NOVAS FOTOGRAFÍAS INÉDITAS DA PONTE E O CRUCEIRO.

Ás veces a vida dáche sorpresas, esta que hoxe vouvos a contar é unha delas.Trátase dunha fotografía onde se ve a Ponte Malvar, máis coñecida por todos pola Ponte da Rons, onde tamén se aprecia o Cruceiro de Ánimas, e máis o fondo o muiño do señor José o da Rons, tamén coñocido polo Jaxe.

Fai un tempo publicouse unha foto onde se ve tamén éste lugar, o máis seguro que estas dúas imaxes sexan do mesmo fotógrafo, seguramente fixo varias instantáneas cando iba de paso pola nosa parroquia, nesta apreciase máis a Ponte, na outra foto centrase máis no Cruceiro.

A data en que se fixo unha das fotos creo que foi polo ano 1927.

A foto que hoxe dou a coñecer estaba relacionada con Vigo, si, na base da foto pódese ler : Alrededores de Vigo. Fía Ksado

Quizáis debido a eso, non había chegado antes a nos.

Pero, teño unha duda, penso que estás duas fotos non se fixeron no mismo día, e quizáis nin no mismo ano, espero que me axudedes, na foto donde se ve o Cruceiro cos raparigos podemos observar no fondo claramente a casa de Ricucho, tamén no Cruceiro vemos a terra.

Na nova fotografía encontrada non vexo a casa de Ricucho, e a base do Cruceiro vexo que está rodeada de herbas, non se aprecia a terra como na outra foto. 

FOTOGRAFÍA QUE ACABAMOS DE ENCONTRAR :

A PONTE MALVAR é O CRUCEIRO DE ÁNIMAS.

ANTERIORMENTE COÑOCÍAMOS ESTA OUTRA :

O Cruceiro de Ánimas, ao fondo a Ponte Malvar.
NOVAS APORTACIÓNS FOTOGRÁFICAS 

A raíz de estar falando con quen puxo a primeira foto da Ponte Malvar comezamos a conversar sobre ela.

Logo de aclarar que a fotografía en cuestión non estaba situada onde pon no seu pé de páxina (Alrededores de Vigo) apareceron unhas cantas fotos máis. Unha delas tamén cun erro na súa publicación, coloca o Cruceiro de Ánimas no lugar de Rande. Tamén se comentou a época en que se fixeron as fotografías.

Parece ser que a fotografía onde aparecen os nenos a pé do Cruceiro data do 20 de Setembro de 1923.

A conversa foi así:

Juan Jose Esperon Recarey

Así a primeira vista diría, pola primeira árbore que hai á dereita dirección Santiago, que as dúas fotos son de distintos anos. Esta sería máis antiga, creo eu, polo tamaño da árbore… (ou sexa, que a data de 1927 estaría mal, sería anterior a 20-09-1923 que é a data da outra).

Pero xuraría, polas sombras, que as dúas están feitas ou a finais de primavera ou principios de verán, é máis, esta realizouse a ultima hora da tarde (sobre as 21h) e a outra sobre as 17h…(quizais logo da sesta ?)

Así que creo que as dúas puidesen ter a data mal…

Cruceiro de Ánimas
Cruceiro de Ánimas é a Ponte Malvar ou Ponte da Rons.

Cruceiro de Ánimas, o fondo a casa de Ramona Cochón Ramos, anos máis tarde a Taberna da Rons.


CRUCEIROS, HISTORIA 

RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO DA PARROQUIA.

O día 01/11/2017 membros da Asociación de Veciños O Chedeiro estiveron reunidos con noso cura párroco Don Manuel Miguez .

Queremos desde a Asociación agradecer a súa colaboración e apoio desde o primeiro momento en que lle comentamos o noso proxecto.

Hoxe demos un gran paso para levar acabo a nosa proposta .

Os nosos cruceiros , a nosa historia , o noso patrimonio .

Desde que a nova xunta directiva da Asociacion de Veciños O Chedeiro reuniuse por primeira vez para plasmar na súa axenda os puntos máis importantes en que traballaría a asociación de veciños uns dos primeiros foi o da recuperación do noso Patrimonio . E un deses puntos é o que ten que ver cos Cruceiros .

Todos sabemos que os cruceiros son uns dos símbolos máis representativos da nosa terra galega , onde se calcula que existen máis de 10.000 estendidos por todo o noso territorio.

Segundo estudos sobre os cruceiros realizados por Maximino Fernández Sendín , comenta qué son xa sete os séculos en que se comezou a difundirse a práctica de sacralizar signos e lugares pagáns ou santificar acontecementos con estes símbolos .

Foi grazas aos mestres canteiros que foron plasmando neste singular monumento os seus mellores oficios , onde se expresa a regiliosidad dun pobo , que soubo expresar nos cruceiros o seu fé , amor e temor .

Os cruceiros levantábanse por diversos motivos , en acción de grazas , para pedir unha sanación , un milagre , para saldar co Todopoderoso unha débeda ou un ofrecemento non cumprido etc.

Outros se levantaron para lembrar feitos luctuosos , algunha morte , un crime …pero tamén lembrando acontecementos históricos ou a suposta aparición da Santa Compaña .

Como sacro que era , convertía en sagrado o lugar onde se colocaba e rezando ante el gañábanse indulxencias , cando a Igrexa así o dispoñia.

Dependendo de onde estaban situados tiñan a súa función , por exemplo, nas prazas do ganado o cruceiro protexía aos animais , próximo aos campos auspiciaba boas colleitas , nos camiños sinalaba o camiño aos peregrinos , os arrieros ou outros camiñantes , como o caso do que temos no lugar onde está a Ponte Malvar , antigo lugar de paso do Camiño Real.

Outros cruceiros usábanse para enterrar os nenos que morrían antes de ser bautizados .

Creemos na Asociación de Veciños dado o seu valor cultural que e necesario realizar este traballo de recuperación do noso Patrimonio .

Para elo estamos levando a cabo desde fai meses unha recopilación de datos sobre uns cruceiros , e así desta forma presentaremolos as autoridades competentes para pedir a súa colaboración e poder levar a cabo este interesante proxecto que temos en mente.

Os cruceiros tamén se empregaban para marcar os límites xurisdicionais , civís ou eclesiásticos …e nun sen fin de aplicacións onde interviña a Fe dun pobo que atopou no cruceiro o seu mellor aliado para protexerse e gañar o Ceo , ou polo menos para lembrar que existía . 
Esta mesma fe provocou que moitos crentes destinarán auténticas fortunas a levantar cruceiros e desta forma gañar indulxencias , para eles ou algún dos seus seres queridos . E así é como diciamos antes que se estima que nas case 4000 parroquias de Galicia , existen máis de 10000 cruceiros.

Os máis antigos que se conservan datan do século XIV e son unha fiel imitación das cruces procesionais góticas.

Do mesmo xeito que nas monumentais cruces de Bretaña e Irlanda , coñecidas tamén como sermóns de pedra , porque levan gravadas escenas bíblicas, que servían para educar cristianamente ao pobo, en Galicia sucedeu algo similar onde o pobo puido ver a través destas representacións a paixón de Xesús , a expulsión do Paraíso e nalgúns casos, como as almas purgaban os seus pecados no Purgatorio. Tamén o amor representado pola Virxe e a dor do Crucificado, ademais de incluír outros santos, de devoción máis próxima, cos signos que expresaban a súa misión na Terra.

OUTRO ARTIGO SOBRE A ORIXE DOS CRUCEIROS :

En Galicia é probable, aínda que non existe documento algún que o probe, que as ordes mendicantes contribuísen á expansión dos cruceiros galegos xa que moitos deles forman parte dos Vía Crucis. Os cruceiros son levantados por devotos, normalmente un matrimonio ou alguén con poder ou diñeiro. Os nomes destes adoitan estar gravados nas bases.

Nun principio os cruceiros tiñan un claro sentido relixioso, e tiña as mesmas funcións que cumpría a cruz durante os primeiros séculos do cristianismo. Máis tarde foron sacralizando as encrucilladas e os camiños amparando e guiando aos viaxeiros, santificando os castros e outros lugares de antigos ritos pagáns. Sinalaban a dirección ás igrexas e capelas á vez que servía de prolongación do ámbito relixioso en atrios e cemiterios, protexían as colleitas das agras e o gando dos campos da feira, valen de guía nos itinerarios das peregrinacións e das romarías ou tamén nas rutas de comerciantes e arrieros. Tamén marcan os límites de municipios e outras xurisdicións, presidindo e adornando as prazas das vilas e sinalando a entrada de pazos e casas señoriales.

Moitas veces os cruceiros levantáronse para dar grazas divinas, agradecendo axudas recibidas ou satisfacendo penitencias, solicitando oracións polo beneficio persoal ou das ánimas, recollendo a devoción dos veciños, acordándose de lendas ou feitos históricos ou rememorando visitas de personaxes civís ou relixiosos. Tamén se levantaron nos lugares onde houbo mala morte, un feito luctuoso ou unha suposta aparición da Santa Compaña.

Hoxe en día seguen servindo de repouso aos cansos viaxeiros, acollen reunións veciñais para a discusión de asuntos comunais, presidindo os festexos populares nas prazas, sendo confidentes de namorados ou testemuña dos paliques das vellas, mentres reciben oracións dos veciños e seguen formando parte das lendas, ritos e tradicións populares propias do lugar.

O NOSO PATRIMONIO

A DEPUTACION DE PONTEVEDRA CONCEDE DOUS CRUCEIROS PARA A NOSA PARROQUIA :

DECEMBRO DO ANO 2017, DESPOIS DE HABER PRESENTADO DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA HISTORIA DE DOUS CRUCEIROS QUE EXISTIRON FAI ANOS NA PARROQUIA, CONSEGUIMOS QUE SE VAIAN A FACER NA ESCOLA DE CANTEIROS DE POIO, DOUS NOVOS CRUCEIROS, RECORDANDO DESTA MANEIRA A HISTORIA DO CRUCEIRO DA CHANCIÑA E O DE MOGOS:

Figura de Santiago Apostol ESCOLA de Canteiros, realizando o Cruceiro de Mogos

No lugar de Tilve fai anos existía un cruceiro que se situaba nunha corredoira donde se localizaba o Cruceiro que era coñocido polo nome de “O CRUCEIRO DA CHANCIÑA ” , lugar denominado a un pequeno monte que ali ainda existe.

Por esta corredoira que pasaba o carón do Cruceiro usabase para ir camiño da Bouza e do Caeiro e de paso para ir tamén a parroquia de Verducido .
Recollendo información dos veciños de mais edade deste lugar coméntanos que teñen recordos dos seus avós que lle falaban de cando eran as festas patronais de Verducido que por esta corredoira pasaban os homes da parroquia levando ao lombo ó órgano da Igrexa de Cerponzons para celebrar a festa do patrón de Verducido.

Tamén en este Cruceiro era donde chegada a procesión do Santísimo , tiñan por costume vir dende a Igrexa en procesión ata o lugar donde paraban , ali había unha parada donde o señor crego pronunciaba a súa homilia é despois subían de novo polo mismo lugar que habían chegado
.

Cruceiro da Chanciña Cruceiro da Chanciña, realizándose na ESCOLA de Canteiros

Algúns veciños o último que recordan deste Cruceiro era que estaba últimamente sin a Cruz , soamente estaba a vara e a base , que seguramente ainda estará no seu sitio , daquela bastante enterrada e pouco visible .

Algunha veciña de xoven acercabase a este lugar a recoller frouma para as cortes das vacas , outros rapaces ían coas súas cabras a pastar e de paso xogaban alí,algún destos rapaces ainda recorda de limpar co pé o sitio do Cruceiro e aparecía a pedra da base do Cruceiro .

Nunha asamblea de Veciños denuncian que parte do cruceiro desapareceu, e que se encontra na casa de un veciño, corría o ano 1996.

CRUCEIRO DE MOGOS :

Dende tempos moito mais atrás de 1884, refiren os escritos que cara onde actualmente está o cemiterio de san Vicente de Cerponzons , cando este non existía, ahí estivo a primeira rectoral ou casa do cura da parroquia, por alí pasaba o “camiño de Mogos”, como xa decimos, que de aquela non había cemiterio, os enterramentos facíanse dentro do templo, ou na zona do atrio, tamén comentan os máis maiores que había enterramentos xudeus, onde ahora están as escalinatas.
Voltando o camiño de Mogos, as procesións saían por ahí e chegaban a un cruceiro, de nome cruceiro de Mogos, onde, o seu pe, eran enterrados os nenos que morrian sen bautizar, ditas procesións daban a volta a este cruceiro e voltaban a igresia.
Conseguimos averiguar por algúns dos nosos veciños que recordan o que seus pais lle contaban, que dito cruceiro, rompeu ou foi destruído na época da guerra civil.
Por este mesmo camiño, viñan os difuntos ata a igrexa que saían de un lugar da parroquia denominado O Cunchido.

Máis informacion:

http://serpenties.blogspot.com/search/label/O%20CRUCEIRO%20DE%20MOGOS

CRUCEIROS DE GALICIA :
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro queremos recomendar leste enlace que trata sobre a recopilación que están facendo sobre os cruceiros.

Exemplo son os dous últimos que acaban de incluír no arquivo que pertence á provincia de Pontevedra, situados na parroquia de Cerponzons, lugar de Leborei, estos son particulares :

De paso queremos agradecer á súa directiva a publicidade que nos fan para a recolleita de libros destinados á biblioteca.

http://www.cruceirosdegalicia.xyz/

TAMÉN CONTAMOS NA PARROQUIA COS  CRUCEIROS SEGUINTES :

CRUCEIRO DA CASA DO POBO :

Tipo de ben: Cruceiro

Cronoloxía: Século XX, 

Descrición: 

O cruceiro situado no adro da Igrexa de San Vicente de Cerponzóns erguese sobre unha plataforma de tres chanzos. Enriba, un baseamento cun oco no anverso coa imaxe de San Vicente mártir. No reverso pódese ler a seguinte inscrición:

COMUNIDADE DE MONTES
DE CERPONZONS , XANEIRO DO 1991

O baseamento amosa unha cornixa prominente cunha face superior a catro augas en cuxo centro levantase un varal de planta cadrada con Santiago Apóstolo como santo na parte media. O capitel está formado por un ábaco de planta cadrada sobre querubíns labrados no varal. Remata o conxunto unha cruz latina de brazos potenzados coa imaxe de Cristo crucificado no anverso e Virxe co neno nos brazos no reverso
.

Propiedade: comunal

Estado de conservación: Moi bo 

Onde está localizado

Latitude: 42.4758610258

Lonxitude: -8.64081412554

Lugar de Tilve , o carón da Casa do Pobo.

CRUCEIRO DA RONS :

Foto da Fundación Barrie

Un poco de la historia de este cruceiro leído en Cruceiros de Galicia :

El crucero de piedra, de gran valor artístico, sito en Puente de Rons, de la parroquia de San Vicente de Cerponzones, había sido derruído por chocar contra el en un accidente fortuito de una camioneta. Los agricultores de aquella parroquia, que tienen veneración por dicho crucero, lo han reconstruido por suscripción popular.(Vida Galega; 30/07/1933)

Antigüamente tenía adosado un retablo, que ya no figura en la actualidad
En el siguiente enlace https://roquecerponzons.wordpress.com/2017/01/19/denuncia-ante-o-seprona-pola-desaparicion-do-retablo-do-cruceiro-de-a-balea/ puede verse una foto con el retablo, e información sobre la denuncia presencia en el año 1996

Máis información  do  Cruceiro da Rons : http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603827.html

CRUCEIRO DE A MEAN :

Provincia: Pontevedra

        Ayuntamiento: Pontevedra   Parroquia: Cerponzóns (S.Vicente)

        A Meán

        Coordenadas (WGS84):
        42°28’10.0″N 8°38’08.2″O (42.4694442,-8.6356228)

Máis información sobre o Cruceiro de A Meán : http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603826.html

CRUCEIRO DA COSTA  :

  Provincia: Pontevedra

  Ayuntamiento: Pontevedra Parroquia: Cerponzóns (S.Vicente)
   A Costa
  Coordenadas (WGS84): 
   42°28’05.1″N 8°37’46.6″O (42.4680839,-8.6296251)

Máis información do Cruceiro da Costa : http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360380501.html

INFORMACIÓN SOBRE OS CRUCEIRO DE MOGOS :

CANTEIROS CREADORES DO CRUCEIRO DE MOGOS

Cruz

Victor M Casal Nogueira

Capitel

Victor M Casal Nogueira

Vara

Manuel Tosar Asorey

Dado

Bruno Comesaña Ledo

Pasos

Alejandro Fernandez García
Colocación dos cruceiros :

Victor M Fernandez García

Bruno Comesaña Ledo
MÁIS INFORMACIÓN:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360380505.html

INFORMACION SOBRE O CRUCEIRO DE A CHANCIÑA :

CANTEIROS CREADORES DO CRUCEIRO DA CHANCIÑA

Cruz

Pedro Comesaña

Capitel

Victor Otero Sanjorge

Vara

Raul Moreno y David Areses

Dado

Bruno Comesaña Ledo

Pasos

Alejandro Fernandez 

García
Colocación dos cruceiros :

Victor M Fernandez García

Bruno Comesaña Ledo
MÁIS INFORMACIÓN:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360380504.html

RELACIONADO COS CRUCEIROS , PUBLICACIÓN DE UNHA REVISTA ARXENTINA :

TIPOS DE CRUCEIROS :