponte do Burgo ían pola Rúa Real arriba é Sabina sentábase na Fonte dos Tornos, alí ofrecía os seus produtos, mentras que Ramona iba a Praza da Leña.

Pasei uns dias preguntando os veciños por saber que leiteiras recordaban, e foron decindome algunhas, entre elas a máis antiga das leiteiras, foi a bisavoa de Tino Gallego.

Estas mulleres tiveron un traballo moi sacrificado , primeiro porque tiñan que madrugar moitísimo, antes de chegar á capital para vender o leite tiñan que recollela casa por casa, ou ben esperar en un lugar determinado as mulleres que viñan de máis lexos, coma por exemplo aquelas mulleres dos lugares de Meán que levaban a súa leite ata Pidre, alí a señora Aurelia daballe abrigo na súa casa ata que chegase Rosa a recoller o leite,  así todos os días, pensade que ademáis tiñan as labores da súa casa, os fillos, deixar a comida preparada, cuidar dos seus pais…

Naqueles anos da miña xuventude recordo que todolos veciños tiñamos unha ou dúas vacas en cada casa, había leite dabondo, eran muitos litros o que daba unha boa vaca cada día, polo tanto vendíase a leite sobrante as leiteiras, as cales xa dispoñían dunha rede de clientes fixos na cidade onde lle levaban todolos días o seu produto, a veces tamén aproveitaban e levaban algunha verdura, ovos, patacas…

Cada familia pontevedresa tiña a súa propia leiteira, baixaban de Tomeza, de Lérez, de Xeve, de Cerponzons…..estas mulleres acudían a cidade ao principio con varias latas, primeiro na cabeza e máis tarde cun carriño de dúas rodas casa por casa, vendendo o leite das nosas vacas, algunha facíao en bicicleta, coma Fina a Cucaracha.

Eu aínda teño en mente aquelas mulleres leiteiras que todas as mañás pasaban por diante da miña casa, parábanse no noso portal, recollían o leite nunha canada e iba botando nas latas do leite, é co seu carriño alá íanse a capital, que magoa me daba ollar como tiñan que ir empurrando a costa de Pidre aqueles dias de inverno, chovendo e ventando, o seu horario era sempre o mesmo, sabían que tiñan que entregar o leite aos seus respectivos clientes naquela hora acordada, é asi era, todolos días os clientes de cada unha delas recibían a chamada da súa leiteira á porta da súa casa, sempre á mesma hora. O leite que vendían pola rua o cobraban no mesmo intre, pero naquelas casas que xa eran clientes fixos, adoitaban a pagar por semáns, mismo as leiteiras preferían así porque o diñeiro seica lles rendía máis.

Algúns daqueles clientes comentábanme que sendo eles uns nenos lembraban á señora leiteira coma se fose hoxe, dicíame fai un tempo un coñocido que todolos días cando soaba o timbre xa sabían que era a leiteira , tiña algo especial ao pulsalo que xa ao momento a súa nai advertía que fosen abrir a porta que xa chegara a leiteira.

Lembra que ao ferver o leite formábase unha capa de nata duns tres centímetros de espesor que se utilizaba para untar no pan e tomábanllo de merenda, tamén na súa casa utilizábanna para facer manteiga e algún que outro biscoito, para eles a leiteira era algo imprescindible na súa alimentación diaria, tamén recorda que algunha vez tiña discutido a súa nai coa leiteira, pois había días que cando fervian o leite chegouse a “cortar”, cousa que a leiteira contestaballe que eso era polo tempo que se acercaba tormenta ou por non botarlle unha area de sal ou quizáis debido ao calor que facía…

Ainda así tíñanlle moito agarimo, pois eran persoas que se facían querer na maioria, sei de algunha leiteira que en datas sinaladas, coma por exemplo no Nadal,  leváballes algún alimento da colleita da súa casa, uns ovos, unhas mazás, laranxas, figos….era como un integrante máis da familia.

Que traballo máis duro tiveron, toda unha vida de arriba para abaixo, estou escribindo e veñenme máis recordos, sígoas lembrando coma si fora hoxe, parece que estou na fiestra da miña habitación é vexo como baixaban á primeira hora da mañá, como tamén cando subían para as súas casas, o seu rostro reflectía o duro que era percorrer tantos quilómetros para arriba e para abaixo, cantas molladuras, canto frío pasaron…..Pero nunca se viñan abaixo, era o seu medio de vida e nunca desfaleceron, ata que aproximadamente no ano 1976 unha orde ministerial outorgou ás Centrais Leiteiras a venda exclusiva do leite fresco e daquela prohíbese totalmente a venda a granel.

A cousa xa viña de moi atrás, era polo ano 1952 cando un Decreto de Presidencia indicaba que quedaba prohibida a venda de leite de vaca a granel por temas de saúde e que as Centrais Leiteiras comprarían todo o leite, polo cal o prexuízo económico que se lle puidese causar desaparecía e ademáis así evitaban que tivesen que desprazarse todos os días para realizar a venda do produto.

Supoño que se faría de boa fe a de prohibir este tipo de venda por temas de salubridade, pero aquelas merendas co pan e a nata, os biscoitos e a mantequilla que se facía en casa de muitos pontevedreses nunca máis se volvería a repetir.

Con esta Orde do Ministerio do ano 76 empezou o momento en que en moitas casas fóronse desfacendo das súas vacas, porque aúnque prometeuse que as centráis recollerían o leite, os prezos a que a pagaban eran a menos da metade que as leiteiras nola pagaban a nós. E claro, era moita leite a que daba unha vaca para bebérnola toda nas nosas casas, así que non quedaba máis remedio, meus pais coma os demáis veciños tiveron que ir vendendo as vacas.

Se facemos un cálculo así por encima, fai uns cuarenta anos, por poñer un exemplo, na Parroquia de Cerponzons había en cada casa polo menos unha vaca, cando non dúas ou tres…Poderiamos calcular que habería polo menos unhas 400 vacas, hoxe non creo que chegue a media ducia.

Como dicía o meu amigo, hoxe en día teño unha dúbida, se esa cousa branca envasada nun cartón e que pode ser enteira, desnatada ou semidesnatada, teña algo que ver coas vacas, porque mesmo algunhas marcas din que lle engaden calcio e vitaminas. Ao leite das nosas leiteiras non había que engadirlle nada, era pura leite recién saída do teto é con todalas vitaminas incluidas, nin máis nin menos.

A labor das leiteiras da parroquia de Cerponzóns foi máis aló de vender leite, grazas a elas e ás demais mulleres das nosas aldeas que acudían coas súas verduras, froitas, sementes, leña etc. foron portadoras da nosa cultura popular levándoa á cidade e dándo a coñecer os nosos costumes, sendo ademáis parte activa do noso idioma falándoo e levándoo porta a porta.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XIX) CARPINTEIRO.

CARPINTEIRO : Persoa que ten por oficio traballar a madeira, que fai útiles de madeira.

Na nosa parroquia houbo e hai afamados carpinteiros, homes dunha gran seriedade, profesionais de moito prestixio.

Dentro do oficio de carpintero existiron desde fai anos varias especialidades, primeiro está o carpinteiro de taller, normalmente dedicábase á realización de mesas, cadeiras, bancos, escaleiras, fiestras, portas etc.

Mención separadamente téñena os ebanistas, podemos considerar aos ebanistas como artistas e inventores, xa que esixe ter moita práctica e realizar os trazados adecuados, estar ao tanto nas modas para a realización de mobles cun selo especial, son profesionais que teñen “arte” nas súas mans, dedicábanse a encargos de pezas máis finas, onde había que coidalas e tratalas con moita delicadeza e tacto, así se vía reflectido o seu traballo naquelas camas , mesiñas de noite, armarios, chineiros…todos eles ben cepillados e lustrosos, rematado o traballo relucían do ben que quedaban.

Tamén había carpinteiros torneiros, a súa función era darlle forma ás pezas de madeira no torno, así se poden observar aínda hoxe en día traballos realizados nas patas de mobles, en punteiros, balaústres etc. Logo estaban aqueles carpinteros que eran os que armaban os encofrados de casas, alboios, cubertos etc. Outros dedicabanse máis á realización de carros de vacas, onde había que ter boa maña para facer á perfección os enlaces e suxecións, servíndose de tacos da mesma madeira, outros centrabanse en facer peneiras, bombos, caixas, pandeiros… Tamén había os que lle chamaban entalladores, eran aqueles que esculpían os retablos, imaxes e os asentos e adornos dos coros das catedrais.

E despois estaban os carpinteiros de ribeira, verdadeiros artistas na realización de barcos.

Calquera carpinteiro dispoñía dun banco propio, é dicir da súa mesa de traballo. As súas ferramentas máis esenciais eran : serras, serróns,martelos, berbequís, barrenas, gubias, formóns,cepillos, lixas, regras, escuadras, lapis etc., adoitaban usar a mellor madeira para a realización dos seus traballos, o carballo era o máis común para mobles tipo armarios, comedores, salóns etc., o pino para traballos de obra.

OS CARPINTEIROS DE CERPONZÓNS 

Grazas á colaboración dos veciños fomos creando unha lista de carpinteiros que coñecemos ao longo dos anos…

Na nosa parroquia de Cerponzóns sempre houbo grandes carpinteros, o dato máis antigo que teño é do ano 1752, no lugar de Pidre, vivían Benito dá Fonte e Salvador dá Fonte, quizáis estes dous carpinteros tivesen relación cos meus antepasados, xa que en Pidre está unha parte da miña familia por parte da miña avóa, recórdame o meu primo Juan que a súa avóa tenlle falado que o seu pai fora carpinteiro, chamábase Juan Cochon, un gran profesional que se dedicaba principalmente a realizar carros de vacas, tamén era moi bo en montar armacions para as casas, en facer barriles, salgadoiros, artesas, palleiras etc. Utilizaba madeira de carballo e de freixo.

Tamén seguramente por tradición familiar ou ben porque era un traballo con moita demanda, un dos seus fillos, Juan, casado con Dora, foi carpintero e despois tamén o fillo, Pepe Cochón, hoxe en día xubilado.

Manuel Nieto foi un carpinteiro de primeira, o seu traballo como encofrador chegou a oídos de Matias de Cabo, chegando a contactar con él para que fose traballar á empresa, donde estivo muitos anos. Ademáis, o señor Manuel realizaba no seu tempo libre traballos na súa casa da Bouza, unha das súas fillas aínda recorda as camas ben bonitas que tiñan nas súas habitacións, coa cabeceira é a piecera torneadas, do que hoxe e día xa non se ven. Manuel sempre tivo fama de ser un home mui creativo.

Outro carpintero que traballou maiormente na realización de carpintería de obra foi Gerardo Fontán Tilve, coñecido por Lucho de Ventura.

Os veciños seguen pasándome máis nomes de carpinteiros : Tucho, Pepe O Moreno, Santiago Cons, Marcial, o señor Sixto, especialista tamén en facer carros, o señor Sabino, Rogelio O Carrancho, señor Vicente, Elías do Cunchido, Jesus Búa, Herminio…

Tamén houbo un carpinteiro no lugar de O Castrado, o señor Eduardo, coñecido por Ducho, era natural de Campañó e estivo varios anos traballando en Alemania. En xuño fará tres anos que faleceu Eduardo Casas Casalderrey, uns meses antes do seu falecemento recordo estar falando con él e coa súa muller, a señora Camila, moi amablemente mostroume varias das súas tallas de madeira.

A última cea, unha obra de Ducho.
Ducho con algunha das súas obras.

Seguro que todos os carpinteiros  teñen unha longa historia que contar, por exemplo a de Ducho…

Comezou a traballar aos 14 anos e conforme se formou marchouse a traballar a Burgos e tamén anduvo por Asturias, eran tempos duros e cando quixo regresar a súa casa non tivo máis remedio que vender a súa bicicleta.

Ducho tiña que buscarse a vida, en 1962 foise a traballar durante seis anos a Alemania, estivo de encofrador.

Despois volveu ao seu fogar e quedouse pa sempre,  a súa xubilación chegoulle estando traballando con Elías Prado. Xa xubilado comezou a realizar a súa paixón, a de dedicarse a realizar figuras de madeira e algunha tamén de pedra. Tamén aproveitou que o Camiño de Santiago pasaba por diante da súa casa e ofrecíalle aos peregrinos os bastóns e as conchas traballadas por él.

Ducho faleceu no 2018.

José Maquieira tamén foi un gran profesional, recordo verlle facer uns mobles de salón preciosos, cunha creatividade innata, posuía moitos coñecementos á hora de elaborar esbozos e planos, os seus traballos remataban sempre ben pulidos e vernizados, tamén outro ebanista de categoría foi José Benito Fontecoba Villaverde, coñecido por José O Peleiras, calquera traballo que lle pedises el facíacho, quizais fosen, xunto con Ducho, dos mellores ebanistas da parroquia, agora están xa retirados.

Tamén recordar a un veciño que era o avó de Enrique Carro Casas (que comezou tamén a súa vida laboral de carpinteiro), o seu nome José Casas.

José Casas, ferramentas restauradas polo seu bisneto e traballo realizado por él.

Foise para Arxentina, traballando durante moitos anos de carpinteiro,regresou á súa terra a principios do século XX e trouxo con él varias ferramentas que o seu bisneto Quique restaurounas con moitísimo agarimo.

Outro ebanista con mui boas referencias, polo que me contan os veciños, foi Manuel Barreiro Piedras, veciño de A Balé, falecido a unha edade mui temprana, tiña 44 anos.

Barreiro tivo unha época en que era o que cantaba na Igrexa, ademáis foi o que arranxaba o organo antigo que se utilizaba para as misas e actos, restauroulle toda a madeira. Manolo casou en San Salvador de Poio, chegou a ter nove fillos. Cando se instalou en Poio montou alí unha carpintería, ao carón da praía de Lourido, chegou a facer gamelas, pero un cancer de pulmón levouno mui xoven, as súas cenizas repousan no cemiterio de Cerponzóns, xunto aos seus familiares.

Contoume un veciño que ainda recorda ter ata fai pouco unha mesa estensible no comedor da casa da súa avoa que a fixera Barreiro, toda ela tallada e torneada, con patas de can, coma lle decía a súa avoa, era mui fermosa.
Para rematar quero mencionar a dous carpinteros especiais, primeiro ao meu veciño Ramón Fuentes, con él mantiven unha relación especial, en casa dos meus pais era moi querido e era como da familia. Recórdoo de neno desempeñando a función de carpinteiro, aínda parece que é hoxe velo na taberna con José O Peleiras, os dous tiveron unha época que traballaron xuntos na carpintería de Benito, situada na parroquia de Lérez.

Moncho O da Rons ou Moncho O Jaxe, era como se coñecía a Ramón, foi un carpintero de carácter, o traballo tiña que saírlle á perfección, a súa destreza e habilidade téñoa aínda na miña memoria, un dos seus últimos traballos fíxoo na miña casa.

Moncho

E para rematar está a nova xeneración de carpinteiros, hoxe en día temos a Gonzalo Costas, un gran profesional do ramo que está deixando o seu selo en moitas obras realizadas por toda a provincia de Pontevedra e tamén en Orense.

Gonzalo ao finalizar o ciclo da ESO incorpórase á Formación Profesional Básica, escollendo a Sección de Carpintería. Comezou os seus estudos aprendendo o máis básico, na posta a punto do seu posto de traballo, das ferramentas, maquinaria etc., tivo que saber seleccionar os materiais, efectuar operacións de trazado, corte e mecanización da madeira e derivados. Tamén montar e axustar mobles, realizar operacións auxiliares de transporte, desmontaxe, instalación etc. Tamén tivo que realizar operacións de instalación de parquet, tarima, frisos…adquiriu tamén clases de hábitos de responsabilidade, atención ao cliente, traballo en equipo, desenvolvemento de hábitos e valores acordes coa conservación e sostenibilidade do patrimonio natural, foron dous anos de formación.

Un dos traballos realizados por Gonzalo Costas Esperón.
Outro traballo de Gonzalo.

Desde as primeiras referencias que teño daqueles carpinteiros do lugar de Pidre ata o día de hoxe pasaron 269 anos, seguro que son muitísimos os veciños da parroquia que desempeñaron o oficio de carpinteiro, e a súa aprendizaxe e formación variou en todos estes anos. Nada ten que ver como se aprendía o oficio naqueles tempos a como se forma hoxe en día un profesional da carpintería, pero todos fixeron o seu traballo con nota.