12- O PONTILLÓN .

APUNTES SOBRE A CONDUCCIÓN DE AUGA DO PONTILLÓN, A PRESA ETC.

A auga é un dos recursos fundamentais que fan posible a vida.

A forma de obtela, almacenala, conservala e aproveitar a súa enerxía motivou os esforzos humanos de múltiples xeitos.

Por iso, o patrimonio cultural do auga non ten que ver soamente coa tecnoloxía e a arquitectura que a humanidade creou para xestionar , utilizar e celebrar as súas propiedades xeradoras de vida, senón tamén con aqueles valores inmateriales que deron forma ás nosas crenzas e costumes. 

Os estudos arqueolóxicos realizados ao longo dos últimos anos lévannos a que polo ano 134 da nosa época, Cerponzons, o lugar onde habitamos, era vía de paso da XIX calzada romana, esta calzada unía Bracara Augusta ( Braga, Portugal) e Lucus Augusta ( Lugo) con Astúrica ( Asturias).

VÍA XIX, o seu paso por LEBOREI


Esta calzada pasaba por unha mansión romana, onde nalgúns escritos aparece denominada como Turoqua, anos máis tarde a nosa cidade de Pontevedra.


Por aqueles tempos as edificaciones existentes carecían de fontes de auga ou dalgún tipo de canalización que dispuxese de auga para consumo humano, polo que se sabe, nos estudos realizados ata agora non se atoparon probas que existisen este tipo de infraestructuras.


No que levo lido referente ao primeiro abastecemento de auga na cidade é con data do ano 1420, onde foi da man dos PP Franciscanos que son os que atopan un manantial preto de San Mauro e realizan a canalización.

Os PP Franciscanos e o Concejo alborotados pola auga de San Mauro, 26/09/1697

Os anos van pasando e a cidade cada vez vai tendo máis habitantes, dándose que os antigos sistemas de abastecemento de auga eran insuficientes, polo cal ante as necesidades dos veciños o Concello tiña que atender esta demanda.

No ano 1881 é cando se propón seriamente a construción dunha traída de augas que fornecese as poucas fontes daquel entón e as que se querían incorporar.

Despois no ano 1903 é de mans do enxeñeiro D. José Bosch a proposición dunha nova ampliación da rede de abastecemento, a idea era recoller as augas do Lérez.

Segue unha ampliación de mans do mesmo enxeñeiro no 1911, máis tarde seguirían dous estudos novos de ampliación, eran os anos 1922 e 1926.

Proxecto de saneamento no ano 1991, arquitecto José Bosch Atienza.

( Fotografía cedida polo Arquivo Municipal de Pontevedra )


No ano 1928 constrúese o depósito do Lérez, recibiría a auga dos manantiales do Acival e do Encoro do Pontillón do Castro

Trazado de ferro

Desde o ano 1911 ata 1931 e cando se fai máis pola traída de augas, na que vai dende O Pontillón ata Lérez tense referencias que se comenzou a propoñer e preparar sobre 1928, no ano 1970 hai de novo un proxecto sobre o trazado, donde se mantén o inicio e a terminación do ano 28. 

Na nosa parroquia os máis vellos do lugar seguro que se acordan da canalización que hoxe en día se poden ollar restos desta gran obra realizada polos nosos montes.

Muro na vagoada

O LONGO DO TRAZADO HABÍA 5 ALMENARAS :

Almenara en A Meán

Hoxe en día podemos encontrar polo noso monte esta conducción, podemos ollar o seu percorrido polo O Pontillón,pasando cerca do  Outeiro do Castro, Monte Redondo, A Meán e Casaldorado, ata chegar o Depósito xunto a Estación Depuradora de Lérez 

Conducción do Pontillón a Depósito de Lérez

En algúns lugares a maleza cubre por completo as conduccions:

Restos do trazado cubertos por maleza

UN POUCO DE HISTORIA….

Cerponzons e parte da historia de esta presa ( presa núm. 217 na Relación de Embalses da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas do Estado), o principal protagonista e o Río Rons, que baixa desde os montes do Acival, forma o encoro do Pontillón do Castro , pasa pola nosa parroquia donde os antigos Muiños traballaron durante anos grazas as augas do Rio Rons, e remata na Marisma de Alba, xa perto da capital e a desembocadura.

 O  PRESENTE :

Este embalse está conformado por unha presa de gravidade que almacena a auga procedente do río Rons e doutros arroios que verten na presa.  Ten unha capacidade aproximada de 1.604.000 m3. Está construída con parámetros de sillería de granito e núcleo de mampostería.

Nome: Embalse de Pontillón de Castro
Rmo: Rons

Límite superior: Augas embalsadas

Límite inferior: Presa do embalse

Pesca todo o ano: Só pesca sen morte

Pesca á boia: Non autorizada

Especies existentes: Troita

Dmas hábiles: Todos menos os luns.

Dimensións mmnimas: Ver página de Tallas mínimas y cupos de capturas

Cebos permitidos: Ver página de Cebos y modalidades autorizadas.

Chama a atención a enorme cantidade de rans que poboan as súas marxes. Os anfibios adoitan ser bos indicadores do estado de saúde dunha zona, e os seus sons, audibles a decenas de metros, amplían a curiosidade do andante. As rans son observables a primeira ollada.

PASADO :

É sobre os anos 30 onde comezan os plans para construír unha presa que abasteza de auga á cidade de Pontevedra, pois o aumento de poboación é considerable e a demanda era cada vez maior.

Incluso temos referencias xa do ano 1927 :

DIARIO DE PONTEVEDRA;28/06/1927

Una comisión de vecinos de Cerponzones estuvo a visitar al alcalde y después lo hizo al Gobernador, para tratar de la indemnización que deberán percibir los perjudicados por la cesión del agua del monte Acibal para la traída a esta capital.

EL HERALDO GALLEGO 20/08/1927

Las aguas de Cerponzones

Estuvo en esta ciudad una comisión de propietarios de la parroquia de Cerponzones con objeto de conferenciar nuevamente con el alcalde de la indemnización que debían percibir los perjudicados por la cesión del agua del monte del Acibal a la traída de Pontevedra. Después estuvieron en el gobierno civil donde e señor Rodriguez Gómez según nos informan, les dijo que el próximo domingo procuraría que tuviesen una entrevista con el alcalde a la que también asistiría él.

Sabemos que el presidente de la sociedad agraria de aquella parroquia, don Juan Magdalena formuló en tiempo oportuno una reclamación que pareció razonable a cuantas personas imparciales tuvieron conocimiento de él, otros elementos han elevado tanto sus pretensiones, que es dificilísimo llegar con ellas a acuerdo.

Es muy sensible que se haya procurado sembrar la desconfianza respecto de la relación del Sr. Magdalena que defiende habitualmente los intereses de la sociedad y de todos los vecinos de Cerponzones, sin esos justificados recelos el asunto de las aguas de Cerponzones se hallaría probablemente resuelto con ventaja para los propietarios de los molinos y del proyecto de traída de aguas que interesa a todo Pontevedra.

Aproximadamente a obra finaliza sobre o ano 1943 e despois 13 anos máis tarde volve ser ampliado.

Ten unha lonxitude de coronación de 158,5 metros e unha altura de 23. A cuenca ocupa unha superficie de 6 km2 e un volume de 20.490 m3. 

Nos anos 90 vólvense a realizar traballos de impermeabilización no dique interior.

De todo o que levo lido vou facer un pequeno resumo que é o que máis vexo relacionado coa nosa parroquia.

1 de Xaneiro de 1939 :

Desde o Concello proponse falar co Señor Enxeñeiro de Camiños D. Rafael Picó, propóñenlle que deseñe un proxecto para realizar unha traída de augas.

30 de Xuño de 1941 :

Apróbase o orzamento presentado

17 de Setembro de 1941 :

Celébrase un Pleno Extraordinario, o Alcalde D. Remigio Hevia e a Corporación aproban por unanimidade o Proxecto con orzamentos, memoria e plano.

5 de Febreiro de 1942 :

Nomeamento de expediente de expropiacion.

20 de Xullo de 1944 :

É de mans do contratista D. Raimundo Vázquez F. o que se encargará das obras de captación de augas no Arroio da Ponte do Castro ó de San Vicente no Acibal, ditas obras ascenden á cantidade de 13.255 pesetas.

23 de Novembro de 1945

O Pleno Municipal acorda considerar improcedentes os prezos propostos polos veciños propietarios e aceptar e aprobar os que anteriormente fixara o Señor Perito.

28 de Abril de 1947

Resumo a MEMORIA presentada polo Enxeñeiro de Camiños :

Era o 21 de Febreiro do ano 1941 cando presenta o Concello de Pontevedra un proxecto de ampliación do abastecemento de augas da cidade de Pontevedra.
Neste proxecto facíanse figurar dúas opcións : unha presa con 17 metros de altura ou ben de 23 metros.

A Comisión Xestora decidiuse pola presa de menor altura, e tras anunciarse póxaa, as obras concedéronse ao constructor D. Raymundo Vázquez Fernández, era o 30 de Marzo de 1943, comezando os traballos o 6 de Agosto de 1943.

Dado que o consumo de auga é cada vez maior, o Concello vese na necesidade de aumentar en 6 metros a altura da presa e con iso pasaría a triplicar o embalse que había nese momento construído.

Preséntanse ao Concello os custos desta nova ampliación, que se estipulaban en 821.870,91 pesetas.

Pontevedra 28 de Abril de 1947

30 de Xuño de 1947 :

Decía anteriormente que o proxecto de ampliación do abastecemento de auga estaba pensado nunha construción dunha presa para o embalse de auga, propoñíase dúas opcións :

1ª Realizar a presa cunha altura de 17 metros

2ª Realizar a presa cunha altura de 23 metros

A Corporación toma a decisión de de realizar a obra de menor altura, presupostada en 998.014 pesetas, pero
ao pouco tempo aprobábase aumentar en 6 metros a presa, debido ao aumento de consumo de auga experimentado nos últimos anos, era na Sesión Ordinaria do 30 de Xuño do 1948, cando se aproba a ampliación.

28 de Marzo de 1948

Novo proxecto de mellora e ampliación da condución do abastecemento de augas de Pontevedra, entre o embalse e o depósito regulador.

Apróbase cun custo de 510.918 pesetas e un gasto en expropiaciones de 9.451 pesetas.

17 de Xuño de 1948

Realízanse obras de reforma do Sifón existente entre as almenaras número un e dous, a devandito sifón axústase tubería que se extrae do sifón de Meán e a partir da almenara número tres se acomete a nova inducción.

31 de Agosto de 1948

Apróbase a recepción das obras de ampliación do abastecemento de auga.

15 de Novembro de 1948

Aprobada as certificaciones de obras de mellora e ampliación da condución do abastecemento de augas. Dábase conta e aprobaba a certificación das obras de terminación da presa de ampliación ata a altura de 23 metros.

Págase ao contratista D. Porfirio Diz Baltasar a cantidade de 88.261 pesetas.

29 de Decembro de 1948

O señor Alcalde daba conta de concluír o justiprecio das leiras, que co consentimento dos seus donos, ocupáronse para as obras de construción do novo sifón de Meán, para a condución de augas á cidade, e que o importe total desas obras era de 4.012 pesetas, sendo aprobadas.

As leiras e os seus propietarios eran as seguintes :

FINCA Nº 1 D. José Benito Ucha…de Mean…70,25 pts

FINCA Nº 2 Dª Josefina Tilve………de Pidre…51,65 pts.

FINCA Nº 3 Dª Manuela Villaverde y D. Joaquín Piedras…de Leborey…92,29 pts.

FINCA Nº 4 D. Benito Fontecoba Fontenla…de Leborey…66,33 pts.

FINCA Nº 5 Dª Elvira Castro…de Mean…66,64 pts.

FINCA Nº 6 D. Rogelio Pérez..de Mean..133,80 pts.

FINCA Nº 7 Dª Benita Fernández ..de Bravo….84,46 pts.

FINCA Nº 8 Dª Elvira Fontan…de Mean…25,13 pts.

FINCA Nº 9 D. José Benito Ucha …de Mean…10,30 pts.

FINCA Nº 10 D. Ramón Solla..de Mean…11,54 pts.

FINCA Nº 11 Dª Benita Fernández…de Bravo..32,96 pts.

FINCA Nº 12 Dª Josefa Castro …de Bravo..19,36 pts.

FINCA Nº 13 Dª Benita Fernández…de Bravo..50,88 pts.

FINCA Nº 14 D. Rogelio Pérez..deMean..12,36 pts.

FINCA Nº 15 Dª Benita Fernández..de Bravo..12,36 pts.

FINCA Nº 16 Dª Elvira Fontan…de Mean..25,54 pts.

FINCA Nº 17 Dª Benita Fernández..de Bravo…35,02 pts.

FINCA Nº 18 Dª Florinda Castro…de Pidre..31,93 pts.

FINCA Nº 19 Dª Joaquina Iglesias..de Pidre…63,45 pts.

FINCA Nº 20 Dª Elvira Fontan..de Mean…37,15 pts.

FINCA Nº 21 D. Rogelio Pérez..de Mean..71,22 pts.

FINCA Nº 22 Herederos de D. José Solla..de Mean…78,28 pts.

FINCA Nº 23 D. Francisco Solla ( Apoderado de Dª Joaquina Magdalena) ..de Casaldorado…65,66 pts.

FINCA Nº 24 D. José Benito Ucha…de Mean..125,40 pts.

FINCA Nº 25 Dª Florinda Castro…de Pidre..28,57 pts.

FINCA Nº 26 Dª Florinda Castro..de Pidre..21,11 pts.

FINCA Nº 27 SEÑOR CURA PÁRROCO DE CERPONZONS ..21,11 pts.

FINCA Nº 28 Dª Herminia Castiñeiras…de Mean…28,84 pts.

FINCA Nº 29 D. Rogelio Pérez..de Mean…35,02 pts 

FINCA Nº 30 D. Constante Porto…de Pidre..26,16 pts.

FINCA Nº 31 Dª Camila Fuentes…de Tilve…37,44 pts.

FINCA Nº 32 Dª Elvira Fontan…de Mean…12,36 pts 

FINCA Nº 33 D. Bernardo Cons..de Cendona…21,43 pts 

FINCA Nº 34 D. Jesus González………14,42 pts.

FINCA Nº 35 D. Bernardo Cons..de Cendona..9,68 pts 

FINCA Nº 36 Dª Benita Fernández…de Bravo..7,42 pts 

FINCA Nº 37 D. Manuel Señoráns…de Mean..19,57 pts 

FINCA Nº 38 Dª Florinda Castro..de Pidre…13,39 pts.

FINCA Nº 39 D. Sixto Castro…de Mean..28,84 pts.

FINCA Nº 40 D. Manuel Fontan Martínez ( Apoderado)…18,54 pts 

FINCA Nº 41 Dª Maria Barreiro..de Castelo…70,72 pts.

FINCA Nº 42 Dª Herminia Castiñeiras…de Mean..39,65 pts.

FINCA Nº 43 D. José Pedrouso…de Casaldorado…6,18pts

FINCA Nº 44 Dª Elvira Fontan..de Mean..23,07 pts

FINCA Nº 45 D. Jesus González..de Casaldorado…30,90 pts 

FINCA Nº 46 Dª Benita Fernández…do Bravo..20,60 pts.

FINCA Nº 47 D Gumersindo González…de Mean..148,94 pts 

FINCA Nº 48 D Gumersindo González..de Mean..55,10 pts 

FINCA Nº 49 D Rogelio Pérez …de Mean..74,16 pts 

FINCA Nº 50 D Manuel Fontan ( apoderado) de Bravo..78,79 pts.

FINCA Nº 51 D Manuel Pérez…do Barvo…180,25 pts 

FINCA Nº 52 D DESCONOCIDO….10,30 pts 

FINCA Nº 53 Dª Elvira Fontan…de Mean…108,66 pts 

FINCA Nº 54 Dª Laura Alfonso Casas ..de Bravo…77,76 pts 

FINCA Nº 55 D José Pedrouso..de Casaldorado…9,06 pts 

FINCA Nº 56 D José Benito Ucha..de Mean…31,16 pts 

FINCA Nº 57 D Ángel Vieitez…de Barvo…17,10 pts 

FINCA Nº 58 Dª Elisa Ruibal…de Casaldorado….49,44 pts

FINCA Nº 59 D Gumersindo González…de Mean…22,66 pts

FINCA Nº 60 D José Pedrouso…de Casaldorado…5,77 pts

FINCA Nº 61 D Gumersindo González…de Mean…13,28 pts 

FINCA Nº 62 D Rogelio Pérez…de Mean…11,48 pts 

FINCA Nº 63 D José Pedrouso…de Casaldorado…22,14 pts

FINCA Nº 64 D Manuel Pérez …de Barvo…27,55 pts 

FINCA Nº 65 D José Pedrouso…de Casaldorado..14,42 pts 

FINCA Nº 66 D Benito Argibay…de Castelo…14,42 pts

FINCA Nº 67 D José Pedrouso…de Casaldorado…21,84 pts 

FINCA Nº 68 D Juan Vieitez…de Casaldorado…20,60 pts 

FINCA Nº 69 Dª Laura Alfonso Casas…de Bravo…23,07 pts 

FINCA Nº 70 Dª Juana Casalderrey..de Bravo..19,78 pts 

FINCA Nº 71 Dª Laura Alfonso Casas..de Bravo…24,72 pts 

FINCA Nº 72 Dª Avelina ( La Rouca)..de Castelo…18,54 pts

FINCA Nº 73 Dª Laura Alfonso Casas…de Bravo…18,54 pts 

FINCA Nº 74 Dª Juana Casalderrey…de Bravo…8,24 pts

FINCA Nº 75 D Manuel Gómez..de Cendona…19,57 pts

FINCA Nº 76 Dª Laura Alfonso Casas…de Bravo…14,42

FINCA Nº 77 Dª Benita Fernández…de Mean…20,08 pts 

FINCA Nº 78 Dª Reguia Vieitez…de Castelo…11,74 pts 

FINCA Nº 79 Dª Josefa Castro..de Bravo..160,68 pts 

FINCA Nº 80 D Aurelio Pérez..de Pidre..126,69 pts 

FINCA Nº 81 Dª Juana Casalderrey…de Bravo ..75,19 pts 

FINCA Nº 82 Dª Dolores Castro ( apoderado, de Tilve)…53,56 pts 

FINCA Nº 83 D Manuel Pérez…de Bravo..152,44 pts 

FINCA Nº 84 Dª Reguia Vieitez..de Bravo..152,44 pts 

FINCA Nº 85 D Manuel Pérez…de Bravo..44,29 pts 

FINCA Nº 86 Dª Amparo Fontecoba..de Casaldorado…22,66 pts 

FINCA Nº 87 Dª Elvira Castro…de Mean…8,24 pts 

FINCA Nº 88 Dª Josefina Magdalena ( apoderado) de Casaldorado..6,18 pts 

FINCA Nº 89 D José Benito Ucha…de Mean..6,18 pts 

FINCA Nº 90 D José Pérez Magdalena..de Casaldorado..27,20 pts 

FINCA Nº 91 Dª Dorinda Sartal..de Mean..19,93 pts 

FINCA Nº 92 D Juan Fontecoba…de Casaldorado..26,16 pts 

FINCA Nº 93 Dª Dolores Vieitez..de Bravo..18,85 pts 

FINCA Nº 94 D Manuel Pérez…de Bravo…38,11 pts 

FINCA Nº 95 Dª Dolores Castro..de Tilve..18,54 pts 

FINCA Nº 96 Dª Elisa Fontecoba..de Casaldorado..6,18 pts 

FINCA Nº 97 Dª Avelina ( La Ronca).. de Castelo..30,90 pts 

FINCA Nº 98 D Ramón Solla..de Mean…23,69 pts 

FINCA Nº 99 Dª Adelaida Solla..de Mean…24,72 pts 

FINCA Nº 100 D José Benito Ucha..de Mean..23,90 pts 

FINCA Nº 101 D Elvira Fontan..de Mean..11,95 pts 

FINCA Nº 102 D Evaristo Cons…de Casaldorado..16,48 pts 

SUMA TOTAL 4.012,73 pesetas.

24 Xaneiro de 1949

Na Comisión Municipal permanente di o señor alcalde que desde o 18 de Decembro de 1948, estaba prestando servizo a nova condución do abastecemento de augas entre MONTE REDONDO e MONTE CASTELO, segundo tramo do replanteo do proxecto aprobado o 18 de Marzo de 1948, para mellora e ampliación da condución do abastecemento de augas de Pontevedra.

O Arquitecto Director das obras suscitaba unha serie de arranxos no sifón de Mean, nesa data estábase procedendo a desmontar 700 metros de tubería de ferro fundido de 200 milímetros de diámetro de dito sifón de Mean, que xa estaba abandonado e deixara de prestar servizo o 18 de Decembro do 1948, como consecuencia de poñer en marcha unha nova condución.Todo o material estábase trasladando ao sifón de PEÑA OUBIÑA, obra prevista no primeiro tramo do orzamento aprobado.

24 de Febreiro de 1950

Resumo da MEMORIA do Arquitecto:

Na sesión deste día o Exc. Concello acorda nomearme para que procedese ao estudo e confección do Proxecto correspondente do CAMINO DE CIRCUNVALACIÓN do embalse de Berducido.

As obras da presa estaban a piques de finalizar, e vendo a necesidade por diversas circunstancias, proponse realizar un camiño para os servizos necesarios.

Ademais proxectábase tamén unha pasarela que atravesase o arroio CASTRO a unha distancia de 900 metros da presa do embalse seguindo o camiño chamado A RAPADA e a sua bifurcación polo camiño a PORTA DÁ LAXE.

O orzamento por contrata alcanzaba a cifra de 133.433,22 pesetas.

O documento redáctase no mes de Xullo de 1949

27 de Xuño de 1950

O Señor Alcalde informa a Pleno das anomalías que existen no muro da presa do embalse, ante tal gravidade, indica que se realicen os estudos oportunos para tomar as medidas necesarias.

4 de Xullo de 1950

Celébrase unha Sesión Extraordinaria debido ao grave problema nas considerables perdas de auga a través do muro da presa do embalse, comunícase ao señor enxeñeiro director de obras que proceda a realizar unha visita ao embalse e se realicen os estudos oportunos, para que propoña as medidas necesarias que había que tomar.

29 de Xullo de 1950

Celébrase de novo unha nova Sesión Extraordinaria onde se dá información das deficiencias observadas no muro de presa do embalse para abastecemento de augas, devanditos informes foron realizados polo señor enxeñeiro director de obras e a “Casa Dirque”.

24 de Novembro de 1950

Na sesión ordinaria vólvese a pedir informes ao señor Enxeñeiro, para que concrete as deficiencias das obras do embalse.

Tamén neste mismo día : Apróbase o proxecto de camiño de Circunvalación do Embalse

29 de Decembro de 1950

Tras lectura do informe redactado polo señor Enxeñeiro, relacionado co estado da presa, dáse por declarar a urxencia das obras a realizar.

Outubro de 1951

A petición da Exc. Corporación pídeselle informe ao señor enxeñeiro que indique as posibles causas que orixinan as filtracions na presa e as súas posibles solucións.

No informe emitido polo señor enxeñeiro sinalábase a necesidade de estudar o aliviadero da presa e aconsellábase non reanudarse as obras, que estaban paradas, mentres non se aprobase a solución conveniente por atoparse a obra á cota do aliviadero, así como a impermeabilización con obxecto de evitar filtracions , operación compatible coa terminación.

En data 13 de Xuño de 1952 encoméndase ao Enxeñeiro a redacción do proxecto.

( Finalmente o 3 de Xullo de 1953 apróbase definitivamente a realización dos traballos).

( Con data de 10 de Xullo de 1953 redáctase o orzamento de ejecución por contrata, ascendía a 752.158,59 pesetas).

31 de Marzo de 1952

PRIMEIRA ETAPA DOS ARRANXOS

Infórmase do Proxecto de : Impermeabilización por Inyecciones Presa Embalse

17 de Abril de 1952

Sesión Extraordinaria, requírese ao Enxeñeiro D. Ángel Balbas, por parte do señor alcalde e da corporación, que se manifeste dun xeito preciso e concreta si considérase desligado da dirección da obra de terminación da presa do embalse, da cal é Enxeñeiro Director, ou si pola contra continúa no cargo.

20 de Xuño de 1952

Noméase novo director de obras da presa do embalse, dado que o anterior renunciara.

Noméase a D. Antonio Yribarren

29 de Agosto de 1953

O Pleno Municipal acorda por unanimidad prestar aprobación ao Proxecto de orzamento reformado, sobre obra pendente a realizar.

3 de Marzo de 1955

Apróbase por parte da Corporación do Exc. Concello o proxecto de complementacion da obra da presa, cun camiño de circunvalación do embalse.

ANOS 90 en adiante :

Nos 90 volven a realizarse traballos de impermeabilización do paramento interior.

Xa no século XXI inaugúrase o Centro Deportivo do Pontillón do Castro, dedicado ao piragüismo, cun Campionato de Europa. Esta pista é hoxe un referente internacional para o piragüismo en augas calmas e foi capaz de estimular a práctica deportiva de moitos mozos e mozas.

ANO 2010

En 2010 ábrese o Parque Forestal do Pontillón, en colaboración coa Comunidade de Montes. Tres grandes sendas (a do Embalse, a do Castro e a do Outeiro), novas plantacións de especies autóctonas e un rocódromo son os fitos máis significados.

PLANO ANO 1947 :

PLANOS ANO 1955 :

PLANOS ANO 1970

**A maioría dos datos foron recollidos do Archivo Histórico do Concello de Pontevedra

**Fotografias cedidas polo veciño de Cerponzons Jerónimo.