1- JOSÉ O TOCO

José o Toco, veciño de Tilve

 
Os meus recordos…

José era veciño de Tilve , vivía nunha casa que había preto da de Edita, era moreno,de estatura baixa, sempre coa súa boina encima, unha das súas características máis comúns era velo sempre asubiando, máis ben era un asubío pouco entendible, parecía que sopraba unicamente .

En esta foto vese a José na procesión de Santiaguiño do Burgo, e o primeiro a dereita :

 


Siempre facía a parada de rigor na taberna da Rons, pola mañan, antes de baixar a traballar, ( creo recordar de qué traballaba no aserradero que había polo Burgo, despois da gasolinera ) e o subir de volta, muitas veces estaba horas na taberna, mais ben era de estar pegado a barra que de xogar as cartas, podía pasar horas e horas coa súa cunca de viño falando entre dentes o que él faría si o deixaran goberñar , arranxaba o país en un plis plas !

Recordo que o seu carácter era como de estar sempre enfurruñado, quizais porque moitos veciños sempre tomábanlle o pelo e metíanse con el. Na taberna case sempre se enfadaba con alguén , os máis novos eran os que estaban día si , día non , meténdolle e gastándolle bromas. Entón José poñiase todo serio e dicíalles que se coidarán as súas palabras . 

A veces había de momentos que se facia un pouco de festa na taberna , cando aparecía algún mozo con unha guitarra ou un acordeón , de repente empezaban a cantar as cancions de aqueles tempos , veñen a miña memoria un tema que se titulaba Los ejes de mi carreta , ou aquela outra que tantas veces cantamos , e ainda a veces recordamos e volvemos a cantar , a que leva por título A Santiago voy ligerito caminando…..

José o Toco tamén gustaba de cantar cando estaba contento, e sempre o recordo cantar a misma canción, o que mais me gustaba era o seu estribillo ( nino nino nino ni ni ni ni noni noni ….)

 

Sucedeu un día que estaba tan centrado cantando que un mozo colleu unha folla de periódico e plantoulle lume, sin que se enterara José, foi pola sua espalda e colocoulla encima da boina, ali estaba o José cantando co periodico facendo lume ; os demais que estaban o seu arrededor facianlle o coro como si non pasara nada, os papeis queimados comenzaban a baixar por diante do seu nariz, e José seguía cantando sin decatarse do que acontecía, claro cando se daba de conta do cheiro a queimado e os papeis pola sua faciana caindolle,  xa estaba a festa montada ! Mimadriña ! Baixaban todolos Santos !

  

Volvendo a sua cancion favorita , de tantas veces que a cantou quedoume na memoria varías estrofas, era un tema que cantaban daquela uns cuantos grupos, un deles era arxentino, Los Visconti, a cancion levaba por título : Adoración

Esta e a letra : 

Virgen de amor, ven junto a mí
que yo sin tí, no se vivir.

Oye, mi bien, mi dulce encanto,
y escucha el llanto de mi sufrir.

Si supieras el amor que tengo
dentro de mi alma que no puedo
hallar un momento de calma
que alivie en mi pecho este gran dolor,
pues tu vives en mi mente
cuan imagen adorada
eres la mistica flor más delicada
por la cual suspiro con ardiente amor.

Eres alma de mi alma buena
que alivia mis penas
y con gran empeño quiero que este sueño
sea el sueño eterno de mi corazón
eres fuente inagotable
que alimenta mi cariño
con la ingenuidad que un niño
yo confio en tí como si fuera en Dios. 

Nino nino nino ni……

E si queredes escoitala :

https://youtu.be/Xw5WdAUVXRw

 

Unha anécdota acontecida na que era coñocida como a Taberna de Maruja :

Cando comezou a venderse os produtos conxelados chegou un día José con duas  costilletas e díxolle á miña nai que as puxese a descongelar e á noite que llas fritise, non quería levalas para casa, quizais tiña medo de que na súa casa non llas preparasen. Ben, a miña nai colleu unha tixola e preparoullas, ao chegar José serviullas xunto con patacas fritas e unha cunca de viño tinto.

E non tiñan mala pinta as costilletas ! Papou todo! Pero a quen non lle gustou nada o de fritir unhas costilletas que viñan conxeladas na tixola que tiñamos para facer a nosa comida foi á miña avoa Ramona, tal foi o noxo que tivo, que o primeiro que fixo foi coller a tixola e tirala pola xanela á leira do señor Magdalena jajajaja.


POR NOITE BOA :

José non tiña moi boa relación cos seus parentes, na casa onde vivía facía a súa vida sen manter prácticamente conversación con eles.

En datas sinaladas, como o día de noite boa, ceaba na miña casa, recordo outra anécdota que sucedeu unha vez :

Era noite boa e José estaba sentado á mesa connosco, o meu avó Jesus tiña o costume de antes de cear, poñerse en pé e dar grazas a Deus polos alimentos que iamos tomar, terminando cunha breve oración.

A cea desenvolvíase na taberna, e as portas estaban abertas para calquera veciño ou veciña que viñese a por algún recado de última hora que fose necesitar : un turrón, uns figos, champán, sidra etc.

Pois resulta que no momento en que o meu avó Jesus  estaba comezando a súa  locución, entra pola porta o señor Faustino O Morrón, ao ver ao meu avó dando as grazas, comezou a dicirlle en voz alta :

Ba,ba, ba, ba…pero Jesus ! A estas alturas poste a rezar !

Cenade que vos arrefría ! E a min ponme unha cunca Carmen!