18- VALADOS, MUROS E MARCOS, PATRIMONIO MATERIAL E CULTURAL.

OS VALADOS

RAG : Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, paus, terróns ou outro material, coa que se cerra ou delimita un espazo.

OS MARCOS 

RAG : Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.

OS MUROS 

RAG: Construción vertical de pedras, terróns e outros materiais, que se levanta para cerrar un espazo, para soster algo de modo que non caia etc.

Cerponzóns, paixase de valados.
Galicia conta con milleiros de valados, que fan deles un dos elementos estruturais da nosa paisaxe, desgraciadamente a modernidade fai que se estea perdendo a utilización dos materiais que se usaban habitualmente dependendo da zona, polo tanto estase a perder un patrimonio material e cultural.

Unha terra coma nosa, invadida de fincas de multitude de donos, fixo que as separacións entre unhas e outras delimitaranse cos míticos marcos, despois en muitas fincas foron aparecendo os peches tradicionais, que dependendo do material podían levar anos en facerse, agora son os muros prefabricados os que cada vez máis se utilizan.

Un marco de limitación da parroquia.

Cando algún de nós esteamos dando un paseo pola parroquia e atopémosnos un muro ou un valo antigo, pensemos nos nosos antepasados, naqueles veciños que traballaron de sol a sol para realizar os límites de cada unha das súas propiedades, días e días marcando e delimitando o de cada un, sen os avances de hoxe en día , só coas súas mans.

E é que de sempre o sentido de propiedade, o querer á terra herdada, o marcar onde empezaba e onde remataba a leira, era unha continua fonte de conflitos, os litixios e os preitos polas terras deron moito diñeiro a avogados e xuíces, aínda hoxe en día séguense dando casos. A Lei dos marcos sempre foi en grao sumo arraigado entre nós, quen non viu chegar ás mans a veciños por mover os marcos ?

Lugar de Leborei.

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Quen non ten o carón da súa casa un peche de arame ou de estacas de salgueiro ?

Quen recorda ao seu avó facer un peche de sebes (Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos como o mirto, buxo, loureiro, silvas, ramas etc.) agora unha gran maioría feitos con tuias.

Facer un valado ou un muro naqueles tempos era cuestión de maña, os nosos antepasados superon colocar en perfecta harmonía pedra a pedra, tanto a lousa como os cantos rodados ou seixo, facianno para que durase muitisimos anos. Tal e así que os valados ou muros de pedra seca foron declarados pola UNESCO no 2018 Patrimonio da Humanidade en España e sete países máis.
Esta declaración foi debido por ser “un exemplo de relación equilibrada entre o ser humano e a natureza”. Recordar que os muros de pedra seca desempeñaron un papel esencial na prevención de corrementos de terras, inundacións e avalanchas.

A UNESCO, en relación a este tipo de muros, publicaba o seguinte :

Estas estruturas non fan dano ao medio ambiente e son “un exemplo de relación equilibrada entre o ser humano e a natureza”. Ademais de servir na prevención de desastres naturais, tamén contribúen a loitar contra a erosión e desertificación, a mellorar a biodiversidade e a crear condicións microclimáticas propicias para a agricultura.

A PEDRA SECA, PRIMEIRO BEN GALEGO DO PATRIMONIO INMATERIAL DÁ UNESCO

Muitas construccións como muros, pombais, muiños, graneiros etc. seguen aguantando ano tras ano.

A nosa parroquia ofrécenos en cada unha desas construcións unha arte milenario, o cal debemos coidar e respetar.

Unhas construcións realizadas pedra sobre pedra, totalmente rudimentarias a súa realización, sen ningún tipo de material de cimentación, soamente o uso de pedras de distintos tamaños, algunhas delas traballadas de tal forma  que encaixasen unhas sobre outras. 

Pombal da Casa Rectoral
Muro do Adro

Fai uns días parte do muro do adro derrubouse, debido a un cúmulo de cousas, coma o paso do tempo, a falta de drenaxe, as raíces das árbores…

O noso cura párroco Don Herminio xa está desde o primeiro momento realizando as xestións necesarias para arranxalo canto antes.

.