CITAS LITERARIAS (7) LA GRAN OBRA DE LOS CAMINOS DE SANTIAGO

No capítulo VI, encontramos unha referencia que fala do lugar de Leborei :
LEBOREI

El Camino entra ya en Leborei, todavía en la misma parroquia de Cerponzóns, un tranquilo lugar donde el bosque deja paso a los hórreos y casas de piedra, continuando por una bellísima y habitualmente enfangada senda, que por veces va profunda y enlosada. Si es primavera, por aquí acompaña el canto solemne del mirlo (capaz, él solo, de llenar la calma de una tarde con su canto) , e el festivo del ruiseñor, mientras bandas de gorriones mantienen escandalosas refriegas con una desvergonzada urraca.

CITAS LITERARIAS (8) LA GRAN OBRA DE LOS CAMINOS DE SANTIAGO

LA GRAN OBRA DE LOS CAMINOS DE SANTIAGO.

No capítulo VI aparece reflexado o seguinte :

O CASTRADO
Una bonita pontella sobre el río, en el lugar de O Castrado ( parroquia de Cerponzóns), y el pequeño remanso que surge en el medio del bosque invitan a detenerse.
El entorno natural que rodea aquí al peregrino tampoco pasó desapercibido a sus antecesores en el Camino. Si bien los peregrinos en sus relatos siempre han tendido a apuntar los aspectos prácticos de sus muchas veces difícil marcha, no han faltado tampoco los que se han parado a contar la hermosura natural que los envuelve. Así, Corsini, uno de los relatores de la comitiva de Cosme de Médicis, nos detalla, después de pernoctar en Pontevedra, que el Camino de Padrón tiene apenas seis leguas de distancia, y es muy montañoso y habitado en algunas partes, con muchos frutos y abundante agua en el valle.

En términos parecidos abunda también Domenico Laffi, uno de los jacobeos más conocidos de todos los tiempos, que peregrinó reiteradamente a Santiago.

En su libro “Dalla tomba alla culla é un lungo passo”, dónde refleja su impresión:

“Costeando el camino por toda la orilla del Océano Atlántico, encontrándose continuamente hermosas ciudades, bonitos países, ricos en limoneros, cedros, naranjos, no solo en jardines sino también en los campos, siendo muy curioso ver en los bosques juntos y mezclados, robles, castaños y otros árboles, naranjos y limoneros, nacidos ahí naturalmente y de altura como los demás árboles.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XIII) TABERNEIRA/O

TABERNEIRA/O : Persoa que ten ou atende unha taberna (RAG).

Cantas veciñas e veciños da nosa milenaria parroquia desenvolverían o oficio de taberneira ou taberneiro o longo de tantos anos de historia ?

Desde a época romana fóronse implantando por Cerponzóns pousadas e tabernas. Na nosa parroquia coñecemos algúns datos, un deles é onde se fala da herdanza que deixa un vello posadero ao seu fillo no lugar de Ponte Beán, deixáballe toda a súa herdanza coa condición que tiña que seguir dando pousada gratuíta e un pouco de palla aos peregrinos, desto falou fai pouco nunha charla impartida na Casa do Pobo, o investigador Xosé M. Pereira.

Sábese que despois de realizar a Vía XIX ao seu paso pola nosa parroquia, fóronse creando as pousadas, eran lugares onde paraban mercaderes, viaxantes…tamén os aldeáns atopábanse nestes establecementos para realizar vendas de terreos e de animais. Co paso do tempo, tanto as pousadas, como as tabernas, fóronse reconvertendo en bares a principios do século XX.

Temos unha referencia sobre unha pousada situada no lugar de Leborei, era o ano 1457, de cando o barón León de Rosmithal fixo a súa viaxe a Santiago, e a primeira referencia que atopamos sobre pousadas/tabernas, máis tarde encontramos outra  no ano 1687, nun escrito do Concello de Pontevedra coméntase que por aquel entón o cura de Alba, D. Geronimo Carrera e Andrade e o seu sobriño D. Andrés Osorio, eran propietarios de tabernas en varias freguesías, entre elas a nosa, ademais dunha carnicería na casa dun deles. Parece ser que o Concello lles ía a multar porque non estaban lexitimamente dados de alta e prohibíalles vender viños de Rivadavia, Salnes e Salvatierra, ademais da carne.

Supoño que cada época tiveron unhas normas para aplicar a todo aquel que quixese abrir unha taberna, nos tempos en que os meus pais decidiron abrir a súa non era abrir a porta e pagar un permiso de apertura, así sen máis.

A apertura requiría unha serie solicitudes que había que presentar ás autoridades, tanto para comercializar bebidas alcoholicas, coma se eran produtos para comer, e había que pagar unha serie de taxas.

Pero para poder conseguir a licenza, o principal era que as autoridades che avalasen a túa boa conduta, que foses adicto ao réxime de Franco, que tiveses boa relación coas autoridades do lugar, incluíndo aos caciques do pobo… De todo isto dependía se che concedían a licenza ou non.

Sigo, no 1752 volvemos atopar de novo documentos  onde indican que na nosa parroquia aparecían tres veciñas que tiñan o oficio de taberneira, os seus nomes : María Antonia Fernández, Josepha Carballo é Luisa Paz, un documento completa esta relación, coa seguinte declaración :

Tiene esta feligresía tres tabernas que arriendan anualmente y su producto total, ochocientos setenta reales los que sirven para en parte de los derechos de sisa y millones que pagan los naturales de dicha feligresía.

Volvemos a encontrar 90 anos despois máis datos relacionados con Cerponzóns,  corría ou ano 1842, tiñamos a Ana María González de taberneira, contaba 60 anos, era viúva, e vivían con ela ou seu fillo Domingo Tilbe (28 anos) coa súa dona Cintia González (26 anos), tiñan un raparigo de 3 anos, de nome Manuel.

No ano 1845 Ana María González segue tendo a taberna, estaba situada non lugar de PIDRE.

Tamén no mismo ano de 1845, unha veciña de LEBOREI, de nome Ignacia Calvo, era taberneira, nese ano Ignacia contaba 46 anos, estaba solteira, con cinco fillos, José (19) Francisca (15) Benito (13) Rosa (9) e Ramón (1). Os fillos maiores de Ignacia, José, estaba daquela traballando de labrador en Portugal, mentras que Francisca, era tamén labradora, pero na nosa parroquia.

No xornal do 29/01/1913 EL CORREO DE GALICIA aparece unha noticia donde se nombra a un taberneiro, de nome Antonio López Ramos, o nome da taberna era LA MUERTE.

En 1914 encontramos unha referencia donde aparece Ramón Villaverde Fernández, con taberna en Pidre e Rita Ruibal, con taberna no lugar de Iglesia.

Muitos anos despois, seguramente algúns dos nosos veciños a lembrarán, tivo taberna a nai de Valentin Cochón,  ou quizáis recorden a taberna de Alicia Cardesin, situada en Leborei.
Pero, sin duda, as tabernas que máis coñocemos é máis recordos temos a maioría por estar muitos anos abertas foron a taberna de Maruja ( anteriormente coñocida pola taberna de Xonxa, nos anos 1930) situada en Tilve, onde despois de Maruja, estiveron uns anos ao fronte Juan Esperon e Carmen Recarey, (desde o ano 1961 ata que se instalaron na Rons).

Na taberna dos meus pais quen estivo sempre detrás da barra foi miña nai, meu pai tiña a función de dedicarse máis ben á compra do viño, para iso servíase do seu bo padal. Lembro ir con él na súa bicicleta aos lugares que segundo él tiñan fama de ser zonas de bo viño.

Os máis frecuentados eran Romai, Valiñas, Perdecanai…meu pai puxera un sillín na barra da bicicleta, alí sentábame e levábame a mercar o viño, visitando unhas cuantas bodegas, e claro, terminei probando o viño, para dar o meu parecer, aínda que con seis anos non creo que a miña valoración fixese moito caso jajaja, ainda así, cando mercaba o viño que fora o que máis me gustara a min, iba todo cheo para casa, despois miña nai preguntaba qué tal estaba o viño, eu contestaballe: Bo ! Mui bo ! Hoxe papá mercou o mellor, o que eu lle dixen !.

Poucas veces estivo o meu pai detrás da barra, onde máis desempeñou o oficio de taberneiro foi nas festas do patrón e do Corpus. Lembro ir con él a preparar o posto que xa tiña fixo no atrio da Iglesia, estaba situado onde hai unha mesa de pedra, quedaba practicamente enfronte ao palco que se facía cada ano para as orquestras.

Uns troncos enterrados na terra e unhas táboas encima era o que necesitaba para montar o seu posto, despois ao día seguinte subiamos uns refrescos de laranxa e limón ( Fís Fas), algunha cervexa e viño en abundancia, daquela era o que máis se consumía. Os refrescos metiámolos nuns capachos con auga, para que estivesen frescos e o viño traïámolo nuns garrafons, os cales os cubriamos con fentos e de cando en vez botábamoslle auga por fóra, para mantelo fresco.

Outra taberna mui coñocida e que pechou fai mui pouco foi Casa Falcón, máis coñocida por nos cómo a taberna do Nenas, esta taberna xunto coa taberna da Rons, foron ás que máis anos estiveron abertas.
Tamén durante uns anos tivo taberna Chicha a Morena (situada en Meán 1977/1983) a de Paca (Bar Alvi, en Pidre 1980/90 apx.), tamén me vén á mente a churrasqueria Jardín (1977/1981), localizada tamén no lugar de Pidre.

Un dos mellores consellos que máis recordo da miña nai era cando me quedaba eu de taberneiro : para ser un bo profesional, cando esteas detrás da barra debes ter en conta algo moi importante : oír, ver e calar. Ademais non tes que meterche en conversacións que teñan os clientes, a non ser que pidan a túa opinión.

A taberna era un lugar onde os clientes viñan pasar un momento despois do traballo, uns tiñan as súas conversas, outros eran aficionados a xogar as cartas, e algúns soamente viñan para ver o fútbol. A maioría deles eran chiquiteros, as pipas de viño duraban pouco. Hoxe en día cambiou o conto, xa son poucos os que gozan dun bo viño, a maioría son de cervexa, e claro non é o mesmo, beber viño fai que a túa vena poética fágase sentir, esteas alegre ou triste, terminabas cantando…

Como bien decía Manuel José Díaz Vazquez : ás vellas tabernas, metade tenda, metade tasca, son a antesala ou prolongación das casas, casinos dos pobres, puntos de reunión social, refuxio de maridos dominados polas súas mulleres, cavernas de todo tipo dé trogloditas, escondite de xente variopinta, eco de novas…

ACONTECEU NA TABERNA DE MARUJA…

Son moitos os recordos que teño sobre esta taberna, ademáis teño á miña irmá Maricarmen, ela e unha fonte inagotable de recordos e anécdotas. Fai pouco que falamos de novo da taberna de Maruja, corrían os primeiros anos da década dos sesenta.

Había un grupo de homes que xa daquela tiña como hobby o percorrer coas súas bicicletas as parroquias que conforman Pontevedra, supoño que irían por cada unha delas, co fin de gozar das paisaxes, os costumes, e facer as paradas nas tabernas do lugar, para gozar dos seus viños e as súas viandas.

Recorda a miña irmá Maricarmen as visitas que durante moito tempo realizaban os xoves e os domingos un grupo de amigos de Pontevedra, hoxe en día estes nomes a moitos dos que están lendo esto soaralles :

TITON, CALIXTO, DIOSIÑO, POCEIRO e un tal ONOFRE, seica era xastre moi coñocido na Vila.

A todos eles encantáballes o viño que facía o meu pai, un catalán roxo que os traía tolos jajaja, non paraban de beber cuncas de viño catalán. Naqueles anos a miña irmá contaba uns dez anos, xa daquela tiña moitas responsabilidades, os estudos, a limpeza da casa, coidarme a min e atender na taberna cando a miña nai non estaba. Por iso recorda coma si fora hoxe a estes cinco xinetes das bicicletas jajaja.

Cando entraban na taberna a miña irmá xa os vira vir pola estrada arriba, ela esperábaos coa xarra preparada na man, despois ofrecíalles unha tapa de tetilla con membrillo, aquelas cuncas de catalán e a tetilla era para eles un verdadeiro manxar, xente que estaba afeita comer e beber do mellorciño era feliz e gozaban con tan pouca cousa…

Un día a miña irmá levou unha sorpresa, resulta que ao entrar na taberna, os do grupo dirixíronse como de costume a unha das mesas que había colocadas o carón das pipas do viño, un deles levaba na man unhas latas, dirixiuse a Maricarmen dicíndolle que trouxese viño, un prato e pan.

Así fixo a miña irmá e ao servirlle as cuncas de catalán quedouse mirando aquelas latas, para ela era algo descoñecido, nunca vira aquelas latas, por fóra apreciábase un debuxo dun cangrexo…era pâté de marisco !!! Oh !!! Comezaron a untar no pan e a comelo, todos exclamaban en voz alta o sabroso que estaba aquel pâté! A miña irmá observaba en silencio, os seus ollos estaban como pratos vendo aquelas latas, pensando en como sería o seu sabor, ata que Diosiño deuse de conta e ofreceulle un anaco de pan untado con aquel pâté, Maricarmen deulle as grazas e ao momento meteuno na boca, que bo estaba ! Nunca probara algo tan rico e sabroso ! Cando remataron de tapear a miña irmá recolleu as latas e as cuncas e dirixiuse á cociña, alí, axudándose de pan, comezou a pasalo polo interior das latas, intentando recoller algún resto que quedase, lameu todo o que pudo é que xa máis probara unha cousa tan rica como aquela, Maricarmen repítemo unha e outra vez…Sabes unha cousa Juan ? Cando fun ao seguinte día a Pontevedra, achegueime ao Ultramarinos de Beledo, para ver si tiñan alí ese pâté, efectivamente, alí estaba, no escaparate, era novidade naqueles días, entrei no establecemento e un pouco cortada pregunteille a un dos empregados polo prezo de cada lata, todo amable e sonrindo contéstoume : 400 pesetas…eu quedeime sen fala, cando me repuxen da contestación que me deu, desculpeime e díxenlle que era simple curiosidade por saber o prezo, funme voando de alí.

O grupo pasábao xenial tomando aquel viño e comendo de todo un pouco, Maricarmen segue recordando aqueles días…

Había días que lles tiña a miña nai preparada unha gran fonte de peixiños fritos, encantáballes ! Ademais eran todos afeccionados á pesca, moitas veces pasábanse horas polo Río Rons antes de chegar á taberna.

Cando lle chegabas á mesa con aquela fonte de piardas, xurelitos e xouviñas todos felicitaban á miña nai por aquel manxar ! Trae outras cuncas de catalán Carmen, que isto necesita máis viño !

Eles sempre bebían o catalán, naquela época a taberna non adoitaba ter moita variedade de viños, o,habitual era ter os que cosechabas na casa, unhas barricas de tinto e outras de catalán, despois comprábase un viño de Castilla que adoitaba vender un tal Mougán, este señor tiña un almacén de viños e servía ás tabernas de O Nenas é a nosa, tamén por Alba, na do Coques, en Lérez…

Sempre tiña unha frase na boca o entrar pola porta : BEBER VIÑOS MOUGÁN, TANTO NO INVERNO, COMO NO VERÁN !!!

Outras veces na taberna tiñamos xamón, traíaos unha señora coñecida como a señora Tobía, traía tanto o xamón como a tetilla das feiras de Arzúa e de Vila de Cruces.

Ao grupo gustáballe o xamón que llo servisen en tacos, non en lonchas como é costume, por suposto co viño catalán sempre. Un día, creo que foi Calixto, o que truxo unha novidade, ese día pediron un par de latas de anchoas en conserva, daquelas que viñan acompañadas con unha alcaparra. Cando meus pais facian o pedido de productos necesarios para venta, pedían media ducia de latas de anchoas, pensando no grupo, pois os paisanos da parroquia non era habitual velos pedir comida enlatada…

As anchoas comíannas coa tetilla, enton Calixto dixolle a Maricarmen que deixase un pouco do aceite das latas para botarlle unhas pingas en cada cunca, parece ser que ese aceite rebaixaba o acidez do viño, así non lle ardía o estómago.

Pero eles sempre estaban probando de todo, un día foi boa, alguén comentou que quería probar sopas de cabalo cansado… 

Ao momento a miña irmá preparoulle as cuncas máis grandes que había na taberna, encheullas de viño tinto, engadíndolle azucre e acompañadas con pan, con moito pan !

Non paraban de facer sopas de cabalo cansado !!!

A saber as tabernas e pousadas que tivemos ! A saber as anécdotas que aconteceron en cada unha delas ! E nos bares que o longo de tantos anos frecuentamos…

Agora os establecementos que temos abertos na parroquia son a de Villaverde (desde 1966) e O Rancho (estos dous situados no lugar de A Ermida). Tamén citar a taberna da Cañota, pois houbo un tempo que pertenceu á nosa parroquia o lugar onde está situada.

Por certo, tamén contamos con unha Asociación Gastronómica, que se chama Amigos da Avoa, no lugar de Pidre.

Termino este relato lembrando a miña etapa de neno que vivin sendo fillo de taberneira : cada día era diferente ao anterior, un día cantaban, outro discutían, blasfemaban, facíanse apostas, facíanse demostracións de quen era o máis macho…

Aínda así, todos terminaban sendo amigos, cos seus máis ou os seus menos, pero os meus ollos viron na maioría deles bos sentimentos, moita camaradería, axudándose os uns aos outros e tamén compartir a dor e os malos momentos, que por desgraza houbo moitos.

CITAS LITERARIAS (6) ASC. SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA, 19/11/2000

ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA

CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA
ACTAS DO CONGRESO

 (Pazo de Cultura de Pontevedra, 19/20 e 21 de outubro de 2000)
A EVOLUCIÓN DO PENSAMENTO DE CASTELAO

(Manuel Rei Romeu)
1. Vixéncia e integridade do compromiso de Castelao.

2. A etapa prenacionalista.

3. Etapa nacionalista : o pensamento político na obra artística.

4. Etapa nacionalista : o pensamento político :

Este punto está dividido en catro partes…
1-Federalismo e antiimperialismo 

2-Galiza nación.

3-Direito de autodeterminación :

Neste punto recollo o que di o conferenciante en relación con Cerponzóns:



…O alleamento dos galegos é como un andácio, mais tamén é posíbel achar no fondo das conciéncias un natural e primitivo sentimento de apego, parafraseando a Castelao, unha ” queréncia” similar a dos cabalos ( a comparación é ilustrativa !) cando regresan con ledícia á corte. E Castelao arela que esta “queréncia”, a nivel intuitivo é sentimental, se troque en conciéncia plenas exercício da cidadania e da dignidade. Como interpretar, se non, a malversación do patriotismo do tamborileiro de Cerponzóns ( nunha anécdota recollida en Sempre en Galiza, p. 238), que ten a pátria mistificada, mais sente ben cal é o obxecto amado :

Cando foi a Madrid o coro galego de Feixóo levaba consigo un tamborileiro de Cerponzóns, un vello que nunca saír a de Galiza. Cando xa levaban quince días en Madrid, o tamborileiro, apouvigado pola morriña, dixolle á Feixóo: ¡Eu quero irme a Hespaña!. Pois ben; aos galegos que falan de Hespaña e sóio levan no sentimento a imaxe da súa terra, eu quero decirlles que a nosa Terra é unha Patria (…)
4-Democracia e liberdade.