27- DUAS CENCERRADAS MAIS.

RECORDANDO DÚAS CENCERRADAS MAIS.

A nosa veciña seguía respondéndome ás miñas preguntas, cada vez que lle preguntaba por algo botaba a rir, volvinlle a preguntar e de novo comezou a rirse, pregunteille si recordaba algunha cencerrada que se fixera por onde ela vive.

-Juan, jajaja, pero que cousas me preguntas, jajaja.

Eu respondíalle que eran cousas da vida, de seguro que ela as viviu e que tería algo que contarme.

-Jajaja, verdade que si, tes razón, recordo que sendo eu mui pequena, que lla fixeron a señora Herminia A RATA.

Un día estaban uns cuantos veciños facendolle unha boa, estaban polo camiño jajaja, de repente saliu ao balado da casa a señora Herminia, levaba na man unha bacenilla chea de merda e de mexo, oiches, sin mais botoulla por riba deles, jajaja, escaparon todos a fume de carozo jajaja, pero a noite seguinte volveron de novo jajaja.

Outra cencerrada mui soada foi unha que lle fixeron a unha muller que vivía en Pidre, coñocida polo alcume de A COULA, non recordo ben si era ela a viúva ou era o home o que casaba en segundas núpcias.

Durante muitos días foron un montón de veciños a facerlle a cencerrada, xuntaronse de muitos lugares da parroquia, entre una cuantos habían feito un ataúde e levábano polo camiño á casa da COULA, todos tocando campás, lejóns, tarteiras vellas, tapas de tarteiras…levaban de todo tipo de chilindradas que puidesen facer barullo.

Por aqueles camiños de entón estaba todo ás escuras, prácticamente non había unha luz pública, non se vía nada, ían tocando e cantándolle cancións compostas precisamente para a parella de “noivos”, de súpeto unha desas noites, apareceu en escena unha parella da Garda Civil ! Un dos veciños que ía máis adiantado, controlando que non houbese mouros na costa, escoitou un ruído que lle era coñecido, era o que facían unhas anillas que levaban colocadas nas botas os gardas civís, agora non sei si aínda as levan, pero naqueles anos si as levaban.

Conforme escoitou o son das anillas, virouse sobre si mesmo e botou ás presas en busca dos que viñan co ataúde :

– Que vén a Garda Civil ! Que vén a Garda Civil ! Fuxir! Correr !

Tiraron co ataúde a unha leira, á beira mesmo da estrada e cada un escapou por onde puido jajaja.

Entre os que estaban facendo a cencerrada estaba un irmán meu, contoume que , xunto a un veciño do Vigario, chamado Laureano, escondéronse debaixo dunha silveira, preto da casa donde vive Digna a de Alvite.

Alí estiveron un tempo, agachados, acolloados polo que lle podía pasar, non sabían que facer !

Laureano, que vai ser de nós si atópanos a Garda Civil ?

Laureano, estounos escoitando, deben estar polo patio da CARREXAS ! agora veñen a por nós ! Que imos facer ?

– Cala ! Conforme escoitemos o ruído das botas que se afastan de nós botamos ás presas por estas leiras.

Así foi, en canto puideron comezaron ás presas campo a través, un pouco máis adiante meu irmán colleu dirección á nosa casa e Laureano foi a fume de carozo para o Vigario.

Pero non creas que collesen medo, non, ao outro día xa volveron todos de novo, a cencerrada había que seguir facéndolla durante días.
E así foi.

NOTA :

Convén saber a que nos referimos cando falamos de Cencerrada :

Ruído desagradable que se fai con cencerros , cornos e outras cousas para burlarse dos viud@s as primeiras noites das súas vodas .

Cencerrada segundo estudos realizados vén lembrándose xa desde o século XVIII , e aparece ligada ao matrimonio .

Podíase realizar unha cencerrada a aqueles noivos que celebran a súa voda e non convidan os seus familiares , amigos e veciños a unha comida festiva , co seu baile , facendo festa , é dicir se non facían partícipes aos seus achegados á súa voda , estes montábanlle unha Cencerrada.

Pero quizáis a que máis lembramos nós é aquelas cencerradas que se lle realizaban aos viud@s que casaban de novo , antes considerábanse ” ilegais ” e a cencerrada convertíase nunha ridiculizacion agresiva contra esa unión que transgredía algunha norma que daquela non estaba ben vista.

Resultaba aínda máis susceptible cando a cencerrada producíase cando os noivos había unha diferenza de idade considerable, especialmente si o noivo era un rico viúvo entrado en anos que se unía cunha muller xoven.

3- AS CENCERRADAS.

AS CENCERRADAS

ESPERÁBASE QUE AS VIÚVAS QUEDARÁN RECLUÍDAS NA CASA , CULTIVANDO A MEMORIA DO DEFUNTO , E SE NON , REPUDIÁBALLAS SE DECIDÍAN CASAR POR SEGUNDA VEZ.

ESCOITAME EN RADIO EME :

AS CENCERRADAS de Juan Jose Esperon Recarey #np en #SoundCloud

https://soundcloud.com/juan-jose-esperon-recarey/as-cencerradas-1

Hoxe gustaríame lembrar convosco , un ritual nupcial que estivo moi arraigado noutros tempos , hoxe en día practicamente atópase case esquecida. Esta constume sería actualmente impensable hoxe en dia, poida que nalgún pobo remoto póidase dar algunha mostra.

Estoume a  referir á Cencerrada, un fenómeno social para defender a moral tradicional en aqueles tempos.

Convén saber a que nos referimos cando falamos de Cencerrada :

Ruído desagradable que se fai con cencerros , cornos e outras cousas para burlarse dos viud@s as primeiras noites das súas vodas .

A Cencerrada segundo estudos realizados vén lembrándose xa desde o século XVIII , e aparece ligada ao matrimonio .

Podíase realizar unha cencerrada a aqueles noivos que celebran a súa voda e non convidan os seus familiares , amigos e veciños a unha comida festiva , co seu baile , facendo festa , é dicir se non facían partícipes aos seus achegados á súa voda , estes montábanlle unha Cencerrada.

Pero quizáis a que máis lembramos nós é aquelas cencerradas que se lle realizaban aos viud@s que casaban de novo , antes considerábanse ” ilegais ” e a cencerrada convertíase nunha ridiculizacion agresiva contra esa unión que transgredía algunha norma que daquela non estaba ben vista.

Resultaba aínda máis susceptible cando a cencerrada producíase cando os noivos había unha diferenza de idade considerable, especialmente si o noivo era un rico viúvo entrado en anos que se unía cunha muller xoven.

Na peza teatral de Castelao : OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, alúdese as cencerradas cando un vello casa con unha muller xoven :

¡ Ela casouse cun vello, non sei qué estaba pensando ! O vello, funga que funga, toda a noite está fungando.

Dime casadiña nova, cómo che vai de casada, o teu home está mui vello, non che sirve para nada. Aunque te vexo casada, eu non che perdo o cariño, que vas a quedar viuda e podo casar contigo.

DIARIO DE AVISOS DE LA CORUÑA

9/02/1890

En la parroquia de Cerponzones inmediata a Pontevedra, se ha verificado el lunes la boda de un sexagenario con una joven de 20 años.

Los vecinos celebraron este acontecimiento con una cencerrada, a la cual puso término la presencia de una pareja de la Guardia Civil.

NOTICIA EN UN XORNAL DO ANO 1894

El Correo de España, 18 Noviembre 1894

¡QUÉ BOLADA ! En Cerponzones (Pontevedra) se han casado una viuda de 70 años y un soltero de 34.

Ante estes casos algúns veciños reuníanse á noitiña , achegábanse á casa dos noivos e provistos de cencerros , cornetas , cazos , cacerolas , tixolas, latas , potas , testos, sachos, eixadas, fouces e gadañas….e todo aquilo que servise para facer ruído. Así comezaba durante varias noites o que coñecemos por Cencerrada.

As que peor o pasaban eran as mulleres viúvas , a oposición social á reincidencia matrimonial das viúvas  (sobre todo en lugares pequenos , como a nosa parroquia), parecía que elas tivesen que pagar a culpa pola morte do seu marido (con anos de loito e sen poder asistir a festas).

Doutra banda estaba a Igrexa, que non vía con bos ollos unhas segundas nupcias, pois as denominaban HONESTAM FORNICATIONEM e SPECIOSUM ADULTERIUM. Lembrarvos que estas cencerradas non eran exclusivas da nosa contorna , senón que en moitos países europeos realizábase algo similar.

Os amores de vellos con mozas, ou de vellas con mozos, nunca estiveron ben vistos na nosa sociedade tradicional galega, moi conservadora como ben sabemos. As murmuracions contra este tipo de relacións estaban á orde do día, estas relacións que estaban fóra dos límites razoables do típico matrimonio ían dirixidas as cencerradas, queríase dar deste xeito que había que preservar as normas morais de convivencia, así que aqueles viudos e viudas que volvían contraer segundas nupcias ou aquelas parellas que a diferenza de idade era considerable eran o principal branco das críticas dos mozos do pobo, que se facían como unha especie de policía gardiá dos bos costumes da nosa parroquia.

Para iso, estes mozos practicaban a censura destes casamentos satirizando e burlándose por medio das cencerradas, que dependendo dos lugares da nosa GALICIA tamén eran coñecidas como Chocallas ou Cornetadas.

Aínda teño recordos daquel ruído infernal que por medio de cornos, tixolas vellas, caldeiros, cencerros e diversos obxectos similares escoitaba polas noites preto da miña casa, un día tras outro e así durante un meses….jajaja, hoxe en día hai quen protesta porque tocan as campás, canta o galo ou entra pola fiestra o cheiro a abono, jajaja, quería velos eu estar escoitando noite tras noite a cencerrada o carón da súa casa, jajaja.

E ademáis do ruido, escoitar tamén aquelas coplas mordaces e alusivas cara aos recentemente casados que de cando en vez lle cantaban.

Segundo as miñas investigacións xa se aludía á celebración de cencerradas contra os que se casaban sendo vellos alá polo ano 1690 e no século XIX estaban aínda moi arraigadas por todo o noso territorio galego, chegando ata as décadas dos 60, isto era debido a que a sociedade galega daquelas épocas tiña unha moi mala consideración cara a estes matrimonios, sobre todo cando se trataba de mulleres. Por conseguinte o que se esperaba naquela sociedade era que as mulleres viudas quedasen recluídas en casa, recordando a memoria do defunto marido e si non era así, repudiábase si chegaban a casarse ou xuntarse por segunda vez.

Que dicir dos códigos penais españois, sobre os anos que van do 1850 ao 1900 sinalaban, cando se celebraba este tipo de matrimonios, un prazo preceptivo para que unha muller que quedaba viuda puidese volver casarse, que de contravenir os códigos, seria sancionada severamente. Non era así para os homes viudos, o propio código penal gardaba un silencio significativo.

Dentro destes matrimonios, onde as relacións de vellos con mulleres moito máis novas, sucedían en ocasións claros intereses socioeconómicos, aquelas mulleres que por diferentes motivos non conseguían acceder ao matrimonio e tamén as viudas, non dubidaban en ter relacións con homes de maior idade, normalmente cunha boa posición económica, para así garantirse a subsistencia, incluso buscando o xeito de procurarse un fillo que puidese no día de mañá sostelas e coidalas cando se achegase a última etapa da súa vida, isto era comprensible nunha época onde tiñas poucas posibilidades de supervivencia ao chegar a maior soa. Pero a sociedade galega tradicional nunca vía ben estes matrimonios, así que non lle quedaba máis remedio que ser o branco de sátiras e de burlas a través das cencerradas.

Unha das cousa que máis alporizaba aos veciños era cando unha parella levaba a súa relación en segredo, a que se montaba cando se descubría que habían casado ! A Cencerrada iba ser soada !

Unha de tantas que tivo lugar na parroquia foi cando ó enviuvar casou unha muller co irmán do difunto ! Durante uns dias varios veciños encargaronse de estudar o lugar donde vivían, preparando todo a conciencia, organizándose e distribuíndose as tarefas de cada un, cando chegou o dia, cada veciño sabía donde colocarse, uns detrás dos penedos, outros detrás das árbores ou nas polas…foi soada !

As reaccións dos afectados dependía do carácter de cada un, había quén pechaba a porta e as fiestras a cal e canto, e ter paciencia, muita paciencia…

Había outros que dado o seu temperamento non aguantaba e salian coa escopeta, outros tomaban a decisón de marchar por uns dias para a casa dos seus parientes e deixar que fora a cousa esquecendo, pero en algúns casos cando volvían de novo a súa casa o barullo estaba montado de novo…

Tamén en algúns momentos os perxudicados ou veciños que non podían dormir debido a tanta Cencerrada, chamaban a Garda Civil, sempre había no grupo un veciño encargado de dar aviso da chegada da autoridade, un exemplo que encontrei nun artigo sobre as Cencerradas, escrito por Xabier Castro e Maite Bouza, unha copla que se empregaba para avisar da chegada : Ay, amigos, compañeiros, tede moito coidado, que veñan pola carretera, os do gorro atravesado…