9- A SEÑORITA CARMIÑA (3) GRABACIÓN 

1 de Novembro do 2017


Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro facemos público no día de hoxe a gravación da homenaxe que se fixo hai uns meses á nosa querida e lembrada Señorita Carmiña.A homenaxe está dividido en partes , onde aparecen as intervencións das distintas persoas que participaron , desde os políticos , representantes veciñais e veciños.

Eiqui tedes a relación , en este enlace sale toda a grabación:


E aquí por partes :











8- A SEÑORITA CARMIÑA ( 2 )

15 de Novembro do 2023,  Carmiña cumpliría 108 anos.


8 de Maio do 2017 , estivemos na Facultade de Ciencias da Educación .

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro achegamonos para dar a coñocer os alumnos da Facultade a historia de Carmiña .






Cerponzons foi novamente noticia nos medios informativos .

O Diario de Pontevedra , La Voz de Galicia , o Faro de Vigo …

A homenaxe realizada pola Asociación de Veciños O CHEDEIRO reuniu a veciños e veciñas de Cerponzons e Lérez que foron alumnos de Carmiña , ou que lembraban á mestra por ser veciña súa.

O CHEDEIRO agradece aos concelleiros Luís Bará e Carme Fouces , así como á ex delegada de Cultura María Xesús López Escudeiro que interviñeron nesta homenaxe á nosa querida Carmiña.

E unha mención especial para aqueles veciños e veciñas que colaboraron co noso traballo de recompilación sobre a vida de Carmiña , grazas a vos podemos facer esta homenaxe.




REPORTAXE DA HOMENAXE :

Escoita esta emisión :

http://pontevedraviva.com/radio/emision/310/do-gris-ao-violeta-pontevedravivaradio/?lang=es


A Asociación de Veciños O Chedeiro vén desenvolvendo desde hai meses , coa colaboración da Concellería de Patrimonio e Cultura do Concello de Pontevedra , un traballo relacionado coa figura de María del Carmen del Valle y del Río , veciña e mestra nos anos 60/70 na nosa parroquia .Este traballo xa está rematado e agora é o momento de realizar a merecida homenaxe á que foi para moitos veciños de Cerponzons a súa primeira mestra.Á directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro gustaríalle contar coa vosa presenza.

HOMENAXE A CARMIÑA : 23/03/2017
María del Carmen del Valle del Río naceu en Cádiz ( 15/11/1915 ) de familia de militares , o seu avó foi xeral en Filipinas e o seu pai chegou a ser comandante , de orixen francés .

Carmiña queda orfa moi xovenciña e vén vivir á parroquia de Lerez , onde é acollida polo seu tío materno Leandro del Río , cura da devandita parroquia.

A súa infancia e adolescencia discorreu entre imaxes relixiosas , escudos e armaduras militares da súa familia , por esa época tivo de compañía de xogos aos fillos do cura . Don Leandro á parte de ser cura , exerceu o papel de pai , tanto para o seu fillo e fillas , como para a súa sobriña.

Carmiña a medida que ía crecendo dábase a ver que a súa forma de ser e a súa forma de vestir diferenciábase das demais mulleres , ” moi masculina ” ” extravagante ” ” pintorreada ” ” adiantada ao seu tempo ” …así a vían e así a lembran aínda moitos veciños.

Ademais da súa estética pouco ou nada común , ela estivo fóra de dos canons de conduta do franquismo debido á súa orientación sexual .

Sobre os anos sesenta , veu a vivir ao lugar de Pidre , parroquia de Cerponzons , alugou casa e pronto empezou a dar clases particulares para os pequenos da parroquia.

Lembro aquela casa de pedra , aínda hoxe en día consérvase parte dela , unha casa que por fóra pintara pedra a pedra de cores rechamantes , vermello , azulon , amarelo , verde ….en cambio por dentro , as habitacións eran escuras , cunha decoración cargada , cortinas grandes , armaduras , cadros dos seus familiares militares….

A súa relación cos animais era tal , non podía vivir sen eles , que sempre estivo rodeada de cans , gatos e algunha que outra tartaruga , ata tivo un mono , como nos recordou Tito , veciño de Lerez.

Cando facía bo tempo tíñanos unha zona do seu xardín para estudar , un lugar onde baixo a sombra dunha pereira ensinábanos as primeiras letras e números .

Cos anos Carmiña foi enfermando e a súa coxeira acrecentábase , o que lle impedía ter a mobilidade adecuada para moverse na bicicleta que usaba para baixar á cidade , aquela bicicleta adornada de cintas de cores que lle acompañou durante anos.

Foi debido á súa enfermidade pola cal se marchou de novo a vivir a Lerez xunto aos seus familiares , aos poucos foise refuxiando na súa soidade , ás veces interrompida polos nenos da zona cos cales pasaba algún momento.

Rodeada exclusivamente dos seus cans e gatos , que era a compañía coa que mellor se atopaba , foise aos poucos debilitando , morrendo no ano 1998, o día 16 de Agosto.

Os que tivemos a sorte de coñecela e de recibir os seus ensinos sempre a lembramos como unha muller recta pero moi cariñosa e xenerosa , con ela aprendemos a ser tolerantes e respectuosos , e grazas a Carmiña estes valores que nos inculcou empezámolos a poñer en práctica desde moi novos.

Este xoves a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons , xunto coa colaboración da Concellería de Patrimonio e Cultura do Concello de Pontevedra rendismolle unha homenaxe á nosa querida mestra Carmiña .

Grazas a colaboración de Tito , Constante , Lito e Biry Biry.


Grazas a todos os veciños que se achegaron a rendirlle esta homenaxe e participaron no coloquio recordando as anécdotas que tiveran con Carmiña.

Grazas a todos aqueles que non poderon asistir por diversos motivos , pero nos enviaron o seu mensaxe apoiando este homenaxe.
Quero terminar comentando o que a finalizar a miña intervención en este homenaxe decindo unha frase de unha gran muller que foi tamén mestra , esta muller chamavase María Vitoria Moreno :

AS PERSOAS ESTAMOS FEITAS PARA LEVAR ADIANTE OS SOÑOS MÁIS FERMOSOS , E ESTE HOMENAXE A CARMIÑA E UN DELES.


LECTURA FEITA POLO SECRETARIO DA ASOCIACIÓN:

HOMENAXE A CARMIÑA
Boas tardes .

Desde a Asociación de Veciños O CHEDEIRO querémosvos agradecer a vosa presenza a este acto de homenaxe a unha muller que para moitos de nós deixou pegada nas nosas vidas.


Na nosa Asociación de Veciños un dous traballos que tivemos en mente os actuais membros da Asociación foi a de homenaxear aos nosos veciños que ao longo dos anos dedicaron parte dá súa vida por realizar diversas actividades en ben dá comunidade de Cerponzons.

Unha destas persoas que se merece este recoñecemento é a que para moitos de nós ensinounos por primeira vez a escribir e ler , María del Carmen del Valle del Río , a señorita Carmiña.

E despois de tantos anos de esquecemento , de non ter un recoñecemento con ela , é momento de rescatala do anonimato e recoñecer a súa achega en parte fundamental na nosa historia dá parroquia .

Foi non mes de Marzo do 2015 cando na praza dá Ferrería tivo lugar a exposición 
DO GRIS O VIOLETA . ACHEGAS A HISTORIA DÁS MULLERES DE PONTEVEDRA.
Nesta exposición atopábase María del Carmen del Valle del Río , unha muller contraria ao que naqueles tempos tíñase como ideal feminino , a de ser unha muller sacrificada , obediente e subordinada non ía con ela , naquela época do franquismo víase mal o feminismo por medo a que se convertese en algo satanico , anti feminino e antinatural .

Carmiña estaba en desacordo cos principios daquela doutrina implantada polo réxime e era contraria ás normas tradicionais , xeneralizadas e aceptadas pola maioría , podemos asegurar que foi unha pioneira e unha rebelde naqueles anos grises.

Ou atoparme a ela nesta exposición a miña sensación foi a de orgullo , e ao momento aflorou en min un sentimento de gratitude por esta homenaxe que se lle estaba a realizar á miña mestra , á nosa mestra Carmiña.

Seguramente para moitos que visitaron esa exposición a señorita Carmiña sería totalmente descoñecida , pero tamén creo que pensaron que se estaba ali é porque tería suficientes motivos para ser recoñecida e ter ese espazo dedicado á súa persoa.

Moitos daqueles nenos que tivemos a sorte de coñecela e recibir os seus ensinos temos que estarlle agradecidos polo que nos impartiu naquel pequeno horto da súa casa, ela foi a fonte onde nos fomos criando nos valores á tolerancia, á igualdade , ao respecto , á convivencia e á equidade .

A Asociación de Veciños quere agradecervos a todos vos que estades aquí presentes a vosa asistencia , tamén os Veciños que por motivos de traballo non poden estar aquí neste momento , pero que nos transmitiron ou seu apoio a este homenaxe .

A Constante , Biry ( Angel Losada ) , Tito e Lito , por participar cos seus recordos hoxe aquí en directo , xunto cos demais Veciños que nos axudaron a realizar este traballo , a Chus Escudeiro , Carme Fouces , e a Luís Bará , Concelleiro de Patrimonio Histórico e Cultura do Concello de Pontevedra e a todo ou seu equipo ( Xiana é María ) que colaborou neste traballo , a nosa máis sincera felicitación e agradecemento , por levar a cabo este gran acerto de pagar esta débeda pendente .

Para rematar , quero lembrar unha frase dita por outra gran muller , mestra dun dous meus fillos ou cal sempre a recorda con muito agarimo :

Como ben dixera María Vitoria Moreno : «As persoas estamos feitas para levar adiante os soños máis fermosos , e este homenaxe e un deles .

Ligazóns relacionados con Carmiña :

http://pontevedraviva.com/xeral/35294/cerponzons-homenaxe-mestra-carmina-2017/

http://www.cifpcarlosoroza.es/?p=2732

http://pontevedraviva.com/radio/emision/310/do-gris-ao-violeta-pontevedravivaradio/?lang=es

http://pontevedraviva.com/cultura/18536/gris-violeta-exposicion-mulleres-pontevedra-fotos/?lang=es

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/03/24/srta-carmina-maravillosa-rareza/1647538.html


A FAMILIA…

Comenzamos, esta foto e dun home que foi o último Gobernador de Filipinas , eu de pequeno teño visto nunha casa da nosa parroquia en un retrato enorme de grande colgado da parede , era o avó da persoa que vivía en esa casa.

Sabedes quen vivía en esa casa ? A señorita Carmiña.


Diego de los Ríos

Retrato de Diego de los Ríos y Nicolau aparecido en La Ilustración Española y Americana el 22 de enero de 1910 (autor: Franzen).
Diego de los Ríos y Nicolau (9 de abril de 1850 – Madrid, 4 de noviembre de 1911) fue un militar y senador español.

Destinado en Filipinas, tomó parte en la guerra contra los insurrectos filipinos. Como general al mando de Visayas y Mindanao, se distinguió en sofocar la rebelión en Mindanao. Posteriormente se trasladó a Iloilo, capital de la isla de Panay, en Visayas, donde sostuvo nuevos combates contra los insurrectos, venciéndoles en la batalla de Panay, el 2 de mayo de 1898.

El 13 de agosto, tras la caída de Manila (otras fuentes hablan de septiembre)[1] era el comandante español más veterano de Filipinas, y fue nombrado gobernador-general de Filipinas en funciones, haciéndose cargo de los restos de las fuerzas españolas en Visayas y el sur de Filipinas. No abandonó Iloilo (otras fuentes hablan de que se trasladó a Manila, en manos de los estadounidenses, si bien posteriormente volvió a Iloilo).[1] Dado que se había firmado un armisticio con los estadounidenses el 12 de agosto su función fundamental fue organizar la repatriación de las tropas españolas, incluyendo los prisioneros de guerra.[1]
Deseando conservar Visayas y Mindanao para España, De los Ríos solicitó al gobierno español que le permitiera efectuar algunas reformas, por lo que hizo una declaración al pueblo de Visayas concediendo la creación de un Consejo de Reformas, compuesto por filipinos, la mitad elegidos por voto popular y la otra por él mismo. Sin embargo, las reformas nunca se pusieron en marcha, ya que la sublevación se produjo el 28 de octubre.[2]
Permaneció en Iloilo hasta el 24 de diciembre del mismo año, cuando tuvo que abandonar su base en Panay debido a los ataques de los insurrectos filipinos,[1] trasladándose a Zamboanga, en Mindanao. El 6 de enero se trasladó a Manila, efectiva y formalmente en manos estadounidenses (tras la firma, el 10 de diciembre, del Tratado de París), desde donde se encargó de la repatriación y la liberación de los últimos prisioneros de guerra, tratando tanto con el general Otis por parte estadounidense como con el presidente filipino, Emilio Aguinaldo. De los Ríos permaneció en Manila hasta el 3 de junio de 1899 cuando, en compañía de un gran contingente de tropas españolas (fundamentalmente las tropas estacionadas en Zamboanga y Jolo, llegadas a Manila en mayo), zarpó hacia España.[1]
Tras su retorno a España, fue jefe del Estado Mayor Central. En 1907 fue sido nombrado teniente general y en 1910 capitán general de la I Región Militar (Castilla la Nueva, incluyendo Madrid, y Extremadura).[3] El mismo año fue elegido senador por Cáceres. Ocupó ambos puestos hasta su fallecimiento en 1911.

SOBRE O SEU TÍO, O CURA DON LEANDRO:


OUTRAS NOTICIAS, ESQUELA FAMILIAR DO 21/01/1969 :





7- A SEÑORITA CARMIÑA ( 1 )

Hoxe, con motivo do 25 aniversario do pasamento da Señorita Carmiña, volvo a compartir os recordos dos veciños e veciñas que colaboraron fai un tempo, é que dou motivo a facerlle un homenaxe póstumo a Señorita Carmiña.
Decía eu o comenzar este blog que empezaba a facelo cun dos recordos máis gratos da miña infancia, querendo dar a coñecer aos veciños máis novos da parroquia e volver lembrar aos máis maiores a unha persoa que viviu fai xa uns cuantos anos no lugar de Pidre. Coñecida pola señorita Carmiña, María del Carmen del Valle del Río, foi para moitos a nosa primeira mestra, a que nos ensinou a ler e escribir por primeira vez, aquí ireivos deixando os recordos dos veciños de Cerponzóns e de Lerez que a coñeceron.