10- OS FOGOS NAS FESTAS, A FAVOR OU ENCONTRA ?

OS FOGOS NAS FESTAS.

Cando falamos da celebración das festas da parroquia, no caso de Cerponzóns as que se celebran polo Patrón ou polo Corpus, o noso intelecto márcanos unha serie de actos que son habituais en éstes festexos, un deles é a da tirada de fogos, aínda que últimamente debido ás restricciones non se puideron celebrar como se afacía. En todas as parroquias galegas a celebración das festas requiren o concurso dos foguetes en profusión para lanzalos ao espazo, desde a véspera ao mediodía e pola noite, o día do Santo, ao anuncio da alborada, ao final da función relixiosa, á saída da procesión e durante toda a tarde…para moitos dos veciños si non hai foguetes, non hai festa.

Tampouco nos podemos esquecernos dos que non están en nada de acordo coa tirada de foguetes, é sabido que unha pequena parte da veciñanza non está de acordo en queimar pólvora botando foguetes, respeto a súa opinión, precisamente eu teño comentado algunha vez que non gastaría tanto diñeiro niso, pero hai que recoñecer que é unha tradición máis e que debemos respetala como outras que temos.

Botar uns foguetes en días sinalados é unha manifestación que honra, por unha banda a parte relixiosa e por outro a parte lúdica, o de dar a coñecer os veciños e ás parroquias limítrofes que estamos de festa. É unha manifestación que proba por parte da comisión de festas que ao patrón réndeselle a mellor festa posible, cantos máis tiradas de foguetes, mellor festa. Tamén individualmente hai quen desde a súa casa ten o costume de tirar uns cuantos foguetes en agradecemento ao seu patrón e á vez en ser quen botou máis foguetes que ninguén da parroquia, intentando que cada ano sexa mellor que o anterior e así sentirse fachendoso de ser quen máis bombas botou.

As Festas , a costume dous fogos para que as demáis parroquias escoitasen que estamos de celebración e que se lle quere muito ou santo, cantos máis fogos mellor. (Medicina popular, pág.20)

En relación cos fogos, fai un tempo que teño recollido un comentario de un home, dice así :

Moito ouro gástase en exhibicións de foguetes complicadas sen ter en conta o costo, e os lumes artificiais non teñen outro propósito que a diversión, e non duran máis que o bico dun amante á súa amada, si é que sequera iso”.

Fai uns anos cando estiven falando das festas que organizaba o señor Albino, comentoume que cando contratábanse os fogos, tiñan que desprazarse á cidade e tratar cun paisano a adquisición de determinadas ducias de bombas e foguetes, pagábaselle no momento é o día anterior aos festexos encargábanse as mulleres de ir a por eles. Dicía Albino que as mulleres viñan cos feixes de foguetes na cabeza desde Pontevedra.

Que foguetes comprarían daquela…? 

Pois dependendo do diñeiro recaudado comprarían unhas cantas ducias da variedade que naqueles anos había e que lle ofrecían, entre eles estaban os foguetes voladores, foguetes de luces, foguetes de culebrillas, pés de cabra, foguetes de corneta, foguetes de tres e catro tronos, foguetes de palenque, foguetes de catro e cinco subidas, foguetes de corda, carretillas de chispa, carretillas dobres, alcancías e granadas…ao estar escribindo isto recordo un ano que foi espectacular, era principio dos setenta, os da comisión de festas botaron a casa pola fiestra, era as doce da noite, en plena verbena, mandaron parar á orquesta e comezaron a botar fogos de cores, aquilo nunca tal se vira na parroquia, foi espectacular !!! Tamén no ano 2008, as 2:30 da madrugada, remataba a festa con unha tirada de foguetes de luces.

A DESTACAR :

Estamos falando dun costume de moitos anos atrás, en documentación relacionada coa nosa parroquia recollemos información onde no ano de 1775 indícase que se pagan 4 reais por cinco ducias de lumes artificiais.

Sen ter que ver coa festividad relixiosa, tamén houbo ocasións onde se utilizaron os foguetes para festexar algún acto importante, unha data a destacar foi ou 28 de Xullo do 1852.

Na prensa daquel entonces anunciaban a chegada con cohetes de Antonio de Orleans e María Luisa Fernanda de Borbon , Duques de Montpensier a nosa parroquia de Cerponzóns :

A LAS TRES DE LA TARDE DEL 28 LOS COHETES ANUNCIAN LA LLEGADA DE SS.AA.RR.MA LA CUMBRE DE CERPONZONES , A UNA LEGUA DE DISTANCIA DE PONTEVEDRA.

UN POUCO DE HUMOR:

Comentaba un paisano cando salía a relucir o tema dos foguetes…

É das tradicións que mais me encantan!!!!

Estar tomando un vermùt, batendo cos dentes no vaso cada vez que estoupa un foguete, disfrutar dunha conversación continuada co do lado, comendolle a orella para que poida escoitarte, taparlle os oidos ó pequeno para que non lle reventen os tímpanos, é estar pensando nos cans que están nas casas intentando escapar non se sabe pa onde…..vamos, unha marabilla!!!!

En fin, para ir rematando, podemos resumir o lanzamento de foguetes en dúas partes ben diferenciadas, primeiro a que está a favor da tirada de foguetes, que son aqueles veciños que cando empezan a soar eses inconfundibles silbidos que preceden ás explosións, póñense a mirar arriba o ceo plagado de pequenas nubes de pólvora é emociónanse é dan grazas á vida por celebrar un ano máis a festividade do seu patrón, xunto aos seus seres queridos.
Doutra banda, están aqueles veciños que prefiren que se renuncie nas súas festas patronais ao lanzamento de bombas de palenque para protexer do ruído á persoas con hiperacusia (elevada sensibilidade auditiva), maiores, persoas doentes é tamén para protexer aos seus animais domésticos.

OS VECIÑOS OPINAN :

Os veciños é veciñas tamén quixeron dar a súa opinión, fixen un resumen das opinións :

1–Hai quén opina que lle gusta que boten os fogos, pero si hubese algún motivo polo cal non hubese, tampouco lle parecería mal.

2–Son varias as opinions de que os fogos non deben faltar no día de festa, muitos opinan que botar fogos e motivo de celebración, de festa, de alegría, mismo hai quen se emociona ao escoitalos.

3–Pois penso que como colectividade, dende sempre, as celebracions foron arredor das fogatas, polo sentido purificador do fogo. Mata os malos espíritus. Os fogos de artificio supoñen ledicia, descanso, celebración e coma todo na vida poden ser axeitados se son comedidos. Eu voto a favor, polo espíritu de festa de reencontro e celebración entre os veciños

4–Eu son das qu digo que queda mui bonito que cando comenza a festa se bote algunha bombiña, pero últimamente pensando ben, si pensas nos nenos autistas, nos cans ou outro tipo de animal, esas bombas faille muito mal, por eso de un tempo a esta parte estou en contra das bombas, si se pudera facer algun tipo dde fogos artificiais sin que xeneraxen ese ruido, sería xenial, pero todo o que sexa ruido agora estou en contra, xa che digo, que no seu tempo foi unha cousa mui bonita, teño recordos entrañables, venme o recordó de ver a meu avó debaixo de unha árbore vendo os fogos todo emocionado, pero agora opino que mellor as festas sin ese ruido.

5–Estoy a favor cuando es una fiesta patronal ,de los esporádicos asi sin mas, totalmente en contra,cuando sabes que los van a echar por una fiesta proteges los perros que son los que lo sufren ,pero estos de sorpresa por un partido o una fiesta familiar o fin de año ,sin venir a cuento no.

6– Eu estou a favor, é unha tradición que se debe manter e que non fai dano a ninguén. Recordos da infancia, de velos cos avós, pais…e máis tarde cos amigos e a parella. Marcan toda a vida de calquer pontevedrés, tanto os do Apóstolo coma os da Peregrina ou os da nosa parroquia.

7– Eu estou a favor, a verdade é que unha festa sen fogos non parece festa, o outro día votaronnos en Campañó é xa parecía que había outra vida.

8–Home, home, eu que queres que che diga, sempre lle tuven muito medo os fogos, teño un problema de audición é para min era un sacrificio, tamén me quedou un mal recordo cando vin fai anos polo Paseo de Colon, cando pasaba o tren por alí, a unha muller entroulle un fogo pola espalda é queimouna, tamén a outros señores, veciños do Castelo, unha vez tiñan gardados os foguetes no Convento de Lérez é reventaron os fogos, estouparon todos, vaía susto; fora no día de San Salvador. Ainda así gústame velos, pero lonxe.

9–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.

10–Eu estou a favor, é o máis bonito que hai para decirlle a parroquia que estamos de festa, pero sempre respetando o clima si a celebración e no vran, pero no Patrón por suposto que sí.

11–Estou moi a favor de que se boten fogos, xa que e sinónimo de festa é temolo moi asociado a tal función.

12–Os fogos e algo que recordo dende cativa, se se escoitaban fogos e que habia festa, e coa festa alegria.

Hoxe xa non hai romarias, verbenas, xa non se celebra nada, mais aunque houbese xa non sabemos se en tal ou cual lugar celebran o patron. Tamen temos os que non queren fogos por os animais, cans e cabalos tamen. So sei que todo mudou, na epoca de pequena ivase con un rabaño de vacas, no noso caso, cruzando a carretera de lado a lado e outro tal rabaño de cans detras, non habia atropelos nen cousa parecida, os dos coches, os que o tiñan ian con sentidiño, non como agora que todo e noso. Gustanme os fogos, tranme moitos recordos, pero sinto por os animais que co tempo tamen se volveron mais finos de oido. Despois de tanto rollo direi que nin a favor nin en contra, quixera voltar a outra epoca donde non habia tanta modernidade, nin tantas normas pero eramos moito nais cívicos, respetuosos e educados.

13–Totalmente a favor e iso que eu disfruteinos desde a miña casa pois daquela estábamos de luto,tres anos sin poder ir as festas.

14–Para min os fogos son unha parte inseparable da festa, penso que os fogos non deberían desaparecer, debían de estar ahí é de seguir. Dacordo que hai un perigo que son os incendios e quizáis había que ter máis cuidado, penso que sería necesario montar unha vixianza cando se botan. Pa min e algo que na parroquia todo o mundo sabe o que está pasando, que se a misa, que si acabou, que si a procesion, que si empeza a verbena…eu que sei ! Eche coma un reloj que che vai decindo o que vai pasando, aparte eche bonito, ata cando botan as tracas do final da misa, é un espectáculo, e unha cousa que pa min non deben desaparecer, eso sí, polo menos en época de verán debese ter un pouco de control cando se botan, saber dónde poden caer é estar vixiantes. Non deberían de desaparecer, ademáis hai tamén que ter en conta que hai unha industria detrás é que son postos de traballo, que desgraciadamente hai pouco traballo e xa se perderon demasiados.

15–Los fuegos son importantes por que anuncian que la parroquia esta en fiestas es una tradición que no se debe perder salvo estas circunstancias , yo recuerdo las fiestas de Albino muchos años cuando hacía la tirada de fuegos a las 8 de la mañana y anunciaban las fiestas patronales. Era una alegría inmensas dentro de cada hogar . Y eso que cuando llovía nos metíamos debajo del palco de tablas y salíamos cómo PITOS MOJADOS.

16–Os fojos xa son das festas. Recordo a meu pai cando viña a festa do patrón, o fuerte del era botar os fojos. Viña Albino facendo a alborada cos gaiteiros, cando paraba na nosa casa, deixaba unha ducia é media de fojetes para os tres dias de festa. Os tres dias invitabos a entrar dentro da casa, alí tomaban rosca é un no viño, tocaban dúas pezas. Si eran muitos músicos facianno fora, a meu pai gustaballe muito respetar as festas, todolos anos era así. Sempre tiña que haber fojos, porque si nos había, para él non eran festas. 

9- AS FESTAS DO PATRÓN, ANOS 60

AS FESTAS DO PATRÓN, OS MEUS RECORDOS DOS ANOS 60
Puxenme a escribir este relato fai uns anos, foi no día da celebración das festas patronais, vendo a escasa participación dos veciños nos actos que se realizaron ao longo dos tres dias, comentáballe a D. Manuel (Q.E.P.D.) que tiñamos un problema, tanto para a Igrexa como para os demáis actos que se realizaron neses días, nin xente na misa, nin na sesión vermouth, nin na verbena…

E vendo a situación púxenme pola tarde a recordar aqueles anos sesenta, comenzando así :
Esta noite pasada non durmín nada , pensando no día de hoxe toda a noite , son as festas da miña parroquia e os nervios invádenme. Teño no armario a miña roupa recentemente mercada, está a esperar o momento para que sexa lucida polo campo da festa, e tamén ante as posibles ” noivas ” que trataría de conquistar para a verbena da noite, por certo a roupa de estreno usaba en días determinados, unha boda, outra festa…a maioría das veces cando volvía a poñela xa iba as medras…

Prepárome mui cedo e axudo a miña nai na taberna, os días de festa eran mui axetreados, dado tamén que había máis xente que habitualmente, ainda estaban na parroquia os veciños que estaban emigrados en Francia e Suiza principalmente. Sobre as  once da mañán chegaba a banda de música a taberna, alí a comisión de festas convidados a uns viños con un pouco de tetilla e chourizos, seguidamente tocaban un par de pezas e fora da taberna un da comisión prendía o chisqueiro e enviaba o ceo un par de foguetes.

O acercarse a hora da misa, e tamén coma un foguete do día, ía correndo camiño da igrexa, era subir as escaleiras e parecía outro mundo ! Alí xa estaba esperándonos co seu posto preparado aquela señora de Campañó, a que viña coas rosquillas e cos xoguetes, cos chicles Cheiw, os palotes, as pipas e tamén, por suposto, cos petardos que mercábamos para ir facéndonos provisión deles para estar preparados para a noitiña e así facer un pouco de barullo contra as paredes da Igrexa, tamén o posto de meu pai, que estaba no mesado que hai o carón da Igrexa, dous garrafóns de viño, dúas ducias de tazas, unha xarra e xunto con unhas cuantas caixas de refrescos era do que dispoñia para o día, ao carón do muro había unha destartalada furgoneta co tiro o pichón, enfrente a furgoneta, na entrada o cementerio estaban colocadas as barcas. 

Tamén xa estaba no sitio de costume, a señora Hermosinda, ela levaba unha cesta cunhas mazás chiquitiñas que estaban riquísimas, recordo de comprarlle sempre mandarinas, por certo que as mazás sabían mellor cando visitabamos ás agachadas os seus  frutais jajaja. A señora Hermosinda subía desde a súa casa con aquela cesta na cabeza, axudándose dun molido, unha das mans suxeitaba a cesta e a outra a levaba ocupada cunha pequena banqueta que usaba para estar sentada durante todo o día.

Acólleume xa tamén no adro o nutrido grupo de músicos pertencentes á Banda de música de Lantaño, comenzando a  alegrarnos o día de novo co seu pasodoble Suspiros de España, Airiños Aires é tamén non podía faltar La Picara Molinera.

Todo era ledicia, máis ainda si salían os días bos, e decir, sin que chovera, porque o frío corríase a primeira hora da mañán con unha boa taza de caldo chea de pan. Daba gusto ollar o adro da Igrexa con tanta xente da parroquia e cos seus convidados , muitos veciños saudando os que estaban emigrados, outros que volvían a parroquia de novo debido a que casaron e foron a vivir lexos…

De seguido a gran misa oficiada polo cura párroco D. Benito xunto outros tres curas máis (creo recordar que eran de Alba, Lérez e Xeve), que tempos aqueles que había curas dabondo ! Agora D. Herminio anda él solo de unha parroquia a outra, facendo filigranas para poder dar misas e contentar os feligreses.

Como de costume os nenos estabamos no altar rodeándoo a D. Benito é os curas convidados á cerimonia, a veces calquera de nos poñiase a facer algunha mueca é todos comenzábamos a rir, o momento recibíamos unha mirada de D. Benito que xa poñiámosnos calados de novo. Se o tempo permitíao os homes e as mulleres sacaban en procesión aos tres santos que festexamos na parroquia, facendo o percorrido de costume arredor da igrexa, recordo que daquela ainda existía o muro que separaba a Igrexa da Casa do Pobo.

Año 1923, procesión pasando pola parte de atrás da Igrexa, pódese observar a ezquerda o muro.

Ao recollerse a procesión soaba de novo a banda e seguidamente os foguetes facían acto de presenza no ceo de Cerponzóns. Aí empezaba a algarabía para nós, pois empezabamos unha especie de competencia para ver quen collia máis canas con carrete, era un ir e vir, escaleiras abaixo e arriba, pola casa do señor cura, nas leiras etc.

O rematar a tirada de fogos de seguido iamos para casa, alí esperábanos unha comida especial que nos preparaban as nosas avoas e nais, a miña avoa Ramona, xunto a miña nai Carmen e a miña irmá tiñan todo preparado, miña irmán Maricarmen era, e sigue sendo, unha especialista en sobremesas e coles de Bruxelas, adoitabamos ter sempre algún invitado, a maioría de convidados era casi sempre a familia de Campaño, os meus avós, tíos e curmáns.

Todo era ledicia, pero ás cinco da tarde a miña cabeciña xa estaba pensando no Chan do Monte , era o día do PARTIDO ! , o momento que estabamos a esperar todos ! Tiñamos que gañar sexa como fora ese partido ! Os de Campaño sempre tiñan un gran bloque, pero nós non quedabamos atrás, polo menos en ganas e ilusión.

Nun bolso de Adidas (que tiña preparado desde a noite anterior) xa tiña roupa calzado e o linimento preparado. Alá ía correndo costa arriba para chegar puntual, estreabamos equipacion, a do atlético de Madrid, mercada por nós mesmos, daquela non tiñamos axudas ningunha.

Xa estaban todos, os irmáns Losada, os Barragans, os do Caseiro, os Fariña, os García, Rogelio, Pepe O Chelo, Lito Porto, Juan José Cochon, Danielito, Juan o da Boca, Cambón…..e muitos máis. Os de Campañó tamén, con todas as súas figuras, si, non tiñán ningunha baixa, ata estaban Os Tumbalobos.

Lito é J.J. Cochón.

Partido de poder a poder, patadas tamén hubo, recordo que daquela os laterais do campo estaban invadidos de toxos e unha patada con caída entre eles deixábanche a marca da derrota ou vitoria para lucila pola noite na verbena e quedar como un campión. Remataba o partido e dependía o resultado íbamos exultantes ou insultando os rivaís por todo o acontecido ao perder o partido.

AS VERBENAS

Recordo que uns días antes de ser as festas, un grupo de veciños colaboraban cos que ese ano formaban a comisión de festas. Todolos anos había que montar o palco, alí estaban Adonis e Marcelino, Moncho o Jaxe, os fillos do Caseiro, os Losada etc., uns ían ao monte a por madeira e codeso,  outros comezaban a poñer os puntais, outros viñan co plástico para poñer de teito, o electricista era o último en colocar o cableado e aquelas bombillas de cores, de paso aproveitaban e colocaban as banderitas que ían de extremo a extremo do campo da festa, que traballo levaban ! Ainda recordo coma si fose hoxe aquel día en que co temporal vou o palco e foi parar a casa do Raposo.

Temos algunha fotografía onde podemos ollar a un grupo de músicos que amenizaban nos anos vinte as festas patronais , era o que había naquel entón xunto aos gaiteiros. Co paso do tempo chegaron as bandas de música e anos despois grazas á radio é escoitando os novos estilos musicais que se estaban levando polo mundo enteiro, as bandas comezaron a incorporar novos instrumentos musicais, dando paso a charangas e orquestillas, foron aos poucos copando as verbenas de todas as parroquias, a década máis prolifera de orquestas foi precisamente nos anos sesenta.

Ano 1923, festa na aldea.


E é que aquelas orquestas que comezaron unha nova etapa fixo que as verbenas estivesen ata os topes, escoitar á Orquesta Florida, La Palma, Los Satélites, París de Noya….co seu amplo repertorio de rumbas, cumbias, pasodobles, vals, baladas ou rancheras, por poñer un exemplo, era unha gozada.

Hai pouco veume á mente aquel recordo en que o cantante da Orquesta La Palma sacaba do peto uns cantos billetes de mil pesetas e comezaba a cantar : billetes, billetes verdes, pero que bonitos son, enseña billetes verdes y te darán la salvación…creo que era así a canción , corrixirme si non é así.

Orquesta La Palma, creada no 1952

Aquelas verbenas ! Aqueles anos 60/70/80… seguro que os que estades lendo lestes recordos teredes os vosos tamén, cada un terá os seus, e tamén as súas cancións favoritas daqueles anos.

Cancións de Andrés do Barro ou de Juan Pardo.

Quen non bailou nalgún momento o tema dos Brincos : Lola, ou a de Adamo : y mis manos en tu cintura…

Por non dicir aquela de Julio Iglesias : la vida sigue igual ou yo soy aquel de Raphael…

Orquesta Florida, con dous dos seus compoñentes veciños da parroquia, Sabino Chan é Manolo Alvite.

E as orquestas foron modernizándose, novos instrumentos, captando os mellores cantantes, por certo que ao principio non había mulleres ata uns anos despois.

E as comisións de festas tiveron que adaptarse tamén aos tempos, e aqueles palcos tan pequenos e simples, onde os músicos pasaban frío e collían algunha que outra molladura, tiveron que pedir axuda ás Comunidades de Montes para que se fixesen uns palcos adecuados aos tempos e ao material que traían as orquestas.

Aínda así, os palcos foron quedando pequenos, incómodos e as orquestas comezaron a traer os seus propios coches palcos, sendo novidade no ano 1975 cando apareceu a orquesta La Palma como pionera do que hoxe en día teñen todas e cada unha das orquestas.

Integrantes de unha Comisión de Festas.

UNHA NOITE NA VERBENA

Volvía para casa despois do partido e preparábame para a gran noite, o meu baño, a miña colonia Varón Dandy e a miña roupa especial “ligo esta noite ” .

Amenizaban a verbena Orquesta  Florida e Los Chicos del Jazz, ollo ! de lo mejorcito que había naquel momento, con aquelas luces espectaculares que traían para poñer no palco, eran semeñantes os semáforos, pero con máis potencia.

Era saír de casa e xa empezaba a escoitar a música da orquesta, o meu corpo empezábase a estremecer, escoitaba a canción que estaban a tocar e dábame rabia non poder estar xa no adro á bailar, pero ao chegar alí todo cambiaba, xa me relaxaba , aquelas lámpadas , aquel palco feito de piñeiros e ramas que cubrían os laterais e o teito cunha gran lona negra, a xente en vez de bailar, miraba, parecía como hoxe en día cando van a ollar a Panorama, en vez de bailar, estaban abraiados co poderío de luces vermellas, verdes e amarelas que traían Los Chicos del Jazz e que colocadas nas esquinas do palco daban unha espectacular vistosidade.

Pero antes de comenzar a bailar había que tirar uns poucos de petardos contra as paredes da Igrexa, tamén era momento de subirse nas barcas que había na entrada do cemiterio, unhas barcas que tirando daquelas cordas tratabas de balancearte máis que os adversarios da beira e poder chegar o máis alto posible, o dono das barcas de cando en vez metía o freno, daba a impresión que en algún momento podíamos sair voando jajaja.

Veciñas da parroquia co neno na barca.
Veciños no posto de Tiro.

Seguidamente, era o momento de comenzar a procura da veciña que máis che atraía para estar a bailar, e así empezabas o baile con as mozas da parroquia, por certo, eran as máis guapas do mundo , atabiadas con fermosos vestidos que daquela estaban de moda, un dos vestidos que mais me gustaba era o que tiña M.N. , era estampado de frores, que fermosa estaba aquela noite. Foi vela e ir a toda prisa a pedirlle de bailar, esperando que me dixera que sí, había veces que un andaba toda noite dando voltas polo campo da festa pedindo de bailar, e non había forma chico ! Daquela cando lle pedin de bailar e dixo que sí, xa non bailei nos tres dias de festa con naide máis ! Quedei prendado !

Cando estaba canso, de cando en vez achegábame ao posto que tiña pegado á igrexa meu pai e botaba un grolo ao Fis Fas de laranxa. Desde o seu posto era un sitio idóneo para botar unha visual, había que estar atentos para ver quen estaba esperando a que alguén a sacase a bailar ou no meu caso que non fosen a pedirlle baile a miña parella… 

Era media noite e de repente o cantante da Orquesta Florida anunciaba o resultado do partido celebrado na Chan do Monte, si era que habíamos ganado a xente aplaudía a rabiar, e si era o contrario ali estaban os de Campaño para facer eles barullo, que enoxo me daba cando perdíamos !

Pero tamén é de recordar as pelexas que se armaban nas festas, por que si nunha festa non había pelexa, non era festa. Alí aparecían a pandilla dos da Seca, ou os de Campañó, ou uns de Lérez que viñan buscar a uns veciños que a armaron boa nas festa de San Salvador…sempre acaba algún sangrando ou tirado polo muro que dá á casa dos Caseiros, e daba igual a parella da Garda Civil, que metía un respeto de dous pares, os folloneros sempre esperaban a que se marchasen ou ben antes de que viñesen xa a tiñan montada. E a festa parada, ata que todo volvía a normalidade.

E así peza tras peza, con aquelas orquestras pasaba a noite, despois o finalizar a verbena baixabas cos veciños da Rons, de Pidre e de A Mean, ainda con ganas de facer algunha troulada polos camiños por donde pasábamos para casa, pensando o ben que o pasaba e esperando con ganas inusitadas a festa do Santísimo para poder revivir o acontecido estos tres dias de festa e volver a bailar coa rapariga do vestido estampado…

Por certo…

Mentres bailabamos un agarrado escoitábase a un home : Está noche a clavaaaar

Seguro que moitos sabedes o motivo polo cal dicía esa frase, os demáis si queredes sabelo teredes que preguntar jajaja.

Cartaz da festividade do Santísimo, cando fixen a Primeira Comuñón.